Publicado por: MontePituco | 15/02/2012

CONTRA O INSULTO E A CALUMNIA

Cando alguén carece de argumentos para defender unhas ideas e cae no insulto gratuito, na descalificación barata, na calumnia rastreira e na mentira descarada, perde calquera posibilidade, por remota que sexa, de xustificarse. Cando aínda por riba eses insultos, decalificacións, calumnias e mentiras se verquen cobardemente dende o anonimato, esa persoa queda anulada e invalidada para participar en calquera debate público, retratándose así como o reflexo da falta de principios, da ausencia de ética e da carencia de educación.

Endexamais neste blog, nin no perfil de Monte Pituco en Facebook, nin na páxina Salvemos o Monte Pituco nesa mesma rede social, se verqueu nunca ningún insulto contra persoas ou colectivos que estean a favor da instalación dun polígono industrial no monte de San Xulián. Críticas, moitas, pero rigurosamente argumentadas con datos técnicos, con fotografías e toda clase de probas contrastables para demostrar que o que expón Defende o Monte Pituco non son ocorrencias peregrinas e improvisadas, senón verdades incontestables ou opinións solidamente formadas e meditadas.

Existe unha páxina en Facebook denominada Marín e Futuro onde se ataca a un integrante deste colectivo con calificativos tan graves e ridículos como “IGNORANTE” e “SINVERGÜENZA”. A vítima deste ataque ten unha formación académica e profesional que de ningunha maneira permite que se lle poida tildar de “ignorante”. Como tamén resulta inadmisible que se lle catalogue de “sinvergüenza” por actuar de xeito firme e coherente conforme ao seu punto de vista, que é tan respectable como o de calquera outra persoa.

Aparece en escena un veciño desta parroquia, cuxa identidade non se vai desvelar por tratarse dun menor de idade, que afirma na páxina de Marín E Futuro” que o Monte Pornedo ou Sete Camiños é un sitio -citamos textualmente- “de puta madre” para instalar un polígono industrial. O mesmo veciño repite ese mesmo comentario noutra páxina chamada Marín Fala, onde tamén califica de “tontería” que Defende o Monte Pituco apoie a creación dun espazo natural e arqueolóxico nun lugar onde, según Marín E Futuro “no hay nada, como saben los vecinos”.

O único que fai Defende o Monte Pituco é rebatir con datos e enlaces a varios artigos xornalísticos a sarta de mentiras e manipulacións expostas. E ante os insultos, decídese adoptar unha medida comprensible e razoable para intentar evitar que medren en intensidade e agresividade os comentarios despectivos: dialogar co titor do menor que está publicando toda esa des-información para que cese na súa actitude e deixe de ser partícipe, e por tanto cómplice, das graves acusacións verquidas na páxina Marín E Futuro. Nesa conversa, que transcorre de forma absolutamente pacífica, o titor reacciona coa maior comprensión e comprométese a mediar para evitar que a vítima deses insultos chegue a exercer o seu lexítimo dereito a defenderse pola vía legal que proceda. Naturalmente, hai testemuñas deste encontro para corroborar o que se está relatando

Cal é a nosa sorpresa cando, curiosamente unhas horas despois, descubrimos que na páxina de Marín E Futuro se nos acusa de “amenazar” e “acosar” a este veciño. A situación non pode ser máis absurda e surrealista: bótanse os paxaros ás escopetas, dito sexa metaforicamente. A vítima dos insultos de Marín E Futuro, que comezaron -nin máis nin menos!- a principios de decembro do pasado ano 2011, é quen primeiro está padecendo unha intolerable situación de acoso, con descalificacións personais das que ten todo o dereito do mundo a defenderse, como tamén procede que se dirixa directamente ao titor de quen está manipulando e terxiversando datos que lle afectan negativamente ao labor desenvolvido por Defende o Monte Pituco.

Resulta inaceptable que Marín E Futuro teña máis que dicir, que se escude no anonimato para seguir intimidando, involucrando nos seus plans perversos a un menor de idade que -teña relación directa ou non cos contidos desta páxina- simpatiza cuns feitos que raian perigosamente no delictivo.

Ogallá os usuarios desta páxina tomen boa nota dos feitos que se veñen de expoñer neste artigo e se lle dean de baixa para non poñerse á mesma altura. Especialmente porque esta páxina é un FRAUDE: non fai propostas de futuro, só vende FUME e adícase a AGREDIR verbalmente a quen lle discrepa con datos veraces e obxectivos.


Responses

  1. Este tipo de páxinas desautorízanse elas mesmas.
    Antes decíase: “aunque la mona se vista de seda, si mona era, mona se queda”
    Agora, que as tecnoloxías están ó alcance de tod@s e ata un chimpancé pode ter “feisbuc”, o refrán que utilizamos é: “aunque que la mona tenga facebock nunca dejará de ser mona”
    Non hai que darlle maior importancia.
    Saúdos

    • Moitas grazas pola solidariedade. Pouco máis se pode dicir dunha xente que carece do máis elemental a nivel tanto intelectual como moral. De auténtica vergoña allea. Terrible gandallada, esta que campa ás súas anchas pola rede. E aínda por riba, facéndose a vítima cando dende o principio actúa como verdugo.
      Saúdos.

  2. […] de inimigos do patrimonio foi unha alusión ao simpatizante da Asociación Virxe dos Remedios -alias Remendos- que antano se dedicaba a negar a existencia de xacementos arqueolóxicos no Monte […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: