Publicado por: MontePituco | 18/04/2016

RUTA POR SETE CAMIÑOS ORGANIZADA POR ALMUINHA

A Asociación Almuinha volveu organizar, este pasado fin de semana, un roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, tres anos despois do último percorrido que os promotores desta entidade cultural convocaran en marzo de 2013 polos montes de San Xulián, Salcedo e Lourizán. 

A Asociación Monte Pituco sempre terá presente o rexeitamento de Almuinha ao proxecto de construcción dun polígono industrial neste enclave protexido dos Montes do Morrazo, plasmado ao longo dos últimos seis anos na adhesión a sucesivas alegacións contra esta pretendida agresión ao patrimonio ambiental, paisaxístico, histórico e cultural da nosa vila por parte do Goberno local de Marín e da Xunta.

Por iso cómpre seguir agradecendo iniciativas como a de Almuinha a prol da difusión do Espazo Sete Camiños, con andainas coma a deste domingo 17 de abril, enmarcadas nun programa de rutas de sendeirismo co lema “Coñecendo o noso entorno”. 

O Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é a ansiada e merecida consecución dun arduo traballo colectivo elaborado dende 2010 por unha comisión técnica que conformaron integrantes de colectivos sociais de Pontevedra, Marín e Vilaboa, a partir dunha idea do arqueólogo Lukas Santiago, que contou co apoio de varias entidades dos tres concellos; idea que acabou materializándose no verán de 2015 cando as comunidades de montes de Salcedo, Lourizán e San Xulián investiron na posta en valor e na sinalización dos elementos dos que consta a ruta: petroglifos e mámoas, principalmente, ademais de puntos de interese etnográfico e paisaxístico, aderezados con lendas de tradición oral.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Vista de Penizas dende a pista forestal do Monte Pituco (Pornedo).

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Na pista forestal do Pituco, a carón do panel informativo dos petroglifos de Sete Camiños, cuxa área de protección está afectada polo proxecto de construcción do polígono industrial contemplado no PXOM marinense e no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Industriais.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ouca ou herba da prata (Ranunculus ololeucos), que medra a carón da Fonte das Pulgas, no monte veciñal de San Xulián. 

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Na mámoa de Sete Camiños.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Entrando no monte veciñal de Salcedo.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Nunca serán suficientes os eloxios ao traballo que está realizando a Comunidade de Montes de Salcedo, un referente na xestión de recursos orientados á recuperación do monte veciñal. Nesta ocasión, a ‘novidade’ son os traballos de desbroce, poda e limpeza realizados nunha área próxima a unha parcela que antano estaba completamente invadida pola acacia. Noraboa!

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

O Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños segue dando exemplo como lugar de convivencia harmónica entre distintas formas de entender e practicar o goce pola natureza e o patrimonio: con paseos a pé, en bicicleta ou a cabalo. Con tolerancia, respecto e sentido común, deporte e sendeirismo son compatibles cos usos tradicionais do monte.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Nos traballos de recuperación do monte de Salcedo están saíndo á luz antigos sinais de demarcación forestal.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Na Fonte da Prata.

O rego que dá lugar ao río Pintos, denominado tamén río do Batán, que está integrado na Ruta das Mouras.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Non todo foron boas novas. Durante a andaina puidemos comprobar de primeira man os destrozos causados por mans covardes e delictivas nunha plantación de castiñeiros realizada hai uns anos pola Comunidade de Montes de Salcedo.

A nova aparecía na prensa local do propio domingo: “Destrozan en Salcedo máis de 150 árbores plantadas para reforestar os antigos terreos da Brilat“.

Dende a Asociación Monte Pituco, a nosa máis firme condena e repulsa por esta inxustificable desfeita, que ogallá non quede impune, así como a solidariedade e o apoio aos comuneiros para que non decaian no encomiable labor de mellora do seu monte.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

No monte de Lourizán, as dificultades para erradicar a praga do eucalipto.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

As chuvias deste abril de ‘augas mil’ converteron os camiños en suxerentes espellos.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Na mámoa de Catadoiro, onde sobresae algún dos ortostatos da cámara funeraria prehistórica.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

O maior regalo para a vista: despois dunhas tres horas de percorrido, a chegada ao Monte Pornedo sorprende os camiñantes cunha espectacular vista da ría, co arquipélago de Ons no horizonte.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Dende o alto observamos o grupo de camiñantes arredor do conxunto rupestre do Pornedo, que contén algúns dos gravados mellor conservados e máis representativos -combinacións circulares e armas- do Espazo Sete Camiños.

Estes petroglifos tamén teñen o seu perímetro de seguridade ameazado polo proxecto do polígono industrial. Unha mole de taludes, asfalto e formigón a carón deste xacemento é unha ameaza contra a que debería loitar e opoñerse calquera persoa intelixente, comprometida co desenvolvemento sostible e co aproveitamento dun recurso de indubidable valor turístico e cultural. Unha xoia que só a ignorancia e os intereses escuros non permitirían apreciar en toda a súa extensión.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Linaria, un endemismo que medra a carón do conxunto rupestre do Pornedo.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

No miradoiro do Pornedo, o ‘balcón da ría’: un penedo que formou parte dunha antiga canteira, dende o que se divisa toda a ría, dende o saco ata a súa desembocadura, co conxunto histórico-artístico de Combarro na outra beira, e a illa de Tambo.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Fermoso exemplar de Papilio machaon, tamén coñecida como macaón, entre a matogueira do Monte Pituco, preto do miradoiro.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

Recta final do percorrido, que remataba onde comezou: na arboreda do Monte Pituco.

Dende a Asociación Monte Pituco, moitas grazas a Almuinha pola organización e a tod@s os participantes -algo máis de medio cento de persoas- pola asistencia, co desexo de que repitan.

Ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizada por Almuinha.

[Fotos: Asociación Monte Pituco]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: