Publicado por: MontePituco | 20/03/2012

ENTREVISTA COA EDIL DE MEDIO AMBIENTE

Defende o Monte Pituco mantivo xa a terceira reunión oficial con responsables do Concello de Marín. Unha situación que contrasta co desprezo institucional ao que este colectivo foi condeado por parte do anterior rexedor municipal, o socialista Francisco Veiga, que agora na súa nova etapa como voceiro do seu grupo municipal na oposición, tanto se queixa da “soberbia” do actual Goberno local. Cada un fala da feira segundo lle vai nela.

O 26 de xullo de 2011 a alcaldesa María Ramallo e os concelleiros Ramiro Gestido (Rural), Pablo Novas (Parroquias) e Beatriz Rodríguez (Cultura), desprazáronse por primeira vez ao Monte Pornedo para coñecer directamente sobre o terreo cales son os inconvintes que presenta este espazo para converterse nun asentamento industrial. O pasado 20 de febreiro fomos recibidos, xunto cun representante da comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, pola concelleira de Cultura para atender cuestións directamente relacionadas coa conservación do patrimonio arqueolóxico. Onte foi a concelleira de Medio Ambiente, Marian Sanmartín, quen atendeu a solicitude de entrevista formulada por este colectivo.

A xuntanza estaba motivada inicialmente pola recente localización de exemplares de “Chioglossa lusitanica” ou saramaganta rabilonga no ámbito xeográfico do Monte Pornedo. Ao tratarse dun animal “vulnerable” incluido no Catálogo de Especies Ameazadas, calquera obra de infraestruturas que supuxera unha alteración do seu habitat natural, acarrearía a inmediata e irreversible desaparición do anfibio desa zona, xa que para sobrevivir precisa a proximidade dunha corrente continua de auga sen a máis mínima contaminación; algo practicamente imposible de garantir se prospera o proxecto de instalación dun polígono industrial ou plataforma loxística xusto nesa zona.

Na xuntanza tamén participou un dos promotores dun traballo de campo que se está realizando para localizar a presenza de saramaganta rabilonga no ámbito xeográfico marinense; un estudo que se publicará en revistas científicas de ámbito galego e estatal. A saramaganta é o valor faunístico máis importante que hai en todo Marín; unha especie única no mundo que, nos lugares onde habita -Galicia, Asturias, norte de Portugal- debera ser respectada e preservada. A poboación deste endemismo vai en declive, segundo expertos como Miguel Vences no traballo titulado “Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles”, de 2011:

Estatus de conservación

Categoría Mundial IUCN (2008): Vulnerable B2ab (ii, iii, iv). Se justifica porque su área de ocupación es probablemente menor de 2.000 km2, su distribución está severamente fragmentada y hay un declive continuo en su área de ocupación, en la extensión y calidad de su hábitat y en el número de localidades en que se encuentra (Arntzen et al., 2008a, 2008 b).4

Categoría España IUCN (2002): Vulnerable VU A2c (Vences, 2002).

Categoría de conservación en Galicia: Vulnerable VU A2c. La inclusión en esta categoría se justifica por disminuciones poblacionales y desaparición de poblaciones en Galicia (Galán Regalado, 1999).

Amenazas

Las amenazas más importantes son la contaminación de los arroyos, la canalización, la extracción de agua para el riego y la pérdida de hábitats terrestres próximos a los arroyos debido a las plantaciones de pinos y eucaliptos. Un riesgo adicional está constituído por los incendios (Arntzen, 1981; Vences, 2002; Arntzen et al., 2008a, 2008 b).

Así o entendeu a concelleira de Medio Ambiente quen, por outra parte, recoñeceu que o PXOM que está en vías de aprobación é o que o PP se veu pouco menos que obrigado a sacar adiante, sen posibilidade de plantexar ningún tipo de modificación pola premura da súa entrada en vigor. Agora que o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais propón dúas zonas como posible destino dun polígono industrial, haberá que agardar a que a Xunta valore as alegacións presentadas e se posicione.

Tamén se aproveitou esta xuntanza para expoñer o último caso de cabalos vítimas de maltrato, ao presentar as patas dianteiras atadas con cordas que lles dificultan gravemente o desprazamento. Marian Sanmartin lamentou que siga habendo casos deste tipo, ante as limitacións do Concello -que ten as competencias nesta materia- para actuar como proceda.

E ante as declaracións -opinións sen fundamento, máis ben- dun colectivo veciñal desprezando os valores naturais do Pornedo, ao (des)calificalo como “de baixa calidade”, suxeriuse a necesidade de pór en marcha unha campaña de sensibilización sobre o valor ecolóxico do monte baixo. Porque non todo han ser eucaliptos, porque o monte non só se entende dende o punto de vista do aproveitamento forestal nin moito menos dende o cultivo masivo de especies de rápido crecemento. Un monte de calidade non só se cuantifica en euros, senón que tamén ten unha biodiversidade e uns valores patrimoniais incuestionables. O Pornedo é un dos escasos espazos abertos do Concello de Marín e, á vista de todos os elementos que posúe -fauna, flora, arqueoloxía, mananciais…- dubidar da súa calidade é un insulto flagrante á verdade.


Responses

  1. Parece mentira que a anterior concelleira de medioambiente, tan ecolóxica ela, tan comprometida con lobos, morcegos e outros bichos, dos que facía expòsicións e charlas educativas, se esquecera da “chioglossa lusitánica”.
    Paréceme a min que o certificado EMAS non lle sirveu para aprender casi nada.
    Por outra banda poderiamos falar de petroglifos, que os do Monte Pornedo deben ser para ela de segunda categoría. Demasiado preocupada que andaba por montar un museo en Mogor que agora está valeiro por falta de presuposto. É coma quen compra un Ferrari e despois teno abandonado no garaxe porque non ten cartos para gasolina.

    E por suposto que eu tamén quedei abraiada cando lin na prensa o ninguneados que se sinten os do bloque e mais PSOE por culpa da soberbia alcaldesa.
    -Señora Pilar Blanco, lémbrolle que a veciñanza ten memoria, e a súa soberbia (de vostede) quedounos grabada nos miolos polos séculos dos séculos…amen


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: