Publicado por: MontePituco | 27/03/2012

VISITA INSTITUCIONAL ÁS ACERAS DE SAN XULIÁN

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitaron as obras das beirarrúas de San Xulián que, segundo calculan, poderían rematar a finais do mes de xuño; a mesma data que se prevé para que finalice tamén a construcción da variante de Marín. O Concello vai acabar sendo o titular da estrada que, dende Marín ata Figueirido, atravesa a parroquia, unha vez que o organismo provincial lle transfira a súa xestión. Atrás quedaron xa as longas e inútiles liortas entre a Administración local e a provincial durante a anterior lexislatura. Á veciñanza, en realidade, tanto lle ten que partido colga a “medalla”; o importante é dispoñer, o antes posible, dun vial digno e seguro para o tránsito dos peóns e a circulación dos vehículos. Finalmente os dous propietarios que se resistían a ceder os terreos necesarios para a execución dos traballos acabaron tamén por aceptar as condicións; posto que do que se trata é de favorecer un ben colectivo.

…E non, non se pode trasladar esta situación á necesidade -para outros, interese- de que Marín conte con chan industrial. Porque hai patrimonio natural e histórico protexido no Monte Pornedo que de ningunha maneira se pode destruir. Porque as condicións do terreo non permiten construir en termos de racionalidade económica e sostibilidade medioambiental.

A instalación das beirarrúas de San Xulián colmaría as aspiracións dun veciño que nos deixou vai camiño dun ano. Se non nos tivera deixado prematuramente, Xan Montenegro debería estar nesa visita institucional, polos moitos anos que pasou reivindicando a materialización dese proxecto, á fronte da Asociación de Veciños de San Xulián. No seu lugar, os representantes doutro colectivo que -máis que favorecer o desenvolvemento da parroquia, se adican a mirar polas súas comenencias- exercen de pseudoinspectores de obra, canteando fochancas e tubarías, intrigando e facendo relacións públicas dun xeito do máis arteiro.

…Alá eles. Dende onde sexa que estea, Montenegro ha sentirse satisfeito. E os seus compañeiros na Asociación de Veciños de San Xulián poden valorar este logro como un estímulo para seguir demandando melloras nos servizos e nas prestacións para a parroquia. Queda moito por facer.

Publicado por: MontePituco | 26/03/2012

PROTECCIÓN “ESTRICTA” PARA A SARAMAGANTA

Manuel Arzúa Piñeiro e Xabier Prieto Espiñeira asinan un interesante artigo sobre a “Chioglossa lusitanica”, ou saramaganta rabilonga, no Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia, elaborado e editado -presentouse aínda o pasado mes de setembro de 2011- pola Sociedade Galega de Historia Natural baixo a coordinación de Moisés Asensi Cabirta. Esta publicación, elaborada “sen ningún tipo de subvención nin axuda pública ou privada, tanto no labor de campo como na súa edición”, segundo explican dende a propia SGHN, foi posible “grazas ao esforzo humano e económico de todos os colaboradores na obtención de datos no campo, e á aportación económica da Sociedade Galega de Historia Natural”.

Entre as súas páxinas atópase esta exhaustiva análise sobre o hábitat e a distribución -tanto a nivel mundial como en Galicia- deste anfibio endémico e protexido, do que DEFENDE O MONTE PITUCO vén de alertar sobre a súa presenza no ámbito do Monte Pornedo. No apartado adicado á súa catalogación, detállanse neste Atlas cuestións que denotan a fraxilidade da súa supervivencia, polo que mesmo se lle aplicou unha lei que obriga á súa PROTECCIÓN ESTRICTA.

 

Catalogación:

-Categoría mundial UICN: Vulnerable VU A2c.

-Categoría en España: Vulnerable VU A2c.

-Catálogo Galego de Especies Ameazadas: Anexo II (vulnerable).

-Lei 42/2007 do 13 de decembro do “Patrimonio Natural y de la Biodiversidad“: Anexos II (especies animais e vexetais de interés comunitario para cuxa conservación É NECESARIO DESEÑAR ZONAS ESPECIAIS DE CONSERVACIÓN) e V (especies animais e vexetais de interés comunitario QUE REQUEREN UNHA PROTECCIÓN ESTRICTA).

…Non se pode comprender, nin xustificar pois, a arbitrariedade coa que dende certas instancias pouco ou mal informadas -e pouco ou nada sensibles co medio ambiente- se valora este importante achado. Estamos ante a especie faunística MÁIS IMPORTANTE de Marín e, por tanto, non procedería valorar se se estuda, ou non, a súa conservación. A normativa de Patrimonio Natural e da Biodiversidade do ano 2007 establece claramente que tratamento lle hai que dar ao espazo no que habita esta especie, o que supón que a instalación dun polígono industrial no Monte Pornedo vulneraría o obrigatorio cumprimento da lexislación.

Neste pasado 22 de marzo, Día Mundial da Auga, e neste 23 de marzo, Día Meteorolóxico Mundial, cómpre incidir na abundancia de recursos hídricos existentes no subsolo do Pornedo e dos Sete Camiños; un argumento máis para desbaratar as febles afirmacións de quen ousa dicir que este monte é “de baixa calidade”. Mananciais naturais que corren o risco de desaparecer se a Xunta aproba a instalación dunha plataforma loxística ou polígono industrial neste espazo. Se a veciñanza da zona estivo en vilo hai uns anos debido ás obras da variante de Marín, por culpa das cales o monte foi sometido a graves agresións, especialmente polo uso de explosivos que fixeron perigar a conservación dos acuíferos, a ameaza agora é infinitamente maior, debido á enorme extensión da área afectada polo hipotético polígono e a colosal envergadura das obras que requeriría nun emprazamento con tantos desniveis.

O perímetro que abarcaría a plataforma loxística Marín-Pontevedra proxectada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e incluido no Plan Sectorial de Áreas Empresaris de Galicia, aféctalle directamente a polo menos catro mananciais naturais que lle suministran auga para consumo doméstico e de regadío a diversos núcleos de vivendas e fincas de cultivo situadas nos lugares de Pena, Caeiro, Bouza, Casal, Souto, Arealonga e Laxe, na parroquia de San Xulián. Son acuíferos catalogados, algúns deles legalizados e outros en periodo de tramitación para adaptarse á Lei de Augas de Galicia.

A estes pódense sumar outros mananciais que, aínda estando fóra do ámbito xeográfico directo da Plataforma Loxística Marín-Pontevedra, demostran que esta zona posúe unha riqueza hidrolóxica que podería resultar gravemente mermada, se se acometera unha obra de infraestruturas de grandes dimensións. A este respecto, cabe lembrar que as Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), contemplan os seguintes obxectivos, aplicables ao caso que se expón:

“Promoverase o mantemento da calidade dos recursos hídricos, e no caso das masas de auga deterioradas, pularase pola mellora do seu estado. Así mesmo, promoverase a redución do risco de contaminación das augas tanto superficiais como subterráneas”.

Nas alegacións presentadas por Defende o Monte Pituco e outros colectivos culturais, veciñais e ambientais ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, fíxose unha relación dos acuíferos que perigan, con datos relativos á súa localización exacta coas coordenadas GPS, fotografías e documentos históricos que proban o seu aproveitamento veciñal.

O manancial de Fontenla xa conta con autorización administrativa. Suministra auga para consumo doméstico e de regadío aos habitantes e propietarios de terreos no lugar de Caeiro. A auga que nace no manancial de Fontenla repártese nos depósitos saneados e individuais existentes nunha edificación construida en 1991.

 

O manancial das Presas proporciónlle auga de regadío a habitantes dos lugares de A Pena, Caeiro e Bouza. Actualmente atópase en fase de adecuación á normativa que establece a Lei de Augas de Galicia.

O manancial de Gorgullón do Pino ou Fonte das Pulgas diríxese aos lugares de Souto do Carregal, Casal e Laxe. Grazas ao interese e o esforzo dos nosos antergos, esta conducción de auga chega ata este outro extremo da parroquia.

O manancial de Sete Camiños sitúase no monte comunal da parroquia de San Xulián de Marín e a súa auga fornece varias fontes, tanto como abrevadoiro para o gando que habita pola zona, como para o surtidor público existente na área de descanso a carón da estrada Marín-Figueirido.

Coa colaboración de varios veciños, Defende o Monte Pituco recolleu a existencia de mananciais tamén nos lugares de Cachada de Carballo, Fonte Lagoa e Monte da Serra. Ante a evidente riqueza hidrolóxica desta zona, Defende o Monte Pituco reiteroulle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que este é outro motivo a ter en conta para desbotar o proxecto da plataforma loxística nesta ubicación.

No propio Plan Sectorial afírmase para a elección dos parques empresariais cómpre ter en conta:

“Evitar as localizacións próximas aos cursos de auga, así como a afección aos mesmos e as zonas de recarga dos acuíferos”. (…) “Con carácter xeral, para garantir a integridade do recurso, adoptaranse as medidas de eficiencia relacionadas no Informe de Sustentabilidade Ambiental, tales como: analizar as posibles afeccións ás augas de escorrentía e subterráneas. Así como ás traídas veciñais”.

Por riba, o proxecto da plataforma loxística Marín-Pontevedra foi puntuado cun baremo de 50, por ter unha afección (500 m) sobre os cursos de auga. Esta puntuación debería ser reconsiderada e recibir 0 puntos por ter unha afección complexa sobre o Rego de Louredo, que nace dentro do monte comunal de Lourizán, na área afectada polo parque empresarial, e que non aparece no plano do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais.

No Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia afírmase que:

“O desenvolvemento dunha área empresarial precisa dunha serie de servizos (abastecemento, saneamento, telecomunicacións, enerxía, transportes…) que deben ser prestados a través da súa conexión cuns sistemas xerais ou da explotación de recursos presentes na área de influencia”. (…)“Disponibilidade de recurso de auga e posibilidade da súa utilización para abastecimento”.

Malia a existencia de mananciais en puntos dispersos, en toda a contorna non existe ningún río cun caudal suficiente para abastecer unha hipotética área empresarial. Agás que se recorra a estes acuíferos que, dende a antigüidade, fornecen aos habitantes dos núcleos de poboación próximos e as zonas de cultivo que se extenden ao redor destes. Sería inaceptable, neste caso, que se privara a veciñanza de seguir beneficiándose dun recurso natural que historicamente veñen aproveitando, no que investiron recursos económicos propios para mellorar as canalizacións, e que mesmo están rexistrados e funcionan en réxime de comunidade de usuarios e/ou regantes.

22 de marzo, Día Mundial da AUGA

23 de marzo, Día METEOROLÓXICO Mundial

#MontePornedoCALIDADE

 

 

Publicado por: MontePituco | 22/03/2012

CABALOS E SARAMAGANTAS, NA PRENSA LOCAL

Extracto do comunicado emitido pola Asociación Animalista Libera a propósito da presenza destes cabalos maltratados no Monte Pornedo:

A asociación animalista iniciou en setembro de 2010 unha innovadora liña de denuncia que recolleu, ata o momento, máis de cincuenta casos de cabalos inmovilizados, que deron orixe a 47 escritos penais dirixidos ás fiscalías provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra. Dos datos aportados polos defensores dos animais abríronse varias investigacións xudiciais na provincia pontevedresa, grazas tamén á colaboración cidadá, que fornece de información e fotografías as denuncias dos animalistas.

A práctica das pexas aínda está presente nos montes galegos, debido a que moitos gandeiros inmobilizan os animais baixo a crenza de que estes artefactos impídenlles o acceso a estradas ou cultivos. Sen embargo, LIBERA comprobou os animais non só acceden a vías de tráfico rodado, senón que se converten en vítimas de graves accidentes, como o acontecido recentemente en Cotobade. A falta dun microchip identificativo nos équidos dificulta as pesquisas da Garda Civil e do seu destacamento do Seprona para atopar os responsables de tales actos.

Dende LIBERA subraian que a concienciación cidadá é cada vez maior, e permite que estes casos teñan cada vez menor cobertura social, ademais de crear unha importante rede de informantes que facilita fotografías e datos aos ministerios fiscais e ás forzas de seguridade. Nembargantes, a contrapartida que denuncia LIBERA é que malia seren constitutivos de delicto de maltrato cara á fauna, ningún gandeiro foi condeado nos últimos dous anos.

Publicado por: MontePituco | 21/03/2012

DÍA FORESTAL MUNDIAL: #MONTEPORNEDOCALIDADE

Plantamos un carballo, pequeniño. Símbolo da loita a prol da conservación do Monte Pornedo contra a ameaza política e especulativa do asfalto e do formigón. A primavera daba os seus primeiros pasos. Celebrábase o Día da Terra, un 22 de abril de 2010.

..E o noso verde amigo atopou no Pornedo un fogar no que se sentiu cómodo para medrar, vigoroso.

Chegou o inverno, unha proba dura para un ser vivo aínda feble...

…E perdémolo. Durante un tempo non o demos localizado entre a vexetación. Especulamos se cos temporais un corremento de terra o puido tapar, se algún animal o roera, ou se murchara por mor da seca.

Pero volveu agromar e atopámolo novamente. A Nai Terra, sempre tan xenerosa. A LOITA CONTINÚA!

#MontePornedoCALIDADE!

Publicado por: MontePituco | 20/03/2012

ENTREVISTA COA EDIL DE MEDIO AMBIENTE

Defende o Monte Pituco mantivo xa a terceira reunión oficial con responsables do Concello de Marín. Unha situación que contrasta co desprezo institucional ao que este colectivo foi condeado por parte do anterior rexedor municipal, o socialista Francisco Veiga, que agora na súa nova etapa como voceiro do seu grupo municipal na oposición, tanto se queixa da “soberbia” do actual Goberno local. Cada un fala da feira segundo lle vai nela.

O 26 de xullo de 2011 a alcaldesa María Ramallo e os concelleiros Ramiro Gestido (Rural), Pablo Novas (Parroquias) e Beatriz Rodríguez (Cultura), desprazáronse por primeira vez ao Monte Pornedo para coñecer directamente sobre o terreo cales son os inconvintes que presenta este espazo para converterse nun asentamento industrial. O pasado 20 de febreiro fomos recibidos, xunto cun representante da comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, pola concelleira de Cultura para atender cuestións directamente relacionadas coa conservación do patrimonio arqueolóxico. Onte foi a concelleira de Medio Ambiente, Marian Sanmartín, quen atendeu a solicitude de entrevista formulada por este colectivo.

A xuntanza estaba motivada inicialmente pola recente localización de exemplares de “Chioglossa lusitanica” ou saramaganta rabilonga no ámbito xeográfico do Monte Pornedo. Ao tratarse dun animal “vulnerable” incluido no Catálogo de Especies Ameazadas, calquera obra de infraestruturas que supuxera unha alteración do seu habitat natural, acarrearía a inmediata e irreversible desaparición do anfibio desa zona, xa que para sobrevivir precisa a proximidade dunha corrente continua de auga sen a máis mínima contaminación; algo practicamente imposible de garantir se prospera o proxecto de instalación dun polígono industrial ou plataforma loxística xusto nesa zona.

Na xuntanza tamén participou un dos promotores dun traballo de campo que se está realizando para localizar a presenza de saramaganta rabilonga no ámbito xeográfico marinense; un estudo que se publicará en revistas científicas de ámbito galego e estatal. A saramaganta é o valor faunístico máis importante que hai en todo Marín; unha especie única no mundo que, nos lugares onde habita -Galicia, Asturias, norte de Portugal- debera ser respectada e preservada. A poboación deste endemismo vai en declive, segundo expertos como Miguel Vences no traballo titulado “Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles”, de 2011:

Estatus de conservación

Categoría Mundial IUCN (2008): Vulnerable B2ab (ii, iii, iv). Se justifica porque su área de ocupación es probablemente menor de 2.000 km2, su distribución está severamente fragmentada y hay un declive continuo en su área de ocupación, en la extensión y calidad de su hábitat y en el número de localidades en que se encuentra (Arntzen et al., 2008a, 2008 b).4

Categoría España IUCN (2002): Vulnerable VU A2c (Vences, 2002).

Categoría de conservación en Galicia: Vulnerable VU A2c. La inclusión en esta categoría se justifica por disminuciones poblacionales y desaparición de poblaciones en Galicia (Galán Regalado, 1999).

Amenazas

Las amenazas más importantes son la contaminación de los arroyos, la canalización, la extracción de agua para el riego y la pérdida de hábitats terrestres próximos a los arroyos debido a las plantaciones de pinos y eucaliptos. Un riesgo adicional está constituído por los incendios (Arntzen, 1981; Vences, 2002; Arntzen et al., 2008a, 2008 b).

Así o entendeu a concelleira de Medio Ambiente quen, por outra parte, recoñeceu que o PXOM que está en vías de aprobación é o que o PP se veu pouco menos que obrigado a sacar adiante, sen posibilidade de plantexar ningún tipo de modificación pola premura da súa entrada en vigor. Agora que o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais propón dúas zonas como posible destino dun polígono industrial, haberá que agardar a que a Xunta valore as alegacións presentadas e se posicione.

Tamén se aproveitou esta xuntanza para expoñer o último caso de cabalos vítimas de maltrato, ao presentar as patas dianteiras atadas con cordas que lles dificultan gravemente o desprazamento. Marian Sanmartin lamentou que siga habendo casos deste tipo, ante as limitacións do Concello -que ten as competencias nesta materia- para actuar como proceda.

E ante as declaracións -opinións sen fundamento, máis ben- dun colectivo veciñal desprezando os valores naturais do Pornedo, ao (des)calificalo como “de baixa calidade”, suxeriuse a necesidade de pór en marcha unha campaña de sensibilización sobre o valor ecolóxico do monte baixo. Porque non todo han ser eucaliptos, porque o monte non só se entende dende o punto de vista do aproveitamento forestal nin moito menos dende o cultivo masivo de especies de rápido crecemento. Un monte de calidade non só se cuantifica en euros, senón que tamén ten unha biodiversidade e uns valores patrimoniais incuestionables. O Pornedo é un dos escasos espazos abertos do Concello de Marín e, á vista de todos os elementos que posúe -fauna, flora, arqueoloxía, mananciais…- dubidar da súa calidade é un insulto flagrante á verdade.

Publicado por: MontePituco | 19/03/2012

AVANZAN AS OBRAS DAS BEIRARRÚAS DE SAN XULIÁN

Comezaron timidamente entre setembro e outubro do ano pasado onda o cruce co desvío a San Pedro e seguiron cara arriba á altura do muíño do Valado. Seis meses despois, as máquinas xa están case a carón da Casa de Montes de San Xulián, onde se prevé que rematen as obras de construcción das beirarrúas, financiadas pola Deputación. Un par de propietarios seguen en desacordo coas condicións de cesión dos seus terreos, pero mentres se resolven estas incidencias, o proxecto vai tomando forma. Foi necesario erguer elevados muros de contención nos puntos de maior desnivel, excavar terra e retirar tapias que se irán repoñendo. E aínda queda moito traballo por facer, pero os veciños que dubidaban de que esta iniciativa se levara a cabo despois de permanecer anos bloqueada, por fin vaia concretándose. E probablemente chegando ao verán os habitantes de San Xulián e os condutores que a diario pasan por esta zona teremos un vial máis cómodo e seguro para transitar e circular.

Publicado por: MontePituco | 18/03/2012

SEGUE A LACRA DO MALTRATO ANIMAL

O que pretende ser un agradable paseo polo Monte Pornedo, que ten moitos e bos motivos para gozar da paisaxe e da natureza, pode acabar converténdose nunha impresión desagradable por culpa DALGÚNS -e remarquemos “dalgúns” para que non se incomode o colectivo en xeral- propietarios de cabalos ceibes. A presenza dos equinos no monte ten pros e contras: entre as desvantaxes, que roen os brotes das repoboacións forestais, que poden chegar ás fincas particulares na procura de alimento, e que se chegan á estrada son un risco para a seguridade vial; pero tamén hai factores positivos, uns culturais polo que significa o mantemento dunha tradición agrogandeira que por desgraza está en retroceso, e outros máis prácticos como a súa contribución espontánea na reducción da maleza e, por que non, o aboado natural do terreo.

Pero hai propietarios de cabalos que ABUSAN dun xeito inxustificable e intolerable duns animais indefensos. Nun afán que se podería considerar enfermizo por controlar a mobilidade dos animais, instálanlles artiluxios nas patas para dificultar que se alonxen da zona onde os teñen máis ou menos localizados. Trancas ou pexas de madeira nunha das patas, ou aínda peor, cadeas recubertas dun pedazo de mangueira de plástico ou cordas grosas coas que atan as DÚAS pezuñas dianteiras.

Desta maneira é imposible que un cabalo poida valerse se un depredador lle ataca. Non pode saír ao galope, nin sequera avanzar a paso normal. O máis que lle permite esa atadura infame é desprazarse dando pequenos chimpos. Perigosos saltos que, nunha zona en pendente como o Alto do Pornedo, pode acarrear unha mala caída de consecuencias nefastas para o pobre animal, mentres o seu “dono” está comodamente na súa casa, ao quente. E o cabalo que se busque a vida, que se zafe. Que total, como non se lle pode identificar, non pasa nada.

Ogallá o Seprona poida investigar e dar cos responsables deste e doutros casos semellantes de MALTRATO, para que se vaia erradicando esta práctica, para que se poida regular a presenza de gando mostrenco nos montes dunha forma satisfactoria para os propietarios e tamén para os propios animais.

Publicado por: MontePituco | 14/03/2012

FLORA & FAUNA: NOVA ACTUALIZACIÓN

As seccións de FAUNA e FLORA do blog DEFENDE O MONTE PITUCO dannos a coñecer a existencia doutros habitantes deste espazo ameazado pola voracidade especulativa que se materializa na enchenta de asfalto e formigón: a Chioglossa lusitanica ou saramaganta rabilonga é a especie faunística máis senlleira. Non é ningún becho “da discordia”; non é ningún animal do que dependa a construcción dun polígono que nin sequera pasou de estar en fase de estudo. É un anfibio protexido cuxa existencia se remonta ao principio dos tempos, na era prehistórica. Por riba, é un indicador da extraordinaria pureza da auga no contexto do seu ecosistema. Ademais desta ilustre e ancestral veciña, no Pornedo tamén se atopa un tipo de fento protexido e outras herbiñas que adornan este monte marabilloso, pese a que algúns veciños cometen a torpeza imperdoable de subestimalo a mantenta e denigralo a un nivel de categoría ínfimo que para nada corresponde coa realidade.

Publicado por: MontePituco | 12/03/2012

ARTIGO NO BLOG ‘NOVAS DE ARQUEOLOXÍA’

O blog Novas de Arqueoloxía, do marinense F. Padín, incorpórase ao noso listado de páxinas altamente recomendables. O texto que segue, “Desfeitas polo Morrazo“, é o artigo máis recente publicado nesta bitácora sobre acontecementos, opinións, críticas e curiosidades arredor do ámbito da Arqueoloxía, tanto en Galicia como en calquera outro lugar do mundo. Vaia por diante o inmenso agradecemento de DEFENDE O MONTE PITUCO ao autor, por brindarnos o seu apoio na ardua loita que mantemos a prol da conservación deste monte fronte aos ‘elementos’ -propios e alleos- que turran por convertelo nun ermo de formigón en beneficio de presuntos intereses especulativos, destruíndo para sempre a riqueza natural, patrimonial, paisaxística, forestal deste enclave privilexiado. Un agradecemento que facemos extensible ás persoas e aos profesionais acreditados que dende diferentes ámbitos -non só da Arqueoloxía, senón tamén da Agronomía e do Naturalismo- nos están manifestando o seu respaldo e solidariedade, coincidindo ademais cos últimos e inxustificables embates do sector veciñal máis reaccionario.

…Si, cada día somos máis reivindicando a protección do Monte Pornedo!

Recomendamos encarecidamente a lectura deste artigo: moi ben documentado, moi ben argumentado e, sobre todo, moi ben escrito.

O Morrazo en xeral, e Marín en particular, conta entre outros atractivos (un clima envexable, extensos areais, fermosas e verdes paisaxes e unha suculenta gastronomía, como diría a orixinal prosa das guías turísticas), cun rico patrimonio arqueolóxico. Algún destes xacementos sobrancea por ser obxecto de investigación dende os tempos heroicos da arqueoloxía galaica, convertíndose en verdadeiros fitos da historiografía e da literatura arqueolóxica deste país. O castro de Montealegre, en Domaio, prospectado por Losada Diéguez nos anos 20, cando o Seminario de Estudos Galegos e a xeración Nós, foi un dos primeiros castros escavados en Galicia, e xunto con outros máis coñecidos como Santa Tegra ou Baroña propiciou as primeiras achegas ao coñecemento da Idade do Ferro galaica. Ou as mámoas de Chan da Armada e Chan da Arquiña, escavadas nos anos 50 por Ramón Sobrino, omnipresentes en todas as monografías sobre a prehistoria de Galicia, e que, perdoando as deficiencias metodolóxicas e de rexistro comúns na arqueoloxía deses tempos, contribuiron como poucas ao deseño do panorama do megalitismo galego. Outros xacementos destacan polo seu carácter senlleiro: Os petróglifos labirínticos de Mogor, sobre os cales correron e corren ríos de tinta, errando perdidos por entre os seus sulcos, coma en todo bó labirinto, coa esperanza de entresacar a chave do misterio. Ou o Monte do Facho, en Donón, castro e santuario pagán que agochaba máis de 170 aras adicadas ao deus Berobreo, máis da metade de toda a epigrafía romana atopada en Galicia, en a penas unha hectarea de terreo.

Cabería pensar que este patrimonio arqueolóxico é respectado e coñecido, e que conta con todas as proteccións e cautelas legais que unha sociedade culta debería ofrecer ás reliquias do seu pasado. Non é así. Nos últimos tempos, este patrimonio sofre constantes ataques precisamente daqueles poderes públicos que deberían protexelo, promovendo obras e infraestructuras de impacto brutal non só sobre os venerables vestixios dos nosos devanceiros, senón sobre a natureza e a paisaxe que tanto gaba a prosa dos prospectos turísticos. O corredor do Morrazo, un asasino en serie que segou 10 vidas en 7 anos, oito delas só no 2010, tamén se cepillou parte do castro de Montealegre, e o asentamento neolítico que xacía ao seu carón, ademais de varios petróglifos, e anulou para sempre a vista da fermosa fervenza do Pozo da Moura, unha marabilla natural hoxe emparedada por un groseiro viaducto. O tamaño ciclópeo dos desmontes desta obra, algúns de case 100 metros de altura, rillaron e espiron as ladeiras do castro de Liboreiro, atalaia privilexiada dos galaicos morracenses sobre as terras de Bueu e Cangas, e as súas trincheiras marcaron a paisaxe cunha cicatriz repugnante, visible dende case calquera punto da ría. Na outra banda da península, a “variante de Marín”, a reiterativa promesa elección tras elección dun sonado político lalinense que, de tanto agardar, morreu sen vela cumplir, é unha estrada tan desmesurada como inútil que enlaza Ningures con Vaisaber, e que, cos seus agresivos desmontes e terrapléns, chimpou con varios petróglifos, amén do desprazamento da pedrafita de Currás, senlleiro megalito hoxe xubilado nunha finca, privado do seu contexto.

Hai tamén políticas que iluminan un pouco este panorama sombrío. O castro da Subidá, unha verdadeira citania morracense, vén de ser parcialmente escavado no verán pasado, e seica vai ser incluído nun Plan Director de Xacementos Arqueolóxicos da Provincia, auspiciado pola Deputación. Os petróglifos de Mogor contan cunha flamante (e carísima) “caseta” de acollida de visitantes, e o castro do Monte Facho de Donón xa ten expediente para a súa declaración como B.I.C. Porén, sempre hai nubes no horizonte: o plan director de momento non pasa de promesa, a caseta informativa de Mogor non se sabe con qué se vai dotar, e os veciños de Donón fan todo o posible por recortar a área de protección do BIC para que non lles impida formigonar as leiras.

E as ameazas sobre a paisaxe e o patrimonio continúan. Unha empresa italiana que ten a concesión do noso vento quere instalar un parque de virandelos eólicos no lugar de Pedras Negras, no monte Faro de Domaio, case no punto máis alto do Morrazo, a cabalo dos Concellos de Vilaboa, Marín e Moaña. Os artefactos terán unha altura duns 170 metros contando as aspas (para facerse unha idea: máis do dobre da altura da catedral de Santiago), así que o impacto visual vai ser tremendo, e o ecolóxico tamén. A zona ademais é rica en monumentos megalíticos: nas chans entre Domaio e Castiñeiras hai necrópoles nas que se inclúen os citados túmulos de Chan da Armada e Chan da Arquiña, e que forman en conxunto unha paisaxe cultural que se mirará desvirtuada coa presenza mastodóntica destes monstros sobre os venerables horizontes do Morrazo.

E no monte do Pornedo, entre Marín e Pontevedra, mirador natural sobre o amplo circo do val do Lameira e sobre a Ría de Marín hai quen teima en instalar un deses polígonos industriais que tanto adornan esta desgrazada terra. O lugar escollido é un balcón de grandes pendentes sobre unha vila e unha ría xa maltratadas por un urbanismo salvaxe, e que de cumplirse esta ameaza, agora terían unha colección de galpóns aupados nun pedestal. Os grupos políticos do Concello conxuráronse entre si por ver quen defende máis este emprazamento, (incluído certo partido en descomposición que parece ter un proxecto de país por parroquia), cegados polo pailanismo e o localismo máis miope. A comunidade de montes de San Xulián devece por encher de cemento o monte que deberían defender, cos ollos facendo chirivitas ante a cantidade de cartos que agardan recibir, e alimenta con fantasiosas promesas de diñeiro e postos de traballo a ambición dos veciños. A Xunta, de momento, dí que o emprazamento ten todos os problemas do mundo, pero todo se pode agardar dun gabinete que ten as competencias de obras públicas e de medio ambiente na mesma persoa.

O monte Pornedo, ademais do seu valor paisaxístico, conta cun denso patrimonio arqueolóxico: cinco túmulos megalíticos, e seis conxuntos de gravados rupestres, moitos deles de grande interese, que se verían afectados, directa ou indirectamente, por este estrago. Non é a primeira vez: no ano 2008 o exército español construíu un “campo de adestramento” que imitaba unha cidade afgana para xogar ao paint-ball en terreos pertencentes á comunidade de montes de Salcedo, rebentando de paso unha mámoa inventariada. Pero aí os veciños de Salcedo foron dignos, capearon a incuria e o desprezo da administración, preitearon e conseguiron gañar nunha sentencia histórica. Os mesmos veciños son os que apoian a louvable iniciativa do Espazo Natural e Arqueolóxico de Sete Camiños, que pretende poñer en valor o entorno dos montes de Pornedo-Sete Camiños, apoiado pola Comunidade de Montes de Salcedo e de Lourizán, pero non pola de San Xulián. E tamén está a Plataforma Defende o Monte Pituco-Pornedo, activísima na difusión do patrimonio natural e cultural deste espazo, a costa de agrios enfrontamentos cos que confunden o pastizal agropecuario co pecuniario. Logo dirán que xente de Marín…

Moitos habitantes do meu Marín natal aínda choran o patrimonio que se perdeu: aquela vila de arquitectura mariñeira, cos seus patíns e orgullosos balcóns; o seu priorato, de quen Otero Pedraio decía que, de rehabilitarse, sería dos máis fermosos pazos de Galicia; as súas praias case virxes, e a vista do mar dende a Alameda. Todo isto foi sacrificado nas aras do deus do progreso. A cambio de modernidade, vivimos nunha vila fea, sen historia, e sen orgullo. Pero está por ver que o progreso teña que ser incompatible coa beleza, a memoria, a identidade. Isto tamén é riqueza e benestar. Parte da mesma aínda está agachada nos montes do Morrazo, só hai que coñecela, respectala e sobre todo querela.

“…Outeiro de Ombra podría acabar siendo un ejemplo más de un yacimiento destrozado por la desidia de la Administración en O Morrazo”.

Reportaxe de Marcos Gago en La Voz de Galicia.

Os nosos montes agochan a maior parte do patrimonio arqueolóxico de Galicia: castros, mámoas ou petroglifos, que ao tempo que nos permiten disfrutar co seu coñecemento, lémbrannos que a nosa cultura só será unha máis no longo camiñar da historia. Isto mesmo establece a obriga moral -e legal- de preservar para o futuro este tesouro cultural que non nos pertence; como eses monumentos funerarios que son as mámoas, feitos por unha cultura moi distinta á nosa hai máis de 4.000 anos. Hoxe en día, entre os usos do monte está o lecer: camiñar, contemplar a paisaxe, coñecer árbores, paxaros ou vestixios arqueolóxicos; transitalo en bici ou en vehículo a motor. Este uso debe ser compatible coa conservación e, a pesares do bo traballo que neste sentido levan a cabo moitas comunidades de montes veciñais, como en xeral ocorre no Morrazo, é imprescindible unha maior sensibilización cidadá. Teño visto moita xente con motos aos que lles dá igual arrasar ao seu paso un xacemento arqueolóxico. En paralelo á divulgación é preciso unha vixiancia normativa que permita sancionar a quen altera ou destrúe, porque desgraciadamente en moitos casos, saben perfectamente o que está facendo”.

Juan Castro, arqueólogo, no artigo titulado “Monte e Cultura” (La Voz de Galicia, 11 de marzo de 2012).

Publicado por: MontePituco | 10/03/2012

A SARAMAGANTA, NO DIARIO

Publicado por: MontePituco | 09/03/2012

(DES)MONTES e REMENDOS

Preguntámonos a que raios están esperando a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e o Instituto Galego de Vivenda e Solo, para contratar os directivos da Asociación Virxe dos Remedios como asesores, enxeñeiros e deseñadores da planificación urbanística de todo o territorio galego e do resto do mundo mundial. Canto talento desperdiciado, cantas mentes clarividentes morrendo de asco na parroquia de San Xulián podendo estar nun despacho a todo trapo, manexando habilmente a escuadra e o cartabón para facer virguerías sobre o plano Sigpac.

Moito presumir de empresa multinacional; moito presumir de estar á vangarda na arquitectura e nas tecnoloxías da información; moito presumir dunha brillante folla de servizos en sectores tan relevantes como o transporte, a auga e o medio ambiente, a edificación, a enerxía e a industria… pero un Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais como o que elaborou recentemente a firma madrileña EPTISA facíallo polo mesmo prezo e moito mellor -nin punto de comparación!- a directiva da Asociación Virxe dos Remedios, que destaca por contar cun equipo multidisciplinar de profesionais ben competentes e cualificados.

Que Marín precisa dun polígono industrial? Para que conformarnos só con un, que sexan dous! Que hai uns veciños tolos que poñen impedimentos para que o parque empresarial se faga no Monte Pituco? Ningún problema, cámbiaselle de nome e chámaselle Monte da Pena e Monte dos Sete Camiños, e xa parece que no Pituco non vai pasar nada de nada. Que carecemos de argumentos técnicos e normativos para demandar a instalación dun polígono no Pituco? Pois buscamos na rúa o que non sexamos capaces de atopar na lexislación ambiental e nas recomendacións urbanísticas, e adicámonos durante uns meses a convencer a veciñanza para que firme un papel porque o paro está fatal e as empresas pechan porque non poden medrar… Que iso da crise é un espellismo porque aquí en Marín somos unha potencia e non hai recesión que deteña o noso imparable crecemento económico.

…O posicionamento da Plataforma Virxe dos Remedios sobre a dotación de chan industrial é unha aberración que carece de fundamentos técnicos sensatos e que obvia o cumprimento obrigatorio dunha longa ristra de regulamentos a nivel ambiental, patrimonial e urbanístico. Defende o Monte Pituco valora desde o respecto as demandas deste colectivo, pero a discrepancia é total e absoluta en todos e cada un dos seus plantexamentos, que chocan radicamente coa documentación aportada nos últimos dous anos neste blog a prol da conservación do Monte Pornedo.

Non existe o Monte da Pena. A Pena é un núcleo dunhas poucas vivendas por enriba das cales pasa a Variante de Marín e xa inmediatamente despois o monte que hai é o Pituco, ou Pornedo. Os Sete Camiños non é outro monte diferente nun emprazamento distinto, senón que é a prolongación do Pornedo cara ao interior e lindando coa Comunidade de Montes de Lourizán. É un despropósito o exercicio de manipulación e de desinformación que practica a Asociación Virxe dos Remedios para confundir a opinión pública sobre a verdadeira situación xeográfica do polígono industrial proxectado nun terreo que, se mire como se mire e por onde se mire, e por máis que o proxecto do PXOM o avale, non reúne as condicións idóneas para acoller unha infraestrutura desas características. Xa o dixo a Autoridade Portuaria no ano 2000 a propósito do excesivo desnivel do terreo.

O estudo encargado pola Xunta sobre a viabilidade da parcela proposta polo Concello para acoller o futuro polígono industrial de Marín foi absolutamente claro: o Concello ofrecía 700.000 metros cadrados nunha superficie que abarca dende o Pornedo, pasando por Sete Camiños e chegando ata case a estrada que sobe ao Lago de Castiñeiras, e as pendentes eran tan fortes que no 92,6% superaban o 15% de desnivel, ata o punto de que o 57% (máis da metade da parcela) ten máis do 35% (máis do dobre) da pendente recomendada. Á vista destes datos, é razoable que os técnicos que desenvolveron o Plan Sectorial buscaran unha localización cun perfil orográfico máis suave, de aí que decidiran reducir a extensión do polígono ata os case 300.000 metros cadrados e desprazar a súa ubicación cara a Pontevedra, con tan mala fortuna, neste caso, que a zona elixida resultou estar catalogada como de Protección Integral Arqueolóxica.

Por tanto, é falso que a Asociación Virxe dos Remedios pretenda diferenciar entre A Pena e Sete Camiños. Por riba, que este colectivo aluda, textualmente, á necesidade de “preservar o entorno paisaxístico privilexiado” da zona é unha demostración de máximo cinismo e un exceso literario intolerable, posto que o polígono que propón esta agrupación atópase nunha zona de máxima intervisibilidade ou fraxilidade visual, tanto no lugar da Pena como nos Sete Camiños, ou no Pornedo en conxunto, posto que -insistimos- trátase dunha unidade natural que carece de fronteira física ou visual. Sen esquecer que a zona pertence aos Montes do Morrazo, catalogados como Espazo Natural Protexido polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento.

Cabe preguntarse que estudos técnicos respaldan a proposta da Asociación Virxe dos Remedios: Con que criterio designa 66.784 metros cadrados no mal chamado “monte da Pena” para uso comercial e outros 254.730 metros cadrados nos Sete Camiños para uso industrial? Quen acredita que o desnivel entre unha zona e a outra sexa dese suposto 5,5% á vista do xuntas que están as curvas de nivel entre unha zona e a outra? E sobre todo, se o informe fora serio, por que matiza que as dimensións das parcelas son “orientativas” co argumento de que “se poderían incrementar nun futuro ata a capacidade que interese”? Estase valorando un terreo físico ou un chicle que se poida estirar ao antollo da directiva de Virxe dos Remedios?

Pero o máis sangrante, indignante e incomprensible desta proposta kafkiana é que un colectivo veciñal de San Xulián califique o monte da parroquia como “de baixa calidade e pouca produción”. E o colmo do surrealismo é que o representante desta asociación, D. Laureano Allariz -e citámolo porque o seu nome e apelidos figura nunha das noticias publicadas– sexa o vicepresidente da Comunidade de Montes de San Xulián. Ou o fora ata datas recentes, porque non está suficientemente clara a súa representatividade na actual directiva da Comunidade de Montes de San Xulián, que tomou posesión tralas eleccións celebradas en agosto de 2011.

Que o directivo (ou ex-directivo) dunha Comunidade de Montes se pronuncie publicamente nestes termos é un insulto aos comuneiros e supón o recoñecemento dunha actuación conscientemente neglixente no desempeño dunhas funcións que se supón que tiñan que estar enfocadas a procurar o mellor aproveitamento posible do monte veciñal. Pola contra, con este revelador pronunciamento, descóbrese que a ausencia continuada e reiterada de iniciativas por parte da Comunidade de Montes da que forma (ou formou) parte, tiña como obxectivo DEVALUAR os terreos dende o punto de vista económico, acaso cun presunto interés especulativo que agora se estaría demostrando.

Aínda así, a afirmación a respecto da “baixa calidade” do monte tampouco se axusta á verdade. Nas alegacións presentadas por Defende o Monte Pituco ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, un dos apartados, sobre a afección da Plataforma Loxística Marín-Pontevedra aos recursos forestais da zona, incide no “altísimo valor ecolóxico” do monte baixo ou matogueira que se extende por este espazo.

Para o representante da Asociación Virxe dos Remedios, o feito de carecer de pinos e sobre todo eucaliptos parece ser un demérito. Moi ao contrario, e ante a falta dun plan de explotación forestal do monte comunal de San Xulián, a ausencia dunha masiva eucaliptización do contorno do Pornedo e dos Sete Camiños -a diferenza doutras zonas que se atopan masivamente eucaliptizadas- fai que exista “unha grande variedade de formacións vexetais”, algunhas delas protexidas pola directiva Hábitat, e que actúan como “reservas de biodiversidade cunha importante función ambiental”.

Así, no ámbito do Monte Pornedo e dos Sete Camiños atópanse endemismos botánicos catalogados, como a “Linaria saxatilis” ou paxariño, o “Cistus psilosepalus” ou carpaza, a “Merenderea pyrenaica” ou tollemerendas que agroma no outono, ou a “Calluna vulgaris”, considerado “un dos principais compoñentes do monte baixo”, cuxa importancia radica tamén na súa incuestionable contribución para “evitar a perda do solo e aumentar a capa de humus”.

E precisamente, pola reducida eucaliptización da zona, é posible que se conserven tantos mananciais que, dende hai séculos, fornecen de auga para consumo doméstico e de regadío aos habitantes do lugar: mananciais de Fontenla, As Presas, Gorgullón do Pino, Sete Camiños…

Na afirmación sobre a “baixa calidade” do monte non só hai que recriminar que se omita a presenza dos acuíferos, senón que cómpre criticar duramente a nula sensibilidade co patrimonio arqueolóxico existente nesta zona, con numerosos gravados catalogados: complexo rupestre de Pornedo, petroglifos de Sete Camiños, as mámoas de Chan da Lagoa nº1 e nº2, a mámoa de Sete Camiños que está en proceso de catalogación… Non son “pedras do 2000” , como tan desafortunadamente as desprezan algunhas persoas vencelladas a esa Asociación, aínda que alleas á parroquia de San Xulián; senón que son vestixios cunha antigüidade superior aos 2.000 anos de historia. Noutras comunidades de montes -Salcedo, Ponte Caldelas, Cotobade…- estes elementos son inmediatamente postos en valor para darlles uso social e cultural, mentres que en San Xulián é lamentable o estado no que se atopan e o grao de ignorancia co que son considerados. Cómpre ter en conta, ademais, que ao redor destes petroglifos é obrigatorio gardar unha distancia LEGAL de seguridade de 200 metros, o que reduce máis aínda as dimensións dos supostos polígonos que, dende a Asociación Virxe dos Remedios, pretenden “patrocinar”.

Resulta chamativo o grao de coincidencia entre o discurso da Asociación Virxe dos Remedios e o discurso do voceiro municipal socialista, Francisco Veiga, no último pleno extraordinario no que se abordaron a aprobación do proxecto do PXOM e as alegacións do Concello de Marín ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais. Dende logo, non parecían ser gratuítos os aplausos dos membros deste colectivo ás palabras do edil do PSOE cando este reivindicaba: “Polígono no Pituco, xa!”. O recurso demagóxico ao drama do desemprego e ao peche de empresas, nun alarde electoralista totalmente extemporáneo, trasládase ao comunicado da Asociación Virxe dos Remedios nuns termos sospeitosamente parecidos.

En canto ás 1.192 sinaturas conseguidas nos últimos meses pola Asociación Virxe dos Remedios a prol do polígono no Pituco, nada lles ten que envexar Defende o Monte Pituco, que só en Facebook ten 1.886 adhesións, entre o perfil Monte Pituco e a páxina Salvemos o Monte Pituco. Sen contar as 211 firmas que Defende o Monte Pituco reuniu en a penas unhas poucas tardes con motivo da presentación das consideracións ao Documento Inicial do Plan Sectorial de Solo Empresarial de Galicia, en marzo de 2010. Con todas as reservas e cautelas, non sería de extrañar que apareceran sinaturas a prol do parque industrial no Pituco por parte de veciños que hai dous anos firmaron a prol da súa conservación. Como tamén é moi posible -como así nos trasladaron- que varias persoas que rubricaron ese documento o fixeran crendo que apoiaban todo o contrario, o que fai pensar nunha redacción do texto presuntamente ambigua ou confusa.

Por todas as razóns expostas, o Monte Pornedo e os Sete Camiños non son en absoluto a ubicación idónea para un polígono industrial ou plataforma loxística, como pretende convencer a Asociación Virxe dos Remedios -en diante, dos Remendos, do verbo remendar- co apoio máis ou menos velado do PSOE marinense. A ámbolos dous, Defende o Monte Pituco recomendaríalles que, para non cometer tantas imprecisións na valoración deste terreo e coñecer todo o seu potencial a nivel medioambiental, natural, paisaxístico e patrimonial, cómpre que non frecuenten tanto a horta da avoa e se acheguen máis polo monte.

Publicado por: MontePituco | 08/03/2012

SI, NO MONTE PORNEDO HAI SARAMAGANTA RABILONGA

O Monte Pornedo, no alto do Concello de Marín a carón do límite con Pontevedra, é un dos lugares privilexiados da costa atlántica onde se atopa a Chioglossa lusitanica (saramaganta galega, salamántiga, pinchorra rabilonga ou píntega rabilonga), considerada unha xoia do patrimonio natural galego e cuxa existencia, segundo os expertos, pode remontarse á era Calcolítica, hai uns 4.500 anos. Trátase dunha especie endémica que dende o ano 2005 foi declarada de interese especial e, por tanto, estrictamente protexida. Figura como animal “vulnerable” no “Catálogo Galego de Especies Ameazadas”. En Galicia está protexida polo Convenio de Berna e aparece reflexada no Real Decreto 439/1990, na Directiva Hábitat e na Lista Vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Naturaleza, nas súas siglas en inglés).

Sen embargo, o Monte Pornedo non só foi catalogado como solo industrial no proxecto de PXOM marinense, senón que ademais aféctalle directamente o proxecto de construcción da Plataforma Loxística Marín-Pontevedra, incluida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia. Durante o periodo de exposición pública deste Plan, Defende o Monte Pituco -e outros colectivos que se adheriron- presentou alegacións ao proxecto desta Plataforma Loxística que se atopa en fase de estudo, para pedir a súa retirada, tendo en conta que o estudo técnico realizado cuestiona a viabilidade da obra.

Un dos argumentos expostos por Defende o Monte Pituco -entre outros motivos de índole urbanística, orográfica, medioambiental e patrimonial- para xustificar a solicitude de desbotar esa infraestrutura, refírese precisamente á presenza na zona de Chioglossa lusitanica, que habita no contorno inmediato a un curso de auga situado no ámbito de incidencia da Plataforma Loxística Marín-Pontevedra. Ao abeiro das condicións especiais de habitabilidade que require este anfibio para sobrevivir, constatouse a presenza de exemplares de aproximadamente dous anos de vida, que construiron o seu habitat entre a vexetación sombriza e húmida do lugar.

A importancia de preservar este espazo para a necesaria conservación deste endemismo resulta reforzada por un valioso factor engadido: comprobouse tamén que o curso de auga asociado á presenza da Chioglossa lusitanica é un lugar de reprodución e cría da especie. Trátase, pois, dun punto exento de contaminación, xa que ante o máis mínimo signo de polución, as crías de saramaganta rabilonga extinguiríanse de forma irreversible neste lugar.

De aí que haxa que garantir que no futuro non se acometa ningunha urbanización de tipo industrial nesta zona, especialmente no tramo superior ao espazo onde se move este anfibio. Para DEFENDE O MONTE PITUCO, a instalación dunha plataforma loxística ou dun polígono industrial é totalmente incompatible coa supervivencia do animal e coa continuidade da súa cadea reprodutiva neste enclave tan sensible. Sería imposible garantir que un curso de auga situado nas inmediacións dun parque empresarial manteña o grao de limpeza óptimo e o caudal suficiente para non perxudicar a existencia desta especie protexida, considerada o anfibio máis ameazado de toda Europa.

Asemade, vencellados á colonia de Chioglossa lusitanica que se atopa no ámbito do Monte Pornedo, localizáronse exemplares de Dryopteris guanchica Gibby & Jermy, un fento marcado como especie vulnerable (código 105) no “Catálogo Galego de Especies Ameazadas”, publicado no DOGA do 9 de maio de 2007. Temos, pois, que neste enclave do Monte Pornedo, pertencente ao Espazo Natural Protexido dos Montes do Morrazo, atópanse xuntos senllas especies faunísticas e botánicas de gran valor medioambiental.

Ademais de alegar ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais chamando a atención sobre estes fenómenos, DEFENDE O MONTE PITUCO notificoulle ámbolos achados á Dirección Xeral de Conservación da Natureza e solicitou unha entrevista coa concelleira de Medio Ambiente de Marín, Marian Santiago.

No primeiro caso, para que dende a Xunta se adopten as medidas de control pertinentes para catalogar o Monte Pornedo como lugar de cría e habitabilidade da Chioglossa lusitanica, así como da flora que facilita as condicións idóneas para a existencia, neste contorno, deste anfibio endémico. E tamén para que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza interceda ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo, promotor da Plataforma Loxística Marín-Pontevedra incluida no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, para que se desestime este proxecto tan lesivo e perxudicial para a conservación desta especie.

No segundo caso, para trasladarlle á concelleira de Medio Ambiente de Marín o avance dun estudo que está a realizar un equipo de naturalistas marinenses sobre a presenza da Chioglossa lusitanica neste termo municipal, coa finalidade de que se poidan articular as medidas oportunas de protección dos ecosistemas nos que se localice este anfibio vulnerable, do que Galicia é o único lugar do mundo no que se atopa. Por tanto, cómpre que non sigan descendendo as cifras de poboación, tal e como veñen constatando os técnicos na materia nos últimos anos polas sucesivas agresións que sofren os habitats.

Lonxe de converterse nun inconvinte para a execución de determinados proxectos de infraestruturas que resultarían incompatibles coa protección legal desta especie, a presenza da saramaganta rabilonga pódese converter nunha oportunidade para Marín, habida conta do interese científico que suscita o seu estudo, e do que implica na mellora dos indicadores de biodiversidade natural no Concello. Isto, unido ao proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que impulsan unha vintena de colectivos sociais da bisbarra como alternativa ao polígono industrial, sería un elemento engadido para a posta en valor da zona.

Este pasado luns día 5 foi un día ben axetreado na delegación territorial da Xunta en Pontevedra, coincidindo co remate do prazo para presentar alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, o que motivou un fluído ir e vir de representantes de entidades sociais, empresariais, particulares, e institucións públicas portando os seus respectivos informes de obxeccións e consideracións. A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) e o Colectivo Nacionalista de Marín sumáronse tamén ás peticións a prol da conservación do Monte Pornedo fronte ao proxecto de instalación da plataforma loxística Marín-Pontevedra. Grazas, dende DEFENDE O MONTE PITUCO, a estas dúas entidades (sen esquecer as que citamos anteriormente: Asociación de Veciños de San Xulián, Grupo Cultural Ronsel, Asociación Cultural Almuinha e Plataforma Montes do Morrazo) por non deixar pasar a ocasión de demandarlle á Xunta unha planificación do chan industrial que teña en conta o respecto ao medio ambiente e ao patrimonio.

A APDR PRESENTA ALEGACIÓNS CONTRA O PLAN DO SOLO EMPRESARIAL DA XUNTA DE GALICIA

A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) ven de presentar alegacións contra o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, e mais concretamente a aqueles polígonos industriais propostos para a comarca de Pontevedra, que poderían afectar á Ría e mais á súa contorna. Son dúas as áreas empresariais que veñen de seren rexeitadas pola APDR: o chamado Parque Loxístico Pontevedra-Vilaboa (Código da Área 36058011) que persegue a instalación dun porto seco en terreos de ámbolos dous concellos e que afecta ás dúas beiras do río dos Gafos, e a denominada Plataforma Loxística Marín-Pontevedra (Código da Área 36026011) que pretende ocupar con solo empresarial unha zona de enorme interese pola presencia de numerosos xacementos arqueolóxicos, que inclúe o Monte Pornedo, coñecido popularmente como O Pituco.

En ámbolos dous casos apórtanse argumentos paisaxísticos, culturais, urbanísticos, e medioambientais, considerando as afeccións que un e outro proxecto terían sobre os cursos fluviais, a fauna e a flora da zona –que tanto na do río dos Gafos como na do monte Pornedo requiren dunha especial protección pola presencia de endemismos e de especies ameazadas– e o patrimonio histórico e cultural.

Para a APDR non é admisíbel a instalación de industrias en zonas nas que non só había de provocar a destrución de ecosistemas que polo seu especial interese deben seren protexidos, senón que –cos seus posíbeis vertidos- poderían repercutir dun xeito importante sobre a nosa Ría, e menos aínda se a razón única para a instalación destas industrias é a falta de solo industrial nas instalacións portuarias, agravada pola resolución do 30 de outubro de 2009 do Tribunal Supremo que anula o Plan Especial do Porto de Marín e obriga á retirada dos recheos realizados ilegalmente no citado porto. Non se pode xustificar a agresión a unhas zonas como as que nos ocupan, en base á falta de solo industrial no Porto.

Neste sentido, solicítase que se atendan as alegacións presentadas e se declare de forma definitiva inviábel a execución destes proxectos e que sexan excluídos do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola súa parte, o Colectivo Nacionalista de Marín susbsribiu as alegacións presentadas pola Plataforma Montes do Morrazo, que se resumen na seguinte nota informativa.

A PLATAFORMA MONTES DO MORRAZO SOLICITA QUE SE RETIREN OS PARQUES MARÍN-PONTEVEDRA E MARÍN-MOAÑA DO PLAN SECTORIAL

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo tal como xa dixera no seu momento presentou ante a Dirección Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas as súas alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia que preve construír até 2024 uns 42,7 millóns de metros cadrados repartidos en 119 novos polígonos que se virían sumar aos 19 millóns de metros cadrados dos 213 polígonos existentes en toda Galicia.

Dentro deste plan sectorial, aínda que con moi baixa puntuación, a Xunta inclúe dúas áreas empresariais, unha entre Marín e Moaña que, aínda ilocalizada, xuntaría os proxectos de polígonos da Pastoriza e da Cruz de Maceira; e outra entre Marín e Pontevedra, que collería parte da proposta do monte Pornedo do concello de Marín e grande parte dos terreos da Comunidade de Montes de Lourizán, no concello de Pontevedra. Ámbalas dúas áreas estarían dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo, protexido como solo rústico de especial protección de espazos naturais polas NN. SS e CC de Planeamento da provincia de Pontevedra, de especial protección forestal, de especial protección do patrimonio cultural, de augas e de infraestruturas. A Plataforma solicitou que os dous parques empresariais sexan retirados do Plan.

Estas dúas áreas recollidas neste plan sectorial non respostarían a unha demanda real como pon de manifesto que a propia Xunta e Xestur tomaran no 2010 a decisión de reducir á terceira parte o proxecto inicial de 1.500.000 de metros cadrados a recualificar (superficie análoga á suma dos parques da Pastoriza e da Cruz da Maceira e que sería incluso superada engadíndolle a do Monte Pornedo-montes de Lourizán), entre os montes de Aldán e Beluso, do Parque Empresarial e Industrial do Morrazo (PEIM) en Castiñeiras, recoñecendo que non existía tal demanda empresarial e que a crise así o condicionaba.

Mais tamén, e segundo os datos aparecidos na páxina web oficial de Xestur, unha das entidades que xestiona o solo industrial en Galicia, só na provincia de Pontevedra habería até un total de 1.463.566 metros cadrados dispoñíbeis para calquera empresa, que se sumarían aos miles de metros cadrados baleiros noutros polígonos xestionados por outras entidades e aquelas parcelas que a pesares de estar mercadas non teñen ningún tipo de instalación.

O espazo natural dos Montes do Morrazo, alén de funcionar como recurso das actividades forestais e agrogandeiras tradicionais, e das socioculturais e turísticas, constitúe o corredor ecolóxico natural e fundamental que serve para garantir a conectividade biolóxica da peninsula do Morrazo, conectando as áreas costeiras desde a Costa da Vela até os espazos interiores das terras de Pontevedra. Calquera actuación que non teña en conta a importancia deste corredor e sexa irrespectuosa co medio, como poden ser as dúas áreas empresariais proxectadas, fragmentaría a paisaxe e repercutiría gravemente na riqueza natural destes montes. Por iso desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo pedimos tamén a inclusión deste espazo dentro da ampliación da Rede Natura 2000.

Alén da grande riqueza natural que se vería afectada pola construción destas dúas áreas empresariais (carballeiras, bosque de ribeira, nacementos dos ríos da Fraga, Gorgadas-Loira, Louredo, bosques de repoboación forestal, monte comunal e privado) tamén hai que destacar que os Montes do Morrazo se caracteriza por ser un grande espazo onde existen múltiplos xacementos arqueolóxicos e onde as áreas de protección de elementos patrimoniais coma os xacementos do Calcolítico de Chan das Bolas e abrigos do Monte Agudelo, mámoa neolítica de Forno das Arcas e ruínas da Capela de San Lourenzo do século XVII se verían afectados polo parque empresarial de Marín-Moaña.

Ou o Complexo Rupestre do Pornedo (GA36026015), Petróglifos dos Sete Camiños (GA36026036), Mámoa de Chan da Lagoa nº 1 (GA36038039) e Mámoa de Chan da Lagoa nº 2 (GA36038072), a Mámoa do Catadoiro (GA36038037), a Mámoa de Sete Camiños, en proceso de catalogación, e o Abrigo Rochoso de Catadoiro en proceso de catalogación (xa se avisou á D.X. de Patrimonio Cultural e nas próximas semanas enviarán a un técnico) que se poderían ver afectados pola plataforma loxística Marín-Pontevedra.

Esta grande riqueza arqueolóxica e patrimonial á que lle habería que sumar outros xacementos arqueolóxicos como o Conxunto de gravados rupestres de Piñeiral do Caeiro (GA36026015), Conxunto de gravados rupestres do Regato dos Buratos – Outeiro da Mina (GA36038023), Petróglifo da Cachada do Vello, que se daba por perdido e que foi recentemente encontrado, Petróglifo de Pumariño (GA36038024), Complexo Rupestre da Carrasca (GA36026013), Complexo Rupestre de Champás (GA36026014), Mámoa de Cavada do Pito (GA36058004), son as razóns que motivan a un grupo de máis de 20 colectivos sociais a apoiar e traballar na creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo tamén apoia.

Tamén se verían afectados o sendeiro ecolóxico do Morrazo (GR-59), sendeiro do río da Fraga, sendeiro de Chans e sendeiro de bicis todo terreo do concello de Marín. E a Liña de Alta Tensión Lourizán-Cangas. Por último consideramos a actitude dos distintos partidos políticos a nivel local de Marín e Moaña como lamentábel, porque no seu afán localista e da man da especulación empresarial dentro dun modelo claramente insustentábel seguen insistindo, a pesares dos miles de metros cadrados baleiros noutros polígonos, en construír en solo protexido as súas áreas industriais.

Publicado por: MontePituco | 06/03/2012

ABERRACIÓN NO PXOM

A visita de María Ramallo, acompañada por dous dos seus concelleiros, ata Santiago para entregarlle persoalmente ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, as caixas que conteñen o PXOM, serviu para tomar tres fotos e para redactar un comunicado de tres frases: “O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, recibiu esta tarde á alcaldesa de Marín, Pilar Ramallo, quen presentou no Rexistro da Xunta o documento de Plan Xeral de Ordenación Municipal. Neste encontro, o conselleiro de Medio Ambiente trasladoulle a absoluta e total colaboración dos responsables e técnicos da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para que Marín poida sumarse aos 21 concellos galegos que acadaron a aprobación ao seu planeamento no que vai de lexislatura. Dende o Goberno galego ofrecerase a máxima colaboración da Administración para que a aprobación do Plan Xeral sexa unha realidade no menor prazo posible”.

Ofrecerlle a un concello a “absoluta, total e máxima” colaboración para dotalo dun Planeamento é algo que, sen embargo, se lle debe presupoñer á Administración, independentemente da cor política das partes; especialmente cando o municipio acredita que fixo os “deberes” no que respecta á redacción dun documento que respecta a normativa urbanística vixente. No caso de Marín, se “haberemus” PXOM ou non, é algo que está xa en mans da Xunta, aínda que todo apunta a que, á enésima, vai ser a vencida. “Haberemus”, entón, un PXOM que, malia contar coas bendicións católicas, apostólicas e romanas, comete unha aberración ao catalogar o Monte Pornedo como solo industrial. E a culpa non foi do cha-cha-chá; a culpa foi do consenso.

Publicado por: MontePituco | 05/03/2012

‘COMO DICIAMOS ONTE…’

Pasou entre barrotes os cinco anos que durou o proceso que abriu contra el a Inquisición e, tras ser finalmente absolto, volveu á súa cátedra na Universidade de Salamanca. Din que naquela primeira clase, tras un lustro de ausencia forzada, Frai Luis de León dirixiuse aos seus alumnos cunha frase que hoxe invocamos: “Como diciamos onte…”

Non foron cinco anos, senón sete días, os que o blog Defende o Monte Pituco permaneceu aletargado. Podiamos estar tomando chiquitas na taberna e invitando a media parroquia para convencer a veciñanza das múltiples bondades que traería a construcción dun polígono industrial no Monte Pornedo, nos Sete Camiños ou na copa dun pino. Podiamos estar conspirando polos camiños máis recónditos ou aplaudíndolle ao PSOE polas súas extravagantes ocorrencias como fan outros que antano lle aplaudían ao PP e lle tendían a alfombra vermella despois de cada pleno. A través das redes sociais e agochados impunemente detrás dunha identidade ficticia, podiamos estar verquendo unha noxenta campaña difamatoria e de desprestixio persoal e profesional coma a que aturou quen teclea estas modestas liñas…

…Pero non bebemos en horas de servizo, nin somos uns revirachaquetas, nin tampouco uns cobardes. Se esta semana estivemos ausentes -coma aquel humanista, escritor e profesor agustiño do século XVI- foi porque estivemos traballando arreo para entregar hoxe, no derradeiro día do prazo oficial, as alegacións de Defende o Monte Pituco ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais en contra do proxecto de instalación da Plataforma Loxística Marín-Pontevedra, xustificando os motivos técnicos, urbanísticos, medioambientais, patrimoniais e sociais polos cales esta proposta inviable se debería retirar do Plan Sectorial.

O Concello de Marín tamén presentou as súas alegacións a este Plan Sectorial, pero xusto no sentido contrario: para demandar que se incrementara a nota coa que foi avaliado. Sen embargo, o informe técnico que lle elaborou ao Goberno local o equipo redactor do PXOM, á parte de intentar coar algunha que outra mentira, só conseguiu exprimir un punto máis dos 72 que marcaba o estudo de viabilidade inicial. Para esta viaxe non facían falta tantas alforxas.

Grazas aos colectivos que se adheriron ás alegacións a prol da conservación do Monte Pornedo e da súa contorna: Asociación de Veciños de San Xulián, Grupo Cultural Ronsel, Asociación Cultural Almuinha, Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Comunidade de Montes de Lourizán, Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres…

Mal que lles pese á Comunidade de (des)Montes de San Xulián e á Asociación Virxe dos Remedios (que malia a súa advocación relixiosa é do máis anticlerical e recalcitrante do habido e por haber) cos seus respectivos acólitos, seguiremos IN-FOR-MAN-DO.

Publicado por: MontePituco | 26/02/2012

ACTUALIZACIÓN DA SECCIÓN DE ‘FLORA’

No Alto do Pornedo hai exemplares de “paxariño”, un endemismo do noroeste ibérico. Tamén hai plantas con propiedades naturais: a “porqueira” é purgante; a “cardencha” é diurética, igual que a “vara de ouro”, que tamén é astrinxente. Ademais, dáse o “sanguiño”, que antano se usaba para curtir coiro. E entre as curiosas, as “barbas de raposa”, que parasitan sobre outras especies.

Na sección de FLORA, que se atopa na fila horizontal superior deste blog, pódense ver e ler as imaxes e as descricións destes exemplares, extraídos da “Guía das plantas de Galicia”, de Xosé Ramón García (Xerais, 2008).

Publicado por: MontePituco | 25/02/2012

…PIDE UN DESEXO

Pide un desexo… e sopra!

POLÍGONO, NON!

 

ESMERALDA

Herba pequerrechiña

que con medo sorrís

ó sol que vai nacendo

e morrendo sen ti,

¿por que de ser pequena

te me avergonzas ti?

¡O Universo sería

máis pequeno sen ti!

(“Nimbos”, Xosé María Díaz Castro. 1961)

Publicado por: MontePituco | 24/02/2012

ROSALÍA, 175 ANOS

“Cando a luniña aparece

i o sol nos mares se esconde,

todo é silencio nos campos,

todo na ribeira dorme.

Quedan as veigas sin xente,

sin ovelliñas os montes,

a fonte sin rosas vivas,

os árbores sin cantores…”

(de “Cantares Gallegos”, 1863)

ROSALÍA DE CASTRO: Santiago, 24 de febreiro de 1837 – Padrón, 15 de xullo de 1885.

Faro de Vigo: “Ninguno de los terrenos para el área logística se ajusta a las exigencias del sector portuario“.

Una superficie mayoritariamente llana, en un radio máximo de diez kilómetros del Puerto de Marín, urbanizada y, sobre todo, que disponga de enlaces directos con la RED FERROVIARIA y con una autopista o autovía que facilite el movimiento de mercancías. Estas son las condiciones ineludibles que establecen los empresarios dedicados a la actividad portuaria para crear una plataforma logística vinculada a esta recinto, pero hasta el momento “NO APARECE UNHA OPCIÓN SUFICIENTEMENTE ATRACTIVA”, según admite el presidente de la Autoridad Portuaria, José Benito Suárez Costa.

Añade que en estos últimos meses, las empresas y el propio Puerto han analizado muchas de las alternativas propuestas hasta ahora (desde MONTE PITUCO hasta Leborei) pero en todos los casos se ha comprobado que NINGUNA CUMPLE plenamente aquellas condiciones exigidas. En unos casos la lejanía del tendido ferroviario, en otros, un territorio abrupto y en pendiente y en algún otro las dificultades para urbanizar o de carácter ambiental suponen obstáculos y trabas que impiden que una ubicación concreta reúne por completo todos los requisitos.

El Concello de Marín defiende el emplazamiento en su municipio, con Monte Pituco y Pastoriza, pese a que el Plan Sectorial de Áreas Empresariales de la Xunta los considera “INVIABLES“. Pontevedra propone Leborei, en Cerponzóns, que no aparecen en el documento autonómico. El citado Plan únicamente cita la propuesta de Tomeza-Bértola del PP_local, si bien le otorga una viabilidad muy limitada por su afección sobre el río de Os Gafos.

El presidente portuario insiste en que la conexión ferroviaria de la plataforma logística es “vital” para su viabilidad, hasta el punto de que sin ese enlace “no serviría para nada”.

Faro de Vigo: “Componentes eólicos y el tráfico de fruta del Pacífico, entre los sectores emergentes de negocio en el Puerto“.

…O ARTIGO QUE SEGUE, É PARA REFRESCAR MEMORIAS FRÁXILES E DESBANCAR VOCES MANIPULADORAS

“…La opción del Monte Pituco, recordaba ayer el presidente de la Autoridad Portuaria, José Benito Suárez, fue “DESECHADA en 2000″, debido al DESNIVEL del terreno que lo hacía INVIABLE“. (Faro de Vigo, 18 de novembro de 2009).

Publicado por: MontePituco | 22/02/2012

PLATAFORMA LOXÍSTICA? NO PITUCO, NON

Faro de Vigo: “Pontevedra y Marín reclaman un área logística para el puerto tras la sentencia de Tradepana

El Concello pontevedrés cree ofrece “la mejor opción posible” para este área empresarial en la zona de Leborei, en la parroquia de Cerponzóns, con una disposición de superficie de casi medio millón de metros cuadrados ampliables. Para Louro, a día de hoy “nadie puso sobre la mesa un emplazamiento mejor” por lo que asegura que “si la Xunta y la Autoridad Portuaria quieren trabajar seriamente para resolver este tema encontrarán en la Concejalía de Urbanismo y en el Concello de Pontevedra la máxima colaboración”.

El concello marinense plantea desde hace tiempo dos espacios para esta posible área logística portuaria como son Monte Pituco (entre Marín y Pontevedra) y Pastoriza (entre Marín y Moaña). Ambos figuran en el Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariales de Galicia pero con UNA PUNTUACIÓN MUY BAJA que los convierte en polígonos “INVIABLES”. Un plan que deja a Marín y a O Morrazo casi sin la posibilidad de desarrollar un solo metro de suelo industrial. Ramallo explicó que el Concello de Marín ya ha formulado ALEGACIONES para definir y delimitar mejor estos parques (sobre todo en el caso Marín-Moaña) de tal forma que se RECONSIDERE esta baja calificación y se conviertan en proyectos VIABLES.

El Concello de Pontevedra también ALEGÓ pidiendo la inclusión en este plan Sectorial del parque de Leborei y que se RETIRE la posibilidad de desarrollar un área logístico en Tomeza así como la de MONTE PITUCO.

Medio en broma, medio en serio, a Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres augura que ao Concello de Marín acabaranlle embargando un pedazo da Finca de Briz, unha parte ben xeitosa da Alameda ou mesmo un anaco do propio edificio da Casa Consistorial para pagarlle a este colectivo polas indemnizacións que lle corresponden a raíz das sucesivas sentenzas nas que se ratifica a precaria situación urbanística de varias empresas situadas no recinto portuario, a raíz do fallo inapelable do Tribunal Supremo en outubro de 2009 que anula o Plan Especial do Porto. A última confirmación de que a Plataforma de Placeres levaba razón aféctalle á nave de Conxelados Cabomar, antiga Tradepana, da que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordena a súa demolición.

Toda a maquinaria xurídica do Concello de Marín estuda agora as posibles vías legais para conseguir a legalización deste macrogalpón, a cuxos propietarios lles correspondería unha considerable cuantía económica polo lucro cesante. É o que acontece cando se toman decisións erradas e precipitadas que posteriormente cómpre parchear con medidas extraordinarias, improvisadas sobre a marcha nun intento desesperado por non quedar -con perdón- con salva sea a parte ao aire. 

En Defende o Monte Pituco tamén queremos evitar que se cometa un atropelo de consecuencias e dimensións impredecibles coa instalación dun polígono industrial ou plataforma loxística nun espazo que non reúne as condicións básicas. Hormigonouse a ribeira; non podemos permitir que se hormigone tamén o monte, co argumento demagóxico e sacado de contexto de favorecer o mantemento dos postos de traballo e dinamizar a creación de emprego.

Porque os erros do presente serán a ruína do futuro, como quedou demostrado no caso do paso da vía do tren pola praza dos Placeres. E unha sociedade intelixente non lle pode consentir á clase política que se escude na “inexecutabilidade” dunha sentenza para xustificar a manga ancha coa que actuou antano: obviando informes de impacto ambiental preceptivos, convertendo o branco en negro e o negro en branco a base de forzar ata límites dificilmente razoables a interpretación da lexislación vixente.

Publicado por: MontePituco | 21/02/2012

XORNADA SOBRE ENERXÍA EÓLICA

A Plataforma Montes do Morrazo integra a varios colectivos veciñais, ambientais e deportivos na defensa desta zona contra a instalación dun parque eólico no contorno de Pedras Negras. Nesta reportaxe emitida en Vía TV, dous representantes da Plataforma Montes do Morrazo detallan os perxuízos que tería esta infraestrutura, reivindican que este espazo natural se integre na Rede Natura, e critican que a Xunta “pon á venda” o territorio galego para que as grandes empresas, “independentemente da protección legal, sigan tirando beneficios a costa do medio ambiente”.

Por outra banda, a Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro convoca para este sábado 25 de febreiro unha XORNADA DE ESTUDO E REFLEXIÓN SOBRE A ENERXÍA EÓLICA. O encontro celebrarase no Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado), na Rúa Areal nº 46, en Vigo. De 17:00 a 20:00 horas desenvolveranse unha serie de palestras para pasar posteriormente, de 20:00 a 21:00 horas, a unha mesa redonda.

Varios expertos exporán os beneficios económicos da enerxía eólica, analizarán a avaliación do impacto ambiental desta enerxía, e falarán da evolución da implantación da enerxía eólica en Galicia. Farase unha comparativa entre a situación en Galicia e o caso da Comunidade Valenciana. Durante a mesa redonda confrontarase a explotación eólica por empresas multinacionais coa explotación da enerxía eólica como enerxía alternativa, fronte aos combustibles actuais non renovables.

-1ª charla: EMILIO MENÉNDEZ. Universidade Autónoma e Politécnica de Madrid. – ENERXÍA EÖLICA EAVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL.

-2ª charla: DAMIÁN COPENA. Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo – A ECONOMÍA DA ENERXÍA EÓLICA E SOBRE A GUÍA PARA PROPIETARIOS DE TERREOS AFECTADOS POR PARQUES EÓLICOS.

-3ª charla: XOSÉ VEIRAS. Verdegaia – A IMPLANTACIÓN DA ENERXÍA EÓLICA EN GALICIA.

-4ª charla: MARIANO TOMÁS. Activista do movemento “Contra parques eólicos de Valencia” – A LOITA VALENCIANA CONTRA PROXECTOS DE ENERXÍA EÓLICA.

-5ª charla: IVÁN NOVOA. Técnico instalador de enerxías renovables –EÓLICOS DE PEQUENA POTENCIA E USOS COMPLEMENTARIOS DOS RECURSOS ENERXÉTICOS.

-6ª charla: PAULA VIDAL. Amigos da Terra – A EXPERIENCIA DO CENTRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL “AS CORCERIZAS”

A Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro está formada polas seguintes organizacións: ADEGA, A Ría Non de Vende, AGA (Asoc. Galega Apicultura), Amigos da Terra, Asoc. A Groba, Asoc. Berra Val Miñor, Asoc. Festa da Prehistoria, Asoc. Mundo Minero, Asoc. Pena Cabalaria, Asoc. Pedraghullo, Asoc. Permacultura Eiras do Miño, Asoc.Trece Catorce, A.A.V.V. Casco Vello de Vigo, A.A.V.V. de Chenlo, A.A.V.V. de Valadares, A.A.V.V. de Vincios, C.C. As Pedriñas,C.M.V.M.C. de Couso, C.M.V.M.C. de Chaín, C.M.V.M.C. de Valadares, C.M.V.M.C. de Vincios, C.M.V.M.C. de Zamáns, Club Escalada Montaña Azimut, Clube Espeleolóxico Mauxo, Club Montañeiros Celtas, Clube Peña Trevinca M.G., Clube de Montaña Xistra, C.S. A Faisca, C.S. A Revolta, Federación A.A.V.V. Eduardo Chao-Vigo, Federación Galega Montañismo, IEM (Instituto de Estudos Miñoranos), Outrovigoéposible, Plataforma Defensa da Ría Cíes, Salvemos Monteferro, SOS Groba, Verdegaia.

(PROGRAMA EN PDF)

Publicado por: MontePituco | 20/02/2012

UN POSIBLE CASTRO NO PORNEDO?

“En Carballeira, en el lugar conocido como Pornedo, aparecían construcciones circulares, hoy destruídas”.

“Adiciones a la Carta Arqueológica de la provincia de Pontevedra. El Museo de Pontevedra. Tomo XIII. Revista do Museo Provincial de Pontevedra”. Xosé Filgueira Valverde (1959).

Este testemuño é unha referencia oral recollida por Filgueira Valverde que podería indicar que quizais no Alto do Pornedo, asociado aos gravados rupestres que se conservan na zona, puido ter existido un castro -“construcciones circulares”, di o texto-.

O castro da Subidá, por tanto, podería non ser o único poboado prehistórico do que hai indicios materiais. Sería oportuno tirar do fío desta pista documental que se atopou nunha das publicacións do Museo de Pontevedra para verificar se no Pornedo houbo tamén un asentamento castrexo, á vista das boas condicións xeográficas deste privilexiado enclave sobre a ría.

Precisamente, nestes días, a Deputación de Pontevedra volve dar un paso adiante máis na súa aposta pola recuperación do patrimonio. O organismo provincial impulsou a recuperación o castro da Lanzada, e actualmente realízanse traballos no xacemento do monte do Castro, en Ribadumia. A estas actuacións súmase agora un Plan Director de Xacementos Arqueolóxicos da Provincia que se vai elaborar englobando os 15 castros visitables, entre os que figura o da Subidá.

Somos conscentes de que o PATRIMONIO”, dixo o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, na presentación desta iniciativa, “é un RECURSO FUNDAMENTAL na nosa provincia, como ATRACTIVO TURÍSTICO e como VALOR ENGADIDO para a ECONOMÍA e o EMPREGO”.

Iso mesmo se lle transmitiu hoxe á concelleira de Cultura de Marín, Beatriz Rodríguez, nunha xuntanza que mantivo con representantes da comisión técnica que impulsa o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, e da que xa se dará conta neste blogue.

Louzán destacou que a riqueza patrimonial é un recurso fundamental como atractivo turístico e como valor engadido para a economía e o emprego

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ELABORA UN PLAN DIRECTOR DE XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DA PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra está a realizar un Plan Director dos Xacementos Arqueolóxicos da provincia para catalogálos e determinar o estado no que se atopan tanto os que xa foron excavados como os que precisan algunha intervención de sinalización ou de maior calado. O Plan Director diferenciará sete tipos de intervencións, según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da institución, Rafael Louzán.

Un equipo de técnicos, en colaboración co CSIC e Patrimonio da Xunta, está a visitar cada un dos castros da provincia para detallar qué tipo de intervención precisan e cuantificar o importe da posible actuación. A elección duns castros, ou doutros, está en función de que o personal do Museo de Pontevedra dispoña de información deles ou de que o propio Museo dispoña de restos destes xacementos.

Unha das primeiras intervencións consistirá en realizar un levantamento topográfico en tres dimensións do castro e das diferentes estruturas aparecidas. Esta acción será levada a cabo por técnicos da Deputación coas diferentes ferramentas informáticas de tratamento de datos xeneradas con cargo ó proxecto Pousadas.

(Mapa de castros visitables na provincia de Pontevedra. Marcado cun interrogante, a ubicación do posible castro no Monte Pornedo).

15 castros visitables

En principio, o Plan centraráse nos 15 castros visitables da provincia que son os de: Castrolandín (Cuntis), Campo Lameiro, Alto da Cruz do Castro (Cotobade), Castro de Alobre (Vilagarcía), Monte Castro (Ribadumia), A Lanzada, Castro da Subida ó Cividá (Marín), Castro das Croas (Pontevedra), Monte Facho (Cangas), Castro da Punta do Muiño do Vento e Castro de Vigo (Vigo), Castro de Troña (Ponteareas), Castro de Torroso (Mos), Castro de Tui e o de Santa Tegra (A Guarda). Posteriormente, afectará a outros da provincia.

Unha das primeiras intervencións terá lugar no Monte de Santa Tegra _o segundo destino turístico de Galicia máis visitado, despois da Catedral de Santiago_ para dotalo de servizos e colaborar nun proxecto arqueolóxico e de instalación de Audioguías que pretende a reconstrucción virtual do sector sur do castro e do propio xacemento castrexo, tamén para discapacitados.

Na súa comparencia de prensa, Louzán destacou que a Deputación quere potenciar a riqueza patrimonial da provincia de Pontevedra por <somos conscentes de que o Patrimonio é un recurso fundamental na nosa provincia, como atractivo turístico e como valor engadido para a economía e o emprego>.

(MAPA DE CASTROS VISITABLES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA – FONTE: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA).

Publicado por: MontePituco | 19/02/2012

ENTROIDO NO MONTE PORNEDO

Disfraz de PINO-MATE.

 

… de KIWI-LIPTO.


…de TOXO-TANO.

Publicado por: MontePituco | 17/02/2012

O BNG DO MORRAZO SOBRE O CHAN INDUSTRIAL

Sempre coa demagoxia por diante, as agrupacións locais do BNG no Morrazo veñen de adoptar unha estrana estratexia sobre como se debería xestionar o solo industrial. Pero o BNG da bisbarra chega tarde, mal e arrasto a “salvarnos” da crise, porque a crise xa comezaba a “asomar a patiña” cando eles tiñan responsabilidades políticas, tanto a nivel autonómico como local, e daquela non achegaron ningunha medida válida para afrontala. E veñen agora aireando -dun xeito un tanto impúdico e morboso- as dramáticas cifras do paro, metendo o dedo na chaga supurante e infectada das empresas en concurso de acreedores ou envoltas na sangría dos expedientes de regulación de emprego, e invocando a desesperación das familias que carecen dos ingresos necesarios para vivir con dignidade. E con eses argumentos tan recorrentes e sensibles para os tempos difíciles que nos toca vivir, temos que tragar as receitas presuntamente milagreiras do BNG do Morrazo, que nos han traer riqueza e felicidade a esgalla.

O BNG do Morrazo ten un serio problema de personalidade, de coherencia coa ideoloxía que representa, de rumbo, en definitiva. Durante anos caracterizouse por criticar duramente a política errada dun PP ao que acusaba de fomentar a proliferación -coma cogomelos- de polígonos industriais nos lugares máis recónditos, atribuíndo esta medida ao favorecemento da especulación e do amiguismo, e criticando a falta de planificación urbanística que derivaba nunha desvertebración territorial.

Agora cambiaron as tornas e vén sendo o mesmísimo BNG o que, non conforme con apostar pola dotación dun gran polígono industrial na bisbarra, di que tamén hai que construir micropolígonos duns 50.000 metros cadrados en cada concello. Así concibe o progreso o BNG do Morrazo: convertendo o país nun queixo gruyer, furando en todo canto concello haxa nun delirante exercicio do “café para todos”… Porque podemos extrapolar que se esta é a política que defende o BNG do Morrazo, tamén na bisbarra de Pontevedra, e na do Salnés, e na de Caldas, e na de Terra de Montes, e na do Condado-Paradanta… os respectivos BNG’s poden estar demandando máis do mesmo. Deberían aprender conceptos como sostibilidade e, sobre todo, ter máis memoria.

…Máis memoria dos principios que enarbolaron antano con tanto brío, e máis memoria inmediata das declaracións que fan os propios integrantes deste partido, ou dos artigos que publican na prensa. Máis que nada, para non quedar publicamente en ridículo, para non xerar confusión no electorado que merecidamente lle deu as costas nas eleccións. Porque somos escravos das nosas palabras, e as de Xosé María Vilaboa no Faro de Vigo do pasado 9 de febreiro, entran en clarísima contradición coa historieta que vén de contarnos o cuarteto Blanco-Millán-Lobeira-Fernández:

“…O Consello da Xunta aproba un Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais no cal se recollen 600.000 metros cadrados de chan empresarial para todo o Morrazo! Se repartimos esa superficie entre os cinco concellos que forman a península saímos a 120.000 metros cadrados por concello. Como deberiamos chamarlle? Nanopolígonos?”

A súa camarada de filas no BNG de Marín, Pilar Blanco, criticaba nesa rolda de prensa que “a alcaldesa María Ramallo, apoiada por Feijóo e polos alcaldables do PP, insistiu no polígono da Pastoriza como gran solución, un proxecto que agora a Xunta declara inviábel”. E non di nada Pilar Blanco da inviabilidade dun polígono industrial no Monte Pornedo, ese lugar situado en plena fachada marítima do Concello a carón do límite con Pontevedra, onde o BNG de Marín -durante a longa tramitación do PXOM- discurriu crear un polígono industrial de 700.000 metros cadrados, e onde a Xunta tamén acaba de determinar que non procede semellante infraestrutura?

Ningún artigo dos publicados na prensa, nin sequera o comunicado do BNG, fala da aposta que fixo o BNG de Marín pola instalación dun polígono industrial no Monte Pornedo, tal e como está recollido no PXOM que está a piques de aprobarse despois de moitos tiras e afrouxas. E sen embargo, no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais o proxecto da plataforma loxística Marín-Pontevedra ten tanta puntuación como o parque empresarial Marín-Moaña, cunha diferenza: a orografía do Monte Pornedo é máis escarpada que a de Pastoriza e a puntuación que o Plan Sectorial lle dá nese apartado é un tremendo ceropatatero.

Por que Pilar Blanco alude ao PP cuestionando a instalación dun polígono en Pastoriza, que a Xunta declara inviable, e non di nin ren do polígono deseñado polo BNG no Pornedo, que a Xunta tamén declara inviable? Sen dúbida, para non poñer en evidencia o estrepitoso fracaso da súa política urbanística na anterior lexislatura municipal. Por que Xosé María Vilaboa menta que nin o polígono do Pornedo nin o de Pastoriza son viables, pero só ataca a proposta do PP de crear chan industrial en Pastoriza e logo volve “erre que erre” a defender o da Brea? Evidentemente, para presentarse como víctima das decisións do PP e eludir as responsabilidades derivadas dos seus propios erros políticos.

Agardamos impacientes polo resultado dese brillante estudo que o BNG do Morrazo ten encargado para determinar onde, segundo eles, habería que ubicar eses micro-nano-polígonos de 50.000 metros cadrados en Marín, Bueu, Vilaboa, Cangas e Moaña. Namentres, para paliar o grave problema de memoria que ten este partido, lembrarlles as palabras do seu compañeiro de filas e concelleiro de Ordenación do Territorio no Concello de Pontevedra, César Mosquera, sobre o proxecto da plataforma loxística Marín-Pontevedra:

“…Nós opoñémonos frontalmente, a viabilidade que ten é moi pouca. Viabilidade xa non ten porque se manteñen a puntuación… É que alí ten unhas pendentes tremendas, ten protección arqueolóxica, ten impacto visual sobre a ría tremendo. Tenas todas! Agora, se o Concello de Marín non encontrou outro sitio… No Morrazo, francamente, non nada é fácil. Non vou entrar a valorar se fixeron ben ou mal, se estudaron ben ou mal. Imaxino que isto vén inducido tamén a veces por decisións arrastradas por cuestións técnicas: igual o equipo redactor do plan pintou eso, non sei. O Concello de Pontevedra, o seu posicionamento é que eso, non! Hai sitios de sobra para poñelo bastante mellores que ese. Hai aí unha cantidade de restos arqueolóxicos tremendos, iso polo menos é o que figura”.

E para rematar, compartimos os comentarios publicados por dous “facebook-amigos” do Monte Pituco sobre estas constantes contradicións nas que caen os dirixentes do BNG de Marín, que cada vez que abren a boca ou lle dan á tecla, provocan asombro e incredulidade a partes iguais:

“Iso pasa cando unha formación política perde o rumbo, o sentido de país, e a defensa dun proxecto coherente, e se embarca ao seguidismo interesado de calquera movemento veciñal, mesmo que sexa aberrante, con tal de arrapiñar unha presadiña de votos”.

“Non saben o que queren, agora todos queremos un polígono ao lado da casa, aínda que non haxa un can para facer empresas, así lle vai ao de Meis. E despois outros aspectos que se poderían explotar sen afectar o entorno, déixanos de lado. Nótase ben que o BNG de Marín, ten as ideas “claras”, así lle vai nas urnas, e así lle seguirá indo. O BNG da comarca do Morrazo tiña que recapacitar, xa que nuns lados di unha cousa, está a favor da Plataforma Montes do Morrazo, e despois noutros lados está en contra do Monte de Pornedo, onde apoiaba facer un micropolígono deses, un espazo rico en recursos Naturais e Arqueolóxicos, Monte Pituco, Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que se podería explotar como fan noutros sitos, coma en Asturias, Cantabria e Pais Vasco. E despois eles din que son os que defenden a nosa cultura, as nosas tradicións e o noso pobo. Polo que se está vendo, non saben nin o que queren nin o que defenden, debe ser segundo lles dea o aire. En Castellón fan aeroportos para pasear os veciños, e aquí algúns políticos, e algúns comuneiros que vén unha oportunidade para levar cartos coas expropiacións, queren facer polígonos sen naves para que os veciños poidan pasear, que o de facer aeroportos xa esta moi visto”.

Publicado por: MontePituco | 16/02/2012

CHAN INDUSTRIAL: SUMA E SEGUE

Na páxina Rurales y Urbanitas, do foro Marinenses, o último artigo de Erasmo sobre o polémico asunto do chan industrial.

EL SILENCIO NO ES RENTABLE

El principal problema de Marín -como casi siempre ha sido- somos los marinenses, por mucho que invoquemos excusas de que nuestros males dependen solo de los otros. Al menos en lo que se refiere a la parte económica. Leo por ahí que la asociación “Estrela de Marín” va a protagonizar uno de estos días un apagón comercial y leo también que el concejal Vilaboa se estrena en el Faro con un artículo sobre los polígonos industriales.

Vayamos por partes, dicen los de “Estrela de Marín” que el apagón se va a llevar a cabo para reivindicarse, o sea utilizan el verbo “reivindicar” y el pronombre “se”, lo que convierte la oración en una acción reflexiva, por lo tanto realizada y recibida a la vez por el sujeto que en este caso son los comerciantes de Marín. Y lo van a hacer bajo el lema “Unha cidade sen comercio é unha cidade sin vida”. Faltar no les falta razón. Lo que sucede es que a continuación hay que preguntarse por qué el comercio en Marín está tan mal. A lo mejor no es culpa solo de los que no compran aquí sino de que algunos –no todos- de los comercios de Marín no son lo suficientemente competitivos para subsistir. En economía y más cuando se trata de sacar adelante una empresa, la mayoría de las veces el no renovarse es morir, lentamente, sí, pero morir al fin y al cabo. Pero renovarse implica cambiar, invertir, innovar, arriesgar, y esto, claro, ya no es un problema de los otros, los que no compran, sino de los comerciantes que, al fin y a la postre, no saben comercializar adecuadamente sus productos, bien porque prefieren seguir como están bien porque no tienen más luces para re-no-var-se. Naturalmente, el consumidor, que es libre de comprar donde le apetezca, prefiere desplazarse a otras localidades –preferentemente a Pontevedra, Vigo y hasta incluso Portugal- porque lo que va a comprar le resulta más exitoso o por cuestión de gusto o por razones de índole económica.

Pero de lo que no tengo duda es que el comercio de Marín seguirá languideciendo si la economía de nuestra comarca no se revitaliza, por lo tanto si no crece. Los de “Estrela de Marín” han tenido muchas oportunidades para reivindicar este crecimiento económico que pasa, ineludiblemente, por generar suelo industrial para que no se vayan las empresas de Marín a otros lugares y para que vengan empresarios de afuera a instalarse en nuestra comarca. Eso, tan sencillo, pero tan complicado por lo que se ve en Marín, es lo que genera riqueza, aumento de población, ocio, cultura, más recaudación de impuestos societarios y, en definitiva, crecimiento económico y por tanto seguridad para el futuro. Aún hoy es el día en que el comercio de Marín, asociado en torno a “Estrela de Marín”, debería actuar como un lobby y no lo ha hecho, que es para lo que también debe servir, para que Marín cuente con un parque empresarial como le corresponde. Al menos, esa reivindicación permanente de los comerciantes yo la he echado en falta durante los últimos años y sigo echándola en falta también ahora. Pero el comercio de Marín no es el único que ha estado callado, lo han estado importantes empresarios de la comarca de Marín que no han hecho tampoco nada por esta cuestión. Los únicos que se han mojado en este asunto han sido los partidos políticos y, por desgracia para todos los marinenses dada su división, bastante mal vistos los resultados cosechados.

Pero aún es tiempo de rectificar, llegamos tarde pero es posible que lleguemos a salvar los muebles si las cosas se hacen bien a partir de ya, se rectifican graves decisiones pasadas que ahora se ve que han resultado totalmente erróneas y nos ponemos a trabajar seriamente en ello. Y, por supuesto, “Estrela de Marín” claro que tiene algo qué decir y que debe decir públicamente, lo mismo que otros colectivos empresariales y me estoy refiriendo directamente a empresas como Nogueira, Nores y otros armadores, sector de la construcción, industria, de servicios o de la hostelería. El silencio no es rentable. No hay nadie que pare a un pueblo hasta conseguir sus objetivos –siempre que estos sean buenos para el bien común- si este está unido y tiene las cosas claras para alcanzarlos.

Lo primero que tenemos que despejar es la duda de dónde queremos que vaya instalado un parque empresarial. Hasta ahora no se ha hecho y lo que se ha hecho no nos conviene. Primero fueron los minipolígonos, desechados por la fuerte oposición vecinal, luego o paralelamente Monte Pituco, ahora con baja calificación por razones arqueológicas, culturales y orográficas, sobre todo. Solo nos queda un lugar donde intentar esta empresa que nos atañe a todos los marinenses y este lugar es Pastoriza o en su entorno.

“La nueva fórmula se produce en medio del debate surgido en la ciudad a raíz del plan sectorial de la Xunta sobre suelos empresariales, un documento que descarta la creación de plataformas de este tipo en Marín”.

He leído con atención el artículo que escribió el concejal Vilaboa en Faro de Vigo hace unos días bajo el título “Quedar sin polígono”. Y es posible hasta que Marín se quede sin ningún parque empresarial –si no se rectifica a tiempo, insisto-, pero tengo que añadir que si ello no fuera posible, Vilaboa, su grupo político, BNG, y el PSOE serían los principales culpables de esa situación. También el PP, por no poner toda la carne en el asador y por pastelear durante tantos años con esta cuestión. Exculpo totalmente a Mar-In, que ha sido el único grupo representado en el Concello que de siempre ha tenido las cosas claras. Ahora bien, el PP puede y debe retomar este tema –me consta que lo está haciendo- para enderezar este entuerto y para conseguir que sea Pastoriza el lugar donde se instale. Y a los señores del PSOE y del Bloque no les va a quedar más remedio que apoyar esa iniciativa. Porque es o esto o nada. Ni sus conmilitones en el Ayuntamiento de Pontevedra apoyan Monte Pituco, así que no tienen otra salida: o apoyar Pastoriza o hacer el ridículo.

Miren ustedes hoy he leído en el Faro que el Ministerio de Fomento incluye a Pontevedra como nudo logístico de la Red Europea de Transporte. Y esto se debe, por supuesto, al Puerto de Marín. El horizonte de este gran proyecto que coordina los enlaces ferroviarios, viarios, de puertos y aeropuertos es hasta el año 2050. Esto es infinitamente más importante que el Arela y que diez “arelas” juntos. Sin el Puerto de Marín esto no sería posible. Mis preguntas son: ¿estamos dispuestos los marinenses a permitir que las empresas que podríamos atraer hacia nuestra comarca se vayan a otros lugares? ¿Estaríamos dispuestos los marinenses a renunciar a que los impuestos que esas empresas pagan en nuestro Concello lo hagan en otros? En definitiva, ¿estaríamos dispuestos los marinenses a renunciar a nuestra principal industria como garante de nuestra economía, la de nuestra generación y la de los más jóvenes, en el presente y en el futuro? Esto es lo que tenemos que preguntarnos y la defensa de nuestros intereses es lo que tenemos que demandar de nuestros representantes.

El Ayuntamiento de Pontevedra reclama Cerponzons como puerto seco. De ser así, allí se trasladarían muchas empresas si no todas las que ahora tienen problemas de ubicación en el Puerto. Algunas de esas empresas cotizan ahora en el Ayuntamiento de Marín y otras en el de Pontevedra. De llevarse a cabo los planes capitalinos, es probable que todas coticen en Pontevedra. No hay otra alternativa que apostar por Pastoriza. En esta casa han salido voces en contra, no ya de Pastoriza, sino de cualquier otra ubicación. Me parece bien y lo respeto porque hay personas a las que les asusta el cambio y el progreso. Prefieren ser más bien conservadoras aunque para ello no argumenten más que el no por el no. Todavía no he leído un argumento económico sólido por el que mantienen esa posición inmovilista y por eso espero que me rebatan seriamente el por qué no debemos tener un gran parque empresarial en Pastoriza. Después de todo lo que he escrito en este y otros foros sobre mi defensa a ultranza de Pastoriza, sigo manteniendo mis criterios basados en economías de escala, en capacidad emprendedora, en comunicaciones, en razones medioambientales y en oportunidad histórica. Seguiré argumentando sobre esto y en su momento les comentaré las contradicciones y los errores que a mi juicio se han vertido en el estudio que ha dado a conocer la Xunta.

Publicado por: MontePituco | 16/02/2012

PÁXINA TÓXICA

Sabendo -e aproveitando- as diferenzas insalvables existentes entre Defende o Monte Pituco e o BNG de Marín, a persoa que está detrás da páxina Marín E Futuro vén de copiar na páxina en Facebook do BNG marinense as acusacións tóxicas que xa se denunciaron neste blog. Que quede constancia, pois, de que segue esta intolerable campaña de difamación.

Publicado por: MontePituco | 15/02/2012

CONTRA O INSULTO E A CALUMNIA

Cando alguén carece de argumentos para defender unhas ideas e cae no insulto gratuito, na descalificación barata, na calumnia rastreira e na mentira descarada, perde calquera posibilidade, por remota que sexa, de xustificarse. Cando aínda por riba eses insultos, decalificacións, calumnias e mentiras se verquen cobardemente dende o anonimato, esa persoa queda anulada e invalidada para participar en calquera debate público, retratándose así como o reflexo da falta de principios, da ausencia de ética e da carencia de educación.

Endexamais neste blog, nin no perfil de Monte Pituco en Facebook, nin na páxina Salvemos o Monte Pituco nesa mesma rede social, se verqueu nunca ningún insulto contra persoas ou colectivos que estean a favor da instalación dun polígono industrial no monte de San Xulián. Críticas, moitas, pero rigurosamente argumentadas con datos técnicos, con fotografías e toda clase de probas contrastables para demostrar que o que expón Defende o Monte Pituco non son ocorrencias peregrinas e improvisadas, senón verdades incontestables ou opinións solidamente formadas e meditadas.

Existe unha páxina en Facebook denominada Marín e Futuro onde se ataca a un integrante deste colectivo con calificativos tan graves e ridículos como “IGNORANTE” e “SINVERGÜENZA”. A vítima deste ataque ten unha formación académica e profesional que de ningunha maneira permite que se lle poida tildar de “ignorante”. Como tamén resulta inadmisible que se lle catalogue de “sinvergüenza” por actuar de xeito firme e coherente conforme ao seu punto de vista, que é tan respectable como o de calquera outra persoa.

Aparece en escena un veciño desta parroquia, cuxa identidade non se vai desvelar por tratarse dun menor de idade, que afirma na páxina de Marín E Futuro” que o Monte Pornedo ou Sete Camiños é un sitio -citamos textualmente- “de puta madre” para instalar un polígono industrial. O mesmo veciño repite ese mesmo comentario noutra páxina chamada Marín Fala, onde tamén califica de “tontería” que Defende o Monte Pituco apoie a creación dun espazo natural e arqueolóxico nun lugar onde, según Marín E Futuro “no hay nada, como saben los vecinos”.

O único que fai Defende o Monte Pituco é rebatir con datos e enlaces a varios artigos xornalísticos a sarta de mentiras e manipulacións expostas. E ante os insultos, decídese adoptar unha medida comprensible e razoable para intentar evitar que medren en intensidade e agresividade os comentarios despectivos: dialogar co titor do menor que está publicando toda esa des-información para que cese na súa actitude e deixe de ser partícipe, e por tanto cómplice, das graves acusacións verquidas na páxina Marín E Futuro. Nesa conversa, que transcorre de forma absolutamente pacífica, o titor reacciona coa maior comprensión e comprométese a mediar para evitar que a vítima deses insultos chegue a exercer o seu lexítimo dereito a defenderse pola vía legal que proceda. Naturalmente, hai testemuñas deste encontro para corroborar o que se está relatando

Cal é a nosa sorpresa cando, curiosamente unhas horas despois, descubrimos que na páxina de Marín E Futuro se nos acusa de “amenazar” e “acosar” a este veciño. A situación non pode ser máis absurda e surrealista: bótanse os paxaros ás escopetas, dito sexa metaforicamente. A vítima dos insultos de Marín E Futuro, que comezaron -nin máis nin menos!- a principios de decembro do pasado ano 2011, é quen primeiro está padecendo unha intolerable situación de acoso, con descalificacións personais das que ten todo o dereito do mundo a defenderse, como tamén procede que se dirixa directamente ao titor de quen está manipulando e terxiversando datos que lle afectan negativamente ao labor desenvolvido por Defende o Monte Pituco.

Resulta inaceptable que Marín E Futuro teña máis que dicir, que se escude no anonimato para seguir intimidando, involucrando nos seus plans perversos a un menor de idade que -teña relación directa ou non cos contidos desta páxina- simpatiza cuns feitos que raian perigosamente no delictivo.

Ogallá os usuarios desta páxina tomen boa nota dos feitos que se veñen de expoñer neste artigo e se lle dean de baixa para non poñerse á mesma altura. Especialmente porque esta páxina é un FRAUDE: non fai propostas de futuro, só vende FUME e adícase a AGREDIR verbalmente a quen lle discrepa con datos veraces e obxectivos.

Publicado por: MontePituco | 14/02/2012

FARO E VOZ: ALEGACIÓNS AO POLÍGONO NO PITUCO

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías