“É como se os técnicos din que o medio da Alameda é un sitio estupendo para instalar un depósito. Igual hai que buscar outro lugar máis axeitado, no que o impacto sexa menor”.
Carlos Morgade, presidente da Comunidade de Montes de Mourente, que rexeita o trazado da rede de subministro de auga proxectado por Acuanorte ao seu paso pola parroquia, debido á afección sobre un espazo no que se atopan un castro e unha mámoa sen excavar. Declaracións ao Diario de Pontevedra, 15 de xaneiro de 2013.
“Mover conciencias non é doado, pero confiamos en que a veciñanza de San Xulián comprenda a realidade: pode que Marín precise chan industrial, é unha idea na que coincidiriamos; pero crear un polígono no Monte Pituco sería como pretender encher de naves industriais as dunas de Corrubedo, algo que a ninguén lle cabe na cabeza”.
Defende o Monte Pituco, 24 de xaneiro de 2010, na reunión informativa celebrada na Casa de Montes de San Xulián para expoñer os argumentos técnicos, patrimoniais e ambientais en contra da instalación dun parque empresarial no Monte Pituco.
Decía Antonio Machado:
“De cada dez cabezas, nove trucan e unha pensa.”
Así foi sempre e así seguirá sendo (por desgraza)
By: pasaba por aquí on 18/01/2013
at 20:02