Publicado por: MontePituco | 11/01/2012

TRAILER DE ‘SETE CAMIÑOS: ENCRUCILLADA DO TEMPO’

 

Este é o trailer do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”, que se presenta este venres ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra. É unha iniciativa da comisión técnica promotora do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, coproducida pola Sociedade Antropolóxica Galega e Faro de Ons Producións.

SINOPSE:

O proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños pretende revalorizar o importante e rico patrimonio natural, cultural e paisaxístico do contorno dos Sete Camiños, o Monte do Pornedo e o Monte do Catadoiro. Este enclave conforma unha unidade física que abrangue parte do monte comunal das parroquias de Salcedo e Lourizán, en Pontevedra, e de San Xulián, en Marín.

O documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo” ponlle voz e imaxes a un proxecto que aposta por implantar unha nova estratexia colectiva enfocada á xestión sostible dos nosos montes e recursos, á conservación e á posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial, cunha visión a longo prazo para garantirlle unha digna herdanza natural e cultural ás xeracións vindeiras. A creación deste espazo natural e arqueolóxico, co seu enorme potencial forestal e turístico, consolidaría un futuro viable para os nosos montes e a nosa cultura.

FICHA ARTÍSTICA:

Guión e dirección: Rafael Quintía e Lukas Santiago

Realización: Lukas Santiago e João Bieites

FICHA TÉCNICA:

Produtoras: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e Faro de Ons Producións.

Subvención ou axuda pública: Ningunha.

Título orixinal: “Sete Camiños. Encrucillada do tempo”.

Tipo: Documental. Produción propia realizada en color.

Xénero: Arqueolóxico, etnográfico e social.

Ano: 2011.

Duración: 43 minutos aprox.

Orixe: Galicia.

Idioma da versión orixinal: Galego.


Responses

  1. Precioso!
    Hai que ir velo

  2. Claro que si, benvid@s sexan tod@s os que queiran apoiarnos neste día tan importante. Paga a pena coñecer o que nos rodea, non se pode nin se debe vivir de costas ao monte, que é fonte de riqueza. Aínda que algúns só entendan a riqueza como especulación, como asfalto e formigón.
    Grazas, e saúdos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: