
ISOLINO E O PROGRESO
CRÉDITO DE UN MILLÓN PARA REFORMA URBANA
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Concello de Marín
O SECTOR FORESTAL, A DEBATE EN COVELO

Publicado en Xeral, Xuntanzas | Etiquetas: Colectivos sociais, Monte veciñal
CHARLA SOBRE ESTATUTOS DAS COMUNIDADES

VERQUIDOS ILEGAIS, A LACRA QUE NON CESA

Van a calquera hora do día, pola mañá, pola noitiña, en días laborables, en fin de semana… Collen o coche, a furgoneta ou o tractor. Cargan os escombros en capachos, en lonas de obra… e chegan ao monte. Uns entran polo túnel que hai baixo a variante, entre os lugares de Pena e Caeiro… outros van pola pista forestal do Monte Pituco. Os primeiros, nada máis saír do túnel, xa basculan a carga contra o muro , o bótano contra a beira do camiño. A cantidade de cascallos -de obra, maioritariamente: ladrillo, pedra, lousa, uralita…- que se acumularon nesta zona chegou a ser escandaloso. A forza de denuncias ante o Seprona, o Concello e a Xunta, algunha das cales derivou en sanción económica, logrouse que se foran retirando; non en van, a acumulación de verquido sobre verquido non facía máis que consolidar o vertedoiro ilegal e converter a zona nun foco de contaminación nun espazo sensible polo que discurren as augas que fornecen os habitantes da zona e as veigas de regadío dende A Curxeira ata Vilafíns.


Así vanse “consolidando” os verquidos, cando a vexetación os coloniza porque non son retirados.
Entre os bárbaros que se adentran no monte pola pista hainos que teñen tanta présa que nada máis avanzar uns poucos metros e verse parapetados por algo de vexetación, xa se desfán da carga: restos de podas e de limpeza de fincas, rodas, lousas de alicatar paredes, anacos de cemento… Se pasaran 2000 anos e os arqueólogos do futuro deran con ese noxento depósito de vergoñas, sacarían capas e máis capas de lixo de todo tipo, mesturadas coa vexetación que medra por riba. Porque a natureza, na súa inxenuidade, favorece que uns verquidos se superpoñan sobre outros que quedan ocultos á vista.
Antes
Despois
Tamén os hai tan cómodos, pero tan irresponsables, que aproveitan os surcos laterais polos que en teoría deberían discurrir as augas pluviais, para botar neles os seus cascallos: abren de porta traseira, baleiran o contido do recipiente ou botan o lixo con bolsa e todo. E aí queda, atascando as canalizacións, de maneira que a auga en vez de ir polos regos, arrasa pola pista, erosionando o firme e deixando o terreo moi irregular. Xa dende o pasado ano se viñan acumulando nesa zona escombros de obra, incluidos materiais contaminantes e prohibidos como a uralita, pero en xaneiro o cupo quedou “cuberto” ao aparecer sanitarios rotos procedentes da reforma dalgún cuarto de baño. Nesta ocasión, parece ser que os servizos municipais ocupáronse da retirada dunha parte do verquido -que non todo, á vista de que quedaron outros restos, a non ser que foran posteriores- e de despexar a canle para o paso da auga.

…A intención era boa. Mágoa que, ao incivismo galopante que padece esta parte do monte por parte das persoas que o usan de escombreira, se una a falta de mantemento da pista por parte da Comunidade de Montes, que consinte ter os regos atascados de terra, pedras e restos de vexetación que cae das árbores. Nese sentido, a Comunidade de Montes é tan responsable ou máis do mal estado da pista, o que perxudica o tránsito de vehículos e tamén dificulta o desprazamento das persoas, que carecen dunha superficie en condicións para camiñar ou facer deporte sen risco de sufrir unha caída ou unha lesión.


O cruce co camiño que baixa á área recreativa -destrozada polos actos de vandalismo- tamén é outro punto sensible. Dende un contenedor volcado e cheo de restos da limpeza dunha caldeira, unha das agresións máis graves que se produciron no monte; ata restos de azulexo que leven meses tirados no chan; pasando por pequenos mobles, como sillas rotas, ou varios colchóns, que tamén desapareceron despois de pasar unhas semanas metidos entre a broza; ou pequenos montóns de entullos que alguén se encarga de botar sobre o propio firme da pista, aproveitando as irregularidades do terreo causadas pola potente erosión da auga.



E para descarados, os que chegan máis arriba, atopan unha pequena planicie na que deter o vehículo marcha atrás, e descargar o lixo para botalo polo terraplén, ou chantar alí mesmo as bolsas co material de obra, a terra, os restos do desbroce… o que cadre. Ou para colmo, o montón de pedras que o último senvergoña volcou no medio e medio da pista. Moita cantidade de escombros se levan tirado neste punto, cando aínda non derrubaran os eucaliptos que tapaban o deplorable espectáculo. Outro punto máis de interese para os antropólogos do futuro, cando queiran investigar as miserias dos humanos que colonizaron estes lares a estas alturas de finais do século XX e principios do XXI.


E de aí para arriba, máis do mesmo: máis restos de poda, máis escombros de obras, persianas vellas como as que apareceron tempo atrás, máis regos atascados e torrentes de auga que rebordan… Unha mágoa e unha mostra de deixadez, de desidia e de pasotismo por parte de quen ten a responsabilidade -e os medios económicos todo sexa dito, porque os rodais de madeira ben que se talan por aquí e por acolá- de velar polo bo estado do monte en xeral e das súas vías de comunicación en particular, con especial énfase na protección do medio ambiente e na eliminación destes verquidos que fan dano á vista. Non é cuestión de “durmir no monte”, senón de incrementar a vixiancia, de sensibilizar a poboación e de actuar de forma contundente contra quen agrede o monte de todos, como aconteceu coa empresa que foi sancionada por depositar documentación, materiais de oficina, plásticos, rodas e outros residuos contaminantes na pista a carón do regato das Presas.

Con instalar un par de carteis -que non están de máis- NON ABONDA. Cómpre unha actitude máis proactiva que verdadeiramente redunde nunha mellora do monte.
Publicado en Denuncias, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Comunidade de Montes de San Xulián, Concello de Marín, Medio ambiente, Monte veciñal, Seprona, Xunta
SOBRE AS CONCESIÓNS MINEIRAS EN MARÍN
O pasado mes de xaneiro, a través da Plataforma pola Defensa de Corcoesto, difundiuse unha lista de permisos mineiros que afectaban a numerosas localidades galegas. Entre ellas, Marín, e outros municipios como Vilaboa, Sanxenxo, Porriño, Mos, A Estrada, A Lama, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Cuntis, Meis, Moraña, Ponte Caldelas, Pontecesures, Pontevedra, Poio, Portas, Valga e Vilagarcía, Silleda, Lalín, Forcarei, Cotobade, Fornelos, Vila de Cruces e Agolada, na provincia de Pontevedra.
Dende o colectivo ecoloxista Verdegaia advertían que Galicia “converteuse nun gran buraco mineiro” e, sobre os hipotéticos permisos que lle afectarían a Marín, a información dispoñible revelaba que se trataba dun permiso de explotación dunha extensión “enorme” para recursos xeotérmicos.
A Plataforma Montes do Morrazo vén de posicionarse sobre esta nova problemática, rexeitando a existencia de catro proxectos mineiros neste espazo:
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere amosar o seu rexeitamento aos dous permisos de investigación mineira para a explotación de granito ornamental, o de Os Pedrouzos de 14 cuadrículas entre os concellos de Moaña e Vilaboa, e Miñán de 9 cuadrículas, no concello de Marín, convocados a concurso público pola Orde do 7 de febreiro de 2013 da Consellería de Economía e Industria (CEI), como terreos francos resultantes da declaración de caducidade de dereitos mineiros correspondentes á provincia de Pontevedra.
Estas explotacións de granito ornamental, das que o permiso de investigación é a antesala para canteiras industriais a ceo aberto, afectarían de xeito grave e irreversible a terreos integrados na súa totalidade no espazo natural dos Montes do Morrazo. Suporían a destrución directa de solo e de rocha nunhas zonas de gran valor xeolóxico e paisaxístico, perda de capa vexetal, impacto acústico polo emprego de explosivos nas voaduras, atmosférico polo levantamento de pó en suspensión, afección de augas superficiais e acuíferos coa súa correspondente fauna e flora por destrucción das capas freáticas e contaminación por sedimentación. Tamén afectaría a área de protección de varios xacementos arqueolóxicos, a monte comunal, a traídas de augas veciñais, e pola súa proximidade a áreas forestais de lecer, sendeiros ecolóxicos catalogados e sinalizados e a núcleos de poboación humana.
O proxecto de Os Pedrouzos entre a parroquia de Domaio, no Concello de Moaña e a parroquia de San Adrián de Cobres, no Concello de Vilaboa, do que existía un permiso de investigación da empresa Granitos San José S.L., afectaría dentro das áreas naturais de Pedras Negras, Os Pedrouzos, Os Candóns, Terreiriño, Chan de Lagoa, Outeiro da Charamiza, Outeiro da Cavada do Carrasco, Outeiro de Cavada dos Terróns, Outeiro da Carriza, Outeiro do Corvo e Cavada do Becho na Serra Basil á conca de nacemento dos regos Miñouva, Libón, de Chan da Lagoa e da Vella. Afectaría así mesmo por proximidade ao hábitat natural prioritario de turbeiras altas activas do nacemento do río Miñouva e as inmediacións da área forestal e patrimonial de lecer de Chan de Arquiña. Por proximidade tamén estarían afectados os núcleos de pobocación de San Lourenzo, en Domaio, e de Santradán, Curra, O Carballal, Uveiras, Pousada, Nores e Pazos, en San Adrián de Cobres, así como o LIC da Enseada de San Simón.
O proxecto de Miñán, na parroquia de Santo Tomé de Piñeiro do Concello de Marín, do que existía unha solicitude de permiso de investigación mineira da empresa Triturados do Saiar S.L., afecta dentro das áreas naturais de Monte Formigoso, Chan de Gagán, Monte Gagán, Serra Domego, Chan de Armada, Monte Porreiro e Tomadas Grandes aos nacementos do rego Neibó, á área de protección das mámoas de Chan de Armada, Lagucheiros, Chan de Fonteseca e Chan de Gagán e á rota cultural das mámoas do Morrazo, ás brañas de Corno Peneda, inscritas no Inventario Xeral de Brañas de Galiza e por proximidade aos núcleos de poboación de Miñán, A Troncosa e O Pereiro.
As dúas explotacións e a súa degradación ambiental poderían ser visibles a grandes distancias nas Rías Baixas, ao proxectarse en zonas que superan os 400 metros de altitude na península do Morrazo cara ás rías de Vigo e de Pontevedra.
Alén destas dúas explotacións, o 20 de outubro de 2011 a CEI outorgou tamén dous permisos mineiros de exploración de recursos xeotérmicos a nome de Caldelas Sur e Caldelas Norte á empresa Luancar Energy, S.L., que sobre unha superficie de 2.907 cuadrículas mineiras entre varios municipios da provincia afecta tamén a terreos dos concellos de Moaña, Marín e Vilaboa nos Montes do Morrazo.
A exploración de recursos xeotérmicos poden implicar un deterioro na paisaxe, contaminación de augas subterráneas ou mesmo atmosférica por fuga de gases polo que desde a Plataforma en Defensa do Montes do Morrazo rexeitamos estes proxectos.
Estes catro proxectos mineiros solápanse case por completo, e a súa vez suman impactos, co proxecto de parque eólico de Pedras Negras, o que vén indicar a grande especulación con que se segue a xestionar o territorio afectado por parte da administración autonómica, como se se tratase dunha enorme parcela industrial ao seu libre servizo.
Porén, unha vez máis a Xunta está a columpiarse. Ao igual que sucede co proxecto do parque eólico, a catalogación deste espazo como solo rústico de especial protección de espazos naturais dos Montes do Morrazo contemplada nas Normas Complentarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra dende abril de 1991, prohíbe especialmente os usos residenciais e industriais, xa que logo, estes proxectos atentan contra a preservación dos seus valores naturais, ecolóxicos, ambientais, paisaxísticos, científicos ou recreativos obxecto da protección segundo a súa trasposición á Lei 9/2002 de 30 de decembro de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).
Por outra banda, estase a incumprir “o réxime xurídico das actividades mineiras en Galiza en condicións de sustentabilidade e seguranza, promovendo un aproveitamento racional dos recursos compatible coa protección do medio ambiente” que desenvolve como principios a Lei 3/2008, de ordenación da minería en Galiza.
Estes proxecto non son compatibles coa ordenación sustentable en Galiza xa que esta non existe ao non estar aprobado o Plan Sectorial Supramunicipal de Actividades Extractivas de Galiza, e moito menos cando non se levou a cabo a súa avaliación ambiental estratéxica, rexíndose no fondo aínda por unha lexislación franquista de hai 40 anos, a Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.
A minería en Galiza na actualidade está nunha fase de crise profunda e de paralización do sector relacionada directamente coa crise financeira do sector inmobiliario polo que non ten ningunha credibilidade que se vaia producir un impulso do sector mineiro, nin que se vaia fomentar e dinamizar a minería no noso territorio como pretende dar a entender a CEI, xa que ese modelo de desenvolvemento tampouco se vai voltar a acadar dada a súa manifesta insustentabilidade.
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo esixe da Xunta de Galiza que a través da Consellaría de Economía e Industria se proceda na práctica á retirada das citadas áreas de explotación mineira en aplicación do artigo 28 da ordenanza reguladora do solo rústico de especial protección de espazos naturais contemplado nas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra e tamén do artigo 39 da LOUGA .
A existencia de hábitats e fauna e flora salvaxe de interese comunitario fan que ademais da protección de solo rústico, os Montes do Morrazo xunto co espazo natural do Carballal de Coiro, teñan os valores bioxeográficos como reserva para formar parte da necesaria ampliación da Rede Natura en Galiza, complementándose como corredor ecolóxico cos LIC costeiros da Enseada de San Simón, Costa da Vela e Cabo Udra, feito que xa foi solicitado como proposta de creación dun novo LIC Montes e Carballeiras do Morrazo por esta Plataforma e varios colectivos sociais e ambientalistas a nivel comarcal e galego en marzo do 2012 á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Publicado en Alertas, Hemeroteca | Etiquetas: Colectivos sociais, Concello de Marín, Medio ambiente, Monte veciñal
PLENO DE FEBREIRO (e IV)
Parecía que o pleno de febreiro enfilaba a recta final cunha moción do Psoe sobre a taxa polo subministro de auga e o servizo de recollida de lixo e sumidoiros. Para non variar, os discursos de Fran Veiga son dispersos e abstractos: tanto valen para defender a diminución dunhas taxas, que para reclamar un polígono no Pituco, que para propoñer que as vacas voen ou as ras críen pelo. A súa estratexia consiste en repetir por activa e por pasiva que durante o seu Goberno o Concello gozaba dunha saúde financeira excelente; valéndose diso que xa promulgaba un tal Goebbels: ‘Unha mentira mil veces repetida transfórmase en verdade’.
Para o voceiro socialista as medidas aplicadas polo actual Goberno son “incomprensibles nun Concello coas contas saneadas”, capaz de permitirse unha asesoría xurídica para a alcaldesa e de subvencionar “cantos eventos aparezan”. Para inxectar máis dramatismo á súa ponencia non faltaron as doses lacrimóxenas de rigor: 3.000 parados, funcionarios sen paga extra, xubilados en situación precaria. E fronte a esta panorama tan chungo, Veiga criticaba que o Goberno local “segue vivindo de rentas”, actuando con “desinterés e desidia. “Se cargan despropósitos sobre los vacíos bolsillos de los marinenses”. Non sobre “los bolsillos vacíos”. Senón sobre “los vacíos bolsillos”, literalmente, supoñendo que ao antepoñer o adxectivo ao sustantivo a frase adquire unha maior intensidade, refórzase a carga simbólica e dramática, enfatízase a mensaxe remarcando a idea principal: o que vén sendo estar a dúas velas.
…Pero como se pode escribir tan mal. Se Vilaboa se burlaba da concelleira de Cultura por semellar que se presentara a unhas oposicións, no caso de Fran Veiga a súa pretensión debe ser gañar unha cadeira na Real Academia Española, que non Galega, porque o seu galego quedou colgado no percheiro cando deixou de ser delegado de Normalización Lingüística.
E despois de seguir mesturando churras con merinas, que se Acuanorte por aquí, que se orzamento por alá, por fin deixou entrever as peticións do seu grupo municipal: reducir as taxas de auga e lixo, baixar a presión fiscal e solicitar que o presidente de Augas de Galicia explique a aplicación do canon da auga.
Así son os discursos de Veiga: como os anuncios publicitarios que se preguntan polo arrecendo das nubes, nos que se ve xente bailando unha coreografía, ou un mosaico de “vacíos bolsillos”… que non sabe un se lle están vendendo un paquete de compresas, un coche ou un fondo de pensións.
Santos Costa contestou que o propio Veiga nos anos 2003 e 2004”subiu todos os impostos” e xustificou a retirada da bonificación do 5% aos recibos domiciliados “para igualar cos que non estaban domiciliados”. Risotada na oposición. Tamén intentou explicar que o servizo da auga en Marín é “deficitario”: que se compra a 0,17 euros o metro cúbico e cóbrase a 0,18, mentres que en Pontevedra o fixo trimestral é de 10,17; en Poio de 12,41; en Vilagarcía de 16,30; e en Vilaboa de 30 euros, a diferenza de Marín, cun fixo trimestral de 3,60. É que o 0,18 de Marín contrastaba tamén co 0,37 de Pontevedra, o 0,24 de Poio, o 0,39 de Vilagarcía e o 0,36 de Vilaboa.
“É difícil rebaixar máis este recibo”, engadiu o concelleiro de Facenda, que tamén rexeitou a posibilidade de reducir o recibo pola recollida de lixo, “outro servizo deficitario”, dixo. Polo tanto, a baixada que pedía o Psoe é “inviable”, por máis que xa ás persoas con “dificultades” estáselles aplicando unha bonificación do 100%.
No seu turno, Xosé María Vilaboa empezou preguntando se o Goberno local vai subir a auga. E argumentou que “a auga non subiu pola supresión da bonificación, senón pola aplicación da Lei de Augas aprobada polo PP”. E así criticou que haxa recibos que pasan de 36 euros a 76, por exemplo; e que máis da metade do importe dun recibodoran impostos. O voceiro do Bng propuxo proclamar o 10 de febreiro de 2012, cando o PP de Marín organizara unha reunión na biblioteca sobre a Lei de Augas, como o “día da mentira”, porque nese acto afirmaran que “non ía haber que pagar máis” para que logo “a traición” acabaran aumentando os recibos. E dirixíndose ao público, escenificou unha vez máis o seu afán disertador: “Explíquello aos veciños!”, espetoulle a María Ramallo e a Santos Costa. Por veciños debía estarse referindo a dous ou tres que estaban polo medio, porque os demais asistentes non debían estar moi contentos de que Vilaboa os metera no saco dos simpatizantes do seu partido. E rematou a súa primeira intervención pedíndolle á alcaldesa que se dirixa ao PP para que derogue a Lei porque “a xente non pode pagar, vostede sí, que ten tres soldos”. O de sempre, Vilaboa tan demagogo como de costume.
Seguiulle Isabel Martínez Epifanio, para manifestar o seu apoio á moción do Psoe, recordándolle ao PP que foran polas parroquias “dicindo que por riba aínda ían pagar menos”. A concelleira de Mar-In advertiulle a Santos Costa que os servizos “de primeira necesidade non teñen que dar superhábit, nin hai por que buscarlles rendibilidade”. E propuxo que a Xunta siga cobrando o canon, pero que se investiran os ingresos a nivel municipal.
No segundo round, Fran Veiga, coa agudeza que o caracteriza, non puido evitar comezar botando man do refrán máis predecible e antiorixinal, dado o tema e as circunstancias: “daquelas augas, estes lodos”. O discurso que tiña preparado xa en gran medida llo pisaran os outros edís da oposición, pero el tirou para adiante: “mentiron descaradamente”, “o Psoe aprobou a bonificación”, “por que será que temos mellores resultados que os outros concellos”… e volta e dálle coa boa saúde financeira que deixou o Psoe no anterior mandato: “…aínda que queiran botar lixo sobre a realidade económica do Concello” e máis bla-bla-bla. E parafraseando a Gallardón, acusou o PP de Marín de “causarlle dor” á cidadanía, de estar “enganando e desinformando”. E rematou dando por feito que o Goberno local subirá todas as taxas, augurando que os veciños de Marín serán “os paganinis mentres outros fan negocio das actividades que patrocina o Concello”, e reclamándolle ao PP que se poña “na pel dos veciños”.
A esas horas, a función xa empezaba a demorarse de máis: sen apenas público nas cadeiras, sen xornalistas escoitando eses discursos de Veiga tan sobreactuados.
Santos Costa pouco máis engadiu: que as taxas que se aplican en Marín están “moi por debaixo doutros concellos”, que o servizo xa é “moi deficitario” e que “moi ao noso pesar non é viable a día de hoxe esa rebaixa”.
Volveu á carga Vilaboa, repetindo o mesmo que xa dixera anteriormente: “vostede chamounos mentireiros pero a mentireira é vostede, explíquello aos veciños que están aquí”.
…Pero que veciños, Vilaboa. Aprenda a contar, que non chegaban a media ducia de persoas, das cales non sería descabellado pensar que a maioría estarían desexando meterlle un zapato na boca. Os ensaios, con gaseosa, non con persoas de carne e óso sobre as que nin vostede nin ninguén ten o máis mínimo dereito a utilizar como escudo populista dos seus pesados monólogos…
Isabel Martínez reprochoulle ao PP que, “estando todos os días na prensa”, non compareceran para explicar a subida do recibo.
Finalmente, o Psoe, o Bng e Mar-In votaron a favor da moción, pero quedou rexeitada cos votos en contra do PP.
O seguinte tema foi unha moción urxente do Psoe para demandar que o Programa de Acción Municipal da Deputación destine máis recursos a servizos sociais, para paliar así a desaparición de iniciativas como o plan concertado, subvencións á inmigración, iniciativas a prol da integración dos xitanos e outras medidas en materia de educación. Santos Costa pediulle ao Psoe que modificaran un dos puntos da moción, porque “xa hai cousas comprometidas”. Pilar Blanco pediu que o tema quedara sobre a mesa, cousa que non podía ser porque remataba o prazo, e propuxo “seguir reclamándolle á Xunta que cumprira as súas obrigas” en materia de servizos sociais. Unha cuestión sobre a que tamén incidiu Isabel Martínez, que apoiaría a moción “en contra” do seu criterio, argumentando que “estas accións ten que facelas unha Administración superior”. Como non se admitiu a modificación solicitada polo PP, a moción non prosperou porque os populares votaron en contra e aplastaron os votos a favor do Psoe, Bng e Mar-In.
Era xa medianoite cando aínda estaban abrindo o turno de rogos e preguntas. Alá ían xa 4 horas de Pleno.
Comezou Fran Veiga, preguntando se era certo que o servizo da Aduana ía marchar de Marín para instalarse no edificio de Facenda en Pontevedra; non sen deixar pasar a ocasión de botar a “pullita” porque o Porto marinense non fora de declarado de interse europeo -cousa que tampouco sucedeu co Porto de Vigo, moi ao pesar do seu alcalde socialista, Abel Caballero-. Tamén se interesou pola posible desestimación por parte da Xunta do expediente de deslinde entre Marín e Pontevedra. E lembroulle a María Ramallo que lle contestara a preguntas pendentes de plenos anteriores.
A alcaldesa comezou por isto último: que a súa viaxe a Madrid para entrevistarse con Ana Pastor, nun voo de Air Europa, custara 280 euros, e que os imputara nos gastos do Plan Arela. Por escrito, pediulle Veiga.
Sobre a Aduana anunciou que habería unha xuntanza no Concello pero matizou que o traslado afectáballe en principio a un servizo de cobro que estaba nun local alugado en Pontevedra, que se trasladara a Marín, pero que habendo un edificio propio en Pontevedra, o que se trasladaría ao municipio veciño sería o servizo de impostos especiais, mentres que o servizo de Aduana permanecería en Marín trasladándose a un edificio de Capitanía dentro do recinto portuario.
En relación ao deslinde, que se tratara na Xunta de Voceiros e que se encargaría un informe xurídico para discernir o que era mellor para os intereses do Concello.
E por último, falou do alumeado do Nadal, do que o Goberno local quedara “moi descontento”.
Muradas, que non abrira a boca en todo o pleno máis que para cuchichear con Veiga en momentos puntuais, tiña ganas de comezar tirando a dar: “Vagancia e chulería” foron algúns dos piropos que lle dirixiu ao grupo de Goberno, criticándolle que as catro xuntas de Goberno do mes anterior invertiran soamente hora e cuarto. Queixouse por enésima vez de que non se lle contestan as preguntas sobre o Arela, e insistindo en ter “acceso permanente” ao expediente que o Concello lle abrira a Antalsis. Tamén chamou a atención sobre un “trasego” de cadros entre o Museo Torres e o Concello, pedindo “que se firmen os ‘recibí’ deses trasegos”. E ante o abraio xeral, a súa intervención rematou nunha curiosa anécdota que será recordada pola ignorancia que demostrou ter en materia de novas tecnoloxías.
-“Que es ese pinganillo que parpadea encima de la puerta de la sala?”, preguntou, explicando que se fixara na luz durante o momento que o Psoe e Mar-In se ausentara durante o debate do recoñecemento de débeda.
-“La wifi”, dixo Gestido dende o bando do PP.
-“Que es, qué?”, interrogou Muradas. Risotada no PP e no público.
-“La conexión inalámbrica a Internet”, contestou Gestido con expresión atónita.
…Incrible pero certo. Muradas, que intercambia susurros con Ipad Veiga, aprendeu esa noite o que é unha wifi. E durmiu máis tranquilo sabendo que o que parpadea no teito non é un lucecú nin unha cámara oculta de Método 3.
En canto ás súas preguntas, María Ramallo contestoulle que as reunións “non é o que duran, senón o que resolven”. Que efectivamente se lle abrira un expedente a Antalsis “cando o indica o informe xurídico” e despois de valorar os “perxuízos”, tendo en conta que había “tres pleitos pendentes” con esa empresa. Que os cadros estaban no faiado do Museo e que o encargado do Museo “leva o control”.
Despois de catro horas de intenso adestramento facendo malabarismos co seu bolígrafo, Pazos Lamoso, loxicamente, tiña que preguntar por asuntos deportivos: Ao fío dunha visita do delegado de Deportes da Xunta, Lete Lasa, reclamou que se lle volvera pedir que a Xunta cumplira “o que promete” en relación ás mellores plantexadas no recinto de San Pedro. Preguntou tamén se estaba desbotado o proxecto de campo deportivo en Seixo. E, seguindo as tácticas de Veiga, empezou enredando co campeonato de baloncesto junior, que “ían saír gratis e xa imos por 30.000 euros”, seguiu cuestionando que Marín tivera infraestrutura hoteleira para albergar citas deportivas dese nivel, argumentando que “nestes momentos a xente pasa dificultades e a pesar diso organízanse bailes de salón e festas moteiras” e que era “escandaloso” que o Goberno local non prioirizara para dar axudas á compra de libros de texto e organizar cursos formativos para desempregados, e que por iso “imos hinchar a riri coas próximas facturas” e máis bla-bla-bla.
…Pero céntrese Lamoso, que a esas horas intempestivas da noite a xente está para algo máis que escoitar falar do seu libro. Tanta verborrea para preguntar “se se valorou o retorno económico” das actividades que apoia o Concello.
María Ramallo confirmoulle que o proxecto en Seixo desbotárase “porque este ano non hai posibilidade” orzamentaria. Que a pesar das dificultades económicas o Goberno local pretendía “optimizar o diñeiro dispoñible e apostar por mellorar as infraestruturas deportivas”. Que, nesa liña, estábase valorando un proxecto de campo de herba sintética no campo de Santomé, propiedade da comunidade de montes. Que a aposta polo baloncesto era “interesante” e que por iso se realizaran melloras nos pabellóns “financiadas pola Deputación”. Que a capacidade hoteleira de Marín “é a que é” e por iso estábase plantexando establecer unha colaboración coas infraestruturas hoteleiras da Escola Naval “para que a xente quede máis en Marín”. E que as obras na Laxe comezarían este verán.
Turno para Pilar Blanco. As cousas empezáronse a torcer. Criticou a voceira do Bng que a moción das preferentes aprobada en decembro non se remitira aínda a pesar de que o PP dixéralle á prensa que se remitían “en tempo e forma”. E sobre o expediente de rehabilitación do restaurante de Portocelo, “non había por onde collelo”.
María Ramallo comezou dándolle un toque de atención que chamou a atención, non polo fondo, senón pola forma: Ten vostede o mal costume de ir polos servizos administrativos do Concello a ver se picotea algo, e teño queixas dos funcionarios pola actitude súa de dificultar o seu traballo”. A cara de Pilar Blanco empezou a palidecer primeiro, revirarse despois, botar fume…
A alcaldesa empezou a contestarlle: “Eu son quen asina o acordo pero non vou levalo ao rexistro de saída, reúnome coa plataforma de afectados todas as semanas, están informados e faise todo o que se pode”. Ramallo criticou a “inquina” de Pilar Blanco polas datas co ánimo de collela “nun renuncio para montar unha historia”, unha actitude que calificou de “triste”.
A esas alturas, Pilar Blanco levaba xa un rato interrompendo o turno de palabra de María Ramallo, falando ao mesmo tempo que ela para que non se lle escoitara: “Cando non me deixa falar non lle contesto máis”, advertiulle a alcaldesa. “É que se se queixan do meu modo de actuar quero saber quen é para pedirlle desculpas”, replicou Pilar Blanco.
…Impresionante. O panorama estaba empezando a adquirir dimensións surrealistas e a situación dexeneraba por momentos.
María Ramallo deulle a palabra a Vilaboa. Aí xa o Pleno acadou un punto insostible. “Grazas por deixarnos falar”, espetoulle Vilaboa a María Ramallo.
A todas luces, o dúo Blanco&Vilaboa conseguiran poñer o pleno a punto de caramelo, onde a eles lles gusta encender a mecha para que todo explote; ou que vén sendo o mesmo: rematar de reventar a sesión. Cinco horas de pleno. O mínimo que se pode agardar dos concelleiros é seriedade e respecto; xa non só pola institución que representan, senón pola cidadanía, cando menos a que ten a forza de vontade de agantar pacientemente todo ese tempo para ter unha experiencia directa do que alí se di e se escenifica. Sen necesidade de que os xornalistas o vaian contar dous días despois en función de como o pinten uns grupos e outros. Pero Vilaboa&Blanco non están polo labor de colaborar en prol dun bo clima democrático e o que fan é botarlle máis e máis cizaña á caldeira da locomotora para que acabe descarrilando.
“Espero que retire o que dixo porque o teño anotado”, ameazou Vilaboa tras escoitar a queixa da alcaldesa. “Aquí o problema é descubrir algo”, engadiu o concelleiro do Bloque, que con esas palabras o que facía era transmitir a imaxe dun Concello corroído polas intrigas e a corrupción. Vilaboa facía unha enardecida defensa “do dereito dos concelleiros a obter a información que precisan para facer o seu labor de oposición”, ao tempo que acusaba a Ramallo de “actitude antidemócrata, de mentir e asoballar a oposición”. Levantando ben a voz, Vilaboa queixábase de que a alcaldesa non lle entregaba a documentación nin lle contestaba ao que el preguntaba.
A discusión parecía non ter fin. María Ramallo preguntáballe que rogo ou pregunta quería facer e Vilaboa seguía erre que erre, co seu axuste de contas. “Está facendo abuso deste turno”, advertiulle María Ramallo. “Quere facer rogos e preguntas, ou quere estar de broma”. Vilaboa non atendía a razóns e seguía botando imprecacións. “Estamos tomando de broma, quítolle a palabra”, rematou por dicirlle María Ramallo, farta do show de Vilaboa, que nos seus adentros debía estar moi orgulloso de volver saír coa súa. “Que conste en acta”, exclamou Vilaboa, demostrando que o seu era unha actuación en toda regra para que o pleno acabara en incidente. María Ramallo deulle un segundo aviso e perdiulle que abandonara a sala. O policía local xa se lle achegaba a Vilaboa para acompañalo ata a saída mentres Vilaboa seguía berrando: “Quero preguntar!”. Esther Crespo impertérrita. Pilar Blanco tesa coma un gharabullo.
Desde o bando de enfronte escoitouse a Benito Touriño: “Con educación…”
Simplemente, LAMENTABLE.
Publicado en Denuncias, Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Política
REUNIÓN CONCELLO-COMUNIDADE DE (DES)MONTES
A noticia na prensa non clarifica nada; catro parágrafos de información invisible. Ás veces o mérito está máis en parecer que se conta algo, que en contar, propiamente. O caso é que María Ramallo e Manuel Santos recibiu á directiva da Comunidade de (des)Montes de San Xulián.
Di o titular que “para acercar posturas”. Esa frase dá a entender que o Concello e a Comunidade ten posturas des-encontradas ou opostas. En que? Por exemplo, na titularidade do campo de fútbol de San Xulián, na estrada que sobe á Lagoa de Castiñeiras. Un tema do que, por certo, se deu publicidade non a través da Comunidade, nin do Goberno local, senón da voceira de Mar-In, naquela moción do pleno de xaneiro que lle pedía ao Concello que inscriba o terreo no inventario municipal. E a moción aprobouse, malia a abstención do PP. A xunta rectora da Comunidade está tranquila: “Iso está parado”, dixera o presidente na última asembleal, a preguntas dun ex-directivo que se declarou en ‘rebeldía’.
A fin de contas, o Goberno local e a directiva da Comunidade son gobernos “amigos”: o presidente foi concelleiro popular na anterior lexislatura co PP na oposición, e segue habendo fío directo a través doutros cargos da xunta rectora ben situados no partido. Todo queda na casa. Así que a cuestión da titularidade do campo de fútbol vai para longo, no máis que remoto caso de que teña visos de prosperar. Entre bombeiros é costume non pisarse a mangueira, e a Comunidade de (des)Montes, que xa ten experiencia en litixios longamente demorados -caso Romero, verbi gratia- ten no campo de fútbol unha nada desdeñable fonte de ingresos a través dos grupos que pagan por facer uso das “instalacións”.
“Se repasaron varios temas que preocupan a los comuneros y se establecieron las pautas para poder actuar de manera conjunta y coordinada colaborando en sacar adelante obras en beneficio de la parroquia”, declarou a alcaldesa ao remate do encontro. É que María Ramallo sabe idiomas: castelán, galego (aínda que o use pouco), supoñemos que algo de inglés… e como boa dirixente popular, domina tamén “guindés” e “cospedalés”: eses dialectos políticos baseados na arte do eufemismo, no virus contaxioso de dicir moito sen dicir nada.
Fala a noticia de conseguir unha acción coordinada entre a Comunidade e o Concello para canalizar as peticións dos colectivos de San Xulián. O que vén sendo pedir subvencións, de toda a vida, pero dito máis fina e subrepticiamente, non vaia ser que se corra a voz de que o Goberno local vai investir en San Xulián e che chovan as peticións. Que se enteren só os que deban enterarse.
O máis desconcertante é que na última asemblea da Comunidade de (des)Montes o pasado xaneiro a directiva encheu peito e bandullo para anunciar a bombo e platillo que viñan de cobrar 354.679,48 euros dunhas expropiacións (167.386,58 nun primeiro ingreso e 187.292,90 que obtiveron a maiores). E que, á marxe de que o 30% había que invertilo no monte, non porque a Comunidade teña unha especial vocación pola conservación do monte (máis ben ao contrario, e non hai máis que remitirse aos feitos), senón porque así o establece a Lei de Montes, como ben fixo constar unha veciña na reunión, por se había algún despistado ou desinformado nos arredores. E o resto, a “pulilo” coas peticións dos comuneiros, “ben fundamentadas”, aclarou o presidente, porque ante todo, hai que gardar as aparencias. E o resto, como dispoña a deusa fortuna e a súa comadre providencia.
Manuel Santos ofreceu máxima colaboración por parte do Concello. Asistía á reunión en calidade de concelleiro de Urbanismo? Mágoa que a “noticia” oculte os dimes e diretes sobre o polígono proxectado no Monte Pituco. Porque a Comunidade ten moito interese en seguir cobrando a conta do (des)monte: se hai que agredir un Espazo Natural Protexido polas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento, se hai que rodear de asfalto e formigón uns petroglifos catalogados “do 2000”, se hai que gastar un diñeiral indecente en construir uns taludes indecentes, se hai que cargarse especies da fauna e da flora autóctona e vulnerable, se hai que deixar sen consumo de auga aos habitantes da zona, se hai que tripar os dereitos da xente que se opón a que cometan unha barbaridade avalada por un Planeamento trazado coas regras do Monopoly, o dúo Concello&Comunidade están dispostos a iso, e máis.
“Se hicieron peticiones de mejoras que pueden ser atendidas por el Gobierno municipal y se establecieron vías de comunicación y diálogo para aunar esfuerzos que redunden en beneficio de todos”, concluiu María Ramallo.
Melloras que pode -ou mesmo debe- acometer a Comunidade en solitario, agora que ten a súa conta corrente ben dotada, e como xesto de solidariedade coa Administración local, cuxo concelleiro de Facenda porfía en seguir chuzando as penurias económicas que atravesa o Concello co descontrol de facturas dos seus antecesores.
Na súa primeira e única visita ao Pituco hai ano e pico, María Ramallo aseguraba que non había nin pa pipas e que para botar man do patrimonio rupestre había que encomendarse á Comunidade de Montes, que tiña cartos. Máis cartos ten agora que daquela, e tamén menos monte entre cesións e expropiacións varias, que é ao que se adican; de modo que por unha sinxela regra de tres, os recursos dispoñibles serán maiores posto hai menos territorio a repartir. Claro que, o que parte e reparte sempre leva a mellor parte.
Ogallá entre as “cuestións que preocupan” a Concello e Comunidade estean os que DEFENDE O MONTE PITUCO leva reivindicando dende hai tempo:
-A posta en valor dos gravados rupestres do Pornedo, que carecen de paneis de sinalización e de perímetro de seguridade. Que están á beira dun camiño expostos ao tránsito de vehículos rodados e doutras agresións.
-A proliferación de verquidos ilegais, dende rodas e uralitas, ata restos de podas e limpezas de fincas, pasando por refugallos de obras, e por suposto plásticos, envases, mobles vellos. Limpeza a fondo, vixiancia intensiva, e unha boa campaña de concienciación cidadá é que podían ir empezando a facer para frear esta lacra crónica e galopante.
-O control do gando mostrenco, coa máis que lamentable cuestión das pexas, trancas e demais artiluxios de tortura aos cabalos.
-A reparación urxente e inaprazable da pista de acceso ao Monte Pituco: erosionada polas riadas, motivadas porque as canalizacións están absolutamente atascadas de terra, pedras, escombros, vexetación, porque a auga busca saída cando a pista adolece dunhas labores básicas de mantemento, xa non só para que a auga circule polos regos, senón para frear o deterioro progresivo do firme polo que transitan tractores e mesmo turismos.
-Apoio á creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños: unha iniciativa seria a prol da conservación do Monte Pituco e doutros montes da contorna, privilexiados pola súa situación xeográfica, polos seus valores patrimoniais e paisaxísticos que, cun tratamento axeitado, serían un foco de atracción de visitantes.
Publicado en Denuncias, Imaxes, Xeral, Xuntanzas | Etiquetas: Comunidade de Montes de San Xulián, Concello de Marín
PLENO DE FEBREIRO (III)
En plena polémica entre o Goberno local e os grupos da oposición pola intención da alcaldesa de reformar o regulamento dos plenos, en DEFENDE O MONTE PITUCO seguimos analizando polo miúdo o contido da sesión deste mes de febreiro. Cinco horas. 15 páxinas de caderno mediano. E aínda imos pola metade. Ánimo, que aínda queda moita espiga que debullar. Despois de ter publicado todo o que deparou este pleno da Corporación, a moit@s que -deixándose levar polo que se publica nos xornais, que non deixan de ser meros transmisores do que din os políticos dun xeito absolutamente interesado- bramaban e poñían o berro no ceo ante o que consideraban un ataque sen precedentes á democracia e acusacións tanto ou máis grosas, igual lles cambia o conto. Porque hai que ir aos pleno, hai que vivilos… sufrilos, cabrearse e cansar de escoitar os mesmos argumentos unha e outra vez ata que -coma unha vela que se consume- se esgotan en si mesmos e chega o momento de que os concelleiros fagan aquilo polo que cobran do erario público: erguer o brazo.
Fóra da orde do día aprobouse cos votos a favor do PP -o Bng votou en contra, e Psoe e MarIn abstivéronse- a conta xeral do Concello de Marín 2011. O concelleiro de Facenda, Manuel Santos Costa, recoñeceu que se presentara “máis tarde do previsto” e comprometeuse a “evitar que volva producirse”. Sinalou que existe un remanente líquido de tesourería de 1,3 millóns de euros e un superhábit de 909.000 euros.
…Fran Veiga resplandecía. Non, non era un halo de santidade o que o iluminaba, senón a luz do seu Ipad rebotándolle na cara.
O voceiro do Psoe criticou a “actitude irresponsable” de Santos Costa por ter baseado a súa oposición na anterior lexislatura nunha “suposta quebra” do Concello. E cuspiu unha ráfaga de improperios, entre os cales o de “difamación” foi o máis suave. E demostrando que aínda non curou o seu resentimento e mal perder nas últimas eleccións municipais continuou afirmando que o resultado electoral do PP obedecera a unha “técnica propagandística que calou na opinión pública” a pesar de que a situación económica era “saudable”, segundo el, e a situación económica era “envexable”, argumentando que o Concello puido “resistir un ano sen 1 millón de euros”, en alusión á retención do Estado. E continuou advertindo que a presión fiscal por habitante pasara de 212,14 euros a 275,94, lembrando que os pagos domiciliados perderan a bonificación, e advertindo que chegaría a 300.
Pola súa parte, Vilaboa pediulle explicacións a Santos Costa porque as contas tiñan que estar presentadas en outubro, “como reclamou o Consello de Contas” en dúas ocasións. Falou de “ocultación” e “deixación” de funcións, argumentando que a interventora aludira a “problemas en intervención” que motivaran que a contabilidade de 2011 non rematara ata agosto de 2012. Tamén lle lembrou ao concelleiro de Facenda que “cobra un salario do Concello” pola súa dedicación exclusiva e preguntoulle se, polo retraso na presentación das contas, se perderan subvecións, unha contestación da que reclamou que quedara constancia na acta do pleno. “Xa lle gustaría a moitos Concellos ter esta situación e vostedes faltaron á verdade todo o tempo”, espetoulle Vilaboa, que lle advertiu: “Acabóuselle a historia, en intervención hai 1,6 millóns sen pagar e un recoñecemento de débeda de 500.000, e iso que ían ser o mellor equipo”.
Isabel Martínez Epifanio tamén fixo fincapé en que Santos Costa ten dedicación exclusiva e criticoulle que “cando ven algo mal, a culpa é dos técnicos. E citou a interventora, segundo a cal, “que a conta non estivera non obedecía a que houbera moita carga de traballo en intervención, polo tanto o problema é do grupo de goberno”.
…Pero en que quedamos? O Bng dicindo que hai problemas en intervención, e Mar-In dicindo que intervención funciona ben…
Santos Costa contestou que “sempre” se referiu ás contas como “traballos técnicos, porque a conta final é un traballo técnico” e, nese sentido, o Goberno local “non elude a responsabilidade, pero non lle bota a culpa aos técnicos”. Pero é ben certo que o concelleiro debería ir mudando de discurso porque a teoría do caos xa vai algo sobada: “Nos últimos anos as contas presentábanse tarde tamén, isto non é novo, pero co caos que deixaron non me estrana”, engadiu. Santos Costa remitiu a oposición ás actas dos plenos na lexislatura anterior, porque “dixemos que había descontrol de gasto, non que o Concello estivera en quebra”. Dirixíndose a Veiga, contestou “que non subestime os votantes; non creo que sexa polo noso discurso que vostedes perderon as eleccións”. E para Vilaboa afirmou que “non perdemos ningunha subvención”.
Fran Veiga podía ter aforrado a súa segunda intervención, porque fóiselle tanto a olla, quedou tan á altura do betún, que máis lle valía non ter aberto a boca. Porque é lamentable que os segundos turnos sirvan para darlle a palabra a persoas que, en vez de cumprir co seu labor de oposición, usan o seu cargo para insultar, para intentar manipular con asuntos externos ao motivo do debate, e traídos a colación dun xeito tan burdo que resultan patéticos no fondo e na forma.
O caso é que Veiga anunciou que o seu grupo municipal absteríase en protesta pola “incompetencia” do PP, ao que repetiu que o Concello “non contestou as dúas peticións de información, en outubro e xaneiro, do Consello de Contas, e non se nos deu traslado desa contestación”. Pero que di este home? Ou non se sabe explicar ou non sabe o que di. Pero hai que recoñecerlle o mérito de ser quen de dicir unha cousa e a contraria en tan poucas palabras, porque non é nada doado: se é certo que o Concello non contestou, como é posible que o Concello lle facilite a súa (non) contestación ao Psoe?
Sen dúbida, Fran Veiga estaba empezando a perder o norte, porque que dixo a continuación: “Parece que estamos falando de Bárcenas, quen mete medo?”. E a conto de que mentaba a Bárcenas? Non será que Veiga xa non sabe que dicir para chamar a atención? E se quere chuzarlle ‘pullas’ ao PP de Marín para intentar sacarlle os colores polas chafalladas do PP a nivel estatal, por que non o fai con máis elegancia, máis sutileza, ou máis intelixencia? Non será que son cualidades que a Veiga lle van un pouco grandes?
Seguinte metedura de pata, dirixida a Santos Costa e, por extensión ao grupo de Goberno. Vai en castelán de Castela porque é no que fala Veiga: “No sabe hacer ni una propuesta de gasto, no hay planificación de gasto, solo hacen gastar y gastar, de qué descontrol habla si es el rey del descontrol que no sabe ni poner orden en la JAURÍA que tiene a su lado”.
A reacción de María Ramallo foi inmediata: “Ya está bien que nos mente a Bárcenas, pero que nos llame jauría…”. “LO RETIRO!”, contestou Veiga baixando a cabeza mentres se lle escapaba unha risiña. Definitivamente, ridículo. Non merece máis comentarios porque el mesmo se retrata… e se retra(c)ta.
Vilaboa volveu á carga reprochándolle a Santos Costa que “o que antes criticaba agora sérvelle de argumento, e que iso é desprezar os veciños e a oposición”. Tamén lle reprendeu que levan máis dun ano e non foron quen de arranxar “o caos e o desgoberno” que o PP lle achacaba ao anterior bipartito.
A voceira de Mar-In apoiouse na intervención do seu homólogo do Bng afirmando que “hai que ter moita cara para dicir que os demais tiñan descontrol e desgoberno cando fóra da orde do día traían un recoñecemento de crédito”.
O PP votou a favor das contas. Psoe e Mar-In abstivéronse. Bng votou en contra.
E por fin comezou o debate sobre o seguinte tema fóra da orde do día: o polémico recoñecemento extraxudicial de crédito que, entre outubro e decembro de 2012 supuxo 549.523 euros en subministros e subvencións.
Santos Costa xa comezou a súa escueta intervención adiantando que “en próximos plenos traeranse máis facturas” e atribuiu este recoñecemento de débeda a que “o crédito esgotouse, o orzamento non está actualizado” e á “dinámica” de anos anteriores, unha afirmación que motivou que a oposición botara a rir.
Isabel Martínez calificou de “vergonzoso” e “descaro descomunal” que o PP plantexara este tema e criticou que non houbera “ningún técnico de intervención para facer o noso traballo”. E coa mesma, anunciou que se levantaba e saía do pleno “para non participar desta charada de entroido”.
Aproveitando as iras da concelleira de Mar-In, Fran Veiga subiu ao carro dos azoutes e tildou de “insultante” a actitude do PP, ao que lle pediu que deixara o tema sobre a mesa.
Vilaboa tamén cargou as tintas sobre “como se tratan os temas económicos, que deixa moito que desexar”, argumentando que “a interventora estaba de días libres e o técnico non estaba”, polo que ese día pola mañá “non se puido falar con ninguén” dese departamento.
As críticas da oposición non serviron para nada porque os votos do PP evitaron que se aparcara o asunto, así que Francisco Veiga and The Socialista Sound Machine tamén abandonaron o pleno entre acusacións de que “non había referente na historia da democracia” e as tarambainadas pseudodramáticas de sempre.
Con Mar-In e Psoe vendo os touros dende a barreira, Vilaboa inflouse coma un fol e comezou o seu monólogo, cunha declaración de intencións artificiosa, na liña do arrebato de indignación de Veiga: “O corpo pídenos marchar, pero se o facemos, o recoñecemento vai pasar sen pena nin gloria”, aclarou o voceiro do Bng nunha heroica declaración que o podería ter elevado aos altares da democracia como sufrido mártir do municipalismo galaico.
E así pasou un longo rato facendo por desacreditar o concelleiro de Facenda alegando por enésima vez que “o que antes criticaba agora sérvelle de argumento”: que o Goberno local levaba dous anos prometendo un orzamento e que mentres tanto servíanse do orzamento prorrogado polo bipartito, que o Goberno local acumulaba unha débeda de 1,6 millóns de euros en 20 meses de xestión, que ían 6 meses retrasados no pago de facturas pendentes dende agosto… e que tiñan “montado un cristo no servizo de intervención”.
E comezou a enumerar de vagar unha relación de gastos, salpicados de comentarios pretendidamente chistosos: 4.500 euros en trofeos, 10.000 en bailes de salón, 9.000 nunha barandilla no río Lameira, 29.000 da concentración de motos… outros 40.000 no que Vilaboa deu en chamar, con retranca, “chuvia fina de albaráns”, parafraseando o propio grupo municipal do PP cando estaba na oposición e criticaba a xestión económica do anterior Goberno local.
E mentres facía a súa intervención estelar, Vilaboa dirixíase ao público: catro ghatos sentados desperdigadamente, que malamente se contaban cos dedos dunha man. E unha de dúas, ou Vilaboa falaba maiormente para os seus compañeiros/as da oposición, que estaban de pé diante da porta do salón de plenos; ou estaba en trance e vía dobre ou triple ou cuádruple, e na súa imaxinación o salón estaba cheo a rebosar de veciños aos que ilustrar coa súa florida e eficaz verborrea.
E mentres ridiculizaba as intervencións anteriores da concelleira de Cultura, da que dicía que semellaba que “se presentaba a unhas oposicións”, calquera con dous dedos de fronte podía dar en pensar que o que Vilaboa precisaba nese momento era un espello para verse a si mesmo en plena acción: xesticulando e facendo aspaventos sobreactuados. É moi doado ver a palla no ollo alleo e non ser quen de ver a viga no ollo propio. Que por máis ou menos verdades do barqueiro que solte pola boca, nin os fondos nin as formas son os máis axeitadas nos voceiros do Bloque, tan encantados de coñecerse, tan dados eles ao exceso e ao estupendismo.
Se fora certa a opacidade que tanto critica o Bloque, non chegarían aos plenos con tanta tela que cortar, facendo alarde público de facerlle a colada ao PP cos supostos trapos suxos do actual Goberno, cando o bipartito anterior tamén precisou cantidades industriais de deterxente para lavar os propios.
Vilaboa leu un escrito da empresa que organizou a concentración motorística do verán “reclamando o pago dunha factura”, motivo que lle serviu ao Bloque para reprocharlle ao PP a “actuación de novo rico” que se permite agora no Goberno e propiciando o que deu en calificar como un “descontrol fantástico”. E outro vicio insufrible do Bloque, machacar ata a saciedade temas e datos que sacan a colación en todos e cada un dos plenos, como tratando de amortizar cada milímetro do labor de oposición: os reparos de intervención nas resolucións de aprobación de facturas saen á palestra un mes si e outro tamén. Como se Vilaboa&Blanco ignoraran que o público dos plenos é sempre o mesmo, e de tan repetido e sobado, o discurso que gastan volveuse predecible.
Aínda así, o Bng garda ases na manga, que xa Vilaboa ameazou: “Algún fai algún negocio, e xa llo descubriremos, que vai saír”, advertiu, sinalando o bando do goberno local.
Santos Costa fixo o que puido -que non foi moito nin moi convincente- por contrarrestar o discurso de Vilaboa: “A diferenza entre os recoñecementos de crédito seus e os nosos é que os nosos son de meses e os seus son de anos”, afirmou o concelleiro, facendo boa a táctica do e ti máis. O tenente alcalde engadiu que o Concello vai “seguir apoiando eventos que xeneren retorno”. “Retorno para Poio, Vilagarcía, Pontevedra, onde a xente está hospedada”, replicoulle Vilaboa.
“Vostedes son expertos en facer modificacións de proxectos”, criticoulle Santos Costa, que puxo como exemplo a obra na Porteliña “na que duplicaron o custe e a legalidade era dubidosa”. Con isto xustificou a instalación da barandilla no río por indicación dos técnicos. E sobre os demais gastos, explicou que “o que se paga está subvencionado, e vánnolo pagar, así que non se fixo tan mal”, engadiu o concelleiro de Facenda.
O Bng xa non daba para máis: “A nós xa nos xulgou o pobo, estamos na oposición, e os que dixeron que ían facelo diferente eran vostedes, estamos xulgando a súa actuación, e se nós fomos malos, vostedes peor”. Perogrullada made in Vilaboa. E ti máis, segunda parte.
Tanta leria, para que ao final o Bloque se abstivera no recoñecemento de crédito, que se aprobou, naturalmente, cos votos a favor do PP.
Próximo capítulo: taxa de auga, lixo e alcantarillado; programa de acción municipal para incrementar as partidas en servizos sociais; e rogos e preguntas, que comezaron a formularse cando xa o pleno rondaba a medianoite.
Publicado en Xeral
DÍA DE ROSALÍA, NO MONTE PITUCO
¡fariseios!, os grandes da terra,
sin que ó ver do inocente a orfandade
se calme dos ricos a sede avarenta.
O meu peito con angustia se oprime.
¡Señor! ¡Dios do ceo!
¿Por que hai almas tan negras e duras?
¿Por que ai orfos na terra, Dios bueno?
Mais non en vano sellado está o libro
dos grandes misterios…
Para a groria, o poder i a alegría…
Todo pasa na terra. ¡Esperemos!
ROSALÍA DE CASTRO, que naceu o 24 de febreiro de 1837.
Fragmento de “Tembra un neno”, do libro <Follas Novas>
No acto de homenaxe a Rosalía de Castro, organizado por Queremos Galego Marín.
V ANIVERSARIO DE ALMUINHA: PARABÉNS
Festexamos o V aniversario da Asociación Almuinha, un dos colectivos cos que conta DEFENDE O MONTE PITUCO na causa a prol da conservación deste enclave da xeografía marinense que, lle pese a quen lle pese, é un Espazo Natural Protexido.
E lemos versos de Vítor Vaqueiro: reivindicativos, enxalzadores da natureza, da paisaxe e do patrimonio cultural que os poderes económico e político -sempre da man, e cunha corte de criados á súa disposición- se empeñan en estragar.
Fremoso como un doncel era
iste mundo.
MÉNDEZ FERRIN
Denantes da correola, da barbela,
do carromeiro mol
aboiando nos cons de Ortegal,
ou nas praias do norte do Morrazo;
Denantes das escumas estoupando
no fociño da foz,
onde a mestura xusta, equidistante
de milleiros de fontes
(augas antergas, freixas devanceiras)
co estronicio salgado
que arrinca dende o medio do océano,
fai agromar as incontábeis cores
do vello arco da vella;
Denantes de medrar a xilbarbeira
ou o estralote:
confrade silandeiro
caviloso sino polos camiños,
ledicia de foguetes nun ollos pequenechos,
e cando aínda
os frescos chuchameles
eran sinxelamente
un pequeno proxecto que agromaba,
bulindo, nos miolos
da Natureza, a nosa nai teimuda,
e cando aínda
o fento
non daba esnaquizada a tona do planeta
(esa cativa uva ensarillada
no morno acio de estrelas que pendura
do mantelo do moucho e da curuxa)
Denantes dos abrentes
de rechouchíos mestos de paxaros
que interrompían:
o crime do raposo,
a soneca da avoa donosiña
Denantes mesmo que a aguia vixiante
no curuto do ceo
subliñara a sutil raia da morte
dende o seu trono azul
ao pescozo dun año arrepiado;
Denantes de que o seixo
fixera realidade as súas agullas, espetándoas
nas entrañas da terra, e que aquelas agullas
viraran lama, area, arxilas
de cores, recollidas por mans agarimosas
que bicando, cocendo, aloumiñando
(como o amante aloumiña o corpo do amante,
como o asasino aloumiña na súa man o coitelo)
fixeran os tarecos que chegaron a hoxe,
verbi gratia:
Santa Tegra,
O Neixón,
Borneiro,
Viladonga
Denantes de que condes,
emperadores,
xefes,
reis,
caudillos,
triparan as vellísimas
chairas da nosa Terra,
metendo lume ás xestas e á poalla,
ao melro e á cerdeira,
deixándonos a patria tolleita, esnaquizada,
sementada de Arousa a Pedrafita
dunha baza borralla, dunha brétema
enchoupando os nosos corazóns calcificados
sen azos
para o latexo
sen mans
para encetaren un anaco de queixo, unha cunca de viño,
sen forzas
para a seitura e a vendima:
fermoso como un doncel
era este mundo.
[VITOR VAQUEIRO: Denantes. “Lideiras entre a paisaxe”, 1979]
E tivemos a oportunidade de escoitar a música e a voz do cantor guardés Tino Baz: versos de Rosalía a ritmo de tango, historias dun pasado marcado pola falta de liberdade, a emocinante homenaxe á activista Luz Fandiño cunha canción a capella na que o peito se converteu nunha caixa de resonancia e sentimento, ou os versos chorando polas lapas que arrasaron parte das Fragas do Eume…
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Colectivos sociais, Cultura
AS ‘I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO’ DA SAGA
Aínda que houbera que gardar os disfraces ata o ano vindeiro, a Sociedade Antropolóxica Galega invita a toda a cidadanía a comezar xa a preparar o Entroido de 2014. Porque entre tantas noticias de corrupción e espionaxe, de abuso por parte dos bancos e das empresas poderosas, de indefensión ante as Administracións públicas que actúan de costas ao sentido común, cómpre manter o espírito ledo, a imaxinación activa e iniciativa firme. A cultura nunca está de máis; o contrario é o despilfarro, a desmemoria, a ignorancia.
A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) celebrará en Pontevedra as “I Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, que terán lugar esta semana na Casa das Campás, os días 21 e 22 de febreiro, a base de relatorios impartidos por diversos expertos na materia e dunha exposición de fotografías e atuendos tradicionais desta celebración que se locen nas localidades onde o Entroido ten máis raigame.
O xoves 21, a partir das 19:00 horas, Antonio Vázquez impartirá unha charla titulada “O entroido urbano en Pontevedra”, dende a súa orixe no século XIX e o xurdimento da figura do Rei Urco, que preside os festexos na cidade. Seguiralle José Ángel Rodríguez, cunha ponencia sobre “O Entroido en Vilaboa” e o protagonismo das madamas e galáns, que percorren as parroquias de San Andrés e Santa Cristina representando unha danza ancestral e lucindo chamativas vestimentas e tocados.
Por último, o etnógrafo Miguel Losada abordará “O Entroido en terras de Ourense”, onde destacan as pantallas, os cigarróns e os peliqueiros no triángulo máxico que conforman as localidades de Xinzo, Verín e Laza.
Ao día seguinte intervirán, a partir da mesma hora, Nelson Salgado e Benito Salgado, que disertarán sobre “A fabricación de máscaras de cigarrón” e “O traxe de cigarrón”, respectivamente. Trátase dunha das figuras centrais do Entroido ourensán, cunha continuidade que se transmite de xeración en xeración.
Paralelamente ás xornadas -nas que colabora o Concello de Pontevedra- permanecerá aberta ao público a exposición “O Entroido en Galiza”, que se poderá visitar tamén os días 21 e 22, en horario de 17:00 a 21:00 horas.
A mostra consta de fotografías, vestimentas e complementos das distintas modalidades do Entroido galego.
Publicado en Xeral | Etiquetas: Colectivos sociais, Concello de Pontevedra, Cultura
AS FIGURAS ARQUEOLÓXICAS DE LEROLE, NO PITUCO
Lerole é unha iniciativa de dúas arqueólogas e unha restauradora que confeccionan artesanalmente figuras que reproducen motivos arqueolóxicos espallados por toda Galicia. Sobre tea, feltro ou madeira, estas formas animais, humanas ou abstractas teñen un referente real na pedra que gravaron hai milleiros de anos os primeiros poboadores da nosa terra.
Demos coa xente de Lerole nunha charla sobre arqueoloxía que impartiu o experto Xose Lois Vilar no espazo de arte A formiga no carreiro, de Pontevedra. E alí, entre cervos de cores con vistosas cornamentas plasmados en marcapáxinas, bolsos, coxíns, bonecos ou broches, atopamos a figura dun cazador.
Este personaxe atópase no petróglifo de Cova da Bruxa, en Muros. Demos en traelo ao Monte Pituco para que, dende o miradoiro natural sobre a ría, non persiga cabalos nin raposos, senón que se convirta nun guerreiro e se sume a DEFENDE O MONTE PITUCO na conservación desta paraxe ameazada pola especulación e a cobiza. Fronte aos que ostentan o diñeiro e a política, as nosas armas son a palabra, o patrimonio e a natureza.
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Cultura, Patrimonio rupestre
PLENO DE FEBREIRO (II)
O cuarto punto na orde do día neste pleno de febreiro foi unha moción do Bng sobre a mellora na seguridade vial na estrada PO-551 en Mogor, instando a Xunta a realizar as obras necesarias para a consolidación do terraplén situado a carón da curva do Matadeiro, e o arranxo do muro situado fronte á empresa Novexil. Pilar Blanco recordou que este tema xa se plantexara en xaneiro pero que dende entón non houbera noticias de que o Concello realizara algunha xestión. “Por riba de que non fan labores de mantemento queren cargarlle o morto á veciña”, explicou Pilar Blanco en alusión a un informe que lle atribuía esa responsabilidade á propietaria da vivenda situada na parte superior do terraplén. “Pero que a propietaria quede tranquila que o terraplén é un sobrante de cando se abriu a estrada e quen ten responsabilidade é a Xunta”, engadiu Pilar Blanco, a quen só lle faltaba a capa de Batwoman para erixirse como heroína dos veciños desvalidos.
Seguiulle o concelleiro Pablo Novás quen indicou que, tras consultar o inventario municipal, determinárase que o terreo non era o tal baldío, como acababa de case xurar e perxurar Pilar Blanco, senón que a propiedade correspondíalle ao titular do terreo situado por riba. En consecuencia, segundo o concelleiro popular, cabían dúas posibilidades: pórse de acordo co propietario ou expropiar. E aproveitou para engadir que acababa de poñerse en marcha unha campaña de limpeza de beirarrúas que, dende a Escola Naval e en dirección a Bueu, pasaría por Mogor.
Co estilo que o caracteriza, que de tanto que arrastra as vogais tenas todas gastadas, Francisco Veiga tratou de varrer para a casa: criticou que non se fixera a senda peonil de Bagüín, que o firme da PO-313 estaba degradado e esbaradizo coa chuvia… tense atribuido para o Psoe a realización de obras que, se estiveran ben feitas, non habería necesidade de volver reclamar. A fin de contas, o PP só leva gobernando dende xuño de 2011; igual o Psoe non o fixo entón tan ben. E para mostra, o auditorio ao aire libre de Seixo, ou o parque botánico de Briz que, en ámbolos casos, aos poucos meses, xa estaban medio desfeitos. Pero seica di o refrán: dime do que presumes e direiche do que careces. En todo caso, Veiga pediu “datas, actuacións, investimentos e compromiso real” por parte do PP de Marín para arranxar eses desperfectos na estrada de Mogor.
Pola súa parte, Isabel Martínez Epifanio pediu máis claridade ao PP sobre o posicionamento con respecto á moción, se a apoiaban ou non, se propoñían sancionar a propietaria e facerlle arranxar o terraplén. Por iso expuxo que, xa que había novidades que lle afectaban ao texto da moción, o propio sería ter falado cos grupos municipais para determinar se o Bng mantiña a moción ou a retiraba.
Quedou perfectamente claro que a Pilar Blanco lle incomodara moito que Pablo Novas lle desmontara o petate da moción revelando o dato do inventario. Pero non ten Pilar Blanco tanta experiencia gobernando? Non se aprobou un inventario de propiedades municipais? Por que ao Bng non se lle ocorreu contrastar a información sobre a titularidade do terreo no que se localiza ese problemático terraplén antes de dar por feito tan á lixeira que a propietaria da finca non tiña que preocuparse por nada? Para quedar ben coa veciña? O único que se lle ocorreu dicir a Pilar Blanco foi que o Goberno local tiña unha maneira “anormal” de traballar, acusando o PP de ocultar información e non instruir os expedentes, e insinuando que se infrinxía o regulamento. En definitiva, para zanxar a súa metedura de pata, acabou mesturando churras con merinas: que a Xunta fixera o arranxo, que o Concello buscara unha solución.
O que salta á vista é que Pilar Blanco pide para si o que no seu día, cando o seu grupo municipal non estaba na oposición, non practicaba. Que gardar ases na manga é unha arma que todos os partidos esgrimen para meterlles goles aos partidos rivais. E negar a evidencia, finxindo unha inxenuidade e unha bondade impropia da política, é facer un paripé ou crer que a cidadanía chupa o dedo.
Replicoulle Pablo Novas lembrando que o bipartito gastara cartos en obras de dubidosa prioridade nunha época de bonanza económica e orzamentaria, e anunciando que o PP apoiaría a moción porque do que se trataba era de mellorar a seguridade vial dese treito de estrada.
Ese comentario rematou por encender aos voceiros do Psoe e do Bng: Fran Veiga alardeou de que “con Plan E e sen Plan E o seu partido fixera máis do que cegará a facer o PP” e comezou a enumerar: luz, auga, cultura, deporte, saneamento… Acusando o PP de “inactividade” e de “eliminar as consignacións” para Marín e “parar todo”. Iso parece ser o que persegue o Psoe da cidadanía marinense: gratitude eterna por facer o que lle corresponde a un goberno local, por xestionar a cultura, o deporte, os servizos sociais, a educación, o rural, as estradas, o patrimonio, o medio ambiente, a economía local… Que pretendía se non o anterior bipartito se non, vivir da política a cambio de rañar o bandullo?
Peor foi Pilar Blanco, que se pasou de frenada intentando menoscabar e desprezar a Pablo Novas: “Por unha vez que o deixa falar a alcaldesa, disfrute, pero sexa máis prudente, polo tema da idade, porque lánzase bastante”. Ante semellante mostra de chulería e prepotencia, a talla de Pilar Blanco como concelleira, como representante municipal, deixa moito que desexar. O seu comentario demostrou a súa falta de respecto pola Corporación e pola cidadanía marinense: porque gústelle ou non, Pablo Novas está sentado enfronte dela porque nas eleccións municipais obtivo ese escano. E non é ninguén Pilar Blanco para ridiculizar a súa intervención, como se na Corporación houbera edís de primeira e de segunda categoría; como se a lexitimidade dun concelleiro se medira en termos de veteranía e os novatos non tiveran dereito a outra cousa que non sexa ver, oír e calar. Porque na oposición hai concelleiros que tamén se estrean no cargo por primeira vez, e a Pilar Blanco non se lle ocorre chamarlles a atención cada vez que abren a boca. Quen debería ser prudente é a propia Pilar Blanco, poñer menos cara de risa e ser máis humilde. Porque ela non naceu aprendida e, dende logo, a súa actitude, para alguén que abandeira a palabra democracia con tanta vehemencia, é sumamente antipedagóxica.
Non contenta co rapapolvos, Pilar Blanco espetoulle o que ela pretendía que fora unha lección de historia local: que a Xunta construíra unhas beirarrúas polas que os habitantes tiveron que pagar contribucións especiais, que lles instalaran farolas “de parque infantil” e que foi grazas ao anterior bipartito que llas cambiaran por unhas farolas “de vial, e que levaban 12 anos agardando pola recta de Bagüín. Non estiveron o Psoe e o Bng tantos anos gobernando no Concello? Non tiveron un goberno amigo entre o 2005 e o 2009?
O seguinte punto da orde do día foi o borrador da moción conxunta sobre o manifesto con motivo do Día da Muller. Aprobouse por unanimidade. Luz Santiago pediu que se lea o vindeiro 8 de marzo, coincidindo coa celebración do próximo pleno. Isabel Martínez Epifanio congratulouse de que os grupos municipais “deixaran de lados os partidismos para consensuar”.
O seguinte punto, outra moción do Bng sobre a queima de expedentes, retirouse da orde do día. María Ramallo pediu que quedara o tema sobre a mesa porque os grupos da oposición pediran un informe da secretaría xeral, e a secretaria non estaría ata despois do entroido.
Fóra da orde do día tratáronse a Conta Xeral do Concello correspondente a 2011 e un recoñecemento extraxudicial de débeda de 549.523,89 euros. Os dous temas suscitaron moita contestación por parte da oposición. Continuará…
Publicado en Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Política
MONTE ‘NAMORADO’
…Vén unha luz e atmósfera de flores
e impúlsome e respiro o mellor aire.
Vén a esperanza a dita do rinchar primeiro
do abrente do cabalo na montaña.
Vén o vento do Norte dende a estrela
máis consistente e pura a refrescarme.
Vén namorado o mar coma un toliño alegre
e abalánzase en risa inmaculada.
Vén o sol capitán dun mesto exército
de incorruptíbeis raios a vingarme.
Vén un íntimo son que anova o mundo
porque sementa vibración de cante.
Vén o verde do ceo dos teus ollos calmos
e por fin sabe a ruta a miña nave…
Bernardino Graña
PLENO DE FEBREIRO (I)
O pleno de febreiro comezou aprobando a acta, mais non a da sesión do mes pasado, senón a de decembro de 2012. A independente Isabel Martínez Epifanio preguntou se ía ser “habitual” esa dinámica de encadear actas atrasadas, ao que María Ramallo contestou explicando que o de xaneiro fora un pleno longo e que se a acta estivera rematada, teríase presentado na sesión dese día, mais non era o caso. Aprobouse por unanimidade.
No seguinte tema informouse das alegacións ao regulamento de venda ambulante, cuxo prazo de exposición pública rematou o 7 de xaneiro. Presentáronse 3 alegacións, das cales só se admitiu unha, referida á autorización de venda a máis familiares: os pais podían habilitar os fillos para atender o posto, pero non ao revés; os fillos non podían habilitar os pais.
O Bng e o Psoe abstivéronse. Muradas afirmou que o expedente tramitárase mal e pediu que este tema quedara sobre a mesa. Pilar Blanco criticou que, malia ter durado 8 meses a tramitación do regulamento, non supoñía novidades alén da adaptación á lei. A edil nacionalista queixouse de que o Goberno local “non fai ningunha iniciativa seria para reactivar os mercados ambulantes e xerar emprego”. Tamén advertiu que habería “serias dificultades para aplicar o regulamento e que o Concello carecía de persoal para controlar o seu cumprimento. Tampouco deixou pasar a ocasión para botar lixo sobre a xestión da Concellería, afirmando que permitía “tinglados”; e calificou de “incongruencia” que na festa corsaria non se lles cobrou aos vendedores, que “fixeron negocio en chan público”.
O único grupo que apoiou a aprobación do regulamento foi Mar-In. Isabel Martínez lembroulles aos grupos da oposición que “todos puidemos melloralo” cando tiveron responsabilidades de goberno. Aínda así, coincidiu co Bng que “hai problemas” para garantir o cumprimento da ordenanza e pediulle ao PP que faga o posible para que os vendedores ambulantes sigan o regulamento.
…O pleno comezou así de aburrido. Antes de iniciar o terceiro punto na orde do día, parte do público xa miraba para o teito mentres o concelleiro Antonio Traba -que chegou tarde- non paraba de mascar, e mascar… chicle? Pero a sesión foise animando na liña habitual: enredar, marear e repetir.
Á hora de tratar a resolución ás alegacións -presentáronse 11- no proceso de disolución do Padroado de Cultura, a concelleira Beatriz Rodríguez lembrou os argumentos que xa expuxera no pleno do pasado mes de decembro: razóns de persoal e acadar unha maior funcionalidade, para o que se celebraran dúas mesas de negociación que remataron sen acordo. Así, trala disolución do Padroado, o Museo Torres quedaría adscrito ao sistema público de museos, xestionado polo Concello.
A socialista Luz Santiago anunciou que o Psoe votaría en contra e calificou de “cacao maravillao” este asunto. Foi a primeira en chamarlle a atención á concelleira de cultura por referir que unha das alegacións fora presentada por Manuel González Prieto, mais non a título persoal, senón como representante do sindicato CSIF. “Farragoso, tramitado con moita présa” foron outros defectos que Luz Santiago lle puxo a este expedente, do que augurou que “á larga, vai traer cola co persoal”. Insistindo na súa intervención de hai dous meses a respecto deste asunto, volveu insistir en que suprimir o Patronato “é un erro” porque, aínda que o persoal desempeñe as mesmas funcións e cobre o mesmo, con esa figura podíanse conseguir subvencións que a través do Concello non se poden obter.
No turno do Bng sorprendeu que intervira Xosé María Vilaboa en vez de Esther Crespo, que de vez en cando tusía. O voceiro nacionalista tiña o día chistoso: “Parece que se estaba presentando a unha oposición”, espetoulle a Beatriz Rodríguez para criticar o tono da súa intervención como concelleira de Cultura. En parte con razón, porque as intervencións da concelleira están case sempre suxeitas ao uso dos papeis e adolecen de cercanía; de tan técnica e ta -por deformación profesional- xurídica, carece de frescura.
Vilaboa pediulle que deixara o tema sobre a mesa, que convocara a mesa de negociación, e xustificou por que o seu grupo ía abterse: “Isto é unha chapuza”, asegurou, criticando que o expediente tramitárase “a correr”. En canto ás alegacións, “hai que tratalas con respecto”, díxolle á concelleira, argumentando que “hai cousas nas alegacións que teñen razón, hai que actuar con sentido común”. Como se o Bng puidera acreditar o sentido común co que actuou durante a súa etapa no anterior goberno; mais, auga pasada xa non move muíño.
Aínda que xa en decembro apoiara a disolución do Patronato, unha decisión que secundou tamén neste pleno de febreiro, a concelleira de Mar-In foi máis crítica aínda con Beatriz Rodríguez. Para empezar, botoulle en cara que non fale en galego: “Vostede é concelleira de cultura e ten máis obriga que os demais a respectar o galego”. Esta crítica debeuse a que, na súa intervención, Beatriz Rodríguez leu en castelán un fragmento do informe que estaba escrito en galego, un detalle ao que tamén se referiu de refilón Vilaboa. “Non é a primeira vez que traduce o galego ao castelán; entrene, lea en galego e custaralle menos; como traduce mentres le, non lle será tan difícil ler en galego”, reprochoulle.
Isabel Martínez volveu incidir no que xa comentara hai dous meses: o Padrodado non estaba a cumprir a súa función, e o feito de depender de Cultura responsabilizaría máis a Concellería para que, en diante, funcionen mellor as casas de cultura de Mogor e Seixo, a biblioteca e o museo Torres. “Que funcione a lectura e a cultura”, concluiu.
No turno de réplica, Beatriz Rodríguez intentou minimizar os discursos do Psoe -“repite sus argumentos”- e do Bng, recalcando que esta medida non lle afecta ás funcións dos traballadores e que busca a funcionalidade. Luz Santiago apoiouse na intervención de Vilaboa. E Vilaboa, despois de felicitar a concelleira de cultura porque “leu en galego e non lle pasa nada na boca”, intentou sacar punta do tempo perdido na tramitación do expedente e da intervención que fixera Beatriz Rodríguez no pleno de decembro, na que non prevía a celebración de máis mesas de negociación, motivo polo que o sindicato acabou presentando alegacións.
Despois de escoitarlle dicir que faltaba un documento e a concelleira non sabía onde se atopaba, Isabel Martínez díxolle, nun ton irritado, que levara “os temas preparados” ao pleno, porque “non pode dicir que non é responsable de onde están os papeis”.
“No sabía que era el día de las Letras Gallegas y que tenía que hablar en gallego”, dixo a concelleira. Inaceptable comentario. A edil de Mar-In ten toda a razón cando insta a Beatriz Rodríguez a dar exemplo, a exercer como defensora da cultura, que é o mesmo que dinamizar o uso do galego predicando coa propia experiencia. Non vale a excusa de que o castelán é unha lingua tan oficial coma o galego. No mandato anterior, o alcalde era delegado de normalización lingüística; usaba o galego daquela maneira, unhas veces si e outras non. Así como deixou de desempeñar esa función, xa volveu ser plenamente castelán-falante. Ata o punto de que, neste pleno de febreiro dixo en varias ocasións: “Bloque Nacionalista Gallego”. Os seus colegas do Bng non lle pediron corrección ningunha.
Para ir zanxando o debate, Beatriz Rodríguez expuxo que na segunda mesa de negociación houbera “boa vontade” para chegar a un acordo que non se acadou finalmente, e acusou o Bng e o Psoe de que “en vez de facilitar o funcionamento das cousas, queren todo o contrario e xerar confusión”.
Por último, a alcaldesa sinalou que non había inconvinte en sustituir o nome e apelidos do funcionario alegante pola súa calidade como representante do sindicato.
Primeiro votouse a proposta do Bng de que este tema quedara sobre a mesa: Mar-In abstívose, Psoe e Bng votaron a favor, o PP votou en contra. En segundo lugar votouse o dictame da comisión informativa, que quedou aprobado cos votos a favor do PP e Mar-In, fronte ao Psoe que votou en contra e o Bng que se abstivo.
Publicado en Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Cultura, Política
‘MONTE PITUCO’ ALEGA CONTRA O PARQUE EÓLICO DE PEDRAS NEGRAS: PARALELISMOS DUNHA DESFEITA
AFECCCIONES Ó MEDIO. As liña violetas son APERTURA DE NOVAS VÍAS ( mais de 17km!!), o rectangulo verde e UN EDIFICIO de SUBESTACIÓN ELÉCTRICA, os azuis EDIFICIOS DE INSTALACIONS, e o conxunto un XIGANTESCO CIRCUITO ELECTROMAGNÉTICO, pasando pegado o dolmen de Chandarquiña , por encima do Río da Fraga e moi preto do nacemento dos pricipais Ríos da comarca. A vía que percorre o parque ten que estar deseñada para que un TRAILER DE MAXIMAS DIMENSIONS chegue cargado a todolos puntos; esto é: pendentes, radios de xiro, ancho de rúa….esto ten un nome URBANIZAR O MONTE! [Fonte: Morrazo 20 20]
DEFENDE O MONTE PITUCO sumouse a varios colectivos sociais -como a Plataforma Montes do Morrazo, Luita Verde, Colectivo Nacionalista de Marín, Movemento Veciñal polos Bens Comúns, Queremos Galego Marín ou Parapente Morrazo, entre outros- e persoas que, a título individual, presentaron alegacións contra o proxecto do parque eólico de Pedras Negras, que lles afecta aos concellos de Marín, Moaña e Vilaboa. De feito, existen moitos paralelismos nos motivos para rexeitar tanto a instalación deste parque eólico como para opoñerse ao proxecto de construcción do polígono industrial que proxecta o PXOM marinense no Monte Pituco: a afección aos mananciais, á fauna e á flora autóctona, ao patrimonio arqueolóxico, ou o impacto visual nunha zona de alto interese turístico e paisaxístico, sen esquecer que o Pituco, ao igual que Pedras Negras, están integrados nos Montes do Morrazo, inscrito no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia e catalogado desde 1990 como chan rústico de especial protección de espazos naturais polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra.
Como din as alegacións presentadas ante a Consellería de Economía e Industria en relación ao proxecto do parque eólico, “habería que avaliar moi polo miúdo se a produción eléctrica destes aeroxeradores neste lugar contrarresta o altísimo impacto paisaxístico que producen.” Do mesmo xeito, habería que avaliar se a produción económica das empresas que chegaran a instalarse no Monte Pituco contrarrestaría o altísimo impacto paisaxístico que ían producir nesta ubicación”.
En base ao dano irreversible que se lle causaría ao Monte Pituco pola súa catalogación como espazo natural, e á alteración tan agresiva que sufriría para corrixir a forte pendente do terreo, este colectivo veciñal considera que o PXOM debería ter respectado a súa catalogación como solo rústico de especial protección, onde están explícitamente prohibidos os usos industriais. Non en van, o Informe de Sostibilidade Ambiental, xa recollía que esta zona tiña unha capacidade limitante absoluta para usos industriais e residenciais.
PARROQUIAS AFECTADAS: MOAÑA _ 2 en Meira (Sta. Eulalia) _ 9 en Domaio (S. Pedro) VILABOA _ 2 San Adrian de Cobres (Sto. Adrán) MARÍN _ 2 Sto. Tomé de Piñeiro (San Tomé)
Ao igual que no caso do Monte Pituco onde, de xeito totalmente irracional e contrario o sentido común, primaron os intereses económicos, en Pedras Negras o interese dunha empresa ou empresas, en connivencia coa Xunta, tamén cualificou a zona como “solo rústico de protección ordinaria”, cando a súa verdadeira clasificación debería ter sido “solo rústico de protección de espazos naturais”.
Un dos motivos nos que se basearon as alegacións presentadas ata o día de hoxe, cando remataba o prazo de exposición pública, radica en que o proxecto do parque eólico en Pedras Negras incumpre o Plan Sectorial Eólico de Galicia. Hai entidades que chegaron a reunir ata 40 argumentos en contra desta infraestrutura; o que dá a imaxe da pouca seriedade coa que se plantexan estas iniciativas e a falta de garantías legais, o que obriga a cidadanía a rebelarse, informarse, mobilizarse e actuar colectivamente para frear inxustizas que, con honestidade e rigor por parte po poder económico e político, podíanse evitar. Pola contra, a sociedade ten que estar sempre vixiante; nin sequera os partidos que se supón que deben fiscalizar a acción de goberno son dignos de confianza.
Cómpre, felicitar, por tanto, aos promotores das accións a prol da conservación de Pedras Negras por seren capaces de involucrar a unha parte importante da bisbarra, por organizar roteiros reivindicativos, por conseguir algo tan importante como o apoio dos comuneiros das parroquias de San Adrián de Cobres, Domaio, Meira, Moaña e San Tomé de Piñeiro.
ANALISIS IMPACTO VISUAL. AREAS DONDE É VISIBLE O PARQUE. A imaxe e moi significativa, UNHA FERIDA ABERTA NO CORAZÓN DO MORRAZO E DAS RÍAS BAIXAS [Fonte: Morrazo 20 20].
As comunidades de montes teñen moito que perder con este proxecto eólico. Por desgraza, a comunidade de (des)montes de San Xulián está noutra órbita; na órbita do diñeiro fácil e rápido. A diferenza desta, as comunidades de San Adrián, Domaio, Meira, Moaña e San Tomé non queren renunciar ao que consideran a galiña dos ovos de ouro. Como se expoñía nas alegacións contra o plan eólico, “o proxecto de Pedras Negras vai a supor un cambio da cualificación urbanística dunha parte dos terreos afectados polo parque eólico, que van catalogarse como solo rústico de protección de infraestruturas. Este cambio imposibilitará a realización dalgunhas actividades que ate o de agora eran posibles nestes terreos, polo que cómpre ter en conta o lucro cesante do cambio de cualificación; cuestión esta que non se realiza na información pública do proxecto de parque eólico Pedras Negras”. Isto é actuar con intelixencia; o demais é plegarse aos intereses políticos e económicos.
Ademais, advirten con moi bo criterio que “as actividades gandeiras e forestais contan con grande importancia no terreos afectados pola instalación eólica. Moitos dos terreos afectados polo parque eólico forman parte de subvencións relacionadas coa actividade gandeiras, forestais e iniciativas dinamizadoras como por exemplo as axudas da Política Agraria Común (PAC)”. Se prospera o parque eólico, deixarán de ter posibilidades de optar a esas valiosas axudas comunitarias para impulsar proxectos de dinamización do medio rural.
Lamentablemente, este tipo de estratexias son ciencia ficción nunha comunidade onde o monte está a monte: nin se aplica un plan de xestión forestal, nin se realizan traballos de limpeza, nin se pon en valor o patrimonio histórico e etnográfico, nin se fai acondicionamento de pistas, nin hai convenios de colaboración con institucións académicas do ámbito universitarios para potenciar a investigación e a formación de profesionais como fan noutras comunidades veciñas, nin se interactúa con colectivos sociais de defensa da natureza, nin de actividades de lecer ao aire libre, como sendeirismo… Nin nada de nada que teña un mínimo nivel cultural, social, intelectual. A única (in)cultura asociada ao monte é a proliferación de vertedoiros incontrolados pola nula vixiancia, o descoido na conservación dos xacementos arqueolóxicos, o descontrol do gando mostrenco, a permisividade con prácticas motorísticas irregulares fóra das pistas forestais autorizadas, o negocio lucrativo coa práctica do fútbol nun campo que semella unha finca particular…
DATOS XERAIS, DIMENSIONS E SUPERFICIES DA INSTALACIÓN DO PARQUE EÓLICO NO ESPACIO NATURAL MONTES DO MORRAZO [Fonte: Morrazo 20 20]
“A instalación do parque eólico afectaría a prevalencia dos usos tradicionais forestais, agrogandeiros, silvopastorís e, xa que logo, o patrimonio social, económico, cultural e ecolóxico do monte mancomunado das parroquias de San Adrián de Cobres, Domaio, Meira, Moaña e Santo Tomé de Piñeiro. A grande envergadura dos aeroxeradores e as súas pás farían imposíbeis as repoboacións forestais con especies arbóreas na liña onde estiveran situados para poder obter o vento. (…) Non existe un estudo económico realista nin existe unha valoración do lucro cesante que a implantación do parque eólico suporía para as distintas comunidades de montes e propietarios particulares. Non se ten en conta que a actividade forestal, agrícola ou gandeira, xunto co custe de oportunidade para o sector turístico, pode aportar uns beneficios económicos maiores. Beneficios económicos e tamén ambientais, estes últimos non cuantificados”.
As alegacións dos colectivos contrarios ao parque eólico teñen claro que non existe ningunha actividade que, xustificadamente, deba primar sobre “os valores e o interese social e público do monte veciñal en man común”; por iso demandan a súa prevalencia, baseándose no disposto na lei 13/1989 que regula os montes veciñais.
Os afectados polo parque eólico de Pedras Negras tamén poñen de manifesto nas súas reclamacións “a existencia de augas veciñais na contorna do proxecto de parque eólico, polo que habería que considerar os posíbeis impactos nos recursos hídricos e respectar a protección de concas que determina o Plan Sectorial Eólico de Galiza”.
Tamén no Monte Pituco temos localizados os mananciais subterráneos que, dende tempo inmemorial fornecen os veciños das vivendas próximas, e as leiras de regadío. O movemento de terras e as excavacións que lle afectarían aos nacementos e os cursos dos ríos Miñouva, Libón, Río dos Ladróns, os afluentes do Río Maior, Rego da Maceira e Neibó, así como ás brañas de Corno Peneda e Monte Sobreira, no proxecto de Pedras Negras, tamén serían motivo de contaminación e estrago dos acuíferos do Monte Pituco e do seu contorno. En DEFENDE O MONTE PITUCO non estamos dispostos a renunciar a ese legado.
Tamén reivindicamos a calidade de vida da que gozamos, e que xa se veu en parte alterada polo trazado da Variante de Marín. Pero a veciñanza non está disposta a sacrificar o seu dereito a unha vida relativamente afastada das aglomeracións de tráfico propias das zonas urbanas, do tránsito de vehículos pesados, da emisión de gases contaminantes que procederían as hipotéticas empresas que aspiraran a instalarse no Monte Pituco. E, dende logo, é absolutamente inasumible aturar verquidos nas correntes de auga, como acontece noutros polígonos que nos rodean.
Neste sentido, as alegacións contra o parque eólico tamén alertan contra os posibles impactos da contaminación electromagnética, de como incidiría na saúde da poboación que reside preto do parque; dos efectos do chamado “efecto discoteca” que se produciría ao reflectirse a luz do sol nas pás en movemento dos aeroxeneradores.
Outro apartado relevante das alegacións contra o parque eólico de Pedras Negras ten que ver coa máis que razoable incompatibilidade desa infraestrutura cos intereses turísticos dos concellos afectados, situados entre as rías de Pontevedra e de Vigo. No estudo de impacto e integración paisaxística, indícase que “o sector turístico ten un peso económico moi destacado e, dentro deste sector, o turismo de verán e praia é o dominante”. Así, hai actividades que se apoian no potencial turístico destes municipios: a práctica do parapente a través do Clube Parapente Morrazo, ou o sendeirismo. “É preciso, polo tanto, realizar medidas de análise deste impacto e deseñar medidas correctoras que sirvan para paliar os posíbeis impactos e a compatibilidade ou non da instalación eólica con estas actividades turísticas de tanta importancia na economía da Comarca do Morrazo”, expoñen as alegacións contra o proxecto de Pedras Negras.
No Monte Pituco non somos alleos ao efecto negativo que tería a instalación dun polígono industrial en plena fachada da ría, afectando directamente un espazo de interese arqueolóxico que podería recibir moitas visitas se estivera minimamente acondicionado como están outros espazos de características similares: os xacementos arqueolóxicos da Caeira en Poio, o parque arqueolóxico de Tourón en Ponte Caldelas, ou os gravados rupestres de Mogor no propio Marín. Co aliciente de que arredor do Monte Pituco existen outros xacementos que, integrados nun roteiro conxunto, conforman un proxecto xa deseñado, o Espazo Natural e Arqueolóxicos dos Sete Camiños, que levamos anos reivindicando a través de publicacións, roteiros, e un documental.
Ao igual que en Pedras Negras, no Monte Pituco existen especies de interese ecolóxico, como a Chioglossa lusitanica, catalogada como “vulnerable”. Existen informes da Consellería de Medio Rural que resaltan a importancia dos Montes do Morrazo; no caso de Pedras Negras, ese espazo ten valores engadidos, como turbeiras e brañas, que se suman á relación directa desa zona co Lugar de Interese Comunitario da Enseada de San Simón.
Tamén cómpre fixarse na riqueza do patrimonio arqueolóxico: a ampliación das pistas existentes, a apertura de novos viais para o paso da maquinaria, a apertura de gabias para a instalación do cableado… todas esas actuacións causarían un impacto terrible nas áreas de protección das mámoas de Fonteseca e Chan de Lagucheiros, od petróglifo de Outeiro do Gorgullo, da área de protección da mámoa de Chan de Arquiña, declarada Ben de Interese Cultural, do proxecto de posta en valor e divulgación cultural e ambiental da rota das mámoas do Morrazo. “No catálogo de xacementos arqueolóxicos faise unha infravaloración de todos os eles resaltando o seu mal estado de conservación cunha intencionalidade clara de infravalorar o noso patrimonio artístico”, precisan as alegacións contra o parque eólico.
FOTOMONTAXE PARQUE EOLICO DO MORRAZO. CAMPO DE GOLF DOMAIO (esquerda) E ENSENADA DE SAN SIMÓN (dereita). O chan de Pedras Negras en DOMAIO é un destes maravillosos espacios “ALTIPLANOS”, que existen no entorno das CIMAS; que son as fronteiras entre os Concellos, no ESPACIO NATURAL MONTES DO MORRAZO. O parque ocupa unha zona moito mais ampla, extendendose pola liña do perfil mais elevado do monte, ocupando o “SKY LINE”, e FACENDOSE VISIBLE DENDE PRACTICAMENTE TODO O MORRAZO, VIGO, PONTEVEDRA, RÍAS BAIXAS….EVIDENTE A VARIOS KILOMETROS DE DISTANCIA [Fonte: Morrazo 20 20]
Da mesma maneira, os petróglifos do Pornedo, dos Sete Camiños, da Carrasca… catalogados como Bens de Interese Cultural, resultarán afectados polo proxecto do polígono industrial do Pituco. Non hai garantías de que se respecten as áreas de protección; semella que o parque empresarial fora metido a presión entre os petroglifos, que de ningunha maneira preservarían o seu valor e o seu interese rodeados de asfalto e de moles de formigón.
“Unha forma de poñer en valor todo este patrimonio é creación dun parque temático cos xacementos arqueolóxicos da zona e do resto dos montes do Morrazo, o que tería un potencial histórico-cultural e económico mais importante que o parque eólico. Esta actuación permitiría ademais continuar coa explotación agro-forestal da zona”, precisan as alegacións contra o parque eólico. Da mesma maneira, DEFENDE O MONTE PITUCO vén reivindicando como alternativa a posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, abarcando territorios dos concellos limítrofes de Pontevedra e Vilaboa, creando unha área de esparcemento para a cidadanía que combine natureza, paisaxe, historia e cultura; de fácil mantemento e perfectamente compatible coa explotación sustentable do monte por parte das comunidades, que resultarían claramente beneficiadas tirando aproveitando da multifuncionalidade do monte.
Por se fora pouco, o parque eólico de Pedras Negras , que prevé a instalación de 4 muíños na zona de Marín (lugares de Miñán, Pastoriza, Allariz e Troncosa), existe unha “área de reserva eólica do Morrazo”, que propón 7 ubicacións alternativas e formarían parte dunha hipotética ampliación do parque: 1 aeroxenerador no Alto da Encavada, 2 no Alto de Castiñeiras, 1 na Chan de Castiñeiras, 1 en Cotorredondo e 2 no Monte de San Lourenzo.
De ser así, a comunidade de montes de San Xulián resultaría afectada, xunto coa de Santa María de Ardán. “A apertura e ampliación de pistas nas zonas alternativas ou futuras afectarían a área de protección de varias mámoas en Chan de Castiñeiras e de Outeiro de Ombra e toda a contorna da área de lecer da lagoa de Castiñeiras”, advirten as alegacións. Numerosos núcleos de poboación da parroquia de San Xián resultarían afectados polo impacto visual e acústico dos aeroxeneradores previstos nesa suposta área de ampliación: A Bouza, A Grela, Igrexario, A Roza, Macenlle, Pardavila e Rúa Nova, así como Pastoriza en Ardán, e O Pereiro, Silvestre e Cadrelo na parroquia de San Tomé.
Tamén dende o Monte Pituco se verían os muíños, posto que o Alto da Encavada queda xusto por riba do Monte Pituco. E que dixo a este respecto a comunidade de montes de San Xulián? N-A-D-A.
Se o proxecto de Pedras Negras quedaría a menos de 2 quilómetros de diversos núcleos de poboación dos concellos de Marín, Moaña e Vilaboa, razón pola que se pide a súa inviabilidade; o polígono industrial do Monte Pituco quedaría a moita menos distancia dos núcleos da Pena e do Caeiro, por non falar da desfeita natural nun espazo protexido e do impacto visual, do despilfarro económico que suporía acondicionar un terreo que non reúne unhas condicións orográficas favorables para unha urbanización dese tipo. Sería un despropósito e calquera organización ou institución que a apoiara sería cómplice.
Por iso resulta incomprensible a actitude de partidos políticos que, como o Psoe e o Bng, amosaron publicamente o seu rexeitamento ao proxecto de Pedras Negras e, sen embargo, son arte e parte na condena firme e implacable contra o Monte Pituco na súa pretensión de instalarlle un polígono industrial tan alegal como o parque eólico nos Montes do Morrazo.
Publicado en Accións, Denuncias, Xeral | Etiquetas: Colectivos sociais, Medio ambiente, Monte veciñal, O Morrazo, Xunta
LEGALIZA, QUE ALGO QUEDA
Publicado en Alertas, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: PXOM Marín, Urbanismo
PLENO DE XANEIRO (e V)
Na recta final do que deparou o tempo de rogos e preguntas no pleno de xaneiro, Pilar Blanco pediulle á alcaldesa que entregara as contestacións ás preguntas da oposición ao principio da sesión. Logo empezou a enumerar una ristra de proxectos que contaban con informe desfavorable de intervención e foi preguntando un por un, dun xeito repetitivo e cansino, se a alcaldesa ou alguén do grupo de goberno podía dar explicacións sobre o reparo. Volveu recordar a petición de que se pavimentaran os camiños de Arealonga e Casal. Criticou a obra de remodelación do aparcadoiro a carón da Escola Naval, salientando que, polo importe da obra, cada praza de aparcamento saía a 8.000 euros. Preguntou cando se construiría o centro de saúde. Pediu a reparación do vial que pasa pola Canteira da Laxe, “chea de baches”. E lembroulle que “non entregou a acta da policía local” sobre a queima de expedentes urbanísticos.
Tamén se queixou de que o recibo da auga “disparouse de prezo”. E ao sacar a colación este tema, saíron á palestra dúas veciñas que estaban entre o público: “O doble ou triple”, exclamou unha delas.
Sobre a entrega das respostas, María Ramallo contestoulle que o reglamento non marcaba ningunha directriz, polo que seguiría o seu propio criterio, repartíndoas ao final do pleno. En canto aos reparos de intervención, invitou a Pilar Blanco a consultar os expedentes e ler os informes: “Algúns que nomeou son os mesmos reparos que se poñían cando vostede gobernaba”, espetoulle a alcaldesa á extenente alcalde, aínda que lle recoñeceu que “hai moito que mellorar”. Sobre os camiños pendentes de pavimentación, explicou que será despois de levantar un muro no lugar do Casal. María Ramallo xustificou o investimento na remodelación do aparcamento en base a que a zona estaba “moi deteriorada” e afirmou que tralas obras gañáranse prazas de aparcamento nun terreo que é titularidade da Autoridade Portuaria.
A alcaldesa estaba aínda coa palabra na boca cando as veciñas molestas co recibo da auga volveron erguer a voz para preguntar “que pasa co da auga”, ao que María Ramallo pediulle que lles deixase seguir co pleno. A veciña reaccionou con máis ímpetu e botoulle en cara que lles pasaría “aos que non temos cartos para pagar, cortádesnos a auga?”. As mulleres abandonaron a sala antes de que intervira o axente da policía local, entre berros de “sinvergoñas e engañadores”.
Pola súa parte, Isabel Martínez Epifanio, da que xa se comentou a súa intervención sobre o tema do chan industrial e o porto, expresou a súa preocupación polos roubos recentes no colexio do Carballal e preguntou por que non se convocara a Xunta Local de Seguridade. Tamén preguntou polas medidas de seguridade na Cabalgata de Reis, nas que se produciu una incidencia. E polo expediente sancionador ao Bng por pegar carteis nas farolas, ao que engadiu que Mar-In denunciara que a Deputación colgara das farolas una publicidade sobre unha campaña de termalismo, ademais dos cartaces do PP e do Bng que aínda quedaban polo rural.
María Ramallo respondeu que na supervisión da Cabalgata participaran a Comisión de festas, Protección Civil e a Policía local; que se convocaría una Xunta Local de Seguridade proximamente; e que, efectivamente, abríraselle un expediente ao Bng por incumprir a normativa que regula a ocupación de espazos públicos, pero que se había fotos que demostraran que a Deputación vulneraba o regulamento, tamén se lle sancionaría.
Publicado en Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Política
PLENO DE XANEIRO (IV): DOS DESAFIUZAMENTOS ÁS PREFERENTES
O PP introduciu unha moción urxente sobre a situación dos afectados polas participacións preferentes e obrigas subordinadas de Novagalicia Banco. María Ramallo pediu o apoio da oposición ao documento, no que se lles transmite “comprensión e solidariedade” aos afectados. A moción aposta apostaba pola arbitraxe de consumo como vía para que os perxudicados puideran recuperar os seus aforros, sen quitas. “Que o Ministerio de Economía interceda ante as autoridades para que non se produzan e, se as hai, que sexan as menores posibles e a través de canxes”, matizaba o texto.
Dende o grupo socialista, Carmen Villanueva demandou que a moción inste explícitamente á Xunta, xa que é o Goberno autonómico o que ten a competencia exclusiva no ámbito da arbitraxe de consumo. Ademais, “que a quita sexa cero”. E queixouse de que antes de presentar a moción, o PP tiña que ter contactado cos voceiros dos grupos da oposición, que se enteiraran “pola prensa”.
Pola súa parte, Xosé María Vilaboa anunciou que o Bng ía absterse na votación, se ben o seu partido tamén rexeitaba as quitas e reclamaba a devolución do 100% dos cartos. “A moción está ben, pero para quedar ben”, criticou Vilaboa, que non confía na arbitraxe, senón nunha “solución política” a esta problemática. “Hai xente que se acolleu á arbitraxe en febreiro, agosto, e aínda non cobraron, e outros que presentaron a reclamación despois, xa cobraron”, criticou o voceiro nacionalista. “No que estamos de acordo é que isto é un roubo, pero a solución non chega”.En todo caso, para condicionar o seu apoio á moción, o Bng propuxo a modificación do texto da moción: “…para que a través do FROP se devolvan os cartos e se rexeite calquera tipo de quita”.
En canto a Mar-In, Isabel Martínez tamén protestou porque o PP “enviou onte o texto da moción á prensa e hoxe rexistrárona”. A edil independente acusou a María Ramallo de ser “populista” e deixou constar que “antes das eleccións había overbooking de arbitraxes e logo parouse”. Para Isabe Martínez, a moción do grupo de Goberno era “pouco contundente” porque o texto recollía expresións como “sería desexable”. Dende o seu punto de vista, a moción tiña que quedar “sobre a mesa” para que os grupos municipais puideran consensuala.
María Ramallo replicou que non había “ningún problema en incluir os puntos que queren”, tanto no que respectaba en instar á xunta, como en plantexar a eliminación das quitas. “Esta moción se leyó en la Diputación con más de 30 alcaldes y todos estuvieron de acuerdo”, explicou Ramallo, insistindo en que nin era populista nin quería “politizar nin o máis mínimo”, pero que “algo habería que recoñecerlle á Xunta”. Nese sentido, negou que os laudos estiveran “parados”, senón que “vanse tramitando segundo chega a conformidade do banco”. No caso de Marín, sinalou que había máis de 600 solicitudes de arbitraxe e recoñeceu que a problemática está nun “momento crítico”, polo que “o importante é chegarmos a un acordo unánime”, concluiu.
Finalmente, introducíronse os cambios, a alcaldesa volveu darlle lectura e foi aprobada por unanimidade.
A continuación, o BNG presentou outra moción urxente para pedir o arranxo do cruceiro da Pardavila, que resultou danado en 2011 a consecuencia do impacto dun vehículo. Trátase dunha “importante peza do patrimonio local”, afirmaron os nacionalistas, que acusaron o PP de “non darlle importancia á restauración” deste cruceiro. Como se o Bng se caracterizara pola súa denodada defensa en prol da protección do patrimonio: os petroglifos de Pornedo e Sete Camiños -afectados directamente polo proxecto do polígono industrial- non recibiron nin un céntimo do estirado orzamento do anterior bipartito municipal para limparlle os fentos arredor, nin para trazar un perímetro de seguridade ao estar xusto a carón dun camiño transitado mesmo por vehículos motorizados, nin para unha sinxela sinalización. Como dixo o propio Vilaboa na moción anterior: “hai mocións que están ben, pero para iso, para quedar ben”.
Manuel Santos Costa explicou que o Concello tardara en contratar un técnico, unha circunstancia que atribuiu á “lentitude dos organismos”, e puxo como exemplo os 4 anos que tardaron en restaurar un cruceiro en Campañó. “O importante é que se vai arranxar”, concluiu.
A moción aprobouse por unanimidade.
Seguiu Pilar Blanco para pedirlle á alcaldesa “que nos entregue as respostas das preguntas do pleno anterior”, ao que María Ramallo lle contestou que “en ano e medio levamos contestadas máis preguntas que vostede”.
Francisco Veiga encadeou varias preguntas: Que vai facer o concelleiro de Urbanismo, se se pediran responsabilidades ao técnico sobre a licencia na Brea; a moción do Psoe sobre a modificación da Lei de Costas, se estaban “fóra de tempo”; e cando se ían “xubilar os orzamentos do 2008 “que lle serviran para tanto” ao PP no ano e medio que levaba gobernando.
María Ramallo contestou que non se lle pedira ningunha responsabilidade ao técnico municipal en cuestión; que habería unha reunión con técnicos de Costas; e que se estaba traballando no “ansiado” orzamento.
Francisco Veiga tamén preguntara sobre as xestións de Marín en relación coas ofertas dos concellos de Ponte Caldelas, Barro, Pontevedra e Vilaboa sobre o chan industrial asociado ao porto. María Ramallo respondeu que lle contestaría por escrito. Este tema xa se plasmou nun artigo anterior titulado “PLENO DE XANEIRO (I): PORTO E CHAN INDUSTRIAL“.
Publicado en Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Política, Veciñ@s
PLENO DE XANEIRO (III)
Estamos na conta atrás para a celebración do novo Pleno ordinario, e nós con estes pelos, sen ter repasado a maior parte do que deu de si a longa sesión de xaneiro. Non tan longa, malia todo, como as case 6 horas que durou o pleno de decembro de 2012, que ata a alcaldesa no inicio tivo que excusarse porque a acta -ao cadrar coas vacacións de Nadal- non estaba rematada.
O primeiro punto da orde do día foi unha moción urxente do BNG sobre os desafiuzamentos. Pilar Blanco comezou a súa intervención queixándose de que, a diferenza dos demais partidos, o PP votara en contra da proposta na Comisión de Urbanismo e Facenda. A voceira nacionalista expuxo datos sobre a crecente afección desta problemática, que de xaneiro a xuño de 2012 aumentou un 15%, e demandoulle ao PP “que deixe de poñer panos quentes” e defenda a modificación da Lei Hipotecaria.
Criticou tamén que a pesar de que o ano pasado todos votaran a favor dunha moción semellante, sobre o compromiso de crear unha comisión de seguemento cos afectados, dende entón só se convocara unha reunión, pero sen a participación de ningún técnico nin representante da plataforma de damnificados. O grupo municipal do BNG propuxo a aplicación de medidas a nivel municipal, como a eliminación do imposto de plusvalías, a revisión dos protocolos de atención social e -velaí a nai do año– que o asesor xurídico da alcaldía atenda os afectados. “Isto non ten que se un problema para o Goberno local”, engadiu Pilar Blanco, que se reservou “para a segunda parte do debate” outra batería de argumentos.
María Ramallo ía cederlle a continuación o turno de palabra ao socialista Francisco Veiga que, sorprendentemente, non quixo seguir a orde habitual no debate das mocións. Manifestou o seu desexo de intervir, pero despois do PP. “Non é ese o criterio”, contestoulle María Ramallo con certa resignación, intuíndo que a estratexia de Veiga ía consistir unicamente en atacar a réplica do grupo de Goberno. Se o ex-alcalde actúa así é, sen dúbida, porque o seu propio discurso é tan feble e tan pouco consistente, que soamente intervindo a posteriori é capaz de acadar un plus de efectismo. Trátase dunha manobra que evidencia a inseguridade do Psoe á hora de expoñer os seus plantexamentos, porque reservándose por capricho a intervención en último lugar, por diante de Mar-In, adquire vantaxe dialéctica ao poder atacar directamente o discurso do PP. En calquera caso, como o tenente alcalde Santos Costa tampouco se caracteriza polo seu pico de ouro, precisamente, o empeño de Veiga por ir despois do PP é ante todo e sobre todo unha inmensa ridiculez. Pero alá el.
Santos Costa, en definitiva, explicou que o PP está de acordo en todo o que plantexaba a plataforma, pero que discrepaba do BNG -que sempre tiña que dar a nota, ou algo así dixo- no último punto da moción, referente ao asesor xurídico. “Non é viable”, dixo o concelleiro popular, argumentando que o asesor da alcaldía “non está contratado para defender intereses particulares”. Así, o apoio do PP á moción dependía de que o BNG retirara ese punto; e se non, aínda que o PP votara en contra da moción, a plataforma podía contar co apoio dos populares.
Despois de Santos Costa tocáballe a Francisco Veiga: canta expectación por saber o que ía contar. Emoción, intriga, dor de barriga. Que datos reveladores aportaría, que sesuda contra-réplica ás palabras do voceiro do PP. Total, para nada: leña verde, todo é fume.
Na súa intervención dixo que o Psoe estaba de acordo cos 11 puntos da moción do Bng. “E se houbera 23, pois 23”, engadiu. Como se foran 368. A Veiga e ao Psoe todo lle vale; xa todos sabemos que é un grupo municipal que non ten por costume cuestionarse as cousas, por moitos motivos que poida haber. Pero Veiga&cía, ao seu, sempre para adiante como os de Alacante. E como para mostra, un botón, velaí o proxecto do polígono no Monte Pituco.
Veiga reprochou a falta de sensibilidade do PP coa Plataforma de afectados polos desafiuzamentos. Como se el fora un exemplo de sensibilidade cos veciños do Monte Pituco, que gastamos máis dunha ducia de escritos pedíndolle unha simple entrevista que nunca endexamais aceptou convocar.
Para o voceiro socialista non debería haber ningún inconvinte na implicación da asesoría xurídica da alcaldía en prol da busca de solucións a estes problemas, por tratarse “dun tema de suficiente calado”. A fin de contas, recordou Veiga con xesto serio e afectado, hai 500.000 familias afectadas en toda España e algúns dos perxudicados polos desafiuzamentos xa perderan a vida ao atravesar por unha situación tan desesperada.
E non está de máis facer politiqueo barato da dor allea? Acaso non lemos a prensa a cotío, non vemos as noticias na televisión, non escoitamos a radio, non estamos abondo enteirados de tanto drama para que Francisco Veiga veña meter o dedo na chaga?
…Veiga seguía ao seu, acusando o PP de non ter feito nada máis que acollerse a un decreto de boas prácticas “que non serve para nada, só para quedar ben diante da opinión pública para botar balóns fóra”. E pechou a súa actuación estelar pedindo o apoio para a moción do Bng e medidas concretas para solucionar o problema porque “dende o Concello podemos e debemos”. Yes, we can, Veiga, ouh-yeah!
A primeira tanda de intervencións pechouna a voceira de Mar-In, que calificou de “insuficientes e inxustas” as medidas do Goberno ante os desafiuzamentos. Para Isabel Martínez Epifanio, os argumentos de Santos Costa para rexeitar a moción do Bng son “excusas”, porque o contrato do asesor da alcaldía “é para tratar os pleitos e tamén para asesoría da alcaldía”, polo que a alcaldesa actuaría como “intermediaria” no tratamento deses casos. Para Mar-In a actitude do PP evidencia o seu “desinterese” ante un problema que leva meses sen solución e sen convocar as reunións comprometidas. “Que problema hai en introducir unha partida para axudar as familias, en que a Policía Local non vaia comunicar ordes de desafiuzamento, habendo Policía Nacional”, explicou Martínez Epifanio.
Para rematar, queixouse de que a moción estaba “sen informar” e, á vista de que o PP non ía apoiala, “xa non a someten ao informe dos técnicos, e agora como hai público e afectados, din que o PP apoia a plataforma”. “E queda como dios“, exclamou un dos asistentes ao pleno.
Volveu á carga Pilar Blanco, que lle buscou un novo enfoque ao seu discurso. Apelando primeiro á presenza no Pleno dos representantes da plataforma do Morrazo, e reprochándolle ao Goberno local que “dende abril non se molestou en convocar a comisión nin en falar cos afectados”, despois centrouse en intentar bombardear o polémico contrato do asesor. A voceira do Bng comparou o posicionamento do PP de Marín co PP de Moaña, “onde tamén se presentou a moción e foi aprobada por todos os grupos”, abundando en que, ademais, “non todos os concellos teñen asesoría”. Pilar Blanco cargou as tintas afirmando que o Goberno local “non quere recoñecer que o contrato do asesor é para a alcaldesa, á que asesora telefonicamente, en conversas privadas e públicas, e na elaboración de dictames”.
Tamén puxo como exemplo o concello de Pontevedra, onde existe un convenio co Colexio de Avogados que “recibe consultas de veciños afectados de Marín”, denunciou Pilar Blanco, mentres a alcaldesa sostén que “non hai afectados de Marín”.
Manuel Santos volveuse reiterar no dito na súa primeira intervención: “Reconocemos que es un problema real y duro y, no porque haya público, en el acta queda reflejado que estamos a favor de los 10 puntos. No somos insensibles y la plataforma tiene nuestro total apoyo”, concluiu o concelleiro do PP.
Máis do mesmo tamén por parte de Francisco Veiga. Isabel Martínez Epifanio volveu pedirlle ao PP que apoie a moción porque “o único que nos toca como concello é o punto 11 e o resto supón mandar escritos”. Así, volveu cuestionar que o grupo de Goberno estivera comprometido nesta causa porque “se estiveran preocupados, pedirían o informe e apoiarían a moción”.
Pola súa parte, María Ramallo explicou que recibira a un grupo de afectados e que dende o Concello déraselle publicidade á Plataforma; que efectivamente houbera unha reunión na que se tratara o caso dunha afectada de Marín, que se fixeran xestións cos servizos sociais e coa dirección do banco. “Hai casos que se poden defender e outros que non”, matizou a alcaldesa, que pediu que “non se faga política con estes temas”. Ramallo intentou sacudirse das acusacións da oposición argumentando que “hai xente con problemas que non quere someterse á comisión” e, en canto ao asesor, deu o debate por perdido: “Non os vou convencer”. Segundo a alcaldesa, o asesor xa se ocupa de máis de 50 pleitos relacionados co Concello e, así como “non habería problema en atender a xente” afectada polos desafiuzamentos, María Ramallo rexeitou que o asesor tivera que ocuparse dos pleitos que se derivaran deses casos.
Como ponente da moción, Pilar Blanco pechou a ronda de intervencións destacando que o Bng presentara a moción “a petición da plataforma, será porque non lle vale o que vostede fai”, dixo, en alusión a María Ramallo, á que acusou de “incumplir o que aproba porque aproba de cara á galería”. A voceira do Bng tamén cuestionou os datos aportados pola alcaldesa, gabándose de ter información “por outro lado”. Sobre o convenio co Colexio de Avogados, así como a alcaldesa dixera que o Concello de Pontevedra tamén tiña asesoría xurídica, Pilar Blanco replicoulle que ese convenio ofertárallo a entidade colexial “a todos os concellos da provincia”.
Para botarlle en cara que o PP non apoiaba a moción, volveu á carga co tema do asesor, esixindo que “ten que dar conta da súa actividade aos cidadáns que pagan” esa adxudicación de 70.000 euros por 3 anos con dereito a prórroga. Pilar Blanco volveu reclamar que o asesor da alcaldía lle preste os seus servizos aos afectados polos desafiuzamentos que “malamente poden pagar un avogado” e recomendoulle ao PP “que busque no diccionario a palabra sensibilidade”.
E que tal se o Bng busca no diccionario a palabra demagoxia? Velaquí a definición da Real Academia Galega: “Política baseada en agradar ao pobo satisfacendo as súas aspiracións e intereses e fomentando as súas paixóns para manexalo mellor “. Unha cousa non quita a outra…
Na votación gañou a maioría do PP.
O seguinte punto na orde do día, sobre a recuperación do campo de fútbol de San Xulián, xa se tratou no artigo titulado PLENO DE XANEIRO (II): A TITULARIDADE DO CAMPO DE FÚTBOL DE SAN XULIÁN.
Publicado en Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Política, Veciñ@s
A RIQUEZA NATURAL DO MONTE, GARANTÍA DE FUTURO LABORAL
“El monte, un nuevo nicho de empleo“, reportaxe de Marcos Gago (La Voz de Galicia, 3 de febreiro de 2013).
“Yes, we can! ¡Sí, podemos!“, artigo de Enrique Valero, director da Escola de Enxeñeiros Forestais de Pontevedra.
“Ahora mismo de lo que estoy viviendo es de este trabajo“, reportaxe de Marcos Gago (La Voz de Galicia, 3 de febreiro de 2013).
Mentres unhas comunidades apostan por reforzar o valor do seu monte -limpando de maleza as parcelas para evitar os incendios, reforestando terreos improductivos, poñendo a punto as súas pistas e accesos- outras só presumen de cantos camións de formigón se botaron nunha pista e dos euros que ingresaron ou van ingresar a conta de ceder moitas hectáreas de terreo para liñas de alta tensión, estradas, campos de manobras militares e hipotéticos polígonos industriais.
Non hai emprego na construcción de vivendas nin de infraestruturas públicas; non hai emprego nas empresas do porto nin practicamente en ningunha outra. Fronte a esta difícil situación socioeconómica, hai comunidades de montes que deciden apostar por crear oportunidades laborais no sector forestal, coidando do medio natural que constantemente está xerando recursos -madeira, estrume, froitos silvestres- e do seu patrimonio histórico -turismo cultural, sendeirismo, actividades de lecer-.
Outras simplemente se comportan como axentes inmobiliarios ata descapitalizarse por completo e procuran facer caixa nunha pésima estratexia que só vai conducir a unha conclusión:
…Pan para hoxe e fame para mañá…
“Comuneros de Campo Lameiro ofertan empleo entre sus vecinos” (La Voz de Galicia, 20 de xaneiro de 2013).
“Los comuneros ofertan un empleo más ante la alta demanda vecinal” (La Voz de Galicia, 22 de xaneiro de 2013).
Publicado en Alertas, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Monte veciñal, Prensa
PSOE: …PIDE POR ESA BOQUIÑA
El PSOE pide inversiones para el centro de salud y el polígono de Monte Pituco
Presenta enmiendas dirigidas a defender el empleo y los servicios públicos
F.M. – Marín. El grupo parlamentario socialista presentará enmiendas parciales a los Presupuestos de Galicia para, entre otras cosas, incrementar las partidas destinadas al centro de salud previsto en Marín. Los socialistas demandarán medio millón de euros adicionales para este proyecto, “con el que el Partido Popular lleva cuatro años mareando la perdiz”, manifestó la parlamentaria del PSdeG-PSOE por la comarca de O Morrazo, Carmen Gallego.
Los socialistas también demandarán medio millón de euros más para el plan del polígono industrial de Monte Pituco, cuyo desarrollo es urgente, según afirmó la parlamentaria.
Planta de compost
Entre las enmiendas parciales que presentará el PSOE -una vez que el grupo mayoritario en la Cámara gallega ha desestimado la enmienda a la totalidad de las cuentas- se encuentra también la vieja aspiración de dotar a la comarca de O Morrazo de una planta de compost, que redundaría en una mejora de la actividad económica de la comarca, además de un beneficio para el medio ambiente, según explicaron Carmen Gallego y Francisco Veiga, portavoz del grupo municipal socialista. Proponen una inversión de un millón de euros en este proyecto.
Todas las alegaciones del grupo socialista a los presupuestos de la Xunta tienen como objetivo incentivar las políticas de empleo y blindar los servicios públicos básicos, como la sanidad y la educación, según explicó Gallego. La parlamentaria indicó que las aportaciones que el grupo socialista realiza a las cuentas de la Xunta están enfocadas a luchar contra el paro, una cuestión “a la que renuncia el gobierno de Núñez Feijóo” -criticó Gallego-, buscando aquellas inversiones que inciden en las políticas activas de empleo y los servicios públicos. “Van a crear más paro, más pobreza y más desigualdad social”, denunció la parlamentaria.
Se en máis dun ano Francisco Veiga nunca quixo -por cobarde e por prepotente- recibir os veciños e veciñas de Defende o Monte Pituco para explicar sequera en que consistiría o proxecto do parque empresarial que el axudou a encasquetar inxustamente neste Espazo Natural Protexido, nin tampouco aceptou as reiteradas invitacións deste colectivo para intentar convencelo in situ do craso erro que estaba cometendo ao catalogar como industrial un terreo cunha pendente tan forte, motivo polo cal a propia Autoridade Portuaria hai xa 13 anos que lle advertiu ao Concello que non lle servía esta localización como posible porto seco, que saberá a deputada socialista Carmen Gallego sobre a conveniencia do Monte Pituco para acoller un polígono industrial.
…Que saberá Carmen Gallego, se a súa única fonte de información é un ex-alcalde que non recibe a veciñanza que lle vai a chepa -no sentido metafórico da palabra- con argumentos que non pode rebater, que só se deixa mangonear polos que lle fan a espera despois de cada Pleno para facerlle a rosca. Que saberá Carmen Gallego se ignora por completo a realidade da que fala, baseándose unicamente na aprobación dun Pxom que, no que respecta á catalogación do chan industrial, xogouse nunha timba de cartas entre partidos.
Que se pode esperar dun partido que, despois de pisotear a dignidade e o dereito á información da cidadanía, segue reclamando a construcción “urxente” dun polígono industrial nun monte protexido, nun monte cunha pendente de máis do 15% en máis do 90% da superficie afectada, nun monte con especies de fauna e flora catalogadas de “vulnerables”, nun monte cun patrimonio arqueolóxico clasificado na categoría de Ben de Interese Cultural, nun monte con abundantes acuíferos que abastecen as necesidades da poboación, nun monte cunha localización privilexiada en plena fachada litoral e cunhas vistas marabillosas.
Que se pode esperar dun partido que, despois de todo iso, é capaz de celebrar o día dos humedais cun paseo bucólico polo río Gafos; de fusilar as notas da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo para escenificar o seu rexeitamento ao parque eólico de Pedras Negras; de propoñer a construcción dunha planta de compostaxe no Morrazo “en beneficio do medio ambiente”.
Non se pode ser máis cínico e máis carota. Os verdugos do Monte Pituco, disfrazados de adalides da natureza e da paisaxe.
Publicado en Denuncias, Xeral | Etiquetas: Chan industrial, Política
ONDE DEFENDEN OS MANANCIAIS E O PATRIMONIO QUE OUTROS DESPREZAN
“Só queremos seguir tendo nas nosas casa auga nas mesmas condicións que desde 1977”. Álvaro Novegil, presidente da Comunidade de Augas de Couso-Lérez (Pontevedra).
As obras que acometerá a empresa Acuanorte no marco do proxecto de abastecemento de auga para os concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Vilaboa e Sanxenxo, motivaron o descontento de comunidades de montes e comunidades de augas nas parroquias de Mourente e Lérez, cuxos terreos están afectados. No caso dos veciños de Couso, advirten que o movemento de terras provocaría que as augas resultarían “seriamente contaminadas”. Trátase de mananciais que subministran “de xeito tradicional o uso doméstico e agrícola dos veciños”. En canto a Mourente, están en desacordo cun trazado que consideran “irracional e demoledor” para as parcelas, especialmente no Monte do Castro, onde se proxectou a construcción dun depósito de auga nunha superficie onde existen os restos dun poboado castrexo.
Resulta admirable o interés destes colectivos pola protección do seu patrimonio arqueolóxico e a súa preocupación polos acuíferos tradicionais. Son os mesmos argumentos que temos en DEFENDE O MONTE PITUCO para rexeitar a instalación do polígono industrial: os gravados rupestres catalogados como Bens de Interese Cultural, os mananciais de Fontenla, As Presas, Gogullón do Pino, Sete Camiños, Cachadas, Monte da Serra, e Fontelagoa, entre outros que poida haber sen catalogar.
Pero en DEFENDE O MONTE PITUCO temos máis motivos para rexeitar o polígono: a pendente natural do terreo, a súa clasificación como Espazo Natural Protexido polas Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento no ámbito dos Montes do Morrazo, a presenza de especies vulnerables da fauna e da flora autóctona, o impacto paisaxístico, o perxuízo para a riqueza forestal do contorno, a presenza dunha liña de alta tensión…
Malia todas estas razóns máis que xustificadas, tan só a Asociación de Veciños de San Xulián é capaz de poñer cordura. Só a cobiza, a incultura e os intereses escuros -convintemente disfrazados de prosperidade económica e postos de traballo a esgalla- poden xustificar que outros colectivos da parroquia estean a favor de cometer este expolio, este atentado ambiental e este abuso contra os veciños que defendemos a toda costa o noso dereito a preservar a nosa calidade de vida.
Que sirvan de exemplo os representantes veciñais e dos comuneiros de Couso e de Mourente, para vergoña doutros que unicamente se deixan guiar polo cheiro apestoso dos cartos envelenados de falsas promesas.
Publicado en Denuncias, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Auga, Concello de Pontevedra, Monte veciñal, Patrimonio rupestre, Veciñ@s
…FALANDO DE ACOSO (actualizada)
Faro de Vigo, 18 de novembro de 2009: Suárez recuerda a Marín que la propuesta de MONTE PITUCO fue DESECHADA en 2000. Los técnicos consideran “inviable” un puerto seco ahí por el desnivel del terreno.
Xa perdemos conta das veces que se repetiu neste blogue a imaxe da noticia publicada no Faro de Vigo informando sobre o rexeitamento da Autoridade Portuaria á opción do Monte Pituco como hipotética ubicación para a plataforma loxística que demandan os responsables do Porto ao abeiro das pretensións das empresas máis poderosas radicadas nese recinto.
Que xurdan colectivos a prol do porto, como no seu día xurdiu unha plataforma pro-polígono, é unha decisión que merece respecto, sempre e cando as normas do “xogo” sexan as mesmas para toda a cidadanía, é dicir, conforme á lexislación, como non podía ser doutra maneira. Do contrario, en desigualdade de condicións, a lei que primaría sería a do máis forte en materia económica e/ou política. Mais os tempos dese rodillo implacable, en principio, forman parte do pasado; agora suponse que prevalece o Estado de Dereito, tanto para o que nos beneficia como para o que nos perxudica.
Apelar ao espírito literario de Fuenteovejuna é unha arma de dobre filo cando, en vez de asumir unha responsabilidade política ou administrativa con sentido común, se utiliza unha causa como látigo social. E así é como se chega a facer bandeira do lema “todo vale” con tal de conseguir un obxectivo que, se non se acadou polas boas, intentarase conseguir polas malas.
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Colectivos sociais, Concello de Marín, Porto de Marín, Prensa
POR COHERENCIA
Publicado en Accións, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Prensa, PXOM Marín
RUTA DOS CASTROS DA DEPUTACIÓN
La Voz: “Diecisiete castros narrarán la historia de las Rías Baixas“, por Christian Casares.
La Voz: “Los castros de la provincia se integrarán en una ruta como reclamo turístico“, por Christian Casares.
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Cultura, Deputación, Patrimonio rupestre
ASEMBLEA DA COMUNIDADE DE MONTES: DE ANTIMILITARISTAS A PELOTAS
Faro de Vigo, 25 de xaneiro de 2013.: “Defensa inicia los trámites con los comuneros para obtener la cesión de los terrenos de la Brilat“.
Na asemblea xeral da comunidade de montes de San Xulián do pasado 13 de xaneiro aprobouse “por maioría” concederlle un “permiso” á Brilat para que os altos mandos do acuartelamento lle propoñan ao Ministerio de Defensa o uso dunha parcela de 35-38 hectáreas do monte comunal da parroquia para uso militar. Foi un dos puntos importantes da orde do día; non obstante, despachouse en a penas 4 minutos.
O presidente da comunidade explicou que recibira unha chamada da Brilat porque o xeneral José Antonio Alonso quería reunirse con el e mais cun técnico da comunidade. “Para que a Brilat non marche necesita un pequeno terreo do monte para facer uso del”. Segundo o presidente da comunidade, esta cesión sería “sen perxuízo” da propiedade: “O terreo sería sempre noso, sempre podemos andar por alí, e a madeira sempre é nosa, avisándolles cando queiramos“. A cambio diso, a comunidade recibiría unha compensación económica anual de 25.000-30.000 euros.
“En madeira non os fariamos nin en 15 nin en 20 anos“, engadiu o presidente da comunidade, que precisou que aínda non se produciran contactos con Defensa.
Esas 35-38 hectáreas de San Xulián, máis unhas 15 hectáreas do monte comunal de Vilaboa, e arredor de 40 hectáreas máis de Salcedo, que suman 90 e pico hectáreas, conformarían a superficie que o cuartel lle presentaría ao Ministerio “para que a Brilat non marche de Pontevedra”, insistiu o presidente da comunidade de San Xulián.
“Aí non vai haber construccións, nin casetas, sin vallado, nin haberá tiros, soamente carteis de entrenamento militar, o terreo é noso, non nos perxudica en nada e se hai toxo pódese coller”.
A zona afectada pola posible cesión sería “no alto de todo”, onde non hai ningunha propiedade privada, e por menos de 30 anos, que é “o máximo” prazo para unha explotación dese tipo. En calquera caso, o presidente da comunidade rematou aclarando que “antes de firmar” calquera documento volvería pedir a autorización da asemblea de comuneiros.
E o asunto quedou finiquitado coa aprobación, por maioría, do “permiso”; non sen antes deixar caer que, claro, na Brilat “traballa moita xente” e non vaia ser que marche o cuartel.
En primeiro lugar, que din os estatutos?
No capítulo II sobre o Réxime Xurídico, hai dous artigos que encaixarían nese concepto de cesión:
-Artigo 6º: Os Montes Veciñais en Man Común e a súa “inabienabilidad” [aquí cómpre un inciso porque a palabra inabienabilidad non existe no diccionario; máis ben se referirá á “inalienabilidad”, é dicir, que non se pode enaxenar, que non se lle pode transmitir a alguén o dominio de algo] poderán ser obxecto de cesión temporal, en todo ou en parte, a título oneroso ou gratuito, para obras, instalacións, explotacións de diversa índole, servizos ou outros fins que redunden de modo principal en beneficio directo da comunidade de veciños, de acordo coas maiorías previstas no artigo 18.1 da Lei de Montes do 10-10-89 [onde vai esta Lei de Montes; a máis recente e que procederá consultar é a 7/2012 de 28 de xuño]. A cesión poderá ser por tempo indefinido en favor de calquera das administracións públicas cando sexa destinada a equipamentos en favor da propia Comunidade, en tanto se manteña o fin para o que foi feita a cesión.
-Artigo 8º: 1. A comunidade de veciños propietarios poderá establecer dereitos de superficie con destino a instalacións ou edificacións cun prazo máximo de 30 anos, ou a cultivos agrícolas de 10 anos, pasando a ela, sen ningunha indemnización, ao caducar dito dereito da propiedade de todo o instalado, edificado ou plantado. No caso de aproveitamentos forestais de arboleda, a Comunidade non poderá concertar prazos superiores aos correspondentes a un único turno da especie plantada, nin para outra clase de aproveitamentos que o da tala do arbolado plantado.
2. A constitución deste dereito formalizarase en escrtitura pública, que deberá inscribirse no rexistro da propiedade, será transmisible e susceptible de gravamen, e rexistrarase polo título constitutivo do dereito, pola presente Lei, subsidiariamente, polas normas do Dereito Privado.
Habería que definir primeiramente que tipo de acordo se acada, en que sección do regulamento interno da Comunidade encaixa esa cesión. Porque, dunha banda, o artigo no que se estipulan cesión por un máximo de 30 anos refírese a “instalacións ou edificación”. Se o que dixo o presidente da comunidade de montes é certo, a institución militar non vai construir ningunha instalación nin edificación, nin vai plantar nada. Por outra parte, encaixaría o outro artigo no que se alude a unha cesión “temporal” para servizos que, ao tratarse dunha administración pública -o Ministerio de Defensa- podería acabar sendo “indefinida” se o acordo contempla algún tipo de equipamento.
Como cambian as cousas en pouco máis de tres anos: de manifestarse polo monte, pancarta en ristre, “en defensa dos nosos montes” en plan anti-militarista; a proclamar sen rubor que a Brilat quería levar o monte “pola cara” e que por iso era mellor cobrar pola instalación do polígono industrial; e agora resulta que a comunidade de des-montes actúa como paladín defensor dos intereses da Brilat para evitar o desmantelamento da base de Figueirido. Que este proceso se dea nun espazo de tempo tan curto e, sobre todo, cunha directiva que a penas mudou uns cantos dos seus membros pero que nos dous primeiros cargos son as mesmas persoas, di moito da falta de principios e da incoherencia dun colectivo.
Se por algo se caracteriza a comunidade de des-montes de San Xulián é precisamente por des-capitalizarse do seu principal recurso: a terra e todo o que produce, que non é pouco, por moito que alguén teña interese en subestimar os beneficios nada desprezables que pode xerar unha comunidade de montes ben xestionada. En todo caso, San Xulián caracterízase por perder territorio e por facer caixa con el, entre cesións e expropiacións. Dende que nos anos 80 o monte veciñal de San Xulián foi clasificado cunha extensión de 389 hectáreas, cantas foron xa entre o tendido de alta tensión e diversas infraestruturas viarias? Coa probable cesión á Brilat e mais a superficie para a instalación do polígono que contempla o Pxom, a comunidade de des-montes vai perder outras 100 hectáreas.
De feito, hai a quen lle tarda moito que comece a esnaquizarse o monte para cambiar a masa forestal, os mananciais, o patrimonio natural e paisaxístico… por moles de bloques de cemento e por chairas de asfalto. Un veciño preguntáballe ao presidente da comunidade de montes se a parcela para a Brilat lle afectaba ao proxecto do parque empresarial. O aludido contestou que quedaba máis arriba. Así que, tomando con sentido do humor a brincadeira, cando os militares fagan uso do monte de San Xulián -ese que lle deu de “comer” ás nosas familias dende tempo inmemorial- para facer marchas e adestrarse, a pouco máis que avancen poden practicar tamén combate en poboación nas naves do polígono. Porque a aldea afgá que instalaron no monte de Salcedo van ter que desmantelala, xa que os comuneiros de Salcedo van facer todo o contrario que San Xulián: é dicir, van negociar a cesión de 40 hectáreas a un prezo razoable, pero van recuperar outras 80 hectáreas para uso veciñal: recuperar o patrimonio arqueolóxico para poñelo en valor, protexer os acuíferos, plantar árbores… Todo o que se supón que debe facer unha comunidade de montes. Porque para converter o monte nun negocio, para cargarse petroglifos e mámoas, para privar os usuarios do consumo da auga, para impedir que se creen novas masas forestais, xa están as comunidades de des-montes coma esta.
A Comunidade de Montes de Salcedo xa iniciou os contactos coa Brilat a semana pasada. A de San Xulián non tiña noticias e, ao parecer, como lle tarda moito ter noticias da alta alcurnia castrense, trata de informarse a toda costa sobre o proceso de negociación da Brilat coas comunidades veciñas, non sexa que San Xulián saia malparada economicamente.
PD: O pronunciamento da asemblea de comuneiros sobre a votación a respecto da posible cesión de terreos saíu publicado nas páxinas dos medios de comunicación de ámbito local. Logo, o contido da xuntanza dos comuneiros de San Xulián é de interese informativo, con caracter público. E as fontes informativas son os directivos da comunidade de montes, como tamén están en dereito de selo os propios comuneiros como asistentes á reunión. Logo, é pertinente que calquera comuneiro decida o procedemento que estime oportuno para ter constancia directa do que se comenta, do que se acorda e do que se debate, para podelo contrastar, para fiscalizar o traballo da directiva ou para corresponsabilizarse lexitimamente do funcionamento da comunidade á que pertence.
Publicado en Denuncias, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Brilat, Comunidade de Montes de San Xulián
PORTO MOLLADO E PORTO SECO
“El Puerto no puede seguir esperando”, por Álvaro Agulla (Diario de Pontevedra, 26 de xaneiro de 2013)
“A lo largo de los últimos años han corrido ríos de tinta con respecto a ambas cuestiones [la inseguridad jurídica por la anulación del Plan Especial del Puerto de Marín y la falta de suelo para seguir asentando nuevas empresas o ampliando las actuales] pero por más que se ha hablado, propuesto y, en algunas ocasiones, acordado, hasta el momento no hay solución alguna, lo que no deja de ser una paradoja en un momento como el actual, en el que se debería primar la generación de riqueza y empleo”.
“Lo más acuciante actualmente es el problema urbanístico. Y, además, tiene dos vertientes. Por una parte, la necesidad de un nuevo plan especial y, por otra, saber si ese documento va a permitir esquivar la sentencia del Tribunal Supremo que había ordenado levantar los rellenos construidos a su amparo…”
“Ya veremos, por otra parte, si este planeamiento da cobertura legal a lo que el Tribunal Supremo anuló en su día. Es decir, los terrenos ganados al mar en dirección a Placeres en los que hay asentadas varias empresas. Los vecinos que lograron aquel fallo, con todo su derecho, siguen reclamando su ejecución y, al menos públicamente, no se han visto demasiados movimientos por parte de las autoridades competentes para tratar de evitarlo”.
“Muchos dan por hecho que dada la magnitud del fallo, este nunca llegará a hacerse efectivo. Sin embargo, el principio de igualdad ante la ley y el derecho de aquellos que han visto validadas sus tesis por el Tribunal Supremo no tienen por qué verse afectados. El tiempo, que quita y pone razones, acabará por poner cada cosa en su lugar…”
“Marín, sin duda el primer interesado en mantener toda la actividad económica relacionada con el Puerto, se aferra a los posibles polígonos de O Pituco y Pastoriza, a los que se les ve acaso escaso futuro a corto e incluso a medio plazo. Además, los inconvenientes geográficos son evidentes para que puedan convertirse en el ‘puerto seco’ o área logística que pretende la Autoridad Portuaria. Su mayor aspiración pasaría por la ubicación en estos lugares de determinadas empresas que puedan deslocalizarse del recinto portuario pero que no precisen, por ejemplo, de línea de ferrocarril”.
“Además de la idoneidad del terreno, en la decisión sobre la futura ubicación del área de apoyo logístico al Puerto de Marín pesará y mucho la gestión política y ahí es donde debe volcarse el Concello marinense…”
…Debería primarse, por riba de todo, a xeración de riqueza e emprego? Mesmo por riba da lexislación máis elemental, nada que non poida discurrir por lóxica un paisano/a calquera que non teña nin idea de intrincados sarillos legais? Soe dicirse que os dereitos alleos rematan onde empezan os propios. E no caso da instalación de empresas; ou mellor dito, no caso de proxectar obras co suposto obxectivo de que haxa empresas que vaian desenvolver unha actividade produtiva real (outra cousa é que se acondicione un terreo para que acabe sendo un páramo, ou para que as naves críen telarañas, ou para que os propietarios da empresa estean a velas vir mentres agardan cobrar un pastizal polo lucro cesante) teñen que cumprir normas urbanísticas, medioambientais, de patrimonio. Con que dereito hai políticos, empresarios, protolíderes de opinión, banqueiros, barqueiros, remeiros varios… persoas en definitiva, que non respectan as dúas caras da moeda e só valoran o aspecto económico, a tallada partidista.
Logo están os que respectan os intereses de quen dirixe unha empresa, ou de quen aspira a un posto de traballo, pero ao mesmo tempo piden o mesmo respecto tamén para a natureza, para un xacemento arqueolóxico, para unha paisaxe, para un elemento de interese etnográfico, histórico ou cultural. E fanos quedar como parvos, como insolidarios, como reaccionarios, como anti-sistemas, como tocanarices, como tolos, como utópicos. Pero efectivamente teñen argumentos que pesan tanto ou máis que a conta de resultados desas empresas tan poderosas; e ás veces mesmo hai tribunais que lles poden dar a razón.
É inxusto que un colectivo adopte medidas para defender unha causa; que nese proceso queime enerxía e anos de vida, e sobre todo cartos propios (nada de subvencións nin financiación externa coa que se financian campañas); que mesmo chegue a haber sentenzas inapelables que confirman que se cometeu un abuso, que se fixeron obras ilegais, que se vulnerou o dereito duns veciños libres e comprometidos. Total, para que unha loita lexítima e con todos os factores xurídicos ao seu favor, se queira converter no “conto da boa pipa”. Para que están as leis e os tribunais se do que se trata é de “esquivar” as súas decisións, por contundentes que sexan? De que vale facer un recoñecemento aparente do dereito dun colectivo a levarlle a contraria ao poder político e financeiro, se no fondo a parte do conflicto que resulta non levar a razón quere ter máis que dicir, a aínda por riba se lle alenta para que siga sorteando a lexislación que vulnerou?
Se un concello valida no seu planeamento un emprazamento industrial que non reúne unhas condicións técnicas minimamente aceptables, que por riba pertence a un Espazo Natural Protexido por moito que certos políticos trataran de desafectalo nunha manobra ruín, que afecta a mananciais naturais e Bens de Interese Cultural catalogados, que causará un evidente impacto paisaxístico na práctica totalidade da ría e no seu ámbito de influencia… que máis argumentos precisa un Goberno local serio e responsable para virar o rumbo dunha política errada, por moitos intereses económicos e empresariais que estean empeñados en trucar teimosamente co sentido común?
Cantos polígonos industriais aspira a ter Marín? Pituco “e” Pastoriza? Pituco “ou” Pastoriza? Por que os argumentos que NON valen para instalar un polígono industrial ou un porto seco valen, supostamente, para ubicar “determinadas” empresas? Acaso un Espazo Natural Protexido se protexe para unhas cousas pero se pode destrozarse para outras? Que parte non se entende da expresión “capacidade limitante absoluta” cando o Informe de Sostibilidade Ambiental do Pxom se refiría neses termos ao Monte Pituco no que respecta a acoller urbanizacións de tipo residencial ou industrial?
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Chan industrial, Política, Porto de Marín, Prensa
CHARLA DE X.L. VILAR SOBRE ARTE RUPESTRE
Xosé Lois Vilar (Baiona, 1965) é historiador e arqueólogo de Baiona; pertence ao Instituto de Estudos Miñoranos e a SOS Groba. É experto en thalasonomía.
Tivemos a oportunidade de participar en varias expedicións nocturnas dirixidas por el a algúns dos montes de maior riqueza rupestre da contorna para atender as amenas charlas que imparte e contemplar petróglifos á luz da lúa… Algunha delas, en Tourón, Ponte Caldelas. Unha experiencia moi recomendable.
O patrimonio arqueolóxico está de moda e non deixa de ser noticia. As máis das veces, por desgraza, para transmitir noticias negativas sobre o deterioro de xacementos, agresións que merecen reprobación e condena, ou desleixo por parte de Administracións e entidades ás que lles corresponde velar pola súa conservación.
O Faro de Vigo vén de facerse eco esta mesma semana da denuncia do BNG de Cangas sobre o mal estado no que se atopa o conxunto rupestre das Abelairas.


El pleno debate la puesta en valor del petroglifo de As Abelaires, cubierto de maleza y basuras
El BNG exige al Concello un proyecto técnico para acondicionar el entorno, y a la Xunta y la Diputación que lo ejecuten – La Ley de Calidad Educativa se debatirá en dos mociones
22.01.2013. G.M.P. – El BNG de Cangas se ha hecho eco de las denuncias sobre el abandono y la suciedad que sufre el petroglifo de As Abelaires, situado en Gandón (Aldán), junto al “punto limpio” de la Mancomunidade, y reclama un proyecto municipal para su limpieza y acondicionamiento. Además, pide que la corporación inste a la Xunta y a la Diputación de Pontevedra a ejecutar esas mejoras y a poner en valor todo el conjunto arqueológico. La demanda se debatirá, como moción, en el pleno ordinario que se celebrará el viernes.
La formación nacionalista , a través de su portavoz, Mercedes Giráldez, alerta del abandono y la desprotección que sufre este petroglifo, tal como ya denunciaron varios colectivos “sen que a administración local fixera nada”. El yacimiento, datado en el Calcolítico o Edad del Cobre (hace unos 5.000 años) y grabado con distintas figuras, como círculos concéntricos, tiene un área de protección integral y un perímetro de cautela arqueológica “actualmente convertido en vertedoiro de lixo”. El Bloque pide poner fin a esta situación y reclama el respaldo plenario.
O Goberno local do PP non tardou nin 24 horas en pronunciarse sobre esta problemática e anunciar medidas para corrixir a situación.


El Concello sanea As Abelaires y anuncia un plan para poner en valor varios petroglifos
Tras las denuncias, operarios municipales procedieron ayer a limpiar la zona
23.01.2013. G.M.P. – Operarios municipales de Cangas procedieron ayer a retirar las basuras acumuladas en el petroglifo de As Abelaires y su entorno, próximo al “punto limpio” de la Mancomunidade en Gandón (Aldán), después de las denuncias formuladas por varios colectivos sociales y de la moción presentada por el BNG, que se debatirá el viernes en pleno. El concejal de Medio Ambiente, Jesús Graña, señaló que el Concello ya realizó esta operación en otras ocasiones, aunque los vertidos se vuelven a producir y es complejo prevenirlos. Hoy volverán los operarios con el apoyo de un tractor para recoger restos de escombros que no fue posible retirar ayer con medios manuales, anuncia.
Tanto Graña como el alcalde, José Enrique Sotelo, sospechan que los vertidos son obra de personas que se dedican a la recogida de residuos y desechan los que no le resultan rentables comercialmente, así como a ciudadanos “incívicos” que no respetan las normas de convivencia y de respeto medioambiental. Creen poco factible cerrar los accesos rodados al petroglifo y que solo la sensibilización social y una vigilancia policial exhaustiva, con fuertes sanciones a los infractores, pueden corregir esta situación.
Plan arqueológico
El alcalde ve deseable la protección del petroglifo de As Abelaires y su puesta en valor con el desbroce de la maleza y la instalación de vallas y paneles informativos, pero también de otros elementos arqueológicos del municipio para facilitar su conocimiento y disfrute por los ciudadanos. Apunta a la Diputación como una de las posibles fuentes de financiación de un “plan global” que incluiría otros espacios de interés en territorio cangués. Sotelo afirma que ese objetivo aún está en fase de estudio, pero el Concello tiene intención de llevarlo a cabo “a medio plazo”, cuando disponga de medios suficientes.
Xa podía o BNG de Marín ter sequera un ápice da sensibilidade dos seus homólogos de Cangas. Porque para o trío Blanco-Vilaboa-Crespo semella que non houbera máis patrimonio arqueolóxico en todo Marín que os petroglifos de Mogor e o castro da Subidá. Nalgo lles vai fachendear de ter procurado a rehabilitación do antigo poboado castrexo e a construcción, detrás do Merendero, dun custoso galpón -o investimento superou os 200.000 euros- que tarda moito -aínda obtivo licencia en outubro de 2012, dous anos despois de rematar as obras- en converterse no centro de interpretación prometido.
O resto do patrimonio arqueolóxico, e nomeadamente os conxuntos rupestres do Pornedo, Sete Camiños e outros elementos integrados no ámbito do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, parece non interesarlle o máis mínimo. Máxime cando os nacionalistas teñen os bemoles de apoiar a construcción dun polígono industrial que lle afectará a estes xacementos e, máis aínda, de pretender desafectar o enclave no que levan milleiros de anos, pertencente ao Espazo Natural Protexido dos Montes do Morrazo.
…Estamos na mesma: se o Monte Pituco afectado polo proxecto de parque empresarial é unha parte tan lexítima dos Montes do Morrazo como a zona de Pedras Negras afectada polo proxecto de parque eólico ao que se opón o BNG, os petroglifos do Pituco son Bens de Interese Cultural tan lexítimos como os gravados rupestres de Mogor. Os segundos son os gravados “mimados” de toda a clase política, mentres que os primeiros unicamente teñen recibido, por parte da clase política, desleixo, desprezo e discriminación.
Cando a alcaldesa de Marín visitou o miradoiro do Pituco e os petroglifos prehistóricos, e puido comprobar ademais que tamén Pepito Meijón deixou a súa impronta nos arredores cos seus peculiares riscos de cincel na pedra, e ante a capciosa pregunta de que podía facer o Concello de Marín por garantir a protección desta parte non menos importante do patrimonio DE TOD@S, a súa resposta foi para dicir que estaban pouco menos que a dúas velas e as arcas municipais non daban nin para pipas. Que a ver se a Comunidade de Montes colaboraba. Foi oírlle dicir semellante utopía e, coa mesma, collemos unha cadeira para agardar sentados.
Mais agora dáse unha circunstancia chamativa. A Comunidade de (des)Montes de San Xulián vén de ingresar 354.679,48 euros pola expropiación de 15 parcelas; cobrara xa dun primeiro ingreso a cantidade de 167.386,58 euros e na última asemblea xeral veñen de anunciar, co peito cheo a tope de “orgullo&satisfacción”, que xa teñen na conta outros 187.292,90 euros. A ver se o Concello se lembrara daquel episodio e, tanto se están caninos ou non, quen agora ten fondos máis que abondo é a Comunidade de (des)Montes. Porque por iniciativa propia, a Comunidade de (des)Montes non vai poñer un céntimo na revalorización dunhas “pedras do 2000”, como se atreveu a calificalas unha parte da directiva; a que ostenta, precisamente, o manexo dos cartos.
Noutras Comunidades “civilizadas”, a recuperación do patrimonio arqueolóxico forma parte do ABC da xestión do montes: porque é unha obriga legal, porque redunda no atractivo turístico da parroquia e porque actúa como factor de cohesión social. Nestes lares, mal que nos pese, conceptos coma eses soan a “marciano” e están a anos luz xa non das prioridades, senón da axenda de actuacións a medio prazo. Sería toda unha sorpresa trabucarnos á hora de plasmar este crudo vaticinio do que nos agarda.
Publicado en Denuncias, Xeral | Etiquetas: 7Camiños, Comunidade de Montes de San Xulián, Concello de Marín, Cultura, O Morrazo, Patrimonio rupestre



































































Comentarios recentes