Sinto os beizos do mundo
nun vento
húmido,
afuracanado,
con asubíos que me recitan o mar.
Bebo nubes de sabores
no tellado do ceo,
apagando bicos de estrelas
cos dentes da lúa chea.
Se queres probar o universo,
saca a lingua
e dáme a man.
Pilotarei piruetas de nordés,
berrando papilas
de galaxias descoñecidas.
E farei que nos disolvan
nunha faísca de ciclón atormentado.
Só así nos ataremos
ó padal do cosmos,
como dous peixes de aire
nun océano estelar.
Rosalía Fernández Rial: Átonos.
Publicado por: MontePituco | 21/12/2012
A PIRÁMIDE ‘MAYA’ DO MONTE PITUCO
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Pensamentos
Preciosa pirámide!
E ata parece que ten un gorro de Papá Noel e todo
By: pasaba por aquí on 21/12/2012
at 20:13
…Faltaban uns versos. Cun pouquiño de poesía a pirámide do Monte Pituco é máis evocadora. Se os que des-gobernan leran máis poesía, o mundo sería un lugar máis habitable, e non teriamos que estar clamando pola conservación deses lugares que o fan máis bonito.
By: MontePituco on 22/12/2012
at 14:57