Dende o Pornedo, unha aperta afectuosa a todas as persoas e colectivos a prol da defensa deste monte, cos nosos mellores desexos para o vindeiro 2012, no que continuaremos reivindicando intensamente a conservación deste espazo fronte aos intereses económicos e especulativos, particulares ou políticos, que procuran de forma irracional a súa destrucción instalando nel un polígono industrial ou área loxística. Máis Cultura, máis Natureza, máis Solidariedade e máis Compromiso. GRAZAS.
Publicado por: MontePituco | 25/12/2011
BO NADAL
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Pensamentos
Que así sexa.
Bo Nadal para todo o equipo.
By: Paco on 25/12/2011
at 18:59
Boas Festas, e que o ano vindeiro non sexa tan horríbilis como se comenta por ahí.
Apertas a tod@s
By: pasaba por aquí on 25/12/2011
at 21:45
Moitas grazas, Paco e PasabaPorAquí. Felices Festas para vós tamén, que as pasedes con saúde e ledicia na compaña dos vosos seres queridos. E que entredes con bo pé no 2012. A por todas!
By: MontePituco on 26/12/2011
at 07:52
Feliz ano novo á “organización” e a todos os que pasen por aquí!
By: undeourense on 29/12/2011
at 19:22
Grazas, pequenogalegomedio! 🙂
By: MontePituco on 29/12/2011
at 21:06