Este pasado fin de semana acompañamos os Jóvenes Pioneros, un grupo de rapaces e rapazas marinenses aos que lles gusta gozar da natureza e coñecer a súa contorna. Elixiron o Monte Pituco porque curiosamente, nos inicios desta organización xuvenil, hai xa uns 30 anos, ese foi o destino dunha das súas primeiras excursións… Tiveron que pasar tres décadas para que repitan a experiencia cunha nova fornada de raparigos. En todo este tempo, moito cambiou o Monte Pituco: no seu horizonte pesa a ameaza da destrucción por culpa da clasificación deste espazo como solo industrial no planeamento urbanístico marinense e a súa inclusión no Plan Sectorial de Áreas Empresarias de Galicia; pero pola contra, medraron as iniciativas a prol da súa conservación, como a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ao que pertence o Pituco pola súa abundancia de arte rupestre.
Así pois, guiamos os Jóvenes Pioneros ata as figuras zoomorfas de Sete Camiños e ata as figuras xeométricas e os trazos de armas do Pornedo, ademais de achegarnos ata o monte veciñal de Salcedo para visitar o xacemento de Regato dos Buratos e tamén a mámoa de Sete Camiños, preto do límite entre Lourizán e San Xulián, sen esquecer os gravados modernos de José Meijón.
Larva de vagalume, na laxe dos petroglifos de Sete Camiños
Tuberia guttata
Na Fonte da Prata, en Salcedo
Tritóns no tanque de auga a carón da Fonte da Prata
Comprobamos como evolucionan os castiñeiros atacados en Salcedo
No xacemento de Regato dos Buratos
Enfiando o último treito da andaina, cara ao miradoiro do Pornedo
Parada obrigada no conxunto rupestre do Pornedo
A paisaxe de Marín, dende o ‘balcón da ría’, co arquipélago de Ons no horizonte
Agasallo de Jóvenes Pioneros, o coitelo ‘pioneiro’!
Moitas grazas pola vosa visita, polo interese e pola simpatía! Con mozos e mozas curiosos, sensibles co medio ambiente e solidarios, non podemos ser menos que optimistas diante do futuro!
…Ata máis vernos no ‘balcón da ría’.
[…] con colectivos, como a Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo, o colectivo xuvenil Jóvenes Pioneros e a Plataforma en Defensa dos Montes do […]
By: PROPOSTAS DE MELLORA NO PITUCO PARA A COMUNIDADE DE MONTES (6/12) | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 02/09/2016
at 19:59