Publicado por: MontePituco | 11/01/2012

TRAILER DE ‘SETE CAMIÑOS: ENCRUCILLADA DO TEMPO’

 

Este é o trailer do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”, que se presenta este venres ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra. É unha iniciativa da comisión técnica promotora do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, coproducida pola Sociedade Antropolóxica Galega e Faro de Ons Producións.

SINOPSE:

O proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños pretende revalorizar o importante e rico patrimonio natural, cultural e paisaxístico do contorno dos Sete Camiños, o Monte do Pornedo e o Monte do Catadoiro. Este enclave conforma unha unidade física que abrangue parte do monte comunal das parroquias de Salcedo e Lourizán, en Pontevedra, e de San Xulián, en Marín.

O documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo” ponlle voz e imaxes a un proxecto que aposta por implantar unha nova estratexia colectiva enfocada á xestión sostible dos nosos montes e recursos, á conservación e á posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial, cunha visión a longo prazo para garantirlle unha digna herdanza natural e cultural ás xeracións vindeiras. A creación deste espazo natural e arqueolóxico, co seu enorme potencial forestal e turístico, consolidaría un futuro viable para os nosos montes e a nosa cultura.

FICHA ARTÍSTICA:

Guión e dirección: Rafael Quintía e Lukas Santiago

Realización: Lukas Santiago e João Bieites

FICHA TÉCNICA:

Produtoras: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e Faro de Ons Producións.

Subvención ou axuda pública: Ningunha.

Título orixinal: “Sete Camiños. Encrucillada do tempo”.

Tipo: Documental. Produción propia realizada en color.

Xénero: Arqueolóxico, etnográfico e social.

Ano: 2011.

Duración: 43 minutos aprox.

Orixe: Galicia.

Idioma da versión orixinal: Galego.

Ademais deste amplo artigo na edición de Pontevedra de La Voz de Galicia, tamén a axencia Europa Press publicou unha información sobre o proxecto de creación do Espazo Sete Camiños e o documental “Encrucillada do tempo”.

Publicado por: MontePituco | 10/01/2012

ÉXITO NA DIFUSIÓN DA ESTREA DO DOCUMENTAL NOS MEDIOS

Os medios de comunicación, tanto a nivel local como de ámbito autonómico, impresos e dixitais, están informando da presentación do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”.

No Faro de Vigo: “Sete Camiños, un patrimonio natural, paisajístico y cultural“.

Son moitos os blogs que, ademais de DEFENDE O MONTE PITUCO, tamén se fan eco desta nova. Empezando pola bitácora do codirector e guionista do documental, Rafa Quintía, na páxina “Á sombra de Bouza Panda“.

A través do noso perfil en Facebook, temos noticia de que María vén de compartir a información no seu “Rincón fotográfico“.

Ademais, colaboran na promoción da estrea os colectivos que apoian a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, como o Colectivo Nacionalista de Marín, a Asociación Cultural Almuinha, ou a Plataforma Praza dos Placeres. E non podía faltar nesta ocasión o respaldo da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.

A recén creada Sociedade Galega de Antropoloxía, que coproduce o documental, tamén destaca na súa páxina web o lanzamento do documental que contribúe a producir.

Outras páxinas de rango supralocal, como Noticias de Galicia, recollen a nova no seu menú informativo, contribuíndo á difusión do proxecto e do espazo fóra das bisbarras de Pontevedra e do Morrazo. Cómpre destacar, polo importante número de seguidores que ten, que a axenda da web CulturaGalega.org inclúe o acto na axenda de actividades deste venres. E, a maiores, o Soportal do Audiovisual Galego xa ofrece a ficha técnica e descritiva do documental.

A calidade da imaxe é mellorable, pero suficiente para percibir o material informativo que se exhibe no tablón de anuncios situado no recibidor da Casa de Cultura de San Xulián: un cartel coas actividades que realiza a Asociación Cultural Airiños de San Xulián nestas instalacións, cartaces que anuncian a escola de baile tradicional, cursos de coiro e de teatro, un plano requetevisto indicando o alcance das diversas franxas de seguridade da Brilat, outro cartelón requeterreseso co calendario de actividades da Casa de Cultura o pasado mes de decembro de 2011, un anuncio ben xeitoso do partido de fútbol no estadio de San Pedro…

…Non me digan que no medio dese batiburrillo de anuncios, uns aínda vixentes, pero outros sobradamente caducados e susceptibles de seren retirados para poñer outros de interese para os comuneiros da parroquia, non cabe a invitación da estrea do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”, que se celebra este venres día 13 ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

Con esa inocente intención presentámonos este fin de semana na Casa de Cultura e pedimos permiso para poñer o noso modesto cartaz. Unha camareira do bar indícanos amablemente que non ten acceso á chave que abre o cristal tralo cal está o panel, pero que se o pegamos fóra, máis tarde o poñerá a persoa responsable desa tarefa.

Dous días despois descubrimos con decepción, mais non con sorpresa, que o cartaz dos Sete Camiños non está nin dentro do tablón acristalado, nin fóra, onde o deixaramos pegado. Se pediramos que nos amosaran o cubo do lixo, moi probablemente o papel estivera alí, feito un gurruño. Preguntámoslle á camareira -unha das tres que atenten a taberna- pola persoa responsable de conceder ou denegar eses “permisos”, e guíanos ata a primeira porta á esquerda no primeiro andar do edificio.

Atopámonos un taller de costura -do cal non hai noticia nos anuncios situados no tablón do piso inferior- e a directiva da Comunidade de Montes que está ao cargo responde que no panel só está permitido poñer anuncios “internos” referentes ás actividades que se realizan na Casa de Cultura. Intentando razoar, coméntaselle que o documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo” trata sobre asuntos de interese para os comuneiros da zona, posto que o espazo abarca os montes de Salcedo, Lourizán, Vilaboa e, por suposto, San Xulián.

Non lle parece razón abondo e volve insistir en que “son as normas da casa”. E onde están escritas?, pregúntaselle. Daquela a súa contestación, de forma un tanto airada, é: “…mira que es difícil!”. Que foi como dicir ‘porque o digo eu’, porque o regulamento da Casa da Cultura de San Xulián non está exposto publicamente en ningures, nin se lembra que fora proposto en ningunha asemblea de comuneiros. Haberá unhas normas de “convivencia” lóxicas para os usuarios habituais das instalacións con motivo da celebración de actividades formativas ou lúdicas, no referente ao coidado e bo mantemento das instalacións, pero non parece de recibo que se rexeite a colocación do anuncio dunha actividade concernente aos montes da parroquia, por máis que a Comunidade de Montes non teña que ver coa convocatoria.

A única alternativa que se nos dá é poñer o anuncio nun tablón de madeira que hai fóra, a varios metros da Casa de Cultura, a carón da beirarrúa. Para iso non cómpre pedirlle permiso aos directivos da Casa de Montes nin argumentar o interese da actividade, porque non deixa de ser un panel de madeira, á intemperie, co anuncio exposto a unha ráfaga de vento, á humidade, e ás mans desaprensivas e perversas empeñadas en que non se publicite unha actividade que non conta co apoio da Comunidade de Montes de San Xulián, a diferenza das Comunidades de Montes de Lourizán, de Salcedo e de Vilaboa, que levan dous anos apoiando o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Noutras casas de Cultura dentro deste Concello son benvidos os cartaces, os folletos e os anuncios de actividades sociais e culturais que se promovan na vila ou que teñan Marín como parte implicada. Na Casa de Cultura de Seixo, na Casa de Cultura de San Tomé, todo son facilidades: lembremos o caso de Samaín, o grupo de rock ao que pertence un mozo de San Xulián, e ao que a directiva da Comunidade de Montes lle negou a posibilidade de ensaiar co resto da banda nunha das salas da Casa de Cultura da parroquia, polo que acabaron trasladándose a Seixo, onde lles abriron as portas de par en par.

Antes de abandoar a Casa de Montes de San Xulián, dando por imposible o razoamento con quen nos impide poñer o cartaz dos Sete Camiños, deixamos caer unha oportuna observación: se no panel acristalado só teñen cabida as actividades internas, que fai o aviso do partido de fútbol do domingo pasado no campo de San Pedro? “Está mal posto, e xa o retiro agora”, resposta a “xefa” do tenderete. “Non muller, por nós non o quites”, contestáselle xa, escaleiras abaixo, pensando en que, se cumpre o que di, vai quedar aínda máis espazo baleiro. Por nós, que non prive aos parroquianos de teren ben seco e planchadiño o seu anuncio do partido de turno, mentres outras actividades de tanto ou máis interese para os intereses (valla a redundancia) e para a información dos comuneiros, se teñen que anunciar precariamente nun pedazo de madeira, chova, vente, ou faga sol.

Saímos do edificio e volvemos a vista atrás. A carón da porta da entrada, con letras de metal en relevo, dúas palabras: “Centro Cultural” de San Xulián.

…Perdón, centro que…?

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o vindeiro venres 13 de xaneiro, a partir das 20:30 horas e con entrada libre, a ESTREA DO DOCUMENTAL “SETE CAMIÑOS: ENCRUCILLADA DO TEMPO”, creado para poñer en valor o importante patrimonio natural, cultural e paisaxístico do contorno dos Sete Camiños, situado nunha estribación da serra de Domaio entre os concellos de Pontevedra, Marín e Vilaboa.

“Sete Camiños: encrucillada do tempo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración con Faro de Ons Producións. O arqueólogo e realizador Lukas Santiago e mais o antropólogo e economista Rafa Quintía, son os responsables do guión e da dirección deste traballo audiovisual, que tamén conta con João Bieites na realización técnica.

Ao longo de 45 minutos e a base de fermosas imaxes panorámicas ou detalles da xeografía física do espazo, o documental xustifica a necesidade de conservar as mámoas e os numerosos petroglifos existentes no contorno dos Sete Camiños, do Monte Pornedo e do Monte Catadoiro; de visibilizar os vestixios etnográficos que -como restos de antigas canteiras- tamén destacan na zona; e de potenciar os elementos naturais de interese, entre os que destacan miradoiros ou formacións rochosas singulares.

Pero tamén alerta das ameazas que destruirían un legado que forma unha unidade natural que abrangue parte do monte comunal das parroquias de Salcedo e Lourizán en Pontevedra, e de San Xulián, en Marín, e que merece ser aproveitado de forma sostible a nivel social e económico.

APOIO DE DIVERSOS COLECTIVOS

O proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños conta co apoio dunha vintena de colectivos da bisbarra. O documental que se estrea o 13 de xaneiro ponlle voz e imaxes a un ambicioso proxecto que supón unha estratexia colectiva na súa aposta pola xestión racional dos montes e dos recursos forestais, pola recuperación e revalorización do patrimonio material e inmaterial, e por unha visión a longo prazo que garanta unha digna herdanza natural e cultural para as xeracións futuras.

En canto á SAGA, é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que traballa na investigación e na divulgación da etnografía, da prehistoria e da historia de Galicia, da súa cultura tradicional tanto material como inmaterial, e de todos os aspectos no eido da antropoloxía social e cultural. Tamén promove as actividades, publicacións, traballos e accións que vaian en beneficio da conservación, divulgación e investigación do noso acervo cultural galego.

Publicado por: MontePituco | 30/12/2011

SEIS MESES SEN XAN

 

É o primeiro Nadal sen Xan. Van seis meses dende que botamos de menos a súa presenza, a súa conversa. A súa adorable familia segue facéndonolo moi presente. Recibimos nestas datas unha fotografía súa, a carón do mar; unha estampa plácida da súa cotidianeidade, lendo o xornal. No reverso do sobre, unhas palabras que, aínda que non son do seu puño e letra, emociónannos tanto ou máis que se as escribira el. A imaxe vén no interior dun sobre cun lema reivindicativo: “O monte non se vende”.

Dalgún xeito, onde sexa que estea, a súa lembranza inspira estas palabras de alento que en DEFENDE O MONTE PITUCO agradecemos moi fondamente.

…Feliz Aninovo, Xan, amigo. Todo o agarimo para a familia Montenegro.

Publicado por: MontePituco | 29/12/2011

FADA DA MONTAÑA, DE R. CABANILLAS

Eu son a Fada que vive

na largura montesía,

tendo ós meus pés a campía

…e o ceo como dosel;

e coido as frores do toxo

e os carrascos recendentes

onde as abellas firentes

veñen a chuchar o mel.

Érgome ó romper o día

e rezo ó pé dos cruceiros

e sei falar cos luceiros

na dozura do serán,

e vixío as ovelliñas

que apastan polas valgadas

sin medo a ser axexadas

dos dentes do lobicán.

Eu poño no bo camiño

os que no escuro da noite

sin que ninguén os escoite

non saben por onde ir,

e eu acocho entre os penedos

os que na choiva e no vento

chegan tristes, sin alento,

nun atolado fuxir.

Santo Rei, a miña oferta

é este añiño ventureiro

ó que un lobo carniceiro

quixo no monte roubar,

e prégoche teu amparo

ós que coa alma ferida

van a escuras pola vida,

sin acougo nin fogar.

Ramón Cabanillas, “OFRENDA DAS FADAS NO PORTAL DE BELÉN”.

Publicado por: MontePituco | 28/12/2011

ERASMO ‘ZÚRRALLE’ Á COMUNIDADE DE MONTES

O Foro “Rurales y urbanitas” da web Marinenses.com volve ser o escenario no que Erasmo, unha vez máis, se posiciona a prol da conservación do Monte Pornedo. A tramitación do PXOM e a ubicación do chan industrial seguen verquendo ríos de tinta. Mais, desta volta, Erasmo carga contra a directiva da Comunidade de Montes de San Xulián polo seu empeño irracional en “vender” de mala maneira o patrimonio da parroquia.

A continuación, o artigo completo:

SIN PRISAS, PERO SIN PAUSA

Nos cuenta Baltasar Gracián en uno de sus aforismos sobre “El arte de la prudencia” que el saber y el valor contribuyen conjuntamente a la grandeza. No diré yo, desde que fue elegida, que nuestra alcaldesa, María Ramallo, no se ha regido por la prudencia. Al contrario. En los últimos siete meses su mandato, al igual que el de todo su equipo de gobierno, se ha caracterizado por poner orden en las cuentas del Concello, como labor prioritaria, y por desatascar, sin llegar a la excelencia, algunos procesos como el del Plan Arela o el PXOM, ambos en marcha pero sin culminar. Daremos tiempo al tiempo porque ambos proyectos lo requieren. Pero una cosa es dar tiempo y otra hacer las cosas sin prisas, pero sin pausa.

El último pleno, que fue de guante blanco, tuvo una intervención, en mi opinión, ciertamente importante. Partió de la única oposición clarividente, concretamente de Isabel Martínez, de Mar-In, que le pidió a la alcaldesa que siguiera de cerca el anuncio efectuado el pasado miércoles por el conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, conjuntamente con el presidente de la Xunta, Alberto Núñez, sobre la incidencia supramunicipal del Plan Sectorial de Áreas Empresariales de Galicia. En resumen, este plan prevé aumentar hasta 42,7 millones de metros cuadrados los 19 millones de metros cuadrados de suelo industrial que ahora existen en Galicia. La Xunta prevé poner en marcha otros 119 parques empresariales hasta el año 2024 con una inversión de 2.500 millones de euros. Una vez declarada la incidencia supramunicipal, el plan será sometido a exposición pública durante un plazo de dos meses y su aprobación definitiva está prevista para después del verano de 2012. El único límite que pone la Xunta es que cualquier parque empresarial se pondrá en marcha siempre que haya un mínimo del 30% de demanda de suelo.

La pregunta de la concejala Martínez Epifanio no es solo oportuna, sino vital para el futuro económico de Marín. Y aunque las cosas de palacio suelen ir despacio, en este tema la prioridad es absoluta porque, ciertamente, nos jugamos mucho los marinenses. Nada menos que nuestro futuro y el de las próximas generaciones.

La solución a la demanda de suelo industrial en Marín ha estado carente de miras en las últimas décadas, bien por negligencia, bien por desconocimiento, bien por ambas a la vez. Desgraciadamente, no ha habido políticos en Marín que pudieran solucionar este problema, lo que ha llevado a deslocalizar algunas empresas originarias de nuestra comarca hacia otras zonas más alejadas, e impedido que vengan otras de afuera, con lo que esto supone de empobrecimiento económico y humano.

QUE A ESTAS ALTURAS AÚN SE CONTEMPLE EN EL PXOM QUE SE ESTÁ TRAMITANDO LA INSTALACIÓN DE UN PARQUE EMPRESARIAL EN MONTE PORNEDO, CON LAS LIMITACIONES QUE ESO CONLLEVA, ES UN AUTÉNTICO DESPROPÓSITO. Entiendo la prudencia de nuestra alcaldesa que en su día se comprometió con socialistas y nacionalistas para desatascar el PXOM intercambiando Monte Pornedo por A Brea y Macenlle. Pero tres años después de aquel puente de plata que la entonces oposición popular tendió al gobierno bipartito, ahora no tiene lugar. Muchas cosas trascendentales han pasado desde entonces. Lo primero, que aquel PXOM estaba condicionado a que en el gobierno de la Xunta hubiera otro bipartito -cosa que no sucedió- y, en segundo lugar, que fue el propio Núñez Feijoo, en plena campaña electoral, quien comprometió su palabra al señalar Pastoriza o en sus alrededores la instalación del futuro parque empresarial de Marín. Por medio hubo también un plan de estudio que pudo haber realizado la Sociedad Española de Parques Empresariales (Sepes), auspiciado por la entonces diputada en el Congreso María Ramallo con el apoyo explícito de Ana Pastor y de la comisión correspondiente de la Cámara Baja, que nunca se hizo por la cabezonería del ex alcalde Fran Veiga, y unas elecciones municipales en las que el PP arrasó en Marín.

POR LO TANTO, LOS POPULARES TIENEN MUCHO QUE DECIR EN ESTO. LO TIENEN QUE DECIR TODO POR MUCHO QUE ALGUNOS DE SUS MILITANTES DE SAN XULIÁN -CONTRA CORRIENTE EN EL PARTIDO Y CONTRA TODOS LOS PRINCIPIOS DE UNA ECONOMÍA DE ESCALA- CREAN QUE PUEDEN VENDER SUS TERRENOS A PRECIO DE ORO -ESO PIENSAN ELLOS- EN ARAS DE INTERESES PARTICULARES, PERO NO PARA TODA LA COMARCA DE MARÍN. Y en esas estamos ahora. Por mucho que quieran vestir el muñeco con el prudente silencio, en un asunto de tanto calado y de tanta trascendencia como es este, no vale aquello de “donde dije digo, dije Diego”. No le vale, por tanto, al PP decir otra cosa a la que se comprometió públicamente con todo el pueblo de Marín. Pastoriza o sus alrededores son la solución para un parque supramunicipal en Marín haciendo economía de escala con Moaña. Las posibilidades de construir aquí suman 1,2 millones de metros cuadrados y no los exiguos 250.000 o 300.000 metros cuadrados útiles de Monte Pornedo, ello sin tener en cuenta la orografía ni los ricos yacimientos culturales que tiene la zona. Sabemos que la Xunta va a apostar por desarrollar el de Castiñeiras entre Bueu y Cangas. Nosotros no podemos quedar al margen de ese desarrollo futuro en la Península del Morrazo, máxime cuando tenemos la gran empresa de la Ría como es el Puerto de Marín.

Pero una gran empresa como es el Puerto de Marín no significa nada si no espabila en su gestión. Galicia necesita replantearse en serio su política con el Estado sobre los puertos de interés general. Cómo es posible que la media de crecimiento de mercancías sea en todo el Estado del 5% en los diez primeros meses de este año cuando en Galicia hemos crecido un exiguo 0,5%. El caso de Marín es hasta preocupante puesto que no solo creció sino que disminuyó un -6,65%, más que ningún otro puerto de interés general. Y esto sucede en un año donde las exportaciones españolas al exterior aumentaron un 5,4%. Por el contrario y a nuestro favor, el umbral de rentabilidad sobre fondos propios (capital más reservas) del Puerto de Marín alcanzó el 3,07%, cuando la media para el conjunto de los 28 puertos del Estado fue del 2,42% en el primer semestre, cifra que está incluso por debajo de lo que pide la Ley General de Puertos, que establece un mínimo del 2,5%.

¿Pero tenemos los mimbres para crecer? Claro que sí. Los expertos señalan, sin embargo, los siguientes retos: falta de especialización en cada uno de los puertos; carencia de sistemas de transporte intermodal; falta de conexión por ferrocarril y carencia de plataformas logísticas cercanas a los muelles. Por lo tanto, queda mucho todavía por hacer. Pero el Puerto de Marín no es ajeno a los nubarrones que se ciernen sobre sus muelles. La instalación ilegal de empresas es un problema, como lo es la sentencia que declara ilegales los rellenos en la zona de Placeres. De ahí, en gran medida, la solución de suelo industrial fuera del recinto portuario. El que hay en el Puerto, además de escaso es caro y, por si fuera poco, en parte es ilegal.

Termino ya con una referencia al Plan Arela. Me ha llamado la atención la intervención en el último pleno del concejal Muradas –-o leo en Faro de Vigo-, sobre su requerimiento de vigilancia hacia el material que se emplea en las obras por parte de la empresa Antalsis. Ahora se acuerda Muradas de qué es Antalsis -empresa de la que ya hemos comentado en este foro sus cercanías con el ministro de Fomento en funciones, José Blanco- a la que por cierto fue el bipartito el que dio la concesión de las obras. Hace bien el concejal Muradas en pedir una reunión de portavoces para tomar una decisión unánime frente a las supuestas irregularidades de esta obra –en su día ya les comenté que Antalsis le estaba echando un pulso al Ayuntamiento-, pero haría mejor el señor Muradas si, además de buscar el consenso en la comisión, le pidiera al señor Luis Vilariño, presidente de la citada empresa, y en la órbita del PSOE, que dejara de tocar las narices a todos los marinenses y se ajustara a lo que se comprometió por contrato.

A mí esto del Plan Arela me suena bastante mal. Y no lo digo solo por el incumplimiento de Antalsis. Lo digo, sobre todo, porque sin ser una obra faraónica -por ahora-, nos puede costar un riñón a todos los marinenses, sobre todo en intereses de deuda. El Ayuntamiento no tiene mucho dinero que digamos, aunque sí lo suficiente para ir tirando y pagar el gasto corriente, que no es poco. El Plan Arela es una obra con ayudas de los fondos europeos, pero para seguir con dicho plan hay que adelantar 4 millones de euros y esto tiene que ocurrir en el ejercicio 2012. ¿De dónde los va a sacar el Concello con la limitación de crédito que existe en los mercados? Aquí ya no se presta a nadie y encontrar un mirlo blanco y más entre las entidades financieras se me antoja harto difícil. Hay ayuntamientos españoles que en iguales circunstancias están renunciando a sus “planes arelas” por falta de dinero y por no endeudarse más aunque tengan la promesa de que al cabo de unos años lo van a recibir. En fin, ya se nos despejarán estas dudas porque para eso está el gobierno municipal, para gobernar. Retomo otra vez a Baltasar Gracián y su arte de la prudencia cuando dice: “Es útil y cuerdo ahorrarse disgustos. La prudencia evita muchos, es la Lucina del éxito y, por eso, también del contento. No hay que dar malas noticias, y menos aún recibirlas; deben tener prohibida la entrada, a no ser la del remedio…”.

Feliz semana a todos. Es su turno.

P.D.: Lucina es la diosa del parto entre los antiguos romanos.

Publicado por: MontePituco | 27/12/2011

NACE A SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA (SAGA)

O panorama da nosa cultura conta, dende hai uns meses, cun novo colectivo que está dando os seus primeiros pasos: a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Os seus obxetivos son “por unha banda, a investigación e a divulgación da etnografía, da prehistoria e da historia de Galicia, da súa cultura tradicional —tanto material como inmaterial— e de todos os aspectos incluidos dentro do campo da antropoloxía social e cultural; e por outra banda, a promoción de todas aquelas actividades, publicacións, traballos e accións que vaian en beneficio da conservación, divulgación e investigación do noso acervo cultural galego”.

O antropólogo e economista Rafael Quintía, habitual protagonista nas páxinas deste blog pola súa pertenza á comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, é un dos promotores de SAGA, que na súa directiva tamén conta co profesor de Educación Plástica e especialista en Audiovisuais, João Bieites; co etnógrafo Miguel Losada; co licenciado en Belas Artes e restaurador de arte Francisco Sutil; e co arqueólogo e realizador audiovisual Lukas Santiago, outro dos artífices do proxecto Sete Camiños.

Explica Rafa Quintía no seu blog Á sombra de Bouza Panda, que a asociación cultural SAGA “conta coa colaboración dun amplo número de profesionais das distintas áreas que abrangue o proxecto” e que ao abeiro de SAGA “reúnense antropólogos, etnógrafos, arqueólogos, historiadores, filólogos, artistas plásticos, técnicos en audiovisual, músicos e moitos outros colaboradores comprometidos coa aventura cultural e social” que pilota esta entidade.

Entre os proxectos que leva a cabo a Sociedade Antropolóxica Galega destacan:

•A publicación trimestral do boletín informativo da sociedade, “Caderno de campo”. Unha publicación gratuita e de descarga libre na web http://www.antropoloxiagalega.org

•A edición e publicación do anuario “Fol de Veleno. Revista de Antropoloxía e Historia de Galiza”.

•A edición da colección “Cadernos etnográficos·, na que se publicarán traballos monográficos sobre distintos aspectos da etnografía e da arqueoloxía galega.

•A realización de documentais e doutros traballos audiovisuais que permitan divulgar os tesouros do patrimonio material e inmaterial da cultura galega. Nestes momentos, a SAGA ten producidos os seguintes documentais: “Sete Camiños, encrucillada do tempo”, “Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” e “Metoca”.

•A organización das xornadas anuais da SAGA sobre antropoloxía galega.

•O desenvolvemento de proxectos de investigación, de divulgación e de posta en valor do patrimonio, como o proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ou a creación do Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega (AAANGA).

A SAGA está embarcada en todos estes proxectos, especialmente -como parte da comisión técnica- no proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, do que este próximo mes de xaneiro vaise estrear o documental “Sete Camiños, encrucillada do tempo”.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) vaia todo noso apoio á SAGA, con desexos ferventes de éxito para as súas iniciativas. Cómpre en Galicia un colectivo multidisciplinar coma este, formado por profesionais con traxectoria e criterio, comprometidos coa protección do patrimonio e da cultura nestes tempos difíciles que corren. O Monte Pornedo felicítase porque ten, na SAGA, un aliado máis, un aliado forte, na súa conservación. Parabéns, e adiante!

Publicado por: MontePituco | 26/12/2011

ENÉSIMO REXEITAMENTO ÁS MOTOS NO PORNEDO

Hai motoristas que non respectan o básico, que obran ao seu antollo e, por riba, cando se lles pide amablemente que non circulen polo Alto do Pornedo porque hai un sinal perfectamente claro instalado pola Comunidade de Montes de San Xulián prohibindo esa actividade, tómano a mal, despotrican e marchan -no mellor dos casos- a regañadentes. Este fin de semana volveron aparecer rodadas, seis meses despois da colocación do panel informativo pertinente na entrada a esa zona. Puntualmente presentábase algún piloto, polas marcas que se vían no sendeiro; “típica” travesura de xente nova que, sin a mínima equipación básica, tomaba a incursión máis como un desafío que como unha acción a mantenta para exercitarse co vehículo. Pero as rodadas que ilustran este artigo demostran que a motocicleta pasou unha, dúas, varias veces polo “antigo” itinerario do circuito ilegal que tanto custou erradicar, coa intervención do Seprona e a colaboración -máis vale tarde que nunca- da comunidade de montes.

É intolerable que os motores volvan ocupar o Pornedo. Ningún piloto no seu san xuízo pode atreverse a insinuar un despiste, ou simular sufrir un caso -digno de estudo científico- de analfabetismo repentino e transitorio, para rodar por este monte. Cómpre lembrarlles por que: o punto 2 do artigo 54.bis la Lei de Montes di que “a circulación con vehículos a motor por pistas forestais situadas fóra da rede de estradas quedará limitada ás servidumes de paso ás que houbera lugar, á xestión agroforestal e ás labores de vixiancia e de extinción das Administracións Públicas competentes”. Por tanto, as motos de uso deportivo, como as que frecuentan esta zona, literalmente sobran; só poden circular polas pistas habilitadas e polos espazos que, dentro do monte comunal, determine a Comunidade de Montes, co visto e prace da Xunta.

Por riba, como tantas veces se ten insistido nesta páxina, no Alto do Pornedo hai un conxunto rupestre catalogado e declarado Ben de Interese Cultural, ao redor do cal se debe gardar un perímetro de seguridade de 200 metros. É totalmente inadmisible que haxa vehículos motorizados circulando a grande velocidade a menos de cinco metros destes vestixios prehistóricos.

DEFENDE O MONTE PITUCO non deixará de denunciar, cantas veces faga falta, ante o Concello de Marín, a Xunta de Galicia, o Seprona e a Comunidade de Montes, as agresións que sofre este enclave sensible da nosa parroquia.

No Alto do Pornedo está

PROHIBIDO CIRCULAR CON VEHÍCULOS A MOTOR

Publicado por: MontePituco | 25/12/2011

BO NADAL

Bo Nadal 2011

Dende o Pornedo, unha aperta afectuosa a todas as persoas e colectivos a prol da defensa deste monte, cos nosos mellores desexos para o vindeiro 2012, no que continuaremos reivindicando intensamente a conservación deste espazo fronte aos intereses económicos e especulativos, particulares ou políticos, que procuran de forma irracional a súa destrucción instalando nel un polígono industrial ou área loxística. Máis Cultura, máis Natureza, máis Solidariedade e máis Compromiso. GRAZAS.

Publicado por: MontePituco | 24/12/2011

FELIZ NOITEBOA…

…Esta noite é Noite-Boa,

de alalás e de ruada.

Brinca a lúa polo ceo

tocando unha ribeirana.

Que viva, que viva,

que reine, que reine,

o fermoso neno

que é o rei dos reises.

Luís Amado Carballo: fragmento de “Panxoliña de Nadal”, en “O Galo” (1928)

Publicado por: MontePituco | 23/12/2011

SOBRE O CHAN INDUSTRIAL, NA PRENSA

Publicado por: MontePituco | 22/12/2011

A PLATAFORMA MONTES DO MORRAZO, SOBRE O CHAN INDUSTRIAL

 

Achegamos un comunicado da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo:

A PLATAFORMA EN DEFENSA DOS MONTES DO MORRAZO REXEITA OS PROXECTOS DE PARQUES INDUSTRIAIS NO ESPAZO NATURAL PROTEXIDO

Ante a declaración de supramunicipalidade, a comezos de decembro, por parte do Consello da Xunta, para o Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia, e posterior presentación do mesmo por parte do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere amosar o seu rexeitamento á construción dos polígonos industriais proxectados neste espazo protexido.

Este plan sectorial pretende construír até 2024 uns 42,7 millóns de metros cadrados repartidos en 119 novos polígonos, que se virían sumar aos 19 millóns de metros cadrados dos 213 polígonos existentes en toda Galicia. O desenvolvemento de cada un destes novos parques ficaría condicionado a que existise unha demanda mínima dun 30% dacordo cun rexistro de demandantes.

Mais o que non conta a Xunta é que segundo os datos tirados da páxina de Xestur, organismo dependente do Instituto de Vivenda e Solo da Xunta que se encarga de xestionar parte do solo industrial galego, só na provincia de Pontevedra hai até un total 386 parcelas baleiras nos polígonos xa construídos e que suman 1.463.566 metros cadrados dispoñibles para todas aquelas empresas que as queiran ocupar sen necesidade de construír novos polígonos.

Este plan prevé tres zonas industriais nos Montes do Morrazo, unha no monte Pornedo de 375.000 metros cadrados, outra na Cruz da Maceira de 460.000 metros cadrados e aínda outra máis na Pastoriza de 1.152.021 metros cadrados que suman un total de case 2.000.000 de metros cadrados a recualificar neste ESPAZO NATURAL PROTEXIDO POLAS NORMAS SUBSIDIARIAS PROVINCIAIS.

A construción destes 3 polígonos industriais nun espazo natural protexido como son os Montes do Morrazo causaría un enorme e irreversíbel impacto ambiental, paisaxístico e patrimonial nunha área natural de grandes desniveis, na que nacen ríos como o Lameiriña, Loira ou o río da Fraga, e que ademais conta cunha grande e diversa riqueza natural (flora e fauna), xeolóxica e arqueolóxica (mámoas e petróglifos), que en total se verían ameazadas e/ou directamente destrozadas coa construción destes polígonos.

Tamén hai que ter en conta o grande impacto que producirán a construción ou adecuación do viais necesarios para conectar estes polígonos, principalmente a adecuación da estrada PO-313 Moaña Marín, xa planificada no seu momento no Plan Vigo Integra, e que xa fora rexeitada por toda a veciñanza dos núcleos de poboación afectados, Broullón, Miñán e Pardavila. Así como as molestias que causarán o continuo tráfico de camións e o propio funcionamento dos polígonos nestes núcleos e noutros como A Pastoriza, A Fraga, máis os da Pena e O Caeiro na parroquia de San Xulián.

A construción destes novos polígonos, co seu grande desembolso económico e impacto ambiental, non son ningunha solución para saírmos da crise. Esta crise non foi causada pola falta de espazo industrial, senón que foi causada pola especulación e voracidade do sistema capitalista, polo que a creación de polígonos industriais non garante que se vaian crear postos de traballo. Estes polígonos xa foran planificados antes da crise, cando prevalecía a ESPECULACIÓN URBANÍSTICA e na que un parque industrial era sinónimo de recualificación de solo rústico a baixo prezo para despois vendelo ás empresas por un prezo moito maior, ficando en moitos casos naves baleiras ou cun uso distinto do industrial pola falta de comprador.

A demanda de solo empresarial e industrial no Morrazo non é real como para xustificar a construción destes 3 novos polígonos como así o demostra a decisión hai un ano da propia Xunta de reducir á terceira parte o proxecto inicial de 1.500.000 de metros cadrados a recualificar, entre os montes de Aldán e Beluso, do Parque Empresarial e Industrial do Morrazo (PEIM) en Castiñeiras, recoñecendo que non existía tal demanda empresarial e que a crise así o condicionaba.

Fronte ao criterio da Xunta do 30% da demanda mínima para desenvolver un polígono, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo considera que antes se deben encher os polígonos existentes, xa que aínda non teñen todo o seu espazo ocupado, e o resto da oferta de solo empresarial e industrial, no caso de ser necesaria, debe adaptarse á demanda real apostando por áreas municipais máis pequenas, cunha ocupación total de parcelas, fóra de espazos naturais e protexidos e cun menor impacto no medio.

Publicado por: MontePituco | 21/12/2011

A VARIANTE DE MARÍN: FLASHBACK

Flashback: dise da técnica narrativa que consiste en intercalar, no desenvolvemento dunha acción, pasaxes pertencentes a un tempo anterior.

…Que onde estabamos cando as excavadoras abrían o trazado do primeiro tramo da variante de Marín? Que por que non fixemos nada cando someteron a pedrafita de Currás ao baile de San Vito? Que que faciamos cando Islero embestiu mortalmente a Manolete? Hai individuos/as moi empeñados ultimamente en pasar(nos) factura por todo o habido e por haber. Sen importarnos canto lles perxudica a crise financeira, o que está claro é que estes “trolls” –polemizadores aburridos e empedernidos, na acepción interneteira da palabra– o que máis padecen é unha absoluta crise de ideas e de argumentos.

Ano 2003: as máquinas furaban o Monte Pornedo para construir a –aínda hoxe inconclusa, case 9 anos despois “yloqueterondarémorena”– variante de Marín. Os veciños do Caeiro miraban cara ao alto con preocupación: a zona pola que avanzaban os traballos tiña unha composición xeolóxica moi rochosa e xa se comezaban a sentir as primeiras detonacións. As cargas de explosivo medraron en cantidade e intensidade, ata o punto de que a estrutura das vivendas comezou a resentirse: fendas exteriores e interiores, paredes desconchadas, o corazón dos veciños nun puño cada vez que os operarios, sen preaviso, efectuaban as voaduras.

…Sen que ninguén, nin dende o Concello, nin a Xunta, nin a empresa construtora, nin a comunidade de montes, lles tivera explicado como lles ían afectar, durante longos meses, aquelas obras, os habitantes do Caeiro tiveron que enfrontarse en solitario aos xefes de obra, os enxeñeiros, e os executivos de medio pelo que, cunha lamentable falta de delicadeza e de respecto, pretendían lavar as mans ante os desperfectos progresivos que experimentaban as vivendas. Tras moito porfiar, con informes e contrainformes, a empresa accedeu a repoñerlles os gastos que lles ocasionou a reparación dos danos.

Esa foi a particular loita desta modesta veciñanza que, cámara en ristre, retratou tamén as agresións cometidas no monte, consentidas dende as administracións públicas e asumidas sen rechistar pola comunidade de (des)montes de San Xulián. Na súa inmensa cobiza por embolsar as indemizacións –u-los cartos, a día de hoxe?– pola ocupación dos terreos, a directiva dos comuneiros “vendeulles a moto” aos parroquianos finxindo que fixeran o negocio do século autorizando o recheo artificial e con terra de dubidosa procedencia –hoxe infestada da praga da herba da Pampa que tanto abunda polas autoestradas– a ladeira do Monte Pornedo, onde antano había unha pequena carballeira e un regato: onde aquela carballeira, quedou unha pista cunha pendente semellante á do Angliru para que os residentes de catro vivendas poidan acceder a elas en coche; onde aquel regato, quedou un mamotreto de escalinata de formigón pola que a auga baixa dende o monte formando un torrente que irremediablemente anega todas as fincas que se atopan dende A Curxeira ata Vilafíns.

Por aquelas datas preguntóuselle ao daquela conselleiro de Política Territorial –actual presidente da Xunta– Alberto Núñez Feijóo, se podía garantir que o impacto das obras da variante quedaría minimizado ao seu remate, coa instalación dunha pantalla vexetal para aillar o ruído do tráfico, e a súa resposta foi afirmativa. A verdade é que nin pantalla vexetal ninrabodeghaita: a variante segue inconclusa, con serios problemas de seguridade vial non só pola sinuosidade do trazado, senón tamén pola ausencia de medidas para evitar que o gando mostrenco acceda á calzada, co conseguinte perigo para a vida dos usuarios e dos propios animais.

…E o recheo? Ai, o recheo! Onde houbo fonte (sen auga), mesas e bancos, árbores… quedan os restos que sobreviven ao expolio descarado e os actos vandálicos continuos. E un petroglifo –localizado mais non catalogado, senón outro galo cantaría– que había na zona, sepultado baixo toneladas de terra e cantullos. De nada serviron as protestas de Xan Montenegro para que se respectara ese vestixio prehistórico; tan só serviron para facer valer, en todo caso, a súa dignidade como cidadán, os seus irrenunciables dereitos constitucionais, e o seu compromiso na defensa do patrimonio cultural da parroquia na que outros, por degraza e ignorancia, din que “as pedras non dan de comer”.

Publicado por: MontePituco | 20/12/2011

NA COSTA DA VELA

Tomando un desvío xusto antes de chegar a Santo Andrés do Hío, onde se conserva o famoso e impresionante cruceiro tallado por Cerviño en 1872, unha estrada estreita e sinuosa lévanos ata a Costa da Vela, declarada Lugar de Interese Comunitario (LIC) e incluido na Rede Natura 2000. Dende Donón divísase o Monte Facho, mítico enclave onde se localizan importantes vestixios prehistóricos que suxiren que os antigos poboadores da zona acudían a ese promontorio para vixiar o horizonte da chegada de posibles inimigos, e tamén para realizar ofrendas á divinidade. As excavacións arqueolóxicas que se están realizando neste espazo, coa participación de destacados historiadores mesmo a nivel internacional, mereceron o Premio Provincial de Cultura que outorga anualmente a Deputación de Pontevedra.

Para describir as panorámicas da Costa da Vela non bastan as palabras, porque cada día é diferente: a luz, o vento, o son das ondas, a vexetación cambiante en función da época do ano. Un agasallo para os sentidos, e un tesouro natural en todas as acepcións posibles: a nivel paisaxístico, ambiental, biolóxico pola fauna e a flora que habitan a terra, o mar e o aire. Entre o patrimonio arquitectónico, os faros de Cabo Home e de Cabo Pequeno, separados pola praia de Melide. En resume, un dos lugares privilexiados da bisbarra do Morrazo, coas impoñentes Illas Cíes -emblema do Parque Nacional das Illas Atlánticas- practicamente ao alcance dos dedos. 

(Preme a continuación en “Ler máis” para ver o álbum fotográfico completo).

Ler máis

Cándido Martínez, de Luita Verde, e Damián Copena, do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, explicaron en Marín as afeccións que provocaría a instalación dun parque eólico no lugar de Pedras Negras, afectando os montes dos concellos de Marín, Moaña e Vilaboa. Trátase dun dos moitos polígonos de muíños que han saturar Galicia de norte a sur, de leste a oeste, debido ao Plan Sectorial elaborado -e varias veces modificado- pola Xunta. A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e os colectivos que a conforman presentaron este verán un documento de suxerencias en contra da construcción deste parque eólico que lle foi adxidicado á empresa italiana Enel Green Power. Pero o proceso aínda vai para longo, posto que máis adiante suponse que haberá unha exposición pública, momento no que se poderán presentar alegacións.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo plantexa a “alternativa cero”, é dicir, cero muíños en vez dos 14 proxectados, que xa son dous menos que os 16 inicialmente previstos.

Cándido Martínez, de Luita Verde, advertiu que periga o sistema fluvial do Morrazo: o río Loira en Marín, o río da Fraga ou dos Ladróns en Moaña, a zona do río Miñouga en Domaio, e Ríomaior en Vilaboa resultarían perxudicados pola apertura de viais.

Muíño 1: situado na zona de San Tomé, cerca de Chan da Armada.

Muíño 2: na zona de Vilaboa, pertencente á serra de Domego, igual que o anterior, afecta ao núcleo de poboación de Sobreira e ten no seu contorno unhas brañas incluidas no catálogo de humedais de Galicia.

Muíño 3: en Chan do Xestoso, cerca de Coto do Home, o punto máis elevado do Morrazo.

Muíños 4 e 5: afectan a montes de Moaña e Domaio, na zona do Xaxán.

Muíño 6: en Pedras Negras, pertencente ao Chan da Carqueixa, é onde está previsto instalar unha subestación eléctrica.

Muíños 7, 8 e 9: en Os Candóns, tamén están cerca do núcleo de poboación de San Lourenzo, en Domaio.

Muíño 10: na zona de Os Pedrouzos.

Muíño 11: na zona de Chan da Lagoa.

Muíños 12, 13 e 14: na zona de Charamiza, en Domaio.

Para comunicar todos estes muíños está previsto construir 17 quilómetros de viais e abrir 15 quilómetros de zanxas. Ademais, cómpre ter en conta o destrozo que conleva cada plataforma, que ocupa unha base de 17 metros cadrados. Cada muíño terá unha altura de 120 metros e a extensión das palas será de 112 metros de diámetro, co que a altura máxima acadaría os 175 metros. Situados en montes que teñen unha altitude de entre 400 e 600 metros sobre o nivel do mar, o impacto ambiental e paisaxístico é máis que evidente.

“A afección é moito maior da que sinala o proxecto de Enel”, afirmou Cándido Martínez, que advertiu que o parque eólico de Pedras Negras sería visible dende os montes do Salnés e mesmo do Barbanza, así como tamén polo sur da provincia. A praga eólica planea sobre as Rías Baixas, con outros proxectos no Monte Castrove e na Serra do Galiñeiro.

Tamén perxudica o patrimonio cultural, en particular os monumentos megalíticos, xa que as zanxas e os viais, os camións e a maquinaria pesada, pasan próximos a dúas mámoas.

A enseada de San Simón, incluida na Rede Natura, un espazo cunha importante variedade de aves, cunhas 3500 especies de aves hibernantes na súa contorna, segundo datos oficiais, atópase nas proximidades da área de influencia do parque eólico. As aspas dos muíños provocarán a morte de moitos paxaros que non poderán escapar da forza centrífuga das pas.

Os montes afectados polo parque eólico de Pedras Negras arderon na vaga de lumes de 2006 e actualmente estaban sendo reforestados a base de piñeiro do país e piñeiro radiata. Se prospera o proxecto de Enel, o investimento realizado polas comunidades de montes perderase, xa que a existencia dunha extensión de muíños de vento é incompatible co crecemento do arborado e coa explotación forestal. Precisamente, outro dos aspectos criticados por Luita Verde é que o catálogo de flora presentado pola empresa italiana subestima e mesmo desprecia os toxos e os fentos que medran na zona: plantas que, como o asphodelus album, axudan a rexenerar os solos, tanto como o toxo ou a xesta.

Urces ou brezos, carpaza, herba de Santiago, cardos, falso azafrán, merendeiras, seixebra ou scorodonia, manzanilla silvestre, paxariño ou linaria saxatilis, (un endemismo do Noroeste Ibérico) , varias clases de cogumelos… A flora de Pedras Negras merece un estudio moito máis exhaustivo que o catálogo “paupérrimo” presentado por Enel, recalcou Cándido Martínez, que tamén destacou a variedade de animais vertebrador e invertebrados do lugar.

Non se pode pasar por alto o impacto acústico que terían os 14 muíños, producindo un zunido continuo e molesto. Damián Copena engadiríalle outro perigoso inconvinte: o “efecto discoteca” que se produce ao dar os raios do sol nas aspas, causando nos condutores molestias e distraccións que poderían acarrear accidentes de tráfico.

Pero tamén están os condutores do aire: os numerosos afeccionados á práctica do parapente que teñen no Coto do Home unha das súas pistas de despegue e que, lamentablemente terían que prescindir deste espazo para practicar este deporte.

Hai máis de 4.000 muíños eólicos, segundo os cálculos do equipo de investigadores ao que pertence Damián Copena. Un negocio, o do vento, que xenera moitos beneficios ás empresas pero que repercute de xeito mínimo, por non dicir microscópico, nos propietarios dos terreos destinados a uso eólico.

A lexislación nesta materia foi cambiando sucesivamente dende os decretos 205/1999 e 302/2001 que sentaron as bases deste sector. A normativa é farragosa e, como practicamente todos os asuntos nos que intervén a Administración, coa súa burocracia, con moita letra pequena que cómpre coñecer a fondo para non sucumbir ás trampas do sistema.

Dous detalles chaman poderosamente a atención neste barullo: que os dereitos pola explotación do vento son exclusivos e eternos, non caducan nunca; e que a producíón de enerxía eólica pódese declarar de utilidade pública, co cal o Goberno de turno podería proceder á expropiación do solo aplicando unha lei dos anos 50; unha lei franquista, por tanto, en plena madurez (teórica) da democracia. En cambio, as comunidades de montes, como entidades de utilidade pública que son, pódense involucrar na loita polos seus terreos. E que gañe o máis forte (que non sempre ten que ser Goliat, como a Historia demostrou en non poucas ocasións), ou o máis listo.

Actualmente han 3.300 megawatios de potencia en funcionamento, 300 autorizados e en fase de trámite outros 500, outros 300 tamén a trámite da convocatoria con plan eólico empresarial, uns 2.300 a maiores que proceden do famoso concurso eólico para instalar 91 parques, cerca de 800 admitidos polo Ministerio… o que fai un “total” de 7.500 MW de potencia.

E hai que estar ollo avizor, porque dende o martes 13 de decembro, o parque eólico previsto no Monte Acival de Moraña é o primeiro desta nova fornada que sae a información pública. Faltan aínda moitos trámites para que a empresa que o promove poida saírse coa súa. Certo é que cada vez as “facilidades” que obtén o capital son maiores, sobre todo eludindo ou bordeando a lexislación ambiental. Só así se explica que haxa parques eólicos en espazos da Rede Natura. En calquera caso, Damián Copena cre que, no caso de Pedras Negras, será necesario facer un estudo de impacto ambiental.

A tecnoloxía utilizada na produción de enerxía eólica avanzou e mellorou moito nos últimos anos: aumentou a potencia, incrementouse a altura dos muíños e medrou a rede de comunicacións e abastecementos que os interconectan. Paralelamente, non houbo ningunha mellora no tratamento do territorio no que se asentan estas instalacións industriais e son moitos os inconvintes, dende contaminación lumínica, ata rexevetación con especies alóctonas, a mortandade de aves, ou as interferencias electromagnéticas.

Aínda así, Galicia segue sendo unha “potencia” eólica, só por detrás das dúas Castelas. Pero téñase en conta a extensión das tres comunidades. En Galicia prodúcense 108 KW por quilómetro cadrado, cando a media do Estado está en 38. Sobreexplotación eólica? A estas alturas, todo apunta a que si. Non queda tan lonxe a época na que Galicia mesmo era líder en España e a sexta potencia mundial. Neste país somos moi dados a querer ser sempre os primeiros nalgo, aínda que sexa a costa de sacrificar algo tan importante como o medio ambiente, o patrimonio cultural, ou mesmo a saúde das persoas.

Son numerosos os conflictos abertos na actualidade pola tramitación de parques eólicos: dende as Brañas de Xestoso ao Xistral, Os Ancares e o Caurel, Pena Trevinca, Cosa da Serpe, a Serra da Groba, O Galiñeiro ou Monteferro. Algúns, como o de Paradela, foron paralizados polo empeño, neste caso, dos propietarios dunha casa de turismo rural, que conseguiron unha sentenza única. Ou o de Vilamartiño, onde os veciños están unidos na defensa dos seus pastos, dos que obteñen o alimento para as vacas, que representan un importante activo económico para os habitantes da zona.

Os promotores eólicos buscan a desunión, manexan cartos e teñen acceso a información privilexiada en perxuizo dos propietarios dos terreos, sexan privados ou comunais. En 2008 as empresas facturaron 700 millóns de euros. As comunidades de montes só percibiron o 1,18% da facturación bruta. Unha miseria a cambio de “entregar” para sempre os seus montes e deixarllos inservibles ás xeracións futuras para o desenvolvemento doutras actividades e doutros aproveitamentos alternativos.

O de Pedras Negras é un dos 8 parques eólicos que saíron a concurso en 2010, xunto cos do acival, Xesteiros, Pé dos Cotos, Monte Arca, Castrove, Touriñán e Fontevedra. Suman 195 MW de potencia. A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo segue traballando a prol da conservación desta zona, catalogada como Espazo Natural Protexido polas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento. En febreiro organizarase un roteiro para dar a coñecer a súa riqueza cultural e natural, para que a cidadanía se conciencie do moito que pode perder a cambio de 14 muíños de vento, para que os concellos de Marín, Vilaboa e Moaña se sumen a esta causa nobre e xusta.

Publicado por: MontePituco | 13/12/2011

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PARQUE EÓLICO

 

O vindeiro venres 16 de decembro celebrarase en Marín unha charla informativa sobre o parque eólico previsto para o Morrazo, na zona de Pedras Negras, e que abarca os concellos de Marín, Vilaboa e Moaña. Realizarase no salón da Biblioteca Municipal Vidal Pazos ás 20:00 horas. No acto intervirán Cándido Martínez, representante do colectivo ecoloxista Luita Verde, e Damián Copena, membro do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo.

O parque eólico de Pedras Negras está promovido pola empresa transnacional italiana Enel Green Power España, empresa que ten agredido o medio coa construción de parques eólicos noutras zonas do Estado español, que deron lugar a sentenzas xudiciaus por delicto ecolóxico.

Este parque eólico suporá a instalación de 14 aeroxeneradores de grandes dimensións (119 metros de altura de buxe e 112 metros de diámetro de rotor), a ocupación dunha explanada de 17×17 metros de superficie por cada aeroxenerador, a apertura de novas comunicacións e ampliación do ancho de pistas forestais existentes, que en total suman 17.302 metros liñais de vías entre os de acceso e interiores, 15.702 metros de gabias para instalación de cable eléctrico e de comunicacións, e unha subestación eléctrica.

Este parque eólico conlevaría, como moitos outros, un impacto visual na paisaxe moi severo nunha área que está entre os 500 e os 600 metros de altitude, e que pasa por ser das máis altas do Morrazo,  con amplas vistas cara ás Rías Baixas, ás serras entre Pontevedra e Ourense, e as do Sur de Pontevedra hacia Portugal.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, composta por colectivos, asociacións e persoas de Marín, Bueu, Cangas e Moaña, rexeita a instalación dun parque eólico en Pedras Negras e pretende dar a coñecer este proxecto aos veciños e veciñas do Morrazo, informar das graves consecuencias que ten sobre o medio e sobre a veciñanza unha instalación deste tipo, e valorizar a gran riqueza natural e arqueolóxica dos Montes do Morrazo, protexido polas normas subsidiarias provinciais.

A Plataforma convida a veciñanza de Marín a participar na asemblea que terá lugar este mércores 14 de decembro a partir das 20:30h na casa da cultura de Seixo. Nesta xuntanza abordaranse as distintas ameazas que se cernen sobre os Montes do Morrazo e planificaranse as accións e actividades que se desenvolverán nos vindeiros meses a prol da defensa deste espazo.

Publicado por: MontePituco | 12/12/2011

O MENHIR DE CURRÁS, ABANDONADO

Este fin de semana atopámonos na edición local de La Voz de Galicia cun interesante e oportunísimo artigo de Marcos Gago sobre o menhir de Currás. Xa este verán pasado -e dende moito antes tamén debía ser así- era evidente o estado de deixadez e abandono no que se atopa: rodeado de maleza nunha finca a monte, a carón dunha pista e ao pé dun dos impresionantes taludes que obrigou a facer a construcción da variante de Marín. Ningunha sinalización nin tratamento museográfico que advirta da importancia desta excepcional peza megalítica, que debera contar con algún tipo de protección para garantir que non sofra agresións e se poida conservar nun entorno digno.

Así trata o Concello de Marín o seu patrimonio prehistórico. Tanto o actual equipo de Goberno como o da lexislatura anterior. Seica os responsables políticos, que “saberán” algo ou moito de polémicos nomes de rúas, de lavadoiros ou  de auditorios ao aire libre, pero que de cultura e historia non teñen nin idea, beberon sempre os ventos polos petroglifos de Mogor e polo castro da Subidá, pero para o menhir de Currás ou os gravados rupestres do Pornedo nunca tiveron tempo nin ganas de investir un céntimo na súa recuperación.

…Parafraseando o famoso dito, “non merecemos o que temos”.

Un menhir único en Galicia yace en el olvido entre helechos en Marín

Situado a diez metros de un descomunal destierre de la circunvalación de Marín y rodeado de helechos, el menhir de Currás, el único completo encontrado en Galicia, pasa desapercibido para cualquier visitante. Parece una piedra más entre las casas. Para encontrarlo, hay que vivir en Currás o hay que tener una referencia muy precisa previa, porque ni una señal ayuda a llegar hasta él y ni un panel describe su importancia.

El menhir, una monumental piedra anclada verticalmente en tierra en la Prehistoria, es un símbolo en países como Gran Bretaña o Francia, donde estas piezas son parte de la cultura popular gracias en gran medida a los libros de Astérix, de Uderzo y Goscinny. Obélix triunfó en la Galia, pero, tras nueve años de olvido desde el descubrimiento del yacimiento en el 2003, todo parece indicar que fracasó en Marín. La inmensa mole prehistórica no aparece en los folletos turísticos, ni en las guías oficiales que difunden en Internet el patrimonio cultural de la provincia. Los vecinos también carecen de ningún elemento explicativo que les aclare la importancia del resto arqueológico que tienen delante. Y eso que lo hicieron los primeros marinenses hace 4.500 años.

Excavación concluyente

La pedrafita de Currás, como se le conoce en el folclore local, siempre estuvo rodeada de misterio. Unos decían que era un menhir y otros que no dejaba de ser una piedra caprichosamente erosionada por la naturaleza. El entuerto se resolvió en el 2003, cuando las obras de la circunvalación de Marín obligaron a excavarlo. El diseño de la vía de alta capacidad atravesaba su ubicación original por el medio.

El resultado superó las expectativas. No solo confirmó que se trataba de un menhir, sino que era el único entero encontrado en Galicia. Solo había un precedente, la lapa de Gargantáns, en Moraña, pero en este caso, el monumento estaba partido y su parte inferior perdida.

En la base de la enorme piedra, de nueve toneladas y media de peso, se encontraron otras que a modo de vaso servían de apoyo para que se mantuviese en pie. También tiene petroglifos.

Trasladado de ubicación dos veces por causa de las obras de la carretera hasta la finca donde reposa actualmente, Cultura anunció hace nueve años su revalorización con un panel explicativo y su promoción turística. Nada se ha cumplido y hasta los helechos los cortan, al parecer, los vecinos para dar de comer a los animales.

Megalitismo: Datación aportada por los arqueólogos que lo excavaron. 4.500 años.

Dimensiones: 3,14 metros. Su altura impresiona. Su peso (9,5 toneladas) también.

El hallazgo: La excavación del 2003 confirmó que era un menhir.

Publicado por: MontePituco | 11/12/2011

DÍA DAS MONTAÑAS E DOS BOSQUES

11 de decembro, Día Internacional das Montañas e dos Bosques

“O monte raso tan só quer:

lavercas, carpazas, veredas

e unha fontiña pra ver

as nubes andando ou quedas”.

(Manuel María)

Publicado por: MontePituco | 10/12/2011

DÍA DOS DEREITOS DOS ANIMAIS

Consultar artigo titulado: “Contra o abandono de animais” (28 de xaneiro de 2011).

10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos dos Animais.

Un can abandonado en xaneiro. En febreiro, aparece o cadáver dun cabalo. En outubro, atopamos unha cría de coello pendurada dun arbusto. En novembro, outro cabalo morto. E cantas máis agresións á fauna se terían producido sen quedarnos constancia. DEFENDE O MONTE PITUCO lamenta que este ano 2011 fose tan negativo nun aspecto fundamental para o equilibrio do ecosistema. Unha sociedade que non respecta os animais, sexan domésticos ou salvaxes, non pode presumir de desenvolvida. Neste blog non se deixará de denunciar a crueldade das persoas que atacan a dignidade dos animais, que os violentan fisicamente con ou sen producirlles a morte, que os maltratan de calqueira maneira.

Consultar artigo titulado “Contra o animalicidio” (7 de febreiro de 2011).

Consultar artigo titulado “Crueldade extrema” (3 de outubro de 2011).

Consultar artigo titulado “Outro cabalo morto no monte” (7 de novembro de 2011).

…Raposo, miñato, eiruga, cadelo, abella, bolboreta.

Alados, peludos ou viscosos, louvada sexa a terra que habitedes.

E beizoados os brazos que vos acollan

fronte á vergoña das voces que vos maldigan.

(Chester, in memoriam).

Publicado por: MontePituco | 09/12/2011

PLENO DE DECEMBRO (I)

O último pleno do ano sorprendeu, para empezar, pola súa “brevidade”, tendo en conta que o do mes anterior durara 4 interminables horas. En a penas dúas, na sesión ordinaria de decembro deuse conta dos poucos puntos incluidos na orde do día, entre os que destacou a aprobación, por unanimidade, dunha nova fase de tramitación do proxecto do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que non deparou ningunha polémica especialmente agria entre os grupos municipais.

A crónica deste pleno non comeza polo principio, senón polo final, no turno de rogos, preguntas, interpelacións e pataletas varias de certos integrantes da oposición nas filas socialista e nacionalista. A última intervención foi da concelleira independente Isabel Martínez Epifanio, que se dirixiu ao equipo de Goberno cun rogo. A edil de MAR-IN lembrou que no último Consello da Xunta, celebrado este mércores –en vez da xornada habitual do xoves, que foi festivo– o presidente da Xunta falou do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, que foi declarado de incidencia supramunicipal.

O plan contempla o investimento de 2.500 millóns de euros na creación de 119 polígonos industriais. “O PP e Mar-In quedamos sós na petición de Pastoriza”, apuntou Isabel Martínez, recordando así que populares e independentes discreparon na anterior lexislatura dos socialistas e dos nacionalistas na aposta destes últimos por situar o chan empresarial no Monte Pituco, por non mentar outras áreas como A Brea e Vista Alegre, que tamén estaban condenadas a sucumbir baixo o formigón e o asfalto pola mala xestión e o patético criterio do anterior Goberno local nesa materia.

Isabel Martínez formuloulle un rogo á alcaldesa María Ramallo: que o luns se poña en contacto coa Xunta para interesarse pola planificación do solo industrial e procurar que Marín estea incluido nese reparto. “A ver se non nos pasa coma sempre”, advertiu a concelleira independente, lamentando a perda de oportunidades da nosa vila na dotación de infraestruturas.

María Ramallo contestoulle que tomaba nota do rogo e que cando tivera máis información ao respecto, contestaríalle.

Entre o público, os directivos da comunidade de des-montes de San Xulián non dixeron ren. No pleno de novembro presentáranse con carteis co lema “polígono no pituco xa”, algúns deles prendidos cutremente con imperdibles na roupa dun dos seus simpatizantes, nunha actitude que perxudicaba a imaxe e a dignidade dese veciño, convertido nunha especie de home-anuncio degradante. Nesta ocasión, non empregaron ese recurso pobre e desafortunado de plasmar as súas reivindicacións. Simplemente, estaban de corpo presente. Algúns, mesmo de alma ausente. DEFENDE O MONTE PITUCO segue sostendo que a comunidade de des-montes de San Xulián carece de argumentos para defender o seu irracional punto de vista: nin técnicos, nin legais, só o interese económico e o capricho do erre-que-erre.

Que o Goberno local teña en conta, á hora de interesarse pola dotación de chan industrial para Marín, que o Monte Pornedo:

a) ten unha pendente de máis do 35% en máis da metade da superficie afectada polo hipotético polígono

b) pertence aos Montes do Morrazo e está catalogado como Espazo Natural Protexido

c) o Informe de Sostibilidade Ambiental do proxecto de PXOM contempla a “capacidade limitante absoluta” do Monte Pornedo para acoller urbanizacións de tipo residencial ou industrial.

A continuación, a nota informativa dispoñible na web da Xunta sobre o Consello do 7 de decembro de 2011 e a intervención de Alberto Núñez Feijóo.

Santiago, 07 de decembro de 2011.- Logo de que o Consello da Xunta acordase hoxe declarar como de incidencia supramunicipal o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, na rolda de prensa, que este plan, cunha mobilización de 2.500 millóns de euros, ordenará case 43 millóns de metros cadrados adicados a superficie industrial. “Primeiro presentamos o Plan Move, o plan de infraestruturas da comunidade e, agora, presentamos o plan definitivo de solo industrial. Estamos a falar de unir as superficies industriais coas infraestruturas, de planificar, ordenar o solo industrial, e de xerar emprego”.

O presidente do Goberno galego afirmou que este mapa de solo industrial será a guía do goberno e salientou que: “por parte da Xunta de Galicia, promotora Xunta de Galicia, pasaremos de 19 millóns de metros cadrados de chan industrial a 62 millóns de metros cadrados. Multiplicamos por 3 o solo empresarial na comunidade galega, faremos un solo industrial máis accesible e comezamos de forma ordenada, por fin, a organizarnos como país desde o punto de vista de solo industrial que é fundamental”.

Feijóo subliñou que para deseñar este plan traballouse nun dobre sentido: “cuantificar para localizar o solo empresarial que desenvolverá nos próximos anos, establecendo a curto, medio e longo prazo as necesidades de solo; e traballamos de forma simultánea en que isto casara dentro das Directrices de Ordenación do Territorio e do Plan do Litoral”.

Pola súa banda, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmou que o principal obxectivo desta planificación é que calquera empresa poda implantarse no noso territorio. “Coa aprobación deste plan sectorial –precisou- deixamos previstos, en Galicia, 119 parques empresariais con preto de 43 millóns de metros cadrados, o 80% de iniciativa da Xunta e o 20% de iniciativa doutros promotores”.

Ao longo da súa intervención, o conselleiro explicou, tamén, a utilidade doutra ferramenta, “na que estamos traballando”, o rexistro de demandantes de solo empresarial. “Un rexistro público, de libre acceso –dixo- no que as empresas e particulares que desexen solo empresarial se poderán inscribir de xeito que, cando se acade un grao de solicitudes suficiente, a administración garantirá o desenvolvemento do parque en concreto que, grazas a súa inclusión neste plan sectorial, a súa tramitación será máis rápida”.

Segundo Agustín Hernández, a importancia deste documento radica en que “se o combinamos axeitadamente co novo rexistro de demandantes conseguiremos executar solo empresarial de xeito moi áxil nos lugares onde é verdadeiramente necesario”.

Así mesmo, salientou que se segue a permitir a execución de parques de carácter municipal que os concellos poderán recoller nos seus correspondentes plans de ordenación municipal. “No documento de hoxe –incidiu- analizamos e incluímos aqueles espazos de carácter supramunicipal; e esa supramunicipalidade é o que aprobou o Consello da Xunta”.

Por último, avanzou que, nos vindeiro días, o documento someterase a información pública. “A partir de aí, faremos a análise das alegacións e os axustes oportunos ademais da correspondente elaboración da memoria ambiental para contar con esta ferramenta aprobada ao longo do vindeiro ano”.

Publicado por: MontePituco | 07/12/2011

A TALA DE MADEIRA

O Pornedo loce un novo look, trala tala de madeira realizada a carón da área recreativa e da pista que se adentra no monte. Trátase dunha tira de terreo da que foron extraídos toros e toros de eucalipto, algúns de mellor calidade que outros. Boa parte dos tocos que quedaron corresponden a árbores de pouco porte e, por tanto, de non moito valor económico.

A tala tivo dous efectos positivos: non afectou a un grupo de piñeiros que quedaron na parte superior da pista, e que poderán seguir medrando sen o estorbo dos eucaliptos; en cambio, propiciou que foran retirados varios exemplares de acacia -árbore catalogada como especie invasora- que medraban á beira do sendeiro.

Na outra cara da moeda, dous efectos negativos: a tala de madeira deixou á vista as “miserias” que a maleza ocultaba aos ollos dos paseantes, por máis que neste mesmo blog se foron denunciando sistematicamente os verquidos de todo tipo que os desaprensivos tiraban por alí aproveitando a vexetación frondosa: neumáticos, plásticos, escombros…

O peor, sen dúbida, é o aspecto desaliñado do monte tralo paso das máquinas dos madeireiros, con enormes pegadas das rodas que deixaron o camiño nunhas precarias condicións de tránsito. E sobre todo, os restos de madeira, pólas e follaxe que quedaron ciscados no chan, mesturados coa lameira.

A Comunidade de Montes debera supervisar a realización destas talas e garantir que a zona queda nunhas condicións óptimas; hai trituradoras de restos de poda que permitirían eliminar boa parte deste material que, cando seque, converterase nun potencial risco de incendio. O Pornedo non pode quedar así; sería a maior demostración de desleixo por parte dos responsables de velar pola boa xestión e coidado do monte veciñal.

Publicado por: MontePituco | 05/12/2011

NO CASTRO DA SUBIDÁ, CON ÁLVARO ARIZAGA

Subidá, do latín civitas, significa “cidade”, un gran poboado romanizado que, como no caso deste asentamento localizado no primitivo Marín, estivo ocupado ao longo de varios séculos. Acaban de investir 86.000 euros na recuperación dunha pequena parte deste castro que puido abarcar unhas tres hectáreas de terreo, con vivendas circulares de pedra, posiblemente cubertas cunha mestura de madeira, palla e barro. Nestes restos atópase un anaco da nosa historia, da nosa cultura e da nosa esencia. Descubrimos algúns aspectos da vida dos nosos antergos da man dun marinense, o arqueólogo e profesor da Escola de Restauración de Pontevedra, Álvaro Arizaga. Esta interesante visita, na que participamos unha vintena de persoas, organizouna a Asociación Cultural Almuinha.

Os traballos consistiron en consolidar unha antiga excavación que fora impulsada nos anos 80 polo Museo de Pontevedra e que, ao quedar inacabada, deu lugar a un expolio desaforado e moi agresivo do xacemento. Cóntase que os furtivos percorreron a zona con detectores para apropiarse de moedas e doutros elementos metálicos, ademais de cerámicas e pedras, entre elas, un muíño. No Museo gárdanse fragmentos de bronce, fíbulas e vestixios que sobreviviron á rapiña das mans amigas do alleo.

E para o conxunto da cidadanía, xa é posible visitar este espazo que nos achega ao pasado. A gran incógnita é que continuidade terán os traballos realizados pola empresa viguesa BIC no castro da Subidá porque, como ben advertiu Álvaro Arizaga, de nada serve o investimento económico se non se lle dá continuidade para garantir un mínimo mantemento dos restos recuperados.

“Isto é unha riqueza, non un problema para os propietarios”, insistiu o arqueólogo marinense, en alusión ás cesións dos terreos por parte da Comunidade de Montes e dos donos de parcelas privadas. Os responsables da Administración non souberon transmitir nunca que a existencia de elementos prehistóricos, lonxe de privacións, é unha oportunidade de desenvolvemento. Todo o que se poña en valor leva parello un desenvolvemento que, ben enfocado, repercute en economía, postos de traballo, cultura e sabedoría colectiva.

E Marín conta cun valioso patrimonio histórico que, por desgraza, non está todo o ben conservado nin ben xestionado que merece. As agresións aos bens -petroglifos, mámoas, castros- soe quedar impune e, boa parte das veces son as propias institucións, as que deberan dar exemplo, as causantes dos perxuízos autorizando actuacións lesivas. O Plan Xeral de Ordenación Municipal é a principal ferramenta para protexer este legado; e non hai pezas de primeira, segunda ou terceira categoría, posto que todo o catálogo de elementos está considerado por igual: dende os petroglifos de Mogor, pasando polo castro da Subidá, ata os gravados rupestres de Pornedo, Champás, Piñeiral de Caeiro ou Sete Camiños…

Álvaro Arizaga lembrou que a elaboración do PXOM tivo moitos problemas porque o equipo redactor descoñecía Marín e o seu territorio: fotos mal localizadas, cruceiros e outros elementos etnográficos sen catalogar… Foi así como a Dirección Xeral de Patrimonio freou en varias ocasións o avance do procedemento debido a erros sucesivos que houbo que corrixir. O propio Arizaga presentou alegacións ao documento para amosar a súa disconformidade coa ubicación do chan industrial na zona do Pornedo, onde abundan os gravados rupestres e outras formas de expresión prehistórica. Isto, sumado ao desnivel do terreo, fan que o proxecto de parque empresarial nese emprazamento non mereza outro calificativo: ABERRACIÓN.

Da Idade do Bronce, como os petroglifos do Pornedo, pode que sexan tamén os primeiros sinais de existencia do castro da Subidá. Esta recente excavación foi moi superficial porque os restos atópanse practicamente a ras do chan, pero probablemente cunha intervención máis a fondo puideran aparecer restos antigos desa etapa primitiva. Así, baixando a croa, ou coroa, do castro, atópase un gravado na pedra que, malia estar moi erosionado, podería datarse nesa época.

Oito, nove, dez séculos… tal vez fora o tempo que o castro da Subidá permaneceu ocupado ata que os seus habitantes se foron trasladando progresivamente a outras zonas cun menor perfil defensivo que o curuto do monte. Ata probablemente a Idade Media se puido manter activo. Proceden, acaso, desa franxa histórica as marcas en espiral que figuran nunha pedra situada xa máis preto das vivendas actuais? Son moitas as hipóteses.

Algo así acontece tamén cos gravados de Pepito Meijón. Por que non se poden poñer en valor as súas obras, por modernas que sexan? Argumentaba Álvaro Arizaga que, noutro país, o seu caso sería estudado polos expertos: que levaría a un home tan peculiar a converterse nun “petroglifeiro” contemporáneo, marcando os lugares con valor etnográfico (lavadoiros, cruces de camiños, montes, praias…) e respectando os gravados prehistóricos (agás nun só caso que picou por riba do petroglifo antigo).

Aquí e agora a súa figura é denostada e desprezada, mentres que fóra probablemente sería un fenómeno turístico e mesmo académico. Mágoa de país!

Publicado por: MontePituco | 02/12/2011

APRAZADA A CHARLA DE ANDRÉ PENA

A Asociación Almuinha vén de informar do aprazamento, ata novo aviso, da conferencia que ía impartir esta tarde o historiador e arqueólogo André Pena na Biblioteca Pública de Marín sobre a romanización de Galicia. Mantense a andaina ata o castro da Subidá que se vai realizar mañá sábado, con saída ás 11’oo horas dende a Alameda de Marín.

Publicado por: MontePituco | 02/12/2011

O PORNEDO VIAXEIRO

Existe un lugar moi lonxano, na outra beira do ancho océano, onde medrou un bosque de palabras. O Monte Pornedo fíxose sentir entre esas voces que susurra o vento. Paseou entre libros que falan de lendas e natureza. O Monte Pornedo tamén é viaxeiro…

Publicado por: MontePituco | 01/12/2011

LENDAS E PETROGLIFOS, EN SAN XULIÁN

No seu blog Á sombra de Bouza Panda, o antropólogo Rafa Quintía, integrante da comisión técnica do proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, elabora un interesante artigo que aúna unha lenda de transmisión oral coa presenza de varios conxuntos de petroglifos no monte da parroquia de San Xulián. Basta pararse a conversar con veciños xa veteranos para facerse unha idea da cantidade de historias que sobreviviron ao longo dos tempos pero que, se non as rescatamos neste momento, corren o risco de extinguirse.

Nunha das múltiplas visitas que fixemos o monte co gallo de cataloga-lo patrimonio etnográfico da contorna dos Sete Camiños un veciño de Marín, falando de lendas e mouros, contounos que nun determinado lugar do monte de San Xulián de Marín que non acertaba a identificar contaban que se aparecía unha vella moura que agochaba grandes tesouros que, de cando en vez, sacaba a asollar. Algún camiñante debeu ter a oportunidade de albisca-lo fabuloso tesouro, do contrario ninguén podería saber das preciosas alfaias que custodiaba a moura.

Non nos debe estrañar a existencia da lenda asociada a esta parte do monte se temos en conta que é precisamente na parte alta de San Xulián onde se atopa un dos complexos de arte rupestre máis importante do concello de Marín (cítense por exemplo os conxuntos da Carrasca ou de Champás) e, ó igual que ocorre cos petróglifos da Pedra do Fundamento en Salcedo, estes restos arqueolóxicos aparecen en Galicia, frecuentemente, asociados a lendas de mouras e de mouros.

A existencia deste tesouro da moura oculto nos cimos da parroquia de San Xulián levoume a pensar se non será o mesmo tesouro que cita o famoso Libro Magno de San Cipriano. O Ciprianillo, nome co que se coñecía popularmente a este grimorio, foi un libro de poder buscado e demandado durante séculos por curandeiros, pastequeiros, nigromantes e buscadores de tesouros que ansiaban posuír un deses faliosos exemplares, pois nel, non só se explican os esconxuros para desencantar tesouros, senón que se dá unha extensa listaxe de tesouros ocultos polos mouros nas terras galegas.

O famoso Ciprianillo, libro estruturado en varias partes, inclúe instrucións sobre o círculo protector que se debe trazar no chan para que os desenfeitizadores de tesouros se metan dentro e fiquen protexidos de todo mal. A continuación ofrécenos unha serie de conxuros e letanías en latín dedicadas a distintos santos e que son a ferramenta necesaria para desencanta-los tesouros. Tamén explica a imprecación final que se debe recitar para que acuda no noso socorro Xesús Cristo e faga que Satanás e tódalas pantasmas regresen ó máis profundo do inferno.

Por último, inclúese unha listaxe de 148 lugares de Galicia nos que se atoparían tesouros encantados. Cómpre ter en conta que moitos destes lugares citados no libro son topónimos que se repiten ó longo do noso territorio o que, por unha parte dificultaba a súa busca e localización, pero por outra fai que si algún lugar da nosa parroquia coincide con algún dos citados nesa lista de tesouros agochados podamos pensar que se refire ó noso lugar e non a outro, e esa é a maxia do Ciprianillo. Así que, volvendo ó principio, vexamos que nos di o famoso grimorio de San Ciprián ó respecto destes tesouros de mouros, que el identifica e confunde cos sarracenos. No capítulo dedicado a referencia-los tesouros do Reino de Galicia cita co número 91 un tesouro enterrado en San Julián.

Fará referencia a San Xulián de Marín? Será o mesmo tesouro que agocha a vella moura encantada? Quen sabe… de tódolos xeitos, exista o tesouro encantado do libro de San Ciprián ou non, o que ninguén poderá negar é que nestas lombas que baixan dende o cimo dos Sete Camiños unha misteriosa moura garda un fabuloso tesouro de ouro e alfaias, e iso si que é emocionante porque amosa a verdadeira riqueza e o auténtico ouro desa antiga e opulenta Gallaecia: a súa cultura popular e a súa máxica visión do mundo que nos rodea. Afortunados somos os que podemos gozar de tales tesouros.

Publicado por: MontePituco | 30/11/2011

SOBRE CULTURA CASTREXA E O CASTRO DA SUBIDÁ

A Asociación Cultural Almuinha organiza o próximo venres 2 de decembro unha charla sobre “Cultura castrexa e romanización”. O ponente será André Pena Granha, doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago, que traballa como historiador, arqueólogo e arquiveiro no Concello de Narón. A sesión celebrarase a partir das 20:30horas na Biblioteca de Marín.

De André Penha (Ferrol, 1955) destaca o seu enorme prestixio profesional, a cantidade de conferencias impartidas e de obras da súa autoría que foron publicadas, ademais da súa valiosa erudición sobre a cultura atlántica, que vencella os antigos poboadores de Galicia cos demais pobos do litoral occidental europeo. É un dos promotores do Instituto Galego de Estudos Célticos IGEC, unha sociedade científica que dende 2009 realiza traballos de investigación multidisciplinar no eido dos estudos célticos a nivel galego, do norte Portugal e da Europa Atlántica. O IGEC  tamén actúa como asesor e consultor en materia de educación, promoción turística e xstión do patrimonio.

Ao día seguinte, sábado 3, organizarase unha visita guiada ao Castro da Subidá, na que vai participar o arqueólogo marinense Álvaro Arizaga. A saída está prevista ás 11:00 horas dende a Alameda. Álvaro Arizaga é profesor e co-autor do libro “Petroglifos e outras prehistorias”, editado en 2007 polo Concello de Marín, no que se fai un estudo detallado sobre o patrimonio rupestre da vila.

Estas actividades que organiza Almuinha coinciden con senllos debates sobre a posta en valor dos bens culturais marinenses: por unha banda, o importante desembolso económico realizado na recuperación do Castro da Subidá, ao que se engade o investimento, non menos considerable, realizado para a construcción do centro de interpretación dos petroglifos de Mogor. Neste caso, remataron as obras, mais o recinto permanece pechado e carece de proxecto museístico.

Mentres, existen outros elementos tan respectables aos que non se lles presta ningunha atención. É o caso dos elementos arqueolóxicos inscritos no ámbito do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Aínda estando catalogados, aínda existindo para eles unha proposta para a súa recuperación e posta en valor, a comisión técnica dos Sete Camiños leva semanas agardando a resposta da concelleira de Cultura de Marín á petición de entrevista formulada por este colectivo para expoñerlle as necesidades destes conxuntos rupestres que, cun tratamento perfectamente asumible dende o punto de vista financeiro, pódense converter nun polo de atracción de visitantes polo seu indubidable interese histórico e cultural.

 

 

Publicado por: MontePituco | 29/11/2011

AVANZAN AS OBRAS DAS BEIRARRÚAS DE SAN XULIÁN

Publicado por: MontePituco | 28/11/2011

NORABOA ÁS COMUNIDADES DE MONTES DE COUSO E DA GRAÑA

Este artigo é un xesto de recoñecemento ao bo facer de dúas comunidades de montes, a de Couso, en Gondomar, e a da Graña, en Covelo. Na primeira estase traballando a prol da recuperación do patrimonio rupestre da parroquia coa apertura dun sendeiro para que toda a veciñanza e os visitantes poidan coñecer e apreciar esa riqueza histórica de valor incuantificable. Na outra afánanse en preservar o territorio fronte ao proxecto de instalación dunha canteira na zona, que perxudicaría o equilibrio medioambiental e deixaría a comunidade sen a súa fonte de ingresos: o monte veciñal con todo o que contén (arborado, mananciais, xacementos arqueolóxicos…).

Velaquí dúas maneiras frontalmente opostas de enfocar unha xestión: a prol da conservación do monte e da súa posta en valor, como en Couso ou A Graña, para seguir explotándoo de forma sostible e obténdolle rendemento seguro durante as xeracións vindeiras; ou arelando que un goberno local e autonómico decidan pagar unha “pasta” -pan para hoxe e fame para mañá- pola súa expropiación.

Noraboa ás comunidades de montes de Couso e da Graña por tomaren a decisión correcta.

Los comuneros de Couso abren una senda de 5 kilómetros para mostrar su legado rupestre

D. VÁZQUEZ. GONDOMAR.- Una nueva ruta arqueológica permite desde ayer al visitante viajar al pasado más remoto de la parroquia gondomareña de Couso. A lo largo de sus más de 5 kilómetros y medio se suceden elementos patrimoniales prehistóricos como petroglifos, un castro e incluso un conjunto de mámoas que podrían conservarse desde hace más de 6.000 años. Los comuneros han invertido el último año y medio en la preparación de este sendero –que parte del mirador de San Antoniño–, mediante la mejora de los accesos, la limpieza y desbroce de los espacios más emblemáticos y la instalación de paneles informativos.

“Hasta ahora estaba ahí y nadie le prestaba atención”, recordaba ayer el presidente de la comunidad de montes de Couso, Xosé Antón Araúxo, que destacó el trabajo de campo que se ha llevado a cabo para la apertura del sendero, que ha permitido descubrir nuevos grabados prehistóricos y realizar también un importante trabajo de recuperación de la toponimia local que se recogerá próximamente en un libro.

“Cuando iniciamos el proyecto no había más que dos petroglifos catalogados y ahora tenemos muchos más”, reiteró el presidente de los comuneros, quien aseguró que esperan poder inaugurar en unos meses una nueva senda en la zona de Os Remedios con la que dar a conocer nuevos grabados prehistóricos, así como un importante conjunto de molinos.

Mientras tanto, en la ruta inaugurada ayer con una visita guiada a cargo de Xosé Lois Vilar, arqueólogo del Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), se pueden contemplar destacados ejemplos del arte prehistórico como, por ejemplo, el petroglifo de Sobral, una roca que sobresale del terreno y contiene grabados de motivos abstractos y zoomorfos.

Veinte minutos de ascenso llevan al visitante hasta el castro de O Facho, un yacimiento arqueológico de la Edad de Hierro, con más de 2.000 años de antigüedad, cuya recuperación es, según avanzó Xosé Antón Araúxo, otro de los proyectos que los comuneros pretenden acometer.

El sendero recuperado avanza por la zona alta de la parroquia gondomareña y enlaza con la zona de Malvás, en Tui, a través de una necrópolis tumular, un campo de mámoas o enterramientos de entre 4.000 y 6.500 años.

Aunque el sendero principal culmina aquí, los comuneros han previsto, para los más acostumbrados a caminar, la posibilidad de continuar unos siete kilómetros más hacia Malvás y descender hasta los petroglifos de Tebra, en Tomiño.

La comunidad de montes ha elaborado un tríptico con toda la información y prevé organizar nuevas salidas guiadas en los próximos meses.

Xa existe un proxecto semellante, elaborado pola comisión técnica do proxecto para a creación do Espazo Natural e Arquelóxico dos Sete Camiños, e que abarca terreos do monte veciñal de Marín, Pontevedra e Vilaboa. A diferenza das comunidades de Salcedo, Lourizán e Postemirón, a de San Xulián é a única que non apoia esta iniciativa, que choca frontalmente con outros “intereses”, con outros “plans”.

Los comunidad de montes de A Graña se opone a una cantera en la Serra do Suído

V. PALLEIRO. COVELO.- Los comuneros de la parroquia de A Graña, en Covelo, se oponen a acoger en sus terrenos de monte comunal una cantera, cuya explotación fue solicitada por David Fernández Grande Investroc S.L., para ubicarse en una parcela de más de 3.700 metros cuadrados comprendidos en montes da Serra do Suído.

La comunidad de montes ya remitió sus alegaciones, el pasado 17 de octubre, a la Consellería de Economía e Industria para solicitar que no se apruebe este proyecto de explotación, ni su estudio de impacto ambiental, así como tampoco el plan de restauración propuesto por la empresa interesada.

Los comuneros de A Graña explican que además del ” grave perjuicio ambiental, ecológico, económico y etnográfico” que este proyecto tendría para la parroquia, en la actualidad, en la zona de afección donde se pretende ubicar la granitera existe un derecho de superficie de la empresa Eurovento que explota el parque eólico de Fonteavia, Bidueiros I y II. Habría que valorar, entonces, qué prevalece si el aprovechamiento minero o el eólico actual.

Desde A Graña advierten que el proyecto está erróneo desde la base. Explican que la solicitud de explotación presentada por David Fernández Grande Investroc S.L. está mal ubicada, ya que el proyecto se encuadrada en terrenos del Concello de Fornelos de Montes cuando, en realidad, esa parcela pertenece al Concello de Covelo, al existir un deslinde administrativo firme desde julio de 2009 que el solicitante de la cantera ignoró.

Por otra parte, los comuneros aseguran que la parcela afectada está dentro de la propuesta de ampliación de la Rede Natura 2000 con la denominación LIC Suído, a propuesta de la Dirección Xeral de Conservación da Natureza de la Consellería de Medio Rural.

Además, desde A Graña advierten que el proyecto prevé hacer una pista forestal que afectaría a una zona de monte bajo donde predominan especies incluidas como hábitats prioritarios en la Directiva 92/CEE Directiva Habitatas, así como a aves declaradas vulnerables en el Catálogo Gallego y Estatal de Especies Amenazadas. Asimismo, desde el punto de vista del patrimonio etnográfico la explotación minera afectaría a una “neveira” catalogada por la Dirección Xeral de Patrimonio.

Igualmente, esta cantera se pretende ubicar en una zona próxima al nacimiento de los arroyos Barranqueira de Fonte Uceira y Barranqueira de Casariñas, que van a desembocar al río Verdugo tras atravesar la Serra do Suído. Igualmente, afectaría al río Ceiña da Roca Grande y Regueiro das Marteiras.

Otro prejuicio implicaría un empobrecimiento de los vecinos de la zona, teniendo en cuenta que la Serra do Suído, donde se pretende ubicar esta granitera, es el hábitat de una cabaña ganadera de más de mil cabezas de ganado.

La Comunidade de Montes Veciñal en Man Común da Graña entiende que debe “prevalecer el interés del monte vecinal en mano común frente a la explotación de una cantera en superficie por una entidad mercantil para lucro exclusivamente privado y carente de beneficio social”. En este sentido, el próximo mes los comuneros tendrán una asamblea en la que abordarán en qué fase se encuentra la tramitación del proyecto para buscar todas las vías posibles para frenarlo.

Anteriormente, ya se posicionó en contra de la instalación de una cantera en la Serra do Suído el Concello de Covelo que anunció alegaciones, y también la Asociación para la Conservación y Estudio del Lobo Ibérico, quien junto a otras asociaciones, presentó alegaciones al considerar que el proyecto amenaza a una de las sierras mejor conservadas de la provincia de Pontevedra, que, además, representa una variedad de valores naturales y etnográficos que se verían seriamente dañados con una explotación.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías