Publicado por: MontePituco | 18/01/2013

SANCIÓN POLO VERQUIDO NAS PRESAS

Verquido de documentos e refugallos.

O verán pasado localizouse un verquido no lugar das Presas, por riba do lugar do Caeiro. Nunha curva da pista que discurre paralela á variante, do lado do monte, os autores desta infracción aproveitaron un terraplén para volcar caixas de cartón, plásticos, albaráns e documentos comerciais con datos de clientes, estruturas metálicas, rodas e outros refugallos. A Comunidade de Montes notificoulle este verquido ás autoridades e comentou a problemática na asemblea de agosto.

Con data do pasado 7 de xaneiro, a alcaldesa de Marín asinou un documento municipal no que se daba conta da denuncia da Policía Local contra a empresa Galigru, radicada na Ramalleira, Bértola, como responsable dese verquido “de lixo e residuos (documentación, filtros de aire, plásticos, caixas, cartón…)”. A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, foi designada instrutora deste expediente sancionador, cuxa cuantía oscilaría entre os 1.500 e os 3.000 euros.

Sen embargo, o feito de que esta empresa xa non estea operativa fai sospeitar que a multa sexa papel mollado. Malia todo, esta denuncia é a proba de que paga a pena protestar, rebelarse contra os desaprensivos que contaminan os montes e facer traballar a Administracións para que cumpran e fagan cumprir as normativas medioambientais.

 


Responses

  1. […] poboación e de actuar de forma contundente contra quen agrede o monte de todos, como aconteceu coa empresa que foi sancionada por depositar documentación, materiais de oficina, plásticos, rodas e outros residuos […]

  2. […] No propio Monte Pituco téñense localizado tamén depósitos de lixo non só con rodas, senón tamén con outros materiais de refugallo: “Sanción polo verquido nas Presas“. […]

  3. […] artigo titulado SANCIÓN POLO VERQUIDO DAS PRESAS, do 18 de xaneiro de […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: