Publicado por: MontePituco | 20/02/2012

UN POSIBLE CASTRO NO PORNEDO?

“En Carballeira, en el lugar conocido como Pornedo, aparecían construcciones circulares, hoy destruídas”.

“Adiciones a la Carta Arqueológica de la provincia de Pontevedra. El Museo de Pontevedra. Tomo XIII. Revista do Museo Provincial de Pontevedra”. Xosé Filgueira Valverde (1959).

Este testemuño é unha referencia oral recollida por Filgueira Valverde que podería indicar que quizais no Alto do Pornedo, asociado aos gravados rupestres que se conservan na zona, puido ter existido un castro -“construcciones circulares”, di o texto-.

O castro da Subidá, por tanto, podería non ser o único poboado prehistórico do que hai indicios materiais. Sería oportuno tirar do fío desta pista documental que se atopou nunha das publicacións do Museo de Pontevedra para verificar se no Pornedo houbo tamén un asentamento castrexo, á vista das boas condicións xeográficas deste privilexiado enclave sobre a ría.

Precisamente, nestes días, a Deputación de Pontevedra volve dar un paso adiante máis na súa aposta pola recuperación do patrimonio. O organismo provincial impulsou a recuperación o castro da Lanzada, e actualmente realízanse traballos no xacemento do monte do Castro, en Ribadumia. A estas actuacións súmase agora un Plan Director de Xacementos Arqueolóxicos da Provincia que se vai elaborar englobando os 15 castros visitables, entre os que figura o da Subidá.

Somos conscentes de que o PATRIMONIO”, dixo o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, na presentación desta iniciativa, “é un RECURSO FUNDAMENTAL na nosa provincia, como ATRACTIVO TURÍSTICO e como VALOR ENGADIDO para a ECONOMÍA e o EMPREGO”.

Iso mesmo se lle transmitiu hoxe á concelleira de Cultura de Marín, Beatriz Rodríguez, nunha xuntanza que mantivo con representantes da comisión técnica que impulsa o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, e da que xa se dará conta neste blogue.

Louzán destacou que a riqueza patrimonial é un recurso fundamental como atractivo turístico e como valor engadido para a economía e o emprego

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ELABORA UN PLAN DIRECTOR DE XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DA PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra está a realizar un Plan Director dos Xacementos Arqueolóxicos da provincia para catalogálos e determinar o estado no que se atopan tanto os que xa foron excavados como os que precisan algunha intervención de sinalización ou de maior calado. O Plan Director diferenciará sete tipos de intervencións, según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da institución, Rafael Louzán.

Un equipo de técnicos, en colaboración co CSIC e Patrimonio da Xunta, está a visitar cada un dos castros da provincia para detallar qué tipo de intervención precisan e cuantificar o importe da posible actuación. A elección duns castros, ou doutros, está en función de que o personal do Museo de Pontevedra dispoña de información deles ou de que o propio Museo dispoña de restos destes xacementos.

Unha das primeiras intervencións consistirá en realizar un levantamento topográfico en tres dimensións do castro e das diferentes estruturas aparecidas. Esta acción será levada a cabo por técnicos da Deputación coas diferentes ferramentas informáticas de tratamento de datos xeneradas con cargo ó proxecto Pousadas.

(Mapa de castros visitables na provincia de Pontevedra. Marcado cun interrogante, a ubicación do posible castro no Monte Pornedo).

15 castros visitables

En principio, o Plan centraráse nos 15 castros visitables da provincia que son os de: Castrolandín (Cuntis), Campo Lameiro, Alto da Cruz do Castro (Cotobade), Castro de Alobre (Vilagarcía), Monte Castro (Ribadumia), A Lanzada, Castro da Subida ó Cividá (Marín), Castro das Croas (Pontevedra), Monte Facho (Cangas), Castro da Punta do Muiño do Vento e Castro de Vigo (Vigo), Castro de Troña (Ponteareas), Castro de Torroso (Mos), Castro de Tui e o de Santa Tegra (A Guarda). Posteriormente, afectará a outros da provincia.

Unha das primeiras intervencións terá lugar no Monte de Santa Tegra _o segundo destino turístico de Galicia máis visitado, despois da Catedral de Santiago_ para dotalo de servizos e colaborar nun proxecto arqueolóxico e de instalación de Audioguías que pretende a reconstrucción virtual do sector sur do castro e do propio xacemento castrexo, tamén para discapacitados.

Na súa comparencia de prensa, Louzán destacou que a Deputación quere potenciar a riqueza patrimonial da provincia de Pontevedra por <somos conscentes de que o Patrimonio é un recurso fundamental na nosa provincia, como atractivo turístico e como valor engadido para a economía e o emprego>.

(MAPA DE CASTROS VISITABLES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA – FONTE: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA).


Responses

  1. Tengo en alta estima la opinión de Filgueira Valverde, al que considero con más que suficiente autoridad sobre lo que ha dicho de la cultura gallega. Si en efecto, hay probabilidad de que en Pornedo hubo en su momento un castro hay que investigar más sobre ello. Enhorabuena por la defensa del medio natural y la cultura que estás ejerciendo en esa zona.

    • Moitas grazas, Erasmo, pola túa visita e polo teu comentario. Sen dúbida, con ou sen castro, a riqueza patrimonial desta zona merece que se siga investigando. A través das redes sociais algúns expertos en Arqueoloxía e Historia estannos orientando ao respecto: uns considerando con prudencia e reservas esa referencia publicada por Filgueira Valverde na Carta Arqueolóxica do Museo de Pontevedra; outros achegando ideas para que sigamos tirando do fío. En calquera caso, cómpre seguir adiante e ignorar a quen, nestes últimos días, se afanou en verquer contra Defende o Monte Pituco unha campaña de desprestixio absolutamente inxusta e inmerecida. Saúdos.

  2. […] [ Un posible castro no Pornedo? (artigo do 20 de febreiro de 2012) ] […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: