Publicado por: MontePituco | 02/02/2013

PSOE: …PIDE POR ESA BOQUIÑA

Diario de Pontevedra, 2 de febreiro de 2013.

La Voz de Galicia, 2 de febreiro de 2013.

Francisco Veiga e Carmen Gallego (Foto, Noé Parga, Faro de Vigo).

El PSOE pide inversiones para el centro de salud y el polígono de Monte Pituco

Presenta enmiendas dirigidas a defender el empleo y los servicios públicos

F.M. – Marín. El grupo parlamentario socialista presentará enmiendas parciales a los Presupuestos de Galicia para, entre otras cosas, incrementar las partidas destinadas al centro de salud previsto en Marín. Los socialistas demandarán medio millón de euros adicionales para este proyecto, “con el que el Partido Popular lleva cuatro años mareando la perdiz”, manifestó la parlamentaria del PSdeG-PSOE por la comarca de O Morrazo, Carmen Gallego.

Los socialistas también demandarán medio millón de euros más para el plan del polígono industrial de Monte Pituco, cuyo desarrollo es urgente, según afirmó la parlamentaria.

Planta de compost

Entre las enmiendas parciales que presentará el PSOE -una vez que el grupo mayoritario en la Cámara gallega ha desestimado la enmienda a la totalidad de las cuentas- se encuentra también la vieja aspiración de dotar a la comarca de O Morrazo de una planta de compost, que redundaría en una mejora de la actividad económica de la comarca, además de un beneficio para el medio ambiente, según explicaron Carmen Gallego y Francisco Veiga, portavoz del grupo municipal socialista. Proponen una inversión de un millón de euros en este proyecto.

Todas las alegaciones del grupo socialista a los presupuestos de la Xunta tienen como objetivo incentivar las políticas de empleo y blindar los servicios públicos básicos, como la sanidad y la educación, según explicó Gallego. La parlamentaria indicó que las aportaciones que el grupo socialista realiza a las cuentas de la Xunta están enfocadas a luchar contra el paro, una cuestión “a la que renuncia el gobierno de Núñez Feijóo” -criticó Gallego-, buscando aquellas inversiones que inciden en las políticas activas de empleo y los servicios públicos. “Van a crear más paro, más pobreza y más desigualdad social”, denunció la parlamentaria.

Loquillo Veiga e Alaska Gallego queren DESTRUIR UN ESPAZO NATURAL PROTEXIDO cun polígono industrial.

Se en máis dun ano Francisco Veiga nunca quixo -por cobarde e por prepotente- recibir os veciños e veciñas de Defende o Monte Pituco para explicar sequera en que consistiría o proxecto do parque empresarial que el axudou a encasquetar inxustamente neste Espazo Natural Protexido, nin tampouco aceptou as reiteradas invitacións deste colectivo para intentar convencelo in situ do craso erro que estaba cometendo ao catalogar como industrial un terreo cunha pendente tan forte, motivo polo cal a propia Autoridade Portuaria hai xa 13 anos que lle advertiu ao Concello que non lle servía esta localización como posible porto seco, que saberá a deputada socialista Carmen Gallego sobre a conveniencia do Monte Pituco para acoller un polígono industrial.

…Que saberá Carmen Gallego, se a súa única fonte de información é un ex-alcalde que non recibe a veciñanza que lle vai a chepa -no sentido metafórico da palabra- con argumentos que non pode rebater, que só se deixa mangonear polos que lle fan a espera despois de cada Pleno para facerlle a rosca. Que saberá Carmen Gallego se ignora por completo a realidade da que fala, baseándose unicamente na aprobación dun Pxom que, no que respecta á catalogación do chan industrial, xogouse nunha timba de cartas entre partidos.

Que se pode esperar dun partido que, despois de pisotear a dignidade e o dereito á información da cidadanía, segue reclamando a construcción “urxente” dun polígono industrial nun monte protexido, nun monte cunha pendente de máis do 15% en máis do 90% da superficie afectada, nun monte con especies de fauna e flora catalogadas de “vulnerables”, nun monte cun patrimonio arqueolóxico clasificado na categoría de Ben de Interese Cultural, nun monte con abundantes acuíferos que abastecen as necesidades da poboación, nun monte cunha localización privilexiada en plena fachada litoral e cunhas vistas marabillosas.

Que se pode esperar dun partido que, despois de todo iso, é capaz de celebrar o día dos humedais cun paseo bucólico polo río Gafos; de fusilar as notas da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo para escenificar o seu rexeitamento ao parque eólico de Pedras Negras; de propoñer a construcción dunha planta de compostaxe no Morrazo “en beneficio do medio ambiente”.

Non se pode ser máis cínico e máis carota. Os verdugos do Monte Pituco, disfrazados de adalides da natureza e da paisaxe.


Responses

  1. Eu sigo pensando que Fran Veiga é un tarambana sin credibilidade.
    Foi un pésimo gobernante e agora é un mal opositor.
    E sobre todo, nefasto para o Monte Pituco.

  2. Loquillo, ou pájaro loco. Un nome moi apropiado para o exalcalde.

  3. Nón cómpre que nos esforcemos en poñerlle ningunha etiqueta. El soíño se retrata.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: