Publicado por: MontePituco | 19/02/2013

AS ‘I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO’ DA SAGA

Aínda que houbera que gardar os disfraces ata o ano vindeiro, a Sociedade Antropolóxica Galega invita a toda a cidadanía a comezar xa a preparar o Entroido de 2014. Porque entre tantas noticias de corrupción e espionaxe, de abuso por parte dos bancos e das empresas poderosas, de indefensión ante as Administracións públicas que actúan de costas ao sentido común, cómpre manter o espírito ledo, a imaxinación activa e iniciativa firme. A cultura nunca está de máis; o contrario é o despilfarro, a desmemoria, a ignorancia.

Felos de Arnuide (imaxe cedida pola SAGA).

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) celebrará en Pontevedra as “I Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, que terán lugar esta semana na Casa das Campás, os días 21 e 22 de febreiro, a base de relatorios impartidos por diversos expertos na materia e dunha exposición de fotografías e atuendos tradicionais desta celebración que se locen nas localidades onde o Entroido ten máis raigame.

O xoves 21, a partir das 19:00 horas, Antonio Vázquez impartirá unha charla titulada “O entroido urbano en Pontevedra”, dende a súa orixe no século XIX e o xurdimento da figura do Rei Urco, que preside os festexos na cidade. Seguiralle José Ángel Rodríguez, cunha ponencia sobre “O Entroido en Vilaboa” e o protagonismo das madamas e galáns, que percorren as parroquias de San Andrés e Santa Cristina representando unha danza ancestral e lucindo chamativas vestimentas e tocados.

Madamas e galáns de Vilaboa (imaxe cedida pola SAGA).

Por último, o etnógrafo Miguel Losada abordará “O Entroido en terras de Ourense”, onde destacan as pantallas, os cigarróns e os peliqueiros no triángulo máxico que conforman as localidades de Xinzo, Verín e Laza.

Ao día seguinte intervirán, a partir da mesma hora, Nelson Salgado e Benito Salgado, que disertarán sobre “A fabricación de máscaras de cigarrón” e “O traxe de cigarrón”, respectivamente. Trátase dunha das figuras centrais do Entroido ourensán, cunha continuidade que se transmite de xeración en xeración.

Osos de Salcedo (imaxe cedida pola SAGA).

Paralelamente ás xornadas -nas que colabora o Concello de Pontevedra- permanecerá aberta ao público a exposición “O Entroido en Galiza”, que se poderá visitar tamén os días 21 e 22, en horario de 17:00 a 21:00 horas.

A mostra consta de fotografías, vestimentas e complementos das distintas modalidades do Entroido galego.

Xenerais (imaxe cedida pola SAGA).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: