Publicado por: MontePituco | 21/04/2016

NO PAZO DE LOURIZÁN

Entramos no Pazo de Lourizán, subimos a señorial escalinata dun edificio histórico que pasou do esplendor político, social e cultural no século XIX a unha situación actual de declive galopante; un deterioro progresivo que, aínda non raiando a ruína, achégase perigosamente a un punto de non retorno pola desidia das Administracións responsables de velar polo seu mantemento e conservación: a Deputación de Pontevedra como propietaria do recinto e a Xunta como actual arrendataria do uso das instalacións.

Por riba, vimos de coñecer que o Goberno Galego está negociando con Ence para que a empresa pasteira asuma o custe total ou principal da rehabilitación do edificio. Dende que o Goberno Central en funcións lle concedera unha prórroga da concesión dos terreos por outros 60 anos, xa son dúas as actuacións anunciadas pola Xunta que serían sufragadas con recursos económicos da factoría: a ampliación da depuradora de Lourizán e a rehabilitación deste pazo que foi residencia do ministro Eugenio Montero Ríos.

…O patrimonio público NON se ‘vende’. Igual que a Xunta presume de construír autovías, tamén debería ocuparse de protexer os elementos que conforman a nosa Historia e nosa Cultura. Así, con maiúsculas. 

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

…Entramos na vivenda, un privilexio ao que pouca xente ten acceso. Percorremos o que fora despacho de Montero Ríos, vemos a cadeira de madeira e coiro gravada coas iniciais do seu nome, os mobles que gardan lembranzas da función forestal do recinto: antigos herbarios e insectarios, a capela coa imaxe de San Francisco -patrón dos traballadores do monte-, a galería na que se reunía a alta sociedade da época. A humidade imprégnao todo, a escuridade, a decadencia…

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

…E que dicir dos xardíns e das 52 hectáreas que abrangue toda a finca, empezando pola impoñente mesa de pedra na que Montero Ríos organizaba xuntanzas de alto nivel, e sobre as que circulan tantas ‘lendas’.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán

Pazo de Lourizán

Pazo de Lourizán.

Pazo de Lourizán

…E o futuro? A solución ao deterioro do Pazo de Lourizán está cruzando esta estrada, na conta corrente de Ence? Non sería responsabilidade dos galegos e das galegas, a través das Administracións que nos gobernan e que xestionan os recursos de tod@s, botar man do patrimonio en vez de deixalo á mercé dunha empresa privada que se rexe polo beneficio económico? Se Ence asume a rehabilitación deste edificio histórico, que dereitos vai ter nos usos posteriores?

Pazo de Lourizan

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: