É o primeiro Nadal sen Xan. Van seis meses dende que botamos de menos a súa presenza, a súa conversa. A súa adorable familia segue facéndonolo moi presente. Recibimos nestas datas unha fotografía súa, a carón do mar; unha estampa plácida da súa cotidianeidade, lendo o xornal. No reverso do sobre, unhas palabras que, aínda que non son do seu puño e letra, emociónannos tanto ou máis que se as escribira el. A imaxe vén no interior dun sobre cun lema reivindicativo: “O monte non se vende”.
Dalgún xeito, onde sexa que estea, a súa lembranza inspira estas palabras de alento que en DEFENDE O MONTE PITUCO agradecemos moi fondamente.
…Feliz Aninovo, Xan, amigo. Todo o agarimo para a familia Montenegro.
[URL=http://imageshack.us/photo/my-images/696/amigoxan.jpg/][IMG]http://img696.imageshack.us/img696/7594/amigoxan.jpg[/IMG][/URL]
Uploaded with [URL=http://imageshack.us]ImageShack.us[/URL]
Permitide que aporte esta felicitación que Xan reparteu entre as súas amizades no Nadal de 2008.
Polo reverso staba escrito do seu puño e letra:
“Que o 2009 siga florecendo
Boas Festas!!
Bicos e saúde.
Xan”
A súa memoria sigue florecendo…
By: breaseixo on 31/12/2011
at 15:58