Publicado por: MontePituco | 22/01/2013

RÍA DE PONTEVEDRA-PEDRAS NEGRAS-MONTE PITUCO

Entre os participantes na manifestación, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.

Coincidiron no día e na hora a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo na organización de senllas charlas sobre a modificación da Lei de Costas en relación á situación de Ence e sobre o parque eólico proxectado nos Montes do Morrazo, respectivamente. Pero en ámbalas sesións houbo paralelismos que cómpre salientar, vencellables á problemática da clasificación do Monte Pituco como chan industrial.

Dunha banda, a APDR atópase con que dun tempo a esta parte o PP a nivel local, provincial e autonómico lévase pronunciando publicamente en contra da continuidade da fábrica a carón da ría de Pontevedra. Sen embargo, o PP a nivel estatal vén de presentar unha alegación á Lei de Costas que se está elaborando actualmente para evitar que o informe -presuntamente negativo, suponse- que debería emitir a Xunta non inflúa na decisión do Goberno Central de poderlle prorrogar a concesión dos terreos de dominio público marítimo-terrestre por 75 anos máis alegando motivos de interese xeral. O PP de Galicia lavaría as mans ante a cidadanía argumentando ter actuado ata o límite das súas competencias, e a empresa acadaría o seu obxectivo: quedar onde está, que é tanto como perpetuarse en Lourizán.

Entre as numerosas intervencións do público que asisitiu á asemblea aberta celebrada na Galería Sargadelos, chamounos a atención o punto de vista dun veciño que advertiu que ía facer de “avogado do diaño”. En efecto, as empresas xogan a baza dos postos de traballo e ante esa chantaxe emocional a cidadanía é un suxeito débil facilmente dobregable aos intereses financeiros. Así como Ence foi unha imposición da ditadura, a súa permanencia na ría é outra imposición interposta a instancias da dictadura do capital. Este mesmo veciño contou que, por iniciativa propia, enviáralle unha carta á diputada popular pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, ministra de Fomento, para expresarlle o seu rexeitamento a que a Lei de Costas poida beneficiar a Ence. De Fomento, a pelota pasou ao tellado do Ministerio de Medio Ambiente, e ao cabo dun tempo, o interesado recibiu unha contestación na que o director xeral de turno lle contaba “unha de cal e outra de area”.

3ª andaina contra o parque eólico de Pedras Negras.

No coloquio posterior á charla que impartiron Damián Copena, da Universidade de Vigo, e Sergio Regueira, da Plataforma en Defensa da Ría de Vigo, sobre os efectos negativos do parque eólico que Enel Green Power pretende instalar nos Montes do Morrazo, tamén se criticou que a pretensión de saturar o territorio galego con 91 parques eólicos máis é unha “monstruosidade” comparable á política de proliferación de encoros durante o franquismo.

Porque non é que Pedras Negras estea exposta a soportar a agresión que conleva a colocación de 14 aeroxeneradores, dos cales 4 afectan a terreos da comunidade de montes de San Tomé. É que na área de desenvolvemento dese parque cabería outra ración extra de 21 muíños que ampliarían o radio de afección ao Concello de Marín ao situarse no Alto da Encavada, en Castiñeiras, Cotorredondo, o Alto de Agudelo e o Outeiro de Carballosa no límite con Moaña.

Os ponentes explicaron que as empresas promotoras dos parques eólicos -non todas relacionadas co sector da enerxía, por certo- levaban tempo aproveitando o despoboamento endémico do rural galego para facer da súa capa un saio. E onde se supón que as enormes extensións de aeroxeneradores ían xerar emprego e beneficios económicos, na práctica resultou que non evitaron en absoluto a sangría demográfica e o abandono progresivo das aldeas. Por riba, os terreos rústicos que acaban sendo pasto das torretas son recalificados como solo de “protección” -toma paradoxo!- de infraestruturas, co cal os propietarios, foran particulares ou comuneiros, perdían toda opción a optar a subvencións de tipo forestal ou agrogandeiro. Os expertos, por outra banda, calculan que as compensacións que reciben os propietarios dos terreos pola expropiación é ridícula.

Quedaban moi poucos espazos ceibes da sombra deses enormes cipreses metálicos: os Montes do Morrazo, Montecastrove, a Serra do Galiñeiro, o Monte Acival, a Serra da Groba. Agora tamén poden caer nas fauces desta rapiña voraz que non ten pena de que se destrúa a paisaxe, o patrimonio arqueolóxico, a fauna e a flora autóctona.

Hai empresas interesadas en cargarse esta bisbarra, en exprimila ata a derradeira gota. E hai políticos interesados en achandarlles o terreo para que se sigan lucrando a costa de saltarse espazos naturais protexidos, especies animais e vexetais catalogadas como vulnerables, bens de interese cultural que deberan conservarse por mandato legal; a costa de despilfarrar cantidades indecentes de diñeiro en acondicionar un terreo que dende o punto de vista técnico é inviable urbanizar. E para iso manipulan informes e fan versións light de estudos de impacto ambiental que obvian a realidade. E tampouco teñen reparo en evitar dar explicacións á cidadanía que se revolve contra eses abusos flagrantes, que non traga co disfraz perverso do desemprego. Acaso esa opacidade non é unha forma sofisticada de dictadura?

Esa perigosa mestura de cal e de area coa que contestan os políticos que se dignan -de xeito falso e artificial, iso si, despois de que outros predecesores deran sempre a calada por resposta- en atender o enésimo escrito, no fondo é un engano máis. Firman coa man dereita o que des-firman coa man esquerda. Recoñecen coa boca pequena que hai afeccións ao patrimonio arqueolóxico, á fauna, á flora, aos mananciais, aos regatos, á pendente do terreo, ao que faga falta… pero ao dobrar a esquina están negociando cos promotores da desfeita.

E o nome de semellante farsa xestada dende a traizón á legalidade e dende a indefensión da cidadanía crítica e comprometida chámase polígono industrial do Pituco.

E contra as voces tóxicas que só estean agardando recibir un cheque, non é certo que ningunha compensación económica supere a capacidade dun monte ORDENADO e BEN XESTIONADO para xerar ingresos e riqueza para unha parroquia e para unha vila enteira.

Publicado por: MontePituco | 21/01/2013

PSOE: LOBO CON PEL DE CORDEIRO

Charla en Marín contra o proxecto do parque eólico de Pedras Negras.

 

Porque foi o PSOE de Marín o que DESPREZOU a fauna, a flora e o patrimonio arqueolóxico do Monte Pituco cando decidiu proxectar neste espazo natural protexido un polígono industrial “alegal” a través do PXOM, non podemos menos que asombrarnos primeiro, escandalizarnos logo, e indignarnos despois, co titular dun comunicado que emitiu hoxe o PSOE provincial: “Os socialistas denuncian o impacto negativo sobre a fauna, a flora e o patrimonio arqueolóxico do parque eólico de Pedras Negras”. Rir por non chorar, ante o cinismo incomensurable dos políticos que forman parte deste partido. Ou trabucaríanse de siglas, acaso?

Queda moi ben ir de “verdes” pola vida, máxime nun partido supostamente de esquerdas. O problema neste caso é que as palabras non acompañan os feitos. É moi doado subirse ao carro dunha causa que, como o rexeitamento ao proxecto de instalación dun feixe de aeroxeneradores nos Montes do Morrazo, conta cunha mobilización social de máis ou menos envergadura. O seguidismo político é unha práctica e unha pose moi extendida entre os que ven a realidade a través da fiestra dun cómodo despacho, que calibran se un movemento cidadán ten máis ou menos adeptos a través do que publican ou deixan de ver publicado nas páxinas dos xornais.

Pero non estaban alí os deputados do PSOE en ningunha das tres andainas reivindicativas organizadas pola Plataforma Montes do Morrazo contra o parque eólico. Como tampouco estiveron nunca no Monte Pituco, nin tiveron nas mans un exemplar da especie protexida chioglosa lusitanica, nin do endemismo linaria saxatilis, nin contemplaron os relevos dos petroglifos milenarios do Pornedo na hora do solpor.

Por iso é tan irritante o dobre raseiro que o PSOE aplica para rexeitar que se levanten uns muíños en Pedras Negras ao mesmo tempo que bendicen a destrucción do Pituco baixo toneladas de formigón e asfalto, que toleran a agresión irreversible á súa escarpada fisonomía natural a base de desmontes e muros de contención que causarán un impacto visual brutal, que consenten a agresión á fauna, á flora e ao patrimonio arqueolóxico do Pituco.

Para información dos diputados socialistas, o Monte Pituco é unha parte TAN LEXÍTIMA dos Montes do Morrazo como Pedras Negras. As Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento catalogaron os Montes do Morrazo como o Espazo Natural Protexido e a postura do PSOE provincial só pode evidenciar dúas cousas: un profundo descoñecemento do terreo que pisan e unha evidente descoordinación no propio partido ou, pola contra, mala fe, hipocresía e incoherencia manifesta por parte dos responsables políticos que se posicionan desta maneira tan arbitraria e tendenciosa.

…E iso que fan ben en opoñerse ao parque eólico en Pedras Negras. Pero con que criterio non están a prol da conservación do Monte Pituco? Con que argumentos o ex-alcalde socialista Francisco Veiga se negou reiteradamente a atender as peticións de Defende o Monte Pituco para explicar en que se baseaba para destrozar o Pituco, a fauna, a flora e o patrimonio arqueolóxico que agora protexe por consigna no caso de Pedras Negras? E que hai dos informes topográficos que evidencian que a pendente do terreo fai totalmente desaconsellable a urbanización deste espazo? Por que o PSOE de Marín fixo oídos xordos, supostamente manipulou os informes reais ou fabricou estudos técnicos á súa medida, e non procurou estudar outra alternativa que fora máis viable e menos custosa?

Francisco Veiga escudouse no silenzo porque non contestou ningunha petición de entrevista. E máis aínda, tratou con desprezo a Defende o Monte Pituco ao considerar que os representantes deste colectivo xa estaban suficientemente atendidos cunha non-conversa de 20 segundos por teléfono, e unha contestación malencarada ao pé dunhas escaleiras. Esa actitude só denota cobardía.

E para cobardía, a doutros tantos socialistas -Modesto Pose, Carmen Gallego, Guillermo Meijón e Abel Losada- con motivo dunha xuntanza que mantiñan en Marín en abril de 2010 sobre dotacións e equipamentos. Defende o Monte Pituco envioulle un correo electrónico a cada un deles para expoñer os motivos polos que era totalmente desacertada a instalación dun parque empresarial nesta ubicación. Ningún deles tivo a cortesía de contestar.

Os socialistas denuncian o impacto negativo sobre a fauna, a flora e o patrimonio arquolóxico do parque eólico Pedras Negras

Patricia Vilán presentou unha interpelación parlamentaria para coñecer si a Xunta ten realizado informes de impacto ambiental sobre este proxecto

Denuncia a contaminación de acuíferos durante a construción do parque, que pon en risco 14 xacementos arqueolóxicos da zona

A parlamentaria socialista, Patricia Vilán, vén de presentar unha interpelación ao goberno da Xunta sobre se ten feito unha avaliación do impacto que o proxecto de parque eólico Pedras Negras ten na flora e na fauna da zona e sobre a existencia dunha segunda fase deste proxecto que podería afectar a Pontevedra e ós Chans de Ermelo, ó Monte Paralia e ó Monte do Grilo no concello de Bueu.

A iniciativa socialista pregunta tamén ao Executivo de Feijó polas medidas adoptadas para evitar a destrución de xacementos arqueolóxicos catalogados na zona.

En data 18 de decembro de 2012, o BOP de Pontevedra facía público o proxecto do parque eólico Pedras Negras, promovido pola empresa multinacional italiana Enel Green Power España SL. Dispón a publicación que ha de afectar os Concellos de Marín, Moaña, Vilaboa e Bueu.

A implantación deste parque eólico suporá a instalación de 14 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 3.000 Kw e de 14 transformadores de 3. 350 KVA instalados no interior de cada aeroxerador.

Non ten mérito ningún elaborar preguntas parlamentarias a base de refritos xornalísticos. Basta con coller a prensa, fixarse naqueles artigos nos que se verquen máis ríos de tinta sobre temas susceptibles de “pillar cacho” electoral, e quedar como adalides de causas que, como o medio ambiente, tocan a sensibilidade dunha parte cada vez máis grande da sociedade. E agora, NA VÉSPERA dunha charla que organiza en Marín a Plataforma Montes do Morrazo, sáenos con este comunicado OPORTUNISTA para que a súa publicación cadre no mesmo día da sesión informativa. Pero aí están as hemerotecas para desenmascarar esta dobre moral que evidencia o PSOE.

Para a deputada socialista esta instalación suporá un impacto claramente negativo para a natureza, a paisaxe, o patrimonio arqueolóxico e a economía da zona. De feito, afectará a 14 xacementos arqueolóxicos catalogados, a varias mámoas e a un petroglifo.

A maiores, denuncia Patricia Vilán, os desterros afectarán a numerosos regatos e acuíferos, provocando a mortandade da fauna e a desfeita da flora durante a construción do parque e sen que exista unha avaliación fiábel do impacto.

Ao PSOE de Marín nunca lle importou que os veciños que residen nas proximidades do Monte Pituco perdan os mananciais que lles subministran auga potable para consumo doméstico dende tempo inmemorial; nin que as numerosas leiras de regadío desa contorna perdan valor porque tamén esas propiedades quedarían en seco; ou pola contra, que as riadas e as enxurradas que provocarán os aberrante desmonte que habería que facer no Pituco -porque así está acontecendo xa a consecuencia do movemento de terras que se fixo por culpa das obras da Variante- arrasen os viñedos, os campos e as plantacións dos lugares da Curxeira, de Vilafíns…

Non amosou ningunha sensibilidade pola contaminación dos regatos nos que habitan especies rexistradas nos catálogos de fauna e flora ameazada.

Como tamén ignorou as consecuencias de construir un polígono en plena fachada marítima; porque Defende o Monte Pituco achegou un estudo da cunca visual que expón como ese parque industrial sería visible dente todos os concellos da Ría de Pontevedra, co conseguinte impacto negativo para a paisaxe e para un sector económico tan importante como o turismo: dende Combarro, que dende hai 40 anos é Conxunto Histórico-Artístico Nacional, ou dende Sanxenxo.

Por non falar dos petroglifos de Pornedo, de Sete Camiños, das mámoas existentes na contorna do polígono proxectado e que quedarían totalmente fóra de contexto.

…O PSOE, ese lobo con pel de cordeiro, ese verdugo que agora -tarde, mal e en vésperas do Entroido- se nos disfraza de ecoloxista e entusiasta do patrimonio.

Publicado por: MontePituco | 18/01/2013

SANCIÓN POLO VERQUIDO NAS PRESAS

Verquido de documentos e refugallos.

O verán pasado localizouse un verquido no lugar das Presas, por riba do lugar do Caeiro. Nunha curva da pista que discurre paralela á variante, do lado do monte, os autores desta infracción aproveitaron un terraplén para volcar caixas de cartón, plásticos, albaráns e documentos comerciais con datos de clientes, estruturas metálicas, rodas e outros refugallos. A Comunidade de Montes notificoulle este verquido ás autoridades e comentou a problemática na asemblea de agosto.

Con data do pasado 7 de xaneiro, a alcaldesa de Marín asinou un documento municipal no que se daba conta da denuncia da Policía Local contra a empresa Galigru, radicada na Ramalleira, Bértola, como responsable dese verquido “de lixo e residuos (documentación, filtros de aire, plásticos, caixas, cartón…)”. A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, foi designada instrutora deste expediente sancionador, cuxa cuantía oscilaría entre os 1.500 e os 3.000 euros.

Sen embargo, o feito de que esta empresa xa non estea operativa fai sospeitar que a multa sexa papel mollado. Malia todo, esta denuncia é a proba de que paga a pena protestar, rebelarse contra os desaprensivos que contaminan os montes e facer traballar a Administracións para que cumpran e fagan cumprir as normativas medioambientais.

 

Publicado por: MontePituco | 17/01/2013

POLÍGONO DE NANTES: “DESERTO INDUSTRIAL”

La Voz de Galicia, 17 de xaneiro de 2013.

Nantes, de promesa de polígono a desierto industrial“, en La Voz de Galicia (17 de xaneiro de 2013), por M. Alfonso.

Llama la atención de todo el que circula por la autovía de O Salnés. Por las señales que indican su presencia y por sus calles perfectamente delimitadas. Pero no por su actividad. Años después de su construcción, el polígono industrial de Nantes sigue vacío, a la espera de que se finalicen las obras. Una tarea que ahora quiere acometer el Concello y que el paso del tiempo ha convertido en más dura de lo previsto. Y es que ladrones y vándalos se han cebado con este entorno y se han llevado hasta el cableado de las farolas.

Publicado por: MontePituco | 17/01/2013

COMO POÑER UN POLÍGONO NAS DUNAS DE CORRUBEDO

Diario de Pontevedra, 16 de xaneiro de 2013.

“É como se os técnicos din que o medio da Alameda é un sitio estupendo para instalar un depósito. Igual hai que buscar outro lugar máis axeitado, no que o impacto sexa menor”.

Carlos Morgade, presidente da Comunidade de Montes de Mourente, que rexeita o trazado da rede de subministro de auga proxectado por Acuanorte ao seu paso pola parroquia, debido á afección sobre un espazo no que se atopan un castro e unha mámoa sen excavar. Declaracións ao Diario de Pontevedra, 15 de xaneiro de 2013.

“Mover conciencias non é doado, pero confiamos en que a veciñanza de San Xulián comprenda a realidade: pode que Marín precise chan industrial, é unha idea na que coincidiriamos; pero crear un polígono no Monte Pituco sería como pretender encher de naves industriais as dunas de Corrubedo, algo que a ninguén lle cabe na cabeza”.

Defende o Monte Pituco, 24 de xaneiro de 2010, na reunión informativa celebrada na Casa de Montes de San Xulián para expoñer os argumentos técnicos, patrimoniais e ambientais en contra da instalación dun parque empresarial no Monte Pituco.

Diario de Pontevedra, 16 de decembro de 2012.

Faro de Vigo, 17 de xaneiro de 2013.

Publicado por: MontePituco | 16/01/2013

NOVA VICTORIA XUDICIAL DA PLATAFORMA DOS PRACERES

Diario de Pontevedra, 16 de xaneiro de 2013.

FARODEVIGO

Un fallo de la Audiencia Nacional ratifica la ilegalidad de los pasos a nivel de Placeres

La sentencia frena cualquier otra posibilidad que no sea enterrar la vía

C. G. – PONTEVEDRA Nuevo varapalo de la Justicia a la línea férrea que conecta con el puerto de Marín. La Sección Octava de la Sala de lo Contencioso-Administrativo de la Audiencia Nacional acaba de emitir el enésimo fallo que declara ilegales los pasos a nivel de la plaza de Placeres, algo que ya confirmó en su día el Tribunal Superior de Justicia de Madrid y el Tribunal Supremo.

En esta ocasión, la Audiencia Nacional resuelve favorablemente una cuestión de ilegalidad planteada por la Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres contra la disposición adicional quinta de la orden del Ministerio de Fomento en relación a los tres pasos a nivel de la plaza, al entender que conculcaba una norma de rango superior como es el artículo 235 del Reglamento de la Ley de Ordenación de Transportes Terrestres. La Audiencia Nacional estima la petición de los vecinos de Placeres y anula esta disposición adicional quinta, además de recoger en el fallo algunos de los argumentos ya esgrimidos anteriormente en las sentencias del Tribunal Supremo y el Tribunal Superior de Justicia de Madrid. En ellas, por ejemplo, y tal como se destaca desde el colectivo vecinal, se cierra cualquier intento de adoptar una solución distinta a la de enterrar el vial ferroviario que da acceso de Marín. Con todo, esta última sentencia es todavía recurrible ante el Supremo.

Cabe recordar que hace justo un año que el Tribunal Superior de Justicia de Madrid instaba al Ministerio de Fomento a que presentase un proyecto alternativo para hacer cumplir las sentencias que declara dichos pasos a nivel como ilegales. Sin embargo, por el momento todavía no se conocen detalles del proyecto finalmente elegido. Inicialmente se barajaron dos, uno que incluía varios túneles para coches y peatones y dejar la vía en el actual nivel y otro que enterraba la línea del ferrocarril. Para el colectivo vecinal de Placeres, el único proyecto que sería legal es el que recoge el soterramiento de las vías del ferrocarril al puerto.

En xaneiro de 2010 coincidiamos coa Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres nun coloquio organizado pola Asociación Almuinha. Xa daquela o colectivo veciñal, que levaba gañado nos Tribunais o que perderon pola forza nas rúas, nos advertía que o Monte Pituco levaba o mesmo camiño de inxustiza, abuso e capricho político que caracterizou a decisión de atravesar por Praceres un ramal ferroviario para darlle servizo ao Porto de Marín. E xa daquela nos traladaban a súa solidariedade, cunhas palabras que resultaron ser proféticas: “Non ides estar sós!“. Tres anos despois, os camiños volven cruzarse.

Publicado por: MontePituco | 16/01/2013

25 ANOS DA COMUNIDADE DE MONTES REGA DOS AGROS

Diario de Pontevedra, 13 de xaneiro de 2013.

Rega dos Agros ha conseguido crar una brigada de comuneros voluntarios que se encargará de realizar trabajos de mantenimiento y cuidado del monte sin retribución económica alguna. La finalidad de esta iniciativa es conservar los terrenos en buenas condiciones sin que ello suponga un coste para las arcas de la comunidad. Si las condiciones meteorológicas lo permiten, esta brigada empezará su labor el próximo sábado.

“Rega dos Agros cumple 25 años en plena recuperación de socios y activos”, por Marina Abilleira (Diario de Pontevedra, 16 de xaneiro de 2013.

Vista parcial da Casa de Montes de San Xulián.

No pleno deste mes de xaneiro aprobouse unha moción de Mar-In para inscribir o campo de fútbol de San Xulián no inventario de propiedades municipais, de xeito que o Concello de Marín sexa o titular desta instalación. A concelleira Isabel Martínez Epifanio argumentou que xa rematara de elaborarse o inventario e que cumpría regularizar a situación para evitar que algún particular puidera reclamar como propio un terreo municipal, como no caso do campo de fútbol, onde a finais dos anos 90 se fixeron obras de peche perimetral e instalación de vestiarios. Cando naquelas datas o independente Antón Pousada era tenente alcalde da Corporación, xa houbera negociacións coa directiva da Comunidade de Montes de San Xulián para acadar un acordo sobre o campo que non fraguou, polo que os da Comunidade de Montes “quedaron con el”.

Como o PP xa se abstivera na comisión correspondente, o concelleiro de Urbanismo expuxo a postura do seu partido, alegando que “non é prioritario inscribir esta parcela habendo máis de 160 terreos que non están rexistradas baixo titularidade municipal”. Santos Costa recriminoulle a Mar-In e ao Bng que se abstiveran na aprobación do inventario porque “podía xerar conflictos” ao presentarse reclamacións: “E agora queren que se inscriba esta parcela”, engadiu o edil popular, que os acusou de ser “incongruentes”.

Pola súa parte, Francisco Veiga xustificou que os socialistas apoiarían a moción de Mar-In porque “o documento anterior era dos anos 70” e logo dun proceso que fora “longo e tedioso”, era “necesario e obrigatorio por lei” regularizar o patrimonio do Concello xa que, “por falta de interese, lévase perdido moito tempo”, engadiu o concelleiro do Psoe, que acusou o PP de estarlle “escapando” a este tema. E a respecto de que o Concello “non recibiu ningunha petición de ningún clube” para xogar nese campo, segundo Santos Costa, Veiga replicoulle que “non hai peticións porque a xente non sabe que é un campo municipal”, polo que bastaría con formalizar a inscrición, publicitar que se trata dunha instalación municipal, e o edil socialista deu por feito que choverían as solicitudes, tendo en conta que hai equipos de Marín que van xogar a campos noutros concellos limítrofes.

“Non deixa de sorprenderme”, comezou dicindo Xosé María Vilaboa dirixíndose a Santos Costa, para criticarlle que o Goberno local aprobara o inventario e agora estaba poñendo “en dúbida” o documento ante as reticencias a inscribir esa propiedade no catálogo de bens municipais. O concelleiro do Bng rematou a súa intervención deixando en evidencia o Goberno local: “Quen é o presidente da Comunidade de Montes? Un ex-concelleiro do PP. E isto vai traer conflicto”, advertiu Vilaboa, que tamén chamou a atención sobre outro terreo que, como ese campo de fútbol, tamén sería de titularidade municipal: a Casa de Cultura de San Xulián.

Para rematar o debate sobre esta moción, Isabel Martínez Epifanio reiterou que “esta propiedade non está inscrita” e queixouse de que, por non actuar a tempo, “algunhas das propiedades pendentes de inscrición xa foran inscritas por particulares”. En consonancia co apuntado por Vilaboa, a edil de Mar-In confirmou que, efectivamente, o seu partido solicitaría tamén que se rexistre a nome do Concello a Casa da Cultura de San Xulián, que se construira “en terreo municipal”. E deu por feito que en ambos casos se producirá un conflicto coa Comunidade de Montes de San Xulián, malia que o Goberno local non cumpre co que corresponde facer porque “non se quere meter coa Comunidade de Montes”.

A moción aprobouse cos votos a favor de Mar-In, Bng e Psoe. O PP abstívose.

Este pasado domingo celebrouse a asemblea da Comunidade de Montes de San Xulián. Un comuneiro vencellado ao Bng, ex-tesoureiro da Comunidade, e que para máis señas renunciou ao cargo “por non estar de acordo coas contas do bar”, aproveitou o apartado de rogos e preguntas para sacar o tema da moción aprobada no Concello tan só dous días atrás.

“Iso está parado”, contestou o presidente da Comunidade de Montes, que asegurou que se presentaran alegacións porque, se polo Concello fora, estes teríanse apropiado do campo de fútbol, ao que a Comunidade de Montes non ía acceder.

O ex-tesoureiro, que asistiu ao Pleno do Concello, pediu explicacións sobre a actitude do Vicepresidente da Comunidade, que tamén estivera presente entre o público na sesión da Corporación e, sen embargo, non plantexara absolutamente nada sobre este asunto tan delicado ante a asemblea de comuneiros. O vicepresidente defendeuse dicindo que no momento no que se debateu a moción el ausentárase da sala. Casualidades da vida. Logo volveu aparecer e quedou ata as 12 da noite, cando o pleno rematou, e tivo a santa paciencia -coma sempre- de facerlle a espera aos concelleiros de turno para as súas comenencias. Pero, en definitiva, a postura da Comunidade de Montes é que vai haber que “sentarse co Concello e debater”, porque unha de dúas, “ou se chega a un acordo ou haberá litixio”, concluiu o secretario da Comunidade.

E que máis lle dará aos directivos da Comunidade de des-Montes, despois de ter cobrado 354.679,58 euros en expropiacións. A conta rebosa billetes. O gremio dos avogados-asesores-consultores están encantados con comunidades coma esta, que lles dan traballo a eito: conflictos de lindes coas comunidades limítrofes de alá e de acolá, reclamacións de terreos máis ou menos distraídos por causas máis ou menos sospeitosas…

Sería lóxico pensar que, pola vinculación política entre os directivos -unha parte da cúpula, polo menos- da Comunidade de Montes e o Goberno local, haxa contactos entre ambas partes. Dende que se presentou a moción para a recuperación da titularidade do campo de fútbol de San Xulián, en outubro de 2012, ata que -por diversas circunstancias- o seu debate efectivo no Pleno demorouse tres meses, houbo tampo abondo para que a Comunidade e o Concello mantiveran algunha negociación extraoficial para orientarse os afectados pola posible perda destas dotacións das que agora se cuestiona a súa propiedade: a Casa de Cultura e o campo de fútbol.

O posicionamento do Concello foi de neutralidade; sería dificilmente defendible que o PP fixera prevalecer a súa maioría absoluta para botar abaixo esta moción que, dunha banda, propón reforzar o patrimonio municipal dos marinenses; e doutra, é a consecuencia lóxica da tramitación dun inventario ao que se destinaron uns recursos económicos pagados por todos os contribuíntes.

Outra cousa é cando se vaian formalizar os dous puntos nos que se concretaba a moción de Mar-In: rexistrar a propiedade do campo de fútbol se non está a nome de ninguén, e asumir a xestión desta dotación deportiva para ofertala a posibles usuarios, o que redundaría en máis ingresos para as arcas do Concello. Porque nas Administración en xeral, nas locais en particular, e no caso de Marín xa é un mal crónico, estamos afeitos a que se “molle” moito papel; tómanse decisións que aparentemente se teñen que materializar -creación de comisións, obras comprometidas, xestións varias- pero que quedan sine die no limbo ata que ao Goberno local lle interese facelas efectivas ou, pola contra, non as cumpra endexamais a mantenta.

Pode ser o caso da inscrición do campo de fútbol de San Xulián e da Casa de Cultura no inventario municipal. Do dito ao feito sempre vai un treito. E ningunha normativa nin regulamento das Corporacións locais establece un prazo para que mocións como a de Mar-In cheguen a bo porto, quedando ao criterio -ou capricho- do Goberno local o seu cumprimento.

Publicado por: MontePituco | 14/01/2013

REXEITAMENTO DA APDR AO PARQUE EÓLICO E OUTRAS AGRESIÓNS

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra vén de sumarse aos colectivos que se opoñen á instalación dun parque eólico en Pedras Negras. A APDR tamén reitera o seu rexeitamento ao proxecto do polígono industrial no Monte Pituco.

APDR únese ao rexeitamento ao parque eólico de Pedras Negras no Morrazo

A Asociación Pola Defensa da Ría quere expresar o seu rexeitamento á instalación dun novo parque eólico no noso entorno, desta volta no espazo natural dos Montes do Morrazo, así como o seu apoio à Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e a súa loita en contra deste proxecto e das demais agresións ambientais que ameazan a comarca (parque industrial no Monte Pituco, desdobramento do corredor do Morrazo…).

A instalación deste parque eólico aprobado pola Xunta de Galiza e promovido pola empresa Enel Green Power España suporá a colocación de 14 aeroxeradores de grandes dimensións cunha potencia de 42 MW, 17 km de pistas de acceso ou 15 km de gabias para o cableado eléctrico, así como a construción dunha subestación eléctrica. Tal e como denuncia a Plataforma, dende a APDR consideramos esta instalación como unha forte agresión incompatible coa preservación dos valores ambientais, paisaxísticos, xeológicos, arqueolóxicos, etnográficos, sociais, de saúde e económicos das comarcas afectadas.

Uns danos que xa son ben coñecidos en toda Galicia e que agora ameazan as Rías Baixas, con proxectos como este, o do Monte Castrove ou o da Serra do Galiñeiro. Proxectos que, disfrazados de “verdes”, só benefician a unha minoría, ás empresas que os constrúen e explotan hipotecando un futuro alternativo para as zonas nas que se instalan.

Galicia ten unha produción de enerxía dos parques eólicos moito maior da que consume. A costa de que? …A costa do noso patrimonio e os nosos recursos arqueolóxicos, culturais, paisaxísticos, de aproveitamento forestal, con graves prexuízos ao territorio e a súa poboación: contaminación térmica (elevación local da temperatura), electromagnética (asociada ás liñas eléctricas de evacuación) e acústica (ruídos e infrasons polo movimento do rotor), alteracións dos ciclos hidrolóxicos, afectacións de hábitats prioritarios, prexuízos na gandería, especies ameazadas cun importante aumento da mortalidade de aves (especialmente migratorias).

Os efémeros beneficios á poboación local non poden xustificar esta nova afronta que a afástanos, cada vez máis, dun desenrolo real e sustentábel.

Charla en Marín contra o proxecto do parque eólico de Pedras Negras.

Charla en Marín contra o proxecto do parque eólico de Pedras Negras.

Charla en Marín contra o proxecto do parque eólico de Pedras Negras.

Charla en Marín contra o proxecto do parque eólico de Pedras Negras.

 

Publicado por: MontePituco | 13/01/2013

DOMINGO 13: ASAMBLEA NA COMUNIDADE DE MONTES

Domingo 13 de xaneiro, asemblea da Comunidade de Montes de San Xulián.

Publicado por: MontePituco | 12/01/2013

PLENO DE XANEIRO (I): PORTO E CHAN INDUSTRIAL

No Monte Pituco, POLÍGONO NON.

Outro pleno maratoniano, de 8 da tarde a 12 da noite. Pleno bronco, non exento de incidentes. Pleno de postureo, con debates cheos de verborrea para logo reflectirse artificiosamente na prensa.

E para mostra, a previsible irrupción do tema do chan industrial, a raíz da reunión na que o alcalde de Ponte Caldelas lle ofertou o parque empresarial da Reigosa ao presidente da Autoridade Portuaria para a ubicación de empresas. Francisco Veiga atizou pola vía do enfrontamento, dirixíndose a María Ramallo:

“Está en la agenda de los ayuntamientos de Pontevedra, de Vilaboa, de Barro, de Ponte Caldelas, pero no está en la agenda de la alcaldesa. Aquí no se hace nada para que las empresas del puerto sigan en Marín, paguen sus impuestos en Marín y que los jóvenes trabajen. Cuáles son sus prioridades? Cuál es su postura sobre el área logística?”, preguntoulle.

“Sobre las prioridades de este gobierno le contesto por escrito”, respondeulle María Ramallo.

Xosé María Vilaboa tamén lle deu unhas cantas reviravoltas ao tema de moda, acusando o departamento de Urbanismo de ter “durmidos os expedentes de Safricope” e doutras empresas ás que lles din que “non se pode dar licencia”, ao que se engade que o Porto carece de Plan Especial. “Que fixo para crear emprego? Denegar licencias”, ironizou o do Bloque, que vai aos plenos coa prensa do día, ou da semana pasada, ou de cando cadra, e ponse a ler os artigos e as entrevistas coa súa retórica e os seus aspaventos: “En que se basea Perfecto Rodríguez para afirmar que as propostas realizadas no seu día para un porto seco en Vilaboa, Cerponzóns ou no termo municipal de Marín son inasumibles economicamente a curto e medio prazo? A Xunta dá por perdido dotar Marín de parque empresarial?”

Despois seguiu lendo as declaracións de María Ramallo e de José Benito Suárez Costa ao Faro de Vigo e continuou filosofando: “E se non hai demanda, Marín non contará con parque empresarial? E o presidente da Autoridade Portuaria recoñece que tivo que rexeitar a instalació dunha empresa multinacional, e Marín ten 3.000 parados e a flota pesqueira amarrada?”

…Vilaboa levaba xa 10 minutos liando o palangre, ciscando demagoxia e escenificando o seu papel de estrela. “Me estoy perdiendo”, interrumpiuno a alcaldesa. E coa mesma, o concelleiro do Bng por fin concretou as preguntas que tiña preparadas: “Se respalda as declaracións de Suárez Costa, a onde foi remitida a empresa multinacional, que fixo a alcaldesa por entrevistarse coa empresa?”.

Logo pasou o de sempre: María Ramallo fixo ademán de empezar a contestarlle, Vilaboa interfería constantemente levantando a voz para que non se oíran as palabras da alcaldesa. “Si usted no me deja hablar y no respeta mi turno, no le contesto nada más en este pleno”. Pero aí non quedou a cousa.

Cando por fin lle chegou a vez a Isabel Martínez Epifanio, a concelleira de Mar-In tamén preguntou polas declaracións de Perfecto Rodríguez: “O alcalde de Ponte Caldelas é do PP, ten máis información él que nós sobre se Marín non vai ter chan industrial?”. Sobre o Plan Especial do Porto, amosou a súa preocupación a respecto de que a única perspectiva para a dotación de chan industrial en Marín se limite a “facer máis recheos”. Finalmente, pediulle a María Ramallo o seu posicionamento sobre a posibilidade de crear chan industrial en Cruz da Maceira e se fixo algunha xestión para que, a curto ou medio prazo, Marín poida ter un polígono “en condicións”.

Posto que, a diferencia de Francisco Veiga e de Xosé María Vilaboa, a interpelación de Isabel Martínez tivo o ton correcto e razoable do que careceron os seus compañeiros de oposición, nesta ocasión non houbo ningún atranco para que María Ramallo puidera atender no momento o plantexado pola edil independente. Non obstante, a contestación da alcaldesa non ofreceu ningunha novidade alentadora para o futuro do Monte Pituco.

“Nuestra postura es la misma. Buscar un área logística requiere condiciones que ninguno de los terrenos reúne”, dixo, en relación á necesidade de que actúen como “modo nodal de transportes”, motivo polo ocal “no se le puede llamar zona logística”. “Seguimos apostando por el área empresarial del Pituco y está incluido también la zona Marín-Moaña”, engadiu María Ramallo, quen tamén matizou que neste momento “a Xunta ten pouco orzamento”, polo que “se non hai demanda, non se van executar máis parques porque hay outros que non están ocupados”. Tamén falou da existencia de conversas entre o Concello de Marín e a Autoridade Portuaria a respecto de que hai empresas con expectativas de crecemento, pero que “o tema económico non invita a canalizar demasiadas iniciativas”. E a maiores, María Ramallo referiuse tamén ás reunións mantidas coa dirección da Zona Franca sobre o estudo que este organismo público realizara sobre a zona de Pastoriza. “A iniciativa privada ten que encauzar cara a onde investir e o Concello ten que canalizar”, concluiu a alcaldesa.

…Chove sobre mollado. DEFENDE O MONTE PITUCO seguirá rexeitando por todos os medios posibles a construcción dunha área empresarial neste emprazamento, por moito PXOM que o teña clasificado como industrial. Porque esa clasificación, en aras do “consenso” ao que se abrazaron os grupos municipais para sacar adiante o Planeamento, non respecta a lexislación medioambiental, nin respecta a lexislación en materia de patrimonio, nin respecta as Normas Subsidiarias que determinaron que o Monte Pituco é un espazo natural protexido pertencente aos Montes do Morrazo, a segunda maior área de protección ambiental da provincia de Pontevedra despois da Serra de Argallo. Por moito que lles pese ao Psoe e ao Bng de Marín, dous partidos “verdes e progres” de pacotilla, que cando formaban goberno pretendían desafectar o Monte Pituco do ámbito dos Montes do Morrazo para lexitimar a ilegalidade que contribuiron a forxar entre os dous.

Os iluminados e os que pretenden bombardear a fachada litoral de Marín son os que collen o plano da vila e fan da súa capa un ‘sayo’ para favorecer intereses económicos particulares, que á súa vez agradecen os servizos prestados con certa xenerosidade e, de paso, para gardar as aparencias, tamén fan como que crean emprego. Xa estragaron ata límites practicamente irreparables a beira do “mare” que alimentaba, en pretérito imperfecto, “a nostra fortuna”. E agora pretenden seguir aumentando o seu ronsel destrutivo, ata extremos irreversibles e en dirección ascendente cara ao Monte Pituco, para culminar o seu apetito voraz.

Fronte a quen fai bandeira política do paro e da crise, fronte a quen pontifica dende púlpitos pseudoinstitucionais pintando un futuro negro-negrísimo se non nos axeonllamos ante o deus-Porto, este discurso a favor de cousas tan aparentemente bucólicas como as floriñas do campo, os mananciais, os bechos rabilongos, as “pedras do 2000” e os idílicos solpores dende o miradoiro do Pornedo, vai dirixido a esa parte da veciñanza -máis ampla do que se pensa- que ten algo que non teñen todos eses -políticos do Concello e acólitos varios- que abogan por destruir o Monte Pituco cun polígono industrial. En todos os Plenos quen máis quen menos dos membros da Corporación se arrogan esas cualidades e pronúncianas coa boca moi chea. Pero non as teñen, non: Respecto e Sensibilidade.

Publicado por: MontePituco | 11/01/2013

Faro de Vigo, 11 de xaneiro de 2013.

Faro de Vigo, 11 de xaneiro de 2013.

El puerto, con 137 empresas, está al límite de su capacidad y urge un área logística“. Faro de Vigo, 11 de xaneiro de 2013.

Ponte Caldelas aspira a ser zona preferente para las compañías portuarias“.

Faro de Vigo, 11 de xaneiro de 2013.

Nuevo varapalo en los tribunales a una empresa del recinto portuario“.

Pontevedra elude los localismos: “Lo importante es que haya un puerto seco“.

Faro de Vigo, 11 de xaneiro de 2013.

Marín solo contempla dos opciones de ampliación: Monte Pituco y Pastoriza“.

Publicado por: MontePituco | 10/01/2013

O CULEBRÓN DO PORTO SECO: PONTE CALDELAS

José Benito Suárez Costa e Perfecto Rodríguez reunidos no Porto de Marín.

Tralo seu encontro matinal co presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez Costa, o alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, explicou cales son os seus argumentos para promocionar A Reigosa -que consta do Parque Empresarial e da Central de Transportes- como posible emprazamento para as empresas vencelladas ao porto.

Perfecto Rodríguez parte da base de que “na actualidade é a zona industrial máis cercana ao porto que xa se atopa urbanizada e con actividade” e, por tanto, “pode facer a funcón do Porto Seco que demanda o Porto de Marín, sen perxuízo de que de cara ao futuro se poidan seguir estudando outras opcións” dentro do Plan Sectorial de Áreas Industriais de Galicia que está elaborando a Xunta.

“Pero o certo é que esas posibles actuacións tardarán moitos anos en facerse realidade, polo que a curto e medio prazo A Reigosa é a zona industrial máis cercana que ten o Porto de Marín que para empresas vencelladas á súa actividade poidan instalarse nunha área área empresarial próxima”, sinalou o rexedor municipal de Ponte Caldelas.

Perfecto Rodríguez foi aínda máis explícito:

“As propostas realizadas no seu día para un porto seco en Vilaboa, Cerponzóns ou no termo municipal de Marín son INASUMIBLES ECONOMICAMENTE a curto e medio prazo, polo que é importante que o Porto de Marín teña claro que existe dende xa unha área empresarial próxima e dispoñible”.

Entre os méritos que enumerou, o alcalde de Ponte Caldelas destacou que a área empresarial de A Reigosa e o parque do Campiño suman máis de 1 millón de m2 de solo industrial, de xeito que “sen lugar a dúbidas é a zona chamada a funcionar como zona preferente” para a ubicación de empresas do eido portuario. Atópase a 15 minutos do Porto de Marín, unha distancia que se reduciu grazas a dúas obras que están en vías de rematar: a reforma do nó do Pino e o desdobramento da estrada PO-243, “que consequen que sexa máis fluido o acceso cara á AP-9 e á autovía de Marín”, engadiu Rodríguez.

O rexedor municipal de Ponte Caldelas puxo como exemplo a PLISAN de Salvaterra-As Neves, planificada como Porto Seco do Porto de Vigo, que “está a moita maior distancia que a área industrial da Reigosa ao Porto de Marín”. Ademais, o trazado da futura circunvalación de Pontevedra (a denominada A-57) prevé un nó de conexión coa estrada de Ponte Caldelas (PO-532) a penas 1 quilómetro despois do parque empresarial. O primeiro treito previsto desa circunvalación é o que une esta estrada coa N-550 en Vilaboa, “o que mellora a conexión do parque empresarial coa AP-9 e a N-550”, apuntou Perfecto Rodríguez na súa xuntanza con Suárez Costa.

O alcalde de Ponte Caldelas ten ben preparadas as cifras do Parque Empresarial da Reigosa, que vén sendo unha ampliación cara a Ponte Caldelas do Polígono do Campiño: ten unha superficie total de 493.096,67 m2, dos cales 286.622 m2 corresponden a solo empresarial distribuido nun total de 49 parcelas. Destas parcelas, actualmente hai 23 vendidas e 2 reservadas; 8 empresas que ocupan 11 parcelas iniciaron xa a súa actividade. As parcelas dispoñibles teñen dende os 1.200 m2 aos 19.900, 21.500 e 26.500 m2 que miden as tres máis grandes. O prezo do m2 é de 95 €, “o que o fai máis competitivo que o resto de parques existentes na provincia”, precisa Perfecto Rodríguez, que tamén garante as posibilidades de crecemento no futuro.

Colindando cos Parques Empresariais da Reigosa e do Campiño está a Central de Transportes, un parque logístico destinado a empresas do sector do transporte de mercadorías por estrada, “pero que tamén pode dar cabida a outras empresas vencelladas ao sector do transporte e da automoción”, matizou Rodríguez. Esta Central de Transportes ocupa unha superficie de 86.963,96 m2, distribuida en 43 parcelas que suman un total de 41.000 m2 de uso comercial-industrial. A superficie destas parcelas vai dende os 594 m2 ata os 1.200 m2. O preso para instalarse nesta Central de Transportes é de 81 €/m2.

Mapa de pendentes do Monte Pituco-Pornedo onde se localizaría o suposto polígono.

Táboa de superficies en función das pendentes no Monte Pituco (Pornedo)

E como contrapunto, no mesmo día, o concelleiro de Urbanismo de Pontevedra, Antón Louro, reclama a súa cuota de protagonismo cunha nota de prensa que non ten desperdicio, e da que destaca a evidente contradición entre os posicionamentos do Psoe de Pontevedra e de Marín. Mentres Louro segue os postulados do Bng a prol da instalación dun porto seco en Leborei, , Francisco Veiga defende a indefendible opción de que ese porto seco se sitúe no Monte Pituco, do que a lumbrera de Pazos Lamoso chegou a dicir que era o sitio máis chan de todo Marín, cando a verdade é que as curvas de nivel demostran que a pendente é tan marcada que calquera obra sería imposible sen un desembolso económico brutal, que obrigaría a instalar uns taludes e conlevaría unha agresión irreparable ao entorno.

Di o comunicado do concelleiro socialista de Pontevedra:

“A sucesión de paus de cego que o PP está a dar en todo o que ten que ver co futuro do porto de Marín está a supoñer un prexuízo intolerable para a economía da comarca de Pontevedra. Así o denuncia o tenente de alcalde e portavoz do grupo municipal socialista, Antón Louro, que esixe que, dunha vez por todas, a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra poña algo de sensatez nun asunto crucial. O último episodio chega co anuncio de que o presidente da Autoridade

Portuaria se entrevista co alcalde de Ponte Caldelas para estudar a situación de empresas relacionadas co porto no polígono industrial da Reigosa, eufemismo que parece agochar un novo intento do PP por buscar unha alternativa desafortunada e partidista para o necesario porto seco”.

A Louro parécelle mal que Suárez Costa reciba a Perfecto Rodríguez. Semella disparatado que un partido supostamente serio monte unha pataleta mediática polo “anuncio” dunha “entrevista” entre dous xestores que ademais son do mesmo partido. Como se o Concello de Pontevedra, a través da súa representación no Consello da Autoridade Portuaria, non tivera ducias de ocasións para expoñerlle a Suárez Costa as súas propostas para a dotación do porto seco. Outra cousa é que non se escenifique ese encontro, cos correspondentes flashes fotográficos, e non trascendan declaracións das partes implicadas. Louro monta en cólera pola mesma razón que Suárez Costa e Perfecto Rodríguez se reúnen e o anuncian con antelación á opinión pública: para facer o paripé. Como se a única realidade fora a que nos dan masticada nas páxinas dos xornais. Afortunadamente ninguén é tan inxenuo como para crer que o presidente da Autoridade Portuaria e o alcalde de Ponte Caldelas non se teñan reunido as veces que queiran, por moi mal que lle pareza a Louro.

“En opinión de Antón Louro, os mal entendidos intereses do Partido Popular xa teñen causado suficiente dano á viabilidade futura do porto de Marín. No que atinxe ao porto seco, cómpre lembrar que hai apenas un ano o PP impulsaba un Plan Sectorial de Ordenación das Áreas Sectoriais [o comunicado pon “sectoriais” onde debera decir “empresariais”… é o que teñen as présas] de Galicia, no que o porto seco se situaba sobre un eventual polígono de 430.000 metros cadrados, a construír antes de 2015, sobre o río dos Gafos, a cabalo entre Pontevedra e Vilaboa, seguindo unha peregrina idea do seu excandidato Telmo Martín.

Agora sorpréndennos cunha nova ocorrencia, barallando un polígono que carece de conexión ferroviaria e de accesos a autopista. Ademais, ao ritmo en que o PP xestiona a materialización da autovía libre de peaxe A-57-circunvalación de Pontevedra, A Reigosa tardará máis de 20 anos en contar con acceso de alta capacidade por estrada”.

Louro fala de “mal entendidos intereses” do PP. E que hai dos intereses -obviemos o calificativo- do anterior goberno local bipartito Psoe-Bng no Concello de Marín, cando favoreceron que se clasificara como solo industrial un espazo natural protexido e cun desnivel considerable? E non ten nada que dicir o Psoe de Pontevedra a respecto do Plan Sectorial de Áreas Empresariais, cando se propón unha plataforma loxística a cabalo entre Pontevedra e Marín -xusto a carón do Monte Pituco- e o propio estudo da Xunta revela que a tal plataforma loxística non ten moitos visos de viabilidade precisamente por factores como a pendente? E que lle parece a Louro que o Concello de Marín proxecte un polígono industrial a carón dun espazo que o Concello de Pontevedra ten clasificado como de interese arqueolóxico, motivo polo cal alegou en contra desa plataforma loxística? Coñecen no Psoe de Pontevedra a palabra “contradición”? e a palabra “coherencia”?

“Fronte a tanta improvisación, o Concello de Pontevedra ten ofrecido a opción real da área loxística de Leborei (Cerponzóns), con 435.137 metros cadrados, prevista no avance do PXOM da capital. Unha área industrial situada a uns 10 Km, con conexións ferroviarias e de alta capacidade. Só falta a vontade política da Xunta para desenvolvelo, decisión na que contaría, de inmediato, con toda a colaboración administrativa e urbanística do Concello de Pontevedra.

O porto seco é unha necesidade urxente do porto de Marín, cuxa situación está aínda máis agravada polo caos xerado tras a anulación xudicial do seu Plan Especial do ano 2000. Unha sentenza que tan só confirmou as expectativas xeradas no seu día e que, hai que lembralo, obriga á Xunta, á Autoridade Portuaria e á Deputación de Pontevedra a correr cos gastos da retirada de máis de 300.000 metros cadrados de recheos ilegais”.

Faro de Vigo, 18 de novembro de 2009.

Pois a ver como xustifica Francisco Veiga esta manobra de Antón Louro. Porque se a opción de Leborei é “real”, segundo Louro, con que adxectivo calificaría Veiga a opción do Monte Pituco? Para DEFENDE O MONTE PITUCO, a opción do Monte Pituco é absolutamente disparatada, alegal e indefendible. E por riba, a Autoridade Portuaria xa no ano 2000 se pronunciou en contra de ubicar o seu porto seco no Monte Pituco porque non só as condicións orográficas do terreo facían que a obra resultara inviable, senón tamén pola imposibilidade de dotalo dunha conexión ferroviaria.

E a tempo de sumar máis interrogantes, que dirán os respectivos Bng’s de Pontevedra e de Marín? Pareceralle ben ao concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra, o nacionalista Cesáreo Mosquera, que Antón Louro se erixa no defensor do proxecto de porto seco en Leborei, desenvolvido polo Bng? Xurdirá no seo do bipartito de Pontevedra algún roce por ter tomado Louro a dianteira no pronunciamento oficial sobre unha materia que “é pero non é” da súa competencia directa?

“Precisamente agora, a Xunta de Galicia está a tramitar un Plan Especial que repite moitos dos defectos e erros do anterior e que, precisamente por isto, mereceu un duro reproche do Concello de Pontevedra a través do documento de alegacións aprobado en Pleno o pasado mes de novembro. A todo elo hai que engadir o último episodio protagonizado polo PP ao deixar ao porto fóra da Rede Europea de Transportes, o que vai impedir o acceso aos fondos europeos para infraestruturas ata o ano 2020”.

Quizais Antón Louro non debera sacar moito a lingua a pacer botando balóns fóra sobre as responsabilidades do seu partido nas consecuencias que tivo a sentenza firme do Tribunal Supremo que declarou ilegais boa parte dos recheos realizados no Porto de Marín e a construcción do ramal ferroviario. A Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres xa ten enfilado ao político socialista. E este mesmo colectivo aínda ten moito que dicir non só sobre a tramitación do novo Plan Especial do Porto, senón tamén sobre o PXOM de Marín que clasifica como urbanos uns terreos gañados ao mar que a instancia xudicial de maior rango neste país calificou de ilegais.

Publicado por: MontePituco | 09/01/2013

PP, PSOE, BNG E MAR-IN SOBRE O PXOM E O POLÍGONO

No blogue Cousas de Carragal publicáronse unhas entrevistas cos responsables dos grupos municipais do PP, PSOE, BNG e Mar-In, a modo de balance da política local durante o pasado ano. O chan industrial e mais o desenvolvemento urbanístico son temas candentes para todos os interlocutores do cuestionario plantexado. Pero os máis deles seguen mantendo un discurso artificial baseado na demagoxia, no servizo aos seus intereses electorais; e o peor, por pura terquedade e cerrazón, manteñen uns posicionamentos que pasan totalmente por alto o respecto a lexislación elemental en materia de protección do medio ambiente e de conservación do patrimonio, por non citar outras materias nas que sen dúbida os especialistas terían moito que dicir. Porque xa está ben de que se desprecen os argumentos da natureza e da cultura en favor de todopoderosas cifras de investimentos e hipotéticos postos de traballo; que por algo existen leis que protexen todo iso que, co PXOM e co polígono proxectado no mesmo, se pretende destruir, sen que aparentemente pase nada. Iso está por ver e DEFENDE O MONTE PITUCO non é o único colectivo social disposto a cuestionar esa alegría coa que a clase política, ao abeiro de certos poderes económicos -non tan intocables, por certo-, estaría disposta a pasar o Dereito polo arco do mesmísimo triunfo.

Pregúntanlle a Francisco Veiga, voceiro municial do Psoe:

– ¿Qué cree usted que le falta a Marín? Infraestruturas, más inversiones en aspectos concretos…

Le hablaré de lo que le falta a Marín, y también de lo que le sobra. Ahora es el momento de las personas, toca reforzar los servicios sociales municipales después de los recortes sistemáticos del señor Feijoó. El Ayuntamiento debe estar del lado de los más necesitados mediante ayudas a la compra de libros de texto, exenciones temporales de impuestos, viviendas sociales, etc. Desde un punto de vista material, lo más importante es el Centro de Saúde tan prometido, después el parquing subterráneo y la Guardería Municipal de Seixo. Así mismo, últimamente da la impresión de que nuestro puerto y la necesidad de un polígono para su crecimiento está más en la agenda del alcalde de Pontevedra que de la alcadía de Marín. Está muy bien solicitar a los Reyes Magos obras para salir en la foto, pero lo realmente necesario para el futuro de nuestro jóvenes, como son un polígono industrial y la ubicación de empresas, se permite que Pontevedra y el PP lo proyecten en el Concello de Barro, Vilaboa o Cerponzóns. Y yo me pregunto, ¿es que nuestra alcaldesa no tiene nada que decir en esto?

Non hai outra bandeira que Veiga non saiba axitar: a do localismo rancio e patético; ese que practicou cando, rodillo en ristre, lle deu por despintar unha raia ‘provocadora’ na praza Marqués de Valterra cun ‘look’ tan elegante como informal a base de camisa branca, pantalón fino e zapatos lustrosos, prescindindo do mono de traballo que calquera operario lle puidera ter prestado para que o paripé resultara máis efectista. Corría o ano 2009. Tres anos antes, cunha pinta moi parecida á súa, Núñez Feijóo saía nas fotos cunha mangueira amagando sofocar un dos miles de incendios que asolaban Galicia naquel infausto verán.

Francisco Veiga Alberto Núñez Feijoo.

Rodeados como estamos de polígonos baleiros, para o ex-alcalde Veiga a prioridade de Marín ten que ser construir -non se sabe con que financiación- unha área industrial exclusiva para este Concello; parafraseando o slogan dunha coñecida marca de cosméticos, “porque yo lo valgo”.

Que non tema Veiga que, ante as poucas partituras [dialécticas] que sabe tocar; nos próximos días abofé que nos poderá deleitar coa súa melodía favorita. Porque o rexedor municipal de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, e o presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez, vanse reunir mañá, xoves: o alcalde quere promocionar o polígono industrial da Reigosa “como zona preferente para a ubicación de empresas vencelladas ao porto de Marín”.

Daquela Francisco Veiga porá o berro no ceo e maldecirá a todos os municipios da contorna e á Autoridade Portuaria de Marín, e acusará a todo becho vivente de ‘alta traizón’ porque que mellor sitio que o Monte Pituco para converterse na plataforma loxística do porto. Un porto cuxo presidente xa rexeitou en 2009 a ubicación do porto seco no Pituco por inconvintes de tanto peso como a forte pendente natural do terreo e a imposibilidade de dotar a zona dunha conexión ferroviaria. Pero Veiga non se enterou; estaba tan ocupado co seu rodillo borrando unha raia que as orellas deberon enchérselle de pintura.

Pola súa banda, Pilar Blanco quéixase de que María Ramallo amósase “conforme” de que os orzamentos da Xunta non recollan “proxectos anunciados” como a construcción dun polígono industrial. A voceira do Bng tamén respondeu á pregunta sobre as infraestruturas que lle faltan a Marín.

– Sen dúbida o problema máis grave que ten agora mesmo Marín é o nivel de desemprego. Preto de 3.000 persoas están sen traballo no noso municipio e non existe política de emprego no goberno municipal. Se o goberno local non é quen de conseguir investimentos para Marín o número de persoas sen traballo seguirá medrando, por iso é vital que se leven adiante as infraestruturas pendentes en Marín como o polígono empresarial, o Centro de Saúde, o aparcadoiro soterrado, o auditorio ou a gardería de Seixo. A Xunta de Galiza ven de aprobar o PXOM que o goberno anterior deixou tramitado para a súa aprobación definitiva; agora o PP no goberno local ten a obriga de desenvolvelo, xa non hai excusa para non levar a cabo estas infraestruturas. Marín puido ter o polígono empresarial que o BNG, dende o goberno da Xunta, quixo levar adiante; non foi posible polas circunstancias que todos coñecemos, pero agora non hai impedimentos. Veremos de que é capaz o PP.

Foto da prensa no blog BreaSeixo.

…O Bng de Marín sempre “erre que erre”, laiándose do que puido ser e non foi pola imposibilidade de levar adiante a construcción dos micropolígonos na Brea e Vista Alegre; caendo no victimismo facilón, cando non colgando medallas para si cuxo mérito -ou demérito- deberan compartir coa Corporación local. E así lle vai, recollendo os froitos da súa inmadurez e da súa prepotencia. Tomando da súa propia medicina ao ser multado polo Goberno do PP ao infrinxir o artigo 12 da “Ordenanza xeral de protección medio ambiental” que a propia Pilar Blanco levou a aprobación e que prohibe a colocación dos cartaces que penduraron dun bo número de farolas con propaganda do Bng.

En canto a Isabel Martínez, de Marinenses Independentes, sobre a cuestión das infraestruturas, mantén a postura inicial do seu grupo político, que rexeita a instalación dun futuro polígono no Monte Pituco.

– Por facerlle un resumen empezaría por votar en falta, entre outras cousas, o traslado da Aduana ao recinto portuario, a posta en funcionamento do novo Centro de Saúde Público, a cesión de terreos do Porto para uso da cidadanía, o polígono industrial na Cruz da Maceira en colaboración co concello de Moaña, o remate do saneamento do 100% do concello, a ampliación da casa de cultura do casco urbano de Seixo…

Artigo publicado por Isabel Martínez Epifanio no Faro de Vigo.

Por último, María Ramallo presume de ser a alcaldesa en cuxo mandato se aprobou o Planeamento urbanístico:

– Sin ninguna duda la aprobación definitiva del Plan General de Ordenación Municipal de Marín. Una gran asignatura que teníamos todos pendiente y que hemos sido capaces entre todos de sacarla adelante y creo que con buena nota. Es el mejor Planeamiento posible en estos momentos para Marín y me enorgullece culminar un trabajo de todos, los vecinos nos demandaban una actuación inmediata en este tema que no podía ni debía ralentizarse más, creo que todos actuamos con altura de miras y visión de futuro, ahora estamos articulando los instrumentos necesarios para poder desarrollarlo y cumplir muchas de las expectativas creadas, a eso nos vemos a dedicar.

– ¿Se está notando algo la puesta en vigor del PXOM?

Efectivamente están viniendo a informarse muchos vecinos que quieren saber cómo quedaban sus propiedades después de su aprobación definitiva, expedientes de obras han entrado varios, y de legalizaciones lo que más, pero sin duda creo que eso siempre genera dinamismo en el sector de la construcción y de las reformas que conjuntamente con las ayudas del área de rehabilitación tienen que posibilitar que exista cierto movimiento, teniendo en cuenta de las dificultades para acceder a los créditos, creo que sin duda después de la parálisis vivida, se tiene que notar.

…Das súas palabras cabería destacar a expresión “o mellor Planeamento posible nestes momentos”. Ou como diría o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, “es mejor tener un plan que no tenerlo”. Aínda que sexa unha trapallada, poderíamos engadir, pero o caso é telo. Aínda que cause un impacto paisaxístico que porá Marín á altura das localidades máis salvaxes do Estado dende o punto de vista urbanístico. Aínda que se cargue o suministro de auga potable dos veciños que levan séculos bebendo dos acuíferos existentes no Monte Pituco e regando as súas fincas. Aínda que acabe con especies faunísticas únicas no mundo. Aínda que supoña a devastación do entorno inmediato no que se localizan xacementos arqueolóxicos catalogados, protexidos por lei e declarados Bens de Interese Cultural. Aínda que se despilfarren ducias ou centos de millóns de euros no desmonte dun terreo no que máis do 90% supera a pendente máxima recomendada para a construcción de polígonos industriais. Aínda que sexa un disparate monumental e os políticos que aprobaron semellante despropósito cometeran a mantenta unha irresponsabilidade de gran calibre… o caso é ter un PXOM. Burro grande, ande ou non ande.

Publicado por: MontePituco | 08/01/2013

SAN XULIÁN E A VIRXE DOS REMEDIOS, PATRÓN E PATROA

Foto, Gustavo Santos (Faro de Vigo).

Las singulares condiciones de nuestra bahía la hacían un puerto natural conocido desde muy antiguo con el nombre de Porto de San Xiao dos Ancorados por su seguro fondeadero al abrigo de todos los vientos, a donde los navíos de toda clase y porte venían a efectuar sus carenas.

Este puerto centralizó todo el tráfico de la ría y el creciente movimiento de buques que a él acudían hizo aumentar considerablemente la población de la villa. San Giao dos Ancorados gozó de gran fama antes que otro puerto alguno de la ría y el mismo P. Sarmiento escribía a su hermano Javier en 1762 diciendo: “acaso el antiguo puerto sería entre Canto da Area i Quita Pesares, i Marín la entrada”. (1)

Mucho antes pues de usarse el nombre de Marín fue designado nuestro puerto con el de San Giao dos Ancourados, aludiendo a la primitiva entidad parroquial de San Julián, sin duda la más antigua del Término Municipal que comprendía todo el valle sobre el que hoy se asienta la villa…”

(1) Claudio González de Zúñiga, “Historia de Pontevedra!, 1846.

“Pequeña Historia de Marín”, Colección Tambo, 1983: José Torres Martínez (Páx. 129)

La iglesia parroquial de san Julián era un beneficio de Patronato, presentación y nominación del Monasterio de Osera, ejercido conjuntamente con el de Armenteira y el San Juan de Poyo. Pero el abad de Osera era el mayor presentero, pues de los 180 ferrados de grano que el Cura párroco de dicha feligresía había de pagar en razón de este Patronato, percibía por sí solo el Monasterio de Osera 108, quedando los 72 restantes para los otros patronos a partes iguales.

También se acredita esta condición de mayor patrono por el hecho de que en el día de la fiesta de San Julián presidía la misa y mesa el Prior de Osera en Marín, en representación del Abad del Monasterio, asistiendo también los representantes de los otros patronos.

En la Bula de Amparo del Papa Adriano IV, entre los bienes de Osera que se toman bajo la protección de la Sede Apostólica se relacionaba igualmente la iglesia de San Julián. Del mismo modo, en la visita de foros realizada con provisión real a la hacienda del Puerto de Marín el año 1609 se aclara que la iglesia de San Julián es de presentación del Monasterio de Osera, y asimismo en otra visita que se llevó a cabo en 1616 se hizo constar que don Juan Alonso, clérigo rector de aquella parroquia, debía pagar por razón de patronato al referido Monasterio 108 celemines de pan, que habían de ser reunidos y medidos en aquella iglesia según convenio y costumbre establecida.

“Pequeña Historia de Marín”, Colección Tambo, 1983: José Torres Martínez. (Páx. 182-183)

Publicado por: MontePituco | 07/01/2013

‘O NENO DAS PIÑAS’, POR CASTELAO

"O neno das piñas", de Castelao (1926).

O neno das piñas“: obra para a Exposición de Arte Galego en Santiago (1926)

Cúmprense 63 anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 30 de xaneiro de 1886 – Bos Aires, 7 de xaneiro de 1950), unha figura fundamental da cultura galega, que tanto fixo polo desenvolvemento dun ideario socio-político-económico pensado por e para Galicia. Fronte a quen intenta capitalizar o seu legado ideolóxico, cómpre reivindicar que ninguén -a título individual ou colectivo- ten o monopolio para citalo, para honrar a súa obra e traela ata o presente.

“Chegando, procuras un pino e daslle por min unha aperta e un bico”, dixéralle Castelao ao paisano que vixiaba a Terra. Ou “vale máis unha terra con árbores nos montes, que un Estado con ouro nos bancos”, deixou dito tamén quen soñaba co idílico concepto de “cidade-xardín”.

Se a obra de Castelao fose máis lida e aplicada, tal vez non se cometeran tantas falcatruadas.

Publicado por: MontePituco | 07/01/2013

DOMINGO 13, ASEMBLEA DA COMUNIDADE DE MONTES

Domingo 13 de xaneiro, asemblea da Comunidade de Montes de San Xulián.

Publicado por: MontePituco | 05/01/2013

NOITE DE REIS NO MONTE PITUCO

Xa chegaron os Reis ao Monte Pituco.

Tres peregrinos veñen

tras dunha estrela;

dúrmete, neno meu,

se queres vela.

Tres mariñeiros veñen

tras dun luceiro;

dúrmete, neno meu,

se queres velo.

Dúrmete, neno meu,

meu neno, dúrmete;

tras dunha estrela veñen

polo deserto tres reis.

Publicado por: MontePituco | 04/01/2013

CAMPAÑA ‘ARBORÍZATE’

No Alto do Pornedo tamén hai (uns poucos) piñeiros.

Rematan as festas e xa vai tocando desarmar o tenderete navideño: guirnaldas luminosas, espumillón, as figuras do belén… e a árbore? En Marín non se ten coñecemento de ningunha iniciativa municipal para recoller os piñeiros naturais despois de retirarlles os adornos. Por iso dende DEFENDE O MONTE PITUCO imos recomendar a participación da cidadanía sensible coa natureza nunha encomiable iniciativa do Concello de Pontevedra e da Mancomunidade de Montes de Pontevedra para replantar as árbores de Nadal.

A campaña “Arborízate” realizarase os días 12 e 13 deste mes de xaneiro (sábado pola mañá e pola tarde, e domingo pola mañá). Consistirá na plantación deses abetos en dúas parcelas de monte veciñal situadas nas comunidades de montes de Santa María de Xeve -no lugar de Gatomorto, cerca de Verducido- e de Salcedo -na parte de abaixo do recinto da Brilat-. Previamente, durante o día de Reis, recolleranse todas as árbores.

Os días nos que se faga a plantación, uns monitores axudarán ás persoas que acudan ao monte: entregaranlles unha foto coa súa árbore, un localizador para que poidan seguir o seu crecemento, e os que o desexen mesmo poderán “bautizar” o seu abeto cun nome.

Os promotores da campaña difundiron unha serie de consellos para conseguir que as plantas sexan transplantadas con éxito: situalas en espazos alonxados de fontes de calor directa, rego cada dous ou catro días dependendo da temperatura da sala, e situar as árbores durante uns días nos espazos máis fríos da casa para ilas adaptando ao cambio.

As persoas interesadas en inscribirse en “Arborízate” poden contactar co número de teléfono 986 85 14 24 ou por correo electrónico no enderezo montespontevedra@mundo-r.com

Publicado por: MontePituco | 03/01/2013

PLENO DE DECEMBRO (e IV): ROGOS E PREGUNTAS

Para rematar co amplo resume do pleno de decembro, hai que dar conta da moción que presentou o Psoe a través de Carmen Santiago sobre as taxas xudiciais; unha moción que non tiña ningún obxecto práctico, máis aló do seu efecto simbólico, posto que a nova lei de taxas entraba en vigor o mesmo día no que se celebraba o pleno. E aínda que, a causa do acto solidario cos mariñeiros de Mauritania, a sesión plenaria adiouse uns días con respecto ao segundo venres de mes, tiña tanto sentido antes como despois. O BNG subscribía a moción e tamén pedía a derogación da normativa.

Pero o feito de que o PP metera baza cunha contra-moción que tamén abordaba as taxas xudiciais e que, segundo o PSOE “plaxiaba” parte do contido do seu documento, fixo que os socialistas abandoaran a sala de plenos.

Eran as 23:30 da noite e a cousa, lonxe de ir tocando ao seu fin, complicábase. Beatriz Rodríguez negou que a moción do PP recollera a moción do Psoe e -en ausencia dos socialistas, que non rebatiron o seu discurso- explicou que “as taxas xudiciais xa existían e que, o Psoe non derogou, senón que puxo máis limitacións. Aínda así, Beatriz Rodríguez recoñeceu que o seu grupo era partidario de pedir a reducción da cuantía das taxas que, “son unha barbaridade”.

Isabel Martínez criticou que a moción do PP era “copiada” da anterior do Psoe e calificou de “penoso” que se presenten dúas mocións paralelas sobre o mesmo tema. Vilaboa deixou caer a machada aquela tan desafortunada de Gallardón sobre o feito de que gobernar é “repartir dor”. E a alcaldesa quixo poñer o punto e final ao debate queixándose de que a oposición “critica todo”: se os asuntos van con informe ou sen informe, tanto se pasan por comisión como se non, e que a “mellor intención” do seu grupo nesa cuestión era “chegar a un acordo” que “non foi posible”. E como o PP “non tiña interese en tratar ese tema”, retirábano da orde do día.

No fondo, esta polémica -artificial, como tantas- foi unha manobra do PP que lle saiu ben, como esas hábiles xogadas ensaiadas dos equipos de fútbol: a oposición presenta un tema, o grupo de goberno presenta un contra-tema, a oposición trata de expór os argumentos, e o grupo de goberno actúa con concordia e dá unha imaxe de consenso ata que, no punto onde lle interesa romper a baralla, fai un quebro que acaba prosperando, ben porque gañan en número de votos ou porque, como neste caso, o asunto en cuestión queda fóra. E quedan coma diola, porque os grupos maioritarios da oposición non agantan o tirón e optan pola espantada como medida de protesta, que a fin de contas é unha infantilada.

Pasado este trance, e da maneira máis tonta, aconteceu outra pelotera que tivo como protagonistas a alcaldesa e a Pilar Blanco. María Ramallo a falar, a do Bloque a interrompela: “señora Blanco, no se ponga nerviosa!” e nestas, que mete baza tamén Vilaboa, e xa aquilo a tres bandas chegou a un punto no que Pilar Blanco exclamou de súpeto, traizoada polo subconsciente: “Por favor, Xosé María, estou falando eu!”. Nin a princesa Letizia foi tan impetuosa con Felipe o día no que anunciaban o seu compromiso. Pilar Blanco, for princesa do pobo galaico, xa!

Abrindo o turno de rogos e preguntas, Veiga pediu que se lle entregara o expediente do Arela que xa o seu grupo solicitara por escrito en outubro. Tamén preguntou a que partida orzamentaria se cargou unha viaxe da alcaldesa a Madrid e o nome da empresa que instalara o alumeado navideño.

María Ramallo explicoulle que o grupo socialista “xa teñen parte do expediente porque levaron copia” e que o documento completo, que está na secretaría é moi voluminoso. “No nos llevamos nada a casa”, engadiu a alcaldesa, que lle recriminou a Veiga “que no organizaran antes de marcharse”. Ao resto dos temas contestaríalle por escrito.

Muradas sacou a súa ristra resesa de temas: o Camiño Vello de Seixo, a sinalilzación vertical, as farolas, as árbores non repostas, o espello da rúa Escribano… E a maiores, queixouse de quen fora a idea de ofrecer aparcamento en San Pedro e na Raña. Tampouco pasou por alto a polémica sobre a poda de árbores na Alameda, acusando o Goberno local de “poñer a caldo” os xardineiros municipais, e augurando que a actuación realizada “non garante para nada que no verán vaia haber sombra”. E por suposto, o Arela: se foi aprobado algún reformado do proxecto, críticas porque foi “desnaturalizado” e porque o Concello “consentiulle” ás empresas, que a iluminación tiña que ser en suspensión, que a que bautizou como “fonte da arqueta” ía sufrir actos vandálicos…

María Ramallo optou por comunicarlle que lle contestaría tamén por escrito ” e pormenorizadamente” argumentando que o concelleiro socialista estaba “incidindo” sempre nas mismas preguntas: “Lo he intentado pleno tras pleno, le digo lo que hay y no le satisfacen mis contestaciones”, concluiu Ramallo nun ton molesto.

Tamén interviron Luz Santiago, Pazos Lamoso, Carmen Santiago, que preguntou que medidas tomaría o Concello se o Rexistro Civil quedaba en mans dos rexistros da propiedade.

Cando Pilar Blanco comezou a formular as súas preguntas e rogos a sesión xa superara as 5 horas. Para alivio de dúas mulleres que estaban no público, por fin falaron “do seu libro”. A edil nacionalista lembrou que se presentaran firmas dos veciños para que remataran as obras do muro do Casal. Secundando a Muradas, preguntou se fora modificado o proxecto Arela, por que estivera apagado o alumeado da rúa Méndez Núñez tres días, e que tiña que dicir a alcaldía sobre unha queima de expedientes, asegurando que había fotos e unha acta da Policía Local. Acentuando quen dera a orde para que se cometera un acto de tanta “gravidade”, reclamou que se lle entregara ao BNG a acta “oficial” da policía.

María Ramallo anunciou que a Deputación xa tiña contratado un canteiro para o muro, negou por segunda vez a modificación do Arela, e non entrou a valorar a denuncia sobre a queima de expedientes.

Seguiulle Vilaboa que, ao igual que Muradas, tamén ten unha neveira de asuntos recurrentes; entre eles, o listado de facturas, que volveu demandar por escrito, e o Edificio Castelao, do que tamén pedira documentación. Erre que erre sobre o Arela, o concelleiro do Bng advertiu que “alguén se estaba fumando o proxecto”. Cando comezou a botar un speech sobre modelos de farolas e os seus prezos correspondentes, Muradas debeu botar en conta que esa lección xa a tiña aprendida, e coa mesma ergueuse e abandonou o Pleno. Vilaboa seguiu ao seu: que en vez de ir colgadas e empotradas no chan, agora ían en superficie, que “algo pasa”, que “vostedes van ter moi difícil para xustificar de aquí ao 31 de decembro”…

Máis do mesmo, Ramallo contestaríalle por escrito.

Esther Crespo xa fixera esforzo abondo na súa exigua intervención sobre a supresión do Padroado de Cultura. Unha vez máis non presentou nin preguntas nin rogos; será que todo está perfecto, que nin sequera na súa parroquia hai aspectos mellorables que puideran merecer a súa atención.

A derradeira intervención do pleno foi de Isabel Martínez, que preguntou polo campo de fútbol de San Xulián; e polos sobrantes de terreo a raíz das obras da Variante, a respecto da Administración responsable de inventariar esas superficies.

Publicado por: MontePituco | 02/01/2013

AS VELLAS CANTEIRAS DO MONTE

Antiga canteira nas inmediacións do Monte Pituco.

O Monte Pituco está rodeado de antigas canteiras. As penedos desta contorna serviron para construir moitas vivendas dos núcleos de poboación que comezaban a formarse durante o século pasado ou mesmo no XIX en lugares como O Casal ou A Laxe, onde aínda pervive, por certo, o topónimo d’A Canteira. Sería oportuno averiguar a antigüidade destes barrios do rural. Os historiadores e antropólogos pode que tamén dispoñan de datos sobre esa actividade económica que forma parte do pasado recente de Marín: estes puntos de extracción de pedra son vestixios da historia viva da vila e dos seus habitantes; moitos traballaron manexando o pico e a pala, e o repicar das súas ferramentas marcaba o ritmo do tempo no monte.

Antiga canteira nas cercanías do Monte Pituco.

Antiga canteira nas cercanías do Monte Pituco.

Nunha destas vellas canteiras o temporal dos últimos días derrubou unha árbore que medrara no alto dunha rocha escorregadoira cuberta de musgo e liques. Debaixo das súas raíces non había tesouro ningún das mouras. Mouras que quizais, segundo conta a mitoloxía, peiteaban os seus cabelos ao carón de regatos como o que baixa serpenteando a pendente.

Antiga canteira nas cercanías do Monte Pituco.

Antiga canteira nas cercanías do Monte Pituco.

Antiga canteira nas cercanías do Monte Pituco.

Esta canteira ten o seu valor intrínseco; como aqueloutra tamén próxima onde o equipo do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños identificou a chamada Pedra do Sapo. E que tal un centro de interpretación das canteiras para complementar un roteiro que percorra estes espazos tan interesantes e descoñecidos?

Antiga canteira nas cercanías do Monte Pituco.

Publicado por: MontePituco | 01/01/2013

10 DESEXOS NA DEFENSA DO PITUCO PARA 2013

Regatos no Monte Pituco.   

No Ano Internacional da Auga, imos defender os mananciais naturais existentes no subsolo do Monte Pituco. Acuíferos que lle dán de beber a cotío á veciñanza da contorna, que regan as veigas próximas. Regatos nos que habitan especies animais e vexetais únicas no mundo. A instalación dun polígono, co momento de terras que obrigaría a facer, e o efecto tan agresivo das obras, faría que inevitablemente se perda toda a riqueza hidrolóxica.

Petróglifos do Pornedo. 

Que os responsables do Goberno promovan unha intervención arqueolóxica no Pornedo, nos Sete Camiños e no Piñeiral de Caeiro para recuperar e poñer en valor este patrimonio histórico que está abandonado. Pola creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

 

Que o monte non se use para botar lixo, nin restos de obra, nin materiais contaminantes. Respecto para o entorno natural.

Unha vez máis, a lacra do maltrato animal, contra a que cómpre unha solución urxente. 

Que non ‘castiguen’ os cabalos con artiluxios que dificultan a súa mobilidade. Non máis pexas, nin trancas, nin cordas nas súas extremidades.

"Chioglossa lusitanica" ou saramaganta. 

Que se respecte a fauna autóctona, que non se consinta o deterioro dos regatos naturais nos que habitan especies protexidas como a saramaganta rabilonga.

Herba da Pampa ou cortadeira no acceso á variante de Marín, en San Xulián, 

Pola erradicación das especies invasoras, especialmente a herba da pampa, que ocupa cada vez máis terreo.

San Xulián, en defensa dos nosos DESmontes.

Que os responsables de velar polo monte cumpran o seu cometido con honestidade, que non actúen como axentes especuladores, que non sexan os primeiros en ‘vender’ o patrimonio de toda a veciñanza, que defendan o monte común.

Gravados modernos de Pepito Meijón. 

Para que se estude e se valoren os gravados de Pepito Meijón. O seu peculiar legado tamén é cultura.

 

Que o Monte Pituco se encha de visitantes que vaian admirar o seu patrimonio cultural, os seus espazos naturais. Pasos e voces, si. Formigón e asfalto, non.

Solpor dende o Monte Pituco, 1 de xaneiro de 2013. 

Que sigamos gozando cada día dun solpor diferente, respirando aire puro.

…E un desexo de propina…

Brincadeiras da natureza no Monte Pituco.

MÁIS SENTIDO DO HUMOR!

Publicado por: MontePituco | 31/12/2012

DENDE O MONTE PITUCO, FELIZ 2013

feliz 2013

“…As badaladas soan e resoan

traballando na pedra,

petruciais, como canteiros vellos,

unhas figuras interminábeis foxen…”

Vítor Vaqueiro

Publicado por: MontePituco | 29/12/2012

PLENO DE DECEMBRO (III): AS FACTURAS DE NUNCA ACABAR

 

Vencellado ao punto anterior sobre a supresión do Padroado de Cultura, o Pleno tamén abordou a redistribución do cadro de persoal municipal. Neste punto, Muradas dixo que facía falta un informe de intervención e que, en ausencia do mesmo, propoñía “que este asunto quede sobre a mesa” por tratarse dun tema que el considera “trascendente”. Vilaboa seguiu erre que erre coa súa retórica de que o grupo de goberno levaba un feixe de meses -dende marzo- sabendo que cumpría xestionar este tema, e que non fixeran nada en todo este tempo. Isabel Martínez advertiu que o expediente estaba “incompleto”, queixouse de que se estaban creando “castas” dentro do Concello e que o tema estaba “pouco traballado” para o seu tratamento no pleno, polo que secundou a Muradas pedindo que fora aparcado.

Beatriz Rodríguez aclarou que “non haberá máis reunións” para tratar esta proposta coa xunta de persoal, pero que “seguirá habendo mesas de negociación”. Confiaba na boa tramitación do tema porque a interventora municipal asistira ás dúas reunións que houbera, e reiterou que as condicións ás que quedan suxeitos os traballadores son “as mesmas”. Finalmente, cos votos do PP aprobouse este punto da orde do día.

Outro óso duro de roer foi o recoñecemento extraxudicial de crédito. O concelleiro de facenda, Manuel Santos, volveu reiterar -outro erre que erre máis- que a xestión feita polo goberno local no que levamos de lexislatura resultara condicionada “a nivel organizativo e económico” pola herdanza do bipartito. Mentres, os do grupo socialista rían. “Vendían que las cuentas estaban saneadas e tiñan todo sen pagar”, recriminoulles Santos Costa. “El descontrol del gasto del bipartito fue mayor de lo que se esperaba”, engadiu.

Francisco Veiga -que tamén é un erre que erre crónico- acusouno de traer sempre “a mesma retahíla” aos plenos e de ocultarlle á oposición a relación de facturas. Por enésima vez, o ex-alcalde defendeu que no seu mandato “nunca ocultamos nada”, que a xestión fora “clara, nítida e transparente”, e gabouse de que “en 12 anos de goberno socialista Marín era dos concellos máis saneados”. Tamén ameazou ao edil popular de que “ao final vaise saber todo” e afirmou que “marcharan dúas interventoras porque non facían os informes como ustedes querían, porque decían la verdad, que había dinero para pagar”. Máis aínda, advertiu que o PP estaba a “endebedar máis aínda” o Concello, con operacións de crédito “caras e sen publicidade”, polo que como consecuencia, Marín “aparece nas listas de morosos”.

Xosé María Vilaboa criticou que se estaban recoñecendo facturas que xa foran pagadas, que o goberno local tardara 10 meses en entregar a liquidación e que aínda por riba o Ministerio de Facenda aínda non lle ingresara ao Concello o importe da retención, “case un millón de euros”.

O edil do Bng secundou a Veiga ao empregar acusacións de certo calado, como “fraude”, sumando a perda de subvencións da Xunta, a retención da liquidación, a falta de orzamento e os 300.000 euros pola contratación do abogado Félix García como asesor da alcaldesa. Vilaboa rematou o seu primeiro round -quince minutos de rollo- pedindo que lle entregaran un informe sobre a situación de intervención.

Isabel Martínez lembrou que o Goberno local “empeñárase” en pedir un crédito que ten “un xuro moi alto” e demandou que “xa que en 2011 non houbo orzamento porque non daba tempo, e tampouco o houbo en 2012, que o fagan en 2013”.

Nos turnos de réplica, Santos Costa, Veiga e Vilaboa enredaron nunha polémica sobre a actualización do IBI na época do bipartito, ata o punto de que o socialista e o nacionalista fixeron tándem para pedir que se recolleran na acta as palabras do concelleiro do PP porque podían traer consecuencias. “Prefiero ser bolichero aunque no tenga boliche y no pufero como usted” foi outra das lidezas que lle chantou Santos Costa a Veiga, que elevou o listón da ordinariez con comentarios como “Núñez Feijóo me pone” ou “aunque me pidiera el número de teléfono le iba a tener que decir que no”.

Normal que Isabel Martínez lles chamara a atención por facer “bromas” de mal gusto tendo entre mans un tema “tan serio” como o estado de contas do Concello. Pero menos mal que temos a Vilaboa para preguntar no servizo de intervención como andan de liquidez: “Temos 3 millóns en conta e pendente case un millón do Ministerio”. Respiremos todos tranquilos, que aínda non temos que ir empeñar os collares de pérolas nin as peinetas de nácar das avoas para chegarmos a fin de mes.

Cos votos do PP, unha vez máis, aprobouse o recoñecemento extraxudicial de crédito.

Despois tratouse un problema urbanístico: o peche dunha parcela na Brea, sobre a que pesa un expediente de infracción porque o informe que autorizou a obra estaba mal, xa que non estaba clasificadaa como solo rústico, senón como solo de desenvolvemento previsto. Francisco Veiga solicitou que se lle pediran explicacións ao técnico que elaborou o informe, argumentando que o Concello quedaba exposto a unha “situación delicada” se os tribunais lle daban a razón á persoa que denunciou a obra.

Coma se dun dejà-vu se tratara, Vilaboa volveuse queixar de que dende o mes de marzo, cando este mesmo tema quedou “pendente de estudo”, ata este momento, “non se moveu nin un só papel” e que, como tampouco se tratou na Comisión de Urbanismo, era o Pleno o que tiña que “comer o marrón”. “Por sorte” -engadiu Vilaboa- “a clasificación do PXOM é a mesma”.

Pola súa parte, Isabel Martínez reprendeu a Santos Costa porque “non prepara” os temas para as comisións informativas de Urbanismo, corroborando que esta cuestión non se tratou. E ao igual que os anteriores voceiros da oposición, criticou que “non é a primeira vez que se emite un informe que causa perxuízos” e que “alguén terá que ser responsable destes desbaraxustes”, cuestionando a eficacia do servizo municipal de disciplina urbanística cando “ten que ser un particular o que faga o seu traballo”.

Seguiron dous temas de tráfico que se aprobaron por unanimidade sen necesidade de entablar debate: un sobre a adhesión do Concello a un convenio coa Federación Española de Municipios e Provincias e a Dirección General de Tráfico para o intercambio do censo de condutores e vehículos; e outro sobre o tratamento de datos de carácter privado nun convenio coa Xefatura Central de Tráfico.

Eran xa as 22:50h e a alcaldesa propuxo un receso para tratar as mocións de Mar-In e do BNG sobre o proxecto de instalación dun parque eólico nos Montes do Morrazo; un tema que xa comentamos no primeiro capítulo deste repaso ao Pleno da Corporación.

Publicado por: MontePituco | 28/12/2012

PLENO DE DECEMBRO (II): SANEAMENTO & PADROADO

O sanemento do rural foi o segundo tema do Pleno, para aprobar unha addenda ao convenio coa Xunta, que remataba este ano. No seu habitual ton burlón, Veiga criticou que o rural segue nunha “situación lamentable” e que parroquias como a de Esperela levan dende 2010 agardando polo saneamento. “Nos están haciendo buenos a nosotros”, ironizou o voceiro socialista que, para comezar o seu show estelar comentou que a addenda viña ao derradeiro pleno do ano porque os do equipo de goberno local “igual creron que acababa o 12 do 12 do 12, coma supostamente predeciran os maias.

Un ás veces non sabe se ir aos plenos cun refresco e un cubo de palomitas, como quen vai a unha función circense. Pero abofé, non se hai que esforzar moito para facelo sequera un pouco mellor que o lamentable tándem Psoe-Bng marinense.

A pesar da súa palabrería barateira, Veiga anunciou que o seu grupo apoiaría a addenda.

Seguiulle Pilar Blanco, que lle reprochou ao PP que dende a sinatura do convenio en agosto de 2010, os populares “non axudaran a nada” cando estaban na oposición. E lembroulle que o Bng non fora precisamente “destrutivo” cando apoioi a sinatura doutra addenda en agosto de 2011. En calquera caso, queixouse de que ao longo de 2012 os do PP “foron incapaces de poñer un só proxecto máis” en marcha e que, por riba, “agocharon” o expediente para non pasalo pola comisión informativa e evitar explicar por que non fixeron a consignación orzamentaria en 2012, para que o investimento se retrasara a 2013 e 2014. En conclusión, Pilar Blanco calificou de “trapallada total” a xestión da concelleira Marián Sanmartín.

Nesa mesma liña, Isabel Martínez afirmou que o tema se presentaba “tarde, mal e pola porta de atrás”, máxime vindo dunha concelleira con dedicación exclusiva, e que grazas a que o Goberno local traballaba cun “goberno amigo” na Xunta, sabía que a Administración autonómica presentaría unha addenda. Pero máis aló diso, a edil de Mar-In lembroulle ao Bng -moi apañados eles para venderse, no sentido literal e figurado da palabra- que “máis do 80% do saneamento xa estaba feito cando eles chegaron” grazas ao traballo de Mar-In cando ocupaba responsabilidades de goberno en coalición cos socialistas.

Rematado o primeiro turno de intervencións, ocorreu algo chamativo: Marián Sanmartín non quixo defenderse das críticas da oposición e no seu lugar María Ramallo ía rematar o debate, cando o voceiro do Psoe enervouse e esixiu que se lle dera a palabra por segunda vez “para responder o silenzo da concelleira”.

Total, para non facer ningunha aportación interesante, ningunha reflexión construtiva -tanto que se vanagloria de ser tan estupendo e marabilloso- senón para descalificar e pouco menos que insultar, calificando de “soberbia a prepotente” a actitude da concelleira.

O único no que puido ter razón de todos os sapos e culebras que lle saíron pola boca foi en considerar “sangrante” o silenzo de Marián Sanmartín que, verdadeiramente, non pode acollerse sempre ao refrán de que o maior desprezo aos ataques é non darlles aprezo. Desa maneira queda en evidencia a súa limitada capacidade dialéctica, un mal moi extendido entre os integrantes do equipo de goberno, que cada dúas por tres son vapuleados pola oposición ata que a alcaldesa entra a rebato para zanxar as discusións e defender a xestión do seu grupo municipal, como se os demais concelleiros non tiveran lingua nin argumentos para xustificarse de seu.

Como era de esperar, Pilar Blanco puxo o grito no ceo magnificando ata o extremo a situación: que se os Plenos son para dar “explicacións públicas”, que se a actitude da concelleira era unha “falta de respecto” e unha “falta á democracia”… Como se os veciñ@s que alí estabamos non tiveramos cabeza para valorar pola nosa conta o silenzo de Marían Sanmartín e tivera o Bng que vir a rescatarnos da ignorancia.

Máis razoable, o rapapolvos de Isabel Martínez, aínda incidindo na “falta de respecto” da concelleira de Medio Ambiente dando a calada por resposta, quixo deixar en evidencia que o máis honesto pola súa parte tería sido “recoñecer que se equivocaron”.

E por enésima vez, a alcaldesa-bombeira María Ramallo, acabou apagando o lume ao explicar en que fase se atopaba cada un dos cinco proxectos contemplados no convenio do saneamento: que dous deles xa remataran, que o de Caños de Moledo estaba pendente, igual que o de Esperela, á “espera”, valla a redundancia, dunha autorización de Estradas da Deputación, e que había que refacer o proxecto no caso do Pereiro. Ensinou uns papeles ao aire para recriminarlle ao Bng que mentira, e con isto e un biscoito, todos os grupos da Corporación aprobaron por unanimidade a addenda ao convenio do saneamento.

Para esta viaxe non facían falta tantas alforxas.

Despois tratouse a disolución do Padroado Municipal de Cultura. A concelleira Beatriz Rodríguez expuxo que a razón era a necesidade de evitar duplicidades, que todos os informes eran favorables e que os traballadores aos que lles afectara esta medida pasarían ao Concello.

A socialista Luz Santiago anunciou que o seu grupo votaría en contra. Cuns argumentos de “mooooito” peso; o máis importante, literalmente: “porque me da pena”. Coitada, Luz Santiago non é partidaria de “destruir o anterior”.

Que llo pregunten á súa colega de partido en Pontevedra, Teresa Casal, se no propio Psoe non se cargan “o anterior” entre eles mesmos: o proxecto para tapar as fachadas traseiras dos edificios que dan á igrexa da Peregrina, o proxecto de construcción do Museo da Historia. Borraron a Teresa Casal do mapa político pontevedrés e con ela unha parte do legado que deixara encarrilado. Se iso non é “destruir o anterior”…

Recoñeceu Luz Santiago que “o Patronato non funcionou como debería dende que se creou, que é un organismo autónomo e local, pero outra cousa distinta do que é Concello”. E malia que “pouco se fixo, podíanse pedir subvencións e patrocinios” para manter esa estrutura.

Despois da súa intervención, e xurariamos que por primeira vez dende que comezou a lexislatura, o seguinte turno de palabra exerceuno a nacionalista Esther Crespo. Tanto tempo sen oír a súa voz, que pensabamos que a súa figura nos Plenos era un holograma programado para erguer e baixar o brazo no momento das votacións, e para coller a botella de auga para beber.

Non se prodigou moito, non fora ser que lle collera gusto a iso de “falar” en público. O único que cuestionou foi “como quedaría a situación do persoal adscrito ao Padroado” e chamou a atención sobre que “o primordial era preservar a obra de Manuel Torres”.

Isabel Martínez, unha vez máis, puxo os puntos sobre os ‘is’ para remarcar que o Padroado de Cultura, nos seus 19 anos de existencia, “non funcionou” e que aínda que, “todos” os partidos con representación “pasaran por aí”, foran “incapaces de poñelo a funcionar”, polo que non había outro remedio que “disolvelo”. Na súa opinión, como a partir de agora a responsabilidade do seu funcionamento vai ser exclusivamente “política”, velaí unha razón para estar máis pendentes da prestación dos servizos de Cultura e da necesidade de reforzalos onde sexa que adolezan.

No seu turno de réplica, Beatriz Rodríguez incidiu en que se os propios concelleiros da oposición “recoñecen que non funciona”, o que cómpre é “non manter algo que non funciona”.

“No sé, no sé”, respondeulle Luz Santiago. “Destruír por destruír”. E volta e dálle.

Que vai pasar cos traballadores, repetiu Esther Crespo. E volta e dálle (bis).

Isabel Martínez abundou en que “non se consultou os representantes dos traballadores” á hora de tomar esta decisión.

Por último, María Ramallo concluiu o debate argumentando que a decisión “non se tomou a présa e correndo, senón que xa se anunciara no plan de axuste do Concello”. E que en canto ao cadro de persoal, os 3 traballadores do Padroado pertencentes á Biblioteca pasarían ao Concello nas mesmas condicións económicas e coas mesmas funcións; e que os dous traballadores do Concello tanto no Museo como na Casa de Cultura de Seixo, seguirían igual. A creación do Padroado xurdira dunha necesidade administrativa para pór en marcha o Museo Torres, pero que unha vez integrado na Rede de Museos de Galicia, “ese requisito xa non existe”.

Na votación sobre a disolución do Padroado de Cultura, PP e Mar-In votaron a favor, o Psoe en contra e o Bng abstívose.

Publicado por: MontePituco | 27/12/2012

PLENO DE DECEMBRO (I): BOLICHEROS E DESTRUTORES

O pleno municipal deste mes de decembro foi un dos máis longos do ano: cinco horas e media de sesión que, aínda non tendo moitos puntos na orde do día, deu para longos debates nos que, coma sempre, se remachan as mesmas ideas unha e outra vez nos sucesivos turnos de palabra. Se o cuspe cotizara na Bolsa, algúns edís do Concello de Marín serían moi bos (im)postores.

O primeiro tema, sobre o novo borrador do convenio con Acuanorte, ía sen dictaminar. O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos Costa, explicou que xa en xaneiro se aprobara a participación de Marín nesta iniciativa á que tamén se adheriron Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Vilaboa. Daquela, Acuanorte financiaría o 21% dos 31 millóns que custaría a obra, cos fondos europeos Feder cubriríase o 43% e os 11 millóns restantes correrían a cargo dos municipios, o que significaba que a Marín correspondíanlle 1,9 millóns.

O pasado mes de outubro aprobouse un incremento da subvención europea, que pasaba ao 70%, quedando o reparto da seguinte maneira: Acuanorte (4%) 4 millóns, fondos Feder 23 millóns, concellos (15%) 4 millóns, polo que Marín tería que achegar 850.000 euros. Santos Costa pediulle á oposición que apostara “sen figuras” pola sinatura do convenio, ao considerar que se trata dunha “infraestrutura fundamental para Marín”.

O primeiro que lle espetou Francisco Veiga, con ese carácter conciliador e humilde que o caracteriza foi que o grupo municipal do Psoe non lle ía dar esa “satisfacción” nin se ía subir “ao carro”, lembrándolle que se o convenio se aprobara fora cos votos en solitario do PP. Segundo Veiga, a actuación impulsada por Acuanorte “non vai solucionar os problemas da auga, senón que os empeora porque vai hipotecar a posibilidade de que Marín poida autorregularse á hora de xestionar a auga municipal”. O voceiro socialista advertiu que sería un organismo autónomo o que fixara as tarifas e que logo habería que devolver as axudas.

Tamén criticou que aínda se descoñecen os terreos que habería que expropiar en Marín para realizar as obras e que, por riba, non é competencia do Concello de Marín acometer esta infraestrutura “que lle corresponde a Augas de Galicia”. E engadiu, no ton sobrado que tamén caracteriza no seu perfecto castelán de Castela o exalcalde e exresponsable de normalización lingüística: “Vamos de bolicheros y compadreo a hacer una obra que no nos corresponde. Augas de Galicia tenía que involucrarse en el convenio”.

E cabe preguntarse por que o PSOE e, por extensión o BNG de Marín, se opoñen a que o Concello forme parte de Acuanorte. O PSOE e o BNG gobernan en Pontevedra, Poio e Vilaboa, e o PP en Sanxenxo e Marín. Se Acuanorte é bo para os demais, os socialistas e os nacionalistas marinenses parecen non estar de acordo. Como xustifican alí todo o contrario do que non queren para aquí?

Con respecto ao BNG, Xosé María Vilaboa volveu queixarse de como trata o PP os “temas importantes”, argumentando que o convenio con Acuanorte non figuraba na orde do día e carecía de informes técnicos porque no PP “están tan ocupados facéndose fotos”. O concelleiro nacionalista preguntou “canto van custar as obras, como se van pagar, se van pagalas con fondos propios ou van pedir un crédito”. Vilaboa reprochoulle ao grupo de Goberno que podían ter introducido no convenio a construcción dun novo depósito en Mogor e que, trala aprobación da nova Lei de Augas, os veciños resultarían perxudicados pola suba do recibo ata nun 150%. Ao igual que Veiga, dende o BNG demandaron que o PP faga xestións con Augas de Galicia para que sexa Augas a que pague a obra cos cartos que perciba do cobro do canon.

Isabel Martínez Epifanio redundou na ausencia de dictames técnicos sobre este asunto e na súa certeza de que dentro dun tempo o Concello terá que subir o recibo da auga para devolver o montante do que pague Acuanorte . Lonxe de secundar o apoio sen fisuras que demandaba Santos Costa, a concelleira de Mar-In afirmou que o seu posicionamento distante sobre o convenio era do tamaño dunha fenda. Tamén acusou o concelleiro de Urbanismo de presentarse nas comisións informativas “sen saber de que tratan os temas”, argumentando que só vai “cos deberes feitos” aos Plenos porque “están a prensa e o público”. A edil independente tamén cuestionou o custe das obras que implica o convenio de Acuanorte, poñendo como exemplo o sobrecuste que supuxeron proxectos como a Cidade da Cultura no Monte Gaiás ou, sen ir máis lonxe, a remodelación do estado de fútbol de Pasarón, en Pontevedra.

No turno de réplica, o único de interese que achegou o responsable de Urbanismo foi que a obra é “asequible” e que nos 11 meses que a oposición lle acusa de “non facer nada” houbo tan bos froitos como que a achega económica do Concello de Marín se reducía de 1,9 millóns de euros a 850.000, polo que “valeu a pena esperar”. E rematou cunha arroutada que lle saiu revirada porque todos e cada un dos seus adversarios na oposición sacáronlle punta: “Cuando ustedes firman los convenios y apoyamos, está bien; ahora que gobernamos y tenemos que pagar, está mal. Hacen una oposición destructiva”.

A Fran Veiga deulle por invocar ese manido lema do “…E ti máis!” e, ademais de remacharlle o calificativo de “bolichero”, lembrou que o PSOE xa rexeitara o convenio estando el na alcaldía. Ata aí a intervención do voceiro socialista tería sido correcta; todo o demais, estivo de máis porque non fixo máis que poñer de manifesto o ridículos que poden chegar a ser os seus plantexamentos cando se empeña en ter máis que dicir.

…Que se a auga “tróuxoa Pierres” na época do tripartito. Que se foi o PSOE o partido que solucionou os problemas de abastecemento de Marín”. Que se o PP só sabe poñer “plaquitas”. Que se “os únicos que defenden os intereses de Marín son os da oposición”. Que se o PP actúa con “soberbia” mentres o Psoe é exemplo de “lealdade e sentido de colaboración”…

Resulta patético que alguén fale das “plaquitas” alleas cando durante o seu mandato se de algo abusou foi de inundar Marín de placas por aquí e acolá. O Parque dos Sentidos, sen ir máis lonxe. Resulta insultante que alguén se arrogue cualidades como a lealdade e a colaboración cando, con colectivos como Defende o Monte Pituco, a súa actitude foi máis que soberbia, arrogante ata o extremo do desprezo e do ninguneo absoluto. Sinxelamente, é un personaxe que non merece máis respecto do cívicamente indispensable. E, no que a este artigo respecta, nin unha liña máis.

A demagoxia foi o argumento de Vilaboa no seu segundo turno, para lembrar que en Marín hai 3.000 parados e que a veciñanza ía ver “triplicado nun 200%” (non era un 150%? a próxima vez dirá nun 300%?) o recibo da auga.

E Isabel Martínez foi a máis lúcida dos tres, ao espetarlle unha gran verdade ao PP: “Como van saber se a achega do Concello é asequible se non fixeron aínda o orzamento?”.

Ao final, os votos do PP foron os únicos que decidiron incluir ese punto na orde do día e que, a continuación, votaron a favor do convenio de Acuanorte.

………………………………

Lembran aquel blogue marinense… como se chamaba? … BreaSeixo? O mesmo! Xa en abril de 2011 se falaba do tan traído e levado problema do suministro de auga en Marín. Botémoslle unha ollada, porque nunca está de máis facer memoria:

Na Voz de Galicia atopeime coas declaracións electorais que fixo o candidato á alcaldía de Pontevedra polo PSOE, Antón Louro. Este señor promete que cando el sea Alcalde o recibo da auga vai ser mais barato, entre outras cousas, porque Pontevedra está metida nun proxecto importantísimo con AcuaNorte que vai renovar a rede de auga de varios municipios: Poio, Sanxenxo e Pontevedra.

Esta noticia deixoume algo abraiada, posto que, como todos sabedes, o concello de Marín non quixo entrar neste proxecto porque, según palabras pronunciadas por Muradas e que pudemos ler na prensa do día 20 de abril, o plan AcuaNorte obligaría a triplicar o recibo da auga.

Cal dos dous socialistas minte?

A quen lle facemos caso?

Probablemente ámbolos dous mintan.

E a ese respecto, o alcumado Metropolitano facía a seguinte reflexión no Foro Marinenses:

Este es el problema de no poner placas como se pusieron en Briz para recordar quien hizo la casa, quien la compró, quien hizo un obradoiro, quien abrió. Sanchez Presedo fué su autor, quien lo planificó y también fué un intento de modernizar el Psoe frente a AP, pero dentro del propio Psoe se lo paparon. No hace muchos días teniamos a Teresa Casal tirandole de las orejas a Marín por haberse salido de Acuanorte sin importarle que de esa forma le estaba tirando de las orejas a su propio partido. Philosophus Pecunia Expeditor (Flex Colchon) desvela que si Marín formase parte de Acuanorte se triplicaría el recibo del agua y el gobierno de Marín ha pensado que eso era una gran carga para sus ciudadanos. 
Pontevedra gobernada por el BNG en coalición con el PSOE subirá el recibo del agua a sus ciudadanos hasta el triple de lo actual. Telmo Martín ya tiene un buen argumento de campaña contra sus adversarios y se lo ha proporcionado un alto cargo del PSOE en Marín y Diputación. 
Poio gobernado por el BNG en coalición con el PSOE subirá el recibo del agua a sus ciudadanos hasta el triple del actual. El Sr. Dominguez, del PP, ya tiene un excelente argumento de campaña también. 
Sanxenxo, gobernado por el PP, lo tiene fatal porque le van a dar caña desde el Psoe y Bng por lo que pueda subir el recibo del agua que se lo confirma un alto cargo del PSOE en Marín y que debe ser verdad porque lo dice el propio PSOE aunque eso le perjudica al BNG y PSOE en Pontevedra y Poio.

Publicado no artigo titulado “Auga (I)“.

…Por non falar da placa de “quita e pon” que descubriu Fran Veiga en Seixo en marzo de 2011.

Da páxina web do Concello de Marín.

Publicada no artigo “Auditorio ao aire libre de Seixo (IV)“.

Dicía o ensaísta e dramaturgo belga Maurice Maeterlinck:

“O pasado sempre está presente”.

Publicado por: MontePituco | 26/12/2012

NADAL EN GALEGO: FAITE CO DOCUMENTAL DOS ‘SETE CAMIÑOS’

Recomendacións de Nadal de 'Queremos Galego' Marín.

A Asociación ‘Queremos Galego’ de Marín está distribuindo entre a veciñanza un tríptico informativo con suxerencias para que os agasallos deste Nadal sexan en galego: libros, música, complementos… Dende Defende o Monte Pituco agradecémoslle a Queremos Galego que neste documento recomenden o documental “Sete Camiños, encrucillada no tempo“, co seguinte texto de presentación:

Documental que pon voz e imaxes ao proxecto que pretende POÑER EN VALOR o importante e rico patrimonio natural, cultural e paisaxístico do contorno dos SETE CAMIÑOS, o MONTE DO PORNEDO e o MONTE CATADOIRO.

Publicado por: MontePituco | 25/12/2012

DENDE O MONTE PITUCO, BO NADAL

Dende o Monte Pituco, BO NADAL.

Este é o cuarto Nadal do blogue Defende o Monte Pituco. Dende esta páxina, felices festas aos amig@s deste espazo fermoso e vivo, cheo de historia e de futuro. Grazas a quen apoia a súa conservación e a súa posta en valor fronte á irracionalidade, á crueldade, á insensibilidade e á cobiza dos que turran por destruílo. Polígono NON!

Unha, dúas, vinte, cen…

Estrelas estrelecidas

na noite en lus de Belén.

Unha, dúas, vinte, cen.

Os anxos canta que canta;

os pastores,

as pastoras,

canta que canta tamén:

-Groria a Deus que naceu probe,

e paz pra os homes de ben…

NADAL: Manuel Luís Acuña

Publicado por: MontePituco | 24/12/2012

3º ROTEIRO CONTRA O PARQUE EÓLICO NO MORRAZO

3ª andaina contra o parque eólico de Pedras Negras.

O roteiro reivindicativo organizado pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo contra a instalación dun parque eólico no contorno de Pedras Negras mobilizou arredor dun cento de veciños e veciñas de Moaña, Marín e Vilaboa, os municipios afectados polo proxecto que impulsa a empresa Enel Green Power España. Durante a protesta recolléronse alegacións contra esta iniciativa que actualmente atópase en fase de exposicón pública, e que se presentarán ata mediados de xaneiro ante la Xunta para esixir a paralización do proxecto.

Esta foi a terceira andaina destas características que, como as anteriores, comezou a carón da mámoa de Chan da Arquiña, catalogada como Ben de Interese Cultural. O voceiro de Luita Verde, Cándido Martínez, denunciou que as obras do parque eólico para anchear as pistas e instalar cableado en gabias que afectarían de modo severo e moderado ao patrimonio arqueolóxico da zona, onde tamén se sitúan as mámoas de Fonteseca e Chan de Lagucheiros, así como o petroglifo de Outeiro do Gorgullo.

3ª andaina contra o parque eólico de Pedras Negras.

Ao longo do itinerario fóronse marcando algúns dos puntos nos que se erguerían os 14 aeroxeneradores proxectados, dunha altura de 145 metros cada un. O seu impacto sería visible dende as rías de Vigo e de Pontevedra, as serras do Barbanza e do Salnés, ata o Parque Nacional das Illas Atlánticas, advertiron os promotores da protesta, que destacaron a súa cercanía ao Lugar de Interese Comunitario da Enseada de San Simón.

Cándido Martínez expuxo que no proxecto de Enel Green Power España para a bisbarra do Morrazo existe unha área de reserva eólica, incluida no Plan Sectorial Eólica de Galicia, que prevé 18 aeroxeneradores máis, ampliando a afección ata o municipio de Bueu.

3ª andaina contra o parque eólico de Pedras Negras.

3ª andaina contra o parque eólico de Pedras Negras.

Unha das bazas nas que cómpre facer fincapé para intentar que a Xunta recoñeza a inviabilidade do parque eólico neste emprazamento baséase en que os Montes do Morrazo están catalogados como solo rústico de especial protección de espazos naturais polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra, polo que non están permitidos os usos industriais. Neste sentido, consideran que o parque eólico é incompatible coa preservación dos valores naturais, paisaxísticos, xeológicos, arqueolóxicos, etnográficos, sociais e económicos da contorna.

A Mancomunidade de Montes do Morrazo -da que forman parte as comunidades de montes de San Adrián de Cobres, Domaio, Meira, Moaña e San Tomé de Piñeiro- xa se posicionaron en contra do proxecto, ao igual que o Pleno da Corporación de Marín. A Plataforma Montes do Morrazo demandou que os concellos de Moaña, Cangas, Bueu e Vilaboa formalicen tamén o seu rexeitamento.

3ª andaina contra o parque eólico de Pedras Negras.

3ª andaina contra o parque eólico de Pedras Negras.

3ª andaina contra o parque eólico de Pedras Negras.

Ao roteiro asistiron integrantes do Clube de Parapente Morrazo que, se o parque eólico prosperara, perdería un dos principais puntos de despegue e aterraxe, situado en Coto do Home, o punto máis alto desta península.

Ademais, dende Luita Verde alertaron sobre a mortandade de aves a causa do funcionamento dos muíños, e os efectos da contaminación acústica, electromagnética e hidrolóxica, xa que para a instalación destes aparellos habería que alterar os terreos nos que nacen os ríos Loira, Lameira, río da Fraga, Miñouba, Libón, o río dos Ladróns, os afluentes de Riomaior, Rego da Maceira e Neibó, así como os mananciais naturais que suministran as vivendas de varias parroquias para consumo doméstico e de regadío.

3ª andaina contra o parque eólico de Pedras Negras.

3ª andaina contra o parque eólico de Pedras Negras.

3ª andaina contra o parque eólico de Pedras Negras.

A Plataforma Montes do Morrazo trasladoulle a súa solidariedade aos colectivos que loitan contra a instalación doutro parque eólico na Serra do Galiñeiro que, xunto co previsto tamén en Monte Castrove, faría que o impacto na paisaxe sexa continuo en todas as Rías Baixas.

3ª andaina contra o parque eólico de Pedras Negras.

Máis información:

*Modelo de alegación individual ao proxecto do parque eólico de Pedras Negras: no blogue Defende o Morrazo.

*Artigo sobre o 2º roteiro polos Montes do Morrazo.

*Artigo sobre o 1º roteiro polos Montes do Morrazo.

Publicado por: MontePituco | 23/12/2012

HOXE ANDAINAMOS POR PEDRAS NEGRAS CONTRA O PARQUE EÓLICO

2º ROTEIRO 23 decembro 2012

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías