Publicado por: MontePituco | 13/02/2012

MOSQUERA (BNG PONTEVEDRA) SOBRE O PITUCO

Diario de Pontevedra:

“BNG y PSOE piden ANULAR el ‘parque privado’ del PP y MONTE PITUCO de los planes de la Xunta”.

“…La segunda alternativa al puerto seco contra la que carga el Gobierno local es la de Monte Pituco, polígono contemplado entre Marín y Pontevedra. La alegación se escuda en la presencia de importantes yacimientos arqueológicos, la existencia de fuertes pendientes y la proximidad con la franja de seguridad de la base militar General Morillo; si bien en este caso la propia Xunta le concede 29 puntos, o lo que es lo mismo, un suspenso“.

Faro de Vigo:

“Entre las observaciones que le trasladará el ayuntamiento de Pontevedra a la Xunta figura su rechazo al proyecto de instalación de la plataforma logística Marín-Pontevedra, que el propio Plan Sectorial “valora negativamente” debido a la pendiente de la zona y la presencia de elementos arqueológicos, a lo que Mosquera añade que “tiene un tremendo impacto visual sobre la ría” y que no dispone de conexión ferroviaria“.

Publicado por: MontePituco | 11/02/2012

“O POSICIONAMENTO DE PONTEVEDRA É QUE ESO, NON!”

O concelleiro de Infraestruturas no Concello de Pontevedra, César Mosquera, do BNG, compareceu hoxe nunha rolda de prensa para anunciar que na Comisión de Ordenación do Territorio deste mércores vanse expoñer as alegacións que o Concello de Pontevedra vai presentar proximamente ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais; alegacións que se van presentar tamén ao Pleno da Corporación.

O documento, elaborado pola dirección xeral da Área de Urbanismo do Concello de Pontevedra, recolle primeiro cales son as áreas industriais que lle afectan directamente a este termo municipal:

O Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia (PSOAEG) prevé, -ademais doutras áreas en zonas próximas a este termo municipal nos Concellos lindeiros-, tres áreas empresariais ou loxísticas con incidencia directa nese termo municipal tal e como se indica no informe emitido polo arquitecto xefe da OTPXU que serve de base ás presentes observacións e alegacións:

-36026011 Plataforma Loxística Marín-Pontevedra.

-36058011 Parque Loxístico Pontevedra-Vilaboa

-36038012 Nova delimitación PS11 Ampliación do Parque Empresarial de O Campiño.

No apartado seguinte analiza a sustentabilidade, incidencia ambiental e a viabilidade destas tres superficies e, no que respecta á Plataforma Loxística Marín-Pontevedra, o informe do Concello de Pontevedra expón o seguinte:

Aínda que nalgúns documentos figura como actuación en estudo polo IGVS, XESTUR, e SEA, o propio documento o puntúa por debaixo do “umbral” mínimo de viabilidade (29) e, polo tanto, como actuación inviable no DOC VI que contén a Proposta de Estratexia de Desenvolvemento do Plan, polo que pouco máis teríamos que engadir.

En todo caso, cómpre significar que esta área cualifícase no actual PXOU como solo non urbanizable de especial protección forestal e con presenza de varios xacementos arqueolóxicos, o que sen dúbida motiva que, no instrumento de planeamento xeral en elaboración, se inclúa, na súa meirande parte, como solo rústico especialmente protexido, con protección integral arqueolóxica como indica o PSOAEG, ao abranguer unha zona extremadamente fértil en restos de xacementos, petroglifos e vestixios da arte rupestre.

Tales afeccións ambientais, derivadas do seu valor paisaxístico-forestal e sobre todo patrimonial, semellan levar á conclusión lóxica dun pronunciamento negativo verbo da sustentabilidade da proposta e de inviabilidade; inviabilidade que se agravaría pola incidencia da zona de seguridade próxima da instalación militar da base “General Morillo” nos termos municipais de Pontevedra, Vilaboa e Marín definida na Orde DEF/2050/2009, de 15 de xullo (BOE do 29 de xullo), e polos factores físicos da zona con fortes pendentes. Recollendo parámetros do propio PSOAEG “…as áreas empresariais non se poden localizar razoablemente sobre zonas moi abruptas. A pendente é un factor que limita a urbanización, xa que, en pendentes fortes é necesario realizar importantes movementos de terra…”, o que representaría un sobre custo e unha afección paisaxística, COMO ACONTECERÍA NA ZONA ESTUDADA DO MONTE PITUCO.

Preguntado o edil nacionalista polo posicionamento do Concello de Marín, que tamén vai alegar ao Plan Sectorial, pero xustamente para o contrario, é dicir, para que lle dean máis puntuación a esta área, César Mosquera afirmou:

Nós dicimos que na parte que colle a Pontevedra –obviamente meternos no doutros concellos non é a práctica habitual, salvo que sea unha cousa que afecta directamente a Pontevedra– nos valorámolo negativamente e pedimos que o quiten. Está a cabalo dos dous.

-Pero a parcela ocupa bastante máis terreno en Pontevedra que en Marín

-Pois se lle quitan o de Pontevedra, e nós opoñémonos frontalmente, a viabilidade que ten é moi pouca. Viabilidade xa non ten porque se manteñen a puntuación… É que alí ten unhas pendentes tremendas, ten protección arqueolóxica, ten impacto visual sobre a ría tremendo. Tenas todas! Agora, se o Concello de Marín non encontrou outro sitio… No Morrazo, francamente, non nada é fácil. Non vou entrar a valorar se fixeron ben ou mal, se estudaron ben ou mal. Imaxino que isto vén inducido tamén a veces por decisións arrastradas por cuestións técnicas: igual o equipo redactor do plan pintou eso, non sei. O Concello de Pontevedra, o seu posicionamento é que eso, non! Hai sitios de sobra para poñelo bastante mellores que ese. Hai aí unha cantidade de restos arqueolóxicos tremendos, iso polo menos é o que figura.

Publicado por: MontePituco | 10/02/2012

NANOPOLÍTICOS

Publicado por: MontePituco | 09/02/2012

BNG: MÁIS QUE DICIR (III) – O COMUNICADO TÓXICO DE VILABOA

O artigo que hoxe recolle o Faro de Vigo asinado polo concelleiro nacionalista Xosé María Vilaboa é unha mostra do infantilismo e da pouca seriedade que practica o grupo municipal do BNG de Marín. Unha pataleta enrabechada impropia dun cargo público, que utiliza a prensa de forma aviesa e perversa para soltar demagoxia barata, terxiversar alegremente e intoxicar a opinión pública. O triste é que se lle dera pábulo e se lle permitira aproveitarse de xeito fraudulento dun dereito de réplica que non lle correspondía. Porque cómpre rebobinar e lembrarlle á cidadanía a que veñen estas palabras cargadas de remorsos, reproches e alarmas infundadas.

Todo se remonta ao artigo da voceira do BNG local, Pilar Blanco, no Diario de Pontevedra do pasado 28 de xaneiro, advertindo que Marín queda “sen polígono industrial”. Neste mesmo blog, no artigo titulado “BNG, aínda máis que dicir”, xa valorou convintemente a sarta de manipulacións verquidas pola señora Blanco, nunha actitude claramente discriminatoria hacia o Monte Pituco. Pero esta non foi a única reacción que suscitou ese artigo, porque unha veciña da Brea dirixiuse a ese mesmo periódico cun artigo de réplica -“Puntualizando a Pilar Blanco”- que ao parecer non lle foi publicado, polo que a súa autora dirixiuse ao Faro de Vigo, onde a súa opinión libre e respectable  tivo por fin o eco pretendido. Paralelamente, no Foro Marinenses, e tamén neste mesmo blog, trascendeu a análise que fixo Erasmo das palabras de Pilar Blanco.

En resume, tres voces -a de Defende o Monte Pituco, a de María del Carmen Santos, e a de Erasmo- que contrarrestan con datos e argumentos sólidos a pobreza ideolóxica de Pilar Blanco en materia de solo industrial, a precariedade intelectual do seu artigo fronte á consistencia de tres opinións ben formadas e informadas que non teñen volta de folla. Por iso o BNG de Marín estaba que rabeaba: porque non admite a discrepancia, porque sempre quere ter máis que dicir, porque Pilar Blanco e Xosé María Vilaboa son como esa mancha de aceite que á forza ten que quedar por riba do divino e do humano.

Quen sexa asiduo nos plenos mensuais da Corporación de Marín, coñecerá de sobra as malas mañas de Vilaboa como rival no debate político. A falta de ter a razón, a súa estratexia consiste en enrevesar datos e citas sacados descontextualizadamente das hemerotecas para enredar; e cando esas armas se lle esgotan e non ten máis cartas coas que seguir embarullando, o recurso que lle queda é erguer ese vozarrón seu para aplacar o discurso do opoñente, para estirar a corda ata o límite da pacencia e intentar -ata agora sen éxito- ser expulsado do Salón de Plenos e ter así un motivo para autoproclamarse coma mártir da patria, vítima da democracia e líder dos oprimidos.

…A iso vén o artigo trapalleiro de Xosé María Vilaboa no Faro de Vigo: a repetir por partida dobre o veleno que a súa compañeira de filas xa inxectou gratuitamente hai dúas semanas noutro medio de comunicación, abusando -dunha forma arteira, aproveitada e pouco elegante- doutro mal costume que se practica neste Concello en canto ao uso da palabra: a réplica por alusións. En definitiva: cansino, absurdo e ridículo todo o exposto por Vilaboa-Blanco, que tanto monta, monta tanto, Xosé María coma Pilar.

O artigo de Vilaboa non aporta nada, é pura redundancia, empezando polo titular, que está exprimido e requetexprimido. O artigo de Vilaboa é unha mentira espichada nun pau: o concelleiro nacionalista ten a incomensurable desfachatez de dicir que “Marín non terá polígono empresarial por decisión da Xunta” cando a decisión de que no Plan Sectorial se plasme a inviabilidade económica e ambiental do polígono proxectado no Monte Pituco non é algo “subxectivo” como un motivo político, senón que esa decisión baséase en datos técnicos e obxectivos: a forte pendente do terreo, a presenza de elementos arqueolóxicos catalogados, a existencia de recursos hidrolóxicos… mesmo unha servidume de paso aeronáutica! por non falar da catalogación como espazo natural protexido, e da alta intervisibilidade que o Informe de Sostibilidade Ambiental do propio PXOM de Marín lle confire a este espazo.

Alguén pode acreditar que o BNG esgrimira algún estudo técnico actual e rigoroso, que avalase a viabilidade dun polígono industrial no Monte Pornedo? Negativo. Inexistente. Ata o presidente da Autoridade Portuaria se ten pronunciado en contra desta ubicación. O único argumento que emprega Xosé María Vilaboa para insistir tercamente na instalación dun polígono industrial no Monte Pornedo é a súa palabra, que carece da máis absoluta credibilidade, toda vez que os técnicos da Xunta veñen de confirmar que este espazo non reúne as condicións necesarias para garantir a solvencia do proxecto.

A palabra grantilocuente de Vilaboa é fume de leña verde para intentar salvar os mobles ante o electorado. Aínda por riba de meter a pata cunha planificación de solo industrial errada e errática, o exconcelleiro de urbanismo intenta pescar en río revolto. Con ese artigo que remexe nun pasado que xa fede de tan podre e sobado que o teñen, os do Bloque poñen en evidencia que seguen doentes polo resultado electoral que os chimpou de cabeza na oposición municipal. Os respectivos artigos de Pilar Blanco e Xosé María Vilaboa son un insulto á soberanía popular porque cuestionan a liberdade dos marinenses para expresarse nas urnas.

E cun estilo excesivamente populista, o ex-edil de urbanismo fai un alarde matemático innecesario e simplón ao suxerir que a bisbarra do Morrazo non conta con metros cadrados abondo para albergar empresas, cando ao noso redor -Barro/Meis, Nantes en Sanxenxo, Fragamoreira en Poio…- hai chan industrial baleiro e morto da risa. Xosé María Vilaboa esquece que os Montes do Morrazo están catalogados como Espazo Natural Protexido polas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento e non lle fai ningunha honra aos seus camaradas políticos cando abogan pola planificación racional de solo empresarial. Pola contra, o concelleiro nacionalista parece partidario de sementar polígonos a diestro e siniestro, coma quen reparte caramelos e lambetadas entre a cativada.

Esta mentalidade non deixa de ser unha mostra da falta de criterio e da deriva dun “nanopolítico” -parafraseando os “nanopolígonos” de Vilaboa- que representa tristemente a imaxe dun partido que entrou en barrena. Quién lo ha visto y quién lo ve!

Publicado por: MontePituco | 08/02/2012

O POLÍGONO DESEÑADO POLA XUNTA (II)

Seguimos debullando o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais. Un dos apartados deste amplo documento é o referido á “Proposta de estratexia de desenvolvemento do Plan”, onde se atopa un cadro moi revelador titulado “Actuacións do IGVS, XESTUR e SEA inviables”. O proxecto de plataforma loxística Marín-Pontevedra que lle afecta ao Monte Pituco está incluido nesa relación (na que tamén figura o parque empresarial Marín-Moaña) que, segundo o estudo encargado pola Xunta, presenta unha importante obxección: “A baixa puntuación destas actuacións COMPROMETE EN GRAN MEDIDA A SÚA VIABILIDADE“.

Na memoria informativa a descritiva do plan abórdase a dotación de solo empresarial destinado a actividades de loxística. Nesta sección analízase a situación do porto de Marín en calidade de Porto de Interese Xeral do Estado:

“…Actualmente o porto de Marín é o 2º porto de España en movemento de mercancías por ferrocarril. A súa potenciación require reordenar os usos actuais, realoxando determinadas actividades fóra dos espazos portuarios e creando espazos fóra do porto para actividades industriais que teñan vinculación coa loxística portuaria. A autoridade portuaria estima unhas necesidades de solo para actividades industriais e de loxística vinculadas ao porto de 50.000 metros cadrados localizados nun radio de 10 quilómetros do porto e con posibilidade de conexión á autoestrada e, sobre todo, ao ferrocarril.

Aínda que se teñen barallado diversos emprazamentos de solo empresarial en Vilaboa, Marín e Pontevedra, estes chocan con dous problemas: a ralentización da tramitación do planeamento municipal, e as dificultades de conexión co ferrocarril, considerado básico, nos emprazamentos citados”.

Unhas páxinas despois, nesa mesma memoria informativa, os redactores do Plan Sectorial achegan unha serie de “criterios que deben adoptarse”, entre os cales, unha vez máis, se especifica que o Plan Empresarial Marín-Pontevedra é unha “actuación con BAIXA PUNTUACIÓN no estudo de viabilidade das áreas empresariais”.

Noutro dos apartados do documento, titulado “Proposta de estratexia de desenvolvemento do plan”, cítase novamente o proxecto da plataforma loxística Marín-Pontevedra: “Pondérase cun coeficiente de 0,4 dado que no avance do PXOM de Pontevedra se recolle parte deste solo como de Protección Integral Arqueolóxica“.

Curiosamente, tamén se detalla unha obxección referida ao proxecto do parque empresarial Marín-Moaña: “Aplícaselle un coeficiente de 0,4 dado que está afectado por unha liña de alta tensión”. Precisamente, aínda que o Plan Sectorial non o recolle, e así llo haberá que transmitir á Xunta en tempo e forma, o terreo afectado polo polígono industrial previsto no Monte Pituco tamén está afectado por unha liña de alta tensión: a Comunidade de Montes de San Xulián percibiu unha considerable indemnización pola superficie ocupada polo tendido, que curiosamente, afectou parcialmente unha mámoa, tal e como denunciou no seu día a Comunidade de Montes de Lourizán.

Da análise do Plan Sectorial, DEFENDE O MONTE PITUCO tamén puido determinar que o perímetro da plataforma loxística Marín-Pontevedra que lle afecta a esta zona é de servidume aeronáutica, motivo polo cal se lle restan puntos na valoración da súa viabilidade. A isto súmaselle que hai unha certa incidencia do Plan de Ordenación do Litoral nun extremo da parcela prevista. Ademais, recoñecese que existe afección a cursos de auga, como ten advertido DEFENDE O MONTE PITUCO pola existencia de mananciais naturais que surten de auga para consumo doméstico e de regadío aos habitantes dos núcleos habitados próximos, de Pena, Caeiro, Bouza, Os Bravos, Arealonga, Casal, Laxe e Bravos.

E sobre todo, entre os factores físicos máis negativos está a pendente, que en boa parte do terreo supera o 25%. Estes e outros datos permiten concluir que hai razóns máis que suficientes para presentar alegacións reclamando que se elimine deste Plan Sectorial o proxecto da plataforma loxística Marín-Pontevedra, e que o Monte Pituco se conserve como o Espazo Natural Protexido que é, de pleno dereito.

Publicado por: MontePituco | 07/02/2012

A VERSIÓN DO POLÍGONO DESEÑADA POLA XUNTA

Isto é o que hai no Plan Sectorial de Ordenación de Zonas Empresariais sobre o proxecto de instalación dunha plataforma loxística na zona Marín-Pontevedra.

Este outro mapa é a aberración de polígono industrial que propoñía instalar no Monte Pornedo o anterior goberno local bipartito PSOE-BNG, cunha extensión superior aos 700.000 metros cadrados, nun espazo de máxima intervisibilidade (impacto paisaxístico), segundo o proxecto de PXOM, e cun forte desnivel: o 93% do terreo tería unha pendente superior ao 15%, e o 57% tería máis do dobre da pendente máxima recomendada para a construcción de parques empresariais. Por non falar da afección aos acuíferos e ao patrimonio histórico, entre outros perxuízos. Un auténtico despropósito.

A oferta era tan sumamente ruín, que os técnicos contratados pola Xunta para o estudo das zonas empresariais elaboraron un novo proxecto que non se parece a penas en nada ao inicial proposto dende o Concello de Marín. A extensión desta nova área industrial tería tan só 279.364 metros cadrados, dos cales a superficie neta quedaría en 167.618 matros cadrados. Sen embargo, nin o actual Goberno local marinense nin os partidos da oposición puxeron o acento -nin o mentaron sequera- nun detalle sumamente importante: o proxecto de plataforma loxística Marín-Pontevedra afecta en maior medida -dous terzos, tal vez- ao concello veciño, mentres que a superficie afectada no termo municipal de Marín é a mínima expresión con respecto da barbaridade que pretendía o anterior goberno local, liderado por socialistas e nacionalistas, co apoio de populares e independentes.

Conclusións: o actual panorama dos proxectos de solo empresarial que lle atinxen a Marín, ademais de seguir sendo inoportunos e improdecentes, porque seguen afectando a unha zona de alta fraxilidade visual en plena fachada da ría, porque seguen causando un impacto directo sobre diversos xacementos arqueolóxicos e mananciais naturais, e porque agreden o Espazo Natural Protexido dos Montes do Morrazo, demostran que a xestión urbanística que se realizou nos últimos anos neste concello foi un ABSOLUTO FRACASO pola falta de rigor, a incompetencia e a estreitez de miras dos responsables políticos desa planificación, á vista de que os técnicos da Xunta estanlles enmendando a plana de forma contundente.

Aínda así, cómpre destacar que o propio Plan Sectorial recoñece que o proxecto de plataforma loxística Marín-Pontevedra tería unha escasa viabilidade socioeconómica e ambiental.

Publicado por: MontePituco | 06/02/2012

O PSOE DE PONTEVEDRA OPONSE AO POLÍGONO NO PITUCO

Faro de Vigo: “Los socialistas pontevedreses formalizarán alegaciones en contra de las áreas logísticas propuestas por el departamento autonómico a caballo de los municipios de Marín y Vilaboa. En el primer caso, las objeciones planteadas aluden a que el área empresarial diseñada ocupa terrenos calificados parcialmente como de protección integral arqueológica”.

Diario de Pontevedra: “O edil do PSOE non quere nin oír falar tampouco da posible posta en marcha dunha plataforma loxística entre Marín e Pontevedra, que contaría cunha superficie de 279.264 metros cadrados. No avance do PXOM de Pontevedra, estes terreos aparecen cualificados parcialmente como de “Protección Integal Arqueolóxica”, se ben o plan urbanístico da cidade vén de ser novamente rexeitado polo Goberno galego. Aínda así, Louro desaconsella levar a cabo esta infraestrutura, á que se lle outorga unha viabilidade socioeconómica e medioambiental de 29 puntos. O propio documento redactado por técnicos da Xunta desaconsella desenvolver actuacións que obteñan menos de 30 puntos”.

Como xa auguramos atinadamente hai tan só uns días, o posicionamento do goberno local de Pontevedra vai ser radicalmente distinto ao que anunciou o goberno local de Marín a respecto do proxecto de instalación dunha plataforma loxística entre Marín e Pontevedra, no Monte Pituco. Este fin de semana foi noticia que o grupo municipal socialista de Pontevedra vai propoñer, para o seu debate na Corporación, unha proposta de alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais. Concretamente, sobre a Plataforma Loxística Marín-Pontevedra, o comunicado do grupo que lidera o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, di textualmente:

No avance do PXOM de Pontevedra, estes terreos aparecen cualificados parcialmente como “Protección Integral Arqueolóxica”, polo que parece dificilmente executable. Doutra banda, no Plan Sectorial aparece reflectida unha puntuación de viabilidade socioeconómica-medioambiental de 29 puntos, cando o propio documento desaconsella as actuacións con menos de 30 puntos.

O grupo socialista propón desbotar esta proposta e que sexa eliminada.

A calquera cidadán con sentido común non pode menos que chamarlle a atención esta ostensible incongruencia entre concelleiros homólogos do mesmo partido en concellos veciños. Non podemos obviar que o posicionamento do líder da oposición e anterior alcalde de Marín, o socialista Francisco Veiga, está radicalmente a favor da instalación dun polígono industrial no Monte Pornedo. Pero a Veiga nada lle importa o patrimonio arqueolóxico polo que se preocupa Antón Louro; e a diferenza deste último, a Veiga parécelle irrelevante que o estudo de viabilidade socioeconómica e medioambiental da zona sexa negativo.

É previsible que a proposta dos socialistas de Pontevedra para que o Concello de Pontevedra formalice o seu rexeitamento ao proxecto de plataforma loxística Marín-Pontevedra no Monte Pituco, acabe contando co respaldo dos seus socios de goberno no grupo municipal do BNG. Entón, a incongruencia será dobre, posto que os nacionalistas de Marín o que pretenden é xusto o contrario: que a Xunta instale ese polígono industrial nun Espazo Natural Protexido pertencente aos Montes do Morrazo, nunha zona de máxima fraxilidade visual e con pendentes que exceden as recomendacións do Instituto Galego de Vivenda e Solo no que respecta á urbanización de parques empresariais.

O que moita xente ignora é que a oferta de solo empresarial que fixera o anterior Goberno local bipartito de Marín quedou reducido practicamente á metade co novo plantexamento artellado polos técnicos contratados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O que moitos marinenses descoñecen é que ese polígono industrial, tal e como está plantexado pola Xunta, ocupa máis da metade do seu perímetro no termo municipal de Pontevedra, e que ao Concello de Marín só lle afecta nunha terceira parte, co cal non solucionaría en absoluto o afán recaudatorio deste Goberno local á hora de tramitar e conceder as hipotéticas licenzas urbanísticas.

…A política é tan paradóxica, tan ilóxica e tan esdrúxula, que a mesma dicotomía se produce entre o BNG e o PSOE de Pontevedra e de Vilaboa en relación ao proxecto de creación do parque loxístico Pontevedra-Vilaboa. O grupo municipal socialista de Pontevedra rexéitao de plano pola afección medioambiental ao contorno do río dos Gafos, mentres que o bipartito socialista-nacionalista de Vilaboa ve con bos ollos esa proposta, obviando os posibles efectos contaminantes. “Doutores ten a Igrexa”, que dirían por aí. Os discípulos de Sigmund Freud teñen entre Marín, Pontevedra e Vilaboa un interesante “triángulo das bermudas” para estudar a fondo conceptos como contradición, incoherencia e disparate.

 

Publicado por: MontePituco | 05/02/2012

ÉXITO DO ROTEIRO POLOS MONTES DO MORRAZO

Máis de 200 persoas desafiaron o frío, a néboa e a choiva que desluciu o roteiro reivindicativo a pé organizado pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo para expresar o rexeitamento social á instalación dun parque eólico no lugar de Pedras Negras, que contempla situar ata 14 aeroxeneradores en distintos puntos deste Espazo Natural Protexido polas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento.

A marcha partiu do parque forestal de Chan de Arquiña, onde se sitúa unha das mámoas máis coñecidas da bisbarra. Ao longo do traxecto fóronse explicando as afeccións que conlevaría este proxecto: a nivel ambiental e paisaxístico, agresións á fauna e á flora da zona, afectación do terreo pola apertura de viais, zanxas e a construcción dunha subestación eléctrica, impacto acústico e contaminación no nacemento de diversos ríos que teñen o seu nacemento nestes altos…

Entre os participantes na andaina atopábanse varios membros do Clube de Parapente do Morrazo, que leva máis dunha década utilizando Coto do Home como punto de despegue. Trátase do lugar máis elevado da comarca, a 624 metros de altitude sobre o nivel do mar, e ata aquí achéganse afeccionados a esta práctica deportiva non só de Galicia, senón do resto do Estado.

As inclemencias meteorolóxicas, que impediron aos asistentes gozar das espléndidas vistas panorámicas sobre as rías de Pontevedra e Vigo, a enseada de San Simón, ou o Parque Nacional das Illas Atlánticas, obrigaron a recurtar o traxecto. A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo anunciou que en datas próximas organizarase outra marcha para seguir concienciando a cidadanía sobre os perxuízos deste proxecto de parque eólico.

Os Montes do Morrazo cumpren as concidións para seren integrados na Rede Natura, segundo o colectivo ecoloxista Luita Verde, polo que a Plataforma vaille esixir á Xunta que faga extensiva esa figura de protección ambiental a todo este contorno.

Máis información e máis fotos, no blog da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.

Publicado por: MontePituco | 03/02/2012

ESTE DOMINGO, ROTEIRO POLOS MONTES DO MORRAZO

Comunicado da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.

Este vindeiro domingo 5 de febreiro a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza un roteiro polo espazo afectado polo proxecto de parque eólico que a Xunta pretende instalar no Morrazo.

O roteiro, que sairá ás 10:30h desde o parque forestal de Chan de Arquiña, terá un percorrido circular duns 7 quilómetros que pasará por Chan de Xestoso, Coto do Home, Chan de Pedras Negras, Chan de Goa, Outeiro da Charamiza, e pasando outra vez por Chan de Goa, chegará de novo a Chan de Arquiña. O percorrido que discurrirá por pistas forestais é de dificultade baixa e conta cunhas amplas vistas panorámicas sobre as rías de galegas.

Ao remate do percorrido, previsto para as 14h, está organizado un xantar popular no parque forestal de Chan de Arquiña, onde cada un/unha d@s asistentes leve ou comparta a súa comida.

Pódese chegar ao punto de saída, Chan de Arquiña, desde O Morrazo e Pontevedra pola estrada PO-313 Moaña-Marín collendo o cruce á Lagoa de Castiñeiras no alto da Cruz de Maceira e máis adiante o primeiro cruce á dereita de subida a Chan de Arquiña.

Dende Vigo, pódese chegar, collendo o primeiro desvío á dereita na estrada PO-551 unha vez saído da A-9 na ponte de Rande e despois de atravesar a rotonda que dá acceso ao corredor de alta capacidade do Morrazo. Ese desvío bordeará o campo de golf de Domaio e unha vez chegado ao núcleo rural de San Lourenzo hai que collela subida cara a Chan de Arquiña.

Recoméndase que cada vehículo utilizado para acceder sexa compartido ao máximo de ocupación para así non masificar o punto de encontro en plena natureza.

O parque eólico de Pedras Negras, promovido pola empresa italiana Enel Green Power España SL, e incluído dentro do plan eólico galego pola Xunta de Galicia prevé a instalación de 14 aeroxeneradores de 119 metros de altura e 112 metros de diámetro de pás, a ocupación dunha explanada de 17 m2 de superficie por cada aeroxenerador, a apertura de novos viales e o ancheado doutros existentes que suman 17.302 metros lineais, 15.702 metros de gabias para instalación de cableado eléctrico e comunicacións, e unha subestación eléctrica.

A instalación do parque eólico tería as seguintes afeccións:

Afectaría con movementos de terras para a apertura de pistas de acceso e gabias, mais coa instalación dos aeroxeneradores e a subestación eléctrica ás áreas naturais de monte Formigoso, Chan de Arquiña, Chan de Gagán, Chan de Xestoso, Serra Domego, Chan da Carqueixa, Chan de Pedras Negras, Os Candóns, Chan de Goa, Serra Basil e Outeiro da Charamiza, entre os 450 m. e os 600 m. de altitude situados na zona máis alta da península do Morrazo e preto dos altos de Monte Faro de Domaio e Coto do Home, as principais cimeiras con máis de 600 m. de altitude, integrado plenamente no espazo natural dos Montes do Morrazo, protexido como solo rústico de protección de espazos naturais polas normas subsidiarias de planeamento da provincia de Pontevedra.

Ás amplas vistas panorámicas cara ás Rías Baixas entre a ría de Vigo e a de Pontevedra e moi preto da enseada de San Simón, espazo natural integrado dentro da Rede Natura. O impacto sumaríase a outros proxectos de parques eólicos nas serras da Groba e do Galiñeiro, en fronte da ría de Vigo e no monte Castrove, da de Pontevedra, incluídos así mesmo no citado plan eólico galego.

A unha zona de importancia xeolóxica conformando unha paisaxe exclusiva de sucesión de relevos graníticos en altura con abundancia de rochas de distintas morfoloxías moldeadas polos axentes naturais dende tempos moi remotos.

Aos nacementos dos ríos Loira, da Fraga, Miñouba e Riomaior, estes dous últimos coa súa desembocadura na Enseada de San Simón. Tamén a charcas estacionais, pasteiros húmidos e brañas.

A monte mancomunado das parroquias de Santomé de Piñeiro (Marín), San Adrián de Cobres (Vilaboa) e Domaio (Moaña), con novas repoboacións forestais principalmente de Pinus pinaster e Pinus radiata, en substitución de anteriores plantacións de eucalipto, e onde a apertura de pistas e gabias, a construción de cada un dos aeroxeneradores máis a da subestación eléctrica implicaría a tala de arborado existente e a imposiblidade futura de repoboación nas zonas afectadas.

A un rico monte baixo de matogueira, debido á abundancia e diversidade de especies de breixos, complementado con carpazas, xestas e toxeira, propios de ambientes nitrófilos, turbosos, e verdadeiros rexeneradores de solos pobres a nivel granítico, ou empobrecidos pola acción dos lumes.

A especies arbóreas e de flora autóctona, mesmo endémica do noroeste ibérico.

A unha gran variedade de fauna pola existencia de varios ecosistemas (acuáticos, monte aberto, bosques…) e principalmente a aves e morcegos, onde os aeroxeneradores provocan unha grande mortandade entre as súas pás en movemento.

Á área de protección de varios xacementos arqueolóxicos, principalmente mámoas megalíticas existentes entre as zonas de Chan de Armada e a propia de Chan de Arquiña, máis a área de protección dun petróglifo da Idade do Bronce, o de Outeiro do Gorgullo no monte Formigoso. Non se desbota que a parte destes xacementos catalogados e outros etnográficos existentes puideran ser afectados outros sen descubrir dada a abundancia existente por todo o espazo natural protexido.

A usos sociais e deportivos, como a propia área de lecer de Chan de Arquiña, a zona de despegue de parapente no monte Gagán que imposibilitaría a súa prática aérea; o roteiro sinalizado existente de bicicletas de montaña. E aos núcleos rurais de poboación de San Lourenzo (Domaio) e Sobreira (Vilaboa) pola súa proximidade, que se vería afectados ademais de polo impacto das obras polo impacto acústico producido polas pás dos aeroxeneradores en movemento.

Ás telecomunicacións por interferencias con respeto dos dous complexos de antenas existentes nos altos do Monte Faro de Domaio e de Coto do Home. E así mesmo, suporía unha suma de radiacións electromagnéticas pola subestación eléctrica proxectada.

O parque eólico parte dunha área de estudo cunha superficie moito maior de 4.300 Has. que recolle a totalidade do espazo natural protexido dos Montes do Morrazo máis parte do Carballal de Coiro, os dous espazos naturais protexidos terrestres máis importantes da comarca.

O espazo natural dos Montes do Morrazo é xunto co Carballal de Coiro o corredor natural necesario para enlazar o continente cos espazos naturais protexidos do litoral morracense (os LIC da Enseada de San Simón, Costa da Vela e Cabo Udra) e posúe a súa vez as condicións bioxeográficas, coa existencia de hábitats naturais prioritarios e de fauna e flora salvaxe, para formar parte así mesmo da Rede Natura, na que Galicia segue estando moi por debaixo da media do Estado en superficie protexida.

Galicia é excedente en electricidade, as súas zonas con maior potencial eólico xa están cubertas, e se necesitara subir a potencia eólica instalada actualmente bastaría con repotenciar os parques eólicos xa existentes.

Publicado por: MontePituco | 02/02/2012

BNG: MÁIS QUE DICIR (II)

A carta que lle publicaron na prensa á voceira municipal do BNG sobre o espiñento tema do chan industrial segue levantando bochas de malestar. Hai uns días, “Pasaba por aquí” referíase -nun dos seus comentarios- á réplica dunha veciña da Brea, poñendo unha vez máis os puntos sobre as íes nesa peculiar “realidade” que Pilar Blanco é tan afeccionada a debuxar ao seu antollo político, contando a feira segundo lle vai nela e obviando aqueloutros aspectos que desfavorecen a súa gran contribución a que as circunstancias sexan as que son.

Por iso, á opinión que vén de manifestar unha veciña da Brea como parte directamente afectada pola xestión municipal que o BNG de Marín -en colaboración necesaria cos seus socios do PSOE- quixo aplicar irracionalmente en materia de chan industrial, cómpre sumar unha voz máis: a de Erasmo, plasmada nun recente comentario de seu, tamén nese mesmo artigo. Para que non pasen desapercibidas as súas palabras, reproducimos a continuación a súa valoración sobre o escrito asinado por Pilar Blanco.

Resulta esclarecedor el artículo que ha publicado la concejala Pilar Blanco en la prensa sobre los polígonos empresariales en Marín. Y resulta esclarecedor por cuanto Pilar Blanco es el ejemplo más claro del despiste al que asiste –y asistieron en épocas pasadas- algunos políticos marinenses, por ignorancia y falta de información, sobre este importante tema, que amenaza con excluir a nuestra comarca del progreso económico y social en las próximas décadas.

Afirma Pilar Blanco que la zona de Pastoriza es inviable para la instalación de un parque empresarial porque así se lo comunicaron al bipartito que gobernaba Marín en la Xunta en 2010 y porque, cito textualmente, “a pesares de que, dende o BNG, nunca apostamos por Pastoriza, porque sabíamos que era inviable, en aras a levar adiante o PXOM, retiramos as outras áreas, tal e como esixía o PP”. La concejala del Bloque falta a la verdad, o al menos no cuenta toda la verdad, nada más que la verdad y solo la verdad. Hay que recordarle a la concejala Blanco qué sucedió por entonces y qué es lo que sucede ahora con este asunto para que, al menos, los marinenses tengan una versión más correcta y menos sesgada que la que ella nos plantea en su demagógico artículo.

Sobre la idoneidad o no de Pastoriza como zona para instalar un parque empresarial, cabe señalar que en ningún momento ni el PSOE ni el BNG estuvieron por la labor siquiera de realizar un estudio de viabilidad, ni por propia iniciativa ni por iniciativa ajena. Y eso que desde el Congreso de los Diputados le brindaron la gran oportunidad de hacerlo –hasta los diputados socialistas en el Parlamento votaron a favor-, pero decidieron no ya rechazar esa oportunidad sino–y esto es lo flagrante- ignoraron en todo momento que Sepes (la Sociedad Estatal de Suelo) realizara un estudio sobre Pastoriza como así lo había acordado y aprobado la comisión correspondiente de la cámara. El ex alcalde, Fran Veiga, y sobre todo el BNG estaban por otras ubicaciones. Es más ni siquiera pretendían un gran polígono empresarial. Todo lo que se les había ocurrido eran unos minipolígonos en Monte Pornedo, A Brea, Macenlle, San Xulián y Ardán. La fuerte oposición de la población y su constante y perseverante protesta a lo largo de más de dos años evitó que se aprobaran. Pero con todo, no fue solo la tenaz y admirable protesta de la población – a la que al bipartito que gobernaba le interesaba un pimiento- sino y sobre todo la pérdida del gobierno de la Xunta en las elecciones autonómicas la que impidió que aquel latrocinio se llevara a cabo. Al PSOE y al BNG no les quedó otro remedio que ceder, entre otras cosas porque el PP y Mar-In también se oponían y porque, hay que recordarlo, fue el candidato popular a la presidencia de la Xunta, Núñez Feijoo, el que hizo una clara apuesta por Pastoriza durante una visita en campaña electoral a Marín.

Ahora nos encontramos en otra situación después de que la Xunta haya planteado el Plan Sectorial de Áreas Empresariales de Galicia. Y miren ustedes, donde la señorita Blanco lo ve todo negro, yo sin embargo veo muchos matices grises que me hacen vislumbrar que hay luz al final del túnel. Dicho de otra manera, sigo manteniendo mis esperanzas de que Marín cuente con un gran polígono empresarial en la zona de Pastoriza y por ello sigo apostando. El encuentro, la pasada semana, entre el conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, y los portavoces de los grupos políticos representados en el Ayuntamiento de Marín, deja entrever una cierta esperanza de que la comarca de Marín tendrá un parque empresarial como nos merecemos. Vuelvo a reiterarme en lo que ya he dicho tantas veces aquí y en otros foros de que Monte Pituco no es ninguna solución aunque en el Plan de la Xunta se recoja una pequeña parte de terreno de esta zona en otro polígono más centrado en Pontevedra y que por cierto cuenta también con baja calificación. Por ahora termino aquí (aunque en posteriores artículos les daré mi opinión respecto al estudio de la Xunta), no sin antes recordarle a la concejala del BNG que en el estudio realizado por los redactores del PXOM hay una referencia a Pastoriza –precisamente la que expresó un biólogo de Vigo- donde afirma que esta zona de la comarca marinense no tiene grandes problemas medioambientales. Resulta cuanto menos curioso que los gobernantes anteriores en el Concello no se fijaran más en lo que dijo ese, se supone, experto, sobre Pastoriza, y siguieran adelante con su matraca. Comprendo que es duro perder no solo unas cuantas batallas –las de los micropolígonos- sino, además, la guerra. Y PSOE y BNG en lo que respecta a este asunto la van a perder. Estoy convencido de que, al final, Pastoriza va a ser la ubicación de ese parque empresarial que tanto necesitamos, para nuestra generación y para las futuras generaciones de marinenses.

Publicado por: MontePituco | 01/02/2012

A CARTA AO CONSELLEIRO, NO DIARIO

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas emprazounos a facer as nosas achegas ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais en forma de alegacións, durante o actual periodo de exposición pública do documento.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO, dirixímonos a todos os colectivos e particulares que estean interesados en evitar que este espazo natural sexa invadido polas excavadoras e o formigón; entidades e persoas que teñan sensibilidade co valioso patrimonio ambiental e histórico deste lugar; aos veciños da parroquia e do contorno que necesiten os recursos que lles fornece o monte -madeira, toxo, auga, pasto- e que deixarían de beneficiarse destas materias primas coa instalación dun polígono… que contacten connosco para adherirse ás alegacións que se van presentar en tempo e forma, para insistir unha vez máis que o Monte Pituco non é o lugar adecuado para instalar un polígono industrial nin unha plataforma loxística.

Enderezo de contacto: montepituco@gmail.com

Moitas GRAZAS.

Publicado por: MontePituco | 31/01/2012

BNG: AÍNDA MÁIS QUE DICIR…

…Aínda ten máis que dicir, a voceira municipal do BNG. O seu comunicado resúmese en dúas palabras: hipocresía e manipulación. Hipocresía, porque pretende ir de ‘ecoloxista último modelo’ na súa defensa de Pastoriza, totalmente lexítima, por outra parte. Porque é ben certo que Pastoriza pertence aos Montes do Morrazo, catalogados como Espazo Natural Protexido polas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento. Porque ademais nesa zona está o nacemento de varios regatos, e seica aniña nalgún burato unha rara especie de morcego. A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, á que pertende Defende o Monte Pituco, tamén está en contra da instalación dun polígono industrial nesa ubicación.

Pero que Pilar Blanco teña a ousadía de dicir nese pésimo escrito que “outra consideración merece o Pituco” é totalmente inadmisible. A voceira municipal do BNG empéñase en DISCRIMINAR o Monte Pituco, que TAMÉN pertence aos Montes do Morrazo, que TAMÉN ten protección ambiental. E ademais, para que a Pilar Blanco e aos seus acólitos lles quede claro, aínda que claro xa o teñen por máis que non lles interese recoñecelo, o Monte Pituco -ou Pornedo- é unha zona de máxima intervisibilidade, é dicir, de moita fraxilidade visual; unha zona na que calquera actuación tería un grande impacto paisaxístico e ambiental.

E non só iso: están as mámoas e os gravados rupestres declarados Bens de Interese Cultural, arredor dos cales é obrigatorio gardar un perímetro de protección de 200 metros; están os mananciais naturais, está a forte pendente do terreo. Por estar, está tamén unha especie de anfibio da que en próximas datas se dará cumprida conta nesta mesma páxina, e pola que agardamos que Pilar Blanco & Cía teña tanta consideración como polos respectables quirópteros de Pastoriza.

Que curioso que Pilar Blanco se preocupe tanto polas hemerotecas e polos convenios que asinaron ou deixaron de asinar no ano da polca a alcaldesa María Ramallo no seu cargo anterior como presidenta da Autoridade Portuaria, con quen entón era o rexedor municipal, Antonio Santiago, para construir ou deixar de construir un polígono industrial no Monte Pornedo. Que curioso que coincida xustamente coa mesma preocupación que un/unha comentarista habitual deste blog, denominado “Marínporfin”, que hai a penas uns días nos taladrou canto quixo e máis con esa mesma matraca. Unha de dúas: ou Marinporfin e Pilar Blanco son unlla e carne, ou tan unlla e carne son, que Marinporfin e Pilar Blanco son a mesma persoa.

Pilar Blanco -e o seu alter ego Marinporfin- prefire remontarse á orixe antediluviana dos tempos en vez de remontarse ao pasado máis inmediato: Faro de Vigo edición Pontevedra, do 18 de novembro de 2009, páxina 3. Antetítulo: “Consecuencias de la sentencia del Tribunal Supremo sobre los rellenos”. Titular: “Suárez recuerda a Marín que la propuesta de Monte Pituco fue desechada en 2000”. Subtítulo: “Los técnicos consideraron inviable un puerto seco ahí por el desnivel del terreno”.

‘Sentimos’ que a Pilar Blanco e ao BNG de Marín lle chirríe tanto esta evidencia, porque lle desmota o seu feble argumento a prol da urbanización do Monte Pituco. E porque sobra dicir que, por suposto, é imposible a dotación dunha conexión ferroviaria neste emprazamento. Por iso o empecinamento da voceira nacionalista resulta ridículo, por non dicir, delirante. E probablemente lle fastidie o que vai pasar nesta páxina nos próximos días: que lle imos contar á cidadanía marinense por que o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais lle dá tan baixa puntuación ao polígono que tanto se empeña ela en instalar no Pituco.

Se cadra, habería que preguntarlle a Pilar Blanco por que non foron invitados a esa reunión co conselleiro de Medio Ambiente o seu colega de partido en Pontevedra, o alcalde Miguel Fernández Lores e o edil de Infraestruturas, Cesáreo Mosquera. Porque entre o proxecto de polígono industrial que deseñara o tándem Francisco Veiga + Pilar Blanco coas súas respectivas comparsas, e o que veñen de pintar no mapa os técnicos da empresa Eptisa que realizaron o estudo das Áreas Empresariais, vai moita diferencia de Noso Señor. O que o anterior bipartito elevara a cerca de 400.000 metros cadrados en chan industrial dentro do termo municipal de Marín, este Plan Sectorial da Xunta redúceo a menos de 200.000 e sitúa o perímetro do hipotético polígono máis fóra que dentro de Marín, ata o punto de que máis da metade desa urbanización aféctalle ao monte comunal da parroquia pontevedresa de Lourizán que, por certo, non está nada de acordo con que lle queiran instalar unha plataforma loxística.

Que fará o Concello de Pontevedra ante o proxecto da plataforma loxística Marín-Pontevedra? Alegará a favor, como fará o Goberno local de Marín co apoio do BNG, do PSOE e de Mar-In? Ou alegará en contra, entrando en aberta contradición coa súa homóloga marinense? Corramos un tupido veo, señora Blanco, porque de contradicións saben moito vostede e a agrupación política que representa.

Outro exemplo da bipolaridade nacionalista: o BNG de Mondariz -coa adhesión da súa eurodiputada Ana Miranda- vai presentar unha iniciativa parlamentaria ante a Comisión Europea para solicitar que se inclúan os espazos naturais de Monte Maior e Coto de Eira, entre Mondariz e Fornelos, na Rede Natura 2000. Todo un exemplo de compromiso co país e co medio ambiente, vaquesí? Pola contra, en Marín, Pilar Blanco e Xosé María Vilaboa chegaron a plantexar nun pleno da Corporación durante o anterior mandato, que o Monte Pituco fora DESAFECTADO do rango de protección que lle corresponde de pleno dereito no seu ámbito natural dos Montes do Morrazo. As comparacións son certamente odiosas, entre outras cousas porque temos en San Xulián unha pésima comunidade de (des)montes que dende tempo inmemorial non inviste nin un só céntimo na mellora do Pornedo, máis aló de ter consentido un atentado ecolóxico e patrimonial cun recheo de terra de dubidosa procedencia, que presumiron de ir converter nunha área recreativa, pero que actualmente dá noxo pisar, do destrozada que está.

Tamén parece que a Pilar Blanco lle molesta que a cidadanía e as asociacións teñamos a oportunidade -e o dereito inalienable- de presentar alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais para reclamar xustamente o contrario do que ela e o seu partido queren. Niso consiste a liberdade. Por desgraza, e para vergoña dos habitantes (dunha parte, polo menos) deste Concello, Pilar Blanco foi socia de Goberno dun alcalde que se negou sistematicamente a recibir a este modesto colectivo para expoñerlle simple e educadamente, con datos contrastados, o que a Xunta vén de confirmar:

…que o Pituco NON É UNHA ZONA VIABLE para a instalación dun polígono industrial.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, estivo en Marín este pasado xoves para analizar coa alcaldesa e cos voceiros dos grupos municipais o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia. A continuación, para que ninguén poida manipular as súas palabras, transcríbese integramente a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Agustín Hernández:

Hoxe tiven a oportunidade de ter unha xuntanza de traballo en Marín coa alcaldesa e cos grupos políticos que contan con representación no Concello para explicarlles o contido, o alcance do Plan de Chan Empresarial que está en periodo de información pública e que está desenrolando a Xunta de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente. Nese plan aparecen recollidas dúas ubicacións para posibles emprazamentos empresariais neste concello. Analizamos o alcance, o contido das determinacións a respecto deses emprazamentos, e quedamos abertos na Consellería de Medio Ambiente a analizar conxuntamente co Concello as alegacións que poidan facer, pois para facer as puntualizacións necesarias, co obxecto de garantir, como é vontade da Xunta de Galicia, que Marín conte con EMPRAZAMENTOS AXEITADOS para desenrolo empresarial neste Concello.

(Así como di o conselleiro de Medio Ambiente que vai analizar as alegacións que interpoña o Concello de Marín, sería desexable que considere co mesmo respecto e co mesmo grao de interese, as alegacións que vai recibir por parte doutros colectivos que discrepamos abertamente cos criterios que manexa o Concello. Polo tanto, que a Consellería de Medio Ambiente, en consonancia co traballo dos técnicos da empresa Eptisa que realizaron o estudo, actúe coa maior obxectividade e coherencia: que non diga “digo” onde primeiro se dixo “diego”; que se arranxen os posibles erros que puideran producirse -dificilmente- na elaboración do documento, pero que non se alteren a mantenta e de mala fe uns datos concretos e correctos por ceder ás presións dun Concello e satisfacer os seus intereses. Que non aconteza como no PXOM de Marín: que o Informe de Sostibilidade Ambiental di unha cousa, cun claro posicionamento a favor da conservación do Pornedo, mentres que no planeamento en si mesmo se plasma todo o contrario, abocando este monte a converterse nun polígono industrial que fai trizas todas as observacións a respecto da alta intervisibilidade da zona, do uso rústico dos terreos e do seu nivel de protección ambiental).

Salientar que o Plan de Desenrolo de Chan Empresarial de Galicia que nestes momentos está en información pública, está precisamente nese proceso para escoitar as aportacións dos interesados e dos concellos, e por suposto para mellorar ese documento, que ten como obxectivo garantir o desenrolo empresarial do noso territorio de aquí aos vindeiros 25 anos. Polo tanto é un documento de moitísimo alcance, ten un alcance territorial que afecta a toda Galicia, que o que fai é valorar a ubicación de posibles emprazamentos empresariais e tamén A CALIDADE DESES EMPRAZAMENTOS en relación coa posibilidade do seu desenrolo futuro, e polo tanto o que pretende é garantir que calquera emprendedor que teña interese en buscar un emprazamento no seu territorio, teña a posibilidade de ter rapidamente esa dispoñibilidade de chan para poder facer ese negocio.

(O conselleiro de Medio Ambiente fala de polígonos empresariais de calidade; por tanto, que respecten o territorio, que non sexan agresivos coa paisaxe nin cos recursos naturais da zona, que non supoñan unha carga sobredimensionada para a economía da Comunidade autónoma ou do Concello na súa execución e no seu mantemento. DEFENDE O MONTE PITUCO entende que, precisamente por ese motivo, esta zona non é un emprazamento “de calidade”, como así quedou reflectido na baixa calificación do terreo polas observacións ou advertencias dos técnicos que elaboraron o Plan Sectorial). 

A respecto da súa alusión á calidade deses emprazamentos, pregúntaselle sobre a baixa cualificación que obtiveron as dúas zonas previstas: Marín-Pontevedra (Pornedo) e Marín-Moaña (Pastoriza).

Agustín Hernández:

Precisamente, o que fai este documento, e creo que é o seu maior valor, é en función duns criterios obxectivos, onde O 60% SON CRITERIOS MEDIOAMBIENTAIS, establecer a puntuación das diferentes ubicacións. É o que analizamos coa alcaldesa e cos grupos da oposición. Esa é a cuestión que nós analizaremos: as POSIBLES MATIZACIÓNS QUE POIDA HABER EN RELACIÓN COA PUNTUACIÓN que neste caso otorgamos aos emprazamientos previstos no Concello de Marín. Por suposto, NON EXECUTAREMOS NINGÚN SOLO EMPRESARIAL, NINGÚN PARQUE INDUSTRIAL, QUE NON CUMPRA COAS DETERMINACIÓNS E COAS PRESCRICIÓNS MEDIOAMBIENTAIS que son de aplicación, e por suposto con toda a tramitación: impacto ambiental, avaliación ambiental estratéxica e TODAS AS GARANTÍAS PARA QUE O DESENROLO EMPRESARIAL POIDA SER COMPATIBLE CO RESPECTO E A PRESERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE.

(Xa só por este motivo,  o Pornedo non debería sequera terse valorado como posible ubicación dun polígono industrial. E se así foi, débese á incompetencia e á falta de sensibilidade do Goberno municipal e dos grupos políticos que apoiaron esta medida. Antes de analizar as alegacións que lle vaia presentar o Concello de Marín, que moi probablemente serán un cúmulo de despropósitos e de datos habilmente manipulados, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas debería dar unha volta polo peirao de Combarro, debruzarse no malecón e fixarse na vista da fronte da ría: verá ENCE, un complexo industrial do que ultimamente vén dicindo que ten os días contados nesa ubicación, e un pouco por enriba, tirando á dereita, verá o Monte Pornedo. Sería inadmisible que, nun momento no que a Xunta está a apostar pola recuperación dos terreos de dominio marítimo-terrestre, se cometa outro atentado ambiental histórico, estragando a fachada litoral da ría cun polígono industrial que sementaría o monte de naves fumegantes e, peor aínda, enormes taludes que causarían un impacto visual e paisaxístico intragable).

Preguntado pola falta de chan industrial en Marín para aloxar empresas.

Agustín Hernández:

Precisamente por iso é polo que temos en trámitación e este plan de chan empresarial. Pero en todo caso gustaríame salientar que loxicamente este é un plan que afecta a toda Galicia, que ten un análise pormenorizado por comarcas e con independencia da disponibilidade de chan industrial que poida ter o Concello de Marín, é un documento que analiza as comarcas, e polo tanto na comarca de Pontevedra si que existe posibilidade de emprazamentos empresariais. E en todo caso gustaríame salientar o esforzo e o traballo feito polo Concello en colaboración coa Consellería para que nos vindeiros meses, e espero que sexan poucos, Marín conte cun plan xeral que vai dar cobertura, entre outras cuestións, á posibilidade de desenrolo empresarial neste mesmo Concello. Polo tanto é un tema que estamos en vías de arranxar definitivamente.

(Marín, sempre caendo no localismo: porque vende, porque suscita controversia, porque alimenta intereses políticos electoralistas, porque desvía a atención cidadá doutros problemas máis inmediatos e acuciantes. Porque, incomprensiblemente, o racional neste país non é mancomunar servizos e infraestruturas, senón optar pola filosofía do “culo veo, culo quiero”. E así, en boa parte, é como se baleiran as arcas públicas).

Pregúntanlle ao conselleiro se con esas palabras estaba invitando os empresarios de Marín a desprazarse fóra.

Agustín Hernández:

Non, non. Na Consellería o que dicimos é que temos dúas ubicacións previstas nun Plan de Chan Empresarial, no Concello de Marín, e moitas máis na comarca para garantir que ninguén teña ningún problema para instalarse en Marín nin en ningún outro concello desta comarca. Eso é o que dicimos dende a Consellería.

Insistindo en que as zonas previstas non teñen boa calificación.

Agustín Hernández:

O que non hai en Marín é un plan xeral e por iso a alcaldesa, que leva dende o mes de maio, está a piques de conseguir un feito histórico neste concello, que é a aprobación dun plan xeral.

Preguntado se será para este ano.

Agustín Hernández:

Non teño practicamente ningunha dúbida de que Marín vai contar este ano cun plan xeral aprobado.

Preguntada a alcaldesa se dende o Concello nin fan autocrítica pola oferta de chan valorado cunha baixa puntuación.

María Ramallo:

Pues desde el Concello la valoración que hacemos es, en primer lugar, que la zona incluida, una de ellas, de las del estudio de suelo empresarial de la Xunta de Galicia una de ellas está incluida en el planeamiento aprobado provisionalmente por Marín, que tiene una memoria ambiental aprobada por la propia consellería y que en estos momentos, nosotros, es el documento que una vez que tengamos todos los informes favorables de los organismos sectoriales, enviaremos para aprobación definitiva, tal y como está. Lo he dicho muchas veces. No estamos ya en el trámite ya de poner y quitar cosas. Es un documento que hay, cuenta con la mayoría de los informes favorables, estamos a la espera de lo último ya, para poder enviarlo a la Secretaría Xeral de Urbanismo, que vaya a la Comisión Superior de Urbanismo, y que Marín pueda contar, después de 33 años, con un planeamiento.

Dicho esto, y también lo he dicho porque llevo muchos años aquí y creo que uno debe ser coherente con lo que lleva diciendo: en la aprobación inicial de este documento, la aprobación inicial en el año 2007, ya figuraba la zona que en Marín conocemos como Pastoriza, que en el estudio aparece como zona Marín-Moaña. Y que es una zona que yo creo que es importante, estratégicamente introducida por la propia Consellería en el estudio de suelo empresarial, y con una puntuación muy parecida a la que figura en el planeamiento, y en consecuencia la alegación que va a partir al estudio de zonas empresariales aprobado por el Consello de la Xunta desde el Ayuntamiento de Marín, será hacia esas dos zonas, es decir, creo que tenemos datos objetivos que aportar. Creo que por parte de la Consellería y del conselleiro, al que agradezco que se haya desplazado a Marín para tener una jornada de trabajo con todos los portavoces municipales tal y como se le había demandado, creo que es importante poder alegar, porque es un documento vivo, es un documento que para eso están las informaciones públicas, es decir, no es un documento cerrado. Y en consecuencia creo que desde Marín la diferencia entre otras zonas que sí se consideran viables en el documento, es muy poca. Por lo tanto, a lo que yo aspiro es a que quede en un documento a largo plazo, que es un poco el estudio que se hace, de toda Galicia, existan en Marín zonas, donde empresas, no solo por tener un puerto de interés general, por ser un ayuntamiento de 26.000 habitantes y por estar dentro de la comarca del Morrazo, que de cara al futuro es una comarca pujante y en la que se prevé una necesidad de suelo industrial, Marín lo que tiene que hacer es salir a pelearla, con datos que creo que podemos aportar, y eso es lo que vamos a hacer desde el ayuntamiento.

(Hai que xustificarse ante o electorado e non darlle motivos á oposición para montar gratuitamente un zipitostio de dimensións e repercusións impredecibles. Empregando un símil académico, é como se o Concello obtivera malas notas nun exame por estudar cuns apuntes malos e imprecisos, e acudira logo ao despacho do profesor para exercer o dereito ao pataleo, reclamándolle máis puntos en base a criterios do máis peregrino. O examinador -a Xunta- non debería actuar con manga ancha se, respectanto as regras do xogo, os criterios son obxectivos e non dan lugar a interpretacións interesadas que pretenden converter en branco o que vén sendo negro. A pendente do monte é un dato incuestionable, como tamén o é a existencia de elementos arqueolóxicos, como tampouco se pode converter unha figura legal de protección ambiental nunha etiqueta de quita e pon).

Preguntados sobre cales son eses dous emprazamentos:

Agustín Hernández:

Unha na zona alta da estrada que une Marín e Moaña, que coincidiría cunha zona industrial de Moaña, que ten certos problemas de pendente, que afecta aos Montes do Morrazo, e coincide en Marín cunha zona bastante mellor en canto a topografía. E logo despois unha zona máis próxima ao concello de Pontevedra xusto onde está o derradeiro enlace que ten actualmente a variante de Marín.

Publicado por: MontePituco | 27/01/2012

A VISITA DO CONSELLEIRO, NA PRENSA

Hernández supedita el polígono de Marín a factores ambientales“.

La oposición pide que el plan de la Xunta respete las delimitaciones del PXOM“.

Agustín Hernández no descarta que Marín pueda contar con parques empresariales“.

Hernández se compromete a ”garantizar emplazamientos adecuados” para su desarrollo industrial“.

 

Publicado por: MontePituco | 26/01/2012

SOLICITUDE DE ENTREVISTA CON HERNÁNDEZ

Con motivo da súa presenza en Marín, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, levou en man una copia da solicitude de entrevista que hoxe se presentou por Rexistro na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra.

Publicado por: MontePituco | 25/01/2012

O CONSELLEIRO HERNÁNDEZ VÉN A MARÍN

Dentro dunhas poucas horas, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, virá a Marín, acompañado polo director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio Boné, e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

O motivo da súa presenza en Marín é manter “unha reunión de traballo” coa alcaldesa, María Ramallo, na que tamén participarán os voceiros dos grupos municipais. Obviamente, o asunto que tratarán, aínda que o Gabinete da Xunta non especifica, é o chan industrial, a raíz do dictame que califica de inviable a instalación dun polígono industrial no Monte Pornedo e no conxunto dos Montes do Morrazo.

Como xa se anunciou nesta páxina, e así o vén de recoller o Diario de Pontevedra na súa edición de hoxe, a Asociación de Veciños de San Xulián, a Asociación pola Defensa da Ría e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo van presentar alegacións para que o Goberno autonómico manteña ese criterio e ignore o recurso do Concello de Marín, que segue reclamando a instalación un parque empresarial no Pornedo.

Publicado por: MontePituco | 24/01/2012

AS CRÍTICAS ÁS ALEGACIÓNS DO CONCELLO, NO DIARIO

(…Louvado sexa Deus, que o Diario cambiou de foto).

A Asociación de Veciños de San Xulián vaise adherir ás alegacións que Defende o Monte Pituco (Pornedo) presentará ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais para demandarlle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que teña en conta a orografía escarpada e o desnivel deste espazo, a súa riqueza natural e o seu rango de protección ambiental, así como a presenza de abundantes vestixios prehistóricos, para desestimar a petición do Concello de Marín de instalar un polígono industrial neste enclave sensible da vila, situado nun lugar de moi alta intervisibilidade e onde produciría un impacto visual e paisaxístico irreversible.

Ademais do colectivo veciñal da parroquia, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra expresou a súa vontade de sumarse ao documento a prol da conservación do Monte Pornedo. A APDR xa se ten posicionado en contra da construcción dun polígono neste emprazamento, motivo polo cal esta entidade ambiental xa cuestionara o contido do proxecto de PXOM de Marín en materia de desenvolvemento industrial.

Tamén a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, que conta co apoio de varios colectivos sociais, culturais e veciñais do contorno do Morrazo, anunciou xa que vai presentar un recurso para que a Xunta manteña ese dictame segundo o cal as áreas empresariais de Marín-Pontevedra e Marín-Moaña son inviables. 

Publicado por: MontePituco | 22/01/2012

AS ALEGACIÓNS DO CONCELLO, UNHA MOSTRA DE HIPOCRESÍA

Que Marín aspire a contar, xa non con un, senón con dous polígonos industriais -no Pornedo e mais na Pastoriza- é, cando menos, un exceso dende o punto de vista da “explotación” do territorio; un sacrificio innecesario de masa forestal e monte baixo, do pulmón verde que osixena esta vila; unha esaxeración para o nivel de demanda empresarial de aquí a moitos anos; un exemplo irracional de xestión urbanística, que por lóxica tendería a agrupar este tipo de superficies en lugar de diseminalas, causando así un impacto visual e paisaxístico maior; e un brinde ao sol dende o punto de vista económico, en plena crise financeira que, lonxe de aprenderlles aos nosos gobernantes a racionalizar os gastos, en Marín semella que lles induce a gastar máis e máis a conta do diñeiro público. Total, para crear polígonos pantasma que, como o de Nantes en Sanxenxo, ou o de Barro-Meis, están en cifras de ocupación ínfimas.

Que o Goberno local de Marín presente alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Solo Empresarial é un exercicio de hipocresía e de cinismo: primeiro, porque en varias ocasións -como quedou constancia nas hemerotecas- a alcaldesa María Ramallo supeditounos o futuro do proxecto de polígono industrial no Pornedo ao dictame da Xunta, que se acaba de pronunciar calificándoo de inviable; segundo, porque aínda estando o Pornedo catalogado como chan industrial do proxecto de PXOM, a propia alcaldesa ten comentado que esa clasificación non é inmóbil, senón que se pode modificar en función das circunstancias; terceiro, porque xa no anterior mandato a actual alcaldesa que antano estaba na oposición, lle advertía ao bipartito que había inconvintes medioambientais e técnicos que podían dificultar o proxecto de urbanización; cuarto, porque durante a súa etapa como presidenta da Autoridade Portuaria, María Ramallo tivo a posibilidade de acceder, de primeira man, aos informes técnicos que determinaron que o Pornedo se descartaba como potencial emprazamento dun porto seco, ante a pendente do terreo e a imposibilidade de achegar alí unha necesaria conexión ferroviaria.

Reiteramos, pois, que a decisión da alcaldesa de presentar un recurso ao Plan Sectorial para reclamar que o Pornedo se teña en conta nas previsións de creación de chan industrial é un xesto de cara á galería; a proba da incoherencia que, unha vez máis, os políticos desta vila, indepentendemente do seu signo, practican sen o máis mínimo pudor.

E chama a atención, non por inesperado, senón por esperpéntico, o posicionamento do ex-alcalde e voceiro socialista, Francisco Veiga. Loxicamente, Veiga vaise opoñer a que o Goberno municipal estude ou valore calquera outra opción que non sexa o Pornedo, porque o Pornedo foi a única previsión que Francisco Veiga -créndose inmensamente infalible- incluíu no proxecto de PXOM do que el se erixiu como máximo responsable e agora non lle queda outra que defendelo contra vento e marea se non quere quedar á altura do betún. Porque Veiga ignorou, sempre e en todo momento, a proposta do PP de solicitarlle ao SEPES o estudo doutra ubicación alternativa polo simple motivo de non aceptar baixo ningún concepto que prosperase unha iniciativa dos populares.

Resulta surrealista, ou directamente bochornoso, que veña Francisco Veiga a agredir de palabra, obra e omisión, o Monte Pornedo. Francisco Veiga: que se ocupa da comisión de ECONOMÍA SOSTIBLE na executiva provincial do PSOE. É como ter o raposo coidando das galiñas, pero esa clase de contradicións, por desgraza, abundan demasiado na clase política que os cidadáns temos a desgraza de soportar con resignación.

Publicado por: MontePituco | 21/01/2012

A PLATAFORMA DEFENDE O MORRAZO SOBRE O PLAN SECTORIAL

A continuación, un comunicado da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo sobre o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo congratúlase de que a Xunta de Galicia no seu Plan Sectorial de Áreas Industriais cambiase da postura inicial e agora aposte por desestimar os tres proxectos de parques industriais que afectaban ó monte Pornedo, Pastoriza e Cruz da Maceira, dentro do espazo natural protexido polas normas subsidiarias de planeamento provinciais.

O parque industrial do Pornedo, promovido polo concello de Marín cunha extensión que ronda os 300.000 m2, afectaría a un espazo de elevada fraxilidade visual, segundo o Informe de Sostibilidade Ambiental do PXOM, que tamén contempla o “valor limitante absoluto” desa zona para usos urbanísticos de tipo residencial ou industrial. Ademais, o 92% da parcela ten unha pendente superior ao 15% que a Guía de Recomendacións Técnicas para o Proxecto Integral de Parques Empresariais de Galicia recomenda non superar. No Monte Pornedo e arredores hai numerosos vestixios arqueolóxicos, como mámoas e petroglifos catalogados como Bens de Interese Cultural; uns elementos incluidos no proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, para a súa posta en valor.

Asi mesmo considera axeitada, tanto a nivel técnico como estratéxico, a proposta de que as empresas ubicadas no porto de Marín sexan reubicadas na área industrial de Pontevedra próxima ó Morrazo e perto da vía do tren. Isto ademais posibilitaría a recuperación de terreo gañado ilegalmente ó mar dentro do dominio público marítimo-terrestre e a reordenación do propio porto en beneficio do núcleo urbano de Marín.

Alén diso considera errática a persistencia a favor dos parques industriais, por parte dos distintos partidos políticos a nivel local nos concellos de Marín e Moaña, nun claro afán localista, da man da especulación empresarial dentro dun modelo de desenvolvemento claramente insustentable.

O parque industrial da Pastoriza, promovido polo concello de Marín de 1.152.021 de m2 afectaría a unha área de especial interese agroforestal e natural, preto do nacemento e áreas de ribeira do río Loira nas Gorgadas, e dun dos núcleos rurais mellor conservados do municipio marinense e da comarca, do mesmo topónimo.

O parque industrial da Cruz da Maceira, promovido polo concello de Moaña de 460.000 m2 afectaría a un terreo con grandes desniveis á beira de dous nacementos do río da Fraga, con repoboacións forestais, monte comunal, carballeiras e áreas de ribeira, e preto do bairro da Fraga, outro dos núcleos rurais mellor conservados da comarca. Foi informado desfavorablemente varias veces e apartado da aprobación definitiva do PXOM de Moaña pola propia Xunta.

A unión dos dous parques municipais como parque supramunicipal a nivel comarcal e que no seu momento a Xunta incluíu no Plan Sectorial, sería sobredimensionada e inviable xa que ademais de estar integrado dentro de solo rústico de proteción de espacios naturais a nivel provincial, con anterioridade xa se proxectou un parque comarcal en Castiñeiras entre os concellos de Cangas e Bueu, o PEIM (Parque Empresarial e Industrial do Morrazo), dunhas dimensións análogas de 1.500.000 m2 a este, e que ademais foi rebaixado posteriormente a unha terceira parte da superficie, precisamente por falla de demanda empresarial como recoñeceu a mesma Xunta a traveso de Xestur.

Tamén o faría inviable por estar en zonas que foron incendiadas con anterioridade o que imposibilitaría a súa recalificación urbanística pola Lei de Montes.

E suporía un impacto e considerable gasto económico engadido pola necesidade de viais de conexión por estrada a traveso da PO-313 Marín-Moaña, afectando coa súa ampliación os núcleos de poboación de Pardavila, Miñán, Broullón e A Paradela, proxectado no seu momento no fallido Plan Vigo Íntegra e asi mesmo rexeitado pola veciñanza.

Para rematar consideramos de irresponsable a postura de algunha formación política de Marín que tenta vincular o desenvolvemento dos parques industriais coa do PXOM municipal cando o único que fixo paralizar o citado Plan Urbanístico foi a oposición social a cinco áreas industriais propostas e unha edificabilidade moi por enriba das súas capacidades de ordenación e sustentabilidade, con centos de alegacións na súa contra ó longo destes últimos anos.

Publicado por: MontePituco | 20/01/2012

A XUNTA DE PORTAVOCES SOBRE O PLAN SECTORIAL

…Hoxe foi o día.

Publicado por: MontePituco | 19/01/2012

LEMBRANDO O QUE A AUTORIDADE PORTUARIA DIXO EN 2009

…Para taparlle a boca a quen, nestes días, pretende saber máis que todos os técnicos da Xunta xuntos (valla a redundancia). Porque non se pode ser máis LOCALISTA e curto de miras, pedindo o imposible, o máis negativo dende o punto de vista técnico e ambiental, ou o economicamente máis inviable para os tempos que corren. Para refrescarlle a memoria a quen porfía en agredir o Monte Pornedo, cuxos defensores temos argumentos abondo para seguir reivindicando a súa conservación. Para pedirlle á veciñanza marinense que non se deixe enganar con demagoxia barata.

Disque o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia é “un fraude para Marín”, segundo os “illuminati” do grupo municipal do BNG. Nada máis lonxe da realidade. O maior fraude para Marín foi a política urbanística desenvolvida polos concelleiros do BNG durante o tempo que tiveron responsabilidades de goberno no anterior mandato. E a súa actitude segue sendo fraudulenta agora na oposición, á vista da interpretación estreita, revirada e localista que fan do dictame da Xunta, que necesariamente se ten que axustar a criterios técnicos e de viabilidade económica obrigados pola orografía dos terreos estudados, e a criterios legais debido ás figuras de protección ambiental que se lle adxudicaron axeitadamente a eses terreos.

Un verdadeiro partido de esquerdas aplaudiría contar con espazos verdes no seu Concello e traballaría por mellorar a calidade destes enclaves, por incrementar o seu uso social e o desenvolvemento doutras facetas -como a forestal, a turística, ou a cultural- que repercutiran nun maior beneficio colectivo. Pola contra, o BNG marinense e os seus replicantes nas filas socialistas, adícanse a reclamar a desafección do Monte Pornedo para chantarlle un polígono industrial que é unha quimera en si mesma. Tan sinxelo como que o 92% da zona afectada ten máis do 15% da pendente recomendada para ese tipo de urbanizacións. Tan contundente como que máis da metade dese terreno ten máis do dobre do desnivel. Negar a evidencia é unha mostra incomensurable de torpeza e de incompetencia, impropia de calquera que pretenda exercer a acción política en termos de honestidade.

Por iso a auténtica responsabilidade política habería que esixirlla ao grupo municipal do BNG cando artellou aquel esperpéntico reparto de solo industrial/empresarial que sublevou a unha parte importante da veciñanza e desconcertou a outra. Total, para acabar aferrándose ao Monte Pornedo como a unha ÚNICA proposta do Concello de Marín para acomodar os sectores produtivos da vila, como quen se agarra a un cravo ardendo. Xa daquela llo advertía a voceira do PP e actual rexedora municipal, María Ramallo, cando auguraba que a Xunta lle poría inconvintes ao desenvolvemento dun polígono no Pornedo. Pero nin o BNG nin o PSOE quixeron admitilo. No fondo seguro que eran plenamente conscentes desa posibilidade máis que real, pero a consigna de ámbolos partidos era: “…ao PP e a MAR-IN, nin auga”. Por iso o ex-alcalde Fran Veiga non moveu nin un músculo para solicitarlle ao SEPES, a través do Goberno Central “amigo”, o estudo de viabilidade doutras alternativas.

Máis hemeroteca: abril de 2010, “A Consellería ponlle reparos ao polígono do Monte Pituco…”

…E así estamos como estamos. O BNG non ten ningún dereito a erguer a voz e a manipular a cidadanía coas súas pataqueiradas: dicir que Núñez Feijóo, cando era candidato á presidencia da Xunta prometeu en campaña electoral a dotación de chan industrial na zona de Pastoriza, é certo; a falacia está precisamente en laiarse de que esa infraestrutura non se vaia facer, porque o grupo municipal nacionalista, no exercicio da súa -lexítima, iso si- competencia, non quixo valorar ningún outro plantexamento que non fora esnaquizar o Monte Pornedo, situado en plena fachada da ría, nunha zona de máxima intervisibilidade segundo o Informe de Sostibilidade Ambiental do proxecto de PXOM que os propios concelleiros nacionalistas contribuiron a tramitar xunto co PSOE; un Informe que recolle expresamente a “capacidade limitante absoluta” do Monte Pornedo para acoller urbanizacións de tipo industrial. O BNG debería ter máis coidado de non quedar en evidencia amosando un comportamento tan contraditorio e surrealista: posto que a Xunta non contempla a posibilidade de autorizar a instalación dun polígono en Pastoriza, algo polo que tampouco apostaba o grupo municipal nacionalista, o que debería facer era aplaudir esa medida do PP en vez de criticala e atacala. Se nin eles mesmos se aclaran nin saben o que queren, nin como o queren, nin onde o queren…

Parafraseando a propia Pilar Blanco, tan afeccionada a “atar cabos” como a facer “pucheros” nos plenos cando as súas preguntas non obteñen a resposta ou o eco que pretende, ten bemoles que invoque os cálculos económico-financeiros e a avaliación ambiental estratéxica do proxecto de PXOM, unha avaliación ambiental que o Bloque interpreta dunha maneira moi parcial e sesgada, obviando todos os inconvintes que presenta o Monte Pornedo para ser clasificado como chan industrial. Por iso, e non por outra cousa, por obra e graza da penosa xestión do anterior bipartito en materia de ordenación do territorio marinense, e coa adhesión do PP e MAR-IN en aras dese “consenso” que tanto lles criticamos polo que respecta á incoherencia que demostraron, é polo que o planeamento urbanístico de Marín pode que siga no aire.

Fai mal en azuzar o BNG coa vara do localismo, nun claro intento de pescar en río revolto. Se os intereses de Marín, especialmente no aspecto económico, están comprometidos, eles teñen unha boa cuota de responsabilidade e a cidadanía non llo debería pasar por alto.

Alcaldesa, a Xunta xa “dictaminou” e semella que nos dá a razón… E agora, que?

Publicado por: MontePituco | 18/01/2012

CABALOS CON PEXAS, CORDAS… E CADEAS!

Dá -máis que mágoa- profunda rabia a imaxe denigrante dos cabalos no monte martirizados con artiluxios nas patas, con modelos cada cal máis cruel e revirado, á imaxe e semellanza da mente enferma e egoísta dos propietarios dese pobre gando. Hai poucos días, preto do Alto do Pornedo, atopamos unha pequena manda deles, un dos cales tiña ao redor da pezuña unha argola e os restos dunha cadea metálica que, por sorte xa rompera, polo que o animal podíase mover con máis ou menos soltura. Sen embargo, reparando máis nel, puidemos observar con auténtico arrepío que presentaba, nun dos cadrís, unha ferida mal curada que lle provocaba unha eiva ao desprazarse, e que probablemente fora provocada por unha mala caída ou polo ataque dalgún depredador que lle alcanzou, ao non poder moverse con total liberdade.

Trátase dun mal endémico contra o que cómpre loitar, e no que se deben implicar comunidades de montes, veciñanza do rural e visitantes ocasionais do monte, para que se persigan e se erradiquen estas prácticas vergoñentas, máis propias de trogloditas que de persoas racionais do século XXI.

A este respecto, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vén de denunciar esta situación cunha nota informativa que, con total adhesión e solidariedade, reproducimos a continuación.

CABALOS CON PEXAS, CADEAS E CORDAS NAS PATAS NOS MONTES DO MORRAZO

Malia as denuncias feitas nos últimos anos por colectivos ecoloxistas, pro dereito dos animais e persoas a nivel particular aínda persiste a práctica das pexas nas patas de cabalos asilvestrados en réxime de gandeiría extensiva.

No espazo natural dos Montes do Morrazo esta práctica de tortura animal que os propietarios dos cabalos utilizan para controlar a mobilidade do animal e obstaculizar así os seus movementos, segue a verse sen dificultades en Chan de Arquiña, Chan de Xestoso, Chan de Gagán, Chan de Pedras Negras ou no monte Pornedo…

Esta práctica de tortura produce en moitas ocasións malformacións e roturas das extremidades nos cabalos afectados. Asi mesmo a escasa mobilidade e obstaculización nos movementos dos animais provoca en moitos casos a morte do propio animal por atropelos en accidentes viarios, chegando a convertirse nunha trampa mortal en caso de incendio forestal como sucedeu na vaga de lumes do 2006.

Por outra banda estes métodos son ilegais xa que van en contra da Declaración Universal dos Dereitos do Animal aprobada pola UNESCO e a ONU, infrinxindo flagrantemente tamén a Directiva 98/58/CE a nivel europeo e o R.D. 348/2000 a nivel estatal, relativos á protección do animal nas explotacións gandeiras.

Os cabalos teñen unha función ecolóxica moi importante no medio natural, formando parte como especie autóctona da súa biodiversidade e sendo auténticos desbrozadores e abonadores naturais do solo, feito polo que na Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo estamos a favor da súa presenza nos Montes do Morrazo, mais opoñémonos ás prácticas de tortura animal mencionadas.

Aínda que a responsabilidade destes maltratos recae directamente nos propietarios, consideramos que as administracións públicas competentes, concellos e principalmente a Xunta, non deberan tolerar nin ser permisivas con estas prácticas ilegais perseguindo e multando a aqueles propietarios e abolindo de maneira definitiva este tipo de prácticas cara ós cabalos.

Publicado por: MontePituco | 17/01/2012

E A VER SE O ‘DIARIO’ CAMBIA DE FOTO…

Mirade que hai neste blog fotos ben bonitas do Pornedo: do miradoiro dende o que se contempla toda a ría, dos gravados rupestres, vistas do monte cara ao interior da bisbarra… E cada vez que o Diario de Pontevedra pasa por esta páxina para publicar algunha información na páxina local, sempre a ilustra coa mesma imaxe, tomada dende o medio e medio da pista cara o alto dun penedo, enfocando un poste horroroso do tendido eléctrico, como se non houbera nada máis que fotografar! A ver se na próxima conseguimos que diversifique o arquivo gráfico.

Publicado por: MontePituco | 16/01/2012

O CONCELLO ACTÚA, DEFENDE O MONTE PITUCO TAMÉN

Publicado por: MontePituco | 15/01/2012

ROTEIROS DO ESPAZO ‘SETE CAMIÑOS’

 

“A oposición está indignada, quen a desindignará, o desindignador que a desindigne, bo desindignador será”

Tralo pleno municipal deste pasado venres, os grupos municipais do PSOE e do BNG están arestora tirando de axenda para quentarlle o tarro aos empresarios marinenses e convencelos, aínda que só sexa por aburrimento, de que a “decisión” (entre aspas, posto que non se trata dunha medida definitiva) da Xunta de non considerar o Monte Pituco como potencial ubicación dun parque industrial pola súa “baixa puntuación”, é un insulto, un agravio e un atentado contra os intereses da vila.

“Claramente discriminan a Marín y van a producir un rápido deterioro de nuestras perspectivas de futuro, por lo que nosotros solicitamos un rechazo absoluto a esta decisión y una reunión urgente con la Xunta”, proferiu o voceiro socialista, Francisco Veiga, no seu correctísimo castelán de Castela. O seu homólogo nacionalista, Xosé María Vilaboa, reclamou a convocatoria da comisión informativa correspondente para analizar a situación. En representación de Marinenses Independentes, Isabel Martínez Epifanio volveu facer fincapé na posibilidade de artellar unha proposta de desenvolvemento industrial compartida co veciño concello de Moaña. Pola súa banda, a alcaldesa María Ramallo anunciou que a principios desta semana se reunirían as partes interesadas para estudar a posibilidade de elaborar alegacións.

Non é normal que unha Administración pública se revolva para desprotexer un espazo natural protexido. Para que se crean entón as figuras legais de protección ambiental, para usalas a comenencia? No ámbito dos Montes do Morrazo, o Monte Pornedo merece o respecto que un día lle outorgaron as Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento polas razóns que insistentemente vimos reiterando: a súa ubicación, en plena fachada da ría; as súas condicións orográficas, pola pendente accidentada do terreo; a riqueza da fauna e da flora do contorno; a presenza de elementos arqueolóxicos e etnográficos de indubidable valor histórico e cultural…

En vez de aproveitar todas estas condicións privilexiadas, hai representantes políticos que, como Veiga e Vilaboa, están empeñados en esnaquizar o Monte Pornedo, construir unha pantalla de formigón e asfalto no balcón da ría, para maior gloria da súa torpe estreitez de miras.

Pola contra, hai persoas e colectivos sociais que son sensibles coa protección do patrimonio material e inmaterial, que avogan por unha xestión sostible dos recursos forestais da zona, que confían no seu potencial turístico e cultural como fonte inesgotable de desenvolvemento económico, como unha enerxía renovable que sempre vai estar xerando beneficios, a diferenza do que representa converter o Monte Pornedo nunha chaira de naves que tan pronto poden estar cheas como absolutamente baleiras: pan para hoxe e fame para mañá.

A comisión técnica que traballa a prol da posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños leva dous anos deseñando estratexias de posta en valor do Monte Pornedo, do Monte Catadoiro e dos Sete Camiños, estudando como enlazar este contorno coa Lagoa de Castiñeiras e co complexo rupestre de Chan da Armada e Chan da Arquiña. Froito dese traballo, son os roteiros expostos no documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”, que -con tanto éxito de público e de crítica- se presentou esta semana no Teatro Principal. A cidadanía marinense xa ten motivos abondo para deixar de mirar ao chan, para virar as costas e comezar a ollar cara ao monte, que antano foi o medio de supervivencia de moitas familias.

* ENTREVISTA EN RADIOFUSIÓN SOBRE O ESPAZO SETE CAMIÑOS

   Pincha na seguinte ligazón: AUDIO DA ENTREVISTA no blog Á Sombra de Bouza Panda.

“…É a zona de maior riqueza arqueolóxica do contorno, trátase dun espazo de dimensións reducidas, polo que resulta máis fácil de pór en valor e facer un roteiro arqueolóxico. Posúe restos de canteiras, valados, penedos figurativos e lendas asociadas ao entorno, ademais do seu valor paisaxístico, constituíndo unha verdadeira atalaia sobre a ría de Pontevedra”.

“…A repoboación de eucalipto, a variante de Marín, a liña de alta tensión, a franxa de seguridade da Brilat, o risco de instalación dun parque industrial. A pesar da súa riqueza, non é dos lugares mellor tratados”.

(Rafael Quintía, economista e antropólogo, codirector e coguionista do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”).

* ENTREVISTA NO PROGRAMA “SOMOS QUEN” DA RADIO GALEGA

   Pincha na seguinte ligazón: AUDIO DA ENTREVISTA na páxina da Sociedade Antropolóxica Galega

“…Levamos dous anos co proxecto, informando das ameazas que lle afectan ao lugar e serían incompatibles co proxecto, como a instalación dun parque industrial no contorno duns petroglifos ou a ampliación da base militar, para vencer localismos e converter o espazo nun referente turístico”.

(Rafael Quintía, economista e antropólogo, codirector e coguionista do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”).

Publicado por: MontePituco | 14/01/2012

EXITAZO DA ESTREA DO DOCUMENTAL ‘SETE CAMIÑOS’

A resposta do público foi espectacular, a estrea do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo” celebrouse nun ambiente fantástico e os aplausos ao rematar a proxección foron a proba inequívoca da satisfacción e das expectativas cumpridas. O Teatro Principal presentaba un cheo absoluto, cos asentos practicamente ocupados ao 100% na parte inferior, polo que tamén houbo que habilitar o acceso ao palco superior para acomodar a xente que seguía chegando.

Moitas grazas a todas as persoas que nos acompañaron: de maneira especial, a Lucinda Montenegro, irmá do noso admirado Xan, xa que o documental está adicado á súa memoria; aos representantes da Asociación de Veciños de San Xulián; aos veciños do lugar de Caeiro e doutros puntos da parroquia que tamén se sumaron a este acto. Grazas ao presidente do Ateneo Santa Cecilia polo seu apoio; aos rapaces e rapazas da Asociación Cultural Almuinha e de Revira por estar tamén aí; aos directivos das comunidades de montes veciñas de Lourizán e de Salcedo, e ao presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, facendo patente o apoio desta entidade ao proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Non faltaron dirixentes municipais dos concellos de Pontevedra e de Vilaboa; representantes de asociacións sociais, culturais, ambientais e veciñais como Heroes do Campo da Porta ou Vaipolorío; profesionais da arqueoloxía vencellados ás Administracións local e provincial, e á Escola de Restauración, entre os que destacamos o marinense Álvaro Arizaga…

E moitos amigos e amigas, coñecidos e descoñecidos, que atenderon o chamamento da comisión técnica do proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ou que souberon da presentación a través da ampla e xenerosa cobertura informativa que os medios de comunicación lle deron a este acto.

Un agradecemento máis aos compañeiros da comisión técnica do proxecto Sete Camiños polo seu traballo ao longo destes últimos dous anos; un traballo que se vén de materializar neste documental, coproducido pola Sociedade Antropolóxica Galega e por Faro de Ons Producións, coa colaboración desinteresada de moitas persoas sensibles co patrimonio natural e histórico.

“Sete Camiños: encrucillada do tempo” presentarase en próximas datas en Marín e mais en Vilaboa. Organizaranse andainas ao espazo e charlas informativas para dar a coñecer a riqueza desta zona, para concienciar da necesidade de preservalo fronte ás circunstancias adversas que o ameazan, para poñelo en valor. Seguiremos informando.

MÁIS INFORMACIÓN:

Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

Sociedade Antropolóxica Galega

Publicado por: MontePituco | 13/01/2012

‘SETE CAMIÑOS’, REPORTAXE NO DIARIO DE PONTEVEDRA

Publicado por: MontePituco | 13/01/2012

O MONTE PITUCO… SALVADO?


Publicado por: MontePituco | 12/01/2012

600 ARTIGOS, 35.000 VISITAS

…Para todo isto e máis dan dous anos de traballo.

Moitísimas GRAZAS por seguirnos.

 

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías