Publicado por: MontePituco | 27/01/2015

RETOS IMPRORROGABLES DA NOVA DIRECTIVA (I)

1. REGULARIZAR O CENSO DE COMUNEIROS/AS

Empezando por retirar os nomes das persoas falecidas e sustituíndoos polos representantes actuais das vivendas ás que pertencían. Esta irregularidade causou moito malestar entre os asistentes á asemblea electoral deste mes de xaneiro.

Francisco Casal, no censo. Saturno Vidal, no censo.

[Dous presidentes falecidos, Francisco Casal e Saturno Vidal, no censo actual]

2. PRESENTAR O INFORME DE CONTAS E DE XESTIÓN CORRESPONDENTES AO ANO 2014

Estes puntos que quedaron pendentes na asemblea frustrada  de decembro son fundamentais de cara a garantir a información sobre o traballo realizado pola directiva e a transparencia obrigada por parte quen manexa diñeiro alleo. 

Está sendo moi criticado por parte dun amplo sector dos comuneiros o formato na presentación destes informes, especialmente cando se trata do balance contable. O sistema do ordenador portátil conectado a un proxector que plasma nunha pantalla un simple power-point pode resultar efectista, pero a veciñanza non se fía do que soamente poden ver durante uns breves segundos a unha distancia que para os que están máis aló das primeiras filas resulta totalmente imperceptible. 

Agradécese o uso da tecnoloxía, pero a asemblea -formada en boa parte por persoas de certa idade- precisa ter un acceso máis directo ás contas e ao informe de xestión. Hai comunidades de montes nas que as contas permanecen expostas ao público; antano mesmo se entregaban por escrito. O acceso aberto á información -sen citas previas no horario de atención, sen solicitudes, sen condicionantes- contribúe á confianza e ao maior respecto entre todos e todas.

3. EXPLICACIÓNS SOBRE O ACORDO CON ACUAES PARA A CONSTRUCCIÓN DA NOVA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA

Non se deu ningunha información á asemblea sobre os acordos acadados entre a directiva da Comunidade de Montes con Acuaes e co Concello de Marín para facilitar o paso das tubarías polo monte veciñal de San Xulián e para permitir a construcción dun depósito de auga en Pardavila.

As obras están xa na zona de Lourizán, chegarán de forma inminente ao Monte Pituco e os comuneiros non teñen nin a máis remota idea do tempo que durarán os traballos, en que consistirán, que bens afectarán, canto cobrará a Comunidade pola ocupación dos terreos, cales son as condicións nas que se instala un novo tanque de auga, con que capacidade…

Obras de Acuaes en Lourizán.

4. OS TERMOS DO ACORDO ASINADO CO MINISTERIO DE DEFENSA

A única información oficial referente ao acordo de cesión de terreos para posibilitar que a Brilat utilice terreos da Comunidade de Montes de San Xulián como campo de adestramento remóntase a decembro de 2013, cando se expuxeron de forma moi superficial os termos da negociación, previos á sinatura definitiva do contrato. Mentres que Salcedo ten realizado xuntanzas e rutas polo monte da parroquia para amosarlles aos veciños as actuacións realizadas cos ingresos obtidos, en San Xulián non se sabe se xa se cobrou, canto se cobrou, en que se investiu e con que criterios. Por non saber, non se sabe a ciencia certa cal foi o directivo que asinou o documento cos responsables de Defensa.

Mapa do preacordo con Defensa aprobado pola Comunidade de Montes de Salcedo.

5. A PISTA ENTRE O MONTE PITUCO E A ESTRADA DE CASTIÑEIRAS

Atribúeselle este proxecto chapuceiro ao ex-vicepresidente da Comunidade de Montes. En DEFENDE O MONTE PITUCO non nos consta ningún acordo dunha anterior asemblea de comuneiros que autorizara a realización desa obra. Tampouco existe información sobre o seu custe, que a todas luces é moi elevado, nin cales foron os orzamentos que barallou a directiva para adxudicar o investimento.

Por riba, a tramitación destas obras está pragada de irregularidades: non se informou á Delegación de Patrimonio, malia que hai xacementos arqueolóxicos catalogados a poucos metros do trazado, polo que a autorización e a supervisión por parte dos técnicos de Patrimonio era obrigatoria. 

Por moito que se xustifique a apertura deste vial para, supostamente, favorecer “o paso das motobombas” en caso de incendio, tanto o trazado -a carón, curiosamente, de numerosos matos privados-, como os materiais empregados -recheos con terra de obra, mesturados con entullos-, así como o tempo e os medios mecánicos utilizados, por non falar dos destrozos nos muros de pedra e a afectacións aos bens de interese etnográfico e arqueolóxico, son totalmente cuestionables.

A pista paralela á principal.

Pista paralela ao Pituco.

Pista paralela ao Pituco.

Publicado por: MontePituco | 26/01/2015

SEGUE O CULEBRÓN POST-ELECCIÓNS

Diario, 24 xaneiro 2015

 

Permítannos unha pequena confidencia/brincadeira no inicio deste modesto artigo post-electoral. Saben con que nome bautizamos o arquivo deste recorte de prensa, para gardalo na hemeroteca dixital? Bastan tres palabras: “Laureano monta follón”. Aínda que tamén podería ter sido: “Laureano la arma”. Ou, máis coloquialmente, “Laureano se rebota”.

Mágoa que, a falta de memoria, Laureano non teña hemeroteca, nin dixital nin analóxica.

Nas eleccións celebradas o 21 de agosto de 2011, nas que Laureano Allariz formou parte -como vicepresidente- da candidatura dirixida polo falecido Francisco Casal, tamén se produciron “barbaridades” como as que Allariz vén agora denunciando publicamente dende a asemblea de decembro de 2014 e dende as eleccións do pasado 18 de xaneiro.

Que dicían o Faro de Vigo e o Diario de Pontevedra do 23 de agosto de 2011?

Tumultuosa asamblea”.

“Carecía de datos concretos de sus miembros, por lo que fue rechazada, en alusión á candidatura alternativa á lista que encabezaban Casal e Allariz.

“Un considerable grupo de comuneros protestaron las formas y el desarrollo de la asamblea”.

“La presidencia no quiso aceptar la entrega de un documento también remitido a la Xunta impugnando la asamblea anterior”.

“Numerosas supuestas irregularidades”.

“Haber participado un número de comuneros inferior al que la ley señala para poder tomar acuerdos”.

“La junta reelegida hizo un uso indebido del censo que tuvo que ser leído en el acto de la asamblea a petición de un comunero y en el que constaban socios muertos hace años”.

“Se presentaron dos candidaturas”.

“Se decidió desechar una de ellas porque tres de sus integrantes no eran comuneros”.

Diario, 24 xaneiro 2015

 

Teñen todo o dereito, Gonzalo Macenlle como candidato oficial e Laureano Allariz como candidato nas tebras, a acudir á Xunta e ao Xulgado para impugnar as eleccións do 18 de xaneiro se cren que teñen argumentos e probas abondo para levar a razón. Pero ogallá a Administración autonómica e os Tribunais apliquen a mesma vara de medir na causa actual como na causa pendente do ano 2011; que así como se clarexen as presuntas anomalías que se produciron nas votacións realizadas recentemente, se depuren tamén as supostas irregularidades denunciadas antes e durante as votacións nas que Allariz foi elixido vicepresidente.

Polas declaracións de Allariz no Diario do pasado domingo, máis que sorprender, escandaliza ler cousas como “que deixe de falar de min nos xornais”, en alusión ao ex-secretario e novo presidente, Manuel Estévez; ou “os que traballamos para o pobo sen ánimo de lucro, tanto en asociacións veciñais como en comunidades de montes, estamos para resolver problemas, non para crear conflictos”.

Quen fora médico para receitarlle rabos de pasa a toda a veciñanza da parroquia de San Xulián para que houbera un pronunciamento masivo ante afirmacións tan pintorescas. Ben pensado, o feito de que ese rexeitamento non se produza, ten que ser debido -por forza- a que ninguén se toma en serio esas palabras. Porque a falta de credibilidade de quen as pronuncia é de tal calibre, que son como quen oe chover.

A nova directiva non acudiu á prensa para facer ningún ataque directo a Allariz, senón máis ben para intentar xustificar (outra cousa é que o lograra) o desenvolvemento das eleccións. A non ser que o ex-vicepresidente vexa pantasmas onde non as hai ou pretenda botarlle máis leña a un lume que el mesmo se encargou de prender e avivar, interesadamente.

Porque se algo caracteriza a súa xestión, tanto dentro da Comunidade de Montes como noutras entidades veciñais que aínda controla, é precisamente o interese:

-Instrumentalizou a Asociación de Veciños Virxe dos Remedios para costear, cos fondos desa entidade, un informe técnico -a todas luces fraudulento- que avalaba a construcción de dous polígonos, un empresarial e otro industrial, na Pena (Monte Pituco) e nos Sete Camiños.

-Ficou ao cargo da Casa de Montes e do bar da Comunidade, e un tesoureiro da directiva acabou dimitindo “por non estar de acordo coas contas” desa taberna.

-Atribúeselle ter marcado as directrices na construcción dunha pista entre o Monte Pituco e a estrada de Castiñeiras que, curiosamente, atravesa varias propiedades particulares e entre as que -tamén curiosamente- hai bens da súa propiedade. Unha pista cun custe económico do que se descoñecen as cifras oficiais, pero que, polo tempo que se tardou en facela e os medios técnicos e humanos empregados na súa execución, teñen que ser estratosféricas. Unha pista da que non hai constancia de aprobación en asemblea e que, por riba, se realizou sen informes de Patrimonio malia que está afectada por un xacemento arqueolóxico catalogado.

Unha xoia de xestor. Un paradigma de prestixio social. Que mellor proba de recoñecemento popular que as agarimosas mostras de aprecio e agradecemento que se lle dedican:

“Estalle faltando ao respecto á asemblea. Que credibilidade ten vostede para poñerse nesa actitude. Unha persoa que despilfarrou 18.000, 20.000 ou 28.000 euros no bar da Comunidade, que funde todo o que toca na p* miseria!”[Juan Pérez, na asemblea de decembro de 2014]

Denuncia tamén que foi excluído das decisións da directiva da Comunidade de Montes dende o pasamento do anterior presidente en maio de 2014 e, sen embargo, ata sete meses despois non trascendeu ningún malestar pola súa parte. Por un lado, foi dicindo que exercía como presidente e afirmou ante un sector da prensa local que o último convenio con Ence leva a súa sinatura. Por outro, quen escenificou o preacordo para a creación da Fundación do Lago de Castiñeiras foi Manuel Estévez. Como se entende este aleatorio reparto de rúbricas?

En canto á representatividade do censo de comuneiros, tamén habería moita tela que cortar. Abonda con repasar a crónica de asembleas pasadas para podermos cuestionar a legalidade de numerosas xuntanzas. Dous exemplos: 532 persoas no censo de 2011 e na asemblea do 31 de xullo de 2011 o número de asistentes rondaría como moito o medio cento de comuneiros; 76 veciños con dereito a voto na asemblea de agosto de 2011, só o 14% do censo, cando o mínimo en segunda convocatoria é do 25%. 

Tamén dá a entender que non foi ata a asemblea de decembro de 2014 cando se enterou da reducción do censo en preto de 200 persoas. En realidade, Allariz xa acudiu a esa asemblea coa plena decisión de boicoteala porque dende o momento no que se intentou desenvolver a orde do día prevista, os seus berros e interrupcións foron continuos, ata o extremo de ter que renunciar ao normal desenvolvemento desa xuntanza para tratar unicamente -pola súa urxencia- o punto relacionado coa Fundación do Lago de Castiñeiras.

“Están incluídas persoas que levan moitos anos falecidas, outras incapacitadas e, sen embargo, faltan moitos veciños que levan toda a vida na entidade, que son parte importante desta e que acoden con regularidade ás reunión”, critica Allariz.

Que llo digan por exemplo a José González Iglesias, un veciño de San Xulián que, mentres non aspirou a facerlle sombra a ningún dos que mandaba antano, asistiu e votou nas asembleas ás que foi convocado pero que, no momento de presentarse candidato nas eleccións de agosto de 2011, foi retirado forzosamente co argumento de que non era comuneiro, nunha improvisada votación a man alzada.

Non sabemos a que asemblea acudiu o ex-vicepresidente. Na que el describe seica “puido ocorrer algo moi gordo”. Á que nós asistimos non houbo nada grave máis aló duns dedos apuntándose mutuamente e un tenso cruce de reproches con máis agresividade nas actitudes que nos feitos.

O verdadeiramente censurable, na nosa modesta opinión, é a firme intención por parte do ex-vicepresidente de converter a perda do seu ‘xoguete’ nunha cruzada persoal disfrazándoa coma unha nobre causa a favor dos dereitos dos comuneiros; de vingarse contra quen o privou dos seus privilexios, utilizando a veciñanza como refén da súa pataleta, e ofrecendo unha imaxe distorsionada e pobre desta parroquia como lugar conflitivo; de empeñarse en entorpecer a xestión do monte veciñal, que por desgraza leva moitos anos de atraso por culpa da inoperancia de anteriores directivas das que Allariz formou parte activa.

…E unha vez que vimos de plasmar o noso punto de vista sobre esta desagradable situación, só cabe agardar que xurdan represalias por parte dos seus defensores, que tamén os ten, e ben acérrimos. As mesmas ameazas que xa se escoitaron o día das votacións con expresións tan desagradables como “saír trasquilada”. Ou aqueloutros insultos aínda máis desafortunados como “sinvergüenza” ou “ignorante”, por parte doutro fiel adepto que os ciscou anonimamente nas redes sociais, obrigando a Asociación Defende o Monte Pituco a interpoñer a denuncia pertinente na Comisaría. Porque hai xente para todo; mesmo para querer amedrentar/silenciar a quen non vai polo seu rego…

Queda para o próximo capítulo debullar os retos improrrogables que ten que asumir a actual directiva da Comunidade de Montes -mentres dure-, comezando pola regularización dese desastroso censo de comuneiros e seguindo por detallar de forma rigorosa o informe económico de 2014, que aínda non foi presentado ante os comuneiros.

 

Diario, 24 xaneiro 2015

Publicado por: MontePituco | 21/01/2015

ROTEIRO POR CASTIÑEIRAS

Roteiro por Castiñeiras

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza, o próximo domingo 1 de febreiro, un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural da senda que vai dende Chan de Castiñeiras ata a área natural das sobreiras de As Cavadas, entre os concellos de Marín e Vilaboa, dentro dos espazos naturais de Cotorredondo e dos Montes do Morrazo.

A andaina será circular e sairá as 11:oo horas da aula da natureza do parque da lagoa de Castiñeiras, para chegar ás 14 h:00 horas ao mesmo lugar.

O percorrido transcorrerá por pista forestal, camiños de pé, parte do sendeiro de curto percorrido do PR-G 106 do sendeiro de Vilar e viais rurais polos lugares de Chan de Castiñeiras, As Veigas de Abaixo, As Cavadas e A Graña.

Os puntos de maior interese a visitar son o parque botánico, plantacións de frondosas e brañas de Castiñeiras, as mámoas megalíticas de Chan de Castiñeiras, dolmen da mámoa do Rei, área de ribeira do rego da Cova, área de ribeira do rego das Veigas, sobreiras de As Cavadas e núcleo rural de A Graña.

[Máis información, no blogue da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo]

Publicado por: MontePituco | 20/01/2015

POST-ELECCIÓNS, NA PRENSA LOCAL

La Voz de Pontevedra

La directiva de los comuneros de San Xulián justifica los cambios del censo

Asegura que la decisión se tomó para evitar la disolución de la entidad

Marín / La Voz. 20 de enero de 2015

El nuevo presidente de la comunidad de montes de San Xulián de Marín, Manuel Estévez, justificó ayer los cambios del censo de las elecciones del domingo, alegando que se aplicaron los estatutos y que la votación es legal. Estévez admitió que la decisión, que supuso la eliminación de la lista de casi 300 comuneros, puede parecer una «medida drástica», pero aseguró que se tomó para evitar la disolución de la entidad, y que, con el paso del tiempo, se entenderá como «algo normal».

«El censo no se manipuló, en las asambleas nunca había quórum y la Xunta nos dio una llamada de atención», precisa Estévez.

El presidente electo explicó que ante esta situación se aplicó un artículo de los estatutos que retira la condición de comunero a los que sumen tres faltas de asistencia a las asambleas. Con este argumento explica la reducción del censo de 557 (2013) a 271 personas. «¿Para qué queremos 700 comuneros si solo vienen 80 a la asamblea? Por el censo de ellos [la candidatura alternativa] la comunidad quedaría sin gobierno». Estévez sostuvo que si no se votase y renovase ya la junta rectora, la Xunta podría asumir la gestión.

Además, añadió que el censo actual no lo decidió él, sino la anterior junta -donde era secretario- y donde se acordó la aplicación del criterio citado e insistió en que el ex vicepresidente, que ahora está entre los críticos, lo aceptó. Por último, Estévez precisó que «dentro de un mes se abre el censo», por lo que los excluidos pueden pedir su reincorporación.

El exvicepresidente Laureano Allariz insistió en que ese censo no es válido porque se entregó a la Xunta el 7 de noviembre y la tercera asamblea, donde para él debieron contarse esas faltas, se hizo el 21 de diciembre.

 

Publicado por: MontePituco | 19/01/2015

MANUEL ESTÉVEZ, NOVO PRESIDENTE DA COMUNIDADE DE MONTES

Diario, 17 de xaneiro 2015.

Diario, 17 de xaneiro 2015.

“El responsable de la junta gestora que se encargó de convocar las elecciones, Manuel Estévez, explicó ayer que la asamblea general de comuneros sigue convocada para mañana a las 16:00 horas en primera convocatoria y a las 18:00 en segunda. “Aprovecharemos el tiempo para evitar que el proceso se alargue excesivamente y comenzaremos la votación a las 16:00 horas, para lo que se instalará la correspondiente urna y todos los comuneros que vayan llegando ya podrán ejercer su derecho”, indicó. Posteriormente, ya que no se prevé que haya quorum en la primera convocatoria, a las 18:00 horas se expondrán los temas que sean precisos y al terminar la votación se realizará el recuento, “para conocer cuál de las dos candidaturas tiene más apoyos”.

Faro de Vigo

La Comunidad de Montes de San Xulián convoca asamblea para elegir una nueva junta directiva

17.01.2015

La Comunidad de Montes de San Xulián celebrará mañana una asamblea general para elegir una nueva junta directiva y su presidente, tras el fallecimiento el pasado mayo de Francisco José Casal Villanueva, último titular de esta agrupación. Tras su fallecimiento, la junta directiva aún no había designado al nuevo presidente de la agrupación, si bien venía actuando en funciones Manuel Estévez, que presentará su candidatura en estas elecciones. Otro grupo de comuneros, encabezado por Laureano Allariz, han denunciado las “ilegalidades y anomalías” que a su criterio se vienen produciendo en la agrupación tras el fallecimiento de Francisco José Casal, entre ellas la elaboración de un censo “que pasó de 568 comuneros en 2013 a 271 en la actualidad”, afirman.

Diario, 18 de xaneiro 2015.

As noticias publicadas na prensa local encargáronse de avivar a polémica que xa se viña moendo entre a veciñanza nas datas previas á asemblea.

Dunha banda, o candidato ‘oficial’ que tiña asignado o posto de secretario da directiva anterior, pero que na práctica viña exercendo como presidente da Comunidade dende o pasamento de Francisco Casal; unhas funcións que en teoría lle correspondían ao vicepresidente, Laureano Allariz, que foi quen rebentou a asemblea de decembro e forzou esta abrupta convocatoria de eleccións.

Cómpre lembrar que -na asemblea de decembro- Estévez explicou que a remodelación na estrutura da directiva e a reasignación de cargos fora un acordo -unha votación interna- entre os membros da xunta rectora. Daquela, as súas palabras foron: “Esta decisión no la tomé yo, la tomó la junta rectora. En las elecciones se vota una junta rectora; quien va a gestionar la junta rectora tiene potestad para modificar los cargos. No es que yo me pusiera, es la junta rectora la que me elige, yo no me quise poner; no tengo ningún interés en quedarme en la junta rectora”. Estévez chegou a xustificar a ‘exclusión’ de Allariz argumentando que é “una persona rancia e incongruente”, con quen “no se puede trabajar” porque “dice a todo que no”.

…O seu rival, o empresario Gonzalo Macenlle, que verqueu contra el graves acusacións nos medios pola eliminación de 297 persoas do censo de comuneiros. 

Dise, coméntase e rumoréase pola parroquia que a candidatura de Macenlle -con Allariz como máximo promotor na sombra-, fartouse de buscar xente que engrosara a súa lista: que invitaron a participar a un ex-directivo, que non quixo saber nada; que mesmo chegaron ata o mesmísimo Caeiro buscando adhesións, pero que tamén lle deron as costas; que a oficina de Talleres Macenlle era un fervedoiro de xuntanzas e encontros, de papeis e carpetas que se movían para arriba e para abaixo…

Finalmente, Gonzalo Macenlle pechou a súa candidatura con José Arosa, Carlos Feijóo, Flora Iglesias, José Vilas, Elisardo Farto e o ex-presidente José Carabelos. 

Pola súa parte, Manuel Estévez mobilizou a media Pardavila e media Moreira para reforzar o seu equipo, do que xa formaban parte persoas coas que viña dirixindo a Comunidade no mandato que viña de rematar: Daniel de la Torre, Víctor Santiago, José Manuel Rosales, José Suárez, Analía Ignacio, Manuel Pérez, José Abraham Ruibal, Manuel Rosales, Ángel Pazos e José Calvar. 

Candidaturas

Unha cousa chamou a atención en vésperas da asemblea das eleccións: o venres, no panel informativo da Casa de Montes, os folios do censo estaban dispostos de tal maneira que tapaban un papel moi concreto, do que só sobresaía unha pequena parte. Ese papel era a candidatura de Manuel Estévez, foto incluída, cun lema do máis elocuente:

“Vota por unha candidatura que defenda os intereses reais do monte, por unha xestión clara e efectiva do noso patrimonio”.

Cales son os intereses “reais” do monte para esta candidatura?, preguntámonos. En contraposición a que outros intereses?  Cales foron daquela os intereses que predominaron no mandato da anterior directiva?

Panel informativo da Casa de Montes, o domingo.

Candidatura de Manuel Estévez

Curiosamente, este papel xa lucía o día das eleccións ben descuberto e á vista de toda a veciñanza, mentres que a candidatura opoñente non figuraba por ningures no panel de anuncios da Casa de Montes. 

De maneira que, chegado o domingo, houbo que poñer a pota do xantar a ferver máis cedo do habitual, houbo que apurar a sobremesa e deixar a cociña recollida nada máis tomar o último grolo de café. Manuel Estévez anunciara na prensa que as votacións ían comezar ás 4 da tarde (hora da primeira convocatoria da asemblea), e que a urna ía estar aberta ata as 6 (hora da segunda convocatoria), momento no que se explicaría para todos os asistentes a dinámica da sesión.

…Unha cousa moi rara, sen pés nin cabeza! Unha fórmula inédita e insólita para unhas “simples” eleccións, por moi broncas que se presentaran a priori… 

Así que ás 4 da tarde xa eran moitos os veciños e veciñas que se achegaron ata a Casa de Montes, expectantes ante o previsible “espectáculo” -no sentido do peor bodrio escénico que un poida imaxinar-, tendo en conta os antecedentes da asemblea do pasado mes de decembro.

A urna non se abriu á hora que o secretario/presidente-postizo/aspirante sinalara na prensa. Os redactores e fotógrafos da prensa escrita que foron cubrir informativamente as eleccións alertados pola polémica, tiveron que resignarse a sobrelevar dúas horas de inútil espera porque finalmente a organización de tan magno evento decidiu que o proceso electoral non comezaría ata as 6. Algún bondadoso consello legal tivo que primar para reorientar as intencións iniciais…

Eleccións na Comunidade de Montes de San Xulián.

…Pero foi unha espera do máis animada: Macenlle e os seus compañeiros de candidatura situáronse preto da porta de entrada, de xeito que xa algúns deles preparaban o ambiente poñendo en antecedentes aos comuneiros recén chegados e comentándolles cal era o panorama, dende o seu punto de vista particular.

No fondo da sala, preto do escenario e da mesa onde se ían levar a cabo as votacións, o equipo de Estévez. Parecían tranquilos e seguros, botaban risas, transmitían a sensación de telo todo controlado. 

A xente pululaba pola sala pero o punto de encontro máis concorrido era o biombo que, na parte exterior, tiña exposto o censo: homes e mulleres buscábanse… uns atopábanse… outros non… mesmo os que non se buscaban, porque levaban tempo censados no cemiterio municipal, aparecían!

A presenza no censo de persoas que levan tempo falecidas causou unha cascada de murmurios, protestas, mostras de indignación, xestos de incredulidade e unha impresión bastante xeralizada de falta de seriedade.

Se variar a dinámica das eleccións con respecto ás previsións anunciadas na prensa xa denotaba unha tremenda improvisación- por moi rocambolesca que pintase a fórmula inicial para levar a cabo o proceso-, o feito de atopar no censo a persoas que -dito sexa con todo o respecto- xa dormen o sono dos xustos, parecía unha auténtica tomadura de pelo. Por citar dous nomes significativos, o de dous ex-presidentes: Saturno Vidal, falecido en agosto de 2013, e Francisco Casal, en maio de 2014. Por ámbolos dous gardouse un minuto de silencio en asembleas pasadas! Que trámite precisa a directiva para dalos de baixa? Ter constancia formal das súas partidas de defunción?

Saturno Vidal, no censo.

Francisco Casal, no censo.

A poucos minutos das 18:00 horas o salón estaba de bote en bote. Allariz xa levaba un bo pedazo de tempo danzando cun feixe de papeis -entre eles o censo do pasado ano- amarrados no brazo, laretando cuns veciños por aquí e outros por acolá, codeándose coa prensa con moita elocuencia como se fose un máis do gremio… Estaba claro que ía presentar batalla e que a súa presenza non ía pasar desapercibida na asemblea, malia que o seu nome -oficialmente- non figuraba en ningunha das dúas candidaturas. Canto afán de protagonismo!

Eran as 17:55 horas cando Manuel Estévez -xa lle tardaba!- tomou o micro e anunciou o inicio da asemblea presentando os membros da súa candidatura, que ían subindo un por un ao escenario. Cando ía iniciar a presentación da lista de Gonzalo Macenlle, este fixo o amago de arrebatarlle o micro para tomar a palabra, pero tivo que conformarse con exclamar “un momento!” en voz alta, porque Estévez non soltou a alcachofa nin de broma e invitouno a seguir ese forzado protocolo para que os membros da súa candidatura puideran subir tamén ao escenario. Semellaba aquilo un ring de boxeo, con 11 persoas nunha esquina e 7 na outra.

O que seguiu non foi propio do que se podería entender por un sistema electoral normalizado, senón máis ben pola torpe metáfora dun corral de galos de pelexa. Non houbo unha exposición de propostas por parte de cada candidatura para que os comuneiros puideran decidir a quen votar, nin unha declaración de intencións de cara a un modelo de xestión da Comunidade de Montes, nin sequera un mínimo debate entre os dous aspirantes á presidencia para confrontar os seus respectivos programas. 

Macenlle comezou a explicar que presentara a súa candidatura “en tempo e forma” o día 8 de xaneiro, data na que remataba o prazo. Que logo chamárano “pola noite” para advertirlle que a súa candidatura era “ilegal” porque 3 dos seus integrantes non figuraban no censo. Que ao cabo de 6 días, Estévez e Rosales falaran de novo con el para ofrecerlle a posibilidade de presentarse igualmente porque así había dúas candidaturas en vez de unha soa. “Se estaba ilegal antes, tamén o estaba agora”, berrou Macenlle, “isto non é normal, por que se borraron os comuneros?”, inquiriu.

Parte do público respondeu con aplausos o seu discurso e Macenlle veuse arriba: “Hai que abrir o censo!”. “Siiiiiii!”, contestaron os seus adeptos. “O que é ilegal é borrar os comuneiros con tres faltas; ten que borralos a asemblea. A lei di que para convocar eleccións hai que facelo nos lugares de costume e mandar unha carta a cada comuneiro. Que hai que comunicarlles aos comuneiros as faltas, e poñelo na orde do día da asemblea. E se non facedes así” -engadiu Macenlle dirixíndose a Estévez- “non vos metades cos comuneiros!”. O aplauso volveu ser sonoro; o candidato alternativo xa aprendera que o papel de defensor dos débiles e oprimidos dá puntos do pulsómetro da popularidade.

Pero comprobemos o que din os estatutos sobre esta interpretación tan sui-generis do regulamento da Comunidade de Montes de San Xulián:

Estatutos

Estatutos

Estatutos

Estatutos

[ESTATUTOS COMPLETOS, NESTA LIGAZÓN]

Así que, mal que lle pese ao señor Macenlle, a súa arenga non se cingue aos estatutos co rigor debido, senón que máis ben mestura relativamente uns artigos con outros: certo que a asemblea ten potestade para admitir a entrada e saída de comuneiros; certo que as asembleas (e por extensión, as convocatorias de eleccións) hainas que comunicar por escrito a cada comuneiro, COUSA QUE NUNCA SE FIXO; pero… advertirlles aos comuneiros a acumulación de faltas na súa asistencia ás asembleas?

Se houbo directivas que saíron elixidas e exerceron os seus cargos incumprindo parcialmente os estatutos (das que Allariz foi partícipe directo!), que teñen de especial estas eleccións e a candidatura alternativa de Macenlle para esixir a pulcritude nas regras de xogo que antano non demandaron? A resposta é que non se debería facer un uso tan elástico dos estatutos: transixir cando o problema non vai con un mesmo, e poñer o berro no ceo clamando contra unha ilegalidade cando esas normas se incumpren en perxuicio propio.

Na súa réplica, Estévez dixo que efectivamente fora falar con Macenlle porque había “problemas” coa súa candidatura e dirixiuse ao público para aclarar que “los únicos que tienen poder son la asemblea de comuneros”. Nestas estaba cando Allariz ergueu a voz para protestar. “Se echó a gente que no viene a las asambleas y que no les importa la comunidad”, explicou Estévez. 

Macenlle e Allariz seguiron terqueando coas irregularidades no censo e reclamando que se abrise o listado de comuneiros, ao que Estévez respondeu que “el censo solo se puede abrir a principios de año”. A esas alturas da discusión, o cirio xa era de tal magnitude que xa non se entendía nada do que vociferaban uns e outros. Só se vía a uns apuntando co dedo aos contrarios; aos contrarios despotricando contra os primeiros mentres se amosaban os dentes mutuamente. A prensa tiraba de teléfonos móbiles para inmortalizar coas cámaras aquel lamentable batiburrillo de descalificacións e de tensión a flor de pel, que rozaba a fronteira da violencia verbal e xestual. Só pensar nas páxinas do xornal do luns daba vergoña allea…

A todo isto, a actitude dalgunhas persoas do público que estaban de pé ao final tampouco era nada edificante: uns alentaban a discusión, pouco menos que ouveando; outros aplaudían a situación en vez de pedir calma e cordura para que a asemblea continuase civilizadamente.

Finalmente, Estévez anunciou que as votacións íanse levar a cabo, que no interior do biombo estaban as papeletas que os comuneiros con dereito a voto podían elixir e introducir nun sobre, para achegarse ata a mesa e depositalas na urna. En principio, na mesa estarían dúas persoas, unha de cada candidatura para garantir a limpeza do proceso, e comprobaríase a identidade dos comuneiros en base ao censo exposto.

Macenlle retirouse berrando que aquilo era ilegal e negándose a votar; algúns dos seus compañeiros de lista seguiron o seu exemplo, pero outros non renunciaron ao seu dereito ao voto. Aínda así, na mesa non houbo ningunha persoa da candidatura de Macenlle, de modo que as tres persoas que se situaron diante a urna pertencían á lista oficial.

A votación prolongouse durante unha hora. Logo de que a última persoa introducise o seu voto, De La Torre avisou que se pechaba a urna, agás que alguén máis que aínda non participara quixese votar nese intre. Ninguén se deu por aludido e a partir dese momento comezou o reconto, que se escenificou abrindo sobre por sobre e dicindo en voz alta para quen era cada voto.

Durante aproximadamente 30 minutos estivemos anotando a evolución do escrutinio. Estévez tomou a dianteira dende o principio, pero houbo momentos nos que a suma de puntos de Macenlle tomaba certo impulso. “Xa empeza o cu a tremer”, exclamou un simpático do público entre as risas dos demais.

Finalmente, o resultado quedou como segue:

-Candidatura de Manuel Estévez: 91 votos.

-Candidatura de Gonzalo Macenlle: 52 votos.

-Votos nulos: 2

-Votos en branco: oficialmente, 8; nós contamos 7.

Rematou a sesión de forma bastante descafeinada: Estévez nin sequera falou para tenderlle a man aos seus opoñentes, nin para facer un chamamento á concordia, que tería sido un xesto moi agradecido nese instante despois de tanto nerviosismo.

A prensa achegouse ata Macenlle para arrincarlle unhas declaracións sobre a posibilidade de que este fose impugnar as eleccións celebradas…

Tería sido do máis paradóxico e surrealista que Macenlle acabase gañando as votacións e que, por unha cuestión de coherencia e de principios, acabara auto-impugnándose a si mesmo co argumento de que as eleccións nas que el mesmo viña de ser vencedor foran absolutamente ilegais… 

Daquela si -e miren que ten habido situacións dignas de pasar aos anais da historia do absurdo- o comportamento desta parroquia sería como para facérnolo ver na consulta dun psiquiatra, pasando por turnos polo diván; como para someternos colectivamente a un estudo sociolóxico; ou como para pecharnos a todos en Conxo e tirar ben lonxe a chave do pabillón.

Nunca as palabras “coherencia” e “principios” terían mellor ocasión para ser aplicadas. Mágoa que tanto unha coma a outra estean en desuso.

Diario, 19 de xaneiro 2015.

La Voz, 19 de xaneiro 2015.

Faro de Vigo

Comuneros de San Xulián eligen directiva en una tensa asamblea que podría ser impugnada

En la reunión, tachada de “ilegal” por buena parte de los asistentes, no pudieron votar los 297 vecinos excluidos del censo » Ganó con 91 votos la lista de Manuel Estévez

Redacción | Marín 19.01.2015

La reunión se prolongó varias horas y hubo numerosas escenas de tensión. / Santos Álvarez

Los comuneros de San Xulián, en Marín, eligieron finalmente ayer a una nueva directiva en una tensa asamblea plagada de discusiones y tachada de “ilegal” por buena parte de los asistentes, que de hecho estudian impugnarla y que no tuvieron oportunidad de votar al haber sido excluidos del censo. Éste se redujo desde los 568 comuneros contabilizados en 2013 a los 271 que figuran actualmente como copropietarios del monte de San Xulián. Entre los 297 excluidos del padrón, tres de los integrantes de la candidatura encabezada por Gonzalo Macenlle Novegil, que se enfrentaba a la liderada por el hasta ayer presidente en funciones, Manuel Estévez Quintela.

El propio Manuel Estévez se proclamó finalmente ganador al recibir 91 votos frente a los 52 que obtuvo la candidatura de Gonzalo Macenlle. Otros ocho comuneros votaron en blanco y en dos casos el voto fue nulo. En total, 153 vecinos de la parroquia marinense pudieron participar en las elecciones, que tuvieron lugar en la sede de la comunidad de montes, mientras que varias decenas más permanecieron en sus asientos sin votar.

Discusiones

Gonzalo Macenlle tomó la palabra en la presentación de la votación para denunciar que “esto no es normal, quiero decir que se borraron comuneros de la parroquia”, unas palabras que fueron recibidas con aplausos por una parte del público, “hay que abrir el censo, lo que es ilegal es borrar comuneros, los tiene que borrar la asamblea pero la ley dice que hay que comunicárselo, si se han producido tres faltas hay que comunicárselo y en la siguiente asamblea se decide si salen del censo o no”.

En ese momento el ahora nuevo presidente tomó la palabra para intentar explicar que “la gente a la que se echó fue gente que no venía a las asambleas” y los estatutos de la comunidad establecen que a las tres faltas a reuniones puede expulsarse a un comunero, un extremo que no llegó a detallar porque fue interrumpido por el público. “Se va a votar y punto”, zanjó entre gritos de “no, no”. Con todo, la votación se realizó finalmente. Tras 55 minutos, se inició el recuento, no sin una nueva ronda de protestas: “faltamos 300”, gritaron en distintas ocasiones desde el público.

Tras el cómputo de los votos y cuando el presidente de la mesa anunció a Manuel Estévez como nuevo presidente parte del público reiteró su negativa a aceptar los resultados. “No es presidente, no es nadie”, “No sirve”, “Esto es ilegal”, criticaron.

Faro de Vigo: Santos Álvarez.

´Sacan del censo a 300 mientras mantienen a otros que llevan 11 años muertos´

19.01.2015

Visiblemente nervioso, el candidato alternativo, Gonzalo Macenlle, se encaró con distintos asistentes a la asamblea y se negó a votar, insistiendo en que “dije desde el principio que esto es ilegal”.

“Estoy tan nervioso que no sé que hacer”, explicó a FARO al ser preguntado sobre si va a impugnar las elecciones,. “Esto es una aberración total, yo presenté mi candidatura en tiempo y forma y me dicen que tres de los integrantes no valen porque los borraron ilegalmente del censo, pues si estoy ilegal que no permitan que me presente”.

Denuncia que “sacaron del censo a 300 mientras mantienen a personas que llevan 11 años muertas”.

Entre los muertos que figuran en el censo, los anteriores ex presidentes Francisco Casal y Saturno Vidal o el comunero Fernando Acuña.

Faro de Vigo: Santos Álvarez.

´Es evidente que esto es un pucherazo´

19.01.2015

Carlos Feijoo, uno de los integrantes de la candidatura de Macenlle que ha sido excluido del censo, explicó que “posiblemente sí impugnaremos, en los próximos días nos reuniremos y decidiremos, pero es evidente que esto es un pucherazo”.

En paralelo a las irregularidades en el censo y al tenso ambiente de la asamblea (durante la práctica totalidad de la reunión comuneros de uno y otro bando discutieron sin llegar a ponerse de acuerdo) la votación también estuvo llena de singularidades: su inicio se retrasó dos horas, ocuparon el cargo de presidente y secretario dos integrantes de la lista ganadora y en el recuento rompieron los votos nulos o en blanco.

En opinión de veteranos comuneros, la escena refleja bien “el desnorte de una comunidad que de hecho hace años que renunció a su función de gestionar el monte”.

Vista parcial da Casa de Montes de San Xulián.

Se algo precisa a Comunidade de Montes de San Xulián -e por extensión a parroquia, porque as decisións que toman os directivos desta entidade repercuten no conxunto da veciñanza- é que haxa persoas con sentidiño na súa directiva. Que os homes -e as mulleres, que deberían participar moito máis- dos que depende a xestión dos recursos e do patrimonio desta institución teñan dous dedos de fronte.

Porque, para empezar, hai moitos cartos en xogo: diñeiro que non provén da función “natural” dunha comunidade de montes, que é a explotación racional dos recursos que produce o bosque, da ordenación da masa forestal, do aproveitamento dos froitos da silvicultura. Lonxe diso, a especulación co tee rritorio é unha das principais fontes de ingresos, a obtención de lucro a través da descapitalización do maior ben da parroquia, que é a terra.

Na historia recente véñense acumulando episodios que demostran esa deturpación do que significa unha comunidade de montes, da dinámica perversa que se vén arrastrando nos últimos anos, da fachenda coa que os directivos fan alarde dos pagos cos que as Administracións xustifican os voraces bocados que lle dan a unha vaguada por aquí, unha chaira por alá, un outeiro por acóla.

E nesa vaguada, nesa chaira, nese outeiro ou onde sexa que as Administracións se fixen para satisfacer os seus intereses, coa complicidade da comunidade de montes, constrúese unha variante, instálase unha liña de alta tensión, proxéctase un polígono industrial, facilítase a ubicación dun depósito de auga, favorécese o paso dunha tubaría, cédese un campo de manobras militares, ou prométese unha estrada para darlle servizo a ese campo de manobras… por exemplo.

Mentres, o monte segue incrementando o seu potencial pirófito coa acumulación descontrolada de materia vexetal; as especies invasoras seguen propagándose por moito glifosato que se lles inxecte; as árbores seguen medrando máis tortas ou máis dereitas sen que ninguén faga nada por elaborar un plan estratéxico que mellore o seu potencial madeireiro; as pistas e outras vías de comunicación seguen deteriorándose pola acción dos temporais e polo tránsito dos vehículos sen que se tomen medidas para facerlles o mantemento que requiren; os lugares de interese -miradoiros, fontes, camiños tradicionais, pedras singulares, gravados rupestres, mámoas- que enriquecen o monte cunha dimensión cultural de grande atractivo turístico e educativo, seguen estragándose polo abandono, o desprezo ou a agresión directa; como seguen tamén medrando os verquidos ilegais de restos de podas, de entullos, plásticos, cartóns ou mobles vellos.

O pastel é suculento e tentador de máis como para caer en mans de persoas pouco ou nada comprometidas co auténtico sentido dunha comunidade de montes.

Faltan poucos días para a celebración das polémicas eleccións á Comunidade de Montes de San Xulián e oficialmente nada se sabe das candidaturas que se presentaron ata o 8 de xaneiro, data na que se pechou o prazo para os aspirantes á directiva.

Na Casa de Montes só hai exposto un censo de comuneiros, bastante minguado, por certo, con respecto a outras convocatorias. Na lista apenas figuran os nomes dunhas 250-280 persoas, cando a Comunidade de Montes de San Xulián chegou a ter un censo de 560 persoas en 2013.

Fálase de catro candidaturas, entre os que están unha parte dos que conforman a directiva actual. Fálase da presenza, noutros grupos, de algúns empresarios da parroquia que tamén aspiran a gobernar a comunidade de montes. Uns, que pretenden aterrizar por primeira vez na xunta rectora. Outros, nostálxicos de tempos pasados nos que xa tiveron responsabilidades de goberno.

Basta unha soa palabra para catalogar a moitas destas persoas: pro-polígono.

Porque estamos nunha parroquia na que ignorantemente implantouse a idea de que “as pedras” -como vulgarmente se refiren aos xacementos arqueolóxicos- “non dan de comer”. Porque lamentablemente institucionalizouse unha frase que debeu quedar plasmada nas actas dunha desas infaustas asembleas que nos tocou vivir: “O monte non é rentable” por si mesmo, o que provocou que se urbanice e se industrialice, que sexa furado e cimentado.

Porque desgrazadamente os partidarios do que se coñece como “monte multifuncional” están á marxe deste proceso electoral, agardando tempos mellores para que poidan ir callando na veciñanza os criterios de sustentabilidade, equilibrio, paisaxe, natureza e patrimonio que rexen nas comunidades de montes veciñas, cun perfil máis moderno e progresista; moi diferente da vella mentalidade atrasada, rancia e curtopracista que ve no monte unha máquina de facer cartos na que o fin xustifica os medios.

 

Publicado por: MontePituco | 14/01/2015

PLENO DE XANEIRO 2015 (e III)

Tralas mocións, seguiron varios puntos sobre a actividade de control do Pleno:

4.- Posta en coñecemento do Pleno da Corporación das resolucións ditadas no mes de decembro de 2014.
5.- Posta en coñecemento do Pleno da Corporación do informe de Intervención relativo á información sobre as resolucións da Alcaldía contrarias aos reparos dos meses de novembro e decembro de 2014.
6.- Posta en coñecemento do Pleno da Corporación da resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales, do 18.12.2014, pola que se declara a inadmisión do recurso administrativo especial en materia de contratación interposto pola empresa “Procedimientos de Aseo Urbano, S.A.”, contra o acordo de adxudicación, de 10.10.2014, do contrato do “Servizo de Limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Marín” e se acorda levantar a suspensión do procedemento de contratación.
7.- Posta en coñecemento do Pleno da Corporación da Memoria Anual do CIM do ano 2014.
8.- Posta en coñecemento do Pleno da Corporación da Sentenza firme, ditada o 19.06.2014 pola Sala do Contencioso-administrativo do T.S.X. de Galicia, que desestima o recurso contencioso-administrativo interposto por Dª. Marta e D. Manuel Dios Touriño contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de 27.06.2012, de aprobación do PXOM do Concello de Marín.
9.- Posta en coñecemento do Pleno da Corporación da Sentenza firme, ditada o 10.07.2014 pola Sala do Contencioso-administrativo do T.S.X. de Galicia, que desestima o recurso contencioso-administrativo interposto por D. Antonio Alberto Calvar Carballo-Pérez, contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de 27.06.2012, de aprobación do PXOM do Concello de Marín.
10.- Posta en coñecemento do Pleno da Corporación da Sentencia, ditada o 20.03.2014, pola Sala do Contencioso-administrativo do T.S.X. de Galicia, recorrida en casación, que desestima o recurso contencioso-administrativo interposto por Dª. Mª del Pilar García Iglesias contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de 27.06.2012, de aprobación do PXOM do Concello de Marín.
11.- Posta en coñecemento do Pleno da Corporación da Sentencia, ditada o 10.07.2014, pola Sala do Contencioso-administrativo do T.S.X. de Galicia, recorrida en casación, que estima parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto pola empresa “Vodafone España, S.A.” contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de 27.06.2012, de aprobación do PXOM do Concello de Marín.
12.- Posta en coñecemento do Pleno da Corporación da Sentencia, ditada o 04.12.2014, pola Sala do Contencioso-administrativo do T.S.X. de Galicia, susceptible de recurso de casación, que estima parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto pola empresa “Telefónica Móviles España, S.A.U.” contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de 27.06.2012, de aprobación do PXOM do Concello de Marín.

Na recta final da sesión, abriuse un turno de palabra para formular rogos e preguntas:

-Francisco Veiga: interesouse polo caso da empresa de limpeza referido no punto 6, en previsión de que “las trabajadoras de la empresa de limpieza de las instalaciones municipales tengan el mismo problema que las de Cleanet”.

-María Ramallo: explicou que Eulen é a empresa á que se lle adxudicou o servizo directamente, que cumpre o prego de condicións, que a partir do día 15 prevese a sinatura do contrato e que as traballadoras serán subrogadas.

-Muradas: non faltaron os seus clásicos (as obras en Ezequiel Massoni), coa novidade de que nesta ocasión decidiu “transformar os rogos en preguntas”, que todas comezaron co adverbio “cuándo”. Así, preguntou pola sinalización nas zonas peonís, a instalación de sinais luminosas nos pasos de peóns, as tapas das alcantarillas na Banda do río… Ademais, preguntou se houbera algunha denuncia pola megafonía que soara durante o fin de semana a bordo dun vehículo que percorreu todo Marín facendo publicidade dun negocio. Rematou falando dun socavón “bastante preocupante” no vial de praias.

-María Ramallo: Sobre Ezequiel Massoni, apuntou que non se fixo o informe pero que a obra estaba rematada, pendente de que o enxeñeiro dera o visto bo. “En comparación coa obra anterior, fixéronse máis acometidas”, asegurou a alcaldesa. Sobre as obras pendentes, puxo como razón que “no Nadal houbo persoal”. En canto á rúa Secundino Lorenzo e os problemas que houbera coa empresa Antalsis, á que o Concello lle gañou sete contenciosos, explicou que a obra está recepcionada pero que a reparación das eivas “non lle vai custar ao Concello” pola incautación da fianza. O socavón do vial de praias estaba “en estudo” e sobre a megafonía publicitaria, non lle constaba ningunha denuncia.

-Luz Santiago: preguntou se a licitación do servizo de atención a domicilio se coñecería antes de que rematara o mandato e pola memoria do antigo patronato de cultura.

-Con respecto ao primeiro tema, María Ramallo informouna que o comezara o trámite administrativo. E sobre o antigo patronato, que a concelleira de cultura informaría na próxima comisión.

-Carmen Villanueva: a raíz das obras de reforma nas rúas Almuinha e Jaime Janer, preguntou onde bailarían a Danza de Espadas. Santos Costa, que tamén é danzante, levantou a cella. “Se está privando de un espacio donde siempre se bailó, siendo una fiesta de interés turístico”, engadiu a concelleira socialista.

-Santos Costa contestou que “se tuvo en cuenta la ubicación de la danza en las obras”, de forma que os bolardos que se instalaron son “extraíbles” e os bancos “pódense mover”.

-Pilar Blanco: criticoulle á alcaldesa que non se convocara a xunta de voceiros para tratar unha solicitude rexistrada pola CIG sobre a recuperación do servizo de ambulancias; sobre o bar de Portocelo, criticou que unha obra que tiña ano e medio requerida recentemente traballos de impermeabilización na terraza por valor de 20.000 euros; tamén preguntou polo convenio coa Deputación para a recollida de cans abandonados, que custa 0,30 céntimos por habitante, o que supón 7.500 euros, e aínda así, o pago que se lle fixera á Deputación superaba os 10.000, polo que lle solicitou a documentación que acredita ese pago; por último, preguntou polo posicionamento do Concello a respecto da planta de compostaxe proxectada polo Concello de Pontevedra en A Canicouva e esixiulle á alcaldesa que leve ao Pleno a moción proposta polo BNG marinense.

-María Ramallo: sobre o servizo de transporte sanitario, emprazou o Bng e a CIG e fixar unha data para a reunión e afirmou que dende o Concello “vaise seguir facendo forza”; en canto ao bar, xustificou as obras de impermeabilización para evitar humidades na zona dos baños e do almacén; sobre a factura polo servizo de recollida de animais, contestaría por escrito; a construcción da planta de compostaxe, segundo a alcaldesa, “non se vai facer por agora” porque o proceso de licitación para abaratar a recollida de lixo quedara deserto e amosouse partidaria de “apoiar” a adhesión do Concello a esa planta de tratamento de lixo.

-X.M. Vilaboa: a traca de rogos e preguntas comezou pola pista do pabellón do Sequelo e pola factura pendente de 5.700 euros; máis facturas: outra de 20.000 pola escaleira de madeira en Ezequiel Massoni, outra de 14.250 euros para unha empresa de Cambados pola ampliación do Camiño de Aguete, do que insinuou que remataba diante da casa do concelleiro de Medio Rural; outra de 6.000 euros para unha empresa de Marín por obras de abastecemento de auga; outra de 8150 euroos pola explotación do servizo municipal de auga, do que criticou que o Goberno local “oculta o procedemento”; e outra máis de 21.175 euros polo estudo da alternativa da mellora hidráulica do río Lameira, do que tamén denunciou que “se ocultou información” relacionada coa expropiación de fincas e o derrubo de construccións no marco do proxecto “virtual” do centro de saúde. Vilaboa tamén criticou que en vez de poñer en marcha o plan de emprego aprobado no pleno e “consensuado por todos”, se tardaran “10 meses en facer un trámite”. “Igual ten moito traballo; pasea coa tuna”, espetoulle Vilaboa a Santos Costa.

-O concelleiro de Urbanismo respostou que as primeiras medidas que se tomaran na pista do Sequelo eran para “axustarse á subvención da Deputación”; da escaleira, que non hai proxecto; do camiño de Aguete, que non chega ata a casa do concelleiro; e sobre o servizo de augas, “no se oculta nada”.

-María Ramallo continuou nesa liña de negar a ocultación de información sobre o proxecto do centro de saúde, argumentando a existencia dun documento de Augas de Galicia que indica que “esa parcela está afectada” en materia hidráulica; en canto ao plan de emprego, anunciou que “se vai pasar á contratación dos peóns seleccionados”.

-Esther Crespo: pediu “respecto pola nosa lingua” ante a utilización de topónimos castelanizados na publicidade dun acto navideño en “Seijo”; que se eliminen as pintadas fascistas que non foron aínda borradas; e que hai unha farola preto da ponte do Valado, en San Xulián, co cableado ao aire.

-Isabel Martínez Epifanio: ante o próximo cambio no sistema de megafonía do salón de plenos, pediu que se instalen nos bancos enchufes e portos USB para que os concelleiros puideran ter acceso ás novas tecnoloxías durante o pleno; tamén preguntou canto custaran a Cabalgata de Reis, os caramelos, que asociacións colaboraran e a cuantía coa que foran subvencionadas; ademais, apuntou que no bar de Portocelo non hai datáfono nin calefacción.

-María Ramallo: sobre os custes da Cabalgata, informaríaselle na comisión de Facenda, así como dos detalles referentes ás entidades colaboradoras (Trompos os pés, Ateneo Santa Cecilia, Banda de Cornetas, Anxuíña, Os Chaneiros) e os gastos na animación; en canto a Portocelo, explicou que esta instalación municipal tiña o obxectivo de “prestar apoio ao servizo de praia” e que coa reforma que se fixera quedara “mellor de como estaba”, independentemente de que “poderíase investir máis”.

Así rematou o pleno pero, cando ía levantarse a sesión, ergueuse entre o público (as traballadoras de Cleanet e os do 061 xa marcharan logo da intervención de Pilar Blanco) unha veciña que ten protagonizado unha longa movilización ante o Concello de Marín e os Xulgados de Pontevedra: Pilar García Iglesias, da que neste pleno se informou da desestimación dunha demanda presentada contra o PXOM.

A alcaldesa e os demais membros da Corporación quedaron escoitando as súas queixas, sobre os 8 anos que leva (primeiro durante a etapa do bipartito e agora gobernando o PP) en situación precaria vivindo nunha casa que, segundo afirmou, é “legalizable”. Complexa situación a desta veciña, que lle botou valor para protestar ante os concelleiros pola “inxustiza” que se viña cometendo con ela e a “persecución” da que se sentía vítima. María Ramallo emprazouna a acudir ao Concello para que os técnicos municipais lle plantexaran o seu caso.

Publicado por: MontePituco | 13/01/2015

PLENO DE XANEIRO (II)

No pleno deste mes tamén se debateu unha moción urxente do Bng sobre a situación das traballadoras de Cleanet, a empresa adxudicataria do servizo de limpeza das instalacións do Ministerio de Defensa que, no caso de Marín e Pontevedra, son a Escola Naval, a Brilat, o complexo deportivo e a residencia militar de Campolongo, e a delegación de Defensa. Acumulan xa varios meses sen cobrar e, ademais de concentrarse diante dos seus centros de traballo en varias ocasións, esta semana van levar as súas protestas ata o Ministerio de Defensa en Madrid, co apoio da CIG e do Bng.

A moción defendida por Pilar Blanco instaba a alcaldesa a dirixirse ao Ministerio para que Cleanet pague as nóminas pendentes, así como instar o Ministerio a rescindir o contrato con esta empresa. As traballadoras e os seus representantes sindicais asistían ao pleno portando a pancarta que lucen nas súas concentracións; Pilar Blanco referiuse a elas como un “exemplo de dignidade” por defender os seus dereitos laborais. Nas súas críticas a Cleanet, a voceira do Bng resaltou que “desde que se lle deu a concesión, a empresa empezou xa a incumprir o contrato e a encadear retrasos no pagamento dos salarios”. Mais tamén censurou o Ministerio de Defensa por darlle o contrato a unha empresa que ofreceu unhas condicións económicas que raiaban a “baixa temeraria”.

A raíz dunha pregunta formulada pola deputada do Bng no Congreso a propósito deste conflicto, Pilar Blanco afirmou que “a Defensa só lle importa que as traballadoras e sigan limpando” e acusou os seus responsables de “desentenderse e deixar que pase o tempo ata que remate o contrato”. Dende o Bng criticaron o “atraco” por parte da empresa e a “máxima insensibilidade” do Ministerio, “que solo argumenta que lle sigue pagando a Cleanet”.

María Ramallo contestou que o grupo municipal do PP apoiaría a moción e falou dunhas “xestións” segundo as cales “entre finais de xaneiro e principios de febreiro vaise rescindir o contrato con Cleanet”.

Detalle importante: foi un instante nada máis, pero na sala de plenos escoitouse un amago de aplauso entre as traballadoras; un aplauso ‘interruptus’, afogado polas circunstancias da protesta simbólica que realizaban coa súa presenza no Concello.

Continuou María Ramallo apuntando que “en abril estarán contratados os servizos cunha nova empresa”. Esta afirmación tivo resposta por parte do grupo de traballadoras e sindicalistas: “E mentres quen vai cobrar?”.

A alcaldesa explicou que “hai que cumprir os prazos para sacar o servizo a concurso” para non comprometer o proceso de contratación e falou de “facer máis forza para que non se alongue esta situación”, da que lamentou que “somos reféns destas problemáticas” que, no caso de Cleanet, é unha empresa “de Barcelona, con 1.000 empregados e moitos clientes”.

“…E amigos do PP!”. Quen soltou esta couce foi Xabier Aboi, pedra angular da CIG en Pontevedra e no Morrazo. “Vostede tamén ten os seus amigos”, replicoulle María Ramallo. “Levan tres meses sen cobrar e ti cobras”, volveu retrucar Aboi, con ganas de non soltar o fío da polémica dialéctica. María Ramallo tratou de buscar o gancho político, polo feito de que a moción e o apoio que ían obter en Marín debería reproducirse tamén nos concellos de Pontevedra e de Ferrol, que tamén contan con instalacións de Defensa. Pero falou de máis cando emprazou as traballadoras a acudir ao Xulgado do Social para reclamar os salarios que lle debía Cleanet, tendo en conta a precaria situación económica na que poden atoparse ao ver as súas economías mermadas. “O que interesa é que movades o cu, non que apoiedes unha moción”, rematou Aboi.

No turno do Psoe, Francisco Veiga solidarizouse coas traballadoras e indicou que agardaba “un apoyo más contundente” por parte do PP a esta moción, tendo en conta a situación: “cuatro meses sin cobrar y yendo a trabajar igual para mantener sus derechos y su puesto de trabajo”, expuxo Veiga. Criticou o “trato pésimo” da empresa e que “la Escuela Naval no se quiso reunir con ellas”.

Veiga pretendía sacar vantaxe da situación e empezou a ‘emocionarse’ con propostas que rozaban a demagoxia: “Vamos a mandar esa carta para solo quedar con la conciencia tranquila? Vamos a poner una pancarta en el Ayuntamiento, a reclamar que la Escuela Naval se reúna con las trabajadoras”, dixo o voceiro socialista, que tamén se referiu ás dificultades destas persoas para pagar os impostos municipais en ausencia dun salario cada mes. “Con esa carta no me vale, con rescindir el contrato no me vale”, insistía Veiga. “Llegamos tarde, ya teníamos que estar hablando con el delegado del Gobierno y el delegado de Defensa”, concluíu Veiga, que debe ter sobradamente controladas as medidas do balcón da Casa Consistorial.

Isabel Martínez Epifanio comezou a súa intervención dicindo “que bonito é facer demagoxia”. Non se refería directamente a Veiga, pero se el seguise gobernando o mesmo se lle podería criticar a María Ramallo que a Francisco Veiga, mesmo que a Pilar Blanco. O sillón da Alcaldía e a bancada do Goberno local imprimen ‘carácter’.

“Faremos o que poidamos na medidas das nosas posibilidades? Non!”, exclamou a voceira de Mar-In, parafraseando unhas palabras anteriores de María Ramallo. “Eu son oposición, pero vostedes son 12, do PP, teñen relación coa Escola Naval e co Goberno Central”, reprochoulles aos populares. “A moción do Bng é bastante suave”, engadiu Isabel Martínez Epifanio.

Na segunda ronda, Pilar Blanco cuestionou as explicacións de María Ramallo apelando a “cumplir as leis”, ao que a voceira nacionalista respostou: “Eu de leis non entendo e moitas cuestiónoas. Non nos veña con ese tema legal; o Ministerio está en posición de facer máis”.

…Muller, así é como nesta sociedade estamos ata as orellas de corrupción política, imputacións e irregularidades, de todas as formas e colores.

Pilar Blanco arriscou máis, acusando a Cleanet de que “levou o concurso daquela maneira” ante a connivencia de Defensa, que “non se preocupou de comprobar que fose unha empresa solvente”. Tamén emprazou a María Ramallo a “levantar o teléfono para que Rajoy garanta que reciban as traballadoras cando vaian a Madrid”. Ademais, reprochoulle ao PP que “ningún deputado popular de Pontevedra preguntara por ese tema”, en alusión a Telmo Martín, por exemplo, ou a propia ministra Ana Pastor.

No seu novo turno, María Ramallo volveu reiterar o apoio do seu grupo “con campaña electoral ou sen campaña electoral” e aclarou que “a responsabilidade do Concello é limitada” neste caso, malia o cal a alcaldesa insistiu en que fixo “xestións con Defensa”, argumentando que o órgano de contratación é o Ministerio, non a Escola Naval nin a Brilat. “A normativa é a que é”, recalcoulle a alcaldesa á oposición e ás traballadoras interesadas.

“…Que cambiastes vós!”, volveu espicharlle Xabier Aboi co seu vozarrón, referíndose á reforma laboral. “As traballadoras non se dirixiron a este Goberno local”, terciou a alcaldesa, que seguiu aclarando que o propio Concello non foi alleo a este tipo de conflictos con outras empresas e os seus traballadores. “Hai que informar as traballadoras do que hai”, advertiu María Ramallo, insinuando que tal vez a CIG e o Bng estiveran creando expectativas demasiado optimistas.

“…O que queren é cobrar!”. Nesta ocasión foi Xosé María Vilaboa o que tomou a palabra. A alcaldesa chamouno á orde.

Aquí todos tiñan máis que dicir.

Francisco Veiga instou a alcaldesa a “pensar lo que ha dicho”, poñendo como exemplo que “tampoco es trabajo de la Xunta ir a México a buscar floteles para Barreras”, e equiparando as traballadoras de Cleanet cos de Factoría Naval, polos que a Corporación marinense “también peleó por ellos” cando o asteleiro atravesaba dificultades. E referiuse á Escola Naval como “el responsable” da situación das traballadoras porque “son las personas con quien tratan y son su órgano directo”.

Isabel Martínez Epifanio expuxo que para chegar ata o Ministerio de Defensa en Madrid “teñen que ir con alguén”, por iso xustificou que a Escola Naval debería recibir as traballadoras. E fixo un inciso para criticar a reforma laboral feita polo Goberno “co apoio de UGT e de CCOO para escravizarnos máis, permitir despedimentos de balde e recurtar salarios, así que non veña intentar confundirme nin me veña dar leccións”, champoulle a concelleira de Mar-In, case sen tomar aire, de tanto ‘salero’ que lle botou…

Foi a única concelleira aplaudida polas súas palabras. Chimpún!

Pilar Blanco pechou as intervencións sen máis novidade que lembrarlle a María Ramallo que a moción “a insta a vostede”.

Na votación, os edís de todos os grupos votaron a favor da moción, que foi aprobada entón por unanimidade.

Publicado por: MontePituco | 12/01/2015

PLENO DE XANEIRO (I)

O pleno do pasado venres comezou cun minuto de silencio pola morte do marinense Manuel Mesías Barros, o ciclista que fora atropelado pola tarde na autovía.

No comezo da orde do día planteouse unha moción do PSOE solicitándolle ao Concello que lle traslade á Xunta a proposta para que se restitúa o servizo de Noitebús entre Marín e Pontevedra. Luz Santiago expuxo que con esta medida diminuirían os accidentes de tráfico e instou o Goberno autonómico a “asumir sus responsabilidades” recuperando esta liña de transporte, que tamén funciona noutras localidades como Santiago, A Coruña ou Lugo. “Si no aprueban la moción, les proponemos tratar estos puntos en comisión”, terciou a edil socialista.

O concelleiro de Tráfico replicoulle que na comisión informativa o PP xa se amosara partidario de “mejorar los horarios de bus, intensificar los servicios, hablar con los responsables de la empresa y que éstos a su vez pudiesen dialogar también con los portavoces municipales, además de apoyar la implantación del área metropolitana de transporte”. Sen embargo, Estévez Salazar desviou o sentido da moción do PSOE apuntando o exemplo da localidade de Melide, “que volvió a poner el Noitebús, pero a instancias de los empresarios de hostelería”. En definitiva, o grupo municipal do PP poñía como condición para aprobar a moción que se retirase o punto fundamental: o traslado á Xunta da petición para que se repuxera o Noitebús entre Marín e Pontevedra.

Por parte do BNG, Pilar Blanco comentou ironicamente que a réplica a esta moción tiña que facela o presidente de Nuevas Generaciones, o edil Pablo Novas, argumentando que o posicionamento de NNGG era “distinta” da exposta por Estévez Salazar: “Pasaron de esixirlle ao bipartito da Xunta que mellorara o Noitebús, a dicir que vai botar en contra dunha moción que propón que se estude a posibilidade de retomar o servizo”. O partido que estea libre de contradicións, que tire a primeira pedra… agás o de Pilar Blanco que, debe ser como ese deterxente que lava máis branco que ningún… “Menos hipocresía e máis vivir na realidade de gobernar a favor da xente e da xente nova”. Olé!

Dende Marinenses Independentes, Isabel Martínez Epifanio lamentou a “pobreza intelectual” da intervención de Estévez Salazar e criticou as alusións deste a propósito da cantidade de mozos e mozas que saen en Marín o fin de semana. “En canto valora vostede a seguridade? Prefire que vaian cinco nun coche, que igual o condutor teña bebido alcohol, en vez de que poidan utilizar un servizo público?”. A concelleira independente foi moi crítica co servizo de Mombús e coa xestión do edil de Tráfico: “O que conseguiu en tres anos foi que Mombús colocara os horarios dos buses nas marquesinas”. Tamén lle pediu a Estévez Salazar que “reconsidere o seu posicion contraamento porque ninguén está libre dun accidente e do que se trata é de facer un servizo social”. A fin de contas, “non se lle estaba pedindo nada do outro mundo”, sen contar con que o prezo do billete Marín-Pontevedra (1,40€) parécelle “carísimo”.

Mentres Isabel Martínez Epifanio se explicaba, o seu discurso parecía non interesarlle moito a Xosé María Vilaboa, do BNG, que estaba máis ocupado facendo fotos co seu móbil das traballadoras de Cleanet e dos militantes da CIG que as acompañaban, que estaban no salón de Plenos para asistir ao debate dunha moción posterior…

No segundo turno, Luz Santiago queixouse de que o concelleiro popular “no dijo nada de los hosteleros” e reiteroulle que “no es un servicio de ocio, sino de seguridad”, polo que defendeu o seu carácter público. Do contrario, “es como si las farmacias montasen los centros de salud”, engadiu.

Continuou Estévez Salazar defendéndose: “Yo nunca he hablado de fomentar el botellón”. E afirmando: “La Xunta subvencionaba el servicio”. E metendo a zoca: “Ojalá se pudiera conseguir que la juventud se quede en Marín”. Para que diaños están cobrando entón, se non é para que se implanten medidas para promocionar a hostelería, a oferta de lecer e os servizos orientados á xente nova?

Pilar Blanco volveu cargar contra Estévez Salazar. Entretanto, Xabier Aboy e Iria Aboy rían del e comentaban polo ‘bajini’… Continuaba a voceira do Bloque insistindo que o Noitebús “é rentable porque evita que a xente nova ande pola estrada, beba ou non beba”. E sacoulle punta ao patinazo do edil popular: “Xa é hora de que faga algo para que a xente nova quede aquí. Quédanlle tres meses”, comentou Pilar Blanco ante a inminencia das eleccións municipais de maio, recriminándolle tamén que “en tres anos non fixo absolutamente nada polo servizo público de autobús”.

Isabel Martínez Epifanio volveu mallar en Estévez Salazar, que non tivo o seu mellor día, se é que tivo algún día bo nos plenos nos que interviu. “Vainos facer crer que a Xunta non instalou o servizo? Que Mombús facía o servizo amablemente?”, ironizou. “A Xunta deulle a concesión á empresa que ten o monopolio neste país: Mombús, que se dedicou a roubar cartos públicos porque cobraba e non facía nada”. As acusacións da concelleira independente ían ‘in crescendo’; o concelleiro do PP debía estar suando a gota gorda e, como se soe dicir en termos futbolísticos, pedindo a hora. Martínez Epifanio comíalle as papas na cabeza: “Tería que ter feito algo coa concelleira de Turismo para que os mozos queden en Marín… Fale con Melide, e que veña Melide a poñernos o Noitebús. Canto vale unha vida humana?”, concluíu.

…Que mágoa que Isabel Martínez Epifanio non teña intención de repetir candidatura nas próximas eleccións. Que alguén a convenza! Sen ela, o nivel do pleno vai caer moitos puntos; tantos como perdeu cando tamén quedamos sen a figura do seu compañeiro de partido, Miguel Suárez Briones.

Rematou a defensa da moción a concelleira socialista: “Esto no tiene que ser un negocio. Se ahora en sanidad, por lo que supone un accidente”.

Na votación, a moción foi rexeitada: a favor estiveron PSOE, BNG e Mar-In; en contra, o PP.

Publicado por: MontePituco | 09/01/2015

A PLANTA DE COMPOST, PARA O MONTE COMUNAL D’A CANICOUVA

Localización da futura planta de compost.

Marcada en vermello, está a localización da futura planta de compostaxe que construirán o Concello de Pontevedra e a Deputación, nunha superficie de 10 hectáreas pertencentes ao monte veciñal d’A Canicouva. 

O concelleiro de Ordenación do Territorio de Pontevedra, César Mosquera, dixo que a distancia da planta proxectada -que recibirá residuos orgánicos procedentes dunha vintena de municipios da provincia- con respecto ás vivendas máis próximas é de 1,7 quilómetros.

O concelleiro socialista Agustín Fernández, socio do BNG no Goberno local, xa anunciou para mañá á mediodía a súa comparecencia nunha rolda de prensa na sede para opinar sobre la ubicación desta infraestrutura e a polémica xestión por parte de Mosquera na busca dos terreos.

…Amigos e amigas do Monte Pituco, desta vez, “safamos”!

La Voz, 9 de xaneiro 2015.

Diez hectáreas en A Canicouva acogerán la planta de compost

Faro, 9 de xaneiro 2015.

Canicouva acogerá la planta de compost en diez hectáreas de monte cedidas por los comuneros

Diario, 9 xaneiro 2015

Diario, 9 de xaneiro 2015.

“La planta de compost se ubicará en A Canicouva”

 

Publicado por: MontePituco | 08/01/2015

O CONSELLEIRO DE CULTURA, EN MOGOR. E O PITUCO, CANDO?

Visita do conselleiro de Cultura aos petroglifos de Mogor (Foto, Xunta).

Visita do conselleiro de Cultura aos petroglifos de Mogor (Foto, Xunta).

Visita do conselleiro de Cultura aos petroglifos de Mogor (Foto, Xunta).XVazquez Mogor1

[Fotos, Xunta de Galicia]

O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, veu a Marín para anunciar que neste 2015 abrirá ao público -non era sen tempo!- o “centro de acollida de visitantes” dos petroglifos de Mogor.

Na construcción deste chabolo e na súa musealización (palabro fino referido aos paneis informativos colgados no interior da sala), nas sondaxes arqueolóxicas (como se os gravados de Mogor non estiveran abondo investigados!) e na posta en valor dos gravados rupestres (xa nos gustaría a outros xacementos recibiran unha décima parte das accións de posta en valor que se fixeron nestes!) investiuse a friolera de 352.615,27 euros.

Sobre as actuacións realizadas recentemente en Mogor, a nota informativa da Xunta explica:

“Os traballos realizados no ano 2014 correspóndense coa execución do proxecto museográfico e o acondicionamento das pasarelas. Nestes pasados meses construíronse, ademais, dúas novas pasarelas de madeira construídas como complemento á edificación do Centro co obxectivo facilitar o acceso ao petróglifo do labirinto e ao petróglifo nº 3. Asemade realizáronse traballos de acondicionamento dos camiños de acceso, e pequenas tarefas de reparación na pasarela xa construída previamente e nas instalacións do centro, en concreto na súa fachada. A intervención completouse co remate da impermeabilización dun dos muros de formigón que conteñen as terras cara á parte alta da ladeira na que se atopa o xacemento”.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO vimos reivindicando reiteradamente que a Administración aposte dunha vez pola recuperación, posta en valor e promoción do patrimonio arqueolóxico existente no Monte Pituco e na súa contorna, partindo da base de que na parroquia de San Xulián concéntrase a maior densidade de gravados rupestres e mámoas catalogados no Concello de Marín.

Entre a falta de interese da Comunidade de Montes, que lava as mans e elude as obrigas que lle corresponden en virtude da aplicación da Lei de Patrimonio; e a actitude do Concello de Marín, que moito bla-bla e pouco bli-bli, nunha clara manobra de dar largas, os xacementos de Pornedo, Sete Camiños, Pinal de Caeiro, Carrasca e Champás empeoran progresivamente o seu estado, estando cada vez máis expostos ás agresións. Fronte a esta precaria situación, favorecida pola DISCRIMINACIÓN INSTITUCIONAL, a asociación DEFENDE O MONTE PITUCO segue traballando a prol da difusión e da visibilización destes bens culturais, cun recoñecemento social cada vez maior.

Presentación do libro "Cartas habidas".

Con ou sen conxunción planetaria, á visita do conselleiro de Cultura sumouse na mesma xornada a presentación, no Museo Manuel Torres, do libro “Cartas habidas 1953-1990)” entre o marinense Antonio Blanco Freijeiro -filólogo, catedrátivo de Arqueoloxía, académico de Historia- e o pontevedrés Isidoro Millán González-Pardo, conde de Quirós, profesor e membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, que tamén exerceu o primeiro cargo de Subdirector Xeral de Ensinanza da Lingua Galega no Goberno da Xunta.

Ademais da alcaldesa, María Ramallo, interviron o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e o editor da obra, Luís Cochón, investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e que, coma Blanco Freijeiro, tamén é marinense.

Este volume reúne 80 cartas que Blanco e Millán cruzaron dende que eran un par de universitarios con inquedanzas intelectuais; unha correspondencia que mantiveron ao longo de tres décadas, aínda cando as súas traxectorias personais e profesionais transcorreron afastadas. Coincidiran nas primeiras excavacións do xacemento arqueolóxico da Lanzada, entre os anos 1950 e 1951, tamén con Filgueira Valverde e Alfredo García Alén. O seu epistolario serviu para intercambiar impresións sobre traballos de investigación, artigos, libros…

En 2016 cumpriranse 25 anos do pasamento de Antonio Blanco Freijeiro, en Madrid. O Concello terá que organizar unhas Xornadas de Historia, Patrimonio e Arqueoloxía á altura desta efemérides para volver reunir no Museo Torres a familiares do investigador marinense, discípulos e veciños interesados no pasado da nosa vila e na nosa cultura.

Publicado por: MontePituco | 07/01/2015

FESTAS DE SAN XULIÁN E DA VIRXE DOS REMEDIOS

Festas de San Xulián e da Virxe dos Remedios.

Que o patrón San Xulián nos guíe para lograr unha parroquia unida e modélica na promoción dos valores do medio rural, na protección dos nosos recursos naturais, na conservación do patrimonio e na transmisión da cultura que nos identifica. Que a Virxe dos Remedios interceda para que aqueles que actúan co seu nome non sigan desprestixiando esta terra nin os seus habitantes con propostas estrafalarias e caducas, impropias dunha sociedade avanzada.

Publicado por: MontePituco | 07/01/2015

DÍA DE REIS NO MONTE PITUCO

Conxunto rupestre do Pornedo. Día de Reis.Petroglifos de Sete Camiños. Día de Reis.

Día de Reis no Monte Pituco.

Os Magos de Oriente chegaron ao Monte Pituco cargados de produtos galegos: esponxa de baño vexetal de luffa producida en Caldas de Reis, licor Vagalume de chocolate e cereixas con distribución en Marín, xabón elaborado en Allariz con leite de burra procedente da Asociación ANDREA dedicada á recollida de asnos abandonados, e pendentes do taller de xoiería artesanal Silvereira, de Teo.
…Galicia calidade!

Publicado por: MontePituco | 05/01/2015

CARTA AOS REIS MAGOS DENDE O MONTE PITUCO

Noite de Reis no Monte Pituco.

Prezados Reis Magos

Cando veñades esta noite por Marín, non esquezades visitar o Monte Pituco. Ao longo deste pasado ano os veciños e veciñas desta modesta asociación portámonos moi ben: pagamos cumpridamente os seus honorarios aos avogados que elaboraron a demanda contra os plans do Concello de instalar un polígono industrial neste espazo protexido dos Montes do Morrazo e tamén ao procurador que a presentou ante os tribunais; organizamos varias andainas -cunha ampla repercusión social- para dar a coñecer o patrimonio arqueolóxico e natural desta privilexiada contorna no ‘balcón da ría’; preocupámonos de velar polos problemas que lle foron afectando ao monte e informando á Xunta das incidencias…

Por iso cremos que somos merecedores do que vos pedimos:

-Queremos que os Tribunais recoñezan os argumentos en contra da instalación do polígono no Monte Pituco e que fallen a favor da Asociación Defende o Monte Pituco.

-Queremos que o Concello de Marín e a Comunidade de Montes de San Xulián aposten por fin pola limpeza e sinalización dos xacementos prehistóricos catalogados nesta zona.

-Queremos que Acuaes admita as nosas alegacións ao trazado da nova rede de abastecemento de auga e non perfore no Pituco para instalar as tubarías, senón que bordee o monte tal e como estaba previsto no proxecto inicial.

-Queremos que a Comunidade de Montes cumpra o seu compromiso de mellorar o firme e as marxes da pista forestal do Pituco porque está nun estado moi deficiente para o tránsito de vehículos agrícolas e mesmo das persoas que adoitan camiñar ou facer deporte por este sendeiro.

-Queremos que se adopten medidas máis efectivas para evitar os verquidos ilegais e contaminantes que os desaprensivos veñen botar ao Pituco, que sexan sancionados e que se retire o lixo acumulado nas beiras da pista e nos terrapléns.

-Queremos que se erradique a práctica ilegal e cruel de poñerlles pexas aos cabalos.

-Queremos que se xestione o monte con criterios de sostibilidade e planificación estratéxica, que se amplíen ao Pituco as labores de poda e de limpeza para que a veciñanza se sinta orgullosa deste espazo, tan maltratado nos últimos anos.

Son moitas as peticións; non cómpre que se fagan realidade todas xuntas, mais moito nos prestaría que se fosen cumprindo durante este 2015. Un ano no que Defende o Monte Pituco vai seguir poñendo todo da súa parte para que os soños aos que tanto esforzo lle vimos dedicando nos últimos anos, se acaden.

E máis soños que veñan…

 

Calendario 2015 do Concello de Pontevedra.

“A riqueza lítica do municipio de Pontevedra é ampla e variada. Ademais das pedras que serviron aos nosos devanceiros para edificar boa parte das casas que habitamos, hai moitos espazos senlleiros nos que a pedra cobra un gran valor. Unha das caras mensuais do calendario deste ano dedícase ás grandes pedras dos nosos montes, con fotografías de Federico de la Peña”.

Coa prensa deste sábado distribuíuse un calendario gratuito do Concello de Pontevedra, producido polo Gabinete de Comunicación e pola Alcaldía. Felicitamos os seus promotores pola fantástica idea de achegarlle á cidadanía estampas dos montes que rodean a cidade, por elixir pedras e petroglifos para representar os 12 meses do ano; porque cada vez que un dos destinatarios deste almanaque dirixa a súa ollada a estas fotografías, estaranse poñendo en valor os elementos retratados, estarase invitando a coñecer estes fragmentos de natureza e de (pre)historia, cultivarase un sentimento de arraigo e de orgullo colectivo, de aprezo por estes tesouros cheos de simbolismo.

Xaneiro: Pedra Longa de Valadares, Marcón.

Foto, Federico de la Peña.

Febreiro: Petroglifo na Abelleira, Campañó.

Foto, Federico de la Peña.

Marzo: A Casa da Moura, Ponte Sampaio.

Foto, Federico de la Peña.

Abril: Interior da Pena Miranda, A Canicouva.

Foto, Federico de la Peña.

Maio: Pedra do Sapo, Lourizán.

Foto, Federico de la Peña.

Xuño: Petróglifo de Mato das Cruces, A Esculca, Salcedo.

Foto do petróglifo, Federico de la Peña.

Xullo: Pedra na Canicouva.

Foto, Federico de la Peña.

Agosto: Outeiro dos Cornos, Ponte Sampaio.

Foto, Federico de la Peña.

Setembro: Barca de Pedra, O Castrove, Campañó.

Foto, Federico de la Peña.

Outubro: Pedra Cabalgada na Canicouva.

Foto, Federico de la Peña.

Novembro: Pedra Cabalgada en Verducido.

Foto, Federico de la Peña.

Decembro: Cachote da Moura, Río Lérez, Santo André de Xeve.

CalendarioDecem2015

En Marín tamén houbo un tempo no que se experimentou con calendarios temáticos (ver ligazón). Foi no 2011, a piques de estrear o mes de marzo, e basicamente para que un determinado grupo político puidera presumir dos seus “logros” a golpe de cemento e paleta, restaurando lavadoiros. Chamárolle “Recuperación da arquitectura popular galega”.

…Pero volvamos ás PEDRAS…

Na parroquia de San Xulián hai quen chegou a dicir, literalmente, que “as pedras non dan de comer”. (¿?)

En Pontevedra, pola contra, fan calendarios con elas. E rutas de sendeirismo para dar a coñecer as paraxes nas que se atopan. E tamén se lle dá emprego aos especialistas que reciben a encomenda de restauralas, aos que sinalizan a súa localización, aos que fabrican rótulos cos seus nomes, lendas e significados, aos que guían os visitantes que reciben, aos responsables do mantemento do espazo natural no que se atopan…

Grazas ás pedras que uns desprezan, outros si poden “comer” delas.

As imaxes que protagonizan esta homenaxe ás pedras son obra do naturalista e divulgador Federico de la Peña, que está preparando unha exposición que se realizará a principios deste 2015 para divulgar as rochas máis destacadas que se atopan nas parroquias do rural pontevedrés. Nas súas andanzas pola contorna, buscando eses prodixios da natureza, tamén tivemos a honra de que visitara o Monte Pituco e os seus arredores.

Parabéns a Federico de la Peña por esta iniciativa, á que lle desexamos moito éxito.

Publicado por: MontePituco | 02/01/2015

A PISTA FRACA TODO SON… (II)

A pista fraca todo son… buratos!

O deterioro máis que evidente da pista do Pituco

O deterioro máis que evidente da pista do Pituco.

A pista fraca todo son… verquidos!

Verquidos vexetais na pista do Pituco.

Verquidos vexetais na pista do Pituco.

Verquidos vexetais na pista do Pituco.

A pista fraca todo son… silvas!

Maleza na pista do Pituco.

…PARA CANDO O PROMETIDO ARRANXO DA PISTA DO PITUCO POR PARTE DA COMUNIDADE DE MONTES?!?!

Publicado por: MontePituco | 01/01/2015

XA TEMOS A AXENDA LABREGA 2015

Agenda Labrega Galega

No Monte Pituco xa temos o noso exemplar da Axenda Labrega Galega, coa que poderemos planificar os cultivos da horta ao longo dos doce meses do ano. Soubemos desta publicación a través de A Veiga do Palheiro de Postemirón e, pescudando na rede, demos co blogue dos seus promotores, a comunidade rural Tornajeira, afincada la vila ourensá de Vilamarín.

A Agenda Labrega ofrece información sobre os principais produtos do agro: o tipo de solo que precisa cada plantación, o tempo da sementeira, os labores de mantemento que require, os problemas que poden xurdir…

…Moi importante, o calendario lunar, cunha guía orientativa dos traballos agrícolas que cómpre realizar en cada época. Tamén hai espazo para unha escolma de refráns tradicionais, fichas de cultivo, planos de horta e un cuadro de asociacións de cultivos para obter a maior produtividade do solo dun xeito sostible e respectuoso co medio.

No blogue da Agenda Labrega detállanse as posibilidades para obter unha; nós a adquirímola por 13€ na libraría Ciranda de Santiago que, xunto co bar Lusco-Fusco de Ourense, son os únicos puntos de venda físicos. Tamén se pode obter mediante transferencia na Caixa Rural Galega, ou contactando por correo electrónico con Tornajadeira.

No documento que segue, en formato issuu, pódese ver un adianto da publicación:

Publicado por: MontePituco | 31/12/2014

NOTICIA DA PRÓXIMA ASEMBLEA

Faro de Vigo

Los comuneros de San Xulián se reúnen en asamblea el día 18 para renovar su directiva

Eligen al presidente que sustituirá al fallecido Fran Casal » Las candidaturas, hasta el día 8

Redacción | Marín, 31.12.2014

La Comunidad de Montes de San Xulián celebrará el 18 de enero una asamblea general para elegir una nueva junta directiva y su presidente, tras el fallecimiento el pasado mayo de Francisco José Casal Villanueva, titular de esta agrupación y concejal del Partido Popular en tres mandatos municipales (entre 2000 y 2003, a partir de 2004 y entre 2009 y 2011). Tras su fallecimiento, la junta directiva aún no había designado al nuevo titular de la agrupación, si bien actúa en funciones Manuel Estévez, que presentará su candidatura a estas elecciones.

Los demás interesados en encabezar la Comunidad de Montes de San Xulián deben presentar sus candidaturas hasta el próximo 8 de enero. Una vez validadas las listas propuestas, se expondrán a los comuneros, que votarán en la asamblea del día 18.

Durante este año la Comunidad de Montes de San Xulián realizó una actualización del censo de comuneros, con la que se corrigieron y se solventaron errores detectados en dicho listado.

Este colectivo está inmerso en el proyecto de poner en valor los montes de Castiñeiras, junto con los comuneros de Santa Cristina de Cobres, Vilaboa y Santomé, para recuperar y potenciar el parque de la naturaleza Castiñeiras-Cotorredondo.

Además, la comunidad gestiona el destino del dinero obtenido con el alquiler de parte del terreno comunal al Ministerio de Defensa, para el uso del cuartel de la Brilat. Son 18,5 hectáreas que se alquilan al precio de 1.800 euros por hectárea y año.

Publicado por: MontePituco | 29/12/2014

UN RETO DUN MONTE SUSTENTABLE, POR XOSÉ VEIRAS

Imaxe do monte comunal de San Xulián dende o Alto do Pornedo.

O biólogo compostelán Xosé Veiras é unha das figuras máis destacadas da militancia ecoloxista na Galicia actual; colabora no blogue Un claro no bosque, asociado ao diario dixital Praza Pública. Xosé Veiras vén de publicar nesta bitácora un resume do relatorio que presentou o pasado mes de abril en Pontevedra no marco da XXI Semana Galega de Filosofía. “O monte galego e a revolución da sustentabilidade” foi o título da súa ponencia, que compartimos na páxina do Monte Pituco polo seu interese.

[O artigo completo pódese ler nesta ligazón: “O monte galego e a revolución da sustentabilidade“]

O MONTE GALEGO E A REVOLUCIÓN DA SUSTENTABILIDADE

O monte galego é, malia todas as agresións e abandonos, un valioso capital natural. Virámoslle as costas nas últimas décadas mais volveremos de novo a nosa ollada cara a el nun futuro marcado polo final do curto período da nosa historia no que dispuxemos de abundantes recursos non renovábeis. Non poderemos construír unha sociedade sustentábel e máis resiliente sen coidarmos e recuperarmos o monte.

Somos seres interdependentes e ecodependentes. Como constatou o proxecto científico ‘Avaliación dos Ecosistemas do Milenio’, todas as dimensións do benestar humano dependen dos servizos que nos proporcionan os ecosistemas. Non nos referimos só aos servizos de abastecemento (auga doce, alimentos…), senón tamén aos culturais (desfrute estético, identidade cultural…) e aos de regulación (fixación de carbono, polinización…). Estes son os máis importantes, pois deles dependen, en último termo, os servizos de abastecemento e os culturais. Porén, tenden a ser menosprezados e invisibilizados. O neoliberalismo propón a súa mercantilización, mais iso non nos asegura a súa manutención adecuada.

O monte é o noso maior capital natural

Falarmos de natureza en Galicia é falarmos, sobre todo, de monte. Exténdese por máis de dous terzos do territorio, tendo unha grande importancia no subministro de diversos servizos de abastecemento, de regulación e culturais.

Entendemos por terras a monte as cobertas por matogueiras, bosques e plantacións forestais. Das matogueiras non deberían desprezarse, como se fai acotío, as súas funcións ecolóxicas. E entre os bosques máis ou menos naturais e as plantacións forestais orientadas á produción, nomeadamente se son de árbores alóctonas, cómpre facermos unha clara distinción. Segundo a ‘Avaliación dos Ecosistemas do Milenio’ en España, “a pesar do que promoven as empresas do sector forestal, este tipo de cultivo monoespecífico de árbores exóticas non se pode denominar bosques desde a perspectiva do seu funcionamento ecolóxico, nin “capital natural” desde unha perspectiva socioecolóxica, pola baixa capacidade, calidade e pobreza do seu fluxo de servizos”. Xa o dixera antes Eduardo Galeano: “Os bosques industriais parécense aos bosques naturais tanto como a música militar parécese á música e tanto como a xustiza militar parécese á xustiza”.

A provisión de servizos polo monte galego, especialmente os de regulación e os culturais, enfronta hoxe múltiples ameazas, entre as que destacan os cambios de uso do solo, particularmente a artificialización e a eucaliptización.

O significativo crecemento das superficies artificiais rexistrado desde finais dos anos oitenta, por causa, sobre todo, da creación de infraestruturas de transporte por estrada e de novas zonas industriais e comerciais e pola ampliación das áreas de extracción mineira, fíxose principalmente a costa do monte. A perda de monte foi moi pequena en termos porcentuais, mais entre os efectos negativos da artificialización, ralentizada nos últimos anos por efecto da crise económica, non hai que esquecer o incremento da fragmentación do territorio -empobrecedora da biodiversidade- e o aumento da interfaz urbano-forestal, da extensión das áreas onde as zonas construídas están próximas ás superficies forestais, nas que os incendios son dúas veces máis frecuentes.

Nos tempos actuais, o maior perigo de artificialización do monte provén do renovado interese empresarial pola explotación de xacementos de minerais metálicos e industriais, a unha escala e cuns métodos que poden ser moi destrutivos.

Moitas árbores, poucos bosques

Plantacións e bosques cobren hoxe un millón e medio de hectáreas, a metade do territorio do país. Teríamos que viaxar moi atrás no tempo para contemplarmos unha Galicia con tantas árbores como a actual. A forte expansión da agricultura e da poboación durante o Antigo Réxime (1) aceleraron o proceso deforestador iniciado coa revolución neolítica e a superficie arborizada atinxiu niveis mínimos, moi inferiores aos actuais, entre os séculos XVIII e XIX. Hoxe hai moitas árbores nos montes, pero a inmensa maioría non forman bosques senón plantacións. O monte arborizado é na súa maior parte resultado do cultivo de piñeiros e eucaliptos efectuado durante as últimas décadas. A progresión dos eucaliptos foi espectacular e trouxo consigo moitos prexuízos socioambientais, ben documentados na literatura científica (2). Entre comezos dos anos setenta e a actualidade multiplicaron por máis de dez a súa superficie (tendo en conta só as masas puras e non as plantacións nas que aparece mesclado con piñeiros e outras árbores).

Os bosques antigos, os bosques autóctonos cun alto grao de naturalidade, escasamente transformados pola acción humana, ocupan nos nosos días unhas decenas de miles de hectáreas. Continúan ameazados, teñen un valor incalculábel, mais aínda carecen da protección adecuada. Durante as últimas décadas medrou a superficie coberta por frondosas autóctonas, grazas maiormente á rexeneración natural que tivo lugar en montes e terras agrarias abandonadas, mais polo de agora son bosques xuvenís.

O crecemento excesivo e desordenado das plantacións de eucalipto fixo que o monte galego, no que xa abundaban especies propensas a arder como os piñeiros e as que forman as matogueiras, se tornase aínda máis vulnerábel á acción incendiaria. Isto, unido ao abandono da xestión de extensas superficies de terras a monte, como resultado do éxodo rural e da transformación da agricultura, e á pervivencia do uso do lume como ferramenta agropecuaria, sen esquecer a influencia do cambio climático, explican a crise incendiaria das últimas décadas, especialmente grave nos anos setenta e oitenta, antes da creación dun potente servizo autonómico de extinción de incendios forestais.

Coa crise definitiva nos anos sesenta do modo de produción agrario orgánico, do que o monte era unha peza indispensábel, do tempo do “lume controlado”, empregado nas estivadas (cultivos temporais de cereais no monte) e na rexeneración de pastos, pasamos ao tempo actual do “lume sen control”. Aínda que no modo de produción agrario tradicional o lume non estaba tan controlado como moitas veces se imaxina. Os lumes escapaban ás veces do control dos labregos espallándose polo monte. O xeógrafo Luis Guitián, o maior estudoso da historia dos bosques en Galicia, afirma que “os efectos destes incendios non se limitaban tan só ao mato porque con frecuencia o lume escapaba ao control dos pastores extendéndose aos estratos superiores da vexetación ou aos bosques próximos”, o que se pon de manifesto “nas declaracións de preitos que se desenvolveron perante o máis alto tribunal de xustiza de Galicia” (3).

Nin tan controlado, nin pouco destrutivo. O certo é que a presenza destrutiva no monte galego do lume de orixe humana remóntase miles de anos atrás, modelando a paisaxe galega desde entón. Especialmente durante o último milenio, e da man do crecemento demográfico, moi acusado desde o século XVI. Francisco Díaz-Fierros, catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago, escribe, referíndose ao período comprendido entre 1100 e 1850, que “os solos, sobre todo cando as estivadas remontaban as costas que orlaban os vales, foron sometidos a diferentes vagas erosivas durante todo o período, polo que cando hoxe en día se observan esas terras esqueléticas de moitos cumios e pendentes do país, algunhas con máis rocha ca solo, cómpre preguntarse ¿cantas tiveron a súa orixe neste período?” (4).

Unha Galicia ecoloxicamente dependente nun mundo en crise

O cambio climático, o teito do petróleo e a diminución acelerada da biodiversidade son as principais dimensións da crise ecolóxica global. O tempo está a facer realidade o escenario “business as usual” proxectado no libro “Os límites do crecemento” a comezos dos anos 70. O crecemento acelerado da produción e o consumo impulsado pola globalización capitalista estanos a achegar cara a unha catástrofe ecolóxico-social global sen precedentes.

Insolidariedade e vulnerabilidade definen o posicionamento de Galicia neste escenario. Como país, consumimos por riba das posibilidades ecolóxicas. Facémolo á custa das xeracións futuras e doutros territorios, coa finalidade de soster unha economía insustentábel cuxa demanda de natureza, cuxo consumo de enerxía e materiais, creceu vertixinosamente nos últimos cincuenta anos. O consumo de electricidade é só un exemplo desta aceleración do consumo.

Galicia ocupa hoxe máis espazo ambiental do que lle correspondería por poboación, e/ou ten máis poboación da sustentábel baixo os padróns de consumo actuais. Isto é o que poñen de manifesto diversos indicadores decote ignorados, mais determinantes para o entendermos o noso presente e planificarmos o noso futuro, como a pegada ecolóxica ou a de carbono.

Galicia é un país excedentario en residuos e en contaminación e deficitario en recursos. A través dos intercambios comerciais, abastecémonos dos recursos que non temos e deslocalizamos boa parte dos impactos ambientais asociados ás demandas da nosa economía. Repítese que a galega é unha economía con vocación exportadora. É así se ollamos para a balanza comercial monetaria. Mais se reparásemos na balanza comercial física, a que emprega como unidades as toneladas e non os euros, veríamos que a realidade invértese. Galicia é unha economía importadora, nomeadamente de minerais (enerxéticos e non enerxéticos). A balanza comercial física galega é deficitaria, un déficit xerado sobre todo nos intercambios co estranxeiro.

Sen o monte non hai futuro

Até a desarticulación da agricultura orgánica, un monte moi humanizado operaba como un imprescindíbel espazo agrario complementario das terras de labradío, provendo fertilizante (toxo), pasto para o gando, terra para o cultivo temporal de cereais (estivadas), leña, madeira ou froitos. Durante as últimas décadas o monte só ten xogado un papel relevante como subministrador de certos tipos de madeiras. E só desde principios de século volveu adquirir importancia como fornecedor de enerxía. Foi grazas a un rápido desenvolvemento eólico regulado pola Xunta sen atender a criterios ecosociais. Como suliña o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo (GIEEA), “hai modelos moi diferentes: aquí apostouse polo incremento da potencia instalada, ao prezo que fose”.

A achega do monte ao noso subministro de enerxía tamén medrou nos últimos anos grazas ao crecemento do uso enerxético da biomasa. Como no caso da eólica, tamén coa biomasa se están a pasar por alto as cautelas ambientais necesarias. Minusvalóranse os riscos, como a perda de fertilidade dos solos ou a contaminación local do aire, e esaxéranse os beneficios, nomeadamente no tocante á loita contra o cambio climático. E segue pendente o deseño e aplicación dunha estratexia para decrecer o consumo de enerxía e promover tamén outras renovábeis como a solar.

Nun mundo onde a explosión demográfica e o crecemento da produción e o consumo inherente ao produtivismo capitalista fixo que comecemos a chocar contra os límites ambientais, o noso sobreconsumo actual de natureza, baseado en importacións masivas, acabará por ser inviábel. Se queremos ser unha sociedade ecoloxicamente sustentábel, ou resiliente, nun máis que probábel escenario global de descenso acelerado da dispoñibilidade de recursos e de acusada deterioración ambiental, debemos consumir menos e mellor e renovar a nosa relación coa terra, “entendida como territorio e sobre todo como solo, como cerne da vida e como orixe de toda riqueza auténtica”, como afirma a Guía para o descenso enerxético promovida pola Asociación Véspera de Nada. En palabras do presidente desta asociación e economista Xoán Doldán, “re-ruralizar e re-agrarizar o mundo xa non é unha opción mais apenas algo inevitábel”.

O monte volverá ocupar necesariamente un lugar central como fornecedor de variados servizos de abastecemento e culturais, ao tempo que adquirirán aínda maior importancia os servizos de regulación que nos proporciona. Un monte integrado cunha agricultura e gandería ecolóxicas; con máis bosques naturais e menos plantacións forestais, que serán xestionadas con criterios de silvicultura ecolóxica e terán unha produción diversificada; subministrador de enerxías renovábeis aproveitadas respectando a biodiversidade e do xeito máis distribuído posíbel por multitude de pequenos produtores.

Un monte vivo ao servizo da transición a unha economía sustentábel e xusta, que debería seguir catro principios básicos, como apuntan Óscar Carpintero e Jorge Riechmann:

1) Renovabilidade nas fontes enerxéticas

2) Peche de ciclos de materiais nos procesos de produción

3) Suficiencia, redistribución e autocontención con regulación democrática

4) Precaución (5)

Nesta transición serían chaves, no caso galego, o decrecemento do consumo de enerxía e a expansión das enerxías renovábeis até tornar innecesarias as de orixe fósil, comezando polo carbón; a redución do consumo de minerais e de plásticos e un maior emprego da madeira; ou a xeralización dun modelo de alimentación sen exceso de proteínas animais baseado en alimentos ecolóxicos locais. Todo iso implicaría unha moi importante relocalización da produción e o consumo e a conseguinte revitalización do monte e do medio rural en xeral.

A conservación e o aproveitamento do monte require da planificación a longo prazo e a intervención decidida desde os poderes públicos, acompañada dunha mobilización de recursos acorde coa relevancia estratéxica do monte no noso país. O investimento público no monte en Galicia, excluídos os gastos en extinción de incendios, é sinxelamente ridículo, estando moi aquén do posíbel.

Un ámbito a ter especialmente en conta é o dos montes veciñais en man común. Son 3.215 montes que suman unha superficie de 667.000 hectáreas, o que representa nada menos que o 33% das terras a monte e o 22,5% do territorio.

As parcelas de monte privado particular son de dimensión moi reducida (0,25 hectáreas de media), o que obriga a buscar fórmulas de asociacionismo para as xestionar. Porén, o tamaño medio dos montes comunais acada unhas 230 hectáreas, o que, de entrada, facilita a súa xestión. Por outro lado, a forma de propiedade colectiva e a estrutura de xestión democrática posibilitan a participación de toda a comunidade local, de toda a parroquia ou aldea, tanto no goberno como no reparto de beneficios do monte.

A realidade dos montes comunais é moi heteroxénea, mais nalgúns deles as comunidades propietarias están a desenvolver valiosas iniciativas de xestión que procuran maximizar os beneficios sociais e minimizar impactos ambientais. Merecen o noso recoñecemento e apoio, como tamén todos aqueles e aquelas que alentan iniciativas de custodia do territorio, promoven empresas verdes para explotar os recursos do monte, e/ou loitan contra a degradación e apropiación dos montes por parte de empresas ás que nada interesa o ben común.

Notas

1.Entre principios do século XVI e mediados do XIX a poboación galega multiplicouse por seis, desde 300.000 até 1.800.000 habitantes (1860). No século XVI a superficie de terreo de cultivo permanente supoñía un 10% do territorio, incrementándose até atinxir un 24% a mediados do XIX. Nalgúns momentos do século XX chegou a acadar o 30%. Estímase que as terras con boas aptitudes para o cultivo agrario supoñen unha cuarta parte do territorio galego.

2. Pode consultarse unha revisión da literatura científica sobre os impactos socioambientais dos eucaliptais en Galicia e no resto da Península Ibérica no informe “La conflictividad de las plantaciones de eucalipto en España (y Portugal)” (Greenpeace, 2011).

3.”Los incendios forestales a través de la historia: Pervivencia y cambios en el uso del fuego en el noroeste peninsular”. Luis Guitián Rivera (Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago). En “Incendios históricos: una aproximación multidisciplinar”. Baeza: UNIA, 1999.

4. Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: O aproveitamento do solo. Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Real Academia Galega, 2002.

5. “Pensar la transición: Enseñanzas y Estrategias Económico-Ecológicas”. Óscar Carpintero e Jorge Riechmann. Revista de Economía Crítica, nº 16, segundo semestre 2013.

Publicado por: MontePituco | 28/12/2014

SEMENTANDO CONFUSIÓN NA CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS

2º anuncio da Comunidade de Montes.

Este anuncio en papel amarelo (ou na súa nova versión en folio laranxa: para exemplo, ver diante do bar Xan Xián), escrito afortunadamente nun aceptable galego, pódese ver nalgúns paneis informativos da parroquia dende finais desta semana. Anuncia o prazo para a presentación de candidaturas á directiva da Comunidade de Montes de San Xulián, ata o xoves 8 de xaneiro, e a celebración de eleccións o domingo 18 de xaneiro ás 16:00h en primeira convocatoria e ás 18:0oh en segunda convocatoria.

Curiosamente, esas datas non son as que figuran noutro comunicado diferente que apareceu a principios da semana pasada nos mesmos paneis informativos: fotocopiado nun folio branco, escrito en castelán e con espantosas faltas de ortografía. Neste primeiro aviso emprazábase os comuneiros e comuneiras ás eleccións para o mércores 21 de xaneiro, sendo o luns 12 de xaneiro o día límite para a presentación de candidaturas. Estas datas son as mesmas das que se falou na asemblea do pasado 21 de decembro.

1º anuncio da Comunidade de Montes.

…A que vén tanta confusión?

Non é tanto pola discrepancia nas datas: as que figuran no comunicado amarelo parecen mesmo máis razoables; tal vez a causa da liorta que se armou na última asemblea, os membros do sector maioritario da directiva trabucáronse e non atinaron buscando a data axeitada para a celebración das eleccións, confundindo o calendario deste mes de decembro en vez de mirar a axenda de xaneiro de 2015: certamente, a asemblea electoral non se podería facer un mércores 21. Pero por que non o domingo 25 de xaneiro? A qué vén esta présa na convocatoria de eleccións? Que entre a asemblea do 21 de decembro e o día das votacións non hai nin sequera un mes de diferenza!

A confusión que se critica, neste caso, vén a conto desta estraña duplicidade de comunicados, atribuíble aos dous bandos radicalmente opostos nos que está dividida e enfrontada a directiva actual.

O que se critica é a escasa ou nula formalidade e seriedade pola sucesiva aparición,  desaparición e reposición de avisos con mensaxes diverxentes nos paneis informativos, que fai que a veciñanza estea exposta a unha situación de indefensión, desinformación e asombro (e vergoña, nalgúns casos).

Na orde do día da asemblea que se anuncia para o 18 de xaneiro non hai ningunha referencia aos puntos da orde do día da asemblea do pasado 21 de decembro que quedaron sen tratar: o estado de contas, o informe de xestión, a actualización do censo de comuneiros.

Van quedar as contas sen aprobar por todo un ano? Non se van dar explicacións dos gastos e dos ingresos que houbo? A que se destinaron ou destinarán os cartos pagados polo Ministerio de Defensa a conta da cesión da parcela que ocupará a BRILAT no Alto da Encavada? A partir de cando ese espazo vai quedar vetado para o acceso da veciñanza? Será compatible ou non co aproveitamento dos recursos que poida xerar esa zona?

Entre os asuntos que se xestionaron, un par de pinceladas: Cales foron exactamente os acordos aos que se chegou co Ministerio de Defensa, dos que aínda non se deu conta? En que termos se produciu a negociación entre a Comunidade de Montes de San Xulián e ACUAES, co Concello de Marín, para a instalación dun depósito de auga en Pardavila e o paso das tubarías polo Monte Pituco, cando no proxecto inicial non se contemplaba esa posibilidade?

Publicado por: MontePituco | 28/12/2014

TALAS ILEGAIS EN VILABOA

La Voz de Galicia.

La Voz de Pontevedra

Comuneros de Vilaboa denuncian una nueva tala ilegal en su monte comunal

La acción fue descubierta en una visita rutinaria y el objetivo de los autores son eucaliptos de grandes dimensiones

Cristina Barral. Pontevedra / La Voz, 28 de diciembre de 2014

La junta rectora de la Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres, en Vilaboa, denunciará mañana en el cuartel de la Guardia Civil de Moaña una nueva tala ilegal en su monte comunal. Según explicó ayer el presidente de la entidad, César Blanco, la actuación fue descubierta durante una visita rutinaria al monte, en concreto, en la zona de Campolongo, donde hay eucaliptos de grandes dimensiones.

«O que cortaron foi un eucalipto moi grande. Ao valor económico da árbore en si, hai que sumarlle o destrozo que provoca nas árbores próximas ao caer, xa que os eucaliptos son talados sen nengunha precaución e profesionalidade», remachó el dirigente de los comuneros de Santa Cristina.

César Blanco comentó que no es la primera vez que el monte comunal es objeto de talas ilegales, una acción bastante habitual y difícil de combatir. «Nós non podemos contratar unha empresa de seguridade para que vixíe o monte, o que facemos é dar voltas de vez en cando e botar un ollo», señaló. En alguna ocasión tienen cogido a los autores in fraganti, algo que no pasó esta última vez. Los comuneros no tenían cuantificado el coste económico de esta última acción. Mañana está previsto que el ingeniero agrónomo que tienen contratado realice un peritaje para documentar la denuncia que interpondrán ante la Guardia Civil. De la autoría de esta última tala no tienen sospechas.

Por otra parte, la junta rectora aprovechó el final de año para hacer balance del 2014. Los comuneros de Santa Cristina repoblaron el monte con más 5.500 árboles durante este ejercicio. Los trabajos comprendieron cerca de 47 hectáreas, el 16 % de la superficie total, y conllevaron una inversión de 55.000 euros.

La aportación más importante se hizo en la zona de corta del 2013, que se repobló con 1.450 castaños y 2.500 pinos, sobre una superficie de 4,5 hectáreas y en la que se invirtieron más de 11.000 euros. También se actuó en el monte de Castiñeiras y Cotorredondo. Para su ejecución se empleó mano de obra comunera tras el acuerdo alcanzado con la empresa adjudicataria de los trabajos, para dar empleo a personas de esta parroquia de Vilaboa.

Publicado por: MontePituco | 25/12/2014

BO NADAL DENDE O MONTE PITUCO

Bo Nadal

Que non nos priven de seguir respirando aire limpo. Que ninguén ouse contaminar a auga que bebemos, coa que regamos as nosas terras. Que poidamos seguir abrazando árbores e sentándonos á súa sombra. Que nos marabillemos ante a pegada dos nosos ancestros, que labraron a pedra con símbolos cheos de maxia e de misterio. Que nos siga emocionando o solpor no “balcón da ría”.
…Amig@s do MONTE PITUCO. A loita continúa. O proxecto do polígono industrial, o susto da planta de compost, a incultura que nos rodea, a pantasma da especulación… que nada nos borre o sorriso nin a ilusión por un mundo mellor. Boas Festas, Saúde e Sorte!

Publicado por: MontePituco | 23/12/2014

O SUSTO DA PLANTA DE COMPOST

Mananciais loclizados no ámbito de afección do polígono industrial proxectado no Monte Pituco.

Esta semana levamos un bo susto cando nos advertiron sobre unha perigosa información. Segundo certas fontes, a Comunidade de Montes de San Xulián estaría mantendo contactos co Concello de Pontevedra para instalar no Monte Pituco a planta de compost que están rexeitando todas as parroquias rurais pontevedresas. Semellaba unha inocentada ou unha broma de mal gusto…

En pleno Nadal, a palabra “indignación” volveu encher as nosas bocas ante a suposta pretensión de instalar en Marín unha planta de tratamento de residuos en terreo protexido dos Montes do Morrazo, nunha zona onde abundan os mananciais de auga que abastecen os habitantes da zona -Bouza, Caeiro, Pena, Souto, Laxe…- tanto para consumo doméstico como para regadío. Inmenso despropósito!

Acababa de celebrarse a asemblea anual da Comunidade de Montes de San Xulián sen ningunha mención a este delicado asunto na orde do día; un tema que tampouco saíra a relucir nin de refilón no transcurso da xuntanza, que xa foi bastante abrupta. Ante a lista de agravios e de agresións cos que a Comunidade de Montes vén castigando o Pituco, a posibilidade de convertelo no vertedoiro dunha vintena de municipios da provincia era a gota que colmaba o vaso.

Salvo que no futuro muden as tornas, dende DEFENDE O MONTE PITUCO vimos criticando que en vez de apostar polo desenvolvemento dos recursos forestais deste espazo, esta Comunidade vense caracterizando principalmente por captar ingresos derivados da instalación no Pituco de todo tipo de infraestruturas: o trazado da Variante de Marín, unha liña de alta tensión, o apoio velado ao polígono industrial proxectado no PXOM, o próximo campo de manobras militares da Brilat e a instalación da rede de abastecemento de auga de Acuaes… Ata onde son capaces de chegar para seguir humillando a veciñanza do Monte Pituco e os seus modestos valedores?

De partida, un dos argumentos máis sólidos, obxectivos e contrastados de DEFENDE O PITUCO para rexeitar o polígono -e o extensión esa nova ameaza relacionada coa planta de tratamento de residuos orgánicos e vexetais- é que a auga dos nosos mananciais NON VALE MENOS que a auga de Campañó, nin de Marcón, nin de Xeve, nin de Lérez, nin de Bora, nin de ningunha outra parroquia do rural pontevedrés. En Campañó mesmamente, o proxecto para a instalación dunha planta de compostaxe foi descartado porque “podería afectar a mananciais e traídas de auga”.

O noso patrimonio arqueolóxico tampouco vale menos que os petroglifos de Mogor, nin os de Campo Lameiro, nin os de Salcedo. Nin a paisaxe e o valor ecolóxico do Monte Pituco valen menos que os do Lago de Castiñeiras.

Os nosos mananciais e regatos son sagrados! O patrimonio arqueolóxico desta contorna é sagrada! O ‘balcón da ría’ non se toca!

Despois de falar cun responsable do Concello de Pontevedra e pedirlle que confirmase ou desmentise a existencia deses contactos entre as dúas partes, NEGOUNOS que se estea a barallar esta posibilidade e que, por tanto, nin o Monte Pituco, nin o monte veciñal de San Xulián, nin ningunha outra zona do Concello de Marín, entraba nos plans do Concello de Pontevedra. Non descartou que -internamente- a directiva da Comunidade de Montes de San Xulián tivese intención de ofertar terreos. Tampouco descartou que se estea estudando unha localización na bisbarra do Morrazo para acoller esta planta de tratamento de residuos. E como DEFENDE O PITUCO vén mantendo, a existencia de mananciais subterráneos, o impacto visual e as pendentes excesivas do terreo son factores que puntúan en contra.

O tempo dirá se son certas as explicacións tranquilizadoras que se nos facilitaron no Concello de Pontevedra.

A todas as persoas que a través das redes sociais se solidarizaron e nos trasladaron a súa preocupación por este novo motivo de alarma, moitas grazas.

Mantendo os principios de sempre cómpre seguir loitando tamén en 2015 contra os intereses políticos e económicos que conspiran e especulan para cargarse o ‘balcón da ría’. Con esa teima seguiremos reivindicando que a Comunidade de Montes se dedique por fin a defender o Pituco, a traballar a prol da explotación racional e sostible dos seus recursos forestais, a poñer en valor o patrimonio cultural!

Publicado por: MontePituco | 22/12/2014

ASEMBLEA SEMI-FRUSTRADA POLO BOICOT DUN DIRECTIVO

Vista parcial da Casa de Montes de San Xulián.

Por onde empezar? Como narrar un episodio tan lamentable que xa se converteu na comidilla de todo o vecindario e que abofé ha traspasar as fronteiras deste concello para converter a Comunidade de Montes de San Xulián no faimerir de toda Galicia, moi a pesar dos habitantes desta contorna?

Unha intensa hora de asemblea podería resumirse nestas poucas palabras: un desastre, un espectáculo bochornoso e patético, unha vergoña para esta parroquia. Un dos membros da xunta reitora que aspira a erixirse en presidente rebentou a xuntanza e fixo inviable seguir a orde do día prevista, ante a impotencia dos demais integrantes da directiva e o asombro da maior parte do público, convertido en vítima das loitas internas destes dirixentes. Non se puido aprobar a acta da asemblea anterior, nin se analizaron as contas da Comunidade, nin se puido tampouco coñecer o informe de xestión. Unicamente foi posible tratar sobre a creación da Fundación do Lago de Castiñeiras, que foi aprobada sen votos en contra, trala interesante exposición realizada polo enxeñeiro forestal Gaspar Bernárdez.

Seguindo a tónica de anteriores asembleas, os prolegómenos xa foran un tanto atípicos: aínda que a convocatoria da xuntanza se difundiu nos paneis informativos da parroquia dende uns días antes, e na propia xornada seica houbo un vehículo con megafonía anunciándoa, botouse en falta a publicación dunha nota de prensa nos diarios locais. Ás 4 da tarde, cando estaba marcado o inicio da xuntanza en primeira convocatoria, xa había unhas cantas persoas agardando a que se abriran as portas do salón de actos. Mais, como soe acontecer nestes casos, non había quorum abondo porque a maior parte dos comuneiros entenderon que a asemblea comezaría no horario da segunda convocatoria, dúas horas despois, como así foi.

Por este motivo, as primeiras verbas de quen tomou a palabra en nome da xunta reitora foron para propoñer unha modificación dos estatutos da Comunidade de Montes de San Xulián “si nos deja la Xunta”, matizou, argumentando que “es un follón esperar dos horas, pero es la ley”.

Así, nas propostas formuladas plantexou a posibilidade de facer unha única convocatoria ou ben manter as dúas convocatorias preceptivas, pero con 30 minutos ou cunha hora de diferenza entre unha e outra. Comprometeuse entón a “estudiarlo y arreglarlo”.

Nos primeiros minutos da asemblea, este voceiro da directiva pregoulles aos presentes gardar un minuto de silencio en memoria do anterior presidente da Comunidade de Montes de San Xulián, Francisco Casal, falecido o pasado mes de maio.

…E comezou o disparate!

O voceiro da xunta reitora viña sendo secretario da directiva mais, dende o pasamento do anterior presidente, na práctica era quen exercía esas funcións. Así quedou de manifesto, por exemplo, en actos públicos como a sinatura do preacordo para a creación da Fundación do Lago de Castiñeiras, que se realizou na propia Casa de Montes de San Xulián o pasado mes de setembro. Ou en xullo, con motivo da sinatura do convenio coa Brilat para a cesión ao Ministerio de Defensa dunha parcela de monte veciñal que se destinará a campo de manobras militares a cambio dun canon económico.

Así que cando Manuel Estévez ía explicar os motivos polos que estaba ocupando o cargo de presidente, o vicepresidente, Laureano Allariz, saltou coma un resorte do seu asento: “No, no y no! Déixame falar! O que queres facer é ilegal!”. Manuel Estévez quedou petrificado, micrófono en ristre, mentres intentaba pedirlle a Laureano Allariz que lle permitise explicar ata o final a situación para que os comuneiros puideran entendelo e opinar. Mentres tanto, dende a primeira fila do público, unha veciña defendía a berros a Laureano Allariz e chamáballe “sinvergüenza” a Manuel Estévez.

…Así se pagan os servizos prestados por Laureano Allariz no conflicto pola chamada “usurpación” dunha parcela de monte veciñal da que se acusa ao doutor Juan Manuel Romero; un conflicto que aló por xullo de 2010 escenificouse nas rúas de Marín con manifestacións a golpe de bombo e megáfono. Desgrazadamente, moito barullo e poucas noces: a xestión do problema por parte da Comunidade de Montes de San Xulián foi errática, desnortada e infrutuosa; gastouse un diñeiral en demandas e recursos a sentenzas que saíron contrarias aos intereses da Comunidade. En vez de darlle as grazas a Laureano Allariz con semellante alboroto público nesta asemblea de comuneiros, o que había que facer era pedirlle responsabilidades pola ineficacia e o fracaso colleitados… O mundo ao revés!

No fondo, a reacción tan vehemente desta veciña non deixa de ser unha mostra de cativerio, de dependencia entre quen se volca nunha causa que cre xusta (a loita contra a usurpación dun terreo veciñal) e quen se erixe no paladín dos débiles (o directivo da Comunidade de Montes, que por riba non dá conta dun recado que lle vai demasiado grande). Un dirixente veciñal que debe entender o exercicio dun cargo non coma un servizo desinteresado á comunidade, senón coma unha transacción de favores (eu axúdote a ti, ti axúdasme a min). Mais iso non é vocación de servizo público, senón clientelismo…

Retomando novamente o relato da asemblea, no medio daquel balbordo, outra veciña ergueuse para protestar pola situación kafkiana que estaba sucedendo: non levabamos nin 10 minutos sentados e xa se montara un cirio monumental no que os comuneiros non estaban a ser nin arte nin parte. “Arranxade os vosos problemas fóra da reunión!”, espetoulles a muller, co aplauso do resto do público.

Laureano Allariz non daba tregua: “Que se fagan eleccións! Estamos ilegales!”.

Calquera que teña un coñecemento básico dos avatares desta Comunidade de Montes e un mínimo de memoria sobre a súa crúa realidade nos últimos anos, podería escandalizarse escoitando o vicepresidente denunciar unha ilegalidade. Unha Comunidade de Montes que acumula queixas públicas e denuncias oficiais por agresións ao patrimonio, por verquidos ilegais perxudiciais para o medio ambiente, por conflictos coas Comunidades lindantes pola corta e apropiación de madeira de dubidosa titularidade, por impugnación de asembleas debido a irregularidades na tramitación e ao incumprimento dos estatutos… E vai advertir o vicepresidente que se está incorrendo nunha (poñamos -por prudencia- o adxectivo presunta) ilegalidade, cando non consta que se preocupara de todas as irregularidades cometidas con anterioridade dende mandatos precedentes? Sen contar o famoso caso do muro do adro de San Xulián; outro sonado fracaso no seu haber…

Manuel Estévez intentaba facerse oír: “Esta decisión no la tomé yo, la tomó la junta rectora. En las elecciones se vota una junta rectora; quien va a gestionar la junta rectora tiene potestad para modificar los cargos. No es que yo me pusiera, es la junta rectora la que me elige, yo no me quise poner; no tengo ningún interés en quedarme en la junta rectora”, explicou. As súas palabras estaban lonxe de calmar o vicepresidente, que seguía de pé facendo espaventos e berrando.

Gustaríanos saber por que non se formou ningún tumulto no seo da mesma xunta rectora cando, en decembro de 2013 se anunciou que María Dolores Lorenzo marchaba da xunta directiva da que formaba parte e deixaba o cargo de tesoureira, que pasaba a ocupar Manuel Rosales. Ou cando en agosto de 2011 se anunciou a dimisión do tesoureiro anterior, Francisco Piñeiro, nunhas circunstancias que non se chegaron a aclarar axeitadamente… Nas decisións que deron lugar a estes episodios, a asemblea de comuneiros non tivo voz nin voto, e a xunta directiva remodelouse a nivel interno. Ante estes cambios que simplemente se comunicaban, sen sequera formar parte dunha orde do día regulamentaria, a asemblea non tiña outra opción que corear -metaforicamente falando- ‘si, bwana’. Daquela non houbo nin unha voz máis alta ca outra, a diferenza desta ocasión; como se os cargos non fosen todos da mesma importancia para o bo funcionamento da Comunidade e, pola contra, tivesen distinta importancia en función das competencias que outorgan e de quen os ocupa…

Á vista de que o espectáculo non tiña trazas de resolverse, volvéronse oír queixas do público: “Levo aquí dende as 4, tempo tivestes de resolver os vosos problemas!”. Ao que Manuel Estévez replicou, sinalando a Laureano Allariz: “El problema solo lo tiene él!”. En efecto, o vicepresidente estaba más solo que la una; entre os seus propios compañeiros uns pedíanlle calma, outros mandábanlle calar con xestos de exasperación. Mais el non atendía a razóns e seguía na súa teima: manter o boicot a toda costa.

Dende o público, tomou a palabra o ex-tesoureiro Francisco Piñeiro para opinar en contra da petición da convocatoria de eleccións: “Iso non está na orde do día, non se pode tratar ese tema”.

Interviu tamén outro ex-directivo, Juan Pérez, que se dirixiu a Laureano Allariz: “Estalle faltando ao respecto á asemblea. Que credibilidade ten vostede para poñerse nesa actitude. Unha persoa que despilfarrou 18.000, 20.000 ou 28.000 euros no bar da Comunidade, que funde todo o que toca na p* miseria!”.

Nese momento, ante a gravidade do comentario, a veciña que estaba a morte con Laureano Allariz ergueuse e dirixiuse coma unha bala cara a este veciño, berrándolle a grito pelado: “Cala, que non sabes nada!” e botándolle en cara non recoñecer o labor que fixera o vicepresidente no conflicto “de Romero”.

“Vai ao xulgado de garda se tes tanta razón”, respostoulle Juan Pérez a Laureano Allariz, que seguía alterado dende o escenario do salón de actos.

As seguintes palabras de Manuel Estévez foron lapidarias e sintomáticas dun ambiente insán na xunta directiva, reveladoras da situación insostible que se viña arrastrando dende hai tempo no (dis)funcionamento desta organización: “Con este hombre NO se puede trabajar. Es una persona tan RANCIA e INCONGRUENTE que a todo dice que no. Se le propone trabajar por el monte y dice que no, A TODO QUE NO. Vosotros veréis si le queréis a él o a nosotros”, concluíu o voceiro da xunta rectora.

Estévez intentaba apaciguar os ánimos para que a asemblea retomase a senda da normalidade, argumentando que “hoy necesitamos tratar el tema de la Fundación del Lago de Castiñeiras porque Santa Cristina, San Tomé y Vilaboa ya votaron”.

…Difícil seguir nesas condicións. Laureano Allariz comezou a axitar uns papeis: “Os estatutos! Os estatutos!”, seguía porfiando. “Esos no son los estatutos actuales, son antiguos, hay otros reformados”, contestáballe Manuel Estévez, que pola paciencia que estaba tendo ía camiño de converterse na reencarnación do Santo Job…

O tesoureiro quixo meter baza reiterando as críticas contra Laureano Allariz: “A xunta reitora tomou esta decisión; con Laureano non se pode facer nada, é un tío moi cerrado”, asegurou Manuel Rosales.

Ante as insistentes interrupcións do vicepresidente, Manuel Estévez advertíalle: “Estás quedando mal diante da asemblea”. Malia que Laureano Allariz seguía facendo oídos xordos, o voceiro da xunta reitora propoñía cinguirse á orde do día e convocar eleccións ao remate dos temas que había que tratar.

Pero todos os seus intentos eran en balde porque Laureano Allariz seguía reivindicando o seu papel como sucesor natural do defunto presidente: “Y tú como presidente en funciones qué hiciste! En la junta directiva dices a todo que sí y luego vienes aquí a montar estos follones!”, espetoulle Estévez, cun nivel de enfado máis que considerable. De Santo Job a Incrible Hulk…

Esa reacción fixo que Allariz quedase planchado, momento que Estévez aproveitou para retomar a exposición do asunto relacionado coa Fundación do Lago de Castiñeiras. Na súa introdución apuntou que a Comunidade de Montes de San Tomé tiña intención de crear un xardín botánico nos seus terreos, pero tendo en conta que a situación do Lago de Castiñeiras era precaria polo preocupante nivel de abandono das instalacións, as catro comunidades de montes conviñeran en instalar ese xardín botánico en Castiñeiras “para que la gente vuelva al lago, que se puedan recuperar los asadores e ir a pasar allí los domingos”. A fórmula na que pensaran era unha fundación público-privada da que formasen parte as Comunidades de Montes de San Xulián, San Tomé, Santa Cristina e Vilaboa, xunto cos concellos de Marín e Vilaboa, a Deputación e a Xunta, sen desbotar a posibilidade de contar co apoio de empresas privadas.

Laureano Allariz seguía facendo das súas, rosmando entre dentes: “…Para pechar o lago e ter a xente que chinchar”. Enténdase “chinchar” por pagar. O vocabulario do Sr. Allariz deixa moito que desexar; cómpre desculpar as súas eivas no dominio e bo uso da linguaxe; seguramente sería necesario elaborar un diccionario laureánico para poderse entender con el…

Tomou por fin a palabra Gaspar Bernárdez, un enxeñeiro forestal natural de Seixo, que xa asistira ás asembleas realizadas con anterioridade nas Comunidades de San Tomé, Santa Cristina e Vilaboa para explicar o proxecto que el mesmo impulsaba.

Para empezar, trazou unha diagnose do estado actual do Lago dende o punto de vista forestal, que presenta unha “densidade excesiva” de árbores, que foran prantadas nos anos 50 cunha distancia insuficiente entre uns exemplares e outros, cada 3 ou 4 metros nada máis. “Medraron en altura e non anchearon”, precisou o técnico, polo que “moitos atópanse nun mal estado sanitario, algúns coas copas tronzadas, outros coas pólas apoiadas unhas noutras, co conseguinte risco de caer”, advertiu. O que conducira a esta situación, en definitiva, fora unha “ausencia de planificación nas actuacións” que se levaron a cabo dende o punto de vista botánico.

A maleza invade diversos espazos de Castiñeiras.

Actualmente, entre San Xulián, San Tomé, Santa Cristina e Vilaboa hai 44 hectáreas cedidas á Xunta. Neste proxecto as catro comunidades de montes cederían un volume de terreos moi similar entre si, hectárea arriba, hectárea abaixo. A superficie total sería de 74,25 hectáreas, das cales soamente 15 permanecerían pechadas.

* Con que obxectivos?

-Obxectivos medioambientais: relacionados cos habitats de interese prioritario, entre eles o da Rede Natura, de rango europeo.

-Obxectivos didácticos e divulgativos: atraer novamente grupos de escolares como antano, que ían de excursión ao Lago; realizar conferencias, obradoiros, cursos formativos, de xardinería, de educación medioambiental…; recibir grupos de escolares de diferentes idades e niveis académicos, dende Educación Infantil a universitarios, pasando por graos de Formación Profesional.

-Obxectivos sociais: creación de postos de traballo para comuneiros ou veciños das parroquias implicadas na Fundación.

-Obxectivos turísticos e culturais: poñer en valor a arte rupestre da contorna, a ruta das mámoas, recuperar a mámoa de Pedralonga que fora arrasada na construcción dunha estrada; ofertar turismo de calidade.

* Cales son as actuacións previstas?

No Lago de Castiñeiras hai catalogadas 78 especies arbóreas e máis de 300 especies de herbas. É un espazo cun valor ecolóxico importante, cómpre “explotalo e melloralo”, explicou Gaspar Bernárdez. Habería 60 hectáreas abertas ao público: “en principio non se fala de pechar nin cobrar” por acceder a esta parte, aclarou o botánico.

Sen embargo, a plantación de bulbos e especies exóticas ou sensibles no espazo dedicado ao xardín botánico propiamente dito, requeriría de medidas de protección para evitar que a fauna salvaxe estragase o plantío, ou para preservar o traballo realizado de posibles accións vandálicas.

Tras estudar os planos de pendentes e a orografía da zona, Gaspar Bernárdez ten xa predefinida a localización tanto do xardín botanico como do arboreto, coa súa ampliación. Parte da exposición deste experto foi precisamente para amosar os mapas coa delimitación dos diferentes ámbitos de actuación previstos.

Entre as árbores que terían representación no Lago habería coníferas, especies de América, Asia, Oceanía e Europa, zonas para frondosas mixtas e bosque mediterráneo. En total, 21 coleccións de árbores.

No recinto pechado de 15 hectáreas destinado a xardín botánico a actuación guiaríase por criterios científicos, divulgativos e culturais. A flora de países como México, Estados Unidos, Xapón, Canadá ou a cordilleira africana do Atlas tería presenza neste oasis de Castiñeiras, ata completar 23 coleccións de plantas:

-bosques de montaña americano

-bosques de Oceanía (con especies que non teñen que ver cos eucaliptos e coas acacias invasores, senón flora que aportase colorido)

-colección de cactus e plantas suculentas no interior dun invernadoiro de cristal

-orquídeas (incluidas especies propias de Galicia que medran silvestres) e xeófitos (bulbos)

*Onde se van conseguir as plantas?

Gaspar Bernárdez falou da existencia de contactos con varias entidades: Vivero de Ejea, Proyecto Forestal Ibérico, un viveiro tinerfeño…

*Fontes de financiamento:

O promotor desta iniciativa apostou inicialmente por pedirlle colaboración económica ás Administracións públicas. “Pero a partir do primeiro ano ten que funcionar coma unha empresa e xerar ingresos”, afirmou Gaspar Bernárdez. Para iso cóntase coas achegas correspondentes á realización de actividades educativas, de formación e visitas guiadas.

Outro dos proxectos consistiría en abrir un pequeno viveiro que puidese vender exemplares das plantas expostas; sen xerarlle competencia a outras instalacións profesionais da zona, coma o viveiro Norfor, matizou. O técnico expuxo tamén a posibilidade de instalar un insectario, do que só existen dous centros similares no resto de España: en Benalmádena e mais en Tenerife.

Gaspar Bernárdez tamén se referiu ao movemento que xeraría poñer en marcha unha feira de colección de plantas especializadas.

Unha persoa do público opinou que lle gustaría que se recuperase a presenza de cervos, coma antano, ao que o experto respostou que se podería valorar, aínda que a presenza de animais “non é coma antes”, xa que cómpre contar con veterinarios e unha serie de medidas máis restrictivas que as que rexían anos atrás.

O traballo de Gaspar Bernárdez preséntase tan adiantado que mesmo mencionou as xuntanzas que xa mantivo con representantes da Asociación Ibero-Macaronésica de Jardines Botánicos, que reúne a preto de 40 xardíns e entidades vencelladas a esta especialidade. O máis próximo a Galicia é o Xardín Botánico Atlántico, en Xixón (Asturias). Estes espazos suman unhas 120.000 visitas anuais, expuxo o técnico. Tamén citou os Reais Xardíns Botánicos de Kew, ao suroeste de Londres, cunha antigüidade de 255 anos.

Para continuar aclarando posibles dúbidas, Gaspar Bernárdez apuntou que as comunidades de montes, como integrantes do patronato fundador, non aportarían “nada de diñeiro” ao funcionamento da Fundación. Tampouco perderían a titularidade dos terreos que, por outra parte, están actualmente cedidos á Xunta.

Outra veciña comentou que notaba a ausencia do patrimonio material e inmaterial na oferta de contidos deste proxecto: “Coñeces os bens culturais do Monte Pituco?”, preguntoulle, ao que Gaspar Bernárdez contestou afirmativamente.

Tomou a palabra Manuel Estévez para seguir abundando en posibles iniciativas como “poner en valor las mámoas, el arte rupestre, hacer rutas de senderismo, poner en valor todo eso”, argumentando que “da puestos de trabajo, por lo menos uno por cada comunidad, en principio”.

A esas alturas da película xa nos parecía estar oíndo visións; non podiamos dar creto ás palabras que saían da boca do voceiro da xunta reitora da Comunidade de Montes de San Xulián. Estaría posuído? Abducido? Enaxenación mental transitoria? Ou estaba sendo unha trola pre-navideña?

Porque son numerosas as mostras de desprezo, de falta de respecto e de insensibilidade por parte desta directiva por todo o relacionado co patrimonio arqueolóxico, e nomeadamente co patrimonio arqueolóxico do Monte Pituco. Dende aquela ocasión na que, en presenza da alcaldesa de Marín, se nos solicitou que presentaramos orzamentos para valorar os custes das actuacións necesarias para a limpeza e sinalización dos xacementos de Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro; uns orzamentos que se pediron a varias empresas especializadas, que se lle presentaron cumpridamente na Casa de Montes, e que acabaron -literal ou figuradamente, no lixo- coa única explicación de que “toda iniciativa que se presentase a través da Asociación Monte Pituco, será rexeitada”. Ata o recente episodio no que se lle chamou a atención a este directivo pola destrucción do antigo camiño de carro que partía do Monte Pituco, sepultado baixo o trazado dunha nova pista que aterrou elementos de valor etnográfico como unhas antigas rodeiras; unha pista que ademais afectou a un xacemento arqueolóxico catalogado, como así foi denunciado ante a Dirección Xeral de Patrimonio.

Este súbito recoñecemento ao patrimonio arqueolóxico situado no ámbito do Lago de Castiñeiras non fai menos que reforzar a nosa teima para que a Comunidade de Montes de San Xulián se ocupe por fin, de xeito responsable, do mantemento, conservación e promoción das mámoas e petróglifos catalogados que existen no contorno do Monte Pituco. Xa non vale a excusa de que ten que ser a Xunta a encargada deses menesteres; un argumento que non é válido tendo en conta que a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia obriga os propietarios dos terreos a asumir esa tarefa:

“Os propietarios, posuidores e demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia ESTÁN OBRIGADOS A CONSERVALOS, COIDALOS E PROTEXELOS DEBIDAMENTE para conservalos, coidalos e protexelos debidamente para aseguraren a súa integridade e evitaren a súa perda, destrucción ou deterioración”. [Artigo 25: Deber de conservar]

Non imos permitir ningún tipo de discriminación nin de trato desigual co patrimonio arqueolóxico da parroquia. Tanto valor teñen os gravados rupestres de Castiñeiras como os de Pornedo, Sete Camiños, Pinal de Caeiro, A Carrasca ou Champás, entre outros.

A directiva da Comunidade de Montes de San Xulián deu a coñecer nesta asemblea que a Fundación do Lago de Castiñeiras pretende propoñerlle á Xunta a creación dun Centro de Interpretación das Rías no miradoiro de Cotorredondo. E benvido sexa, se prospera a iniciativa. Pero, un miradoiro en Cotorredondo con vistas a un polígono industrial a pouca distancia, tal e como pretenden o Concello de Marín e a propia Xunta co aplauso da Comunidade de Montes de San Xulián? Estragar unhas vistas espectaculares cun adefesio de asfalto e formigón en pleno balcón da ría de Pontevedra, nunha zona de alta intervisibilidade (impacto paisaxístico) é un auténtico despropósito…

…Neses termos proseguía a asemblea de comuneiros cando unha das persoas que turraba a prol do vicepresidente asegurou que “como xestora”, os directivos da Comunidade de Montes “non están capacitados” para promover ningunha decisión vinculante sobre a Fundación do Lago de Castiñeiras. O voceiro da xunta reitora respondeulle que “manda a asemblea de comuneiros”. Laureano Allariz intentou abrir unha nova fenda cuestionando o reparto da superficie de Castiñeiras: “Nós temos tres partes do Lago!”. “Las partes que hay son todas iguales”, replicoulle Manuel Estévez.

O voceiro da xunta reitora tamén tivo que saír ao paso das críticas doutro ex-directivo, José Carabelos, que tamén lle quixo restar lexitimidade á directiva para promover a votación sobre a Fundación. “No vota la gestora, vota la asamblea”, insistiu Manuel Estévez. “Lean los estatutos, que están en el blog de la Comunidad de Montes, o vengan a buscarlos, se los damos de mil amores”, engadiu o voceiro da xunta reitora, que para as próximas asembleas propuxo votar co carnet na man ou, acaso, a posibilidade de erguer cartulinas de colores diferentes en función do sentido do voto: a favor, en contra, ou abstención.

Finalmente, na votación sobre a creación da Fundación do Lago de Castiñeiras non houbo ningún voto en contra e a proposta foi aprobada. “Isto non hai ninguén que o bote abaixo”, congratulouse Manuel Estévez.

Na recta final da asemblea houbo certa confusión. O voceiro da xunta reitora anunciou a convocatoria de eleccións á dirección da Comunidade de Montes de San Xulián. “Tiene que haber una junta gestora formada por el comunero más antiguo y el más joven; o que siga la junta rectora que hay”. Entre certo tumulto, algúns comuneiros amosáronse partidarios da continuidade dos actuais representantes.

O 12 de xaneiro foi a data sinalada como fin do prazo para presentar candidaturas á dirección da Comunidade de Montes de San Xulián. Os aspirantes poderán notificar as súas listas na Casa de Montes, comunicalas por teléfono ou por correo electrónico, segundo explicou Manuel Estévez.

As eleccións celebraranse o vindeiro 21 de xaneiro, con votacións en urna e voto secreto.

Unha veciña protestou porque, malia que estaba incluído na orde do día, o punto relacionado coa aprobación do censo de comuneiros non se ía tratar nesta asemblea. Manuel Estévez deulle a razón, lamentou esta circunstancia e atribuíuna ao boicot permanente do vicepresidente, durante o transcurso da sesión. Como solución, apuntou que o censo ía estar exposto no taboleiro informativo da Casa de Montes e advertiu que para presentar candidaturas é requisito indispensable estar inscrito no censo.

 

Publicado por: MontePituco | 16/12/2014

SEICA ESTÁN DE MODA AS ANDAINAS CULTURAIS

Roteiro organizado polo Concello ao Castro da Subidá.

[Foto do Concello de Marín, con  motivo da visita organizada pola Concellería de Cultura ao Castro da Subidá. En fronte, o Monte Pituco]

Seica están de moda as andainas culturais. Hai un montón de anos que o Concello de Pontevedra organiza o ciclo Natureza nos camiños -na que temos participado cun notable grao de satisfacción- e outras iniciativas que procuran divulgar o patrimonio cultural e paisaxístico, non só do ámbito pontevedrés, senón tamén doutros enclaves da provincia. Dun tempo a esta parte, no Concello de Bueu veñen programando tamén interesantes saídas -ás que tamén acudimos- polo casco urbán, polas parroquias e polos lugares de interese a carón da costa. O Concello de Marín non ía ser menos…

Hai uns meses que a concelleira de Cultura nos fixo partícipes da súa intención de realizar visitas a diversos puntos do territorio marinense e doutras localidades próximas. Foi ao pouco de realizarmos a última andaina polo Monte Pituco ao solpor, percorrendo os petroglifos de Pinal de Caeiro, Carrasca, Champás e Pornedo, que puidemos gozar xa de noite en todo o seu esplendor, á luz das lanternas. Foi un roteiro multitudinario polo que este colectivo e as persoas que xenerosamente colaboraron na súa organización recibiron moitos parabéns. Unha cita memorable que deixou o listón ben alto para próximas convocatorias.

Daquela, a edil de Cultura adiantounos que o Concello contaba con Defende o Monte Pituco para repetir a campaña de roteiros, incluíndo o Monte Pituco no calendario de visitas. 

Foi o pasado domingo cando unha trintena de persoas subiron ao Castro da Subidá, guiadas por dous arqueólogos contratados -ou iso agardamos- polo Concello de Marín.

Non é que o teñamos moi visto, pero non foron poucas as veces que visitamos o Castro da Subidá grazas á iniciativa de asociacións culturais marinenses que viñan suplindo a eiva da Concellería de Cultura de Marín no que respecta á divulgación do propio territorio entre a veciñanza: Almuinha, Queremos Galego… onde estaba o Concello? Ata este momento estivo missing; semella xa que vai acordando.

Agora que o Concello se vai enterando de que ten recursos patrimoniais abondo e vai tomando exemplo dos municipios veciños no que respecta á promoción e posta en valor dese patrimonio natural e cultural, cómpre dirixirse á Concellería de Cultura para reiterarlle o que Defende o Monte Pituco vén solicitándolle dende hai moito tempo:

Xusto en fronte do Castro da Subidá está o Monte Pituco (Pornedo), na parroquia de San Xulián, o antigo San Xián dos Ancourados, berce ancestral do noso concello. Lembre o Goberno local que neste enclave, en pleno “balcón da ría”, hai un conxunto de xacementos arqueolóxicos ben valiosos, que nada lle teñen que envexar aos petroglifos de Mogor, malia que teñan menos prensa.

Que os conxuntos rupestres de Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro, máis os da Carrasca e Champás, por citar os máis importantes, precisan unha actuación urxente de limpeza, conservación e posta en valor.

Que hai unha comunidade de montes que elude a súa responsabilidade porque si, podendo o Concello implicarse na recuperación deste patrimonio que, por certo, suscita moito interese social, como se ten demostrado nos roteiros organizados por Defende o Monte Pituco e pola comisión técnica do Proxecto do Espazo Natural dos Sete Camiños.

E que están deixando estragar de xeito irresponsable uns Bens de Interese Cultural que, ben coidados e sinalizados, estarían xerando riqueza e prestixio para este municipio e para o conxunto da bisbarra do Morrazo.

Por enésima vez, pregamos atención sobre este tema.

 

Publicado por: MontePituco | 15/12/2014

COMUNEIROS DE VILABOA APOIAN A FUNDACIÓN DO LAGO

 Faro de Vigo

Los comuneros de Vilaboa aceptan formar parte de la Fundación Lago Castiñeiras

También alertan de la proliferación de vertederos incontrolados

C. García | Vilaboa 15.12.2014

La Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa celebró ayer una asamblea general ordinaria en la que, como punto más destacado del orden del día, aprobaron la cesión de terrenos para la Fundación Lago Castiñeiras, así como su integración en dicho ente que persigue la recuperación de todo este entorno natural y de la que formarán partes otras comunidades implicadas. Dos puntos que recibieron el apoyo de los comuneros por “amplia mayoría”.

Además de los habituales puntos de trámite y funcionamiento interno de la comunidad, en el transcurso de la asamblea también se informó a los socios de la situación en la que se encuentra la relación con Defensa por la cesión de los terrenos necesarios para la base de la Brilat. En este caso, Vilaboa es, junto a Figueirido, una comunidad que está a la espera de que el Supremo ratifique la sentencia por la que se reconoce a los vecinos la titularidad del monte que ocupan los militares. Una vez que esto suceda, entrará en vigor el convenio suscrito entre los dirigentes de esta comunidad con Defensa para el pago de un canon por el uso de los terrenos con fecha del pasado 1 de enero de 2014.

Por último, también se llamó la atención sobre el incremento de los vertederos incontrolados que están detectando en el monte. La comunidad instaló carteles recordando la prohibición de verter escombros, insistió en la necesidad de concienciar a la ciudadanía sobre este hecho y recordó las sanciones a los que se exponen quienes realizan estas prácticas.

Publicado por: MontePituco | 14/12/2014

ANDAINA POR PASTORIZA

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizou un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural das carballeiras de Pastoriza e de Outeiro de Campolongo.

Este roteiro discorreu por vías rurais, camiños e pé, corredoiras e pistas forestais ao longo dos lugares de Pedra da Pousa, a ribeira do rego das Gorgadas e Os Sobrosos.

Entre os puntos de interese destacan as carballeiras galaico-portuguesas, o bidueiral do rego das Gorgadas e o espazo aberto de Outeiro de Campolongo, a 418 metros sobre a ría de Pontevedra, con vexetación a base de xesteira, toxeira e mato higrófilo, ademais das sobreiras de Os Sobrosos.

En marzo de 2012 a Plataforma Montes do Morrazo solicitoulle á Xunta a inclusión dos montes de Ardán e do Monte Cernello nunha proposta de ampliación da Rede Natura con vistas a un posible novo Lugar de Importancia Comunitaria que recollera os espazos naturais dos Montes do Morrazo e do Carballal de Coiro.

Esta petición sustentábase na existencia de hábitats de interese comunitario (carballeiras galaico-portuguesas) e hábitats naturais prioritarios (bosque aluvial de clima atemperado e breixeiras húmidas atlánticas), ademais da presenza de especies de fauna (aves rapaces, bolboreta…) e flora (uceiras secas, vexetación de rochedais silíceos…), con endemismos e especies vulnerables, ameazadas e escasas no Morrazo e en Galicia.

Actualmente estes montes están catalogados como solo rústico de protección forestal, de augas, patrimonial ou paisaxístico. A súa protección non é acorde ao seu valor ambiental, explican dende a Plataforma Montes do Morrazo.

Ao longo do traxecto puidemos comprobar a introdución de plantacións de eucalipto, a presenza de especies alóctonas, pirófitas e invasoras como a acacia e a mimosa; tamén cómpre advertir sobre a corta de arborado autóctono, a apertura de novas pistas forestais, os vertedoiros ilegais de lixo e entullos, ou a plantación de arborado en espazos abertos cubertos de matogueira que cómpre conservar como tales. No Outeiro de Campolongo, dentro do recinto pechado do centro reemisor de RTVE sábese da existencia dunha mámoa.

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Rego das Gorgadas

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Pereira brava ou estripeiro

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Liques

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Lingua de gato

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Acivro

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Rusco, tamén chamado rascacús ou matacristos

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Núcleo rural de Pastoriza

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Outeiro de Campolongo

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Ruta por Pastoriza coa Plataforma Montes do Morrazo.

Sobreira

Publicado por: MontePituco | 11/12/2014

CURSO DE SULFATADOR EN SAN XULIÁN

Curso de sulfatador en San Xulián.

Na Comunidade de Montes de San Xulián realízase estes días un curso de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios. Ou o que é o mesmo, un curso de sulfatador.

70 euros custa o curso, homologado pola Xunta e impartido por persoal dunha academia de Pontevedra.

Total, para que os veciños da parroquia -maioritariamente xubilados e persoas de idade avanzada- lle apliquen uns poucos tratamentos ás parras que rodean a casa, ou á viña que teñan plantada nalguna finca cativa. Porque a dedicación dos terreos cultivables en San Xulián non é en absoluto comparable aos latifundios da bisbarra do Salnés, destinados á produción vitícola. Aínda que hai concellos que, como Barro ou Pontevedra, veñen procurando unha marca de distinción para os viños que se producen nas súas terras, non é o caso de Marín, nin tan sequera desta parroquia, onde a colleita de uva non só se reduce ao eido estritamente doméstico, senón que se trata dunha práctica que por desgraza está en regresión debido ao progresivo abandono da actividade agrícola.

Certamente, a obtención dun título de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios -é dicir, de sulfatador- é obrigatoria e para obtelo non só cómpre fichar nas clases polo cómputo de horas reguladas, que no caso do curso que se imparte en San Xulián é de 25; senón que por riba cómpre examinarse ante a Xunta… e aprobar! Vaia reto para os nosos pais e avós; peinando canas, ou sen apenas pelo que peinar, e recibindo leccións para aprender a sulfatar.

Agora que está tan de moda chamar á insubmisión e á rebeldía contra o cumprimento das normas -e non son poucos os exemplos que se len últimamente na prensa local a propósito de certas sentenzas incómodas- imos esforzarnos para non caer na tentación.

Seguro que con eses 70 euros máis dunha familia podería compartir unha boa cea neste Nadal, brindando naturalmente con viño da casa.

Curso de sulfatador en San Xulián.

Publicado por: MontePituco | 11/12/2014

OS COMUNEIROS DE VILABOA DEBATEN SOBRE A FUNDACIÓN DO LAGO

Diario, 11 de decembro de 2014.

Os comuneiros de Vilaboa están convocados a unha asemblea este domingo para debater sobre o apoio á Fundación Lago de Castiñeiras, entre outros asuntos relacionados coa xestión forestal do seu ámbito territorial e coa difusión das súas actividades a través dunha páxina web.

PD: Quen teña ‘SalsaRosa’ que a atenda, e quen non a atenda, que non dea pena…

Publicado por: MontePituco | 10/12/2014

CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE O MONTE COMUNAL

La Voz, 9 de decembro 2014

Los comuneros inician una campaña para reivindicar la propiedad del monte

Los propietarios están cansados de tener que combatir la mala fama a la que se enfrentan

Las mancomunidades de montes de O Castrove-Salnés, Pontevedra y O Morrazo han decidido iniciar una campaña de concienciación y difusión de algo parecido a un contramensaje: el monte pertenece a los comuneros, aunque ellos lo cedan para el uso y disfrute de todos los ciudadanos.

…Pero como a comunidade de montes de San Xulián vai ‘por libre’; non pertence á mancomunidade do Morrazo nin á de Pontevedra, pois nesta parroquia e neste concello non hai campaña de información e sensibilización que valla. Coa faltiña que nos fai, sobre todo a algunhas persoas incívicas, irresponsables e irrespectuosas que seguen utilizando o monte como vertedoiro do lixo que lles sobra.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías