Publicado por: MontePituco | 07/01/2013

‘O NENO DAS PIÑAS’, POR CASTELAO

"O neno das piñas", de Castelao (1926).

O neno das piñas“: obra para a Exposición de Arte Galego en Santiago (1926)

Cúmprense 63 anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 30 de xaneiro de 1886 – Bos Aires, 7 de xaneiro de 1950), unha figura fundamental da cultura galega, que tanto fixo polo desenvolvemento dun ideario socio-político-económico pensado por e para Galicia. Fronte a quen intenta capitalizar o seu legado ideolóxico, cómpre reivindicar que ninguén -a título individual ou colectivo- ten o monopolio para citalo, para honrar a súa obra e traela ata o presente.

“Chegando, procuras un pino e daslle por min unha aperta e un bico”, dixéralle Castelao ao paisano que vixiaba a Terra. Ou “vale máis unha terra con árbores nos montes, que un Estado con ouro nos bancos”, deixou dito tamén quen soñaba co idílico concepto de “cidade-xardín”.

Se a obra de Castelao fose máis lida e aplicada, tal vez non se cometeran tantas falcatruadas.


Responses

  1. Facíanos falta polo menos unha ducia de Castelaos… Parabéns por esta lembranza!!!

    • …Non podía faltar. Grazas a ti pola visita e polo comentario.

  2. Eu tamén che agradezo esta lembranza.
    A finales dos anos setenta, a agrupación cultural “Xuntanza” de Seixo, fixo unha exposición de debuxos de Castelao no bar que rexentaban meus pais.
    Foi a primeira toma de contacto da veciñanza con esta faceta de Castelao (ata entón sólo coñeciamos os seus escritos).
    Lembro que miña nai chorou cando veu este debuxo, e contoume que ela mesma cando era unha nena, iba ó monte a coller piñas para acender a lareira. E moitas veces, cando as do chan xa as collera outra persona, ela gabeaba como podía, pino arriba, para levar á casa unha abada delas.
    Dende fai anos, na miña casa teño ese debuxo enmarcado, en homenaxe a miña nai, ás piñas, ós pinos e a Castelao.

    • Pois é unha lembranza marabillosa e eu agradézoche moito que a compartas aquí, porque a calquera de nós, que somos da aldea, e a moita honra, nos trae á memoria historias dos nosos maiores que, certamente, ían ao monte chovera, ventara ou fixera sol a coller piñas e pico dos pinos para quentar a casa ou para vender no mercado. Moitos sacrificios pasaron naqueles anos!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: