Así funcionan las señales antifauna que prueba la Xunta
Los dispositivos reflejan la luz de los coches hacia la zona por la que los animales se acercan a la carretera
Los dispositivos reflejan la luz de los coches hacia la zona por la que los animales se acercan a la carretera
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Fauna, Prensa

Distribúen 3.000 aparellos entre os profesionais do sector co obxectivo de eliminar 30.000 raíñas

Actuó sobre 247 nidos, todos ellos sin actividad, localizados en 118 municipios


[Vespa velutina fotografada no Caeiro (San Xulián de Marín) en 2015]
Publicado en Alertas, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Fauna, Prensa
Neste Día das Letras Galegas cómpre reivindicar que temos unha lingua viva, coa que podemos sentir e expresar todo canto queiramos: dende defender o Monte Pituco ata desempeñar calquera oficio, pasando por facer misa ou ler as actas dunha asemblea de comuneiros…
Podendo facer todo iso e moitas cousas máis en lingua galega, celebramos que os primeiros en darlle vida ao galego sexan os rapaces e as rapazas; sen o seu compromiso co idioma, o galego irá esmorecendo ata a extinción, como nos veñen advertindo as últimas enquisas sobre o uso da nosa fala.
O equipo de Normalización Lingüística do CEP Sequelo tivo a ben autorizarnos a compartir nesta bitácora o relato dunha alumna que elixiu a figura de José Meijón Area (Marín, 1899-1980) para protagonizar un conto da súa creación.
Feliz Día das Letras Galegas… todo o ano!

“Todas as persoas dinme que son diferente, pero eu non me atopo nada de estravagante. Claro, despois esta a miña “MFC” Memoria Fotográfica de Coidado, como se fose unha cámara de alta gama. Recordo onde está cada cousa despois de ser colocada, unha cara de alguén novo… e moitas cousas que contaría se non fosen tantas.
Son quen de diferenciar cada pequena pedra picada que hai na Ponte Zapal, perto da miña casa. Cada mañá paso por alí para ir ao colexio. Non me paro moito nesas pedras picadas polo mal cheiro da ponte, pero recordo cada centímetro, cada gravado e cada letra, número ou signo que nelas hai.
Un día, logo de saír do colexio camiño da casa, parei a observar aquel faitío. Empecei a marearme, atopábame moi mal, intentei camiñar, pero caín no chan. De súpeto, espertei, no mesmo lugar onde caera redonda. Estrañoume moito que ninguén me vira no chan. A xente ao meu redor levaba unha vestimenta moi antiga.
Alí uns nenos xogaban coa súa pelota, unha muller paseaba co seu can e un home vello picaba nas pedras. Quedei abraiada ao ver aquel home. Vestía uns pantalóns todos roídos. A súa fasquía era dunha enorme pena, parecía canso. As súas mans manexaban unhas ferramentas moi estranas.
Achegueime para preguntar como facía aquelas picadas, el parecía ser moi bo e contoume todo canto quería saber. A conversa foi amea e divertida. Pasamos horas falando, el picando, e eu observando con que mestría facía aqueles gravados.
Volvín preguntarlle onde estaba, e el rindo, contestoume:
-Ai, rapariga que cabeza temos! Estamos na Ponte Zapal de Marín.
As súas mans deseñaron na rocha unha figura nova, composta de números, 1943. Estabamos no 1943!
Nunca tivera unha conversa tan emocionante como aquela. Pregunteille o porque daquel constante picar na pedra, pero el non contestou e seguiu picando. Eu volvín falarlle pois quería saber porque facía aquilo, pero el non contestou. Tiña que saber a resposta; non me podía ir dalí sen sábelo.
Insistín, pero non había forma. Non sei canto tempo pasei repetíndolle a pregunta. Por fin o home cansou e contestou:
-A miña defunta muller, era pintora. Coñecímonos no Con da Gamela, esa pedra chea de gravados antigos que está na praia. A ella gustábanlle moito aqueles gravados. Hai uns anos morreu e dende entón fago gravados nas pedras para recordala cada día da miña vida.
De súpeto noteime moi cansa, todo parecía dar voltas e caín ao chan. Nada máis caer, quedei durmida nun profundo sono. Espertei outra vez, naquel fedorento chan e corrín cara á casa. Tan só eran ás dúas e dez. Varias horas pasaran no pouco tempo que pasara falando con aquel home.
Ao día seguinte, pola mañá cediño, ao pasar pola ponte Zapal, o meu MFC decatouse dun novo gravado que nunca vira. Achegueime e puden ler un nome que, porén, semellaba ter estado alí dende sempre: José Meijón.”
[Gravados ‘modernos’ de José Meijón no Monte Pituco]




Publicado en Colaboracións, Xeral | Etiquetas: Cultura
A Comunidade de Montes de Salcedo celebrou este fin de semana as súas III Xornadas sobre Montes Comunais que concluíron cunha andaina para dar a coñecer os traballos máis recentes levados a cabo pola directiva e para comprobar a evolución de anteriores labores de mantemento.
O aspecto no que fixeron máis énfase nesta cuarta edición do roteiro foi na restauración da orografía que resultara notablemente alterada cando os efectivos da Brilat realizaban manobras nestes terreos antes de que a Comunidade de Montes de Salcedo recuperase a súa titularidade. O cambio máis evidente atopámolo no espazo antigamente coñecido como “aldea afgá”, onde os comuneiros crearon un arboreto de 3,3 hectáreas con 2850 árbores perennes e caducifolias pertencentes a 14 especies distintas: abeleiras, loureiros, acibros, arces, castiñeiros, bidueiros, sobreiras, carballos…
Tamén se arranxaron vellos camiños e se abriron novos sendeiros, como o ‘atallo’ que atravesa dende Sete Camiños ata as proximidades da Fonte da Prata, coa instalación de valados e pequenas pontes de madeira sobre os regatos que conflúen no río das Flaires.
Dende hai tempo a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO vén louvando o esforzo da Comunidade de Montes de Salcedo na eliminación de especies invasoras como a acacia. O resultado é claramente visible na longa recta que conduce dende a ponte sobre o río das Flaires ata a ‘ex-aldea afgá’ -agora Arboreto do Vello- pasando polo xacemento rupestre de Chan das Mouras ou Outeiro das Mouras. Antano unha selva impenetrable de acacias, hoxe un terreo aberto que nos vindeiros meses se repoboará con piñeiro.
Pero ademais, houbo actuacións de rareo, limpeza e outros traballos silvícolas nunha superficie que suma as 35 hectáreas.
Porque “as árbores” foron os lema desta IV Saída de Amigos do Monte. E con razón: a Comunidade de Montes de Salcedo repoboou durante o último ano 8 hectáreas de terreo, nas que agora medran máis de 5000 árbores frondosas e coníferas. Algunhas, como xa se ten denunciado, foron gravemente danadas por mans covardes nun acto que suscitou a condena de toda a veciñanza. A directiva da Comunidade ten presentado a correspondente denuncia para que se localicen os culpables e paguen polos danos causados. Mais un incidente así non empaña en absoluto o mérito e o empeño dos comuneiros por ‘poñer a andar’ o seu monte despois de décadas de abandono.
Dá gusto camiñar por Salcedo, comprobar cada novo cambio na paisaxe, captar ideas que quizais algún día poderían ser aplicadas no monte veciñal de San Xulián se por fortuna non caesen en saco roto… Por riba, a directiva de Salcedo coida cada detalle neste roteiro, repartindo auga e froita entre os asistentes en distintos puntos do itinerario, entregando guías informativas no punto de partida e agasallando os rapaces con gorras e camisetas rotuladas co lema da Comunidade de Montes.
Durante o camiño dous expertos en bioloxía e antropoloxía -Manuel Domínguez e Rafael Quintía- ofreceron explicacións dos aspectos máis interesantes: especies botánicas, fauna autóctona, patrimonio rupestre, lendas de tradición oral…
E como broche de ouro, asistimos a unha muiñada nos muíños de Pastoriza e Outeiro, onde os muiñeiros ofreceron fariña recén moída de millo e de centeo. A xente non puido regresar ás súas casas máis contenta, despois de case 4 horas de paseo.
Grazas pola experiencia e moitos parabéns á Comunidade de Montes de Salcedo. Avante!





Andaina interxeracional: dende as avoas octoxenarias…

…ata unha crianza con pouco máis de tres mesiños de vida…

…e simpáticos raparigos e raparigas que non paraban de dar chimpos. O futuro está aquí: andainando cos máis novos e practicando Educación Ambiental ao pé da casa!


Petroglifos de Campo de Tiro


O antigo campo de tiro da Brilat, entre os próximos obxectivos de traballo da Comunidade de Montes de Salcedo


A cara amarga da andaina: as varas tronzadas dos castiñeiros, nun ataque covarde e reprobable



Fento real


Plantación de árbores de ribeira seguindo o curso dos regatos

A saída polo monte coincidiu cunha carreira BTT polas pistas da Comunidade de Montes

A veciñanza recolle leña procedente das labores de limpeza e rareo do arborado do monte


Observando fauna acuática no tanque a carón da Fonte das Pulgas

Tritón

Notonecta, garapito, abella de auga. Distínguese porque nada de costas




Esta zona antano era unha selva impenetrable de acacias e mimosas, ademais de estar chea de buratos feitos nos exercicios de adestramento da Brilat


Novo sendeiro ata Sete Camiños

En Chan das Mouras, ou Outeiro das Mouras, lugar de importancia arqueolóxica, que forma parte do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños




No lugar que antes ocupaba a ‘aldea afgá’ da Brilat


Os nomes dos arboretos atenden á toponima tradicional da zona

Este carballo portugués plantouse hai dous anos, coas mans dos nenos e nenas da parroquia, na II Saída polo Monte de Salcedo


Tempo para repoñer enerxía con auga e froita fresca, por cortesía da Comunidade de Montes de Salcedo

Pozos Doces



Anfibios en Pozos Doces


Monte restaurado cun programa de fondos europeos




Pozo dos Frairas




No muíño de Outeiro, recibidos polo muiñeiro, candil en ristre, e coa fariña de millo recén moída




Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Concello de Pontevedra, Medio ambiente, Monte veciñal

Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Monte veciñal, O Morrazo


[Foto, colectivo Veciñanza, de Cuntis]
Publicado en Denuncias, Hemeroteca | Etiquetas: Patrimonio rupestre, Prensa

Publicado en Xeral, Xuntanzas | Etiquetas: Parroquia de San Xulián, Política
El tiempo húmedo consolida la presencia de enemigos naturales de viñedos, frutales, hortalizas y hasta de los robles
, 11 de mayo de 2016
Una plaga se está cobrando buena parte de los setos de boj de la comarca. Algunos tan emblemáticos como los que forman los del Monasterio de Poio. Pero la voracidad con la que actúan las orugas que conforman la plaga no es él único fenómeno que se da de este tipo. En la Estación Fitopatolóxica de Areeiro, desde donde se controla la incidencia de las diversas amenazas para los cultivos de la provincia, han activado otros siete riesgos para otros tantos cultivos.
En la lista, además del boj, está el manzano, la viña, el kiwi, los cítricos, la camelia, la patata y el roble. En el origen de la proliferación de amenazas está el tiempo húmedo reinante en esta primavera
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Flora, Prensa

Nestas primeiras semanas da primavera nas que tan pendentes estamos do rebrote das árbores e das plantas, chamounos moito a atención un fenómeno que se viña repetindo dende hai certo tempo por estas datas: o aspecto brancuzco das follas noviñas e tenras dos carballos, algunhas murchadas, engurradas e mesmo ennegrecidas polas xeadas.
Trátase dun fungo que as ataca, o Microsphaera alphitoides ou Erysiphe alphitoides; unha patoloxía moi común nos carballos galegos que se atribúe á alternancia de tempo chuvioso e tempo seco.
Buscando información sobre esta doenza, damos co Proxecto de Ordenación do Monte Veciñal de Valadares, en Vigo, elaborado por enxeñeiros forestais da consultoría Montes e Medio Ambiente. En 2005, Patricia Pereira e Beatriz Fernández explicaban nese documento que as condicións de humidade elevada e temperaturas suaves favorecen a proliferación do fungo, que se instala tanto na cara como no envés das follas, cubríndoas de micelio branquecino, o que provoca a súa decoloración e dálles o aspecto de ter un recubrimento pulvurelento.
Ao parecer, a presenza do fungo afecta principalmente ao crecemento da árbore e mesmo estaría comprobado que diminúe o desenvolvemento dos aneis anuais. O posible tratamento consiste na aplicación de xofre e compostos sintéticos pero, polo seu elevado custe, en contadas ocasións se aplica, tendo en conta tamén que a enfermidade non compromete a supervivencia do carballo, agás no caso das plantas moi novas que padezan ataques moi intensos.
Entre as xenerosas achegas que captamos a través das redes sociais, unha resultou abondo gráfica como resume da repercusión desta doenza: “Será un ano de poucas landras”, avanzounos o educador ambiental Gustavo Cochón, da cooperativa viguesa Teixugo.
O pasado sábado 7 de maio a Asociación Almuinha organizaba un roteiro que, dende Marín, bordeaba o río Lameira e chegaba ata o Lago de Castiñeiras. Repetíase un itinerario no que xa participamos en 2014, convocado pola mesma entidade.
Nun treito da ruta, os sendeiristas atopáronse co camiño sementado de botellas de plástico, o que causou o malestar e a indignación dos participantes, algún dos cales compartiron fotografías deses residuos nas redes sociais, xerando numerosas reaccións de rexeitamento e de protesta polo que se considera unha agresión ao medio ambiente e unha falta de respecto ao monte.



[Fotos: M. López]
A aparición destes envases tiña relación cunha proba ciclista de descenso que se realizara o domingo 1 de maio, organizada polo Club Deportivo Kamikazes, de Marín, segundo nos informou o presidente da Comunidade de Montes de San Xulián.

Coincidiu a difusión nas redes sociais desas foto-denuncias coa adhesión e a solidariedade de afeccionados ao deporte das dúas rodas que, nun dos seus foros, expresaron a súa condena polo lamentable estado no que quedara o monte.
Ás poucas horas, xa empezaban a trascender imaxes dos lugares afectados, nos que se procedía non só á limpeza dos frascos de bebida ciscados, senón tamén da retirada das cintas de marcaxe do circuíto e dalgunha estrutura de madeira instalada pola organización.
Efectivamente e con bo criterio, todas as opinións recollidas coincidían en que era responsabilidade da organización, é dicir, do Club Deportivo Kamikazes, deixar o monte en óptimas condicións.



[Fotos: R. Mella]
Temos constancia de que a Asociación Almuinha puxo os feitos en coñecemento do Concello de Marín, cun escrito de protesta dirixido á edil de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, e ao concelleiro de Deportes, Antonio Traba.
Probablemente, se alguén da Asociación Monte Pituco tivera participado nesa andaina, tería sido o propio sábado, e non a golpe de martes, cando se tivera formalizado un escrito de denuncia diante do Concello e do Seprona, previo aviso á Comunidade de Montes de San Xulián.
Precisamente, contactamos coa Comunidade de Montes de San Xulián para coñecer en que condicións se autoriza esta proba deportiva, cales eran os compromisos do clube ciclista e que puidera ter fallado para que o monte quedase cheo de lixo.
O presidente dos comuneiros de San Xulián expuxo que este Club leva varios anos utilizando -co permiso da Comunidade- un treito do monte como zona de adestramento dos seus asociados e que non é a primeira vez que se organiza un campionato desas características. Que se trata dun clube con poucos recursos e que a Comunidade de Montes, atendendo á súa pequena estrutura e aos seus escasos medios, dáballes un marxe “de unha semana a quince días” -cito textualmente- para que devolveran o circuíto ao seu estado natural, sen lixo de ningunha clase.
…Podemos comprender que Kamikazes non estea en disposición de cubrir a organización dunha competición deportiva nas mesmas condicións que un gran equipo. Podemos comprender o esforzo da Comunidade de Montes por harmonizar e compatibilizar os usos do monte, tamén para a práctica deportiva.
O que custa comprender é que dende que se celebra un evento dese ou doutro tipo poida pasar tanto tempo co monte sementado de plásticos, cintas, balizas, sinais ou residuos sen que ninguén supervise, nin esixa que o espazo quede nas mesmas condicións nas que estaba. Por iso xa instamos verbalmente -formalizarase documentalmente para que quede constancia- a Comunidade de Montes de San Xulián a regular con máis rixidez e a ser máis rigurosa no cumprimento das normas de uso dos espazos do monte veciñal. Especialmente en lugares onde o espazo sexa compartido por outros usuarios que non teñen por que soportar as deficiencias causadas por outros, nin sortear lixo alleo que non debera estar tirado, senón depositado nos contenedores axeitados.
É unha cuestión de sentido común e de educación. Primeiro, non tirar residuos no monte, nin no río, nin na praia; igual que non se tirarían na rúa, nin no salón da casa particular de ninguén.
Agardamos que esta experiencia teña servido para aprender a lección para todas as partes, para que non se volva repetir, nin no Lago de Castiñeiras, nin no resto do monte da parroquia, nin en ningures.
[Agradecementos: a M. López polas foto-denuncias e a R. Mella pola mediación para solucionar esta desagradable incidencia]
Publicado en Denuncias, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Colectivos sociais, Comunidade de Montes de San Xulián, Medio ambiente

Co asfaltado do vial de servizo da Variante ao seu paso polo lugar de Caeiro ponse fin, aparentemente, a un longo proceso iniciado coa exposición pública do proxecto de ACUAES para a instalación da nova rede de abastecemento de auga. Un proxecto ao que a Asociación MONTE PITUCO alegou ata en dúas ocasións para evitar dúas ameazas:
1ª) que non se instalara no Pituco un ramal das tubarías que quedase soterrado con vista a enganchar nel a hipotética instalación do polígono industrial proxectado no PXOM e no Plan Sectorial de Áreas Empresariais
2ª) que as máquinas non furasen no monte, evitando especialmente a afección na área na que foi soterrado un petroglifo pendente de catalogación durante as obras de construcción da Variante, nunha desafortunada actuación que contou co visto e prace da antiga dirección da Comunidade de Montes de San Xulián.
Tralas xestións realizadas, o primeiro obxectivo -aparentemente- quedou en parte logrado porque non se instalaron as tubarías previstas, senón que a hipotética conexión tería quedado nunha arqueta; o que non significa que se vaia levar a cabo. Esas foron as explicacións. Outra cousa é o que verdadeiramente teñan acometido os operarios seguindo as instruccións do proxecto.
Pero, por desgraza, non fomos quen de impedir o acceso das máquinas monte a través pola área do petroglifo desaparecido. Polo menos, houbo traballos de prospección arqueolóxica para garantir que o paso das tubarías non afectase en principio a ningún ben de interese histórico-cultural. Nesas catas quedou patente a composición rochosa do lugar ao aparecer penedo a pouca profundidade. Non en van, a esa altura, o topónimo da zona é “A Pena”.

Subida pola pista de servido cara ao conxunto rupestre de Pinal de Caeiro.

Dende a Asociación MONTE PITUCO, ao ter coñecemento de que se estaba a producir o asfaltado desta pista, contactouse inmediatamente por via telefónica cun directivo da Comunidade de Montes de San Xulián para que tivesen a ben supervisar a reposición deste vial nun punto tan sensible como o acceso ao conxunto rupestre de Pinal de Caeiro.
Este xacemento fora balizado con cinta e valado metálico dun xeito que requeriu a intervención correctora do Servizo Provincial de Patrimonio da Xunta, a instancias da Asociación MONTE PITUCO, que apreciou deficiencias na sinalización destes gravados.
Unha vez que se tapou o burato aberto para a colocación da tubaría, o valado e a cinta foron retirados. Curiosamente, e de xeito un tanto imprudente, non se repuxo a sinalización ante a previsión da reposición do vial ao seu estado inicial. Tendo en conta o paso de maquinaria pesada e a manipulación de materiais potencialmente agresivos, como aglomerado, non tería estado de máis unha maior cautela; de aí a petición á Comunidade de Montes para que realizase o seguemento (do que non temos constancia directa de que se realizara, tralo aviso telefónico lanzado).

A título informativo, a imaxe que figura a continuación foi tomada este pasado mes de febreiro. É o panel informativo que se instalou para sinalizar os petroglifos de Pinal de Caeiro, coñecidos como ‘O ciclista’, no marco das accións de posta en valor do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
Alguén que odia o patrimonio, que aborrece a quen loita pola difusión da historia e da cultura, alguén con nulo respeto polo ben común, alguén que despreza os investimentos dunha Comunidade de Montes cos cartos da veciñanza para facer algo positivo pola parroquia, cometeu esta agresión, arrincando a lámina que contiña a información, as fotografías e os debuxos deste gravado. Probablemente a mesma persoa que tamén atentou contra o panel explicativo do Espazo Sete Camiños no acceso á pista forestal do Pituco.
Alguén, en definitiva, resentido, frustrado, inculto e infeliz, que só acada certa satisfacción facendo mal ao crer erroneamente que así desanima e chafa a quen traballa a favor de todo o que este especimen despreza. Ao contrario, máis ganas, máis forzas e máis motivos nos dá para seguir reivindicando máis Cultura, máis Paisaxe, máis Historia, máis Natureza!

Publicado en Denuncias, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Auga, Patrimonio rupestre
[Reportaxe de Antonio Sandoval]
El deporte es una fiesta, excepto cuando su práctica supone el destrozo o la alteración de nuestro patrimonio natural
“En general, el deporte es una fiesta. Excepto cuando su práctica supone el destrozo o la alteración de nuestro patrimonio natural. Algo que empieza a ser más común de lo que parece.
(…)
La cada vez mayor facilidad para llegar por carretera a lugares distantes de las grandes poblaciones, unida al creciente renombre de nuestros mejores espacios naturales, viene cada temporada provocando aquí y allá otro tipo de daños. Son daños resultantes, por ejemplo, del exceso de personas en ecosistemas que no están preparados para recibir a tanta gente de repente, aunque sean caminantes. O, cuando no se reúnen más que unos pocos aficionados o uno solo, del hecho de asustar con su presencia a la fauna local, espantándola. Esto es algo muy grave cuando sucede en época de cría y las afectadas son especies amenazadas por otros motivos. Y cualquiera podemos incurrir en ello por mera ignorancia. Por ejemplo, haciendo senderismo o bicicleta, escalando una pared o corriendo por la playa por donde no deberíamos. Cuando se penetra en esos lugares a bordo de ruidosos vehículos de motor ya resulta complicado admitir que quien así actúa no sabe lo que hace.
(…)
A diferencia de la mayoría de esas otras amenazas y agresiones, el deporte tiene algo fantástico a su favor: es muy sencillo de corregir, porque depende de personas sanas que cuanto desean es disfrutar del ejercicio. Basta con que quienes gustan de practicarlo al aire libre se informen bien y apliquen el sentido común para asegurarse de que su actividad no supone ningún daño. Y que pregunten cuando no estén seguros. Su objetivo debe ser lograr que su actividad sea una fiesta tanto para ellos como para la naturaleza…”
Publicado en Denuncias, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Medio ambiente, Prensa
La formación censura a Xunta y Deputación por el “abandono” y la infrautilización de recursos para proteger el arte rupestre
“Anova Terra denuncia que es la segunda agresión a un gravado rupestre en el plazo de un año y atribuye los daños a la falta de medidas de protección y planificación de las administraciones que están al cargo de la custodia de los gravados prehistóricos. “Emerxencia histórica”. Con respecto a la sucesión de accidentes que destrozan el patrimonio arqueológico, Anova considera que se está dando una situación de “emerxencia histórica pola ameaza de destrución sistemática de elementos singulares da paisaxe e do patrimonio xeolóxico e cultural do territorio galego”.

“Esta respuesta es consecuencia de que el colectivo A Forneiriña denunciase que el petroglifo Chan do Carbon 3 resultase «seriamente afectado por unha desbrozadora que, para maior escándalo, deixou a pegada das súas rodas». Se da la particularidad de que si bien esta muestra de arte rupestre está en Campo Lameiro, se ubica fuera de lo que es el entorno del Parque Arqueolóxico”.
RÉPLICA DA XUNTA
La Xunta respalda al director del Parque da Arte Rupestre de Campo Lameiro y reivindica su trayectoria y el papel didáctico y social del museo
“O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre non ten ningunha competencia sobre a xestión e a protección do petróglifo de Chan do Carbón 3, nin participa nos procedementos de autorización dos traballos de explotación forestal, nin tutela os traballos de incidencia territorial que se poidan realizar no termo municipal no que se sitúa”, afirma el gabinete autonómico, que señala que “se abrirán as dilixencias e o oportuno expediente sancionador segundo establece a lexislación autonómica” en el caso recientemente denunciado, pero que esto, así como la custodia, es competencia de Patrimonio, y no del Parque da Arte Rupestre”.
Publicado en Denuncias, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Patrimonio rupestre, Prensa
La mayor plantación de este fruto silvestre en el norte de España está a punto de dar su primera cosecha en una superficie equivalente a 72 campos de fútbol en la provincia de A Coruña. Un noiés y un suizo son los impulsores de un proyecto que nació de una catástrofe
“Una extensísima e inusual plantación de arándanos atrae la atención de todo aquel que visita la parroquia de A Barqueira en el concello coruñés de Cerdido. Imagínese divisar 72 campos de fútbol grandes repletos de arbustos de este fruto silvestre uno tras otro o, lo que es lo mismo, otras tantas hectáreas de este cultivo juntas. Son las que conforman la primera producción a gran escala de este alimento puesta en marcha en Galicia y la más importante en el norte de España. Casi tres años después de empezar a trabajar sobre ese terreno, los dos fundadores de la empresa Horticina aguardan impacientes a que llegue la primera cosecha a partir de julio”.
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Prensa
Los comuneros y la Xunta estudian un modelo de asador en el recinto recreativo
“En una reciente reunión, celebrada entre los comuneros de San Tomé de Piñeiro y San Xulián de Marín con responsables de las consellerías de Medio Ambiente y Medio Rural, se examinó la única excepción que permitiría que en el entorno del lago vuelvan a usarse los asadores. Eso sí, no podrán ser los que se encuentran dispersos por la zona recreativa en la actualidad. El nuevo sistema tendrá que ser muy garantista en contra de los riesgos de incendios y accidentes.
El presidente de los comuneros de San Xulián, Manuel Estévez, explicó que el modelo de la caseta de asadores tiene que confinarse a un lugar concreto en el entorno del lago. Se trataría de la construcción de una pequeña estructura de piedra, con una techumbre adecuada, y que, por su disposición, impida la dispersión de llama o de chispas hacia el exterior. Allí sí que se podrán colocar asadores, mientras que aquellos que actualmente están distribuidos por todo el recinto recreativo se desmontarán”.
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Comunidade de Montes de San Xulián, Prensa, Xunta
Aunque parques como O Campiño o Redonde están completos, otros no han cubierto ni la mitad de su superficie. El precio, la crisis o la falta de promoción son algunas de las causas
La comarca de Pontevedra dispone de una considerable bolsa de suelo empresarial. Su territorio concentra media docena de parques industriales de iniciativa pública cuyas parcelas suman casi un millón de metros cuadrados de superficie. Sin embargo, algo más de un tercio permanece vacío.
Eso sí, el nivel de ocupación varía mucho dependiendo del caso y, mientras parques como el de O Campiño (en Pontevedra) están completos al cien por cien, otros siguen sin un solo inquilino o tienen una ocupación que no alcanza ni la mitad del suelo disponible.
El caso más sangrante es el de la Central do Transporte de Ponte Caldelas, promovida por Xestur. Fue construida en 2005 con el objetivo de atraer a firmas del sector de los transbordos y la logística. Sus 43 parcelas (que suman 37.252 metros cuadrados) se pusieron a la venta en 2010 y, a pesar de ello, desde entonces Xestur no ha conseguido dar salida a ninguna. Curiosamente, su precio de venta está entre los más baratos de los polígonos de la comarca: 45,36 euros por metro cuadrado (45,50 en algunos casos), puesto que cuenta con bonificaciones para potenciar su ocupación.
Publicado en Denuncias, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Chan industrial, Prensa, Xunta
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo congratúlase de que a comunidade de montes de Meira (Moaña), tal e como demandaba a Plataforma, teña agora entre as súas intencións repoboar con especies frondosas o monte queimado en abril do ano pasado na súa parroquia nos lugares de Cavada da Loba, Campo Redondo e Fonte Luceira.
Mais, por outra parte, a Plataforma quere denunciar publicamente tal e como se está a xestionar, despois dun ano, a corta do arborado queimado, principalmente piñeiro e eucalipto, por parte da empresa adxudicataria, Finsa Maderera.
Ao noso entender estase a proceder excesivamente coa apertura de novas pistas para acceso de maquinaria pesada que están a provocar un grande impacto e erosión no terreo, onde a propia subida de camiño de pé á Pedra Morcegueira, monumento natural e xeolóxico de relevante importancia na zona, acaba de ser interrompida pola apertura dunha desas novas pistas forestais, con cortes que sobrepasan nalgúns tramos os dous metros de fondura e explanación, con movementos de terras no terreo, deixando pedras do subsolo e o aparato radicular da carballeira circundante á intemperie.
Por outra parte, está quedando moita da ramaxe depositada no solo, tanto nas pistas de acceso como pola contorna das áreas produto das cortas que, de non retirarse, corre un serio perigo de propagación de novos incendios na zona como combustible, tendo en conta que o piñeiro contén resinas e o eucalipto alcoholes na conformación da súa biomasa, altamente inflamables.
Por engadido, nunha das parcelas afectadas polos lumes do ano pasado, a maioría eucaliptal, produciuse unha corta anterior, na que tampouco se retirou a ramaxe e na actualidade está a ser rodeada polos rebrotes vexetativos de cepa de novas pólas do eucaliptal cortado, co serio risco de propagación de novos lumes que iso comporta, tendo en conta ademais que o eucalipto é unha especie pirófita.
Queremos alertar tamén do risco de afeccións ao patrimonio cultural e arqueolóxico, tendo en conta que a contorna da área queimada está rodeada de varios xacementos descubertos e catalogados -petróglifo de Rega de Arada, achádego de Chan de Arada, petróglifo de Chan de Arada, petróglifo de O Curral, petróglifos de Rega Pequena, petróglifos de Os Means, petróglifos de Serra dos Cavaliños- dos que non sabemos se se está a facer unha correcta vixianza e control de cautela.
Fóra da área queimada, mais tamén na proximidade, queremos denunciar o estado de abandono e afección a que está a ser sometida a área integral de protección do petróglifo catalogado, e así mesmo Ben de Interese Cultural, de Pozo Garrido, un dos máis representativos dos existente nos montes da parroquia pola grande variedade e calidade de tipoloxía de gravados rupestres (cazoletas, círculos concéntricos, zoomorfos, trazos ondulantes e cruciformes) adscritos culturalmente, como a maioría dos da parroquia antes citados, á Idade do Bronce.
Na actualidade este petróglifo está a ser afectado por todo tipo de vexetación, incluida a arbórea invasora e pirófita -eucaliptos e acacias- e por augas de escorrentía, que poderían estar degradando seriamente a estrutura lítica da rocha.
Por engadido, ao longo da década pasada a súa contorna próxima foi afectada con verteduras de terras e entullos procedentes das obras do corredor de alta capacidade do Morrazo, e por parte dunha empresa privada de excavacións, que provocou que parte das verteduras remataran sedimentadas enriba das pedras e dos gravados do propio petróglifo, transportadas polas chuvias torrenciais e a escorrentía, efecto que aínda se pode observar na actualidade.
Non moi lonxe, e preto do valado do propio corredor de alta capacidade, está oculto baixo verteduras de terras outro petróglifo: o do Vieiro, con gravados de tipoloxía e funcionalidade de muíño rupestre que, transportado a ese lugar tras afectar de cheo a súa ubicación orixinal polo propio trazado do corredor, desde o ano 2004 nunca se tivo máis en conta ata rematar nos últimos anos na lamentable situación actual.
Nuns terreos próximos quedaron sepultados baixo terras varios trozos con gravados doutro petróglifo, o da Devesa do Rei, afectado tamén de xeito severo anteriormente polo trazado do corredor.
Nas últimas décadas tamén se produciron afeccións con probas motociclísticas, verteduras de terras, apertura de pistas, instalación de antenas de telecomunicacións… noutros xacementos doutras áreas dos montes da parroquia como na contorna do petróglifo da Borna ou no xacemento medieval da Torre de Meira
Volvendo ao efecto positivo que, por outra parte, suporía a pretendida repoboación do solo queimado, obxecto na actualidade das cortas, con especies arbóreas frondosas e autóctonas por parte da comunidade de montes de Meira, á parte de favorecer e incrementar a biodiversidade e a funcionalidade de cortalumes natural, tamén melloraría considerablemente a calidade paisaxística, feito que se pode comprobar xa actualmente coa apertura das súas extraordinarias vistas panorámicas con respecto á ría de Vigo despois das cortas do piñeiral e eucaliptal queimado que anteriormente uniformizaba e tapaba na súa totalidade, por ser estas especies de rápido crecemento e de grande porte e altura.
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, valora como moi positiva esta decisión da comunidade de montes de repoboar as 42 has. con especies frondosas como valora positivo tamén que planifique outra zona dos seus montes para a gandeiría caprina.
Mais entende que a aposta debería ser máis ampla nos seus cometidos e territorialidade e, na realidade, debería contemplar unha posta en valor integral do seu importante e variado patrimonio paisaxístico, natural e cultural que, agás as propostas de convenio ao tanto feitas da comunidade de montes con varios organismos públicos da Xunta de Galiza e do Estado a finais da década pasada, coa entrada nesta década, cambio de gobernos políticos, e recorte ou practicamente desaparición de fondos públicos, desgraciadamente non tiveron continuidade.
A maioría do terreo correspondente aos montes da parroquia de Meira, está integrado dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo e cualificado como solo rústico de especial protección de espazos naturais polas NN CC e SS de Planeamento Urbanístico da provincia de Pontevedra. Está atravesado por dous regos principais, o Barranco do Faro e o rego da Fraga, no límite coa parroquia de Moaña, ademais do de Caiauga, coas súas importantes áreas hidrolóxicas e de ribeira.
Posúe carballeiras e en boa parte do seu territorio o carballo representa na sucesión ecolóxica a especie clímax ou potencial. Tamén áreas repoboadas con esta e outras especies frondosas e autóctonas -castiñeiros, bidueiros…- que tamén é de agradecer á comunidade de montes. Á parte do dos Parientes, no Outeiro do Aviador, ou da Torre de Meira, os altos das súas abondantes e espalladas penedías desde o Gagán ata a Borna, tamén representan verdadeiros miradoiros naturais sobre a ría.
E posúe un extraordinario patrimonio cultural e arqueolóxico, con ao redor de medio cento de xacementos coñecidos e catalogados de diferentes fases prehistóricas e históricas, en especial de conxuntos rupestres ao aire libre, onde representan máis de dúas terceiras partes do seu patrimonio cultural existente e un dos máis importantes no conxunto da península do Morrazo.
Por todo isto, os montes da parroquia de Meira merecen unha mellor atención e son dignos de ter unha verdadeira e posta en valor integral do seu rico e variado patrimonio por parte das administracións públicas xunto coa comunidade de montes.
Publicado en Denuncias, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Colectivos sociais, Monte veciñal, O Morrazo, Patrimonio rupestre
Es la mayor concentración de estos grabados en la serra de Os Ancares
“Están ubicadas en O Carrilón, un monte situado a 1.300 metros de altitud, a menos de un kilómetro del límite con el municipio de Navia de Suarna y a poco más de dos de la provincia de León. Es una zona muy fértil a nivel de arte rupestre, ya que muy cerca del monte do Carrilón, en el Pico da Legua, ya habían aparecido en marzo del 2014 una roca con nueve grabaduras y en junio del mismo año también se documentaron muy cerca, en el Teso de Acevedo, cinco rocas con más de ciencoviñas.
«Estas penas con petroglifos atópanse en lugares de pastoreo, preto de antigos camiños e ao seu pé discorren os ríos de Poso e Xunquiñas e o regueiro da Campa», explica Xabier Moure, historiador del colectivo ancarino”.
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Patrimonio rupestre, Prensa

Este pasado fin de semana acompañamos os Jóvenes Pioneros, un grupo de rapaces e rapazas marinenses aos que lles gusta gozar da natureza e coñecer a súa contorna. Elixiron o Monte Pituco porque curiosamente, nos inicios desta organización xuvenil, hai xa uns 30 anos, ese foi o destino dunha das súas primeiras excursións… Tiveron que pasar tres décadas para que repitan a experiencia cunha nova fornada de raparigos. En todo este tempo, moito cambiou o Monte Pituco: no seu horizonte pesa a ameaza da destrucción por culpa da clasificación deste espazo como solo industrial no planeamento urbanístico marinense e a súa inclusión no Plan Sectorial de Áreas Empresarias de Galicia; pero pola contra, medraron as iniciativas a prol da súa conservación, como a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ao que pertence o Pituco pola súa abundancia de arte rupestre.
Así pois, guiamos os Jóvenes Pioneros ata as figuras zoomorfas de Sete Camiños e ata as figuras xeométricas e os trazos de armas do Pornedo, ademais de achegarnos ata o monte veciñal de Salcedo para visitar o xacemento de Regato dos Buratos e tamén a mámoa de Sete Camiños, preto do límite entre Lourizán e San Xulián, sen esquecer os gravados modernos de José Meijón.


Larva de vagalume, na laxe dos petroglifos de Sete Camiños

Tuberia guttata



Na Fonte da Prata, en Salcedo



Tritóns no tanque de auga a carón da Fonte da Prata

Comprobamos como evolucionan os castiñeiros atacados en Salcedo

No xacemento de Regato dos Buratos

Enfiando o último treito da andaina, cara ao miradoiro do Pornedo

Parada obrigada no conxunto rupestre do Pornedo

A paisaxe de Marín, dende o ‘balcón da ría’, co arquipélago de Ons no horizonte

Agasallo de Jóvenes Pioneros, o coitelo ‘pioneiro’!
Moitas grazas pola vosa visita, polo interese e pola simpatía! Con mozos e mozas curiosos, sensibles co medio ambiente e solidarios, non podemos ser menos que optimistas diante do futuro!
…Ata máis vernos no ‘balcón da ría’.
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: 7Camiños, Colectivos sociais
“Tan cerca da casa, tan descoñecido”
Media ducia de palabras bastan para reflectir unha realidade: o Monte Pituco (Pornedo) está a un pasiño do centro de Marín e, sen embargo, moita xente vive de costas a el. Mírano aló no alto pero non toman a iniciativa de achegarse el para coñecer que lles ofrece: natureza, paisaxe, patrimonio, cultura, biodiversidade… Quen se decide acaba descubrindo todo isto e moito máis.
Pilar Pazos vén sumarse á prometedora e crecente lista de ‘amig@s do balcón da ría’. Algún resorte -a curiosidade, o afán aventureiro por ampliar horizontes no propio concello e as ganas de estrear os novos bastóns de sendeirismo- a activou para decidirse esta semana a vestir unha roupa cómoda, poñer un calzado axeitado e subir ata o Monte Pituco en boa compañía.
…Resultado? As súas caras de ledicia no miradoiro evidencian que foi unha experiencia moi grata. Agardamos que repitan a andaina e, sobre todo, que a recomenden. Agora, para eles, o Pituco deixa de ser ese ‘veciño descoñecido’ para formar parte do seu mapa de sensacións e coñecementos.
Ogallá moita máis xente se anime a seguir o seu exemplo.
Moitas grazas!






[Xa no monte de Salcedo, continuando pola Ruta do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños: a Fonte da Prata]




[No miradoiro do Pornedo (Monte Pituco]

[Fotos de Pilar Pazos]
Publicado en Colaboracións, Imaxes, Xeral | Etiquetas: 7Camiños, Veciñ@s

…Deixamos ás nosas costas o Monte do Facho e o núcleo de Donón para emprender a senda de Cabo Home. Tras percorrer un pedaciño de Cabo Udra, tocaba volver á Costa da Vela.
A paisaxe é máis escarpada. Onde en Udra hai enormes pedras redondeadas, en Cabo Home a forza do vento, das ondas e da chuvia afiou os penedos…

Gamón (Asphodelus)

“…Presentádeme un outro Deucalión
para invadir o mar tal Cabo Home
cunha nave de pedra, a illas remotas,
nas praias da serea, a fondas voces,
cantando e preguntando con madeira,
con rmármores, con rachas destes montes,
plasmando na materia desta codia
da Terra que non sabe cara a onde
camiña pola praia da gran barra
da galaxia, no espacio, no misterio
de Nerga, xermolante de horizontes…”
[Fragmento de “No misterio de Nerga-Cabo Home”, de Bernardino Graña]

Lagarto arnal (Timon lepidus)


Escaravello do sudario (Oxythyrea funesta)

Liño bravo (Linum bienne)

Romulea


Arctotheca calendula. Clasificada como planta invasiva.

Herba de namorar


Ao fondo, a praia de Melide

Praia da Robaleira


Faro de Punta Robaleira

Vista das Illas Cíes dende Cabo Home



Faro de Cabo Home, un dos máis altos de Galicia.
O punto terrestre máis próximo ás Illas Cíes.


“…Polo vento que trae o mar de Cangas a Cabo Home
aínda resoa a túa voz en claro poema, Bernardino,
e escoito nas tabernas todas da túa vila aos gatos mariñeiros
recitando os teus versos de salitre, amor e loita…”
[Fragmento do poema “Oda ao poeta de Cangas Bernardino Graña”, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón]

Publicado en Sen clasificar
Los comuneros de Campañó prevén habilitar unas once hectáreas para que pasten los equinos y no causen daños
«O que fixemos foi chegar a un acordo cuns gandeiros, cunha asociación cabalar de aquí, polo que lles cedemos un terreo de once hectáreas e eles comprométense a ter o recinto pechado e cos cabalos dentro», explicó José María Domínguez. El presidente de los comuneros de Campañó subrayó que se trata de una parcela repoblada con anterioridad con pinos que actualmente ya miden entre tres y cuatro metros de altura, por lo que «os cabalos poden andar soltos por aí adiante e non causan problemas». Dejó claro que se trata de un colectivo de ganaderos que tiene los equinos muy controlados con el correspondiente chip, tal y como establece la normativa autonómica vigente”.
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Concello de Pontevedra, Fauna, Monte veciñal, Prensa
Saímos do Monte Pituco rumbo á outra punta da bisbarra do Morrazo. Volvemos a Cabo Udra para gozar do mar aberto que non temos no saco da ría, para sentir o vento con máis intensidade, para achegarnos ás especies de flora e fauna que habitan neste vértice da costa…
Tantas veces contemplando o arquipélago de Ons na liña do horizonte! Nesta ocasión achegámonos a Bueu para (intentar) ver o Pituco dende outra perspectiva. A vista non dá…


Pasear por Cabo Udra é sentir a frescura do vento no rostro, ollar a forza do mar batendo contra os cantís e somerxerse nun paraíso de praias salvaxes. Pero é tamén achegarse a formas de vida ancestrais e rodearse dunha riqueza botánica e faunística única que mereceron a inclusión deste espazo na Rede Natura 2000, ademais da súa catalogación como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). O espazo protexido constitúeno hoxe 8 km de fronte costeira e 443 hectáreas de auga mariña cunha singular biodiversidade, onde os penedos de estrañas formas moldeadas pola chuvia, o vento e as ondas converten a espectacular paisaxe nun auténtico monumento xeolóxico.
[Texto da “Guía de Cabo Udra“, elaborada polo Concello de Bueu]

Nunha visita a Udra é inevitable non fixarse nos enormes bolos graníticos que coroan o terreo. Os penedos merecen un capítulo fotográfico propio…
Os penedos de granodiorita con megacristais de feldespato fan de Cabo Udra un monumento xeolóxico moi apreciado polo seu valor científico e paisaxístico. Nun dos paneis informativos explican que a fisonomía redondeada destas enormes rochas débese ao efecto que a auga subterránea produce nas fendas da pedra, antes de que asomen ao exterior. Entre as formas máis correntes están as “acanaladuras”, producidas polo desgaste da auga da chuvia que esvara pola pedra; as “cacholas” ou cavidades situadas na parte inferior, formadas pola alteración química da humidade nas rochas previamente debilitadas; e as “pías”, que son cavidades circulares que se forman na parte superior.














A flora tamén destaca pola súa variedade. Nun contexto territorial algo distinto ao do monte de ría adentro, mesmo atopamos algunha especie que non medra no Pituco.
Entre as coincidencias botánicas co Pituco, en Udra tamén destaca a presenza da matogueira, formada por carrascas (do xénero Erica), os toxos mariños (Ulex), o trovisco (Daphne gnidium) ou a carqueixa (Halimium alyssoides). Entre esta vexetación o habitual é que aniñen aves como a papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala), a papuxa encapuchada (Sylvia atricapilla), a papuxa montesa (Sylvia undata), a escribenta paponegra (Emberiza cirlus), o liñaceiro común (Carduelis cannabina) e o chasco común (Saxicola torquata).
Nun medio adverso de fortísimos ventos, salinidade e insolación, a riqueza vexetal de Udra converte o cabo nun espazo singular. Domina a paisaxe a matogueira, formada principalmente por carrascas e toxos mariños que medran en forma de almofadas, de xeito arredondado e a escasa altura, para adaptárense ao forte vento. O brizo, a silene marina, a margarida grande de cantil, o trovisco e a carqueixa boieira áchanse tamén neste hábitat de excepcional valor ecolóxico, tan escaso no resto do continente europeo, que foi considerado de interese prioritario pola UE. Na parte baixa dos cantís, salpicada polas pingas de auga salgada, nacen o pirixel de mar e a herba de namorar, e nas fendas protexidas e húmidas atopamos o fento mariño. Nos areais xorden a eiruga mariña, a correola das praias e o cardo mariño, ao que se suma nas pequenas dunas o feo da praia. Nas penedías, os liques son os protagonistas.
[Texto da “Guía de Cabo Udra“, elaborada polo Concello de Bueu]














E xa tan preto do mar, as pedras en contacto coa auga volven sorprender polas formas caprichosas que son esculpidas pola forza das ondas…










Os paneis informativos instalados en distintos puntos da ruta tamén falan da avifauna que predomina neste espazo. Así, nas praias e preto dos núcleos de poboación é doado atopar exemplares de gaivota patiamarela (Larus michahellis), que prefiren a zona dos cantís para instalar os seus niños. O corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) sitúase nas rochas e a súa maior colonia de cría de España está en Ons.
Parece ser que en Ons tamén se atoparía unha das escasas colonias de arao común (Uria aalge), unha especie moi ameazada no resto do territorio estatal. A súa recuperación presenta moitas dificultades porque as postas teñen un só ovo. Ademais, as mareas negras provocaron a desaparición destas aves en varios puntos da costa galega.
A pardela cincenta (Calonectris diomedea) e a pardela balear (Puffinus mauretanicus) percorren estas costas na época do verán. No outono e no inverno vense o mascato (Morus bassanus), o corvo mariño real (Phalacrocorax carbo), a píldora raiada (Arenaria interpres) a gabita común (Haematopus ostralegus) ou o pilro tridáctilo (Calidris alba)… Un paraíso para afeccionados á ornitoloxía!
O lagarto arnau é a especie animal máis representativa de Udra. Porén, son as aves as que espertan meirande interese: máis de 100.000 voan fronte a esta costa durante os pasos migratorios. Parrulos pentumeiros, araos, mascatos, carráns e palleiras déixanse ver cando viaxan cara as colonias de cría no norte e cando retornan aos lugares de invernada. Por aquí pasa mesmo a pardela balear, en perigo de extinción. A gaivota patiamarela e o corvo mariño cristado achéganse dende as veciñas Illas Atlánticas. O rabirrubio é a especie máis común nas penedías, mentres que o chaschás e a papuxa se agochan na matogueira. A avenoiteira cincenta fai o niño directamente no chan. O meirande depredador é o miñato, canda o falcón peregrino que aniña nos cantís. A Rede Natura 2000 protexe tamén o mar que rodea o cabo, onde nadan o arroaz e a toniña, especies ameazadas. Os seus saltos en media lúa son todo un espectáculo no serán.
[Texto da “Guía de Cabo Udra“, elaborada polo Concello de Bueu]



Emprendemos o camiño de volta… Ao lonxe, Tambo parece deixar de ser unha illa para integrarse -polo menos- visualmente no continente.


Xa facía tempo (máis dun ano) que tiñamos en mente visitar o ‘balcón da ría’ de Monte Pituco pero’ entre unhas cousas’ e outras Carmen-Carmiña-Carmela e mais eu non conseguiamos acercarnos.
Por fin, case de casualidade, achegámonos o vernes 21 de abril e marchamos encantados. Non só polas fermosas vistas sobre a ría de Pontevedra, senón pola panorámica do entorno, de 360°, que conxunta mar e monte, rural e urbano.
Xa no ascenso puidemos ver plantas como Potentilla erecta (solda brava), senón que no ‘balcón’, ademáis da vista, fomos recibidos por dúas especies de lepidópteros: macaón (Papilio machaon) e chupaleites (Iphiclides podalirius).
Puidemos observar a sempre curiosa planta parásita barba do raposo (Cuscuta epythymun), herba piolleira (Pedicularis sylvatica), e tivemos a sorte de atopar unha ooteca de Mantis. E así poderiamos seguir nunha longa lista da gran diversidade do entorno do Monte Pituco.
Achegámonos aos gravados rupestres, compartidos cos de Pepito Meijón, onde un escarabello se paseaba por enriba deles.
Só podemos dicir que voltaremos a este fermoso sitio onde a tranquilidade, a historia, a natureza e as fermosas vistas, se conxugan para deter o tempo e dánnos ganas de quedar aló para sempre.[Texto e fotos: Damián Pereira Pazos]

Petroglifos do Pornedo

Solda brava

Herba piolleira

Chupaleites

Macaón

Escarabello

Ooteca de mantis

Panorámica dende o miradoiro do Pornedo
Dende a Asociación Monte Pituco, moitas grazas a Damián e a Carmela por visitar o ‘balcón da ría’. Abofé, non será nin a primeira nin a última visita. Agardamos acompañalos nunha próxima andaina para aprender dos seus coñecementos sobre bioloxía, para seguir ampliando a nosa bagaxe sobre a rica variedade de fauna e flora do monte. Ata pronto, amig@s!
Publicado en Colaboracións, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Fauna, Flora, Patrimonio rupestre


“En la cuna del mar“, versos de Antonio García Teijeiro e ilustracións de Xosé Cobas. Creotz Ediciones.

“La historia de Galicia en 50 lugares“, de Rafael Quintía. Ediciones Cidonia.

“Dez anos na porta“, varios autores. Colectivo poético A Porta do Sétimo Andar.

“Xoquetes naturais: argalladas dos pícaros. Outono-inverno“, de Xosé Luis López González e José M. García Fernández. Editorial Ouvirmos.

“Xoquetes naturais: argalladas dos pícaros. Primavera-verán”, de Xosé Luis López González e José M. García Fernández. Editorial Ouvirmos.

“Petróglifos de Galicia”, de Antonio de la Peña, con fotografías de Xulio Gil. A Nosa Terra.

“La vida secreta de los árboles“, de Peter Wohlleben. Ediciones Obelisco.

“O discurso do bosque“, de Fernando Sancho.

“Dibujar un árbol“, de Bruno Munari. Edita ANTI (Vía Verkami).
Entramos no Pazo de Lourizán, subimos a señorial escalinata dun edificio histórico que pasou do esplendor político, social e cultural no século XIX a unha situación actual de declive galopante; un deterioro progresivo que, aínda non raiando a ruína, achégase perigosamente a un punto de non retorno pola desidia das Administracións responsables de velar polo seu mantemento e conservación: a Deputación de Pontevedra como propietaria do recinto e a Xunta como actual arrendataria do uso das instalacións.
Por riba, vimos de coñecer que o Goberno Galego está negociando con Ence para que a empresa pasteira asuma o custe total ou principal da rehabilitación do edificio. Dende que o Goberno Central en funcións lle concedera unha prórroga da concesión dos terreos por outros 60 anos, xa son dúas as actuacións anunciadas pola Xunta que serían sufragadas con recursos económicos da factoría: a ampliación da depuradora de Lourizán e a rehabilitación deste pazo que foi residencia do ministro Eugenio Montero Ríos.
…O patrimonio público NON se ‘vende’. Igual que a Xunta presume de construír autovías, tamén debería ocuparse de protexer os elementos que conforman a nosa Historia e nosa Cultura. Así, con maiúsculas.






…Entramos na vivenda, un privilexio ao que pouca xente ten acceso. Percorremos o que fora despacho de Montero Ríos, vemos a cadeira de madeira e coiro gravada coas iniciais do seu nome, os mobles que gardan lembranzas da función forestal do recinto: antigos herbarios e insectarios, a capela coa imaxe de San Francisco -patrón dos traballadores do monte-, a galería na que se reunía a alta sociedade da época. A humidade imprégnao todo, a escuridade, a decadencia…











…E que dicir dos xardíns e das 52 hectáreas que abrangue toda a finca, empezando pola impoñente mesa de pedra na que Montero Ríos organizaba xuntanzas de alto nivel, e sobre as que circulan tantas ‘lendas’.









…E o futuro? A solución ao deterioro do Pazo de Lourizán está cruzando esta estrada, na conta corrente de Ence? Non sería responsabilidade dos galegos e das galegas, a través das Administracións que nos gobernan e que xestionan os recursos de tod@s, botar man do patrimonio en vez de deixalo á mercé dunha empresa privada que se rexe polo beneficio económico? Se Ence asume a rehabilitación deste edificio histórico, que dereitos vai ter nos usos posteriores?

Representantes de la Administración autonómica, la alcaldesa de Marín y delegados de las comunidades de montes mantuvieron una reunión para buscar vías de colaboración
“…Se acordó que las comunidades de montes enviarán proyectos de interés al gobierno autonómico, que serán estudiados para, posteriormente, planificar actuaciones concretas de acondicionamiento de este espacio”.
“…Insistió en que ‘as dificultades para acadar un acordo satisfactorio e rendible coa comunidade de montes propietaria dos terreos que ocupa o equipamento de Cotorredondo’ fueron el detonante para que se decidiera acometer el traslado a un nuevo centro”.
En el paraje natural nada es como fue: el parque de madera está destrozado y hay maleza, además de mobiliario roto
“Caminando por ambos lados del lago, uno también va llevándose disgustos con la cartelería. Hay un buen número de señales totalmente inútiles, ya que se borraron y lo único que hacen es entorpecer en la naturaleza. Cierto es que también quedan letreros en buen estado. En algunos, hay cumplida información sobre la flora y la fauna. Pero son una pura ironía. De hecho, casi era mejor que no estuviesen. Porque hacen que uno se olvide del verde que pisa y se ponga rojo de rabia. Los letreros hablan de flora autóctona, de especies propias… Lo que encuentra el caminante es maleza y plantas invasoras. Y eso que se invirtió de lo lindo en un parque biológico”.
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Comunidade de Montes de San Xulián, Concello de Marín, Prensa, Xunta
A Comunidade de Montes de Salcedo xa convocou unha xuntanza para tratar este desafortunado incidente. Será este xoves ás 21:30 horas na Centro Social da parroquia.

Los comuneros denunciaron en la Policía unos daños que se centran en la vieja aldea afgana
![]()

Os comuneiros elaborarán unha proposta para esixir zonas acoutadas para o pastoreo e o control dos animais con microchip



Publicado en Denuncias, Hemeroteca, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Concello de Pontevedra, Monte veciñal, Prensa
A Asociación Almuinha volveu organizar, este pasado fin de semana, un roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, tres anos despois do último percorrido que os promotores desta entidade cultural convocaran en marzo de 2013 polos montes de San Xulián, Salcedo e Lourizán.
A Asociación Monte Pituco sempre terá presente o rexeitamento de Almuinha ao proxecto de construcción dun polígono industrial neste enclave protexido dos Montes do Morrazo, plasmado ao longo dos últimos seis anos na adhesión a sucesivas alegacións contra esta pretendida agresión ao patrimonio ambiental, paisaxístico, histórico e cultural da nosa vila por parte do Goberno local de Marín e da Xunta.
Por iso cómpre seguir agradecendo iniciativas como a de Almuinha a prol da difusión do Espazo Sete Camiños, con andainas coma a deste domingo 17 de abril, enmarcadas nun programa de rutas de sendeirismo co lema “Coñecendo o noso entorno”.
O Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é a ansiada e merecida consecución dun arduo traballo colectivo elaborado dende 2010 por unha comisión técnica que conformaron integrantes de colectivos sociais de Pontevedra, Marín e Vilaboa, a partir dunha idea do arqueólogo Lukas Santiago, que contou co apoio de varias entidades dos tres concellos; idea que acabou materializándose no verán de 2015 cando as comunidades de montes de Salcedo, Lourizán e San Xulián investiron na posta en valor e na sinalización dos elementos dos que consta a ruta: petroglifos e mámoas, principalmente, ademais de puntos de interese etnográfico e paisaxístico, aderezados con lendas de tradición oral.

Vista de Penizas dende a pista forestal do Monte Pituco (Pornedo).

Na pista forestal do Pituco, a carón do panel informativo dos petroglifos de Sete Camiños, cuxa área de protección está afectada polo proxecto de construcción do polígono industrial contemplado no PXOM marinense e no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Industriais.


Ouca ou herba da prata (Ranunculus ololeucos), que medra a carón da Fonte das Pulgas, no monte veciñal de San Xulián.

Na mámoa de Sete Camiños.

Entrando no monte veciñal de Salcedo.

Nunca serán suficientes os eloxios ao traballo que está realizando a Comunidade de Montes de Salcedo, un referente na xestión de recursos orientados á recuperación do monte veciñal. Nesta ocasión, a ‘novidade’ son os traballos de desbroce, poda e limpeza realizados nunha área próxima a unha parcela que antano estaba completamente invadida pola acacia. Noraboa!


O Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños segue dando exemplo como lugar de convivencia harmónica entre distintas formas de entender e practicar o goce pola natureza e o patrimonio: con paseos a pé, en bicicleta ou a cabalo. Con tolerancia, respecto e sentido común, deporte e sendeirismo son compatibles cos usos tradicionais do monte.


Nos traballos de recuperación do monte de Salcedo están saíndo á luz antigos sinais de demarcación forestal.


Na Fonte da Prata.



O rego que dá lugar ao río Pintos, denominado tamén río do Batán, que está integrado na Ruta das Mouras.

Non todo foron boas novas. Durante a andaina puidemos comprobar de primeira man os destrozos causados por mans covardes e delictivas nunha plantación de castiñeiros realizada hai uns anos pola Comunidade de Montes de Salcedo.
A nova aparecía na prensa local do propio domingo: “Destrozan en Salcedo máis de 150 árbores plantadas para reforestar os antigos terreos da Brilat“.
Dende a Asociación Monte Pituco, a nosa máis firme condena e repulsa por esta inxustificable desfeita, que ogallá non quede impune, así como a solidariedade e o apoio aos comuneiros para que non decaian no encomiable labor de mellora do seu monte.



No monte de Lourizán, as dificultades para erradicar a praga do eucalipto.

As chuvias deste abril de ‘augas mil’ converteron os camiños en suxerentes espellos.

Na mámoa de Catadoiro, onde sobresae algún dos ortostatos da cámara funeraria prehistórica.


O maior regalo para a vista: despois dunhas tres horas de percorrido, a chegada ao Monte Pornedo sorprende os camiñantes cunha espectacular vista da ría, co arquipélago de Ons no horizonte.

Dende o alto observamos o grupo de camiñantes arredor do conxunto rupestre do Pornedo, que contén algúns dos gravados mellor conservados e máis representativos -combinacións circulares e armas- do Espazo Sete Camiños.
Estes petroglifos tamén teñen o seu perímetro de seguridade ameazado polo proxecto do polígono industrial. Unha mole de taludes, asfalto e formigón a carón deste xacemento é unha ameaza contra a que debería loitar e opoñerse calquera persoa intelixente, comprometida co desenvolvemento sostible e co aproveitamento dun recurso de indubidable valor turístico e cultural. Unha xoia que só a ignorancia e os intereses escuros non permitirían apreciar en toda a súa extensión.


Linaria, un endemismo que medra a carón do conxunto rupestre do Pornedo.

No miradoiro do Pornedo, o ‘balcón da ría’: un penedo que formou parte dunha antiga canteira, dende o que se divisa toda a ría, dende o saco ata a súa desembocadura, co conxunto histórico-artístico de Combarro na outra beira, e a illa de Tambo.




Fermoso exemplar de Papilio machaon, tamén coñecida como macaón, entre a matogueira do Monte Pituco, preto do miradoiro.






Recta final do percorrido, que remataba onde comezou: na arboreda do Monte Pituco.
Dende a Asociación Monte Pituco, moitas grazas a Almuinha pola organización e a tod@s os participantes -algo máis de medio cento de persoas- pola asistencia, co desexo de que repitan.

[Fotos: Asociación Monte Pituco]
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: 7Camiños, Colectivos sociais, Fauna, Flora, Medio ambiente, Monte veciñal
Comentarios recentes