Publicado por: MontePituco | 10/07/2012

APERTURA DA VARIANTE (III)

Como hai hemerotecas e blogs onde queda constancia dos feitos que marcan o noso pasado recente, non hai máis que remontarse a xaneiro de 2009 para lembrar cando se puxo a “enésima” primeira pedra da Variante. Faltaban só dous meses para que o socialista Pérez Touriño perdera nas urnas o goberno da Xunta cando se presentou en Marín para anunciar a posta en marcha das obras da segunda fase deste vial. O actual titular do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que exerceu de conselleiro de Política Territorial entre 2003 e 2005, visitara as obras en novembro de 2004, cando o primeiro treito xa estaba practicamente rematado. É dicir, que durante o bipartito pouco ou nada se fixo por unha infraestrutura inacabada que estivo morta de risa durante máis de catro anos, e para o que se acabou facendo, parafraseando o refrán, abofé que non facían falta tantas alforxas.

Máis información:

-blog de BreaSeixo (19 e 20 de xaneiro de 2009):

Touriño na vía rápida” e “Touriño na vía rápida 2

-La Voz de Galicia, 17 de novembro de 2004:

Paseo en todoterreno por el rural” sobre a visita de Núñez Feijóo ás obras cando era conselleiro

Inaugurouse -por fin- en pleno verán, o que Pérez Touriño veu presentar hai xa 3 anos e medio, en pleno inverno, e comodamente pertrechado nunha carpa con calefacción. E mentres el e mais o seu séquito quecían ao abeiro dunha estufa, fóra, nas inmediacións da carpa que a policía custodiaba coma se alí dentro estivera a cúpula de Bankia, ducias de persoas facían fronte ás inclemencias do tempo e ao cordón policial para protestar pola potencial perigosidade dun trazado no que se acabarían (mal)gastando -redondeando- 40 millóns de euros, o dobre do investido na execución da primeira fase, que dende o principio xa evidenciou varias deficiencias: desprendementos de terra e riadas provocadas pola mala canalización das augas pluviais, gando mostrenco a pacer polo asfalto pola rotura -cando non polo roubo- da malla metálica de protección perimetral.

Máis información:

-La Voz, xullo de 2005: “Las obras de la variante de Marín provocan grietas en tres casas

-Faro de Vigo xullo de 2005: “Las grietas provocadas por la variante obligan a desalojar una casa en Currás“.

-La Voz, xaneiro de 2008: “Caballos salvajes provocan accidentes en la variante de Marín“.

-Faro de Vigo, xaneiro de 2008: “Los animales toman la variante de Marín“.

-La Voz, febreiro de 2009: “Vecinos de Currás alertan de grietas en el puente sobre la variante de Marín“.

-Diario de Pontevedra (Grupo El Progreso), febreiro de 2009: “Un desprendimiento de rocas y tierra obliga a cortar la variante de Marín“.

Algo quedou daquela fronte veciñal que reclamaba un itinerario mellor. Porque xa se sabe, que van saber un fato de veciños fronte a uns engominados enxeñeiros que trazan raias nun mapa dende o acristalado despacho situado nun piso ben alto dun luxoso edificio da capital. Quedoulles a dignidade de ter defendido aquilo no que crían. O tempo dirá se tiñan razón e, polo ben de todos, ogallá se trabucaran.


Responses

  1. Si dende os seus cristados despachos un debuxo nun papel pódelles quedar -seguro- ben fermoso, pero logo levado á realidade, os veciños pagámolo toda vida.
    Iso é o que pasou tamén coa nosa concentración parcelaria, curiosamente “toureada” por Fraga, “ferida de morte” por Toruiño e dándolle a “puntilla” Feijoo. Magoa que a porta por onde tiñamos que sacalos a patadas, non rematase nun precipicio.
    Todos poden estar orgullosos da “lidia” que nos fixeron, curiosamente un dos “criadores” -lease enxeñeiros?- era de terras andaluzas. Tal vez fose iso, os planos que tiña diante eran daquelas planicies e non da orografía de Nebra.

    • Tes razón, Paco. É moi cómodo trazar liñas nun mapa sen ter en conta os veciños da zona, sen preocuparse polo impacto que esa obra provoca no contorno. Non hai nada tan insensible como un simple número de conta bancaria, que parece ser o fin -tristemente- de todas as cousas. E así nos vai.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: