Publicado por: MontePituco | 19/07/2012

COTORREDONDO, NA PRENSA

Publicado por: MontePituco | 18/07/2012

OS RAMALLOS DA VARIANTE

Estamos na saída da variante de Marín que enlaza coa estrada de Figueirido, no lugar da Pena. Dende que se abriu ao tráfico, este cruce presentaba un alto grao de perigosidade, posto que nese lugar a visibilidade era moi reducida. Non para controlar os vehículos que subían en dirección ao Regueiriño, senón os que baixaban dende arriba en sentido a Marín.

Hoxe descubrimos que os ramallos -con perdón- que medraban xusto no cruce, no extremo da ponte que hai sobre a propia variante, e que dificultaban de maneira considerable a visión dos condutores, xa foron cortados. Pero volverán medrar. E suponse que os volverán cortar. E así sucesivamente, nunha absurda espiral ad infinitum.

Onde procedería instalar un espello na fronte -a carón dos sinais de dirección- para que os usuarios da variante poidan acceder á estrada Marín-Figueirido sen arriscar o pelexo ou a carrocería do vehículo; ou aínda mellor, onde procedería ter aplicado dende o principio as medidas oportunas a nivel técnico para que a zona sexa máis segura, tanto para peóns como para usuarios da variante… pois resulta que se escatima en seguridade vial, en prevención. Esa é a realidade.

Publicado por: MontePituco | 17/07/2012

AS BEIRARRÚAS DE SAN XULIÁN, VENTO EN POPA

As beirarrúas de San Xulián están a punto de caramelo. Rematados os traballos de enlousado, as obras estanse completando coa instalación de barandillas e de farolas. Xa pouco queda para inaugurar esta nova e agardada actuación, para a que se destinaron un bo feixe de miles de euros que, á vista dos resultados, parecen ben investidos.

Con estas beirarrúas novas do trinque máis os complementos de mobiliario urbán que lle están engadindo, o que ata agora era unha estrada máis, estase convertendo en toda unha avenida. Ata parece unha parroquia do século XXI e todo…

Só queda que os usuarios da zona non abusen da nova distribución do vial e estacionen os vehículos só na parte que vai quedar reservada para aparcamento, non a ambos lados da rúa, como parece que están a facer.

Publicado por: MontePituco | 16/07/2012

DO MONTE AO MAR, NO DÍA DO CARME

Procesión marítima na honra da Virxe do Carme, en Marín, ano 1915.

Nosa señora do Carme
fixo unha casa na ría
pra mirar prós mariñeiros
como pescan a sardiña.
Nosa señora do Carme
devólveme o que perdín,
perdín a miña naiciña
na ribeira de Marín.
Virxe do Carme valerme,
Virxe do Carme valerme,
que estou no medio do mar
e non hai barqueiro que reme.
Virxe do Carme,
estrela do mar,
protexe os mariñeiros,
seus fillos e seu fogar.

(Cantiga popular)

 

Publicado por: MontePituco | 15/07/2012

VISTA DO JUAN SEBASTIÁN ELCANO DENDE O PORNEDO

Vistas da ría dende o Alto do Pornedo, co buque-escola Juan Sebastián de Elcano atracado na Escola Naval Militar.

 

Publicado por: MontePituco | 14/07/2012

O ARTIGO SOBRE A PROBA DE TRIAL (II)

Publicado por: MontePituco | 13/07/2012

O ARTIGO SOBRE A PROBA DE TRIAL

DEFENDE O MONTE PITUCO subscribiu a protesta -ver o artigo titulado “Os petroglifos de Cadro, en perigo“- e a posterior denuncia de varios colectivos contrarios á proba de trial que se realizou recentemente no bosque de Cadro, un espazo onde existen varios conxuntos de gravados rupestres catalogados dos que se descoñece con exactitude a localización de todos eles. A sección local do Diario de Pontevedra inclúe hoxe unha información dando conta da presentación desa queixa formal ante a Dirección Xeral de Patrimonio, sen embargo, cómpre matizar varios aspectos da noticia publicada, que non se axusta á realidade con todo o rigor que procede ante un feito informativo.

A nota xa comeza a presentar certas deficiencias dende o mesmo subtítulo: “Defende o Monte Pituco, entre otros colectivos, expone la situación ante Patrimonio”. No corpo da noticia continúa dicindo “Defende o Monte Pituco y las demás entidades solicitan además que se lleve a cabo la recuperación y puesta en valor del complejo rupestre” (…) “Defende o Monte Pituco recuerda también que la ley marca un área de protección de 200 metros para los BIC” (…) “O Concello chegou a poñerse en contacto cun membro deste colectivo para que subira ó recinto co concelleiro de Festexos, Luís Lago, a ver o percorrido da proba e ver como o petroglifo estaba rodeado cunha cinta”, revela Defende o Monte Pituco”. E para rematar, un destacado no que se le “Monte Pituco revela que el Concello les ofreció la solución de rodear con una cinta el petroglifo, cuando la ley marca 200 metros”.

Para evitar malos entendidos e interpretacións malévolas da información por parte de entidades ou particulares enfrontados con Defende o Monte Pituco na súa actividade de defensa deste espazo natural e de protección do patrimonio, cómpre aclarar varios puntos:

1. Defende o Monte Pituco non encabezou as xestións realizadas nin ante o Concello de Marín nin ante a Xunta para rexeitar a realización desa proba deportiva nun emprazamento que, a todas luces, non é o máis indicado para a práctica motorística, que causa o desgaste do terreo e claramente perxudica as formacións pétreas do lugar. Un lugar no que cómpre realizar un minucioso estudo arqueolóxico para saber a ubicación concreta dos gravados rupestres e o seu estado de conservación.

2. Defende o Monte Pituco apoiou unha acción de protesta que se puxo en coñecemento da opinión pública a través da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo. E o respaldo de Defende o Monte Pituco responde claramente a unha cuestión de principios e de coherencia. Este colectivo -e así o verifican ducias de artigos e fotos neste mesmo blogue- fixo o que puido para tratar de erradicar a práctica motorística irregular no Alto do Pornedo, a carón dun conxunto de gravados rupestres que, a diferencia dos de Cadro, están localizados e son perfectamente visibles. En consecuencia, ante unha problemática similar, Defende o Monte Pituco actuou por solidariedade, adheríndose á Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, o Grupo Cultural Ronsel, Almuinha, Colectivo Nacionalista de Marín, Queremos Galego-Marín e Luita Verde.

3. Posto que Defende o Monte Pituco tivo un modesto papel secundario, non é certo que o Concello de Marín se dirixira a este colectivo veciñal para concertar un encontro co concelleiro de Festexos nin unha visita ao bosque de Cadro previa á realización da proba de trial, coa finalidade de supervisar o itinerario dos pilotos.

E posto que a nota que publica o Diario de Pontevedra non se axusta estrictamente á realidade, reprodúcese a continuación o comunicado íntegro difundido dende a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo:

Os colectivos Almuinha, O Ronsel, Defende o Monte Pituco, Luita Verde, Queremos Galego Marín, Colectivo Nacionalista de Marín e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo veñen de presentar diante da Dirección Xeral de Patrimonio un escrito de denuncia contra o Concello de Marín por coorganizar e permitir a celebración dunha proba de trial no Bosque de Cadro.  No citado recinto localízase o complexo rupestre denominado “Petróglifos do Bosque de Cadro”, xacemento da Idade do Bronce, consistente e 5 grupos de petróglifos, e catalogado no Inventario Xeral de Patrimonio de Galiza co número de rexistro GA36026024, dentro da categoría de Ben de Interese Cultural (BIC).

Distintos colectivos sociais da vila, entre os que están os que asinan o escrito de denuncia, presentaron con anterioridade á celebración da proba un escrito, tanto no concello como na Dirección Xeral de Patrimonio, solicitando a suspensión da proba por entendermos que podería ter unha afección negativa sobre os petróglifos, tendo en conta as características que teñen as probas de trial, xa que as rochas adoitan formar parte dos obstáculos a superar polas motos, e que unha parte dos petróglifos citados están na actualidade ilocalizábeis debido a décadas de abandono.

Segundo o artigo 4 da Lei 8/1995 de 30 de outubro de 1995, do Patrimonio Cultural de Galiza, os concellos teñen a obriga de protexer, defender, realzar e dar a coñecer o valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galiza que se localicen no seu termo municipal. Ademais correspóndelles, adoptar en caso de urxencia, as medidas cautelares necesarias para salvagardar os bens de patrimonio cultural os bens de patrimonio cultural de Galiza que visen o seu interese ameazado.

O concello incumpriu a conciencia este artigo, sendo coorganizador do evento e permitindo a súa celebración, chegando a poñerse en contacto, a través da secretaria da alcaldesa, cun membro da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo para que subira ao recinto co concelleiro de eventos e festexos, José Luis Lago, e ver o percorrido da proba e ver como o petróglifo localizado estaba rodeado cunha cinta.

Só polo feito de realizar esta proba sen comunicar nin solicitar autorización a Patrimonio xa supón cometer unha infracción da normativa vixente.  A Plataforma en Defensa dos Montes de Morrazo e o resto dos colectivos asinantes entendemos, e así llo fixemos saber, que nós non eramos quen tiñamos que conceder ou non os permisos para a realización da proba, que simplesmente informábamos, tal como obriga o artigo 3 da Lei 8/1995, do perigo de destrución ou deterioro dun ben integrante do patrimonio cultural de Galiza. 

No escrito (http://defendeomorrazo.wordpress.com/2012/06/26/a-plataforma-presenta-un-escrito-pedindo-a-suspension-da-proba-de-trial-nos-arredores-do-complexo-rupestre-do-bosque-de-cadro) presentado con anterioridade á proba solicitando a súa suspensión informábamos da área de protección que distintas leis marcaban para os Bens de Interese Cultural (BIC), 200 metros, e que polo tanto rodear cunha cinta o petróglifo localizado ademais de incumprir a lei era unha burla e que se ativera ás posíbeis consecuencias no caso de seguir  adiante coa proba. 

Nese sentido, e dacordo co artigo 90 da Lei 8/1995, consideramos que o concello de Marín cometeu unha infracción leve por non notificar e carecer do permiso da Consellaría de Cultura para a realización do evento e solicitamos que se abra un expediente sancionador contra o concello de Marín que segundo estabelece a propia lei poderá chegar até 60.101,21€.

O Diario de Pontevedra “personaliza” de maneira innecesaria e “decorativa” en Defende o Monte Pituco a presentación da denuncia. Unha iniciativa -cómpre insistir- de carácter colectivo e na que a Defende o Monte Pituco non lle corresponde ningún protagonismo por riba das outras entidades co-partícipes nesta causa común. Defende o Monte Pituco non pode servir de reclamo para adornar artificiosamente unha noticia, nin para vender máis xornais, nin para contribuir a xerar polémicas estériles a conta dun comunicado tan claro, conciso e concreto. Seica haberá unha breve nota de rectificación.

ALUSIÓN Á DENUNCIA NO PLENO DA CORPORACIÓN DESTE MES DE XULLO

Na recta final do Pleno ordinario da Corporación Municipal, celebrado esta tarde-noite, o concelleiro socialista Manuel Pazos Lamoso aproveitou o turno de rogos e preguntas para interesarse polas consecuancias da denuncia presentada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Almuinha, Queremos Galego-Marín, Colectivo Nacionalista de Marín, Grupo Cultural Ronsel, Luita Verde e Defende o Monte Pituco a raíz da realización da competición de trial no bosque de Cadro. Pazos Lamoso preguntoulle ao grupo de goberno se o Concello ten que que preocuparse e se existen informes de Patrimonio aprobando a realización desa proba.

A alcaldesa contestoulle que os seus organizadores marcaran o itinerario, que estiveran en contacto con Patrimonio para informar por onde circularían as motos, que se fixera un repaso da zona e que a competición se realizara “sen afectar a nada relativo ao patrimonio”, afirmou María Ramallo, que engadiu que a federación deportiva “tiña os permisos”.

…Haberá que agardar, pois, ao pronunciamento da Dirección Xeral de Patrimonio.

Publicado por: MontePituco | 12/07/2012

A PETICIÓN DE ENTREVISTA CON HERNÁNDEZ, NA PRENSA

Publicado por: MontePituco | 11/07/2012

AS EIVAS DO PLANO TURÍSTICO DO CONCELLO DE MARÍN

(Premer na imaxe para ampliala)

Circula por aí un plano turístico do Concello de Marín, deses de peto, dobrado en varios pregues. Na parte que fai de portada destacan imaxes dos petroglifos de Mogor, do porto de Aguete e da praia de Mogor. E dándolle a volta vense fotos do paseo de Portocelo, do Lago de Castiñeiras e do parque multiaventura de Cadro. Abrindo o prego de papel, como quen extende un acordeón, aparece unha relación de puntos de interese subdivididos por áreas. Unha delas é a de arte rupestre, na que se citan os seguintes lugares, cos seus correspondentes números situados no mapa para que o usuario poida localizar a súa ubicación:

-Mámoa de Chan de Armada, en Chan de Armada-Monte Pedrouzos

-Mámoa de Pedralonga, en Castiñeiras

-Petroglifos de Mogor

-Castro da Subidá

-Clube hípico A Lagoa, en O Pereiro, San Tomé de Piñeiro

(con todos os respectos para o clube hípico, non sei que relación ten coa arte rupestre e, sen dúbida, debera estar incluido no apartado de áreas de recreo).

DEFENDE O MONTE PITUCO critica as eivas que presenta este plano, onde non figuran onde lles corresponde os petroglifos do Monte Pornedo (conxunto rupestre de Pornedo 1 e 2, gravados de Pinal de Caeiro) e de Sete Camiños. Son elementos arqueolóxicos perfectamente recoñecidos polas autoridades autonómicas de Patrimonio Cultural, catalogados como Bens de Interese Cultural e, por tanto, tan dignos coma os archicoñecidos de Mogor, ou os do Bosque de Cadro, que estes días tamén están de actualidade.

Fai moi mal o Concello de Marín en discriminar estes restos arqueolóxicos silenciando a súa existencia nun plano turístico. Máis aínda cando representantes de DEFENDE O MONTE PITUCO e da comisión para a posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños se reuniron coa alcaldesa de Marín, coa concelleira de Cultura e con outros responsables municipais para amosarlles persoalmente e sobre o propio terreo, estes elementos que, lamentablemente, ningún deles coñecía. Tendo constancia da súa existencia e da necesidade da súa protección, como así recoñeceron na súa estancia no Pornedo, o feito de non marcalos neste mapa denota a súa falta de sensibilidade e, o peor de todo, a lastimosa sensación de ter perdido o tempo nesa visita.

Sendo Marín un municipio cunha extraordinaria riqueza en elementos rupestres, é unha mágoa que o Concello non aproveite para resaltar na súa oferta turística a existencia de todos cantos vestixios teña rexistrados. É de sobra coñecido o auxe do turismo cultural e da importancia que os visitantes lle dan a este tipo de experiencias relacionadas cos restos que se conservan da etapa prehistórica. Por máis que o Concello inclúa merecidamente no seu plano turístico os petroglifos de Mogor e o castro da Subidá, está privando o público de achegarse a outros elementos igual de interesantes, aínda que sexan máis descoñecidos. Precisamente por iso, cómpre unha maior difusión destoutros gravados que, asemade, precisan tamén de actuacións básicas a nivel de conservación e mantemento: desbroce e sinalización requeren un investimento moi razoable e asumible que, abofé, sería amortizado en breve coa repercusión que terían entre os visitantes.

Ben pouco ambicioso é o Concello de Marín cando non “presume” de todo o seu potencial nun campo tan brillante como o patrimonio histórico. Máxime cando outros municipios veciños, como Pontevedra ou Poio, están impulsando accións de posta en valor dese sector, ou mesmo unha Administración do mesmo signo político que o Goberno municipal: a Deputación de Pontevedra, que dun tempo a esta parte está desenvolvendo un ambicioso programa de excavacións no castro da Lanzada, no monte do Castro en Ribadumia, ou apoiando a mellora do castro de Santa Trega ou do Monte do Facho. Xa podían aprender.

Mentres non sexa así, DEFENDE O MONTE PITUCO seguirá esixindo consideración e respecto para este contorno con todos os seus valores, non só os históricos, senón tamén os naturais, nun espazo privilexiado a nivel xeográfico e paisaxístico. Seguro que hai moitos cidadáns de dentro e de fóra de Marín que o saben apreciar, a falta do aprecio do Concello.

(Post-data: Ata no propio mapa hai unha imprecisión. Onde marca A Pena debería poñer O Caeiro, e viceversa).

Publicado por: MontePituco | 10/07/2012

APERTURA DA VARIANTE (III)

Como hai hemerotecas e blogs onde queda constancia dos feitos que marcan o noso pasado recente, non hai máis que remontarse a xaneiro de 2009 para lembrar cando se puxo a “enésima” primeira pedra da Variante. Faltaban só dous meses para que o socialista Pérez Touriño perdera nas urnas o goberno da Xunta cando se presentou en Marín para anunciar a posta en marcha das obras da segunda fase deste vial. O actual titular do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que exerceu de conselleiro de Política Territorial entre 2003 e 2005, visitara as obras en novembro de 2004, cando o primeiro treito xa estaba practicamente rematado. É dicir, que durante o bipartito pouco ou nada se fixo por unha infraestrutura inacabada que estivo morta de risa durante máis de catro anos, e para o que se acabou facendo, parafraseando o refrán, abofé que non facían falta tantas alforxas.

Máis información:

-blog de BreaSeixo (19 e 20 de xaneiro de 2009):

Touriño na vía rápida” e “Touriño na vía rápida 2

-La Voz de Galicia, 17 de novembro de 2004:

Paseo en todoterreno por el rural” sobre a visita de Núñez Feijóo ás obras cando era conselleiro

Inaugurouse -por fin- en pleno verán, o que Pérez Touriño veu presentar hai xa 3 anos e medio, en pleno inverno, e comodamente pertrechado nunha carpa con calefacción. E mentres el e mais o seu séquito quecían ao abeiro dunha estufa, fóra, nas inmediacións da carpa que a policía custodiaba coma se alí dentro estivera a cúpula de Bankia, ducias de persoas facían fronte ás inclemencias do tempo e ao cordón policial para protestar pola potencial perigosidade dun trazado no que se acabarían (mal)gastando -redondeando- 40 millóns de euros, o dobre do investido na execución da primeira fase, que dende o principio xa evidenciou varias deficiencias: desprendementos de terra e riadas provocadas pola mala canalización das augas pluviais, gando mostrenco a pacer polo asfalto pola rotura -cando non polo roubo- da malla metálica de protección perimetral.

Máis información:

-La Voz, xullo de 2005: “Las obras de la variante de Marín provocan grietas en tres casas

-Faro de Vigo xullo de 2005: “Las grietas provocadas por la variante obligan a desalojar una casa en Currás“.

-La Voz, xaneiro de 2008: “Caballos salvajes provocan accidentes en la variante de Marín“.

-Faro de Vigo, xaneiro de 2008: “Los animales toman la variante de Marín“.

-La Voz, febreiro de 2009: “Vecinos de Currás alertan de grietas en el puente sobre la variante de Marín“.

-Diario de Pontevedra (Grupo El Progreso), febreiro de 2009: “Un desprendimiento de rocas y tierra obliga a cortar la variante de Marín“.

Algo quedou daquela fronte veciñal que reclamaba un itinerario mellor. Porque xa se sabe, que van saber un fato de veciños fronte a uns engominados enxeñeiros que trazan raias nun mapa dende o acristalado despacho situado nun piso ben alto dun luxoso edificio da capital. Quedoulles a dignidade de ter defendido aquilo no que crían. O tempo dirá se tiñan razón e, polo ben de todos, ogallá se trabucaran.

Publicado por: MontePituco | 09/07/2012

APERTURA DA VARIANTE DE MARÍN (II)

Reportaxe sobre a apertura á circulación da Variante de Marín en Vía RTV.

Hai moitas maneiras de xogarse o tipo; unha delas é circular polo Corredor do Morrazo, tristemente coñecido pola gravidade dos accidentes que se teñen producido nel. Pero se alguén non tivera abondo coa carga de emocións fortes -por non dicir case suicidas- que implica semellante experiencia ao volante, aínda se pode encomendar a algún santo/a antes de enfilar pola Variante de Marín. Xa bastante cuestionado foi o trazado do treito entre Seixo e o Monte Pituco, canto máis a súa prolongación ata o macro-nó de Celulosas.

No monte de San Xulián o dano xa estaba feito: as excavadoras fenderon o terreo de forma despiadada e por ningures se molestou a empresa concesionaria das obras en instalar algunha pantalla de protección acústica nin farrapo de gaita; a piques estiveron de levar por diante os gravados rupestres de Pinal de Caeiro, que quedaron aillados do seu contexto xeográfico natural, pero -en connivencia coa Comunidade de Montes- non tiveron reparo en chimpar toneladas de terra sobre un petroglifo pendente de catalogación, a pesar das advertencias do finado Xan Montenegro, que caeron en saco roto. Por non esquecer as xestións e as presións que tiveron que facer os afectados polos desperfectos que as explosións causaron nas vivendas máis próximas ao trazado.

Os habitantes da zona do Regueiriño andiveron máis lixeiros e mobilizáronse para que se modificara o proxecto da seguinte fase que, inicialmente, tronzaba o seu núcleo rural e deixaba unhas casas para un lado e outras para outro. Finalmente, despois de que as obras durmiran o sono dos xustos durante o anterior goberno bipartito da Xunta, a Variante de Marín fica completa, a falta de -que no que resta deste mes de xullo e no que dure agosto- rematen os traballos no adefesio da glorieta de Celulosas, outro atentado ambiental máis. No fondo, non tiña ningún sentido que houbera unha infraestrutura como a Variante, que remataba practicamente no medio da “nada”, para confusión dos condutores, que cada dúas por tres se vían obrigados a parar a algún veciño da zona para preguntarlle cara a onde tirar.

…Case que cómpre un manual para aventurarse neste cacho sinuoso de asfalto…

Para tomar o novo treito da Variante dende a estrada que sobe de Marín a Figueirido, pasado o lugar d’A Pena, non se despisten os condutores crendo que poden acceder ao vial pola mesma entrada que toman para ir cara a Seixo. O que hai que facer é seguir pola xeral, pasar o cruce á man esquerda que baixa ao Casal e á Laxe e, cruzando a ponte sobre a propia Variante, estar atentos ao desvío que hai no lado dereito para enganchar o acceso da Variante cara a Pontevedra. E aí cómpre ir amodo porque hai que dar unha curva moi cerrada; e como non hai ningún valado de protección, máis dun que vaia mangado/a pode coller a curva en liña recta, co perigo de espetarse con quen veña circulando tranquilamente polo carril en sentido Pontevedra.

Non chega a ser unha montaña rusa, pero hai costas arriba e costas abaixo. En efecto, dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinalan que a pendente máxima é do 6%. Pero para non sobrepasar ese desnivel houbo que facer unha obra de enxeñería tremenda, con grandes recheos de terra que son perfectamente apreciables, ou abrindo paso a través dunha montaña que foi horadada, de maneira que os vehículos pasan practicamente atuados entre dúas altas paredes de terra cheas de remaches e rede metálica que evitan os desprendementos. Unha ponte sobre a Variante comunica as dúas beiras dese monte que foi atravesado polas máquinas. E a partir de aí o vial inicia unha baixada pronunciada que, para os conductores que poidan estar en apuros, incorpora no lado dereito un carril de frenado de emerxencia. Na última parte da Variante aínda se cruzan dous viaductos: o de Almuiña, de 228 metros de longo e cunha altura considerable, sobre a zona do parque forestal de Lourizán; e o de Igrexa, de 140 metros, que sobrevoa un núcleo de vivendas en Mollabao.

Dando a volta para facer o mesmo traxecto en sentido inverso, é ridículo que nada máis entrar na Variante haxa un sinal que limita a velocidade a 100 quilómetros/hora, por máis que a continuación se dispoñen dous carrís de circulación, un para tráfico lento e outro para tráfico rápido, que o máximo ao que poden ir é a 70. Non en van, os condutores circulan razoablemente despacio, para o tipo de vía que é, e mesmo se aprecia unha precaución maior, tratándose dunha infraestrutura que non está desdobrada, na que os vehículos comparten a mesma plataforma de asfalto con a penas unha raia continua dobre polo medio, sen ningunha barreira física que separe os dous sentidos de circulación. Quen non vaia cun certo “medo” por aí, é que non lle ten medo a case nada. E por máis que se reduza o tempo da viaxe, que entre o Pituco e Pontevedra a penas dura catro minutos, hai un ben máis preciado que calquera outra vantaxe: a propia vida.

Inversión millonaria

…Los usuarios ya podrán sacar partido a una obra que, solo en esta segunda fase, ha arañado de las arcas autonómicas más de 37 millones de euros, un importe que despunta en los tiempos de austeridad que corren y al que, además, hay que sumar otro montante similar: los 8 millones de euros que ha absorbido el nudo de Celulosas (cofinanciado por el Ejecutivo gallego y el Ministerio de Fomento) y los cerca de 20 millones que se invirtieron en los 8,6 kilómetros de la primera fase de la variante, que conecta la carretera de Figueirido y la PO-551 en Ardán.

Diario de Pontevedra: “El camino a la playa por fin esquiva el centro de Marín“.

Atención aos comentarios dos lectores da noticia na edición dixital do xornal:

“La variante tenía que ser autovía de 4 carriles con obras para futura ampliación, y no la chapuza de siempre. Hay que pensar a 40 años vista y no a pasado mañana. Pronto pasará como en el corredor del Morrazo: hay accidentes y luego lo resuelven con una chapuza impresentable como la del Morrazo. Solo saben poner parches”.

“Está fatal todo eso, curvas peligrosas, entradas imposibles, cruces que quitan el hipo… A saber quién diseñó semejante chapuzada de conexión”.

Tras casi diez años de obras y veinte de rodeos, la variante entró en funcionamiento con sus tres carriles y un límite de velocidad de 100 km/h que habrá que comprobar qué consecuencias tiene. Algunos de los invitados vislumbraron similitudes con el corredor de O Morrazo.

Faro de Vigo: “Abre la variante de Marín, que reduce a la mitad el tiempo de trayecto entre Pontevedra y O Morrazo“.

La Voz: “La variante de Marín aspira a captar dos millones de coches“.

Aos poucos días de pórse en funcionamento a variante, Radio Pontevedra deu conta da escasa repercusión que estaba tendo este novo itinerario entre os conductores, ata o punto de que persistían os atascos no acceso a Marín dende a autovía. Nunha entrevista a esa emisora, a alcaldesa María Ramallo atribuía a disfunción ao feito de que os conductores non estaban aínda habituados a dispoñer do novo vial, unido a que acababan de comezar as Festas do Carme, polo que moitos usuarios se dirixían ao centro da vila, coa conseguinte conxestión de tráfico.

Pola súa banda, o grupo municipal do BNG segue arrimando a ascua á súa sardiña para retrucar contra unha infraestrutura onde os seus homólogos de Pontevedra -o alcalde Miguel Fernández Lores e o concelleiro de Urbanismo, Cesáreo Mosquera- estaban en primeira fila no momento de apartar as vallas. E aínda que este último se amosou escéptico a respecto da solución aos atascos, todos aplaudiron o día “histórico” que, pola millonada que custou, ben se podería considerar “histérico”. Lamentablemente para Pilar Blanco e Xosé María Vilaboa, non lles tocou botarlle a man ás barreiras que outros apartaron porque teñen as responsabilidades de goberno das que eles carecen neste momento. Xa tiveron a súa cuota de protagonismo cando o anterior bipartito da Xunta inaugurou a obra que o anterior goberno lle deixara servida en bandexa -con todas as súas eivas-, e á que, por certo, non lle puxo nin unha soa pedra máis, deixándoa nun limbo confuso e inútil durante unha lexislatura enteira.

…A chorar, a Cangas. Cando conecten a Variante de Marín co Corredor do Morrazo.

Publicado por: MontePituco | 06/07/2012

APERTURA DA VARIANTE DE MARÍN

Nota informativa da Xunta de Galicia con motivo da apertura á circulación do último treito da Variante de Marín. (CONTINUARÁ).

A Xunta abre ao tráfico hoxe este vial no que se investiron preto de 40 millóns

A POSTA EN SERVIZO DA VARIANTE DE MARÍN MELLORA A MOBILIDADE DOS CONCELLOS DE PONTEVEDRA, MARÍN BUEU E CANGAS, E FACILITA OS ACCESOS ÁS PRAIAS AO EVITAR AO PASO POLO NÚCLEO URBANO

 Coa apertura eliminaranse do núcleo urbano 9.000 vehículos diarios, situación que incrementará a seguridade dos máis de 25.000 habitantes do concello de Marín

 Asemade o percorrido entre Pontevedra e Bueu redúcese á metade, xa que se precisarán algo máis de 15 minutos, ademais do aforro da peaxe

 A posta en servizo parcial realizada hoxe permite efectuar a maioría dos movementos de entrada e saída da variante a través do nó de Lourizán, que estará completamente finalizado no mes de agosto

Marín (Pontevedra), 6 de xullo de 2012.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, destacou esta mañá na posta en servizo parcial da Variante de Marín que este vial mellorará a mobilidade dos concellos de Pontevedra, Marín, Bueu, e Cangas, facilita os accesos ás praias da zona, así como a conexión coa AP9 e reforza a seguridade do núcleo.

O conselleiro de Infraestruturas destacou que a apertura desta Variante aumenta a seguridade dos veciños de Marín ao eliminar do seu centro urbano unha media de 9.000 coches ao día. Ademais, os cidadáns que acudan ás praias da zona dende Pontevedra ou a AP-9 non estarán obrigados a circular polo núcleo urbano. A variante retirará das travesías de Marín entre 2 e 3 millóns de vehículos ao ano.

Esta nova infraestrutura implica un importante aforro nos tempos de percorrido para os cidadáns. A modo de exemplo, o tempo necesario para percorrer a distancia que separa Pontevedra e Bueu redúcese á metade en condicións normais de circulación (de 30 a 15 minutos), aforro que se multiplicará se temos en conta o tempo que se perdía nos atascos.

A posta en servizo parcial realizada hoxe permite efectuar a maioría dos movementos de entrada e saída da variante a través do nó de Lourizán, que estará completamente finalizado no mes de agosto. Na imaxe pódense ver os movementos de acceso á variante que son posibles a partires de hoxe:

Hernández recordou as palabras do máximo mandatario do Goberno da Xunta para subliñar que esta actuación permitirá que as persoas, as empresas e o porto de Marín e todo O Morrazo estarán mellor comunicados. Así, destacou o feito de que con esta vía en funcionamento, os cidadáns cambiarán 11 quilómetros de travesías por 12 quilómetros a través dunha vía rápida, coa mellora en seguridade e tempo que iso supón.

Rematar actuacións en marcha

O conselleiro de Medio Ambiente destacou que a posta en servizo da Variante de Marín ten un maior significado para o Goberno da Xunta, sobre todo tendo en conta a situación que actualmente atravesan todas as administracións.

Explicou que coa apertura da Variante de Marín cúmprese un fito máis na aposta decidida da Xunta por priorizar as actuacións que están en marcha, rematalas e pagalas.

Lembrou, ademais, que se trata da segunda das infraestruturas de alta capacidade posta a disposición dos cidadáns na provincia de Pontevedra, xa que a semana pasada púxose en servizo o Nó de Curro, unha infraestrutura que contribúe a reducir os problemas de retencións que tradicionalmente presentou a conexión entre a AP-9 e a autovía do Salnés nos meses estivais e nas que a Xunta inviste 39 millóns de euros.

Variante de Marín

A Variante de Marín nace na zona do Regueiriño e a PO-11 e contou cun orzamento de 37,7 millóns de euros. Con esta actuación buscouse completar e dar continuidade ao treito da variante que xa se atopa en servizo. O tramo aberto hoxe, de 4,2 quilómetros, ten a súa orixe no enlace da PO-12 (Autovía de Marín) e a PO-11 (Ramal do Enlace Pontevedra Sur da AP-9) modificando a tipoloxía do enlace existente por outro tipo diamante cunha glorieta e uns ramais unidireccionais proxectados case na súa totalidade en terras con muros verdes.

A súa rampla máxima é de 6,50 % con dous pasos superiores e catro inferiores. Na sección transversal cóntase cun tronco de 12 metros, que inclúe dúas calzadas de 3,5 m e dúas beiravías 2,5 metros. Así mesmo, ten un tronco con carril adicional para lentos de 15,5 metros, con tres carrís de 3,5 e dúas beiravías de 2,5 m.

A glorieta sobre a estrada PO-12 ten 11 metros con duas calzadas de 3,5 metros; dúas barreiras de 0,5 metros e dúas beiravías dun metro cada unha. Para levar a cabo o enlace é preciso facer un desmonte de 87.027 m3; e un terraplén de 114.872 metros cúbicos.

Acumúlanse para este sábado as actividades -todas elas recomendables- de ocio e formativas que se celebran en distintos puntos da contorna:

-unha muiñada en Salcedo, con xogos populares, roteiro polos muíños e sardiñada final.

Máis información no artigo: RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO EN SALCEDO

-as charlas no marco da xornada sobre “Comercialización da madeira e outros produtos do rural”, con interesantes achegas sobre a posta en valor do monte e a experiencia de comunidades que apostan pola produción de mel, cogomelos, madeira de calidade, ou gandería tradicional.

Máis información no artigo: NA FORMACIÓN, O FUTURO

-o roteiro que guiará o profesor e escritor Calros Solla polo Monte do Seixo, a montaña máxica por cuxa conservación loitaron durante anos para evitar a instalación dun parque eólico que finalmente chantou un feixe de aeroxeneradores entre penedos de singular valía simbólica.

Máis información no artigo: ANDAINA REIVINDICATIVA POLO MONTE DO SEIXO

…Quen tivera o don da ubicuidade…

Sábado 7 a partir das 10:00 horas, Xornada sobre”Comercialización da madeira e outros produtos do rural“.

Publicado por: MontePituco | 04/07/2012

VISITA INSTITUCIONAL DE NÚÑEZ FEIJÓO A MARÍN

Trala rúbrica do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, no aciago día no que veu ata Marín para anunciar a aprobación dun PXOM que condea o Monte Pituco a converter este baluarte da natureza e do patrimonio nunha morea de naves colgantes rodeadas de asfalto e cemento, o Libro de Ouro do Concello vén de incorporar hoxe a sinatura do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no marco dunha visita institucional.

Porque o tempo corre veloz e, a poucos meses de convocarse unhas eleccións autonómicas, os inquilinos do goberno autonómico agarran o pano de sacarlle lustre ás medallas e aos trofeos da vitrina. No caso de Marín, o trío de ases co que o PP intentará sacar peito nas urnas -co permiso dos afectados pola estafa das accións preferentes- son o cacarexado PXOM, a apertura do tramo pendente da Variante de Marín -ese vial tan pouco recomendable-, e o anuncio da licitación do novo centro de saúde, que a pouco máis case se fai esperar tanto como o propio planeamento.

Dirán os da oposición que todo é fume, porque para iso están. Tamén o PP lle botaría terra aos carros e carretas que foran vendendo -por xunto ou por separado- o PSdeG e o BNG, principais artífices da espada de Damocles que -en forma de urbanización salvaxe- pende agora sobre o Monte Pituco por culpa da acérrima negativa do bipartito local a estudar no seu momento unha alternativa razoable despois de aceptar a regañadentes a retirada do descabellado proxecto dos minipolígonos. Entre uns e outros, o Monte Pituco foi o comodín recorrente para que ninguén lles puidera atribuir máis retrasos na tramitación dun PXOM que tanto se fixo de rogar. Sacaron a idea, o estudo ou o papel de turno dun caixón de hai a saber cantos anos, sen importarlles que neste tempo cambiou a sensibilidade polo medio ambiente, a cultura e o patrimonio. O que demostra a hipocresía de quen ousa encher a boca con frases pomposas sobre desenvolvemento sostible, respecto pola paisaxe e posta en valor dos elementos arqueolóxicos como elemento de promoción turística, e tal e tal.

Mal que lles pese nun bando e noutro, a orografía do Monte Pituco é a que é, cunhas pendentes que non se poden maquillar nin con todo o chapapote do mundo. A súa ubicación na fronte litoral da ría dá o cante ata para o máis pitoño. A ubicación non pode ser máis desafortunada ao pretender desmantelar un espazo cunha abundante concentración de restos arqueolóxicos. Que tiren para adiante coa connivencia das altas instancias, e coa presión engadida dos múltiples intereses económicos e especulativos que inevitablemente acompañan estes procesos, xa é fariña doutro saco. A razón e a convicción están do lado de DEFENDE O MONTE PITUCO. O tempo e a xustiza serán a mellor proba de que se vai cometer un adefesio irreparable.

A continuación a nota oficial da Xunta sobre a visita de Núñez Feijóo a Marín.

 

FEIJÓO ANUNCIA QUE O VENRES ENTRARÁ EN SERVIZO A VARIANTE DE MARÍN, NA QUE A XUNTA INVESTIU 37 MILLÓNS DE EUROS, PARA LIBERAR O CENTRO URBANO DE 9.000 VEHÍCULOS DIARIOS

Fai un chamamento a “todas as administracións públicas” nun momento no que “debemos seguir facendo o maior dos esforzos para recuperar canto antes a vía do crecemento e a creación de emprego”

Lembra a aprobación “dunha das ferramentas principais que calquera concello debe manexar para garantir un desenvolvemento económico e social sostible no tempo, o Plan Xeral de Ordenación Municipal”

Respecto ao “compromiso claro da Xunta de Galicia coas políticas destinadas a mellorar os servizos públicos esenciais”, o presidente recorda como “o pasado venres o Consello da Xunta aprobou a licitación do novo Centro de Saúde de Marín”

Marín (Pontevedra), 4 de xullo de 2012.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que “dentro de 48 horas, o vindeiro venres”, entrará en servizo a variante provisional de Marín, unha infraestrutura na que a Xunta investiu 37 millóns de euros e que permitirá liberar o centro urbano da vila do paso de 9.000 vehículos diarios. O xefe do Goberno galego realizou hoxe unha visita institucional ao Concello de Marín, na que informou de que os traballos da variante estarán plenamente concluídos en agosto.

“A partir do venres empezamos a utilizar un centro urbano para as persoas, empezamos a usar Marín para a xente de Marín e a deixar os coches que pasen cara a outros lugares polas estradas”, afirmou. Salientou que, coa variante Marín, disporá “dunha infraestrutura que vai significar unha importante mellora en canto a seguridade e redución de tempos de desprazamentos para todos os veciños desta comarca”. Segundo explicou Feijóo, “Marín e todo o Morrazo estarán mellor comunicados, co beneficio que iso supón para as persoas, para as empresas e para o porto de Marín”.

O titular da Xunta manifestou o compromiso do Goberno autonómico por contribuír a facer de Marín “un lugar mellor onde vivir”. Ese é precisamente o obxectivo que nos marcamos para Galicia desde a Xunta cando puxemos en marcha o Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014 (horizonte 2020), engadiu.

Na súa intervención, Feijóo definiu a situación actual como “un momento de extraordinaria importancia para este concello e para toda Galicia”. “Un momento no que España está atravesando unha das peores crises que se lembran”, apuntou. No tocante ás “cifras de paro que a todos nos preocupan”, o presidente informou que “neste último mes a evolución do paro foi algo mellor” ao tempo que advertiu que “queda moito camiño por percorrer”. Neste sentido, fixo un chamamento a “todas as administracións públicas” nun momento no que “debemos seguir facendo o maior dos esforzos para recuperar canto antes a vía do crecemento e a creación de emprego, e afrontar todos estes retos desde a colaboración e a lealdade institucional”.

O responsable do Executivo galego afirmou que, nesta liña, “o Concello de Marín leva dando pasos importantes para poder mellorar a situación actual”, actuando con “determinación e con realismo, consciente das dificultades e dos escasos recursos cos que se contan na actualidade”.

No eido da implicación da Xunta con Marín, o presidente citou “algúns exemplos” da colaboración do Goberno galego co concello pontevedrés, ademais da variante que se abrirá o venres, como son “a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal ou a licitación do novo Centro de Saúde”.

Plan Xeral de Ordenación Municipal

O mandatario galego lembrou, así, a recente aprobación “dunha das ferramentas principais que calquera concello debe manexar para garantir un desenvolvemento económico e social sostible no tempo, o Plan Xeral de Ordenación Municipal”. Segundo Feijóo, unha vila como Marín non podía aturar máis tempo co seu territorio regulado con normas subsidiarias de hai máis de 30 anos.

En verbas do presidente, “foi un proceso longo e complicado, que durante 19 anos freou as posibilidades de crecemento de Marín, pero finalmente logrouse o obxectivo grazas precisamente ao traballo conxunto de todas as forzas políticas e dos veciños de Marín”. “Con este Plan lógrase o desbloqueo que estaban sufrindo núcleos do litoral como Aguete, Casás, Loira, Teoira ou Mogor”.

Para o presidente da Xunta, o Plan Xeral de Ordenación Municipal representa “unha excelente oportunidade para todos, para os cidadáns, para as institucións e permitirá o crecemento ordenado de Marín, a construción de vivendas e de equipamentos públicos e o establecemento de empresas capaces de crear emprego”.

Novo Centro de Saúde

O responsable do Goberno galego recordou como “o pasado venres o Consello da Xunta aprobou a licitación de 15 centros de saúde en Galicia, entre eles, o de Marín, nunha mostra do noso compromiso coa mellora e a sostibilidade do sistema sanitario galego”.

Neste sentido, salientou o “compromiso claro coas políticas destinadas a mellorar os servizos públicos esenciais e, de xeito moi particular, os vinculados coa educación e a sanidade”. “En Galicia levamos tres anos facendo un esforzo importante por seguir mantendo unha sanidade pública, universal e gratuíta”, aseverou. O presidente sinalou as “políticas de xestión rigorosa e de busca da eficiencia” como “as que posibilitan que os cidadáns poidan contar con máis e mellores servizos”.

 

Publicado por: MontePituco | 03/07/2012

NA FORMACIÓN, O FUTURO

Mentres unhas comunidades de montes atrasadas e retrógradas se rixen por principios que para nada, máis ben ao contrario, apostan polo desenvolvemento do territorio que xestionan con iniciativas encamiñadas á obtención de beneficios baseados no aproveitamento dos seus recursos naturais, e na promoción do seu patrimonio histórico e etnográfico, outras escollen precisamente a vía acertada de potenciar as cualidades do seu monte, poñendo en marcha accións de desenvolvemento rural que, co tempo e cunha xestión axeitada, están dando bos resultados en beneficio da veciñanza.

O mes pasado a Comunidade de Montes do Salgueiral, en Bora, pertencente ao concello veciño de Pontevedra, acolleu unhas xornadas denominadas “O rural que queremos”, coa participación de responsables de diversas organizacións que traballan no eido rural, xerando emprego, favorecendo a recuperación do contorno e contribuíndo a fixar poboación.

O director da área de medio ambiente da empresa Hifas da Terra, Esteban Sinde, asegurou que ningunha especie de árbore coma o castiñeiro é capaz de xerar tanta riqueza, entre a súa madeira, o froito -a castaña- que produce, e os cogomelos que poden medrar no chan micorrizado dun souto. Radicada en Bora, Hifas da Terra é a empresa galega máis emblemática no eido da produción de cogomelos.

Paula Vidal repasou a traxectoria do colectivo ambiental Amigos da Terra, que construiu na serra de San Mamede (Ourense), nos terreos dunha comunidade de montes, o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas. Tras superar algún que outro contratempo cos comuneiros, finalmente foi posible que o albergue dunha antiga casa forestal se convertera nun referente en materia de bioconstrucción ao aproveitar os materiais da zona e empregar madeira certificada ambientalmente, e de eficiencia enerxética, ao combinar a pequena escala xeneradores solares, eólicos e hidráulicos.

Hoxe en día, esta “utopía feita realidade”, como a denominan, é un referente formativo no eido da educación ambiental, na organización de campamentos de verán para poboación infantil, na interpretación e defensa do patrimonio. Superados os atrancos cos comuneiros, As Corcerizas e Amigos da Terra colaboran estreitamente coa comunidade de montes de Arnuide: voluntariado ambiental, prevención contra incendios, recuperación de espazos afectados polo lume, actividades de divulgación sobre o monte como fonte sostible de recursos…

Tamén participaron integrantes da cooperativa Ancares de Meu (Cervantes, Lugo); un grupo de mulleres que botaron a andar un proxecto de promoción turística da montaña lucense. O seu esforzo mereceu o 1º premio nun concurso de iniciativas que supuxo o pulo definitivo para que a súa iniciativa pasara do papel á realidade. E así é posible que as protagonistas desta aventura reciban a numerosos visitantes que se interesan pola beleza e pola cultura dos Ancares: dende cocer o pan, ata o funcionamento dun tear tradicional, ou a estancia nunha auténtica palloza son algunhas das posibilidades que ofrecen, que van mesmo máis aló, ao organizar tamén roteiros ambientais.

A última intervención foi de Fernando Bandín, da Fundación Fragas do Mandeo, pertencente á bisbarra das Mariñas (Betanzos), que explicou en que consisten os grupos de custodia do territorio. No seu caso, grazas ás cuotas dos socios foron mercaron fincas, traballaron na eliminación de especies invasivas e estudaron a biodiversidade do espazo. Xunto coa asociación cultural Ridimoas de Ribadavia, que foi pioneira en Galicia na creación dunha rede de custodia do territorio, e as asociacións Drosera e Anduriña, que impulsaron en Marín a custodia da carballeira de Sorretas para garantir a conservación dunha especie de morcego, a Fundación Fragas do Mandeo é das poucas entidades que se adica en Galicia a velar pola protección do territorio nesta modalidade de custodia activa. Actualmente contan cunha extensión de máis de 4000 hectáreas e un observatorio.

Coñecer o traballo que realizan noutras localidades, achegarse a experiencias novidosas, preguntar e compartir a experiencia propia con outras entidades semellantes é a única maneira de formarse e de evolucionar. Por iso é unha mágoa que nunha comunidade de montes como a de San Xulián non se poidan poñer carteis anunciando xornadas como as celebradas en Bora sobre “O rural que queremos”. Pecharse en si mesmos, aillarse do resto do mundo e non participar doutras propostas de traballo, sen dar tampouco a posibilidade de informar sequera sobre iniciativas alleas relacionadas co desenvolvemento do monte, é un xeito de empobrecemento que di ben pouco da capacidade para afrontar os retos do futuro.

O futuro, por exemplo, non debería pasar por converter o Pornedo nun ermo de formigón e asfalto para encha a rebosar as arcas da comunidade, por un tempo moi limitado, por certo. O futuro do Pornedo debería estar ligado a un plan serio de explotación forestal e á conservación e proxección dos seus valores patrimoniais e paisaxísticos; unha estratexia que daría beneficios ilimitados no tempo para as xeracións futuras.

En todo caso, o blogue DEFENDE O MONTE PITUCO seguirá sendo o tablón de anuncios de cantas actividades se organicen a prol do desenvolvemento rural, da cultura e do medio ambiente. Así, este mesmo sábado 7, a partir das 10:00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra, celebrarase unha xornada de traballo sobre “Comercialización da madeira e outros produtos do rural” organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo.

10:10 O monte veciñal como recurso para o desenvolvemento rural (María do Mar Pérez Fra, profesora da USC, especialista en política agraria e desenvolvemento rural)

10:45 Os produtos do monte: a xeración de valor engadido para os titulares das terras (Edelmiro López Iglesias, profesor da USC, especialista en economía e política agraria)

11:25 Produtos do medio rural e mercados locais (Xosé Antonio Meixide, profesor do Centro de Formación Agroforestal de Guísamo)

12:30 Experiencias na comercialización de madeira: Agrupación de propietarios particulares (Manuel Galdo, presidente da Asociación de Produtores de Madeira de Viveiro) e Venta en común de varias comunidades de montes (Iago Pereira Moreda, capataz da Mancomunidade de montes do Val Miñor)

13:10 Experiencias na diversificación de rendas a través da multifuncionalidade: A explotación do mel (César Cambeiro, Paco Cambeiro e Domingo Martínez, CMVMC de Caldebarcos, Carnota), A explotación do gando (Roberto Álvarez González, xerente da Facenda O Agro – CMVMC de Amoroce, Celanova), A explotación de madeira (Isaac González González, CMVMC de Santa Mariña do Rosal, O Rosal)

16:30 Presentación da “Lonxa virtual de madeira e produtos do monte”: A lonxa virtual como ferramenta das comunidades de montes (Alberto Lema Couso, presidente da Mancomunidade de montes de Ponte Caldelas), Características técnicas e funcionamento da lonxa virtual (Marta Martínez López, enxeñeira de montes

18:00 Comercialización dos produtos do monte: problemática, necesidades e propostas (mesa redonda coa participación dos relatores da Xornada, moderada por Claudio Quintillán, presidente da Mancomunidade de montes do Castrove-Salnés).

DESCARGAR PROGRAMA EN FORMATO PDF: “Comercialización da madeira e outros produtos do rural“.

Publicado por: MontePituco | 02/07/2012

50 ESPECIES BOTÁNICAS CLASIFICADAS

A sección da “flora” silvestre do Pornedo creouse para dar a coñecer as plantas que medran neste espazo natural. Non se pode reivindicar a conservación dun lugar ignorando que especies o habitan. E pouco a pouco foise revelando como un apartado moi importante do blogue DEFENDE O MONTE PITUCO. Unhas medran espontaneamente na beira dos camiños; para dar con outras máis agochadas cómpre picarse entretupidos toxais e silveiras; tamén nos detemos naquelas máis desapercibidas que medran ao abeiro dos rochedos… Descubrimos que moitas teñen propiedades medicinais, ou que antano se aproveitaban para usos domésticos; hainas mesmo de procedencia foránea, que se foron introducindo neste contorno por algunha sorte de colonización global. De todas as cores, formas e tamaños; de apariencia humilde ou sorprendentemente exuberantes; propias de chans secos ou húmidos. A súa presenza demostra que no Pornedo hai unha valiosa biodiversidade que merece atención e respecto. Non en van, pola súa escaseza, algunha que outra planta figura no Catálogo de Especies Vulnerables.

Antigamente a vexetación do Pornedo servía para estrar as cortes dos núcleos de poboación veciños. Na actualidade, aínda que en moita menor medida, tamén os hai que veñen apañar  toxo e o fento, prolongando ata os nosos días a utilidade social do monte para o medio rural. Como pulmón verde da vila, o monte ten unha función ecolóxica indispensable e irreemprazable. E ante a progresiva perda de espazos naturais autóctonos, o Pornedo -que dende sempre recibe a paseantes propios e estranos con sensibilidade pola natureza- ben podería asumir unha misión educativa nada desprezable (téñano en conta os centros escolares interesados en formar o seu alumnado en valores ambientais).

Coa axuda da “Guía das plantas de Galicia” de Xosé Ramón García (Xerais, 2008), descubrimos un mundo fascinante. Neste particular Paraíso noso -de todas e todos- xa case sabemos nomear 50 especies botánicas. Seguiremos “andainando”, cámara en ristre, para seguir observando de vagar as herbas, as flores, as árbores, os liques que outros ignoran e desprezan… para seguir aprendendo das marabillas naturais do Monte Pornedo.

…PARA QUEN O SAIBA APRECIAR…

[ POLÍGONO, NON! ]

Publicado por: MontePituco | 29/06/2012

A APROBACIÓN DO PXOM, NA PRENSA

Diario de Pontevedra: …Del kilómetro cuadrado de suelo urbanizable, 362.063 metros serán para dos ámbitos de carácter industrial: el monte Pituco y uno menor en la zona de Moledo, en la parroquia de Ardán”.

La Voz: “…Del kilómetro cuadrado destinado a suelo urbanizable, un total de 362.063 metros se reparten entre los polígonos industriales de Monte Pituco y, en menor medida, de Moledo-Ardán”.

La Xunta aprueba el Plan Xeral de Marín tras 19 años en redacción y 34 en espera

JULIO SANTOS PENA – MARÍN. La Xunta de Galicia ha aprobado el Plan Xeral de Ordenación Municipal tras 19 años de iniciarse los trabajos de redacción de dicho plan. Marín se convierte en el primer municipio de la provincia de Pontevedra que lo consigue en el presente año. Cabe recordar que el urbanismo en esta villa se estuvo rigiendo por unas normas urbanísticas aprobadas en 1978. El anunció lo realizó ayer el conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández en una visita que realizó al consistorio.

Hernández se reunió muy brevemente primero con la alcaldesa y después con los miembros de la corporación asistentes de todos los partidos, (la portavoz de Mar-In, Isabel Martínez excusó su asistencia por ineludibles compromisos anteriores), a los que comunicó la buena nueva para hacerla pública poco después ante los medios de comunicación. Recordó cómo hace unos quince días se comprometió a aprobar el Planeamiento y añadió que fue posible gracias a la colaboración entre los representantes de las dos administraciones tanto a nivel técnico como político.

Según la información que facilitó el conselleiro, el planeamiento recoge que un 10% del municipio es suelo urbano; otro 10% núcleos rurales; el 3% urbanizable y, el resto, es decir, el 77%, rústico de protección. Otro aspecto destacado por Hernández es que Marín podrá desarrollar 9.500 nuevas viviendas con el documento ahora aprobado repartidas en 2.768 en núcleos rurales; 5.369 en suelo urbano y 1.430 en suelo urbanizable. También hizo especial hincapié en que “el documento desbloquea el problema de los núcleos costeros de Aguete, Casás, Loira, Teoira y Mogor que quedan reconocidos con la servidumbre de protección a 20 metros al acreditarse que existen con anterioridad a la entrada en vigor de la Ley de Costas y señala dos ámbitos de suelo urbanizable industrial“.

Años e inversión

Diecinueve años llevó la redacción de este planeamiento desde que se iniciaron los trabajos. En realidad la carencia de una normativa urbanística adecuada tiene treinta y cuatro años de antigüedad pues Marín se estuvo rigiendo por unas Normas de Planeamiento aprobadas siendo alcalde Antonio Martínez Arias en el año 1978 con la intención de que sirvieran de puente hasta conseguir un PXOM, puente que superó las tres décadas y se construyó con muchas dificultades hasta llegar a la anterior y a esta legislaturas en que el consenso tanto político como vecinal fue prácticamente total.

La alcaldesa intervino en el acto para mostrar, precisamente el carácter consensual que este PXOM tiene y recordó que se ha conseguido gracias al trabajo de mucha gente, políticos, técnicos y vecinos que a lo largo de tantos años han ido limando las diferencia de criterio hasta conseguir una realidad que hará prosperar a Marín que a partir de ahora sabe cuales son sus verdaderas posibilidades de desarrollo.

Por su parte, el conselleiro tras recordar la larga espera de 34 años para que Marín contase con su PXOM, felicitó a todos los vecinos en las personas de los portavoces municipales a los que reconoció el valor del consenso y trabajo común para aprobar el Plan. Al igual que lo hiciera la alcaldesa previamente, Hernández destacó el trabajo de la Secretaría General de Urbanismo y concretamente de su titular Encarnación Rivas, que tanto en este PXOM como en otros 25 desde que se inició la legislatura, ha conseguido en Galicia, hacer realidad los planeamientos.

Destacó la importancia del documento para el desarrollo el municipio tras haber superado todas las dificultades y en especial la de la relación costera y la posibilidad real que el Concello tiene ahora de potenciar sus capacidades a todos los niveles. Consideró finalmente que la fecha de ayer era para celebrar que el Concello pudiera garantizar el desarrollo sostenible con posibilidad de añadir 9.500 nuevas viviendas entre otras ventajas urbanísticas.

El segundo tramo de la variante de Marín se abrirá a la circulación el próximo día 6 de julio

Tras firmar en el Libro de Honor del Ayuntamiento reflejando la importancia histórica de la fecha, Agustín Hernández hizo otro anuncio importante para Marín como fue la próxima apertura de la variante que partiendo de la autovía a la altura de Mollabao (en las proximidades de ENCE) conectará con el tramo ya en servicio desde hace varios años para desembocar finalmente en Casás (Ardán) con salidas intermedias en Pardavila y A Brea lo que facilitará el paso de vehículos hacia Morrazo que no tendrán que atravesar el núcleo urbano de Marín donde frecuentemente las colas se hacen interminables.

Hernández aclaró, no obstante, que las obras en la carretera seguirán realizándose hasta su finalización total que se calcula a finales de agosto, pero la apertura se hace para facilitar el paso de ida y vuelta de vehículos hacia las playas durante la época estival que tendrá en la próxima semana su comienzo fuerte con la llegada del mes de julio. Hernández cifró en unos 120.000 habitantes de los concellos próximos los que se beneficiarán de la mayor fluidez del tráfico por la zona.

Este PXOM es la culminación de un trabajo realizado por muchos y cesión de todos

JULIO SANTOS PENA – MARÍN Una generación entera de marinenses ha estado oyendo hablar del PXOM durante toda su vida. Quien más quien menos acabó aburriéndose de tantas idas y venidas de un documento que desde el año 1978 se prometió y, hasta ayer mismo, 34 años después, no se consiguió. Atrás quedaron planes rotos que costaron una millonada de las pesetas de entonces por la incapacidad de los políticos locales, por la poca simpatía de la Xunta en algún momento y también por el rechazo popular que ciertos aspectos de la documentación contenían. Finalmente y durante los últimos tres o cuatro años, se consiguió un consenso político y un silencio vecinal que posibilitó la llegada a la meta.

La alcaldesa María Ramallo ha repetido por activa y por pasiva que es un éxito basado en el trabajo de todos pero a ella le ha tocado ser la principal responsable del ayuntamiento en el momento de la aprobación y eso tiene que agradarle y mucho.

–Se ha llegado a la meta…

–Para Marín fue ayer un día intenso; la culminación a un trabajo realizado por muchos, con evidentes cesiones por parte de todos, pero respaldado por los grupos políticos y por los vecinos de Marín.

–Ahora que todo pasó ¿se reconoce más la dificultad?

–Hemos hecho un máster avanzado en gestión urbanística, en entender la filosofía de las distintas leyes que nos iban pillando y en adaptarnos a una realidad cada vez más exigente y más intensa desde el punto de vista medioambiental y paisajística y creo que en Marín hemos hecho los deberes. Siempre pensamos en qué sentiríamos en un momento como éste, en culminar una labor en la que verdaderamente creíamos, y en intentar desatascar muchos de los problemas que a diario se generan por tener un traje demasiado corto para las circunstancias de Marín.

– ¿Habrá que ir pensando ya en otro PXOM de futuro?

–Marín se rige por las Normas Subsidiarias del año 1978, desde este año y 34 años después se superaron con creces las previsiones que su vigencia tenía previstas. A día de hoy este documento es insuficiente para regular la actividad urbanística del municipio, bien porque parte de sus previsiones se han llevado a la práctica, o bien porque el transcurso del tiempo haya demostrado la imposibilidad de ejecutarlas.

–No es fácil Marín para estas lides.

–Existe una evidente la diversidad tipológica en este concello, con grandes diferencias entre los núcleos urbanos de Marín y Seixo y los diferentes núcleos tradicionales. Con respecto a los núcleos rurales tradicionales, se prevé un crecimiento reducido, limitado a las parcelas incluidas en la delimitación y en las áreas de expansión concretas.

–Y ¿cómo se ha solventado eso en esta ocasión?

–Para la caracterización de los asentamientos rurales se siguieron criterios de clasificación de usos de suelo, población y edificación, sistema de equipamientos, espacios libres, viario y servicios. La selección de núcleos se realizó en función del alcance de los servicios prestados desde el Concello de Marín, con estos criterios se delimitan en el documento 42 núcleos rurales tradicionales, incluidos los del litoral, con delimitación como suelo de núcleo rural.

–El PXOM aprobado prevé un crecimiento notable del municipio. ¿podría explicarnos algún aspecto importante?

–Como datos a destacar del crecimiento que se prevé para Marín con un Plan de etapas de 25 años, destacar el siguiente cálculo. incremento total de 5.232 nuevas viviendas en Marín, incluso Mogor; y de 1.637 nuevas viviendas en Seixo, para un total de 6.869 viviendas a desarrollar en el Concello de Marín para el futuro que serán el horizonte de desarrollo de un cuarto de siglo.

– ¿De quien se acuerda en este momento histórico para Marín?

–De todos los que, de una u otra manera, intentaron llevar a buen término un Plan para Marín. Algunas personas ya no están entre nosotros tras tantos años y tengo miedo dejar involuntariamente a alguien fuera de la relación que pudiera hacer. Pero si me refiero a la actualidad, tengo que destacar la especial colaboración de la Consellería de Agustín Hernández, personificado en el equipo de la Secretaría Xeral de Urbanismo Encarnación Rivas, que desde el primer momento cogió el Plan de urbanismo de Marín con la mirada puesta en desbloquearlo y en sacarlo para adelante, y se consiguió. En suma, total agradecimiento a todos los que trabajaron y a todos los que efectivamente actuaron con generosidad, es un éxito para Marín que sin duda marcará un punto de inflexión muy importante.

Publicado por: MontePituco | 28/06/2012

POST-PXOM: SOLICITUDE DE ENTREVISTA CO CONSELLEIRO

Publicado por: MontePituco | 27/06/2012

CRÓNICA DUN PXOM APROBADO: SEGUE A LOITA DO PITUCO

É a crónica dun PXOM anunciado. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xa viña anticipando nas últimas semanas a inminencia da súa aprobación. Comezou dicindo que faltaban meses, despois pasaron a faltar unhas semanas, e o último que se lle escoitou foi que só quedaban uns días. E chegou o 27 de xuño de 2012, unha data que o Goberno municipal do PP enmarcará para a historia deste Concello; unha data da que tamén o PSOE e o BNG local irán quitar rédito e mérito da parte que cren que lles toca, non sen antes patalear con rabia porque a aprobación do planeamento non se fixera na lexislatura pasada.

Entre os tres principais partidos a cuestión nunca foi elaborar o plan urbanístico máis axeitado para Marín, senón colocarse unha medalla político-electoral, independentemente do contido dese documento tan importante para o desenvolvemento futuro da vila. Están de noraboa os veciños e veciñas que agardaban este momento para poder construir unha casa; ou os habitantes de Aguete, Casás, Loira, Teoira e Mogor para os que o PXOM acredita que as súas vivendas existían con anterioridade á entrada en vigor da Lei de Costas, polo que a súa densidade edificatoria será equivalente á de solo urbano.

En cambio, non son boas novas para o Monte Pituco, a pesar de todos os argumentos que ten ao seu favor para seguir apostando pola súa conservación, malia quedar oficialmente estigmatizado cunha catalogación -a de solo industrial- que non fai xustiza aos valores naturais, patrimoniais e paisaxísticos deste espazo:

-Forma parte dos Montes do Morrazo, catalogados como solo rústico de especial protección de espazos naturais polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra.

-Conta con informes de aptitude orográfica desfavorables debido á pendente do terreo, que en gran medida sobrepasa -en máis do dobre- a pendente recomendada pola “Guía de Recomendacións Técnicas para o Proxecto Integral de Parques Empresariais de Galicia”.

-Trátase dun espazo que, ao atoparse en plena fachada da ría, ten unha enorme intervisibilidade, polo que a urbanización do terreo xeraría un impacto visual irreversible dende calquera punto da ría de Pontevedra.

-A alta densidade de elementos arqueolóxicos oficialmente documentados que, no caso dos petroglifos, están catalogados como Bens de Interese Cultural en torno aos cales é obrigatorio manter unha franxa de protección de 200 metros: conxunto rupestre do Pornedo, petroglifos de Sete Camiños, complexo rupestre da Carrasca…

-Riqueza da flora e da fauna da zona, coa presenza de endemismos botánicos, algúns dos cales, como o fento “Dryopteris guanchica”, figura no ‘Catálogo Galego de Especies Ameazadas’; e coa existencia dunha colonia de “Chioglosa lusitanica” ou saramaganta rabilonga, un anfibio que, pola súa escaseza, tamén está clasificado como “vulnerable” no ‘Catálogo Galego de Especies Ameazadas’.

-Grave afección aos mananciais naturais que surten de auga para consumo doméstico e para regadío aos habitantes da contorna.

(La Voz de Galicia, 18 de abril de 2010: “La consellería pone REPAROS al polígono del Pituco, que CONDICIONA a un PROCESO ESPECÍFICO”)

A pesar de admitir o grao de protección ambiental que pesa sobre o Pituco, o PP de Marín fixo seguidismo da xestión que emprenderan as anteriores corporacións. En canto á Administración autonómica, gobernada polo mesmo partido, tamén recoñece que a posibilidade de instalar un polígono industrial neste monte está supeditada a un informe de avaliación impacto específico para tal actuación. E, confirmando os datos dos estudos topográficos realizados a instancias de DEFENDE O MONTE PITUCO, a proba de que semellante infraestrutura sería desaconsellable é a “baixa puntuación” que obtén a zona Marín-Pontevedra no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, cuestionando a súa viabilidade. Esta información remóntanse tan só a xaneiro deste ano 2012.

A falta de saber como se están analizando as alegacións presentadas por DEFENDE O MONTE PITUCO demandando que se intensifique o grao de protección sobre este espazo, e polo Concello de Marín, xusto no sentido contrario, reclamando unha maior flexibilidade nos parámetros, resulta evidente que estamos ante un PXOM contraditorio no referente á dotación de chan industrial. Porque a Xunta está posibilitando que se urbanice un monte, o Pituco, que, segundo o mesmo Goberno galego, non reúne as condicións óptimas.

(Diario de Pontevedra, 13 de xaneiro de 2012: “A baixa puntuación destas actuacións compromete en gran medida a súa viabilidade”).

E por este motivo DEFENDE O MONTE PITUCO vai pedirlle explicacións ao conselleiro Agustín Hernández sobre o futuro deste enclave; sobre as posibilidades a medio ou longo prazo para acometer unha modificación puntual do planeamento que permitan indultar o Pituco da ameaza do asfalto e do formigón, a tenor das dificultades para acondicionar o terreo nunhas condicións económicas razoables.

É a crónica dun PXOM aprobado, mais non unha derrota para o Monte Pituco. Máis ben un novo estímulo para seguir loitando con forza pola súa conservación e posta en valor. Nesa ardua tarefa DEFENDE O MONTE PITUCO conta co apoio de máis dunha vintena de colectivos que están a prol de integrar este enclave da parroquia de San Xián no proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, comezando pola Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común, que rexeita a destrucción desta porción tan significativa do monte veciñal marinense.

(Faro de Vigo, 18 de novembro de 2009: “La opción de Monte Pituco, recordaba ayer el presidente de la Autoridad Portuaria, José Benito Suárez, fue “desechada” en el año 2000, debido al desnivel del terreno, que lo hacía inviable”).

NOTA INFORMATIVA DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

O conselleiro de Medio Ambiente reuniuse hoxe coa alcaldesa de Marín, a quen informou deste paso histórico para o concello pontevedrés

A XUNTA DE GALICIA APROBA O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE MARÍN, O PRIMEIRO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NO ANO 2012

O planeamento recolle que o 10% do concello é solo urbano, outro 10% é núcleo rural, o 3% urbanizable e o restante 77% rústico de protección

Recoñécense dous ámbitos de solo urbanizable industrial e prevese o desenvolvemento de 9.500 novas vivendas

As axudas concedidas pola Xunta para a redacción do PXOM ascenderon a 180.000 euros

Este documento desbloquea o problema dos núcleos costeiros de Aguete, Casás, Loira, Teoira e Mogor, que quedan recoñecidos coa servidume de protección a 20 ao acreditarse que existen con anterioridade á entrada en vigor da Lei de Costas

Marín (Pontevedra), 27 de xuño de 2012.- A Xunta de Galicia aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Marín, polo que se converte na primeira administración local da provincia de Pontevedra no que vai de ano que logra adaptar o seu planeamento á Lei do Solo. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, trasladou esta mañá, no decurso dunha reunión de traballo no Casa consistorial, esta decisión da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio, que tamén será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Hernández sinalou que con esta aprobación ratifícase o compromiso adquirido por el mesmo hai 15 días, cando se comprometeu a aprobar o planeamento nos vindeiros días; unha realidade que foi posible, en boa medida, grazas a permanente colaboración entre os representantes das dúas administracións, tanto a nivel técnico como político.

Este planeamento, que levaba 19 anos en redacción, recolle que o 10% do concello é solo urbano, outro 10% é núcleo rural, o 3% urbanizable e o restante 77% rústico de protección. Recoñécense dous ámbitos de solo urbanizable industrial e prevese o desenvolvemento de 9.500 novas vivendas. As axudas concedidas pola Xunta para a redacción do PXOM ascenderon a 180.000 euros.

*Superficies por tipo de solo

solo urbanizable: 3%

solo urbano: 10%

solo núcleo rural: 10%

solo rústico de protección: 77 %

ESPAZOS LIBRES E ZONAS VERDES: 1.129.436,21 m2

EQUIPAMENTO COMUNITARIO: 475.444,47 m2

*Datos singulares

– O 77% do Concello é solo rústico de especial protección.

– Do 1 km2 de solo urbanizable, 362.063 m2 están destinados a dous ámbitos de carácter industrial.

– Por Lei Marín debe dispoñer de 425.771,17 m2 de espazos libres e zonas verdes. O PXOM contempla 1.129.436,21 m2 (máis do dobre).

-A Lei esixe 141.923,72 m2 de equipamento comunitario para Marín. O PXOM dispón 475.444,47 m2 (máis do triplo).

Novas vivendas previstas polo PXOM: 9.567 novas vivendas

Núcleos rurais: 2.768 vivendas (28,93 % do total de novas vivendas)

Solo urbano: 5.369 vivendas (56,12 % do total)

Solo urbanizable: 1.430 vivendas (14,95 % do total)

Así, este concello convértese no primeiro da provincia e no quinto de Galicia en aprobar o plan xeral en 2012, e no 25º plan que a Xunta aproba no que se leva de lexislatura. Cómpre lembrar que estes anos a aprobación de plan xerais foi a seguinte:

-2009 ( 5 concellos): Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga, Vigo, Sober e Laxe.

-2010 (8 concellos): Pedrafita do Cebreiro, Touro, Teo, Cualedro, Valga, Arnoia, Muros e Dodro.

-2011 (7 concellos): Outes, Tui, Cenlle, Beade, Boborás, Lugo e Moaña.

-2012 (5 concellos): Cortegada, Xove, Muíño, Leiro e Marín.

Actualmente dos 315 concellos galegos:

Un total de 251 concellos, o 79% réxense por un planeamento xeral:

– 60 teñen un PXOM adaptado á lei vixente

– 191 están redactando un PXOM

Outros 64 concellos, o 21% non teñen planeamento, ou está suspendido ou anulado:

– 62 xa empezaron a redactar un PXOM

– 2 concellos nin teñen planeamento, nin están redactando un PXOM acorde coa lei vixente: Abadín e Ribeira de Piquín, da Provincia de Lugo

 

Publicado por: MontePituco | 26/06/2012

OS PETROGLIFOS DE CADRO, EN PERIGO

No Bosque de Cadro atópanse diversos gravados rupestres catalogados que non se tiveron demasiado en conta -dito sexa suavemente- na anterior lexislatura municipal á hora de pór en marcha o polémico “ecoparque”. No seu momento o Grupo Cultural Ronsel xa advertiu da posible afección a este patrimonio prehistórico.

La existencia de petroglifos en Cadro preocupa a la asociación cultural Ronsel“.

(Faro de Vigo, 27 de febreiro de 2010)

Ronsel se interesa por el estado de los petroglifos de Cadro“.

(La Voz de Galicia, 28 de febreiro de 2010)

A denuncia tamén quedou recollida no artigo que BreaSeixo titulou “Sorpresa!“, de onde proceden os seguintes recortes de prensa.

Varios colectivos veñen de alertar esta semana da posible afección aos petroglifos de Cadro con motivo dunha práctica deportiva que se vai celebrar este fin de semana coincidindo cunha Concentración Mototurística. A continuación, a nota informativa.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vén de presentar -xunto coa Asociación Queremos Galego Marín, a Asociación Cultural Almuinha, a Asociación Defende o Monte Pituco, o colectivo ecoloxista Luita Verde e o Colectivo Nacionalista de Marín- un escrito no Rexistro do Concello de Marín e na delegación territorial da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra solicitando a suspensión da proba de trial que se vai celebrar o domingo 1 de xullo no ecoparque do bosque de Cadro, de propiedade municipal, enmarcada nas actividades da Concentración Mototurística Vila de Marín promovida polo Concello de Marín e o Moto Clube Pontus Veteris, onde tamén figura como organizador o Moto Clube de Aldán.

Nese recinto, situado en Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais Montes do Morrazo, localízase o complexo rupestre denominado “Petróglifos do Bosque do Cadro”; un xacemento arqueolóxico da Idade do Bronce consistente en 5 grupos de petróglifos, e catalogado no Inventario Xeral de Patrimonio Cultural de Galicia co nº de Rexistro GA36026024, englobado na categoría de “Ben de Interese Cultural” (BIC).

Segundo a Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia calquera actuación no seu ámbito de protección necesita de autorización por parte da Consellaría de Cultura, da que estes colectivos non teñen constancia.

A área de protección dentro de Solo Rústico de Protección Patrimonial, segundo o art. 30 de ordenanza reguladora do Solo Non Urbanizable de Protección do Patrimonio incluída na Orde 14/5/1991, de 14 de maio, polo que se aproban as Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, é de 200 metros para os restos arqueolóxicos, incluídos os petróglifos, a partir do vestixio máis exterior do ben que se protexe ou , cando varios elementos singulares se articulan en conxunto, trazarase a partir dos elementos exteriores do conxunto abarcando a totalidade del.

Unha parte dos petróglifos, debido a décadas de abandono, están na actualidade ilocalizables, polo que, xa simplemente por precaución, entendemos que non debería autorizarse a citada proba no lugar ante posibles danos ao patrimonio existente.

A realización desta proba pode ter unha afección negativa sobre estes petróglifos, sobre todo se se ten en conta o tipo de proba, dado que o trial ten apetencia polas rochas ao ar libre e que para a organización da proba e o deseño do circuito non se tivo en conta a presenza dos petróglifos.

Os colectivos que subscriben o escrito tamén solicitan a recuperación e a valorización do citado complexo rupestre, así como a catalogación dun novo petróglifo nas proximidades do Bosque de Cadro, sito a maior altitude, no alto dos Pedrouzos e preto do xacemento medieval catalogado como Castelo de Barbudo (GA36026005), e dentro da súa área de protección, da que xa se deu aviso no mes de abril.

Un dos libros de cabeceira do blogue DEFENDE O MONTE PITUCO é “Petroglifos e outras prehistorias: cadernos de arqueoloxía marinense”, de Xulio D. Abal e Álvaro R. Arizaga. Nas páxinas 31-35 desta obra adícase un amplo artigo aos gravados rupestres do Bosque de Cadro, do que citamos algunhas liñas:

“O complexo rupestre do bosque de Cadro foi explorado e catalogado na súa meirande parte por Antonio de la Peña, quen sinalou a existencia de cinco grupos de petroglifos, todos eles dentro do recinto do bosque, antiga propiedade do pazo (…) A nosa exploración neste lugar resultou especialmente complicada, tanto pola inexistencia de referencias sobre a súa colocación exacta, como pola fisonomía do lugar en si, cunha incrible abundancia de rochas, moitas delas semicubertas ou tapadas pola abundante vexetación. Asimesmo, moitos dos motivos existentes nestes gravados resultan pouco frecuentes, o que complica aínda máis atopalos”.

Sería incongruente que un traballo de investigación publicado polo Concello de Marín acredite a existencia duns elementos patrimoniais, localizados nun recinto acotado aínda que non situados individualmente, e que por esa falta de concreción puntual, a falta dun estudo detallado da zona por parte de profesionais na materia, os responsables municipais sexan partícipes dunha actividade que pode botar a perder ese legado histórico e cultural. Habendo espazos no Concello de Marín onde non está documentada a existencia de gravados rupestres ou restos arqueolóxicos catalogados, o mero feito de escoller o bosque de Cadro para unha proba motorística coa única excusa de “promocionar” o ecoparque, resulta dunha torpeza e dunha imprudencia inxustificables.

Publicado por: MontePituco | 23/06/2012

NA HOMENAXE A XAN MONTENEGRO

Antes de comezar a teclear este feixe de palabras en memoria de Xan Montenegro, clasifico o artigo na lista de categorías do blogue: Veciños, e Cultura. Porque se por algo se caracterizou a súa traxectoria foi por capitanear -na primeira liña ou dende as trincheiras- a Asociación de Veciños de San Xulián, por demandarlle de maneira incansable ao Concello a execución de melloras para esta parroquia, entre as cales a construcción das beirarrúas que agora están a piques de rematarse, foron a súa maior teima ata practicamente a fin dos seus días; e Cultura porque Xan Montenegro foi un firme defensor da lingua galega na que sempre falou e escribiu; do patrimonio histórico, tal e como confirma a súa preocupación pola conservación dos elementos rupestres, e as súas protestas pola destrucción de petroglifos como o que quedou aterrado entre A Pena e o Caeiro a causa das obras da variante; un promotor da tradición mariñeira, como integrante de colectivos como Ronsel ou a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Por poñer algúns casos, porque eran moitas as causas sociais e culturais nas que Xan aportaba o seu inestimable gran de area.

Pero toda esa enerxía que desprendeu en positivo non tería sido posible sen a solidariedade de dúas persoas que lle deron a oportunidade -cando a súa saúde crebou- de prolongar a súa vida durante 15 proveitosos anos.

A doazón de órganos foi o tema da charla que impartiu o doutor Emilio Arruti, médico do Complexo Hospitalario de Pontevedra e amigo de Xan, do que destacou o seu carisma nas conferencias que ámbolos dous impartían: un como profesional, e outro como testemuña de gratitude de tantos pacientes anónimos que, como Montenegro, vivían cun órgano doado ao que el se refería con sentido do humor como a súa “parella de feito”. No seu caso, un primeiro transplante resultou fallido e foi necesario un segundo intento, pola vía da máxima prioridade, do que finalmente non houbo rexeitamento.

Xan non tivo fortaleza abondo para agardar unha terceira beizón da vida. Por iso o doutor Arruti foi moi claro e moi explícito nas súas explicacións sobre todo o que conleva a doazón de órganos: a nivel legal para o doante e o receptor; dende o punto de vista médico, ao detallar todos os órganos e tecidos susceptibles de axudar a facer viable a supervivencia doutras persoas, ao plantexar que cada doante pode salvar ata seis pacientes grazas á súa xenerosidade; mesmo a nivel relixioso, sobre as consideracións que fai cada confesión a respecto deste avance da Medicina. Galicia está por debaixo da media estatal na taxa de doazóns e hai familiares que, por descoñecemento ou ideas erróneas arraigadas, seguen sen comprender ben as implicacións e as intencións reais da doazón. Porque vida, con vida se salva.

Foi unha homenaxe ben emotiva, bágoas incluidas. Non faltaron as verbas dos seus amigos expresando canto o botan en falta a súa figura, malia que sexa unha figura que nunca nos ha deixar. Nin a música, nin os poemas, nin un repaso fotográfico ás viaxes que o levaron dende Arxentina a Cuba, pasando por Londres. Hai quen se move polo mundo como quen transporta un moble; Xan, en cambio, absorbía experiencias, alimentábase de paisaxes, arquitecturas e culturas que lle facían ter unha visión aberta e respectuosa do mundo, para apreciar máis o contorno inmediato a partir dun maior coñecemento da realidade exterior.

Por desgraza, mais tamén por sorte, a silueta de Xan co seu inseparable chapeu non desapareceu nin desaparecerá da terraza do Carballinés, nin do entroido de Seixo, nin da festa do palleiro do Carballal, nin do balcón da ría como el consideraba O Pornedo. Outros pasarán, con máis pena que gloria, mentres Xan, sen ningunha pretensión manifesta, gañou por mérito propio un lugar, xa non nun espazo físico concreto, senón no corazón de todas e cada unha das persoas que participaron nese memorial, máis outras moitas que, non podendo asistir fisicamente, se lembran del na distancia.

 

Publicado por: MontePituco | 22/06/2012

REXEITAMENTO AOS RECHEOS NO REGO DA MACEIRA

DEFENDE O MONTE PITUCO súmase a colectivos que, como Luita Verde, Almuinha, Colectivo Nacionalista de Marín e Plataforma en Defensa dos Montes da Morrazo rexeitan a pretensión da empresa Excongal de realizar recheos no Rego da Maceira. Os promotores desta alegación explican a situación na seguinte nota informativa.

No ano 2008 o Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Consellería de Política Territorial remitiu un informe de Proposta de Inicio de Expediente de Reposición da Legalidade Urbanística e inicio de Expediente Sancionador por movementos de terras e recheos no Alto da Cruz da Maceira, en solo rústico de protección forestal, sen autorización autonómica e sen licenza, contra a empresa EXCONGAL SL (Excavaciones y Conducciones Galicia SL). No mesmo 2008, o Servizo Territorial Zona Galicia Sur de Augas de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a instancias do Concello de Marín, comeza a tramitación do expediente de solicitude de autorización por parte da mesma empresa para o recheo e almacenamento de inertes derivados de actividade construtiva na marxe dereita do Rego da Maceira, no lugar de Alto da Cruz da Maceira.

A parcela onde a empresa solicita agora a autorización para facer os recheos, está anexa ao extremo oeste da parcela onde anteriormente a empresa realizara os verquidos ilegais, do que se desprende que EXCONGAL SL pretende ampliar -partindo dunha ilegalidade- a superficie de vertido, para maior impacto ambiental e paisaxístico na zona e sen estudo dos materiais que pretende verquer e almacenar, limitándose a dicir que estes materiais son inertes e non afectan ao medio.

Na zona dos verquidos ilegais paralizados no seu momento (por detrás de onde hai poucos meses se ubicou un monolito en memoria das persoas paseadas no ano 36) aínda se poden observar na actualidade tanto entullos de obra como anacos de pavimento asfaltado, formigón ou cerámicas esmaltadas, converténdose nun vertedoiro incontrolado.

A parcela onde se proxecta o novo recheo conta cunha superficie de 10.952 m2, e está situada na parroquia marinense de San Tomé de Piñeiro, dentro de solo rústico de especial protección forestal e de ribeiras, canles e augas, e abrangue dende o Alto da Cruz da Maceira ata as inmediacións do antigo vertedoiro municipal de Marín, afectando asimesmo a solo rústico de protección de infraestruturas, por estar nas áreas de protección da liña eléctrica de alta tensión Lourizán-Cangas e da estrada PO-313.

A empresa -a través do seu proxecto- desvaloriza de xeito totalmente interesado o medio, indicando que “a zona afectada vai paralela á liña de alta tesión, que é monte baixo xa que recientemente foi talada, ou que o Rego da Maceira ten pouco caudal e acaba desaparecendo en épocas de sequía”.

A empresa pretende obviar premeditadamente que é un proxecto en solo rústico de especial protección forestal anexo a outro de especial protección, do espazo natural Montes do Morrazo (a separación está na estrada PO-313), contempla recheos en bancadas de ata 10 metros de altura na fonda conca de nacemento do rego Maceira, arredor dos 400 metros de altitude sobre o nivel do mar, onde entre plantacións forestais e áreas de carballeira dos arredores, posúe un tupido bosque de ribeira de ameneiro, salgueiro, e bidueiros, con augas de corrente contínua sen apenas alteración nin contaminación ao non existir edificacións, industrias ou poboación humana residente, e que máis abaixo esas augas forman parte do fértil val de Miñán e Piñeiro, en plena zona de actividade rural e agrícola, antes de enlazar co rego principal do Loira.

Na tramitación do proxecto xa existe un informe técnico de desfavorable de Augas de Galicia á autorización solicitada o 14 de novembro de 2011 por existir dous regatos que constitúen dominio público hidráulico, ocupando as obras a levar a cabo a zona de servidume dun dos regatos.

A “intención final” por parte da empresa de efectuar o recheo só pola marxe dereita do regato, deixando libres os 5 metros da zona de servidume extraída do informe de comprobación realizado o 22-02-2012 por un garda fluvial, forma parte dunha longa serie de incongruencias e dalgunhas falsidades dentro do conxunto da tramitación da solicitude de autorización, como se comproba no informe técnico elaborado o 14/11/2011 ou o dun biólogo titulado superior ambiental do Servizo de Conservación da Natureza que, o 21/05/2012, expón:

“Con relación á solicitude das obras de referencia, unha vez inspeccionado o lugar e revisada a documentación remitida, informámoslle que con data 3/05/2012, levouse a cabo unha reunión con representantes da empresa solicitante, confirmándose que as actuacións reflectidas na memoria non se corresponden coa obra que pretenden realizar, xa que obsérvanse contradicións na situación das obras, que se sitúan primeiro no concello de Moaña e despois no concello de Marín. Segundo a versión da empresa, as distintas localizacións que se contemplan na memoria corresponden a antigos proxectos xa descartados, e que as obras que se solicitan sitúanse nunha leira das que aparecen no anexo fotográfico, pero que non se corresponden cos datos catastrais facilitados”.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, o Colectivo Nacionalista de Marín, a asociación cultural Almuinha, a asociación Defende o Monte Pituco e o Colectivo Ecoloxista Luita Verde solicitáronlle ao Concello de Marín o seu informe desfavoranble e que se dirixa ao organismo Augas de Galicia comunicándolle a súa desautorización para obras de recheo e almacenamento de inertes derivados de actividade construtiva na marxe dereita do rego da Maceira, que solicita a empresa EXCONGAL.

O Foro Social de Cangas e a Rede de colectivos A Ría Non se Vende alegaron dentro do prazo regularmente establecido, o pasado 13 de xuño, diante da Demarcación Galicia Sur de Augas de Galicia e do Concello de Moaña, solicitando o informe desfavorable e a anulación da solicitude de autorización con expediente de clave DH.W36.14902 para recheo e nivelación de terreo para almacenamento de inertes nos lugares de Alto da Cruz da Maceira, San Lourenzo e Outeiro da Carballosa por parte da empresa EXCONGAL SL, que forma parte da mesma tramitación e onde está integrada a devandita parcela afectada no Concello de Marín.

No caso da suposta afección das áreas naturais de San Lourenzo e Outeiro da Carballosa, limítrofes entre o concello de Moaña e o de Marín, tamén se alegou que están integradas dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo, dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra, onde non están permitidos os recheos nin almacenamentos de inertes dentro dos seus usos.

Publicado por: MontePituco | 21/06/2012

VELAQUÍ O VERÁN

Por unha palabra tan só

a papoula

tingue de vermello as superficies

porque o VERÁN é moito máis

que unha expresión.

Alberte Momán

Publicado por: MontePituco | 20/06/2012

DOS COLCHÓNS… AOS ENTULLOS!

O espazo que durante case un mes ocuparon os tres colchóns que algún desaprensivo/a foi tirar na pista do Pornedo, xa ten outro inquilino, e por desgraza a súa presenza tampouco é benvida. Agora cómpre lamentar e denunciar a existencia dun novo verquido de cascotes de obra: restos de azulexo, ladrillo, cemento… que, para maior gravidade, foron diseminados en varios montículos.

O peor desta agresión é que o seu autor/a ou autores/as guindaron os entullos nos regos polos que baixan as augas pluviais; eses que, ante a ausencia flagrante de labores de mantemento por parte de quen corresponda -a comunidade de montes ou a Administración competente na materia- están completamente atoados, ben pola caída natural de terra ou pedras, ben porque foron utilizados como vertedeiro ilegal de lixo ou refugallos de construcción. Por iso a pista está nun estado verdadeiramente lamentable, debido a que a choiva non vai axeitadamente canalizada pola beira do camiño, senón que reborda en varios puntos do itinerario e ábrese paso seguindo a pendente do terreo.

Por culpa desta grave deficiencia, que no fondo é unha irresponsabilidade que tornou nun mal endémico, téñense producido importantes fendas e socavóns no terreo, como o que se comentou en xaneiro de 2011: TERREMOTO NO PORNEDO?

A proliferación de verquidos converteuse nun fenómeno preocupante, pola reiteración de casos que se veñen expoñendo nesta páxina, que tampouco recolle todos os que se foron producindo en distintos puntos da parroquia. Nunha asemblea da comunidade de montes celebrada en agosto de 2011 o daquela presidente en funcións, que logo recuncou no cargo, fixo o seguinte discurso:

“Certos comuneiros, non podo dicir nomes, porque non os sei, actúan a mala fe en contra nosa, da asamblea, non de nós, porque hoxe estamos aquí e mañá ao mellor non estamos. Todo o que vai en contra de gastar cartos sae de todos os comuneiros, que non sae da directiva. Falo do típico que vai cortar a auga, romper as mangueiras, ou botar o escombro alá arriba. Parece mentira que teñamos xente, que tamén os hai noutras parroquias, aínda que eu non os mirei, que non vou ir durmir ao monte, que veñan os propios comuneiros a tirar escombro de obra aos nosos camiños no monte, é repugnante. E despois pasa que ninguén quere quedar mal con ninguén, ninguén mira nada, vaino denunciar? E iso cústanos moitos cartos. Temos dúas multas, unha de 500 euros e outra que pode pasar dos 2000 ou 3000 euros. Estamos intentando a ver como queda ese tema. Vén a Policía Autonómica, levanta atestado, e quen é responsable? A comunidade de montes! É triste. Eu non vou pagar, imos pagar todos. Ninguén denuncia nada. O propio comuneiro vai botar a basura alí. E sabédelo perfectamente. É deleznable. Porque o fan a propósito. Que esteades enteirados tamén dese tema: que hai dús cartas da Xunta, e que estamos a ver como facemos con isto”.

…Repugnante e deleznable, palabras textuais do actual presidente da comunidade de montes, coas que concordamos plenamente. Resulta incomprensible, daquela, que dende a propia comunidade de montes se “boten a dios” e arremetan contra DEFENDE O MONTE PITUCO cada vez que nesta páxina se dá conta da aparición de residuos que perxudican o monte COMÚN, o monte DE TOD@S. Como se en vez de asumir as súas funcións e tomar as medidas oportunas -sexa encargando a recollida dos cascotes, ou avisando os servizos municipais para que colaboren na súa retirada, ou interpoñendo a correspondente denuncia nos organismos pertinentes ou, por que non, organizando unha campaña de sensibilización entre os comuneiros, que falta fai, á vista do que opina o propio presidente da comunidade- a xunta rectora preferira erguer a punta da alfombra para meter o lixo debaixo e así evitar que se poida ver.

[PD: Non me gusta a praia. Haberá sesións estivais de Monte Pornedo p’a rato!]

Publicado por: MontePituco | 19/06/2012

LIÑO NO PORNEDO

A planta que aparece na imaxe medra no monte Pornedo. Trátase de “linum bienne”, coñecido como liño bravo ou “lino bienal” en castelán. Florece en maio-agosto en prados de toda Galicia e, segundo a “Guía das plantas de Galicia”, de Xosé Ramón García, é unha especie próxima ao “linum usitatissmum”, que se empregaba na produción de tecidos. Das súas sementes obtense o aceite de liñaza.

Velaquí un motivo máis para seguir reiterando o valor natural deste monte, a riqueza da súa biodiversidade. Ademais de haber plantas endémicas, ademais de medrar fentos catalogados como especie vulnerable, a flora do Pornedo tamén conta cun elemento de innegable importancia etnográfica: en torno ao liño existe unha tradición secular, unha artesanía que marcou unha cultura e mesmo unha economía do medio rural galego.

Aínda que a presenza do liño no Pornedo sexa testemuñal, este feito engádelle máis interese a este espazo fronte aos que, por ignorancia e/ou intereses especulativos, queren devalualo. POLÍGONO NON!

Publicado por: MontePituco | 18/06/2012

AGUSTÍN HERNÁNDEZ VISITA AS OBRAS DA VARIANTE

“Este verán imos contar coa variante de Pontevedra en funcionamento: o vindeiro 1 de xullo poderase circular pola variante, unicamente no sentido dende Marín a coller a variante, o 6 de xullo poderase acceder directamente dende Pontevedra hacia á variante e nas primeiras semanas de agosto estará completado o enlace na súa integridade e estará completada esta obra”.

Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

O treito da variante de Marín entre O Regueiriño e Pontevedra xa está construído ao 90%, segundo anunciou o conselleiro Agustín Hernández, que hoxe visitou as obras, cunha lonxitude de 4,2 quilómetros. Trátase da “variante de poboación máis importante que estaba por facer na provincia de Pontevedra”, explicou o titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Na execución desta segunda fase investíronse 37,7 millóns de euros.

A Consellería asegura que este novo vial “beneficiará directamente a máis de 120.000 habitantes dos concellos de Pontevedra, Marín e Bueu”, argumentando que a posta en funcionamento desta infraestrutura viaria no vindeiro mes de xullo “facilitará a circulación do tráfico con maior fluidez, evitando os colapsos de vehículos no centro urbano da vila pontevedresa debido á grande afluencia de visitantes que se achegan ás praias no período estival”.

Con esta obra pouco menos que interminable, quedaría completada a mal chamada variante de Marín, posto que empeza practicamente no límite con Pontevedra pero nin sequera remata na fronteira con Bueu, senón que remata a medio camiño da vila veciña. Unha variante pola que -por seguridade- non é nada recomendable circular: ten un trazado moi sinuoso con varios cambios de rasante e uns desniveis para quitar o hipo, por non falar das eivas que “permiten” que de cando en vez algún animal (sen contar os “fitipaldis” suicidas, que tamén os hai), ou dos desprendementos que ten habido debido á deficiente consolidación do terreo.

Unha variante que, como case todos os proxectos de infraestruturas, tivo un alto custe a nivel ambiental e paisaxístico, posto que atravesa unha ampla zona de monte na que as excavadoras escangallaron considerablemente a fisonomía natural do terreo; e como exemplo esperpéntico, velaí o recheo realizado entre A Pena e O Caeiro onde, para maior “gloria” dos que consentiron ese adefesio a cambio de nada desdeñables contraprestacións, foron instalar un merendero que prometía ser un “oasis” a carón do asfalto, e non pasa de ser o punto de encontro ocasional de individuos de sospeitosa bondade. Por riba, a variante foi rematar xusto enriba da ría, a carón da fábrica de Ence, como para reforzar aínda máis a pésima fachada marítima que debuxan conxuntamente as chemineas fumegantes da fábrica e o nó de circulación que, pola falta de sentido común das Administracións e dos políticos que se atopan moi cómodos nos seus despachos da gran capital, non quixeron desprazar máis cara ao interior.

Se a visita do conselleiro á variante de Marín, en realidade, se produciu no mesmo enlace deste novo vial coa actual “autovía”, a caron de Celulosas, onde estaba entón o alcalde de Pontevedra, valla a pregunta retórica? Será que Fernández Lores e Agustín Fernández xa se teñen moi visto o un ao outro; polo menos, terán unha nova oportunidade de atoparse este venres, na inauguración da Ponte das Correntes.

Antes de despedirse, Agustín Hernández tamén falou do PXOM de Marín, dándolle á alcaldesa María Ramallo un espaldarazo que, así a golpe de luns, debeulle infundir moito ánimo á responsable local do PP.

“…Unicamente está pendente do informe definitivo da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, é cuestión de días, e nas vindeiras datas, dentro deste mes ou nos primeiros días do mes de xullo, poderemos aprobar a orde de aprobación, co cal Marín vai contar cun plan xeral despois de moitísimos anos de esperar por ese documento que é imprescindible para que Marín teña marcado as liñas mestras do seu futuro”.

Marín poderase converter no concello 59 de Galicia que contará cun plan xeral adaptado á Lei do Solo, se así o di o conselleiro. Pero non deixa de ser contraditorio que ese PXOM clasifique como chan industrial unha zona -o monte Pornedo- que, segundo o propio Plan de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, non reúne as condicións técnicas nin ambientais necesarias para cumplir esa función. Por tanto, algo se fixo rematadamente mal na tramitación deste PXOM, por máis anos que duraron as xestións, por máis corporacións que entraron e saíron, por máis alegacións e revoltas veciñais que rexeitaron os bandazos que foi dando a ubicación de solo empresarial nesta vila.

Publicado por: MontePituco | 17/06/2012

HOMENAXE A XAN MONTENEGRO: CHARLA DO DR. ARRUTI

É difícil valorar atinadamente se o tempo pasou rápido ou amodo pero, como quen non quere a cousa, xa vai xusto un ano dende o pasamento do noso amigo e veciño Xan Montenegro. É un día triste para a súa familia e para os seus compañeiros de ledicias e de fatigas; mais é tamén un día de fortaleza, porque a figura de Xan acompáñanos a cotío e segue inspirando o traballo de moita xente: é un referente de loita e valentía para Defende o Monte Pituco; un exemplo de solidariedade e compromiso para a veciñanza; como doente, a viva imaxe da vitalidade e da confianza nos seus médicos…

Cando lles chegue a “hora” aos seus detractores, que tanto escarnio público fixeron das súas denuncias de corrupción e ilegalidade -o tempo e a xustiza fóronlle dando a razón-, non poderán “presumir” no alén de tantas nin tan sinceras e merecidas homenaxes. Non haberá quen faga unha alfombra de flores na súa honra, como a que hai uns días lle adicaron os seus veciños pola procesión do Corpus en San Xulián, que ata os monaguillos non se atrevían a pisar por riba dela, do respectada que segue sendo a súa memoria…

Os actos de recoñecemento a Xan Montenegro, polo seu carisma humano, son un “suma e segue”. Con motivo deste sentido cabodano, unha comisión formada pola súa irmá Lucinda, e polos seus amigos Xosé Vilas, Concha González e Josefina Pidre, organizou para este VENRES 22 DE XUÑO, a partir das 20:30 HORAS, na BIBLIOTECA PÚBLICA DE MARÍN, unha CHARLA DO DOUTOR EMILIO ARRUTI PELETEIRO, co título “Doazón de órganos, un acto de solidariedade”.

Xan foi paciente do doutor Arregui e acompañábao nas conferencias que este impartía, como testemuño de que a xenerosidade dunhas persoas ao fin dos seus días, supón unha valiosa segunda oportunidade para que outras poidan seguir vivindo. Xan foi un deses afortunados que durante máis de dez anos puido seguir alentando, rindo, soñando, coñecendo mundo e aportando boas accións, experiencias e consellos á comunidade.

A Xan tivéralle gustado organizar persoalmente esta sesión pero non foi posible; os seus achegados fixeron realidade esta tarefa que deixou pendente. Ademais da conferencia do doutor Arruti, este acto de lembranza completarase con actuacións musicais e cunha montaxe de fotografías que repasarán a súa traxectoria vital, tan inxustamente breve e á vez tan intensa.

Publicado por: MontePituco | 16/06/2012

A RIQUEZA ARQUEOLÓXICA DO EIXE SAN XULIÁN-SALCEDO-LOURIZÁN

[Artigo de Marcos Gago en La Voz de Galicia-edición Pontevedra]

Hallan un nuevo petroglifo en el monte entre Salcedo y Lourizán

Un espacio rico en descubrimientos

Los restos de otro grabado destruido están repartidos por un muro

Una gran laxe de granito en el monte entre Salcedo y Lourizán preserva desde hace varios milenios un petroglifo formado por dos líneas de círculos -cazoletas- que atraviesan la piedra en paralelo. Su descubridor, Rafael Quintía, de la Sociedade Antropolóxica Galega, manifestó que se trata de un petroglifo inédito y que se encuentra en las cercanías de una formación rocosa con el sugerente nombre de Pedra Escorregadoira. Quintía incidió en la importancia de estos restos, cuyo hallazgo ya fue comunicado a Patrimonio.

Su existencia pasa fácilmente inadvertida, aparte de la características propias de un petroglifo, porque se encuentra en un espacio poblado por eucaliptos, pinos y monte bajo. Un vecino cualquiera sin conocimiento previo difícilmente se daría cuenta de lo que tiene delante. Esa es la explicación más fácil para que pasase inadvertido durante tanto tiempo este grabado rupestre, situado cerca de un lugar donde los niños jugaban cuando subían el ganado a la montaña.

Rafael Quintía describió el diseño de este petroglifo como un modelo típico de la Edad de Bronce. Afirmó que el descubierto es muy similar a otros grabados prehistóricos cercanos, en el lugar de Outeiro da Mina. Son especialmente parecidos a los de la conocida como Pedra do Fundamento, también en Salcedo.

El petroglifo pudo ser mayor. La laxe, según explicó Quintía, «presenta evidentes signos de traballo de cantería que puido facer desaparecer parte dos gravados rupestres orixinais».

En el mismo monte, los canteros destrozaron a principios del siglo XX otro petroglifos, conocido como Cachada do Vello y que describió Manuel Murgía en su Historia de Galicia. Quintía inspeccionó un vallado de piedra formado por grandes bloques de granito en la zona.

La revisión de los bloques dio como fruto la localización de una piedra con fragmentos de petroglifos, que como el de Escorregadeira, son hileras de cazoletas.

Quintía señaló que todavía se conserva, en su ubicación original, otro grabado, con círculos concéntricos, «que aproveita a forma cónica dunha das pedras que sobresae do chan un metro aproximadamente».

Rafael Quintía aseguró que el descubrimiento de estos restos prehistóricos realza el interés que han mostrado varios colectivos de la comarca por revalorizar el espacio que han calificado como Sete Camiños. Esta zona cubre una amplia extensión de monte entre los límites de los concellos de Pontevedra, Marín y Vilaboa. En estos últimos años, las asociaciones que defienden la conservación de este espacio natural recalcan que, además de sus valores ecológicos y paisajísticos, existe una abundancia de restos arqueológicos que sirven como indicio de que todavía puede haber más ocultos en la maleza o enterrados.

Estas agrupaciones rechazan la alteración del terreno con un polígono.

 

[ Máis información, no artigo do blog Á Sombra de Bouza Panda, de Rafael Quintía: DESCUBRIMOS NOVOS PETRÓGLIFOS NOS SETE CAMIÑOS ]

Publicado por: MontePituco | 15/06/2012

CONCELLOS POLA RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO

Mañá publícase na edición de Pontevedra do diario La Voz de Galicia un artigo sobre o patrimonio arqueolóxico dos Sete Camiños, ese proxecto de creación dun Espazo Natural e Arqueolóxico que conta co apoio dunha vintena de colectivos sociais, culturais e ambientais. 

Lamentablemente, o anterior goberno bipartito do Concello de Marín, tan aparentemente progresista e procultural e proambiental, negouse rotundamente xa non a apoiar a iniciativa, senón mesmo a coñecela oficialmente. Malia as numerosas peticións de entrevista que se tramitaron para concertar unha reunión con responsables municipais, nin BNG nin PSOE de Marín se dignaron sequera en contestar as solicitudes, dando a calada e o desdén por resposta. Naturalmente, os plans do bipartito eran -e son- radicalmente diferentes: converter parte da zona pola que discorrería o roteiro, no ámbito territorial marinense, nun macropolígono industrial, en plena fachada da ría, afectando de forma irreversible os arredores destes xacementos, e estragando o contorno natural -catalogado como Espazo Natural Protexido no ámbito dos Montes do Morrazo-, nunha agresión sen precedentes.

Mentres en Marín se limitan a conservar -a duras penas- o castro da Subidá recén e felizmente rehabilitado, e os archicoñecidos petroglifos de Mogor, descóidanse e discrimínanse de forma deliberada e irresponsable outros gravados rupestres como os do Alto do Pornedo, que sobreviven milagrosamente ao paso do tempo, moi a pesar do tránsito de vehículos motorizados pola zona -que se intenta erradicar, non con pouco esforzo- e da maleza que os rodea.

Ogallá o Concello de Marín aspirara a seguir o exemplo doutros concellos nos que a posta en valor do patrimonio arqueolóxico e natural se considera un puntal estratéxico da acción de goberno, como motor xerador de riqueza, dinamismo social e económico, e emprego. Eis o Concello de Pontevedra que, de aquí a catro anos, vai desenvolver un plan para recuperar os bens culturais existentes nas parroquias.

Solo en lo que se refiere a arte rupestre al aire libre, se calcula que en el entorno de la capital provincial –desde Cotobade a A Lama, pasando por Campo Lameiro, Marín, Pontecaldelas, Barro o Poio– alberga aproximadamente el 60% de los vestigios que se conservan en toda la Península Ibérica.

Bará explicó que se han localizado vestigios inéditos en parroquias como Mourente, Salcedo, Campañó o Lourizán, y que entre los hallazgos hay petroglifos, mámoas, e incluso lo que pueden ser los restos de una torre defensiva medieval, localizados en la ladera del Monte Castrove.

Bará destacó que esta insólita cascada de avisos de hallazgos “revela un cambio de actitude da sociedade en relación ao patrimonio cultural. Ata hai ben pouco se pensaba que este tipo de cousas soamentes lles interesaban aos expertos, agora, xa existe unha implicación de moita máis xente”.

Bará indicou a súa intención de implicar a toda a poboación “para o coidado e goce” e desterrar a idea de que o patrimonio é cousa de expertos. Deste xeito, plan de patrimonio cultural das parroquias estrutúrase en: desenvolvemento de plans e programas integrais, catalogación e protección, difusión e sensibilización, e aproveitamento socioeconómico. Falou tamén de ampliar o catálogo arqueolóxico no que figuran 85 achádegos, e está convencido de que “hai moitos máis”.

Publicado por: MontePituco | 14/06/2012

SOBRE O MUÍÑO DE FIXÓN, DESTRUÍDO

“Los vándalos primero, la riada del 2006 después y las visitas esporádicas de personas –la última sustracción, hace poco tiempo, de una viga del tejado-, han hecho mella en la estructura hasta dejarla irreconocible. En Ronsel, que se ocupó de su restauración en 2003, ni siquiera se plantean la reconstrucción del molino, visto lo poco que han servido sus esfuerzos para revalorizar el patrimonio acuático y etnográfico del Loira”.

Un artigo de Marcos Gago titulado “El río no mueve la rueda de Fixón” e publicado en La Voz de Galicia, dá conta da destrucción do muíño de Fixón, no río Loira, como quedou de manifesto nun recente roteiro organizado polo Grupo Cultural Ronsel, que tamén se relatou neste mesmo blogue: “Roteiro polos muíños de Loira, con Ronsel“.

Precisamente, a propósito desta visita guiada aos muíños do río Loira, a continuación pódese ver un traballo audiovisual de David Iglesias moi ben elaborado, cunhas excelentes fotografías do contorno fluvial e das edificacións tradicionais.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías