Publicado por: MontePituco | 22/12/2012

EXPOSICIÓN ITINERANTE ‘SEXO NA PEDRA’

"Sexo na pedra", exposición de Federico de la Peña no Palacete das Mendoza, ata o 7 de xaneiro.

Se teñen preto unha igrexa de estilo románico, dean unha volta ao redor e fíxense nos capiteis e modillóns de pedra que sosteñen as cornixas. Tal vez atopen algunha figura suxerente que se poida engadir ao catálogo de imaxes expostas ata o 7 de xaneiro no Palacete das Mendoza de Pontevedra, sede do Patronato de Turismo Rías Baixas.

Porque así foi como xurdiu a mostra “Sexo na pedra”, por casualidade, ao percatarse o naturalista Federico de la Peña que algúns deses elementos nos que se fixou nos seus percorridos eran representacións de escenas eróticas, membros sexuais esculpidos sen ningún recato, ou beodas en plena celebración etílica. A partir de aí, co apoio da Deputación de Pontevedra, xurdiu un traballo de campo e de documentación gráfica que deu lugar a un documental audiovisual e unha exposición que vai percorrer, despois de Pontevedra, varias localidades da provincia.

"Sexo na pedra", exposición de Federico de la Peña no Palacete das Mendoza, ata o 7 de xaneiro.

Ademais dos comisarios da mostra, Fátima Cobo e o propio Federico de la Peña, tamén colabora nesta mostra o ilustrador Guillermo de la Peña López, con catro láminas tituladas “Canteiros”, “Xograres”, “Inferno” e “Destrutores de canecillos”, que complementan as fotografías con recreacións históricas da época medieval.

Na web do Museo de Pontevedra presentan a exposición con estas palabras:

“Corenta fotografías tomadas dos elementos arquitectónicos das igrexas románicas de Galicia, con claro protagonismo das pontevedresas, que adoitan pasar desapercibidas para os visitantes e incluso para os propios veciños. As imaxes mostran actitudes que a igrexa medieval consideraba que fomentaban o vicio e así se representaban órganos sexuais, escenas pornográficas, músicos, contorsionistas e personaxes comendo ou bebendo esaxeradamente e en posturas eróticas, así como as consecuencias derivadas deses actos, como o castigo ó que eran sometidos os pecadores”.

"Sexo na pedra", exposición de Federico de la Peña no Palacete das Mendoza, ata o 7 de xaneiro.

No blog de Federico de la Peña coméntanse varias cuestións relacionadas co proceso de preparación desta mostra, como a anécdota co párroco da igrexa de San Bartolomé de Rebordáns, en Tui, que se reservaba os dereitos derivados da reproducción das imaxes do interior do templo.

Dende Pontevedra ata A Estrada, pasando por Rodeiro ou Silleda, esta exposición achéganos a un aspecto moi descoñecido da nosa historia, 800 anos atrás no tempo. Paga a pena, aínda que sexa para botar tamén unhas risas.

"Sexo na pedra", exposición de Federico de la Peña no Palacete das Mendoza, ata o 7 de xaneiro.

Máis información, na reportaxe de Susana Regueira publicada no Faro de Vigo: “Erotismo de hace un milenio“.

Diario de Pontevedra, 22 de decembro de 2012.

Publicado por: MontePituco | 21/12/2012

A PIRÁMIDE ‘MAYA’ DO MONTE PITUCO

No Monte Pituco.

Sinto os beizos do mundo

nun vento

húmido,

afuracanado,

con asubíos que me recitan o mar.

Bebo nubes de sabores

no tellado do ceo,

apagando bicos de estrelas

cos dentes da lúa chea.

Se queres probar o universo,

saca a lingua

e dáme a man.

Pilotarei piruetas de nordés,

berrando papilas

de galaxias descoñecidas.

E farei que nos disolvan

nunha faísca de ciclón atormentado.

Só así nos ataremos

ó padal do cosmos,

como dous peixes de aire

nun océano estelar.

Rosalía Fernández Rial: Átonos.

Publicado por: MontePituco | 21/12/2012

PREGUNTAS A AGUSTÍN HERNÁNDEZ

O titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Xunta, Agustín Hernández, vén de participar nos Encontros Dixitais de La Voz de Galicia. DEFENDE O MONTE PITUCO enviou a seguinte cuestión, agardando que o conselleiro tivera a ben contestala:

Como lle vai afectar o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais ao Morrazo? Por máis que o “avale” o PXOM de Marín, parécelle viable e razoable a construcción dun polígono industrial no Monte Pituco pese ao grave impacto paisaxístico, a afectación irreversible ao patrimonio arqueolóxico e o gran desnivel do terreo?

Por desgraza, Agustín Hernández non chegou a atender este plantexamento. Non obstante, a sesión comezou coas preguntas dun veciño ou veciña de Marín, que criticou duramente o PXOM de Marín:

Ustedes aprobaron el PXOU de Marín, en el que no se contestó a las alegaciones de los vecinos. Dicho plan contempla en Estivada viales con pendientes de más del 40% (usted sabe que el equipo redactor ha hecho un plan irreal y lo sabe por que trabajó allí) …Cómo puede ser eso posible?

E isto foi o que lle contestou o conselleiro:

El PXOM de Marín se aprobó cumpliendo toda tramitación legal y reglamentaria. Las alegaciones se tramitaron conforme marca la normativa vigente. Y se han realizado las publicaciones en los boletines oficiales. No tengo ninguna duda que lo importante ha sido alcanzar la aprobación, resolver un problema y además con un amplio consenso a nivel municipal. En cualquier concello ES MEJOR TENER UN PLAN QUE NO TENERLO.

…Que cada quen saque as súas conclusións.

Publicado por: MontePituco | 20/12/2012

…E MENTRES, OS PETRÓGLIFOS DO PORNEDO, “A MONTE”

Marcas de rodadura a escasa distancia dos petróglifos do Pornedo.

Marcas de rodadura a escasa distancia dos petróglifos do Pornedo.

Os gravados rupestres do Pornedo, Sete Camiños, Pinal de Caeiro… seguen nun estado cada vez máis precario e calamitoso a pesar das peticións que se lle teñen trasladado oficialmente ao Concello de Marín, tanto á Alcaldía como á Concellería de Cultura, para que adopten algunha medida que garanta a súa conservación: unha limpeza básica do perímetro, unha sinxela sinalización, o acondicionamento mínimo do contorno.

Xa que este Goberno local tampouco dá mostras de apoiar a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños para poñer en valor o patrimonio histórico e ambiental da parte marinense neste proxecto que tamén abarca terreos dos municipios veciños de Pontevedra e Vilaboa, polo menos que non afonde na responsabilidade que lle corresponda polo seu estrago a causa da desidia que está demostrando. Se non houbera ningún colectivo social nin persoa que a título individual estivera advertindo sobre o deterioro progresivo destes elementos, o Concello podería non darse por enteirado e actuar con total omisión, como fai con outras moitas obrigas.

Faro de Vigo, 28 de xullo de 2011.

Faro de Vigo, 28 de xullo de 2011.

Pero Defende o Monte Pituco leva tempo reclamando máis atención e máis respecto institucional para estes petroglifos. Está moi ben que a alcaldesa de Marín e a concelleira de Cultura subiran ao Alto do Pornedo POR PRIMEIRA VEZ na súa vida aos poucos meses de tomaren posesión. Mesmo está moi ben que a propia comitiva municipal tome fotos da visita para logo quedar marabillosamente ante a opinión pública cando se publican na prensa. Pero aquilo quedou nunha pose efémera, nunha declaración ficticia de intencións.

E o tempo pasa e as agresións ao patrimonio non cesan, mentres o Goberno local actúa en espazos que xa tiveron a súa oportunidade de recuperar o esplendor perdido durante os anos de esquecemento. E aplaudimos que a Deputación de Pontevedra vaia destinar fondos ao Castro da Subidá: para o seu mantemento, para a súa promoción… E a pesar de que ao Alto do Pornedo e os montes da contorna tamén acode xente a practicar deportes e sendeirismo, a gozar da paisaxe e da natureza, a admirar o que queda destes gravados milenarios, seguen sendo os “irmáns pobres” do patrimonio marinense porque o Concello NUNCA se lembra deles cando vai petar á porta doutras Administracións maiores en busca de financiación.

Plano do PXOM de Marín que afecta ao Monte Pituco, onde prevé a instalación dun polígono industrial.

Imaxe parcial do plano do PXOM que recolle o solo industrial. As figuras circulares en cor azul marcan o (téorico) perímetro de seguridade dos petroglifos CATALOGADOS. Como se pode apreciar, están AFECTADOS polo polígono.

Que se pode agardar dos responsables de velar polos bens culturais cando non toman ningunha medida para evitar que haxa vehículos motorizados circulando a escasos metros dos petróglifos do Pornedo. Que se pode agardar duns representantes políticos que aproban un PXOM que lle afecta directamente a estes gravados e incumpre flagrantemente as distancias de cautela que por lei lles corresponde. Que se pode agardar duns xestores municipais, provinciais ou autonómicos que lle aplican un trato discriminatorio a este patrimonio tan sensible, transmitindo a mensaxe de que non compensa realizar unha actuación arqueolóxica nun espazo que a “x” meses ou anos vista pretenden que acabe converténdose nunha explanada de formigón e asfalto. Con ou sen polígono industrial, van permitir que estes petroglifos continúen “a monte”?

A continuación, a nota informativa na que o presidente da Deputación, Rafael Louzán, anuncia a posta en marcha dun programa provincial para o aproveitamento turístico dos castros e dos recursos galaico-romanos.

Reunión sobre a posta en valor dos castros da provincia.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, acordou a posta en marcha dun Programa Provincial Integral para o aproveitamento Turístico dos Recursos Galaico-Romanos. Para impulsar esta iniciativa, Louzán mantivo hoxe unha xuntanza de traballo con alcaldes de municipios que albergan xacementos arqueolóxicos; representantes da Xunta de Galicia como José Manuel Rey Pichel, director xeral do Patrimonio Cultural; e con responsables técnicos da entidade provincial.

O Plan centrarase nos castros visitables de: Castrolandín (Cuntis), Coto de Altamira (As Neves); Alto da Cruz do Castro (Cotobade), Castro de Alobre (Vilagarcía), Adro Vello ( O Grove) Monte Castro (Ribadumia), A Lanzada ( Sanxenxo), Castro da Subida ó Cividá (Marín), Castro das Croas (Pontevedra), Monte Facho (Cangas), Castro da Punta do Muiño do Vento e Castro de Vigo (Vigo), Castro de Troña (Ponteareas), Castro de Torroso (Mos), Alto dos Cubos de Tui e o de Santa Tegra (A Guarda) e Igrexa Vella de (Valga). Posteriormente, afectará a outros da provincia. Dentro desta intervención a Deputación pretende incluír tamén o Proxecto Depodeza para a posta en valor da riqueza castrexa da comarca do Deza.

En principio, a actuación centrarase naqueles concellos con xacementos arqueolóxicos que foran obxecto dalgunha escavación ou que teñan a particularidade de que a Deputación custodie arquivos documentais sobre eses xacementos, ou restos arqueolóxicos no Museo.

Así, a Deputación pretende establecer vías de colaboración cos Concellos, coa Secretaría Xeral para o Turismo e coa Dirección Xeral de Patrimonio para traballar de forma conxunta na posta en valor, limpeza, mantemento, sinalización, difusión/promoción, escavación, musealización e dixitalización segundo cada caso, dos distintos xacementos arqueolóxicos da provincia de Pontevedra. O Plan para o aproveitamento turístico dos xacementos prevé un investimento total de 2,5 millóns de euros.

Sobre este respecto, o titular da Deputación salientou que “os xacementos arqueolóxicos galaico romanos da provincia constitúen bens con valor científico, turístico e socio-económico cuxa recuperación é preciso abordar mediante un instrumento de planificación da estratexia adecuado”. Considera que “representan un eixo importante para a estratexia de promoción turística provincial” polo que a Deputación quere potenciar porque “somos conscientes de que o Patrimonio é un recurso fundamental na nosa provincia, como atractivo turístico e como valor engadido para a economía e o emprego”.

A potenciación dos xacementos suporía a ampliación da oferta turística provincial. Así, o tradicional turismo de ocio e deportes se sumaría o turismo cultural, moi unido ó emerxente turismo de relax ou termal, tan importante na provincia de Pontevedra. Tamén incidicía na ampliación e desestacionalización da tempada turística “da época estival pasaríase a unha oferta anual e continuada”, dixo Rafael Louzán.

Tamén se persegue con este proxecto a captación de potenciais novos turistas, especialmente en mercados estranxeiros, a través dunha oferta cultural innovadora e a revalorización do turismo de calidade que ofrecen as comarcas pontevedresas mediante o fomento e difusión dun elemento de interese arqueolóxico, histórico e cultural.

Reunión sobre a posta en valor dos castros da provincia.

Onde estaban, nestas fotos da Deputación, os representantes municipais do Concello de Marín?

Publicado por: MontePituco | 19/12/2012

SATISFACCIÓN DA PLATAFORMA MONTES DO MORRAZO

Afección ao nacementos de ríos e xacementos arqueolóxicos.

Comunicado da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo sobre o Pleno da Corporación de Marín no que foi aprobada a moción contra o proxecto de instalación dun parque eólico en Pedras Negras.

No Pleno aprobouse a moción presentada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitando da Corporación Municipal un posicionamento contrario ao proxecto de parque eólico presentado por Enel Green Power España, e actualmente en fase de exposición pública. Solicitabamos, ademais, que se fixera chegar esta decisión á Xunta de Galicia para que definitivamente este proxecto non se leve adiante.

Esta moción foi presentada con carácter de urxencia -polo tanto non figuraba na orde do día- polo grupo municipal de Mar-In. Despois do debate a moción contou cos votos a favor de Mar-In, BNG e PSOE, e a abstención do PP.

Consideramos positivo este acordo que se ven sumar ao rexeitamento feito público en días pasados polas Comunidades de Montes do Morrazo e do Concello de Moaña, onde hoxe se reuniu a Comisión de Urbanismo cunha representación dos colectivos opositores ao parque eólico para solicitar un Pleno extraordinario que solicite a retirada do proxecto e do plano sectorial e reserva eólica do Morrazo.

Podemos considerar que a oposición ao parque eólico é unánime entre os concellos, asociación e colectivos do Morrazo, e polo tanto reiteramos a nosa demanda á Xunta de Galiza da retirada deste proxecto.

Queremos informar tamén da ÁREA DE RESERVA EÓLICA DO MORRAZO (ADE) que consta no proxecto presentado por Enel Green Power España, e que está incluida no Plan Sectorial Eólico de Galicia. Esta abrangue unha superficie en forma de triángulo de 4300 Ha., onde ademais dos 14 aeroxeradores previstos, estando planificadas como alternativas 18 máis, o que aumentaría a afectación ao concello de Bueu e a zonas tan importantes como Cotorrendondo.

A distribución das alternativas sería a seguinte:

*15 Aeroxeradores máis distribuídos polos altos da Encavada, Outeiro da Graña, Castiñeiras, Outeiro dos Asubións, Cotorredondo, Monte das Barreiras, Outeiro da Carballosa, Agudelo e Monte do Grilo que afectarían á práctica totalidade do Espazo Natural dos Montes do Morrazo.

*3 Aeroxeradores mais distribuídos polos altos de Outeiro da Paralaia e Chans de Ermelo.

Publicado por: MontePituco | 18/12/2012

PLENO DE DECEMBRO: MOCIÓN SOBRE O PARQUE EÓLICO

Roteiro contra o proxecto do parque eólico de Pedras Negras, domingo 23 de decembro.

5 horas e media, longas, monótonas e interminables, durou o pleno de decembro: de 7 da tarde á 12:30 da madrugada. E total, tampouco foi para tanto. O lema de todas as sesións neste Concello pódese resumir en tres palabras: máis do mesmo. Pero cumpría asistir ao debate da moción sobre o proxecto de construcción dun parque eólico en Pedras Negras que lle vai afectar aos municipios de Marín, Moaña e Vilaboa. E en ausencia de responsables directos da Comunidade de Montes de San Tomé, así como de representantes da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, DEFENDE O MONTE PITUCO continuou alí -estoica e voluntariamente- agantando carros e carretas. Máis aínda porque ás 11 da noite tampouco había ningún correspondente local da prensa escrita que puidera plasmar ao día seguinte o resultado deste debate.

Acababa de rematar a parte da orde do día adicada ao tratamento dos asuntos do cotiá e tocaba afrontar o apartado das mocións. Pero como algúns grupos municipais non tiñan copia de todas as cuestións que se pretendían expoñer, a alcaldesa propuxo un receso de cinco minutos para repartir a documentación pendente.

A concelleira de Mar-In, Isabel Martínez Epifanio, expuxo que a moción sobre o proxecto de parque eólico era urxente porque este mes remata o prazo para presentar alegacións e non había ocasión para abordalo noutro pleno posterior. Non leu o texto da moción, que xa fora presentada no Rexistro do Concello o 7 de decembro, e porque os grupos municipais recibiran tamén unha copia por parte da Plataforma Montes do Morrazo, responsable de plantexar esta problemática, como xa se expuxo neste blogue nun artigo titulado precisamente “O PLENO DESTE MES TRATARÁ O SOBRE O PARQUE EÓLICO?“.

No seu resume da situación, Isabel Martínez Epifanio lembrou que o parque eólico afecta a xacementos arqueolóxicos, que se sitúa en solo rústico de protección dos Montes do Morrazo e que, na súa condición de exportadora de polo menos o 40% da enerxía eólica que producía, Galicia non precisaba este novo conxunto de muíños de vento que, ademais, non ían supoñer ningún beneficio para Marín, agás, en todo caso, para as Comunidades de Montes cuxos terreos resultaran afectados ao percibir cartos pola superficie ocupada. A edil de Mar-In puxo de manifesto o seu apoio á Plataforma Montes do Morrazo e demandou que a Xunta rexeitara o proxecto.

A continuación, Pilar Blanco anunciou que secundaría a moción, pero que o BNG ía presentar unha moción complementaria á de Mar-In sobre este mesmo tema.

E Francisco Veiga tamén subiu ao carro adiantando que o PSOE votaría a favor da mesma, argumentando que o Plan Eólico non contara co consenso dos Concellos e das Comunidades de Montes, engadindo a renglón seguido que este tema tiña que terse tratado nunha comisión para que os grupos da oposición puideran facer as súas achegas: “No interesa que los grupos aporten su visión sobre temas urbanísticos o medioambientales”, espetoulle Veiga á alcaldesa.

Verdadeiramente, é O COLMO que os socialistas e os nacionalistas do Concello de Marín vaian de “verdes” pola vida, de defensores do patrimonio histórico, de todas esas cousas que racionalmente son tan politicamente correctas e de sentido común. O que fan, en realidade, é pór de manifesto o FALSOS e HIPÓCRITAS que son, a POSE ARTIFICIAL que de cara á galería quédalles moi ben para quen non os teña “calados”, a súa DOBRE VARA de medir e por tanto, a súa INCOHERENCIA, o carácter DISCRIMINATORIO das súas decisións.

Amósanse preocupados pola conservación dos elementos arqueolóxicos afectados polo proxecto do parque eólico de Pedras Negras pero NON RESPECTAN os petroglifos -catalogados como Bens de Interese Cultural -afectados polo proxecto do parque industrial no Monte Pituco. Defenden os Montes do Morrazo, que contan cunha figura legal de protección ambiental, pero non lles tremeu o pulso á hora de CONDENAR Á DESTRUCCIÓN cun polígono industrial o Monte Pituco, que pertence aos Montes do Morrazo tanto como a zona de Pedras Negras. E conscentes diso, chegaron a propoñer que a Xunta “desafectara” o Pituco do ámbito dos Montes do Morrazo para validar o seu sinistro proxecto industrial nunha das zonas con maior fraxilidade paisaxística e visual da bisbarra, en plena fachada da ría de Pontevedra, fronte por fronte dun núcleo tradicional proclamado como conxunto histórico-artístico. Amósanse críticos coa tramitación do Plan Eólico, pero DESPREZAN claramente os mananciais naturais dos que se nutren unha serie de núcleos de poboación e de fincas de cultivo que con total seguridade van quedar sen auga a causa da urbanización do monte, onde ademais está previsto instalar un depósito a conta deses acuíferos subterráneos e de desabastecer e perxudicar a veciñanza.

En definitiva, un rotundo DESPROPÓSITO a adhesión do PSOE e do BNG a esta moción e a demostración da AUSENCIA DE ÉTICA dos pseudopolíticos que ocupan estes escanos, que mellor farían en absterse, á vista das decisións que tomaron cando estaban no Goberno local.

A alcaldesa explicou que o seu grupo ía absterse nesta moción, garantizando así que a proposta puidera prosperar. “El PP no es contrario a los parques eólicos”, sinalou María Ramallo, que lembrou que se estaba tramitando a declaración de impacto ambiental en aspectos como o patrimonio, a paisaxe e a conservación da natureza.

O que non dixo foi que esa declaración ambiental está baseada en afirmacións pouco menos que kafkianas, como se ten exposto no artigo titulado “COLECTIVOS DO MORRAZO CONTRA O PARQUE EÓLICO“, ao pretender dar por bo un proxecto de infraestruturas que causa danos “severos” no contorno e na poboación cercana. É unha mágoa que tanto o PSOE como o BNG, que -felizmente- votaron a favor da moción da Plataforma Montes do Morrazo defendida por Mar-In, non puideran puntualizar a alcaldesa de Marín sobre as incongruencias do estudo de impacto ambiental. Probablemente porque non o leron nin de refilón. Pero como diciamos, queda moi vistoso aparentar que van a favor dos tempos e pensan en “verde”, malia que maiormente POR CULPA DELES o Monte Pituco está SENTENCIADO a converterse nun polígono industrial aínda sendo tan sensible dende o punto de vista arqueolóxico, paisaxístico e medioambiental.

A alcaldesa continuou explicando que o equipo de Goberno intentara obter un informe técnico do Concello sobre o proxecto do parque eólico, pero que “non se fixo ningún”, polo que acabara solicitándolle un informe sobre este tema ao equipo redactor do PXOM; informe que o Concello lle remitiría á Xunta nos vindeiros días. “No nos oponemos frontalmente”, engadiu María Ramallo en alusión á moción, demandando “que se tomen las garantías necesarias” e as medidas “más restrictivas” na tramitación deste proxecto por parte da Xunta. Neste sentido, só cabe dicir: Imos aviados!

A moción aprobouse definitivamente porque Mar-In, BNG e PSOE votaron a favor e o PP abstívose.

Continuou a concelleira do BNG coa súa parte da moción complementaria para demandar que o Concello “alegue” contra o proxecto do parque eólico, argumentando que as Comunidades de Montes da Mancomunidade do Morrazo xa se posicionaran en contra demandando a “prevalencia do monte comunal”.

Curiosamente, parte do polígono industrial proxectado no Pituco tamén é monte comunal e sen embargo, estando no Goberno local de Marín, o BNG non correu raudo e veloz onda a Comunidade de Montes de San Xulián para pedirlle que reclamara a prevalencia do uso ao que se supón que por lei se ten que adicar o monte comunal. Daquela mesmo tiña na Xunta Rectora da Comunidade a un dos seus satélites informativos e executivos ocupando un posto tan importante como a tesourería, e sen embargo a directiva da Comunidade de Montes de San Xulián pouco menos que aplaudiu coas orellas ao cheirar os cartos que podía embolsar con esta macro-operación especulativa.

En resposta a Pilar Blanco, María Ramallo reiteroulle que o Goberno local pedíralle un informe aos técnicos municipais e que, “ao non telo” -este tema trouxo cola máis adiante-, solicitárallo aos redactores do PXOM. Rematou o turno de intervencións a concelleira de Mar-In para pedirlle á alcaldesa que cando ese informe estivera rematado, que se convocara a Xunta de Voceiros do Concello para coñecer o seu contido. E volveuse realizar outra votación con idéntico resultado que a anterior: abstención do PP e votos a favor da moción do BNG, PSOE e Mar-In.

Agora só falta que estes concelleiros tan comprometidos co medio ambiente, especialmente os nacionalistas e os socialistas, se calcen as botas de montaña e vaian osixenar corpo e mente aos Montes do Morrazo na andaina que terá lugar o domingo 23 en contra do parque eólico. Agardemos que o tempo acompañe nesta ocasión e non volva un segundo Nicky a suspender novamente a convocatoria. E ao rematar o paseo por Pedras Negras e o Coto do Home, ogallá se animen tamén a continuar descubrindo arte rupestre, fermosas paisaxes, e especies sensibles da flora e da fauna autóctona no Monte Pituco. Só así poderán caer na conta do seu craso erro proxectando un polígono neste espazo natural.

Publicado por: MontePituco | 17/12/2012

SATISFACCIÓN POLAS NOVAS BEIRARRÚAS NA AA.VV. SAN XULIÁN

Diario de Pontevedra, 15 de decembro de 2012.

A páxina local do Diario de Pontevedra fíxose eco dunha nota informativa elaborada nestes días pola Asociación de Veciños de San Xulián sobre a reforma da estrada da parroquia coa dotación das novas beirarrúas; unha infraestrutura que o colectivo veciñal viña demandando dende hai 10 anos, co esforzo de quen fora o seu presidente, Xan Montenegro. DEFENDE O MONTE PITUCO súmase ao malestar da concelleira de Mar-In, Isabel Martínez Epifanio, ao demandar que se vaia pasando das palabras aos feitos cando a alcaldesa de Marín, María Ramallo, lle trasladara á familia Montenegro a súa intención de plasmar publicamente o “recoñecemento” a este veciño poñéndolle o seu nome ao vial reformado. Hai que ser valentes e non ceder a presións interesadas e malévolas. En calquera caso, con ou seu homenaxe, a memoria de Xan Montenegro estará SEMPRE VIVA, lle pese a quen lle pese.

A Asociación de Veciños de San Xulián quere expresar a súa satisfacción polo remate das obras de reforma da estrada desta parroquia, que veñen de ser inauguradas polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, e pola alcaldesa de Marín, María Ramallo. Despois dos meses de traballo que foron necesarios para culminar satisfactoriamente esta actuación, na que se investiu un millón de euros, a veciñanza de San Xulián conta cun vial ao que o propio Louzán se referiu xa como unha “avenida”, pola que peóns e condutores poden desprazarse con plenas garantías de seguridade.

A Asociación de Veciños de San Xulián agradece a contribución da Deputación de Pontevedra e do Concello de Marín na sinatura do convenio que fixo posible a mellora dun treito de case un quilómetro de lonxitude, así como a xenerosa colaboración dos propietarios que cederon terreos para a construcción das novas beirarrúas.

A reforma da estrada de San Xulián era unha demanda histórica da parroquia dende que, a partir de 2003, a directiva da Asociación de Veciños, a través de Xan Montenegro, comezara a cursar reiteradamente esta petición ante o Concello de Marín e a Deputación Provincial. Foi unha reclamación á que, malia as dificultades, os avances e os retrocesos nas sucesivas negociacións coas Administracións, nunca se renunciou, e na que Xan Montenegro volcou un enorme esforzo ata o seu prematuro pasamento, en xuño de 2011.

Por iso adquiren moito valor as palabras de recoñecemento por parte do presidente da Deputación hacia a figura de Xan Montenegro no marco do acto de inauguración celebrado onte en San Xulián, ao lembrar que estiveron ambos estiveron reunidos no Pazo Provincial “hai bastantes anos” abordando o proxecto de construcción das beirarrúas: “Hai persoas que loitaron e gustaríalles estar hoxe aquí, seguramente, para ver que ese afán por mellorar a calidade de vida dos veciños se logrou, porque houbo unión e traballo entre todos. Por tanto, tamén a eles o noso recordo e a nosa noraboa”, sinalou Louzán na súa intervención.

Ao remate do acto, unha representación da Asociación de Veciños de San Xulián e da familia Montenegro Villanueva, agradecéronlle ao titular da Deputación a súa deferencia. Coa consecución deste obxectivo, a Asociación de Veciños de San Xulián dá por concluida unha etapa para afrontar novos desafíos que redunden no progreso da parroquia. E para iso, a principios do vindeiro ano 2013, convocará os seus afiliados a unha asemblea na que se plantexarán, entre outras cuestións, a renovación da xunta directiva.

Publicado por: MontePituco | 16/12/2012

OS EFECTOS DO TEMPORAL ‘NICKY’

A auga que baixa dende o Monte Pituco cara ás veigas.

Protección Civil tivo que talar un piñeiro que se desplomou contra a estrada.

Árbore caída no lugar do Caeiro.

Publicado por: MontePituco | 15/12/2012

ANULADA A ANDAINA CONTRA O PARQUE EÓLICO

ANULADA

a andaina contra o parque eólico

ANULADO por mor do mal tempo.

…a causa do TEMPORAL…

Anunciarase unha data posterior na que agardemos que o tempo acompañe.

Publicado por: MontePituco | 14/12/2012

A PROBLEMÁTICA DOS CABALOS, NOTIFICADA Á XUNTA

La Voz, sobre o escrito presentado na Delegación da Xunta sobre os cabalos coas patas atadas.

Esta semana foi presentada na delegación provincial da Consellería de Medio Rural un escrito notificando a existencia dun grupo de cabalos que pastaban polo Alto do Pornedo coas patas atadas con cordas. Como non se trata dun caso illado, senón que a presenza de gando mostrenco con esta problemática das extremidades prendidas é algo relativamente “normal” nos montes que abarcan dende Pontevedra ata Vilaboa, pasando por Marín e o contorno da Lagoa de Castiñeiras, e son numerosas as denuncias ou as queixas expostas en diversos foros por colectivos ecoloxistas, animalistas e mesmo particulares, en DEFENDE O MONTE PITUCO optamos por notificarllo á Administración autonómica.

No escrito pediuse máis vixiancia e máis medidas para localizar os propietarios destas reses. En primeiro lugar, porque están a incumprir de xeito impune a Lei de Protección Animal ao limitar o seu movemento con pexas, cadeas, cordas, ou artiluxios semellantes nas súas patas. Neste caso era máis cruel e flagrante aínda, xa que os catro equinos da manada -non só un- tiñan esa limitación.

Probablemente tampouco os donos deste gando o teñan regulado conforme o recente decreto sobre identificación, ordenación sanitaria dos cabalos e xestión dos équidos mostrencos.

Agardamos entón que os responsables provinciais da Consellería de Medio Rural, sexan os provisionais ou mellor os definitivos, unha vez que remate de configurarse a cadea de cargos orgánicos deste departamento da Xunta, tomen nota desta lacra e fagan o todo o posible por erradicala aplicando medidas contundentes cos infractores.

Publicado por: MontePituco | 13/12/2012

A INAUGURACIÓN DAS BEIRARRÚAS, NA PRENSA

Diario de Pontevedra, 13 de decembro de 2012.

Diario de Pontevedra, 13 de decembro de 2012.

FARODEVIGO

San Xulián estrena servicios tras una inversión de un millón

F.M. – MARÍN El presidente de la Diputación, Rafael Louzán, y la alcaldesa de Marín, María Ramallo, inauguraron ayer la obra de mejora y dotación de aceras y servicios en San Xulián, en la carretera provincial Figueirido-Marín. La obra fue resultado de un convenio entre la Diputación y el Concello, para dotar de aceras a San Xulián y mejorar la carretera, incluyendo el ensanche y urbanización de las parroquias. La actuación fue realizada por la empresa Sercoysa con un presupuesto de 1 millón de euros. En la inauguracióntanto la alcaldesa como el presidente de la Diputación recordaron que esta actuación se acometió por ser una esperada demanda vecinal y a pesar de los momentos difíciles momentos económicos para la Administración.

Foto, Faro de Vigo (Gustavo Santos).

Publicado por: MontePituco | 12/12/2012

12/12/12: INAUGURACIÓN DAS BEIRARRÚAS

Na inauguración das obras de reforma da estrada de San Xulián.

Que o presidente da Deputación diga, mentres esboza un medio sorriso, que pensaron expresamente no 12/12/12 para celebrar a inauguración da reforma da estrada de San Xulián, non deixa de ser unha brincadeira. Pero algunha nota de humor había que pórlle a unha xornada grisalla e chuviosa, que será lembrada na parroquia porque, malia que as beirarrúas xa son unha realidade da que a veciñanza leva un tempo disfrutando despois dunha longa espera, había certa curiosidade por saber cando e como se escenificaría a visita oficial.

Alí estaban directivos actuais e anteriores da Comunidade de Montes como entidade anfitriona do acto, responsables da empresa adxudicataria das obras, algúns habitantes das proximidades que se animaron a saír da casa a pesar do día desapacible, representantes municipais múltiples e variopintos -Veiga do Psoe, Esther Crespo do Bng e polo PP, ademais de Louzán e da alcaldesa, os concelleiros Pablo Novas, Santos Costa, Marián Sanmartín e José Cidrás- e outros especimes que se apuntaron atraídos polas “exquisiteces gastronómicas” que se serviron ao final dos discursos, entre as que destaca a especialidade da casa (de des-montes): o “pincho de orella”, isto é, a orella dos políticos na que rillaron canto puideron os que alí quedaron para arreglar o mundo e as súas cousas.

A inauguración consistiu nun paseo de ida e volta dende a Casa de Cultura ata o cruce de San Xulián. A señora Pepa tivo o privilexio de descubrir unha placa adosada a unha pedra decorativa que, a penas dúas horas antes de recibir a comitiva, foi instalada a carón da entrada do edificio.

E tralo discurso de María Ramallo, no que agradeceu a colaboración veciñal na cesión de terreos, foi o turno de Rafael Louzán. Se a alcaldesa non quixo nomear a ninguén para “non esquecer” a ningunha persoa -e de paso non ferir susceptibilidades- que contribuíra a materializar o proxecto, o presidente da Deputación non tivo ningún reparo en citar expresamente un nome propio:

“…Quero recordar que cando María facía mención de todos os que están e mais dos que non están, vaia tamén para eles un recordo. Porque había un compañeiro que naquel entón estaba tamén na Corporación de Marín, e que xa non está. Eu recordo que ten estado, por primeira vez comigo, hai bastantes anos, igual que a actual alcaldesa, demandando esta actuación. Chamábase Xan Montenegro. Pois vaia un recordo do día de hoxe para Xan Montenegro porque el tamén, cun grupo de veciños, estivera con nós na Deputación, hai bastantes anos. Hai persoas que loitaron e gustaríalles estar hoxe aquí, seguramente, para ver que ese afan por mellorar a calidade de vida dos veciños se logrou, porque houbo unión e traballo entre todos, Por tanto, tamén a eles o noso recordo e a nosa noraboa”.

A familia Montenegro e o presidente da Asociación de Veciños de San Xulián agradecéronlle a Louzán as súas palabras en memoria de Xan.

A familia de Xan Montenegro e o presidente da Asociación de Veciños de San Xulián estaban alí para escoitar esas palabras de recoñecemento a unha figura senlleira desta parroquia, que nos deixou prematuramente, despois de terse entregado, dende o ano 2003, a loitar, de despacho en despacho, pola consecución destas obras de mellora tan necesarias para a estrada de San Xulián. Grazas ao empeño persoal de Xan, ao respaldo colectivo da Asociación, coa indispensable colaboración veciñal, e unha serie de circunstancias políticas que se foron dando nos últimos tempos, os habitantes de San Xulián e os condutores poden desprazarse con moitas máis garantías de seguridade que antes, e contan cunha avenida onde antano había un vial do máis corriente.

Dende a propia Deputación lembraron, a través dunha nota informativa, das principais caracteríasticas da actuación, realizada pola constructora Sercoysa cun orzamento de 1 millón de euros:

Efectuáronse traballos en 856 metros liniais, cun ancho de plataforma de 12,6 m.: dúas aceras de 1,80 m., aparcamento de 2,40 m., e dous carrís de 3,30m. No capítulo de ensanches e reposicións, ensanchouse a plataforma ata conseguir 9 metros de ancho. Fixeronse 4.500 m3 de excavacións, 4.500 m3 de terrapléns e 1.270 m2 de muros de contención.

En canto a retranqueo de peches e outros, realizaronse peches de perpiaño (80m2), muros de mampostería (85m2), peches de fábrica en bloque (150m2) e traslado e reposición de emparrados (694m2). Nas pertinentes pavimentacións foron utilizados Zahorra (362.880 m3), Macadam bituminoso (580.608 m3) e Mezcla bituminosa en quente (1.700 toneladas). En canto ás redes de servizos, a Deputación acometeu canalizacións de pluviais (1740 ml), de saneamentos (210 ml), de rede de enerxia eléctrica (1.140 ml) e de telecomunicacións (1.260 ml).

As beirarrúas foron con bordillo de formigón (1.712 ml) e acera con baldosa (3.081 m2). Instalaronse 49 unidades de luminarias; cable conductor en 1.950 ml; e toma de terra, 24 unidades. E instalouse nova sinalización vertical e horizontal.

…Agora só resta desexar que todas as empresas que traballaron nesta obra perciban as cuantías pendentes e que a parroquia siga experimentando no futuro novas melloras. Para iso é máis necesario que nunca o apoio da Asociación de Veciños de San Xulián, cuxa directiva rematou con éxito unha etapa, pero que cómpre que o colectivo siga ao pé do canón impulsando novos obxectivos, como a defensa do Monte Pituco.

(Fotos: Deputación de Pontevedra)

Publicado por: MontePituco | 11/12/2012

MAÑÁ INAUGÚRASE A REFORMA DA ESTRADA DE SAN XULIÁN

A evolución nas obras de reforma da estrada de San Xulián.

Mañá mércores, 12 de decembro, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, van inaugurar as obras de reforma da estrada de San Xulián, que experimentou un notable cambio, entre o cruce coa barriada de San Pedro e a subida á lagoa de Castiñeiras: construíronse beirarrúas a ambos lados do vial, coa dotación adicional de muros e barandillas nos puntos nos que había desnivel; melloráronse os servizos e aplicouse unha nova capa de asfalto, que se completou co pintado das marcas horizontais e a instalación de sinais verticais. O punto de encontro do acto -aberto ao público, segundo o Concello- é na Casa da Cultura de San Xulián ás 17:30 horas.

No momento de termos coñecemento desta convocatoria, DEFENDE O MONTE PITUCO contacta coa Asociación de Veciños de San Xulián e esta, á súa vez, coa familia de quen fora presidente do colectivo veciñal e un dos principais impulsores desta actuación: Xan Montenegro. Sorprendentemente, en ningún dos casos tiñan coñecemento desta inauguración.

Non é de recibo que o Concello de Marín non teña o detalle de facer partícipes deste acto os representantes veciñais e os achegados de Xan Montenegro, cos que mesmo houbo conversas para tratar de poñerlle o seu nome ao vial cando sexa transferido dende a Administración provincial á local. Alega a alcaldesa que o aviso da Deputación chegou ao Concello a media tarde de hoxe, e que a penas houbera tempo para notificarlle a celebración do acto aos voceiros municipais da oposición e á directiva da Comunidade de Montes de San Xulián para que lle cederan unha sala da Casa de Cultura.

A inauguración, en principio consistiría nunha presentación dos pormenores da obra e, se o tempo o permite, un percorrido a pé polas novas beirarrúas. Dende a Asociación de Veciños, loxicamente, responden que non se lle demanda ao Concello ningunha gran celebración, nin fastos, nin artificios, nin alardes económicos innecesarios. Pero agardan que, como mínimo, os responsables do Goberno local os teñan en conta no momento de inaugurar unha actuación na que o colectivo veciñal xogou un notable papel reivindicativo; un papel que foi decisivo na figura de Xan Montenegro, que adicou ata o último alento da súa vida na demanda desta obra, que por desgraza non puido ver convertida en realidade.

María Ramallo sinalou que a colaboración dos veciños e propietarios que cederon terreos para facer posible a construcción das beirarrúas, foi “exemplar”. Por iso, a poucas horas de que se celebre esa inauguración, a alcaldesa pretendía que ao longo da mañá se realice un buzoneo polas vivendas da zona convidando a veciñanza a asistir ao acto oficial na Casa da Cultura.

A evolución nas obras de reforma da estrada de San Xulián.

Publicado por: MontePituco | 10/12/2012

POR ENÉSIMA VEZ, CONTRA O MALTRATO ANIMAL

 

As súas siluetas entre a vexetación recurtábase no horizonte, coa bocana da ría e co arquipélago de Ons como telón de fondo. Os cabalos ceibes forman parte da paisaxe do Monte Pornedo: pastan entre a matogueira ou no prado da ladeira. Por desgraza, os máis dos cabalos que atopamos nesta contorna son vítimas de propietarios despiadados que non se preocupan en absoluto polo seu benestar, mirando unicamente polo proveito económico que lle poidan tirar co nacemento de novas crías que venden nun mercado de dubidosa transparencia. Eluden as súas responsabilidades dende o punto de vista sanitario, permanecen invisibles e impasibles cando o gando mostrenco causa algún dano nos cultivos das veigas. Non lles move ningún tipo de inquedanza cultural nin a prol da transmisión da tradición, a diferenza doutros propietarios que velan pola conservación dos curros ancestrais. Son gandeiros de pacotilla e sen escrúpulos, que deberían responder ante a Fiscalía por incumplir a lei de protección animal.O Alto do Pornedo é un dos montes onde pastan os cabalos "ceibes".

O Alto do Pornedo é un dos montes onde pastan os cabalos "ceibes".

O Alto do Pornedo é un dos montes onde pastan os cabalos "ceibes".

Os catro cabalos que atopamos no Alto do Pornedo tiñan as patas dianteiras atadas con cordas moi curtas.

Colectivos como a Asociación Libera expoñen que, malia a lexislación relativa ao gando equino, que obriga a identificar os animais, e a lei galega de protección animal, que prohibe calquera artiluxio colocado nas patas, moitos propietarios seguen optando por limitar os seus movementos con pexas, trancas, cordas ou cadeas que lles dificultan gravemente a supervivencia.

Libera vénlle reclamando á Fiscalía unha “maior contundencia” na solicitude de condeas para os responsables desta práctica, xa que moitos deles son sancionados con “multas irrisorias”. Os concellos, pola súa parte, deben colaborar na recollida e custodia destes animais; sen embargo, alegan falta de medios e competencias para actuar.

O Diario Oficial de Galicia publicou o 6 de xullo deste ano o decreto da Consellería de Medio Rural e do Mar que regula a identificación e ordenación sanitaria dos cabalos e a xestión dos équidos mostrencos. Sobre a detección e captura dos cabalos susceptibles de provocar danos, a norma concreta as responsabilidades dos titulares dos terreos e da autoridade municipal á hora de capturar, trasladar, manter e custodiar estes animais.

Unha vez máis, a lacra do maltrato animal, contra a que cómpre unha solución urxente.

Unha vez máis, a lacra do maltrato animal, contra a que cómpre unha solución urxente.

Ligazóns:

Liña de denuncia “Cabalos con cepos” da Asociación Animalista Libera

Petición dirixida á Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra e ao presidente da Xunta contra o maltrato aos animais con cepos a través da páxina Change.org

Coa publicación deste video e deste artigo, DEFENDE O MONTE PITUCO volve dar conta publicamente desta grave problemática, para que quede constancia do noso rexeitamento ao maltrato animal, para que medre a concienciación e a denuncia social destes casos tan lamentables.

Unha vez máis, a lacra do maltrato animal, contra a que cómpre unha solución urxente.

Publicado por: MontePituco | 09/12/2012

NA VOZ SOBRE A ÚLTIMA CACERÍA DO LOBO EN MARÍN

La Voz de Galicia, 28 de novembro de 2012.

La Voz de Galicia, 30 de noviembre de 2012.

Publicado por: MontePituco | 07/12/2012

O PLENO DESTE MES TRATARÁ SOBRE O PARQUE EÓLICO?

Máis de 200 persoas participaron na andaina organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo contra o parque eólico de Pedras Negras. O próximo 16 de decembro haberá outro roteiro.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo presentou un escrito no Concello de Marín para que se debata no pleno deste mes de decembro, que se celebrará o vindeiro venres 14, o proxecto de Enel Green Power España para instalar un parque eólico en Pedras Negras. Atópase en fase de exposición pública, polo que o colectivo demanda que a Corporación marinense se posicione na súa contra e que lle traslade á Xunta un dictame negativo en forma de alegación para procurar a súa paralización. A continuación, o texto do escrito:

Estando en exposición pública o proxecto de parque eólico denominado de Pedras Negras presentado pola multinacional Enel Green Power España, localizado nos concellos de Marín, Moaña e Vilaboa, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere dirixirse á corporación municipal e á alcaldía para expoñer o seguinte:

Consideramos que o impacto, de se levar adiante este parque eólico nos Montes do Morrazo, sería negativo para a natureza, a paisaxe, o patrimonio arqueolóxico e para a economía da nosa bisbarra.

Como se recoñece no estudo de impacto ambiental presentado pola empresa, as obras de instalación do parque afectarían de feito severo e “moderado” a un total de 14 xacementos arqueolóxicos. Hai que ter en conta que son os que coñecemos e están catalogados na actualidade, o máis probábel será atopar novos achádegos durante a execución das obras, pois estamos nunha das zonas de maior riqueza patrimonial e arquolóxica do Morrazo.

Especial consideración merece a mámoa de Chan d´Arquiña e a súa área recreativa, declarada Ben de Interese Cultural e contando polo tanto coa máxima protección legal. O parque forestal e a área de lecer serán afectados na fase de construción polo paso da maquinaria e a construción ou ampliación das pistas existentes. Unha vez rematada a instalación, o impacto visual e acústico que provocan os aeroxeneradores estragarán a capacidade de atracción da zona.

A afección á paisaxe só a podemos denominar como contundente. Os cumios máis altos do Morrazo estarán inzados por 14 muíños de vento que serán visíbeis a grandes distancias. Farán sombra á Enseada de San Simón, cualificada como LIC e habitat natural dun número importante de aves. Desde Vigo a Sanxenxo a visión dos nosos montes e da nosa paisaxe estará caracterizada por estas construcións, rematando cunha das poucas zonas que aínda quedan libres de parques eólicos en Galiza. Temos que lembrar a importancia que ten o turismo para os concellos das Rías Baixas e o impacto negativo que pode supoñer neste sector.

O nacemento dos ríos Loira, Lameira, da Fraga, Miñouba e Riomaior, estes dous últimos con saída na súa desembocadura dentro do LIC da enseada de San Simón, están na zona de implantación do parque eólico. Os desterros, ampliación de pistas ou aplanamentos do terreo, como xa aconteceu coa construción da variante de Marín ou coa denominada vía rápida do Morrazo, van afectar a estes regos sen que exista unha avaliación fiábel do impacto.

Son coñecidas as negativas repercusións dos aeroxeneradores na fauna, concretamente nas aves e morcegos. A mortandade da fauna e a desfeita da flora durante a construción do parque, e unha vez rematado, son permanentes.

No estudo de impacto ambiental non se menciona que pretenden construír o parque eólico dentro do Espazo Natural dos Montes do Morrazo, catalogado dende o ano 1990 como solo rústico de especial protección de espazos naturais dentro das Normas de Planeamento Provinciais de Pontevedra. Esta catalogación prohibe os usos industriais dentro do seu regulamento.

Galiza exporta aproximadamente un 40% da enerxía eléctrica que produce, polo que non é necesaria a ampliación ou construción de novos parques eólicos. Coa renovación dos existentes acadaríase unha maior produción de electricidade.

Os supostos beneficios económicos da produción eléctrica non van repercutir en Marín, nin en Moaña e Vilaboa; van ser para unha multinacional italiana Enel Green Power. Non se valora o impacto económico nas comunidades de montes, o que van deixar de gañar, nin a perda da propiedade dos terreos en caso de se levar adiante a expropiación. Nun parque eólico non se poden dar os usos forestais, silvícolas ou gandeiros que si se dan na actualidade.

A repercusión para os habitantes de Morrazo, en beneficio económico ou de redución de prezo da electricidade, vai ser negativa. A hostelería, o turismo que busca o lecer e a natureza, vai perder capacidade de promoción dun espazo que ten grandes pontencialidades naturais, históricas e arqueolóxicas.

Temos que destacar a existencia do Clube de Parapente Morrazo, o máis importante e numeroso de Galiza, e que desenvolve parte das súas actividades en Pedras Negras. Este clube move un importante número de persoas que veñen aos nosos montes a practicar o parapente, sendo polo tanto un elemento máis de promoción da nosa bisbarra.

Estamos ante un proxecto empresarial de carácter especulativo, o que en económia se denomina unha industria de enclave, que vén lucrarse dos nosos recursos naturais para exportar os beneficios. O que nun principio pode parecer “ecolóxico”, a enerxía eólica, convértese na súa forma de implantación en grandes parques eólicos nunha desfeita ambiental.

Enel Green Power pretende construír un parque eólico para obter uns beneficios que non van repercutir na vila de Marín, a nós e ao Morrazo só nos van deixar unha paisaxe estragada por un enorme impacto visual, unha repercusión negativa no medio ambiente, nos ríos, na fauna, na flora e a imposibilidade de levar adiante un desenvolvemento sostíbel do monte.

É por todo isto polo que nos diriximos á Corporación Municipal para que se posicione contra o proxecto de parque eólico presentado por Enel Green Power España e actualmente en fase de exposición pública. Solicitamos, ademais, que se faga chegar este posicionamento á Xunta de Galiza para que definitivamente este proxecto non se leve adiante.

Faro de Vigo, 30 de novembro de 2012.

La Voz, 30 de novembro de 2012.

Publicado por: MontePituco | 06/12/2012

NOVO ROTEIRO CONTRA O PARQUE EÓLICO

roteiro contra parqueólico_dec12

Publicado por: MontePituco | 05/12/2012

COLECTIVOS DO MORRAZO CONTRA O PARQUE EÓLICO DE PEDRAS NEGRAS

Membros da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, representantes das Comunidades de Montes de Santomé e de Moaña, da Federación de Asociacións de Veciños A Chamusca, de Queremos Galego Marín, do 15M, de Morrazo 2020, da Plataforma en Defensa da Ría de Vigo, de Parapente Morrazo, do colectivo ecoloxista Luita Verde e da Asocación Anduriña, entre outros, participaron na xuntanza celebrada onte na Casa da Mocidade de Moaña para tratar sobre o proxecto de instalación do parque eólico de Pedras Negras, que se atopa en fase de exposición pública.

O arquitecto Juan Fernández Rivas fixo unha detallada exposición dos aspectos máis salientables do plan: que lle afecta á península do Morrazo, en pleno corazón das Rías Baixas, crebando a importancia turística desta zona; o estrago que causarán as obras no monte ao ter que ampliarse o ancho das pistas de 4 a 6 metros para facilitar o tránsito dos camións que remolcan as enormes pezas dos aeroxeneradores; o impacto que terá na fisonomía do monte a causa das explanacións que habería que facer para corrixir o desnivel natural do terreo e poder instalar os muíños nunha superficie totalmente chan; e o despregue de cableado de alta tensión que sería necesario ao longo das pistas.

Ademais dos 14 muíños -ou 15, é un dato que non está claro- o proxecto tamén contempla a dotación dunha subestación eléctrica e dúas estacións meteorolóxicas con mástiles da mesma lonxitude que os muíños, de 115 metros de altura. Tanto como os pilares da ponte de Rande.

Un dos argumentos nos que se fixo máis fincapé é no impacto visual que terá o parque eólico, que non pasará desapercibido dende as Illas Cíes e Ons, nin Cabo Home, a Enseada de San Simón, as localidades de Vilaboa, Moaña, Marín, Cangas, Bueu… “A paisaxe impórtalles pouco, o que queren é vento”, criticou Juan López Rivas.

Tampouco se libran dos efectos negativos os nacementos dos ríos e os mananciais subterráneos, nin o patrimonio arqueolóxico que conforman mámoas e petroglifos catalogados e declarados Bens de Interese Cultural.

O estudo de impacto elaborado pola empresa Instra Ingenieros -que a fin de contas traballa para Enel Green- non pode agochar o elevado grao da afección sobre a poboación próxima (severo), os espazos naturais (moderado), o patrimonio (moderado) e elementos vencellados co Plan de Ordenación do Litoral (severo). E as medidas compensatorias que se propoñen -a creación de rutas de bici, de sendeirismo, arqueolóxicas- ou xa existen ou non contribúen a paliar en absoluto a desfeita.

Entre os comentarios dos colectivos representados, a queixa xeralizada de que o Goberno galego sempre aproveita o verán ou o Nadal para sacar a información pública proxectos deste tipo. Tamén se advertiu que a ameaza do parque eólico non se cingue unicamente ao ámbito de Pedras Negras, senón que no futuro tamén se pode extender a outros espazos da bisbarra: dende os montes próximos a Figueirido, pasando polo propio Pornedo, e acabando mesmo nos montes de Bueu.

De momento, a previsión coa que traballa Enel Green pasa por instalar 9 muíños en Domaio, 4 en Santomé e 1 en Vilaboa, máis a estación na zona de San Adrián. Pero a superficie afectada polas consecuencias negativas vai máis aló do punto no que se erixen os postes e as demais infraestruturas do parque, senón en quilómetros á redonda: todo Domaio, San Adrián, Riomaior, en Marín os lugares de Pastoriza, Allariz e Miñan…

Cómpre reivindicar, pois, que os Montes do Morrazo pertencen á Rede Galega de Espazos Naturais e figuran como espazo natural protexido nas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento.

Os representantes das Comunidades de Montes anunciaron a celebración de asembleas: Santomé reunirá os seus 280 comuneiros o próximo 16 de decembro; tamén se reunirán a próxima semana as comunidades integradas na Mancomunidade do Morrazo. Enel Green xa lle enviou cartas aos propietarios dos terreos anunciándolles que o proceso está en marcha: se neste mes de decembro non presentan alegacións, posto que o proxecto está declarado de interese público, iniciaríase o expediente de expropiación. En principio, comunidades como a de Santomé anunciaron a súa intención de “defender o monte” e demandar a “prevalencia” do uso veciñal. En calquera caso, que a empresa xa iniciara conversas ou non cos propietarios é unha cuestión que pode decantar o pronunciamento final destas organizacións.

Polo demais, está previsto organizar asembleas informativas nas parroquias directamente afectadas. Tamén se porá en marcha unha campaña de mobilización social para captar o apoio da cidadanía á hora de presentar alegacións. As consideracións previas que se remitiron hai uns meses á Xunta non se tiveron en conta, polo que a Plataforma Montes do Morrazo e as demais organizacións que rexeitan este proxecto traballarán nos vindeiros días na elaboración dunhas alegacións formais, ben argumentadas e completas. Solicitarase o rexeitamento das Corporacións municipais de Marín, Moaña e Vilaboa ao parque eólico. E ademais organizarase un roteiro reivindicativo, previsto en principio para o 16 de decembro.

Impacto visual do parque eólico de Pedras Negras.

Foto de G.N. (Faro de Vigo).

Colectivos de O Morrazo exigirán a los gobiernos locales que se posicionen contra el parque eólico

Retomarán las rutas de senderismo por la zona y presentarán alegaciones individuales y grupales

E.M. – MOAÑA El proyecto eólico de Pedras Negras continúa despertando el malestar entre los vecinos de Moaña y los colectivos sociales de la comarca. Ayer, decenas de representantes de asociaciones vecinales, culturales y deportivas realizaron un acto en la Casa da Xuventude para establecer la primera toma de contacto después de que el proyecto entrase en la fase de exposición pública.

Después de una explicación técnica, realizada por el arquitecto moañés Juan Rivas, los colectivos realizaron una exposición en común para determinar una serie de medidas de presión que obliguen a la retirada del proyecto de “forma inmediata”. Uno de los planteamientos que se pusieron sobre la mesa es la elaboración de mociones para que los gobiernos de Moaña, Marín y Vilaboa tomen posición con respecto al parque eólico y ratifiquen su decisión en sesión plenaria. Quieren que los vecinos tomen una posición activa en contra del proyecto y en las próximas semanas se organizarán diferentes charlas divulgativas para que comprendan “el verdadero impacto ambiental que se esconde detrás de este plan”.

Por otra parte, se prepararán alegaciones de redacción simple para que los vecinos, a título individual, presenten sus quejas y se cuantifiquen numerosas protestas durante el periodo de exposición al público. Además, está previsto que cada uno de los colectivos realice una alegación de carácter colectivo, que tendrá un carácter mucho más extenso y técnico.

Durante el mes de diciembre se plantearán algunas nuevas rutas por las zonas afectadas. De este modo, grandes y pequeños podrán comprobar el estado actual de la zona y se les explicará in situ qué supondría la instalación de catorce aerogeneradores de 119 metros de altura.

Los colectivos no descartan volver a reunirse en los próximos días para determinar las fechas de sus movilizaciones.

Publicado por: MontePituco | 05/12/2012

PRESENZA DE CANS CEIBES NA VARIANTE

La Voz de Galicia, 5 de diciembre de 2012.

Publicado por: MontePituco | 04/12/2012

DA DEFENSA DO MONTE… AO NEGOCIO CO MONTE

A Comunidade de Montes de San Xulián manifestouse contra a franxa de seguridade da Brilat: "En defensa dos nosos montes".

En xuño de 2009 a Comunidade de DESmontes de San Xulián facía un alarde de valentía ao saír campo a través -e pancarta en ristre- “en defensa dos nosos montes”, secundando a manifestación convocada dende Salcedo e Lourizán para protestar contra a franxa de seguridade da Brilat. Pero esa arroutada de suposto “compromiso” co monte veciñal e co seu carácter indivisible, inalienable, imprescriptible e inembargable non era máis que unha fachada de apariencia. Logo acuñaríase a famosa frase dun dos directivos da xunta rectora -vixente aínda no cargo- afirmando sen rubor que prefería que o monte se convertera nun polígono industrial antes de que a Brilat o levara “pola cara”, textualmente. Porque é o único que lles interesa “xestionar”: euros, en vez de hectáreas. Ordear o monte, velar pola explotación sostible dos seus recursos, custodiar o seu legado natural e patrimonial para desenvolver a faceta social que debe cumprir… iso é moi engorroso. Canto mellor, para esta caste de Comunidades de DESmontes: o seu habitat natural non é o bosque nin as corredoiras, senón os bancos, as asesorías, os despachos de políticos e especuladores de luva branca.

O tempo pon a cada quen no seu lugar e destapa as súas intencións auténticas e orixinais, por moito que se disfracen coa excusa demagóxica da crise e dos postos de traballo.

A Comunidade de Montes de Salcedo celebrou este pasado fin de semana unha asemblea histórica e festexou merecidamente que vén de recuperar nos Tribunais a titularidade do monte no que se asentan as instalacións da Brilat. Que a través do mecanismo da expropiación vaia cederlle ao Exército as 32,5 hectáreas que ocupan os edificios do acuartelamento, e outras 60 para que os efectivos militares sigan realizando manobras e exercicios de adestramento, non xustifica a priori que a Comunidade de Montes de San Xulián teña billete para subirse ao carro das cesións en aras desa argumentación tan amable e celestial polo mantemento da base e dos milleiros de postos de traballo que sustenta.

Onde antano había un discurso belixerante sobor da franxa de seguridade e do rexeitamento á reducción do terreo de aproveitamento comunal, agora impera a mansedume e a connivencia a golpe de talonario.

Non vale a excusa de que Salcedo “cede”. Salcedo cede o imprescindible pero vai recuperar para uso integramente veciñal -e libre de toda ocupación militar- 80 valiosas hectáreas nas que poderá plantar especies autóctonas, micorrizar parcelas de terreo, trazar rutas de sendeirismo enlazando os xacementos arqueolóxicos que vai pór en valor… e moitas máis accións de proveito que San Xulián está a anos luz de imaxinar sequera. Porque aquí, por desgraza, o plantexamento está nas antípodas do que se entende por un monte comunal baseado nas súas facetas económica, ecolóxica e patrimonial.

Que San Xulián pretenda cederlle 38 hectáreas ao Exército na zona do Alto de Pedralonga, cando as instalacións físicas da base están ben lonxe desta parroquia, non responde, en calquera caso, a ningunha “chantaxe” emocional baseada nun hipotético desmantelamento da Brilat. A compensación monetaria é unha razón de peso, contante e soante, para que a Comunidade de Montes entre polo aro e faga aflorar as súas contradicións: u-la defensa do monte veciñal que tanto se cacarexaba?

Foto da Brilat. Capotillo (La Voz).

Comuneros de Marín apoyan ceder 38 hectáreas para evitar la marcha de la Brilat

San Xulián confía en pactar un canon anual por el uso de los terrenos

Marcos Gago. Marín / La Voz 04 de diciembre de 2012

La junta rectora de los comuneros de San Xulián de Marín apuesta por facilitar, en la medida de lo posible, la continuidad de la base de la Brilat en Pontevedra con la cesión de unas 38 hectáreas. La directiva de los comuneros mantuvo una primera toma de contacto, a petición de los responsables de la base, donde analizaron la situación. El presidente de la junta de San Xulián, Francisco Casal, explicó que es partidario de la cesión «para que no se marche la Brilat de Pontevedra». Casal señaló que la base es una fuente de trabajo en la comarca y por lo tanto de riqueza en el entorno, y que este es un factor importante a la hora de favorecer su continuidad. En todo caso, el acuerdo consistirá en una cesión a cambio de una contraprestación, por lo que los vecinos seguirán siendo los titulares del monte.

Los mandos militares expusieron a los comuneros las necesidades de trasladar el cinturón exterior de la base desde las proximidades de los núcleos habitados de Salcedo hacia zonas de monte más alejadas de las viviendas. El monte de San Xulián, precisamente, cumple a la perfección con estas características y los dirigentes militares sondearon a los comuneros sobre su disposición a ceder el uso de los terrenos necesarios, una superficie estimada de entre 36 y 38 hectáreas en el área denominada Alto de Pedralonga.

Respaldo imprescindible

El sí de San Xulián es fundamental para la operación de traslado del perímetro de la base desde su situación actual hacia el monte más elevado, donde no hay núcleos, ni viviendas dispersas. Figueirido, Vilaboa y Salcedo, las tres comunidades entre las que en la actualidad se reparten los terrenos de la Brilat, también ven con buenos ojos la operación. Salcedo será la que perderá más hectáreas de afección de la base, pero para compensar, el traslado del perímetro supone, necesariamente, la disponibilidad de los terrenos de San Xulián.

Francisco Casal puntualizó que la superficie sopesada por la Brilat en Marín «no se destinaría a maniobras, no sería de tiro». Se trataría de un espacio donde se realizarán las prácticas de acampada, las marchas y otras cuestiones estratégicas. Así pues, en el Alto de Pedralonga, no se llevarán a cabo la construcción de edificios ni será un campo de tiro. La madera seguirá siendo propiedad de los comuneros, mientras que el mantenimiento del monte le correspondería a la Brilat.

La buena voluntad de la junta de San Xulián tendrá que ser refrendada por un acuerdo de la asamblea vecinal cuando el acuerdo esté más perfilado. Casal entiende que la contraprestación tendrá que tener un carácter económico, aunque esta negociación dependerá de Defensa.

Diario de Pontevedra, 28 de novembro de 2012.

Publicado por: MontePituco | 03/12/2012

ASEMBLEA ANTI-PARQUE EÓLICO EN MOAÑA

Vistas dende Pedras Negras ata o Outeiro da Charamiza, pasando por Chan de Goa e o rio Miñouva, en zonas afectadas pola construción do parque eólico. (Foto, Cándido Martínez, de Luita Verde).

Mañá martes, 4 de decembro, a partir das 20:00 horas, os colectivos e particulares que rexeitan a instalación do parque eólico de Pedras Negras están convocados a unha xuntanza na Casa da Xuventude de Moaña (As Barxas). O proxecto está en fase de exposición pública, polo que o motivo da asemblea é artellar as alegacións en contra da instalación dos aeroxeneradores nos Montes do Morrazo. Tamén está previsto programar un novo roteiro pola zona afectada e deseñar mecanismos de protesta, como pancartas e outros métodos de propaganda contra o parque.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vén de pronunciarse nos seguintes termos:

Despois do anuncio de información pública do proxecto de parque eólico de Pedras Negras e do saído en relación co mesmo nos medios de comunicación esta semana, queremos salientar:

El parque eólico se somete a exposición pública y recibe las primeras alegaciones“, Faro de Vigo, 30 de novembro de 2012.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo somos unha organización de colectivos e veciños/as non só críticos senón, na realidade, contrarios/as frontalmente á instalación do parque eólico.

A maioría das afeccións extraídas na prensa do proxecto actualmente en exposición pública (área de lecer e mámoa de Chan de Arquiña, mámoas de Chan de Fonteseca e Lagucheiros, petróglifo de Outeiro do Gorgullo, nacementos de regos, paisaxe…) xa se lle deron a entender en setembro do ano pasado á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na fase de consulta do Documento de Inicio da avaliación de impacto ambiental do proxecto, que na síntese segue a ser o mesmo que agora se expón a información pública (14 aeroxeneradores de 119 metros de altura de buxe por 112 metros de diámetro de rotor e ocupación dunha explanada de 17×17 metros de superficie por cada aeroxenerador, a apertura de novos viais e ampliación en ancho de pistas forestais existentes, que en total suman 17.302 metros lineais de viais entre os de acceso e interiores, 15.702 metros de gabias para instalación de cableado eléctrico e de comunicacións e unha subestación eléctrica).

Aqueles comentarios feitos foron presentados non para intentar minimizar o impacto senón para rexeitar de pleno o proxecto, solicitando finalmente o seu rexeitamento e a alternativa 0 (que non se faga ningún parque eólico), e que imos voltar facer agora con alegacións e con máis argumentos.

No canto que segundo o proxecto plantéxase a mellora da área de lecer de Chan de Arquiña e do firme do vial de acceso, a posibilidade de propoñer á Dirección Xeral de Patrimonio actuacións co fin de mellorar o aspecto dos xacementos arqueolóxicos, son facetas que lles corresponde por Lei e con fondos públicos ás distintas Administracións públicas e Comunidades de montes competentes, e non da man dunha empresa privada e a costa de afectar todo o entorno con pistas, gabias, aeroxeneradores, unha subestación eléctrica e cableados.

E no de realizar rutas de sendeirismo e bicicleta, outro tanto do mesmo, do que ademais temos que resaltar que xa existe un sendeiro de Bicis Todo Terreo de Marín, que ademais sería directamente afectado.

Para nada se falou nesas redaccións do grande impacto acústico que producen as pás dos aeroxeneradores en movemento, da elevada mortandade de aves pola súa forza centrífuga, das interferencias nas ondas electromagnéticas nunha zona con alta presenza de antenas de telecomunicacións, da cercanía do parque ao Lugar de Importacia Comunitaria da Enseada de San Simón, do perxuízo que conleva a nivel da xestión forestal coa imposibilidade de reforestar na ubicación dos aeroxeneradores en liña, da imposibilidade da práctica social e deportiva do parapente con punto de despegue e área de voo actual nas zonas afectadas, do impacto paisaxístico nas zonas máis altas dunha península entre dúas rías e que, por engadido, quedaría rodeada por dous parques eólicos máis no Monte Castrove e na Serra do Galiñeiro, co que o impacto na paisaxe sería contínua.

Dentro dunha comunidade autónoma con excedencia en produción de electricidade, onde grande parte dela, incluída a eólica, é exportada para fóra da Galiza, onde as áreas de máximo potencial eólico xa foron explotadas cun enorme impacto ambiental para o territorio, dándose a demostrar que unha cousa é o beneficio do vento como fonte de enerxía renovable e outra moi distinta é o elevado impacto da construcción dos parques eólicos, e onde non se están levar a cabo políticas efectivas de aforro e de eficiencia enerxética malia ser Galiza unha comunidade autónoma despilfarradora.

E de que a italiana Enel, como promotora do parque eólico, é a que controla o 92% das accións de Endesa, e é das grandes empresas multinacionais que -dentro do sector enerxético- xestionan tamén as altamente contaminantes centrais nucleares ou térmicas que, xunto coas hidroeléctricas, son onde sacan a maioría da produción da electricidade, e no caso da enerxía eólica, de moita menor produción e de imposible suplantación das outras, dados os insustentables índices de consumo enerxético actuais, o que máis lles interesa é especular co movemento de capital que supón as primas con fondos públicos.

Despois de instalado o parque eólico, a xeneración de postos de emprego no seu mantemento é moi limitado, dado que a súa xestión é automatizada e informatizada, todo o contrario do que á inversa perxudica a nivel da xestión ambiental, forestal e agrogandeira coa ocupación e privatización dos terreos.

Estamos en contra da industrialización e impacto ambiental, social, económico e cultural que suporía este proxecto de parque eólico para as zonas afectadas (Monte Formigoso, Serra Domego, Coto do Home, Pedras Negras e Serra Basil) dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo.

A Plataforma, alén de elaborar alegacións, tanto colectivas como individuais, vai promover mobilizacións sociais contra o proxecto, tales como un novo roteiro reivindicativo polas zonas afectadas, charlas e postos informativos de recollida de alegacións, visualización social opositora… do que ademais vai intentar sumar colectivos sociais e veciñais a nivel comarcal nesta loita contra o xigante dos muíños.

Por outra banda, en solidariedade cos colectivos sociais que se opoñen ao parque eólico na Serra do Galiñeiro, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo presentou diante da Consellaría de Economía e Industria da Xunta de Galiza a alegación xenérica elaborada pola Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro.

Cándido Martínez, de Luita Verde, na charla informativa celebrada en Marín sobre o parque eólico proxectado en Pedras Negras.

Nestes días, o Colectivo Nacionalista de Marín tamén expresou a súa oposición ao parque eólico que proxecta Enel Green a cabalo dos concellos de Marín, Moaña e Vilaboa. Segue un extracto do seu comunicado:

…De se levar adiante afectaría negativamente os Montes do Morrazo, un importante espazo natural, actualmente protexido polas normas subsidiarias provinciais. Este proxecto está promovido por unha multinacional italiana, Enel Green Power, que xa foi condenada por delito ambiental na construcción doutros parques eólicos noutras zonas do Estado español, polo que non está garantida a preservación do medio nin dos importantes xacementos arqueolóxicos afectados.

Temos que lembrar que no primeiro documento elaborado pola empresa incluía Marín, Vilaboa e Moaña na provincia de A Coruña, o que pon de manifesto a falla de rigor dos documentos elaborados por esta empresa.

A construción de 14 muíños vai alterar gravemente unha zona de importantes restos arqueolóxicos, valores naturais e paisaxísticos. No propio proxecto en exposición pública recoñécese a afectación de catorce xacementos de xeito “moderado” e severo.

As áreas naturais de monte Formigoso, Chan de Arquiña, Chan de Gagán, Chan de Xestoso, Serra Domego, Chan da Carqueixa, Chan de Pedras Negras, Os Candóns, Chan de Goa, Serra Basil e Outeiro da Charamiza, así como Monte Faro de Domaio e Coto do Home -os montes máis altos da península do Morrazo- veríanse afectados polos movementos de terra e a construción de pistas de acceso. Así como os nacementos dos ríos Loira, da Fraga, Miñouba e Riomaior, estes dous últimos con saída na súa desembocadoura dentro do LIC da enseada de San Simón.

Por moitas medidas correctoras que propoña a empresa para protexer o entorno natural e os xacementos arqueolóxicos, estes non van estar exentos de alteración e perigo de desaparición. Ademais, está recoñecida a gran mortandade de aves que provocan os aeroxeneradores sen que existan medidas correctoras que o eviten.

Desde o punto de vista económico estamos ante un proxecto especulativo baseado nas cuantiosas subvencións que pode recibir a empresa por construír o parque eólico, cartos que non se van reinvestir na comarca. Pola contra, a afectación económica ás comunidades de montes de Marín, Vilaboa e Moaña sería grande ao non poder desenvolver a explotación forestal e perder o uso dunha grande extensión de terreo. Na práctica, e amparada pola lexislación existente, a empresa farase cos terreos que precise por un prezo irrisorio. Ben pola expropiación ou por un arrendamento, en función dos intereses de Enel Green. Economicamente para os nosos concellos sería un investimento gravoso.

Temos que ter en conta, a maiores, que a enerxía producida vai ser adicada á exportación e non beneficiará ao consumo doméstico ou empresarial do Morrazo, nin tan sequera cunha redución no prezo da electricidade.

Temos que lembrar que a zona é empregada para a práctica do parapente, sendo Pedras Negras unha zona de despegue habitual. O Morrazo conta cunha das asociacións máis importantes para a práctica desta actividade de toda Galiza con socios do Morrazo, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía e Ourense que se desprazan á nosa comarca, sendo uns magníficos embaixadores dos nosos valores naturais e paisaxísticos.

Demandamos dos concellos de Marín, Moaña e Vilaboa que se posicionen contra este negativo proxecto e demanden da Xunta de Galiza, que é a Administración que o ten que autorizar finalmente, que non permita a instalación na península do Morrazo deste parque eólico. Preservando unha zona de grande interese medioambiental e paisaxístico. Queremos animar a todas as persoas interesadas en coñecer esta “monstruosidade” a que acudan aos concellos onde está exposto o proxecto e a presentar alegacións solicitando a súa retirada.

Proxecto do parque eólico en Pedras Negras.Proxecto do parque eólico de Pedras Negras.

Publicado por: MontePituco | 30/11/2012

FAUNA DIMINUTA DO PORNEDO: A ARAÑA

A araña nun principio non era nada,

pero despois foi araña.

E cando foi araña, pensou que o mundo tiña frío.

Así que colleu o fío e as agullas

e coas súas oito patas teceu:

un sombreiro blanco para a moreira

-sabía que era a avoa das árbores-,

unha bufanda laranxa para a cabaza

-cría que ao saír da terra

ese pequeno sol precisaría abrigo?-.

E a araña, que nun principio non era nada

-pero despois foi araña-,

viu que o mundo estaba agora

un pouco máis abrigado…

María José Ferrada: O BAILE DIMINUTO, 2011.

Publicado por: MontePituco | 29/11/2012

FAUNA DIMINUTA DO PORNEDO: O GRILO

…Porque as gotas de chuvia tiñan corazón,

e tamén o vento tiña corazón.

De aí o seu son.

E daquela, o grilo,

que nun principio non era nada

pero despois foi grilo,

e por ser grilo pegara

un violín de madeira nas súas costas,

inventou a súa propia melodía

-o cricrí do grilo-…

María José Ferrada: O BAILE DIMINUTO (2011).

Publicado por: MontePituco | 28/11/2012

FAUNA DIMINUTA DO PORNEDO: A BOLBORETA

…É certo que voaba,

de primavera en primavera,

de flor en flor,

de sol en sol?

María José Ferrada: O BAILE DIMINUTO (2011).

Publicado por: MontePituco | 27/11/2012

FAUNA DIMINUTA DO PORNEDO: O CARACOL

O caracol nun principio non era nada,

pero despois foi caracol.

E como era caracol construíu unha casa

-liviá como a casca das noces-

púxoa nas súas costas, e saíu a coñecer o mundo.

Viu:

-cada paisaxe pasaba fronte a el en cámara lenta-

un río que cinguía

parte da terra.

Unha ameixeira

na que florecían corazóns blancos.

Os raios do sol…

María José Ferrada: O BAILE DIMINUTO (2011).

Publicado por: MontePituco | 26/11/2012

FAUNA DIMINUTA DO PORNEDO: A XOANIÑA

…Pero a xoaniña deu en pensar

que pasaría se de tanto mirar o seu reflexo

(víao no orballo e na chuvia),

se confundía a si mesma cunha estrela acabada de nacer ou cunha mazá?

Esquecería que era unha xoaniña?

Colleu entón unha gota de auga e borrou parte da pintura,

e deixou tan só na súa cunha

tres círculos negros.

E así foi como fixo o seu vestido de lunares…

María José Ferrada: O BAILE DIMINUTO (2011).

Publicado por: MontePituco | 25/11/2012

VERSOS DE MULLER NO 25-N

“Con cariño para el Monte Pituco, que conoce los secretos de todos estos pequeños amigos. Espero que siempre los siga guardando”. María José Ferrada.

María José Ferrada vive moi lonxe do Monte Pituco, pero grazas á súa obra -a literatura tende pontes xeográficas e temporais- é posible coñecer a fauna menuda que nos rodea no campo ou no monte, cun punto de vista diferente, cheo de sensibilidade, de musicalidade. Ao longo desta semana viaxaremos ao Monte Pituco guiados pola súa voz poética, para achegarnos a un pequeno, interesante e descoñecido universo, cheo de vida. Ogallá sexamos quen de protexelo entre tod@s.

[PD: 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller]

Publicado por: MontePituco | 24/11/2012

HISTORIA DUNHA FLOR NO MONTE PITUCO

A progresión dunha flor de allium, entre xuño e setembro de 2012, no Pituco.

A casualidade fixo que nunha das nosas innumerables andainas polo Monte Pituco atoparamos unha planta que, a través da “Guía das plantas de Galicia” de X.R. García, demos en identificar como Allium ampeloprasum ou allo bravo. Sorprendeunos pola súa forma esférica, a intensa cor púrpura que ía cubrindo o bulbo na súa totalidade co paso do tempo, ata que un día de verán atopámola florecida en todo o seu esplendor. E así botou semanas, poñendo o seu toque de distinción cromática a un dos recunchos máis interesantes do monte, dende onde se divisa unha boa panorámica da ría.

Pouco a pouco, en chegando o outono, foi murchando e apagándose, sen perder nin ápice de elegancia, ergueita moi dignamente fronte ao vento e a choiva, porque aínda lle quedaba moito que ofrecer. As súas microflores convertéranse en cápsulas diminutas que foron abríndose para deixar caer a semente na terra. Así, pode que na vindeira primavera a planta do allo bravo volva agromar neste singular balcón da ría, como símbolo de resistencia fronte aos túzaros que non saben apreciar a maxestuosidade dunha humilde flor.

Publicado por: MontePituco | 23/11/2012

RECORDATORIO DA ANDAINA MICOLÓXICA

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías