Publicado por: MontePituco | 11/05/2016

OÍDIO DOS CARBALLOS

Oídio dos carballos

Nestas primeiras semanas da primavera nas que tan pendentes estamos do rebrote das árbores e das plantas, chamounos moito a atención un fenómeno que se viña repetindo dende hai certo tempo por estas datas: o aspecto brancuzco das follas noviñas e tenras dos carballos, algunhas murchadas, engurradas e mesmo ennegrecidas polas xeadas.

Trátase dun fungo que as ataca, o Microsphaera alphitoides ou Erysiphe alphitoides; unha patoloxía moi común nos carballos galegos que se atribúe á alternancia de tempo chuvioso e tempo seco.

Buscando información sobre esta doenza, damos co Proxecto de Ordenación do Monte Veciñal de Valadares, en Vigo, elaborado por enxeñeiros forestais da consultoría Montes e Medio Ambiente. En 2005, Patricia Pereira e Beatriz Fernández explicaban nese documento que as condicións de humidade elevada e temperaturas suaves favorecen a proliferación do fungo, que se instala tanto na cara como no envés das follas, cubríndoas de micelio branquecino, o que provoca a súa decoloración e dálles o aspecto de ter un recubrimento pulvurelento.

Ao parecer, a presenza do fungo afecta principalmente ao crecemento da árbore e mesmo estaría comprobado que diminúe o desenvolvemento dos aneis anuais. O posible tratamento consiste na aplicación de xofre e compostos sintéticos pero, polo seu elevado custe, en contadas ocasións se aplica, tendo en conta tamén que a enfermidade non compromete a supervivencia do carballo, agás no caso das plantas moi novas que padezan ataques moi intensos.

Entre as xenerosas achegas que captamos a través das redes sociais, unha resultou abondo gráfica como resume da repercusión desta doenza: “Será un ano de poucas landras”, avanzounos o educador ambiental Gustavo Cochón, da cooperativa viguesa Teixugo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: