Publicado por: MontePituco | 29/04/2016

AMIG@S DO BALCÓN DA RÍA (V)

“Tan cerca da casa, tan descoñecido”

Media ducia de palabras bastan para reflectir unha realidade: o Monte Pituco (Pornedo) está a un pasiño do centro de Marín e, sen embargo, moita xente vive de costas a el. Mírano aló no alto pero non toman a iniciativa de achegarse el para coñecer que lles ofrece: natureza, paisaxe, patrimonio, cultura, biodiversidade… Quen se decide acaba descubrindo todo isto e moito máis.

Pilar Pazos vén sumarse á prometedora e crecente lista de ‘amig@s do balcón da ría’. Algún resorte -a curiosidade, o afán aventureiro por ampliar horizontes no propio concello e as ganas de estrear os novos bastóns de sendeirismo- a activou para decidirse esta semana a vestir unha roupa cómoda, poñer un calzado axeitado e subir ata o Monte Pituco en boa compañía.

…Resultado? As súas caras de ledicia no miradoiro evidencian que foi unha experiencia moi grata. Agardamos que repitan a andaina e, sobre todo, que a recomenden. Agora, para eles, o Pituco deixa de ser ese ‘veciño descoñecido’ para formar parte do seu mapa de sensacións e coñecementos.

Ogallá moita máis xente se anime a seguir o seu exemplo. 

Moitas grazas!

Foto: Pilar Pazos

Foto: Pilar Pazos

Foto: Pilar Pazos

Foto: Pilar Pazos

Foto: Pilar Pazos

Foto: Pilar Pazos

[Xa no monte de Salcedo, continuando pola Ruta do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños: a Fonte da Prata]

Foto: Pilar Pazos

Foto: Pilar Pazos

Foto: Pilar Pazos

Foto: Pilar Pazos

[No miradoiro do Pornedo (Monte Pituco]

Foto: Pilar Pazos

[Fotos de Pilar Pazos]

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: