Publicado por: MontePituco | 11/03/2012

MOTORISTAS (IR)RESPONSABLES DA DESTRUCCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO

“…Outeiro de Ombra podría acabar siendo un ejemplo más de un yacimiento destrozado por la desidia de la Administración en O Morrazo”.

Reportaxe de Marcos Gago en La Voz de Galicia.

Os nosos montes agochan a maior parte do patrimonio arqueolóxico de Galicia: castros, mámoas ou petroglifos, que ao tempo que nos permiten disfrutar co seu coñecemento, lémbrannos que a nosa cultura só será unha máis no longo camiñar da historia. Isto mesmo establece a obriga moral -e legal- de preservar para o futuro este tesouro cultural que non nos pertence; como eses monumentos funerarios que son as mámoas, feitos por unha cultura moi distinta á nosa hai máis de 4.000 anos. Hoxe en día, entre os usos do monte está o lecer: camiñar, contemplar a paisaxe, coñecer árbores, paxaros ou vestixios arqueolóxicos; transitalo en bici ou en vehículo a motor. Este uso debe ser compatible coa conservación e, a pesares do bo traballo que neste sentido levan a cabo moitas comunidades de montes veciñais, como en xeral ocorre no Morrazo, é imprescindible unha maior sensibilización cidadá. Teño visto moita xente con motos aos que lles dá igual arrasar ao seu paso un xacemento arqueolóxico. En paralelo á divulgación é preciso unha vixiancia normativa que permita sancionar a quen altera ou destrúe, porque desgraciadamente en moitos casos, saben perfectamente o que está facendo”.

Juan Castro, arqueólogo, no artigo titulado “Monte e Cultura” (La Voz de Galicia, 11 de marzo de 2012).


Responses

  1. […] Motoristas destrozan o xacimento de mámoas de Ombra en Marín montepituco.wordpress.com/2012/03/11/motoristas-irresponsabl…  por raxozorza hai 2 segundos […]

    • é unha pena que estas pedras leven aí 5 mil anos e que a ninguén se lle ocorrera delimitado ou poñer un mísero cartel… estos das motos son a ostia… en vez de ir cun carteliño para que todo o mundo o sepa… dedícanse a practicar un deporte… vaia por Dios… tiveron que pasar xusto por riba destas pedras, SERÁN DELICUENTES!!!!!

      • Hai xusto un ano por estas datas, este blog tivo que aturar unha campaña organizada e premeditada, desmedida e desmesurada, de comentarios de todo tipo, uns dende o respecto a pesar das lóxicas discrepancias, e outros directamente insultantes cando non raiando o ameazante. E todo por expoñer unha problemática REAL nun espazo de monte COMUNAL que estaba tomado por unha práctica deportiva contra a que NON TEMOS NADA EN CONTRA, sempre que se practique en circuitos autorizados e que se axuste ás normativas de seguridade. Benvidas sexan todas opinións, as positivas e as críticas tamén. Pero neste tema as posicións están perfectamente definidas e non hai máis cera que a que arde. Polo que a nós respecta, sobran as ironías, sobran as “leccións” que nos pretendan dar. E non temos máis que dicir. A nosa SOLIDARIEDADE coa Comunidade de Montes de San Tomé, á que non lle vai quedar máis remedio que rascar o seu menguado peto para sinalizar a zona con paneis que prohiban a circulación de vehículos motorizados nese espazo de alto valor patrimonial pola presenza de varias mámoas. Igualiño que as medidas que tivo que adoptar a Comunidade de Montes de San Xulián no Alto do Pornedo con respecto aos petroglifos catalogados que hai nesa zona.

  2. Estades cometendo un erro.Estades a xeneralizar coa palabra “motoristas”.A os motoristas de monte, gostalles o mont4e e respetan tanto a natureza como a xente e o seu entorno.Eu levo mais de 30 anos montando por este monte e nunca tiven problema, cando non se pode pasar por unha zoa, damos volta que hay moito monte.E como si a todos os ecoloxistas se lles tacha de “talibanes”…non se pode xeneralizar.
    Os responsables dos destrozos do monte, tendelos ahí a o lado, e xente de Marín con motos de cross (non estan matriculadas, nin levan luces, nin teñen seguro, es non creo que teñan ni carnet), pero como non levan matricula, importanlle un carallo pasar por donde sexa:mamoas, petroglifos,fincas,etc, e pagamos xustos por pecadores.E como si por andar a face-lo indio pola autopista e ir en dirección contraria, todos os conductores son culpables.Por favor, seamos civilizados e loxicos.

    • Se che molesta a palabra “motoristas”, non nos doen prendas en desculparnos pola xeralización, un tanto inxusta, pode ser. Pero os “motoristas” aos que nos referimos, EVIDENTEMENTE, sabes cales son, e por tanto consideramos que non cabe apelar ao victimismo. Ti mesmo defines á perfección cales son os “motoristas” aludidos, tanto na reportaxe do xornal como no comentario co que nos facemos eco desa información xornalística: os que causan destrozos a mantenta, que circulan en vehículos indocumentados e que eluden calquera responsabilidade polos danos que poidan causar. Benvidos sexan ao monte os motoristas que veñen disfrutar da natureza e da paisaxe. Os “motoristas” cafres poden quedar na casa. Agardamos que a aclaración sexa abondo para resolver calquera malentendido e zanxar dunha vez esta polémica estéril que non leva a ningures, se do que se trata é, precisamente, de ser civilizados e lóxicos.

  3. Esto me parece una caja de brujas ,que tedes montada os ecolijistas contra nos ,SEÑORES se se ponden chamar asi ,nos os endureiros somos DEPORTISTAS non delicuentes e COIDAMOS e AMOMOS o noso medio e contorno natural,eu levo 5 anos na moto e mas de 6 na bicicleta ,respecto e cuido o monte,aparte nos non temos por que saber ou diferenciar unha mamoa de un puñado de pedras ,se tanto keren proteger as mamoas e petrogrifos marquen a zona como e debio para evitar estes malos entendidos .
    Quero recordalles señores defensores da natureza que o monte e de todos e moi grande e creo que collemos todos sin molestarnos uns a os outros ,sin mas un cordial saludo .

    • …Mire, Cristian. Sen ánimo de crispar máis o ambiente, ímoslle facer unhas poucas aclaracións ao seu comentario.
      Primeiro, non somos ecoloxistas: somos persoas preocupadas pola conservación e o respecto ao monte fronte a unha problemática urbanística, que non é outra que o proxecto de instalación dun polígono industrial. Partindo desa base, deberiamos estar -vostedes os endureiros, e nós os veciños- no mesmo barco, posto que se constrúen o polígono, nós perdemos un monte valioso en recursos forestais, en patrimonio arqueolóxico e en riqueza medioambiental e paisaxística, e vostedes perden un espazo polo que transitar cos seus vehículos polas pistas habilitadas a tal fin.
      Segundo, para poder sinalizar unha mámoa ou uns petroglifos, ou calquera outro vestixio arqueolóxico, cómpre a autorización e a supervisión da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Patrimonio. Cómpre unha intervención arqueolóxica en profundidade que non se fai de calquera xeito chapuceiro, senón que ten uns custes considerables para as arcas públicas e para os limitados recursos dunha Comunidade de Montes. En calquera caso, con sinalización ou sen ela, hai un regulamento para o tránsito de vehículos motorizados polo monte, segundo o cal as motos ou os quads, non deberían saír das pistas forestais. No caso das mámoas de Ombra, como no caso dos petroglifos do Pornedo, non hai ningunha “pista” que xustifique que os conductores deses vehículos circulen por riba desas “pedras”.
      E terceiro, non se trata de ningunha “caja” -nin caza- de bruxas. Se non está vostede de acordo coa información xornalística publicada en La Voz de Galicia, pódese dirixir ao periódico para formular a súa opinión, moi respectable, pero que non compartimos en todo ou en parte. Como tamén lle pode manifestar a súa disconformidade á Comunidade de Montes de San Tomé, á que lle transmitimos a nosa maior solidariedade ante unha problemática que nós xa sufrimos duramente hai un ano por estas datas. O monte será de todos, porque se lle dá un uso SOCIAL; pero a TITULARIDADE dos terreos aos que nos referimos é COMUNAL, é dicir, dos veciños e veciñas desa parroquia, e a eles lles corresponde o seu MANTEMENTO nas mellores condicións posibles; un mantemento, por certo, moi custoso, en comunidades como a de San Tomé, onde están activamente implicados na posta en valor do seu monte.
      Cando vaia ao monte, sería de agradecer que se puxera no lugar dos comuneiros e pensara que está nunha “casa” allea, como invitado. E que cómpre respectar unhas normas de convivencia básicas que, no caso que nos ocupa, se limitan á circulación con motos ou quads polos lugares autorizados, isto é, pistas forestais. É a nosa modesta opinión.
      Saúdos.

  4. A min estame a parecer que nos estás vacilando…

    A página completa unha noticia, que máis que unha noticia parece un relato de stephen king, solo falta que lle poñan a música de terror de fondo… _”aguantaron los embates del tiempo, sobrevivieron a las temibles buscadores de tesoros pretéritos y presentes (no te lo pierdas), soportaron la acción de los devastadores incendios, pero entonces llegaron ellos – suenan los tambores – los terrorificos, los endemoniados, seres llegados del ultramundo cabalgando a lomos de maquinaria cargada por el mismisimo satán: LOS MOTORISTAS. Ellos son los culpables de los males del mundo y por supuesto de la crisis. Pena de muerte a todos ellos.

    Seamos lógicos, se non queres que nadie pase por ahí señalizao é punto, porque eso vese claramente na foto que é un camiño de paso e non precisamente só de motos.

    Eu contigo xa perdín todo o tempo que me mereces e máis… espero que a próxima vez sexas un pouco máis orixinal, que xa cheira a misma leria de sempre.

    • Se che parece que perdes o tempo, ninguén te foi chamar para que viñeras escribir neste blog onde, por certo, xa tivemos ocasión de intercambiar as nosas respectivas opinións, tan opostas como irreconciliables.
      Dígoche o mesmo que a outra persoa que participou nesta ristra de comentarios: calquera queixa ou obxección sobre a información exposta na reportaxe, ao xornal. Este non é ningún muro das lamentacións cada vez que o foro de enduro nos pon no punto de mira de todo o colectivo: “Todos a una, como en Fuenteovejuna”. Reproducimos a noticia porque lle afecta a unha comunidade de montes veciña e porque nos identificamos e nos solidarizamos cunha problemática que, de forma parecida, xa padecemos no Monte Pornedo.
      E con todos os respectos, só faltaba que alguén de fóra lle viñera dicir á Comunidade de Montes de San Tomé o que ten que facer ou deixar de facer no seu ámbito territorial. Os nosos argumentos -que non “lerias”, como despectivamente os calificas- seguirémolos defendendo sempre e en todo lugar, gústenche moito, pouco ou nada.

  5. o que temos que facer ,e xuntarnos e falar as cousas ,para chegar aun acuerdo para ben de todos

    • Este debate vén de longo, e xa daquela (despois de ternos vapuleado, acusado de todo e mesmo insultado), vendo que non dabamos o brazo a torcer, ao final saían co tema do diálogo “para ben de”. Verá -dito sexa, unha vez máis, con todo o respecto- …para “ben” de quen? Eu fálolle do Monte Pornedo, non doutro, porque cada zona ten os seus interlocutores (diferentes comunidades de montes, diferentes colectivos veciñais). Cóntolle, brevemente: na casa de montes de San Xulián houbo unha asemblea na que os comuneiros protestaron polo estado no que estaba o Alto do Pornedo debido ao tránsito dos vehículos nun circuito “alegal” que había montado a base de frecuentalo, sen que ninguén en serio tomara cartas no asunto. Chegou un punto no que, como lle expoño, este tema foi motivo de queixa. Finalmente, a Comunidade de Montes instalou un cartel no “acceso” a ese espazo “prohibindo” expresamente a entrada de vehículos, agás os de uso agrícola (recollida de toxo, leña ou madeira, non para practicar deporte). E iso é o que hai, non cabe máis negociación, nin máis acordo, nin máis diálogo que a aceptación desas restriccións. E aínda así, hai pilotos que pasan olimpicamente do panel informativo, expoñéndose así a unha sanción no caso de que a Comunidade de Montes ou o Seprona os atope ‘in fraganti’ rodando. E como “feita a lei, feita a trampa”, tamén lle podo dicir que hai pilotos que en vez de acceder por onde “sempre”, para evitar dar de bruces co cartel, agora soben ao Alto do Pornedo por un camiño que se utiliza para ir a pé, e que debido ao tránsito das rodas, está cada vez máis deteriorado. Iso tampouco pode ser. O de apelar ao “ben de todos” é moi elástico cando un mira polo seu único interés, pero hai que contar coa outra parte. E síntollo moito, pero o Pornedo é territorio exento da práctica -profesional ou afeccionada- motorística.

  6. […] ou por descuido, como as motos que fan trial sobre as mámoas do Morrazo, tal e como dab a coñecer La Voz de Galicia non hai moito. Convencido de que a única vía para a conservación do noso patrimonio cultural […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: