Publicado por: MontePituco | 27/03/2012

VISITA INSTITUCIONAL ÁS ACERAS DE SAN XULIÁN

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitaron as obras das beirarrúas de San Xulián que, segundo calculan, poderían rematar a finais do mes de xuño; a mesma data que se prevé para que finalice tamén a construcción da variante de Marín. O Concello vai acabar sendo o titular da estrada que, dende Marín ata Figueirido, atravesa a parroquia, unha vez que o organismo provincial lle transfira a súa xestión. Atrás quedaron xa as longas e inútiles liortas entre a Administración local e a provincial durante a anterior lexislatura. Á veciñanza, en realidade, tanto lle ten que partido colga a “medalla”; o importante é dispoñer, o antes posible, dun vial digno e seguro para o tránsito dos peóns e a circulación dos vehículos. Finalmente os dous propietarios que se resistían a ceder os terreos necesarios para a execución dos traballos acabaron tamén por aceptar as condicións; posto que do que se trata é de favorecer un ben colectivo.

…E non, non se pode trasladar esta situación á necesidade -para outros, interese- de que Marín conte con chan industrial. Porque hai patrimonio natural e histórico protexido no Monte Pornedo que de ningunha maneira se pode destruir. Porque as condicións do terreo non permiten construir en termos de racionalidade económica e sostibilidade medioambiental.

A instalación das beirarrúas de San Xulián colmaría as aspiracións dun veciño que nos deixou vai camiño dun ano. Se non nos tivera deixado prematuramente, Xan Montenegro debería estar nesa visita institucional, polos moitos anos que pasou reivindicando a materialización dese proxecto, á fronte da Asociación de Veciños de San Xulián. No seu lugar, os representantes doutro colectivo que -máis que favorecer o desenvolvemento da parroquia, se adican a mirar polas súas comenencias- exercen de pseudoinspectores de obra, canteando fochancas e tubarías, intrigando e facendo relacións públicas dun xeito do máis arteiro.

…Alá eles. Dende onde sexa que estea, Montenegro ha sentirse satisfeito. E os seus compañeiros na Asociación de Veciños de San Xulián poden valorar este logro como un estímulo para seguir demandando melloras nos servizos e nas prestacións para a parroquia. Queda moito por facer.


Responses

  1. A medalla non a deberia de levar ningun partido politico ni ninguha asosacion e por supusto tampouco a comunidade de montes esa medalla e de Xan montenegro que loitou desde o ano 2003 para que as beirarruas se fixeran. Como pasa sempre tubo que deixarnos para que o proxecto se pusera en marcha,un proxecto que el esperaba como auga de maio, e como el dixo nunha reunion da asociacion de veciños de SAN XULIAN o dia que nos fagan as beirarruas deixo a presidencia da asaciacion porque xa estou cansado e creo que merezco descansar para recuperarme e como sabemes foi descansar sin mirar a sua parroquia sin as beirarruas pero como di O MONTE PITUCO XAN MONTENEGRO DESDE O LUGAR QUE ESTEA VAINAS MIRAR E DAR O SEU APOIO. Solo decirlle a Maria Ramallo e os seus compañeiros que non se olviden que as beirarruas estan facendose pola constancia, dedicacion e preocupacion de XAN MONTENEGRO.
    ( VAI POR TI TIO JUAN)

    • Efectivamente, Esther. Estas obras levan un pedaciño importante do corazón do noso amigo e veciño Xan. O seu tesón está na terra e nas pedras destas beirarrúas polas que todos e todas imos poder transitar máis seguros, de aquí a pouco tempo. Grazas a Xan e aos demais directivos da Asociación de Veciños de San Xulián por ter achegado, con pacencia, con algún que outro desgusto, durante varios anos, o seu valioso gran de area para que este proxecto sexa unha realidade, coa financiación das Administracións implicadas. Graciñas pola visita ao blog e polo comentario. Vai por Xan!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: