…Deixamos ás nosas costas o Monte do Facho e o núcleo de Donón para emprender a senda de Cabo Home. Tras percorrer un pedaciño de Cabo Udra, tocaba volver á Costa da Vela.
A paisaxe é máis escarpada. Onde en Udra hai enormes pedras redondeadas, en Cabo Home a forza do vento, das ondas e da chuvia afiou os penedos…
Gamón (Asphodelus)
“…Presentádeme un outro Deucalión
para invadir o mar tal Cabo Home
cunha nave de pedra, a illas remotas,
nas praias da serea, a fondas voces,
cantando e preguntando con madeira,
con rmármores, con rachas destes montes,
plasmando na materia desta codia
da Terra que non sabe cara a onde
camiña pola praia da gran barra
da galaxia, no espacio, no misterio
de Nerga, xermolante de horizontes…”
[Fragmento de “No misterio de Nerga-Cabo Home”, de Bernardino Graña]
Lagarto arnal (Timon lepidus)
Escaravello do sudario (Oxythyrea funesta)
Liño bravo (Linum bienne)
Romulea
Arctotheca calendula. Clasificada como planta invasiva.
Herba de namorar
Ao fondo, a praia de Melide
Praia da Robaleira
Faro de Punta Robaleira
Vista das Illas Cíes dende Cabo Home
Faro de Cabo Home, un dos máis altos de Galicia.
O punto terrestre máis próximo ás Illas Cíes.
“…Polo vento que trae o mar de Cangas a Cabo Home
aínda resoa a túa voz en claro poema, Bernardino,
e escoito nas tabernas todas da túa vila aos gatos mariñeiros
recitando os teus versos de salitre, amor e loita…”
[Fragmento do poema “Oda ao poeta de Cangas Bernardino Graña”, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón]
a segunda foto é gamón( Asphodelus) o escaravello Oxitera funesta, escaravello do sudario, a octava foto é Romulea, a décima foto é Artoctheca calendula(invasora)
By: Damián Pereira Pazos on 28/04/2016
at 13:52
Grazas, Damián! Apreciamos moito as túas achegas científicas!
By: MontePituco on 29/04/2016
at 06:46