Publicado por: MontePituco | 22/01/2012

AS ALEGACIÓNS DO CONCELLO, UNHA MOSTRA DE HIPOCRESÍA

Que Marín aspire a contar, xa non con un, senón con dous polígonos industriais -no Pornedo e mais na Pastoriza- é, cando menos, un exceso dende o punto de vista da “explotación” do territorio; un sacrificio innecesario de masa forestal e monte baixo, do pulmón verde que osixena esta vila; unha esaxeración para o nivel de demanda empresarial de aquí a moitos anos; un exemplo irracional de xestión urbanística, que por lóxica tendería a agrupar este tipo de superficies en lugar de diseminalas, causando así un impacto visual e paisaxístico maior; e un brinde ao sol dende o punto de vista económico, en plena crise financeira que, lonxe de aprenderlles aos nosos gobernantes a racionalizar os gastos, en Marín semella que lles induce a gastar máis e máis a conta do diñeiro público. Total, para crear polígonos pantasma que, como o de Nantes en Sanxenxo, ou o de Barro-Meis, están en cifras de ocupación ínfimas.

Que o Goberno local de Marín presente alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Solo Empresarial é un exercicio de hipocresía e de cinismo: primeiro, porque en varias ocasións -como quedou constancia nas hemerotecas- a alcaldesa María Ramallo supeditounos o futuro do proxecto de polígono industrial no Pornedo ao dictame da Xunta, que se acaba de pronunciar calificándoo de inviable; segundo, porque aínda estando o Pornedo catalogado como chan industrial do proxecto de PXOM, a propia alcaldesa ten comentado que esa clasificación non é inmóbil, senón que se pode modificar en función das circunstancias; terceiro, porque xa no anterior mandato a actual alcaldesa que antano estaba na oposición, lle advertía ao bipartito que había inconvintes medioambientais e técnicos que podían dificultar o proxecto de urbanización; cuarto, porque durante a súa etapa como presidenta da Autoridade Portuaria, María Ramallo tivo a posibilidade de acceder, de primeira man, aos informes técnicos que determinaron que o Pornedo se descartaba como potencial emprazamento dun porto seco, ante a pendente do terreo e a imposibilidade de achegar alí unha necesaria conexión ferroviaria.

Reiteramos, pois, que a decisión da alcaldesa de presentar un recurso ao Plan Sectorial para reclamar que o Pornedo se teña en conta nas previsións de creación de chan industrial é un xesto de cara á galería; a proba da incoherencia que, unha vez máis, os políticos desta vila, indepentendemente do seu signo, practican sen o máis mínimo pudor.

E chama a atención, non por inesperado, senón por esperpéntico, o posicionamento do ex-alcalde e voceiro socialista, Francisco Veiga. Loxicamente, Veiga vaise opoñer a que o Goberno municipal estude ou valore calquera outra opción que non sexa o Pornedo, porque o Pornedo foi a única previsión que Francisco Veiga -créndose inmensamente infalible- incluíu no proxecto de PXOM do que el se erixiu como máximo responsable e agora non lle queda outra que defendelo contra vento e marea se non quere quedar á altura do betún. Porque Veiga ignorou, sempre e en todo momento, a proposta do PP de solicitarlle ao SEPES o estudo doutra ubicación alternativa polo simple motivo de non aceptar baixo ningún concepto que prosperase unha iniciativa dos populares.

Resulta surrealista, ou directamente bochornoso, que veña Francisco Veiga a agredir de palabra, obra e omisión, o Monte Pornedo. Francisco Veiga: que se ocupa da comisión de ECONOMÍA SOSTIBLE na executiva provincial do PSOE. É como ter o raposo coidando das galiñas, pero esa clase de contradicións, por desgraza, abundan demasiado na clase política que os cidadáns temos a desgraza de soportar con resignación.


Responses

  1. http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2009/04/07/pp-defiende-opcion-pastoriza-zona-industrial/314292.html

    Marín
    El PP defiende la opción de Pastoriza como zona industrial

    Ana Pastor y María Ramallo descartaron ayer los “miniparques”

    JULIO SANTOS PENA – MARÍN
    Los “miniparques” industriales o empresariales que el gobierno local (PSOE-BNG) han incluido en el PXOM contra toda opinión de los vecinos afectados, desestimando además cualquier otra posibilidad como por ejemplo la creación de un gran suelo industrial en Pastoriza, pueden considerarse ya papel mojado a tenor de las manifestaciones hechas ayer en esta localidad por Ana Pastor y María Ramallo, en el transcurso de una rueda de prensa convocada que acabó convirtiéndose en un pseudomitin ya que fueron numerosas las personas de las zonas como Brea, Moledo y Vista Alegre, que acudieron al Malecón del Paseo Marítimo para escuchar las palabras de Pastor al respecto de su problema.
    Pastor indicó que la creación de suelo industrial suficiente para albergar la demanda de las industrias del Puerto es una verdadera necesidad que no se puede resolver con pequeñas áreas que, según añadió, “incluso destrozan parte de la vida y la actividad de las familias de Marín, que han visto como la consellería dejaba al margen de cualquier posibilidad de una zona industrial importante a este municipio.
    Ana Pastor destacó como muy importante la iniciativa del PP en el Congreso de Madrid, donde forzó que se haga un estudio serio por parte del Sepes de las posibilidades que tienen las zonas de Pituco y Pastoriza para dotar a Marín y Moaña de un gran área industrial. Añadió que “ahora esperemos que en el gobierno local el Partido Socialista apoye la petición de este estudio que también ha quedado claro en Madrid que debe hacerse a instancias del ayuntamiento de Marín, primer interesado en que se hagan realidad estas dos posibilidades o alguna de ellas” y terminó diciendo que “el primer paso está dado y vamos a seguir trabajando hasta las últimas consecuencias desde el Partido Popular para que no se quede en el olvido”.
    Compromiso firme
    María Ramallo se reafirmó en el sentido de que el PP va a defender el aprovechamiento de Pituco y Pastoriza hasta las últimas consecuencias y aseguró que hay un compromiso claro y contundente del nuevo presidente de la Xunta de Galicia expresado durante la campaña electoral autonómica en este mismo lugar. Añadió además que este compromiso se ha convertido en el discurso común de todos los estamentos del partido y aseguró que desde el PP local se ha vuelto a solicitar un acuerdo al Pleno para pedir la realización del estudio por el Sepes y que espera contar, el próximo lunes, con el apoyo unánime o casi para conseguir que así se haga. Ramallo consideró que Brea, Moledo y Vista Alegre no serán zonas industriales tal como esta contemplado en el PXOM.

  2. Destaque del articulo anterior FV. 4 de Abril del 2009.

    Maria Ramallo………
    Compromiso firme
    María Ramallo se reafirmó en el sentido de que el PP VA A DEFENDER EL APROVECHAMIENTO DE PITUCO Y PASTORIZA HASTA LAS ÚLTIMAS CONSECUENCIAS y aseguró que hay un compromiso claro y contundente del nuevo presidente de la Xunta de Galicia expresado durante la campaña electoral autonómica en este mismo lugar.

    • Señor ou señora Marinporfin, ou calesquera que sexan as siglas que se tapen destrás deste alcume. NON preciso que me refresque vostede a memoria. Iso mesmo quixeron facernos os do Bloque naquela primeira xuntanza que tivemos para anunciarlles que a veciñanza de Pena e Caeiro, así como doutros lugares da parroquia de San Xulián e do resto de Marín, iamos pelexar pola conservación do Pornedo. Entón tiñamos CERO información e un saco cargado de boas intencións. Hoxe temos MOITOS argumentos ao noso favor e a convicción plena de que paga a pena seguir reivindicando a protección deste espazo para evitar que se convirta no despropósito que uns e outros, especialmente dende a oposición, pretenden facer: inmensos taludes para salvar o desnivel, un impacto paisaxístico de primeira magnitude dende a outra beira da ría, destrucción da riqueza forestal e arqueolóxica do contorno, e desaparición dos mananciais naturais que nos fornecen dende tempo inmemorial aos habitantes do contorno.
      Daquela, o grupo municipal nacionalista tiña moito interese en malmeter para que o PP levara a culpa de que o Pornedo fora clasificado como chan industrial no planeamento urbanístico, cando a culpa foi do Goberno municipal que no anterior mandato fracasou no seu intento de sementar a vila de micropolígonos. Aqueles proxectos foron ao traste pola mobilización social que desataron e o Pornedo quedou como quedou porque o exalcalde&cía se negaron a encargar un estudo para valorar outra alternativa. Pola urxencia extrema que requería a aprobación do PXOM, todos os grupos municipais abrazaron a bandeira do “consenso”, cando o que estaban aprobando era unha solemne CHAPUZA da que son primeiros responsables os gobernantes do anterior mandato. Porque agora a Xunta vén “enmendarlles a plana” dicindo o que Defende o Monte Pituco leva proclamando dous anos: a inviabilidade do proxecto polos motivos que están sobradísimamente expostos nesta páxina.
      E non lle teño máis que dicir. Repase estoutros recortes da hemeroteca recente, anos 2010 e 2011, e déixese de remexer no Paleolítico.

      https://montepituco.wordpress.com/2012/01/19/lembrando-o-que-a-autoridade-portuaria-dixo-en-2009/

  3. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/09/12/1983563.shtml

    12 de septiembre del 2003

    Ramallo y Santiago se comprometen a priorizar el polígono en San Xulián
    El fracaso del plan de urbanismo ralentiza la construcción de la infraestructura empresarial
    El alcalde propondrá una modificación puntual sobre los terrenos necesarios para el parque
    • Autor del comentario:
    Marcos Gago Localidad: marín

    Autoridad Portuaria y Concello de Marín retomaron las conversaciones para construir un parque industrial en el municipio, que servirá además como puerto seco. Ambos organismos cuentan con un informe de viabilidad elaborado por Ciisa en el año 2000 y que aconsejaba su construcción en el monte Pituco, en la parroquia de San Xulián. El desbloqueo de esta propuesta es uno de los principales resultados de una entrevista mantenida ayer por la mañana entre el alcalde, Antonio Santiago, y la presidenta del organismo portuario, María Ramallo.
    La falta de suelo calificado como industrial en Marín ha sido el mayor obstáculo para la creación inmediata del polígono durante tres años. Este problema se iba a subsanar con la aprobación del Plan de Urbanismo, que preveía como reserva empresarial los terrenos acordados por ambas administraciones. La luz verde definitiva del documento urbanístico habría sido decisiva y supuesto una reactivación automática del proyecto del puerto seco.
    Ahora, el fracaso del PXOM reabre la posibilidad de tratar modificaciones puntuales -vetadas por la Lei do Solo en concellos con el plan en elaboración como estuvo Marín- en las normas vigentes.
    Comunicaciones
    El alcalde aclaró que se intentará aplicar la vía del cambio urbanístico para poder poner en marcha el parque. Ayer explicó que Ramallo mantenía su interés por este equipamiento en San Xulián. «Quedamos en trabajar juntos para desbloquear el tema y ver cómo descongestionar el suelo industrial en Marín», añadió.
    El proceso aún se retrasará varios meses. Primero habrá que actualizar el informe y la memoria justificativa del proyecto. Después se debatirá en comisión informativa y se aprobará en el pleno. Será necesario que la Consellería de Política Territorial dé su visto bueno definitivo antes de licitar la obra del polígono.
    El terreno elegido estará comunicado con la autopista por la carretera de circunvalación. Los servicios básicos ya llegan a las proximidades de esta zona. Asimismo, una línea de alta tensión, proyectada por Unión Fenosa, garantiza el suministro energético suficiente.

    • Marin’errequeerre’porfin, segue vostede segue facendo arqueoloxía documental. Máis lle valería afeccionarse á verdadeira arqueoloxía; esa que intenta poñer en valor os gravados rupestres, as mámoas e outros vestixios do patrimonio histórico-cultural desta vila, que precisamente no Monte Pituco ten exemplos do máis valioso, segundo os expertos na materia. Non vai conseguir asoballarnos con artigos sacados do ano da polca, así que voulle reiterar a realidade, por moito que lle disguste:

      “Suárez recuerda a Marín que la propuesta de Monte Pituco fue DESECHADA en 2000”
      “Los técnicos consideraron “INVIABLE” un puerto seco ahí por el DESNIVEL del terreno”

      B.M. – PONTEVEDRA Conocer la sentencia del Tribunal Supremo sobre los rellenos del puerto, llevó al alcalde de Marín, Francisco Veiga, a desempolvar la propuesta de creación de un puerto seco en Monte Pituco. Una propuesta que se completó, explicaba el alcalde con una reserva de terrenos en el planeamiento urbanístico “para dar respuesta tanto a las actuales necesidades del puerto como a las que se presenten en el futuro”.
      La opción Monte Pituco, recordaba ayer el presidente de la Autoridad Portuaria, José Benito Suárez, fue “desechada en el año 2000” , debido al desnivel del terreno que lo hacía inviable. Suárez Costa se declara abierto a cualquier otra propuesta, pero reflexionaba también sobre la necesidad de que las iniciativas municipales que se pongan sobre la mesa cuenten con el respaldo de los vecinos, pues “no se puede olvidar las protestas que hubo y hay contra el proyecto de parque empresarial en A Brea- Seixo”. “Las empresas no quieren asentarse en polígonos con contestación social” recalca el presidente de la Autoridad Portuaria, quien añade que “si en Marín tienen problemas o no es rentable económicamente se irán a Vilagarcía o a otros puertos”.

      http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2009/11/18/suarez-recuerda-marin-propuesta-monte-pituco-desechada-2000/387381.html

      …Isto élle o que lle hai, por máis que vostede estea do lado dos partidarios de converter o Monte Pituco nunha chapuza urbanística máis da que nos avergoñemos polos séculos dos séculos, amén. Como di o proverbio, non hai máis necio que aquel a quen lle sinalan a lúa e mira para o dedo. Quizais Marin’errequeerre’porfin non asimile que en dez anos cambiaron os criterior urbanísticos e que dun tempo a esta parte afortunadamente hai unha maior sensibilidade e un maior respecto polo medio ambiente e polo contorno que habitamos. Con esa resistencia súa ao “progreso” e por esa simple regra de tres, quizais se sentiría vostede máis cómodo volvendo ir vivir ás cavernas; ou quizais sería partidario de negarlle o dereito ao voto ás mulleres; ou, por poñerlle un exemplo máis próximo, tal vez vostede sería partidario/a de renovarlle a Ence a concesión dos terrenos de dominio público-marítimo terrestre -que lle caducan no 2018- cando ata o mesmísimo Goberno autonómico, que antano estivo a piques de asinar polo mantemento da empresa ‘sine die’ nas marismas de Lourizán, agora practicamente lidera a opción contraria: a saída da fábrica e a recuperación da parcela para uso público. Pero isto xa é fariña doutro costal, así que só lle podo suxerir que “evolucione” cos tempos e actualice a súa mentalidade que neste momento, na miña humilde opinión, é do máis rancia e estreita de miras.

  4. Cando o BNG e mais o PSOE chegaron ó poder no concello de Marín, pensaron que o proxecto de meter CINCO micropolígonos no concello iba ser “a reostia”, é decir, a solución definitiva para os problemas industriais-empresariais-comerciais.
    Este proxecto, ademais de ser unha basura mal estudiada e mal plantexada, representou un abuso de poder tan grande, que o noventa por cen dos veciños se puxo en contra.
    Se estes políticos mal chamados progresistas lle prestaran un chisquiño de atención ó clamor popular, tiñan tempo de sobra para correxir o PXOM, facer un estudio apropiado dunha zona apropiada, e presentalo na Xunta de Galicia con tempo mais ca suficiente para estar aprobado antes de que rematara a lexislatura.
    Lonxe de comportarse coma progresistas, deixaron que a vanidade e a soberbia gobernara. Mala decisión.
    Pilar Blanco e mais o Vilaboa pensaron que coa súa maneira de mandar ían acadar a maioría absoluta por primeira vez na historia (hai que ser corto de miras).
    Fran Veiga pensou que, tendo en conta que “los vecinos y vecinas son tontos y tontas”, o parque dos sentidos de Briz, ía supoñer a maioría absoluta para o PSOE. Pero resultou que los vecinos y vecinas no son tan tontos y tontas como parece.
    Para que un pobo sexa progresista, os seus políticos deben comportarse como tales. Mentras tanto teremos PP para rato.
    Botelle vostede as culpas de todo, marinporfin, agora xa é tarde. Nas súas mans tuvo a oportunidade de cambiar as cousas, mais a borracheira de poder foi tan grande, que se esqueceu das cuestión principais: a) escoitar ós veciños cando as súas razóns eran xustas. b)Facer un estudio serio da zona industrial e esquecer os caprichos vanidosos. c)Deixar a un lado as vinganzas personais contra algúns veciños e pensar no que realmente lle conviña a Marín.
    Pagástelo caro porque a xente non é tan parva como pensades.
    Saúdos e non fai falta que traballe tanto nas hemerotecas para culpar á dereita. A culpa de que os votantes de esquerdas quedaran na casa foi que non había esquerda pola que votar.
    Eu recoméndolle que se mergulle no seu partido e faga un verdadeiro exercicio de reparción de ideas e cambio de actitudes para as próximas eleccións, é o único que vai dar resultado.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: