Publicado por: MontePituco | 04/10/2012

ANDAINA ENTRE CASTROS E PETROGLIFOS POR SILLEDA

Tivemos noticia hai uns días de que nunha parroquia do Concello de Silleda, San Miguel de Oleiros, ía poñerse en marcha un proxecto moi semellante ao que Defende o Monte Pituco e un feixe de colectivos máis do ámbito do Morrazo e Pontevedra, vimos arelando dende hai tempo. É unha sorte de Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, “á silledense”. Neste caso, reúne un conxunto de petroglifos, mámoas e castros que se queren poñer en valor para darlle un impulso a esta zona dende o punto de vista turístico, social e cultural. Este sábado día 6, a partir das 10:30 horas, organízase unha andaina pola zona, guiada polo arqueólogo Israel Picón que, xunto co xeógrafo Afonso Leal, está entre os promotores desta encomiable iniciativa.

Mais non é ouro todo o que reloce. A valía dos elementos arqueolóxicos (o Castro Montaz e Castro das Orelas, máis unha ducia de petroglifos e dúas mámoas) está máis que xustificada pero, unha vez máis, é o compoñente humano o que falla. Malia que o proxecto ten o apoio do Concello de Silleda a través do seu departamento de Cultura e Turismo, e que foi presentado á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para que apoie a súa materialización, de quen depende que este roteiro exista, se sinalice e se dote das ferramentas de promoción necesarias, é dos propietarios das 400 fincas inscritas no radio de acción do espazo arqueolóxico. Só unha pequena parte aceptan ceder o uso -nada que ver coa propiedade, da que sempre serían titulares- dos terreos. A maioría teñen unha concepción moi “utilitarista” da terra: hai moito tempo que non a cultivan nin lle sacan máis proveito que a caza de xeito esporádico, descoñecen a riqueza patrimonial dun lugar tan privilexiado, mais, coma o can do hortelán, que nin come nin deixa comer, non ven con bos ollos que se leve a cabo un plan de acondicionamento do espazo para que reciba visitas.

Ogallá esta andaina teña tanto éxito de público que lle abra os ollos a quen non ten a altura de miras suficiente para apreciar os efectos beneficiosos deste proxecto: porque a afluencia de xente contribuirá a un maior control da zona que evite a proliferación de incendios forestais, porque dinamizaría a economía da parroquia coa chegada de potenciais consumidores, porque co tempo estableceríanse lazos identitarios entre a terra e a veciñanza que a habita, orgullosa de dispór tan preto dunha herdanza histórica e cultural tan valiosa, e implicada por tanto na súa conservación.

Todo isto poderíase aplicar ao ámbito xeográfico do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, con algunhas diferenzas:

-non engloba unha única parroquia, senón un terreo que abrangue tres concellos: Marín, Pontevedra e Vilaboa, o que redunda en maiores posibilidades de obter financiamento ao tratarse dun proxecto supramunicipal e mesmo supracomarcal.

-non só contempla elementos arqueolóxicos, senón tamén enclaves de interese paisaxístico con espectaculares panorámicas sobre a ría, no ámbito dun espazo protexido como son os Montes do Morrazo.

-malia todo, a relativa falta de interese por parte dos propietarios de terreos en San Miguel de Oleiros en que se leve a cabo esta iniciativa, é un “mal menor” que non ten punto de comparación coa grave problemática que lle afecta ao Espazo Sete Camiños: dunha parte, a intención do Concello de Marín de instalar un polígono industrial no ámbito nesta zona, e doutra, a actitude inxustificable da Comunidade de Montes de San Xulián, que en vez de defender o seu monte, está a favor da urbanización do terreo para obter a cambio unha compensación económica.

-e todo isto, a pesar de que no ámbito de incidencia do polígono existen gravados rupestres perfectamente catalogados e protexidos a nivel legal como Bens de Interese Cultural; e máis aínda, que a orografía natural da zona caracterízase polo seu forte desnivel que obrigaría a construir taludes e a modificar a fisonomía do terreo de tal maneira que se provocaría un impacto paisaxístico brutal, amén da afectación doutros bens, como os mananciais subterráneos de auga que fornecen os habitantes da zona.

Grazas á iniciativa de Afonso Leal e Israel Picón, e á boa predisposición da Asociación de Veciños de San Miguel de Oleiros, esta parroquia vai figurar no mapa por unha boa causa. Pola contra, San Xulián de Marín vaise converter nunha mancha escura, en vez de brillar con luz propia se apostara por converter o monte no seu mellor activo a nivel forestal, pisaxístico e cultural: como continuación dos visitantes que inician o percorrido nos petroglifos de Mogor, que seguen no castro da Subidá e rematan no Monte Pituco e nos Sete Camiños; ou mesmo como alternativa ao turismo de sol e praia.

…Como di o refrán, Deus dálle pan a quen non ten dentes.

Publicado por: MontePituco | 03/10/2012

800 ARTIGOS

800 razóns a prol da CONSERVACIÓN do PORNEDO.

Grazas por LER, por SEGUIR, por APOIAR.

…quedan, polos menos, outros 800 artigos máis…

 

Publicado por: MontePituco | 02/10/2012

ASFALTADO DA ESTRADA DE SAN XULIÁN, 2ª FASE

As obras da estrada de San Xulián están xa na recta final: as máquinas remataron hoxe de asfaltar o treito pendente, entre o cruce co Igrexario e a Casa de Montes, na subida cara á Lagoa de Castiñeiras. Coas beirarrúas recén contruídas, coa maioría dos muros repostos, a instalación de alumeado público e de barandillas, o único que falta é a sinalización horizontal e vertical deste vial, que experimentou unha considerable mellora co investimento realizado pola Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Marín e da veciñanza da parroquia na cesión de terreos.

Sen dúbida, son as beirarrúas que merece San Xulián, as que demandou durante tantos anos a Asociación de Veciños con Xan Montenegro como buque insignia. Haberá que agardar un pouco máis para comprobar se se concreta a proposta de poñerlle o seu nome a esta estrada convertida nunha avenida de categoría.

A partir de agora cómpre que os usuarios respecten e coiden estas infraestruturas, que están a piques de pasar ao patrimonio do Concello, e por tanto, como bens públicos, serán de toda a cidadanía. Que non se estraguen as farolas, que non se lixen con pintadas os valados, que se manteñan limpas as beirarrúas (para o que sería oportuno a instalación de papeleiras), que os vehículos non estacionen paralelamente nas dúas beiras da estrada e se limiten á parte pintada con esa finalidade…

Con máis ou menos aroma electoral, o importante é pechar esta longa etapa para que a parroquia poida avanzar na mellora doutros espazos.

Publicado por: MontePituco | 01/10/2012

ASFALTADO DA ESTRADA DE SAN XULIÁN, 1ª FASE

As obras de reforma da estrada de San Xulián, que a finais de xullo quedaran paradas, volveron poñerse en marcha. Este pasado venres anunciárase con varios avisos instalados nalgúns postes e portais, que hoxe luns e mañá martes quedaba prohibido aparcar vehículos. Efectivamente, as máquinas -que en días anteriores xa estiveran fresando algúns treitos de asfalto- retornaron a San Xulián para asfaltar o vial, trala construcción das beirarrúas. Nunha primeira fase, a nova capa de rodadura vai dende o cruce coa barriada de San Pedro ata o cruce co Igrexario. A segunda parte chegará ata a Casa de Montes de San Xulián.

Publicado por: MontePituco | 28/09/2012

FRESADO E ASFALTADO DA ESTRADA

Publicado por: MontePituco | 27/09/2012

SILLEDA VS. MARÍN

 

Parece mentira que, despois de tanto tempo traballando nun proxecto, primeiro de forma individual e logo colectivamente, resulte que esa iniciativa que tanto custa implantar nun lugar, por máis útil e positiva que sexa, se acabe facendo realidade ben lonxe, en termos moi similares. Ao proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que conta co apoio dunha vintena de colectivos -entre comunidades de montes, asociacións de veciños, entidades culturais e ecoloxistas-, acáballe de saír unha réplica en Silleda. Pero neste caso bastou co acordo entre a asociación de veciños da parroquia de San Miguel de Oleiros e o concello de Silleda, a instancias dos dous promotores, o xeógrafo Afonso Leal e o arqueólogo Israel Picón.

O Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños ten numerosos respaldos: Comunidade de Montes de Lourizán – Comunidade de Montes de Salcedo – Comunidade de Montes de Vilaboa –Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común – Asociación de Veciños Estriceres (Lourizán) – Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta (Salcedo) – Asociación de Veciños de San Xulián (Marín) – Asociación de Veciños de Postemirón/A Graña (Vilaboa) – Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres – Plataforma Defende o Monte Pituco/Pornedo – Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra – Asociación Vaipolorío – Asociación Cultural Almuinha – Asociación Cultural A Pedra Floxam – Asociación Cultural Ronsel – Asociación Cultural Os Chichisos – Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca – Associaçom Cultural Amig@s da Cultura – Clube de Montañeiros de Pontevedra.

…E a pesar de toda esta forza social, hai dúas notas disonantes que, coa súa negativa, impiden que o Espazo Sete Camiños avance no seu deseño de cara á súa implantación futura: o Concello de Marín e a Comunidade de Montes de San Xulián, que apostan por converter parte da zona incluida no proxecto nun polígono industrial que resulta absolutamente incompatible coa conservación e posta en valor dos elementos naturais e arqueolóxicos catalogados neste contorno.

Cando “naceu” o Espazo contaba con cinco mámoas (Chan de Lagoa 1 e 2, Catadoiro e dúas máis pendentes de catalogación), seis conxuntos de petroglifos (Pornedo, Sete Camiños, Piñeiral de Caeiro, Regato dos Buracos, Cachada do Vello, Pumariño), un abrigo rochoso no Monte Catadoiro posiblemente datado no Paleolítico e dúas formacións xeolóxicas (os miradoiros naturais de Pornedo e Catadoiro). A estes elementos cómpre engadir os gravados realizados por Pepito Meijón, os complexos rupestres da Carrasca e Champás que se unirían á Lagoa de Castiñeiras mediante un ramal, e a mámoa de Cavada do Pito que se conectaría tamén con Castiñeiras mediante un segundo enlace. Nos últimos meses, o traballo de campo realizado pola comisión técnica do Espazo permitiu que o catálogo de elementos arqueolóxicos se enriquecera con novas incorporacións.

Por riba, o proxecto conta co aval de sete arqueólogos: Álvaro Arizaga, Xurxo Ayán, Noemí Calvo, Manuel Antonio Franco, Leonardo González, Diego Piay e Otilia Prado, aos que se suma o creador do proxecto, Lukas Santiago.

Con esta carta de presentación, a viabilidade do Espazo Sete Camiños está máis que asegurada: redunda na revalorización do patrimonio, reforza os lazos identitarios dese patrimonio e do territorio no que se inscriben coa veciñanza, e amplía a oferta turística do Concello no eido do turismo cultural e de natureza, ademais de ligarse co aproveitamento sustentable dos recursos forestais e naturais.

Lamentablemente, a Comunidade de Montes defende -e inocula perniciosamente na poboación- un posicionamento situado completamente nas ‘antípodas’: a especulación cun terreo comunal indivisible, inalienable e imprescriptible; a destrucción dunha considerable masa forestal que supón unha fonte de ingresos inesgotable para a parroquia e que, por riba, podería xerar máis riqueza se fora xestionada cun plan de explotación racional; repercusións extremadamente negativas para os núcleos habitados máis próximos á zona afectada polo polígono, onde sería necesario construir enormes taludes debido ao forte desnivel do terreo; alteración do curso natural das augas pluviais que provocarían inundacións, e perda irreversible dos mananciais naturais que abastecen a veciñanza debido ao movemento de terras.

…A súa postura é totalmente inxustificable, igual que a do Concello. Se no concello de Silleda é unha alcaldesa socialista a que fai posible que se poña en valor o patrimonio da parroquia de San Miguel de Oleiros, en Marín foi un alcalde socialista, Francisco Veiga -e os seus socios do grupo municipal nacionalista- o que tratou con absoluto desprezo os defensores do Monte Pornedo e do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Agora son os populares os que rematan de consumar ese desprezo, coa aprobación dun PXOM que tira pola borda a posibilidade de localizar chan industrial nunha ubicación onde o impacto sexa menos agresivo.

Por riba, nunha época de dificultades económicas, onde deberían primar os proxectos que involucran a varias Administracións e que benefician a un número de poboación maior, o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños xunta unha área xeográfica que abarca non só o concello de Marín, senón tamén o de Pontevedra e Vilaboa.

A iniciativa que se vai materializar en San Miguel de Oleiros demostra que o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é un proxecto perfectamente asumible dende o punto de vista financeiro e beneficioso para a comunidade. Só a estreitez de miras, a ambición irracional e a terquedade nas ideas obsoletas poden explicar o inexplicable. 

FARODEVIGO

Vecinos de Oleiros y el Concello impulsan la promoción de los restos arqueológicos de la zona

LAURA MARTÍNEZ – SILLEDA. La asociación de vecinos de San Miguel de Oleiros y el Concello de Silleda aúnan esfuerzos en un proyecto común para la promoción de los restos arqueológicos ubicados en esta parroquia silledense en la que se contabilizan dos construcciones castreñas, el Castro de Montaz y el de As Orelas, así como una docena de petroglifos y dos mámoas. La elevada concentración de elementos patrimoniales en un espacio tan reducido, lo convierte en un área única en Galicia. Asimismo, la zona cuenta con un gran atractivo paisajístico y medioambiental. El proyecto de puesta en valor incluye, además de un proyecto de control arqueológico, la señalización respetuosa con el medio, limpieza de la zona y la colocación de paneles explicativos y divulgativos.

La propuesta, en la que participaron dos silledenses, el geógrafo Afonso Leal y el arqueólogo Israel Picón, pretende optar a las ayudas de la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Para la obtención de esta financiación precisa la cesión de uso de los propietarios de los terrenos. Este traspaso de uso serviría para poder limpiar los terrenos y sería por un período de cinco años. Tal y como aclaró el concejal de Turismo, Matías Rodríguez da Torre, involucrado en el proyecto y que mantuvo una reunión con los vecinos de Oleiros el martes “las fincas seguirían siempre en manos de los propietarios, solo se cedería su uso”. Por eso, desde el Concello piden colaboración a los dueños de las parcelas, que podrán entregar la autorización durante esta semana en la Casa da Cultura, a través de la asociación de vecinos de Oleiros o en el restaurante O Carballo de dicha parroquia.

El proyecto incluye, además de los castros de Montaz y de As Orelas, las mámoas de Laxe y Chao de Petos, con más de 4.000 años de antigüedad, y una docena de petroglifos, ubicados la mayor parte de ellos en esta parroquia. La actuación abarca también los petroglifos de Pena das Cazolas, situado en Laro y el de Pena Longa, en Cortegada.

Asimismo, el colectivo por la recuperación de los Castros de Toiriz y la asociación cultural Copa do Castro, que participaron en el encuentro para aportar su experiencia, matizaron que se trata de una gran oportunidad tanto por la sencillez del proyecto (que incluye la limpieza y señalización), como por la posibilidad de generar otro atractivo dentro de la oferta turística del municipio.

Una ruta por este patrimonio

Para descubrir a vecinos y demás interesados la riqueza arqueológica de la zona los promotores del proyecto organizan el sábado 6 de octubre una ruta guiada por estos elementos patrimoniales. Además, el arqueólogo silledense Israel Picón se encargará de ofrecer una explicación detallada de estos restos. El recorrido, de unos cinco quilómetros, partirá a las 10.30 horas del restaurante O Carballo de Oleiros, donde también habrá una comida al finalizar la ruta. Los interesados pueden anotarse en la Casa da Cultura de Silleda o a través de la asociación de vecinos de San Miguel de Oleiros.

Un proyecto pone en valor castros, mámoas y petroglifos de Oleiros

P.V. /Lalín. Con el objetivo de poner en valor un área arqueológica de primer orden, que comprende Castro Montaz y Castro das Orelas, una docena de petroglifos y dos mámoas, la asociación de vecinos de San Miguel de Oleiros y el departamento de Cultura de Turismo del Concello de Silleda acaban de definir un proyecto global para este patrimonio.

La elevada concentración de elementos arqueológicos en un espacio tan reducido y que suma también gran valor paisajístico y medioambiental, convierte la zona en un área única en Galicia, según destacan los promotores, que apunta un valor más que se va a desprender del proyecto, la contribución a erradicar incendios forestales de una zona tradicionalmente afectada que deterioran el medio y amenazan el propio patrimonio.

El presidente de la asociación de vecinos, Diego Iglesias, espera que el proyecto «sexa un revulsivo para que a zona conte con turismo cultural» que preserve el medio y difunda la riqueza de este área entre los vecinos de Oleiros, Silleda y Galicia. Iglesias aguarda convertir «a gran valía patrimonial nun orgullo para os veciños e para todos os silledenses».

La propuesta de actuación además del control arqueológico incluye una señalización respetuosa con el medio y limpieza y paneles divulgativos.

Cesión de terreno

El proyecto va a optar a ayudas de la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, lo que requiere disponer de autorización de los propietarios de los terrenos. Los promotores solicitan cesión de uso para poder limpiar, por un período de cinco años. «As fincas seguirán sempre nas máns dos propietarios, só se cede o uso», precisa el edil Matías Rodríguez da Torre quien mantuvo un encuentro con los propietarios el pasado martes. Los promotores ya empiezan a disponer se esas autorizaciones y los que faltan pueden entregarlas en el restaurante O Carballo, en la asociación de vecinos o en el Concello. El Colectivo pola Recuperación dos Castros de Toiriz y la asociación cultural Copa do Castro, que tuvieron acciones similares, participaron en la reunión.

Publicado por: MontePituco | 26/09/2012

‘MONTES DO MORRAZO’ REXEITA O PXOM

Comunicado da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.

A PLATAFORMA EN DEFENSA DOS MONTES DO MORRAZO REXEITA O PXOM DE MARÍN

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo rexeita o PXOM de Marín recentemente aprobado por especulativo, insustentable e irreal. Ademais, califica de electoralista e interesada a campaña iniciada polo goberno municipal do PP -en colaboración co goberno amigo da Xunta- de charlas informativas sobor deste asunto a escasas datas das vindeiras eleccións autonómicas, onde PSOE, BNG e Mar-In, copartícipes na elaboración do Plan, non deixan de ser unhas meras comparsas, intentando sumarse ao pastel.

Poñen de exemplo a súa tramitación cando non houbo a real e necesaria participación social, xa que a súa elaboración foi impulsada verticalmente dende o poder político e empresarial, deixando só espazo para presentar alegacións ás aprobacións iniciais, onde os colectivos que alegaron ou foron críticos co modelo de planificación foron desatentidos na súa maioría (por suposto, tampouco foron convidados á presentación mediática do novo PXOM).

O PXOM segue o modelo da “burbulla urbanística” estatal e autonómica que desembocou na actual crise financeira e económica. Dise que a súa implantación é para os vindeiros 30 anos, pero a súa filosofía é máis ben de 30 anos atrás, baseada no desenvolvementismo puro e duro do ladrillo e o formigón, que xa se ten demostrado e dabondo que é un absoluto fracaso.

As 9.564 novas vivendas e os 50.000 habitantes previstos (un crecemento 100% da poboación actual) para eses vindeiros 30 anos son inviables, xa que están baseados claramente na especulación do sector da construcción e inmobiliario, e o crecemento poboacional non se corresponde co crecemento vexetativo do municipio que, por exemplo, entre 1981 e o 2005 só aumentou en 2.295 habitantes, ou sexa, en 15 anos apenas creceu un 8%.

No fondo só busca vender Marín (5.369 vivendas en solo urbán entre os núcleos de Marín e Seixo) a prezo de saldo como área de espallamento metropolitano e dormitorio de Pontevedra máis da segunda vivenda. As 2.768 vivendas previstas en solo rural, á parte do impacto que producirían no territorio e na paisaxe, suporían polo contrario unha elitización económica e residencial que non se correspondería coa maioría da poboación autóctona, xa que se esixe un mínimo de 1000 m2 para urbanizar. As 1.430 novas vivendas en solo urbanizable suporían a recalificación do solo rústico de especial protección. No litoral dá cabida a que se contemple a modificación da protección da Lei de Costas.

As áreas industriais previstas no Monte Pornedo, e de reserva supramunicipal na Pastoriza, están sobredimensionadas e situadas no espazo natural dos Montes do Morrazo, protexido polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento provinciais de Pontevedra, en zonas cun alto valor paisaxístico, natural, arqueolóxico e forestal e unha orografía con grandes desniveis na cabeceira de vales fluviais que desaconsellan urbanizar, polo grande e irreversible impacto que se produciría.

A isto habería que engadirlle os servizos de abastecemento e saneamento de augas, máis de electricidade, necesarios para tal crecemento, do que Marín xa é totalmente dependente e deficitario na actualidade, xa que a maioría do subministro de augas vén da cabeceira do río Lérez, a depuradora de augas residuais está en Placeres, e o subministro da electricidade provén de Lourizán, fóra do municipio.

A superficie proposta para espazos libres e zonas verdes, sobre uns 425.771 m2, non compensa o impacto ambiental producido polo total da nova edificabilidade prevista. A presión que se faría a máis da que se está provocando na actualidade sobre o territorio e sobre a ría, á beira da que está asentada a vila e o seu porto, sería totalmente inasumible.

Demandamos outro modelo de planificación urbanística baseada no decrecemento, na realidade xeográfica, urbanística e demográfica de Marín (comarca natural da península do Morrazo) e na consecución de servizos municipais que reduzan a súa dependencia de Pontevedra.

Publicado por: MontePituco | 25/09/2012

CUESTIÓN DE DESNIVEL

Publicado por: MontePituco | 24/09/2012

LEGALIDADE vs. OPORTUNIDADE, POR ENCARNACIÓN RIVAS

A directora xeral de Urbanismo, que a semana pasada estivo en Marín para presentar o PXOM nun discreto olor de multitudes, descoñece tamén a realidade que rodea o Monte Pituco -a súa complexidade orográfica, o seu abundante patrimonio histórico, mesmo a presenza de especies animais e vexetais vulnerables-. E dicimos “tamén” porque nin sequera o propio conselleiro de Medio Ambiente sabe precisar a súa catalogación urbanística, e garantiza por escrito a conservación dos seus “valores” -dixo literalmente- pasando por alto que eses “valores” están condenados a padecer, en todo ou en parte, unha agresión brutal, irreversible e ilóxica dende o punto de vista económico e medioambiental.

Tanto Encarnación Rivas como Agustín Hernández, que nos últimos meses se reuniron coa alcaldesa de Marín en numerosas ocasións para escenificar o seu apoio á aprobación do planeamento, deberían visitar o Monte Pituco. De tanto que presumen os políticos -os populares particularmente- de coñecer Galicia, á hora de decantar o posicionamento dunha Administración de rango superior como a Xunta a prol ou en contra dun proxecto tan serio e determinante como un polígono industrial, deberían actuar con pleno e real coñecemento de causa.

Pola contra, a secretaria xeral de Urbanismo demostra que descoñece aspectos tan sobradamente obvios sobre o Pituco. “Xa no ano 2010 a Autoridade Portuaria rexeitou esa ubicación como posible alternativa das empresas aloxadas no Porto”, dicímoslle nunha breve conversa informal. “Ah, si? Por que?”, pregunta ela. “Polo desnivel do terreo!”. A súa xustificación, para restarlle importancia ao renuncio, redúcese a plantexar que o seu departamento cínguese a velar pola “legalidade”, non a cuestionar a “oportunidade”.

Esa afirmación cae polo seu propio peso cando, uns minutos despois , Encarnación Rivas asiste -en primeira fila- á presentación da candidatura do seu partido pola provincia de Pontevedra.

“Gobernar non é gastar, é administrar. Administrar é priorizar. E priorizar é decidir onde se invirte o escaso diñeiro que os cidadáns temos”.

Palabras de Alberto Núñez Feijóo, candidato á reelección. Haberá que lembrarllas a cotío, tanto á secretaria xeral de Urbanismo, como á alcaldesa de Marín, que asistía á presentación en segunda fila, ao carón da delegada da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa. E, por suposto, a Agustín Hernández, o mesmo que non hai moito comentaba extraoficialmente que urbanizar o Monte Pituco tería un elevado custe, difícil de asumir non só para as arcas públicas, senón tamén para a capacidade económica do empresariado que potencialmente estivera interesado en trasladarse a esa zona. Taludes inmensos que, ademais de vergoñentamente custosos, causarían un impacto paisaxístico que faría dano á vista dende os concellos da beira norte da ría e mesmo na veciña Pontevedra e no propio Marín.

 

Publicado por: MontePituco | 21/09/2012

VIDA SOCIAL

Na presentación de “John Balan, un yanqui en la corte de Breogán”, un libro de Rafael Pintos publicado por Teófilo Edicións.

Na concentración organizada por protectoras de animais da provincia en contra da decisión da Deputación de Pontevedra de privatizar a xestión da canceira de Armenteira.

No Monte Pituco dámoslle a benvida ao outono: “Pipeiros no outono, suba no magosto”.

Ti tamén tes o tamaño da esperanza
Outono de verdes água
Memória da pel. Chove
no manto da água
Luz transpirada
Outono

Cesáreo Sánchez: “Mar do fin da terra”

Publicado por: MontePituco | 20/09/2012

CONTRA O RAQUITISMO… MENTAL

Coa inestimable axuda duns compañeiros do Courel, onde tamén se dá esta planta, soubemos que no Monte Pituco medra o fento real, ou dentabrú (Osmunda regalis). Trátase dunha especie propia de medios húmidos como beiras de regatos e ríos, en latitudes de non máis de 1.000 metros. A “Guía das Plantas de Galicia” de Xosé Ramón García sinala que o fento real ou dentabrú utilízase en medicina natural como astrinxente, diurético e tratamento contra o raquitismo.

É unha sorte que a flora do Monte Pituco sexa tan variada e valiosa en propiedades beneficiosas para a saúde. Ogallá sexamos capaces de conservar o fento real; sen dúbida, procede recomendar o seu consumo -en infusión ou ensalada- aos partidarios do polígono industrial. Tal vez así consigan mitigar o raquitismo mental que os aqueixa para defender un proxecto indefendible, unicamente xustificado pola avaricia especulativa e a falta de sensibilidade co patrimonio natural e cultural.

Moléstalles a presenza de elementos que PRESTIXIAN o monte: a saramaganta rabilonga que figura no catálogo de especies endémicas ameazadas, o fento ‘Dryopteris guanchica’ que tamén se atopa en situación de vulnerabilidade, os petroglifos por cuxa antigüidade e valor foron recoñecidos pola Administración cun grao de protección legal inquebrantable, as mámoas que evidencian que o Pituco tamén é un referente do megalitismo en Galicia.

A Comunidade de Montes, o Concello de Marín e a Xunta atoparanse de fronte con DEFENDE O MONTE PITUCO se pretenden facer que prospere a instalación dun polígono industrial neste espazo. Ao contrario do que poidan crer os seus (ir)responsables, unha parte importante da sociedade marinense aprecia estas cualidades e non permitirá que o Pituco sucumba inxustamente baixo o formigón e o asfalto.

Publicado por: MontePituco | 19/09/2012

A PRESENTACIÓN DO PXOM, NA PRENSA

Faro de Vigo: “El PXOM abre la puerta al área empresarial y al centro de salud“.

La Voz de Galicia: “El PXOM de Marín delimita los núcleos rurales en base al vuelo de 1956“.

FARODEVIGO La senda del crecimiento urbanístico

Ayer se celebró la primera de las jornadas que tienen como objetivo dar a conocer a los vecinos el nuevo PXOM

“Vamos a desarrollar el suelo urbano donde ya lo había y consolidar lo que ya hay. Los núcleos rurales crecerán de forma controlada, no de forma espontánea o excesiva”, explicó ayer un miembro del equipo redactor del nuevo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) a los más de cien vecinos que acudieron a la primera jornada técnica y explicativa dirigida a informarles. En el turno de preguntas se resolvieron cuestiones generales, pero no situaciones particulares. Este tipo de charlas sobre el Plan se extenderán a otros lugares del municipio.

FELIPE SÁNCHEZ – MARÍN. “Este nuevo Plan Xeral de Ordenación Municipal marcará la senda del crecimiento urbanístico de Marín para los próximos 30 años”, explicó la alcaldesa de Marín, María Ramallo, a los más de cien vecinos que se dieron cita ayer en la Biblioteca Pública para asistir a la primera jornada técnica organizada por el ayuntamiento.

Tras esta presentación, el arquitecto Carlos Ardid tomó la palabra y aludió al estancamiento de la población del municipio para justificar el nuevo PXOM, ya que “Marín llevaba desde 1978 con unas Normas Subsidiarias agotadas. Aunque se podía captar población de Pontevedra, esto no ocurría así. Marín no crecía”. Una vez analizadas detalladamente las características de la localidad, Ardid explicó que para este nuevo PXOM, “hemos tenido en cuenta que la actividad se desarrolla, básicamente, en la pesca y el puerto”.

En cuanto a las líneas que se va a seguir tras la aprobación de este Plan, el arquitecto vaticinó que “se prevé desarrollar el suelo urbano donde ya lo había y consolidar lo que ya hay”. Con respecto al mundo rural, aspecto calificado por Ardid como el caballo de batalla, se desarrollará de forma controlada. “No permitiremos el crecimiento espontáneo o excesivo, ya que esto provocaría problemas de servicios”.

“Hay que tener en cuenta que el aumento sin límites del mundo rural produce más inconvenientes que beneficios”, añadió el arquitecto. Con respecto a la distribución de la población, Ardid resaltó los dos principales núcleos urbanos -Seixo y Marín- y la existencia de pequeños núcleos rurales.

Los suelos protegidos por razones paisajísticas o medioambientales se “potenciarán”. En este sentido, “Costas ha tenido un papel importante en la elaboración del nuevo Plan”, reconoció.

“En Marín no había polígonos industriales en los que desarrollar la industria, todo ha quedado dentro del recinto portuario. Tampoco hay mucho espacio agrícola. Hay una gran masa forestal y varias de menor tamaño”. Por último, Ardid citó los problemas de transportes, que “en época de verano generan unos atascos terroríficos”, la falta de servicios públicos y de zonas verdes, como otras de las causas que han propiciado la creación de este nuevo PXOM.

Durante el acto, en el que se ofreció a los asistentes una visión generalizada de la normativa de los diferentes tipos de suelos, Ignacio De Cabo, miembro del equipo redactor, invitó a éstos a consultar la memoria del Plan. “Si no hay grandes movimientos, no veremos cambios en este Plan en muchos años, ya que todo está muy bien justificado en la memoria”, destacó.

La jornada técnica y explicativa concluyó con un turno de preguntas llevadas a cabo por los representantes vecinales. En cualquier caso, los miembros del equipo redactor no valoraron situaciones concretas. “Cada caso es diferente. Serán los servicios municipales los encargados de resolverlos”, concluyó De Cabo.

La Xunta pone a Marín como ejemplo

La secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, cerró la jornada informativa de ayer destacando que el nuevo PXOM aprobado en Marínes “un ejemplo” y un reflejo en el que “tendrían que mirarse otros concellos”.

No obstante, Rivas puso de manifiesto que el Plan “es bueno, pero tiene sus defectos”, que habrá que ir “limando” con el tiempo.

En este sentido también se manifestó el arquitecto Carlos Ardid. “Hay que tener en cuenta que esto no es un documento cerrado, sino que con el paso del tiempo se puede cambiar y modificar”, explicó.

Por otra parte, algunos colectivos vecinales mostaron ayer su disconformidad y acusaron al ayuntamiento de dejar fuera de esta cita informativa colectivos como la Asociación de Veciños de San Xulián o a la plataforma “Defende o Monte Pituco”, que se opone frontalmente a la clasificación industrial de esta zona rural, algo que establece el nuevo Plan.

Recapitulando sobre a presentación do PXOM por parte de Ignacio de Cabo, lembramos as súas palabras a respecto de que non era bo que un Planeamento durara 30 anos, por poñer unha cifra, argumentando que a vida é cambiante.

Alguén vencellado ao sector da construcción comentaba estes días, a propósito da aprobación deste documento, que os plans xerais case sempre se desvirtúan por culpa de intereses particulares ou políticos, e que eses presuntos intereses son interpretados por meros monicreques, metaforicamente falando. Ao final, esas palabras tan serias, pomposas e lustrosas, como desenvolvemento sostible, sociedade, creación de emprego, protección do medio ambiente, que tan ben locen nun documento urbanístico, non son máis que literatura encantadora de cara á galería que, na práctica, sempre queda en nada, en papel mollado.

Por outra banda, Metropolitano expoñía no Foro Marinenses se non tería sido mellor unha nova exposición pública antes de pisar o acelerador da aprobación definitiva. Iso era imposible por varios motivos: a afección do Plan de Ordenación do Litoral, a presión dos afectados pola Lei de Costas nos núcleos do litoral, as promesas dos partidos políticos -antes do BNG/PSOE e posteriormente do PP- para conseguir que o Planeamento saíra adiante no seu mandato, colgando así a medalla do que todos contribuiron a vender como un fito histórico.

No fondo, todo é cuestión de labia pero non fai falla estar moi atento/a para decatarse da febleza dos argumentos e da inconsistencia deste xigante de pés de barro que deron en chamar PXOM. Contra o final da súa intervención, o director do equipo redactor viña dicindo que a vida -as leis, as circunstancias, as sensibilidades- mudaba e non conviña conservar coma en formol un Planeamento que se tiña que adaptar aos tempos. Curiosamente, María Ramallo presentaba o acto asegurando que o PXOM era un documento pensado para xestionar o crecemento de Marín para os vindeiros 20-30 anos. Curiosa contradición.

O que de verdade pasou foi que, aparentando elaborar un documento cuxa vixencia tivera unha perspectiva a longo prazo de 20 ou 30 anos, o que resultou ao final é, efectivamente, un PXOM para os próximos 30 anos, pero fundamentado en criterios de hai 30 anos atrás, cando nin o medio ambiente, nin o patrimonio, nin a paisaxe, nin a aposta polo sector forestal ou o turismo de natureza, tiñan a importancia que se lle dá na actualidade a estes factores que definen unha sociedade moderna. Igual Marín non aspira a estar na vangarda do futuro, senón a recuar no tempo e facer unha xestión ‘vintage’ do territorio.

Parece ser que a alcaldesa e o concelleiro de urbanismo xa están mans á obra para amañar o proxecto de viabilidade do polígono industrial no Pituco, coa posible intención de chegar ao final da lexislatura poñendo a primeira pedra que signifique a condena definitiva e irreversible cara á destrucción deste monte, deste espazo natural protexido.

Dende que chegou á alcaldía, María Ramallo tivo xestos -meramente protocolarios e artificiais- de accesibilidade e interese polos argumentos de DEFENDE O MONTE PITUCO en contra da urbanización destes terreos. Non así Manuel Santos, que está encantado de coñecerse e non tivo a ben visitar o Pituco coa alcaldesa e outros concelleiros ao pouco de tomar posesión, nin tampouco vacilou nunca á hora de sentenciar publicamente o Pituco baixo toneladas de formigón e asfalto.

E mentres mareaba a perdiz con DEFENDE O MONTE PITUCO, ciscando xestos conciliadores e boas palabras, botando cortinas de fume con supostas ideas de supostos proxectos de supostas axudas do Agader para supostas melloras no patrimonio e no contorno do Pituco, por outro lado deixábase adular polos “quentaorellas” que agardan por ela e polo seu equipo de goberno ao remate dos plenos, das presentacións, das visitas ás obras. Fanno agora cos populares como antes tamén o facían con nacionalistas e socialistas, porque todo lles vale con tal de refregarse co poder.

A fin de contas, no clube de aduladores está o graneiro de votos do PP por moita razón que DEFENDE O MONTE PITUCO poida ter nos seus argumentos fronte á opinión contraria doutros indocumentados. Daquela, María Ramallo bota en conta: amighiños si, pero a vaquiña polo que vale.

O PXOM é a coartada perfecta para desculparse cando a súa próxima visita ao Pituco, dentro de dous-tres anos -porque non ten traza de volvelo pisar antes- sexa para cortar a cinta que lle abra o paso ás excavadoras que vaian facer os primeiros desmontes; para saír na foto presumindo de que Marín vai ter un polígono industrial para as empresas do Porto, por máis que o Porto dixera por activa e por pasiva que esa ubicación non lle vale; para confirmar, en definitiva, que en realidade a cidadanía si está sometida ao vaivén de quen goberna, por moito que Encarnación Rivas tratara de convencernos de que somos libres.

Publicado por: MontePituco | 18/09/2012

VALORACIÓN DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO PXOM

(Foto: Gustavo Santos, Faro de Vigo)

O PXOM de Marín está pendente unicamente da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e 15 días despois entrará oficialmente en vigor. Esta foi a mensaxe da alcaldesa de Marín antes de darlle a palabra aos técnicos do despacho “De Cabo Pascual”, que dende 2004 foron os responsables da elaboración do Planeamento que onte se presentou na Biblioteca Municipal ante representantes de colectivos sociais e veciñais, abogados, arquitectos, dirixentes políticos locais que no pasado ou no presente tiveron algo que ver na súa longa tramitación administrativa.

Tanto Ignacio de Cabo como Carlos Ardid coincidiron en sinalar, como expuxo este último, que despois de tres décadas de vixencia dunhas Normas Subsidiarias que estaban “practicamente esgotadas”, este PXOM “non é un documento totalmente pechado”, senón que “se pode cambiar e modificar“. Un documento que, metaforicamente falando, seica lles custou “sangue, suor e bágoas” levar a bo porto, tendo en conta os sucesivos cambios normativos, as trabas da Xunta e da Dirección General de Costas, e as protestas da veciñanza por asuntos tan complexos como a ubicación de chan industrial ou a regularización dos núcleos do litoral.

O caso é que, como o mítico Paco Umbral, a maioría dos asistentes á presentación estabamos alí para falar do meu libro. Moitos non agantaron ata o final as case tres horas que durou a exposición, incluidas algunhas preguntas por parte do público e as respostas correspondentes por parte dos membros do equipo redactor. Foi unha sesión moi técnica por momentos, na que o propio Ignacio de Cabo ía aclarando sobre a marcha cando a súa explicación se dirixía especificamente aos técnicos e letrados que había entre o público.

Por máis que puxemos a orella para non perder detalle de todo o que tivera que ver co solo  industrial, non se chegou a pronunciar a palabra Pituco. Parece ser que había certa consigna para non levantar bochas ante a presenza de determinadas persoas que podían xerar certa controversia. Carlos Ardid comezou explicando que Marín se sitúa na ladeira dunha montaña “o suficientemente alta como para que a orografía proporcionara varios inconvintes“. Tamén comentou que no termo municipal marinense hai unha gran masa forestal, aínda que non tiña moita incidencia na economía local. Por contra, a actividade pesqueira e o porto supoñían a maior riqueza produtiva.

En Marín non había un polígono onde desenvolver a industria, só había o porto“, expuxo Carlos Ardid, o que derivou na creación dunha “barreira entre a cidade e o mar”. Tamén lamentou que malia ser o terceiro porto galego en volume de importancia, Marín “non participa do mar”, agás na parte que vai dende a Escola Naval ata Bueu. “E iso xa non ten solución”, engadiu o arquitecto, por máis que “é un problema que habería que resolver”.

En canto ás zonas industriais, unicamente se referiu a unha zona en Pastoriza: “Prevese que se hai posibilidades de desenvolvemento a través de mecanismos supramunicipais… Como equipo redactor desbórdanos… É planificación do territorio a outra escala”. E non aclarou máis nada. Punto en boca.

A continuación referiuse ao patrimonio: “Marín ten pouco patrimonio importante, pero ten bastante patrimonio a protexer“. A Dirección Xeral de Patrimonio foi, precisamente, un dos organismos da Administración que máis problemas lle causaron ao equipo De Cabo Pascual e ao Concello para chegar á recta final da tramitación.

En resume, o máis relevante da intervención de Carlos Ardid foi para plantexar que se desenvolvía solo urbano onde xa había solo urbano, procurando consolidar os núcleos que xa existían, máis que ao desenvolvemento de zonas novas, que se abordaban de xeito controlado, non indiscriminado.

“…E agora, que?”. Con esta expresión comezaba Ignacio de Cabo a súa parte da charla. O director do equipo redactor explicou cales son as fases ás que comezará a enfrontarse o PXOM; entre elas a que catalogou como “elucubrar”: “É bo para que o plan se poida desenvolver”, sinalou De Cabo, asumindo que o seu gabinete podía ter cometido “erros” na redacción ao longo dos últimos 8 anos, alén dos “retrasiños” que impediron a súa aprobación moito antes.

Insistindo nas hipotéticas planificacións futuras, De Cabo precisou que se cómpre modificar o planeamento o que primeiro hai que consultar é a Memoria, porque nela atópase “a xustificación das distintas clasificacións e calificacións do chan”. Logo engadiría que “non é bo que un planeamento dure 30 anos porque na vida cambian moitas cousas”, por iso que este PXOM, coma outros, “non é nada que estea xa bendecido“.

Alturas, fachadas, lexislacións, planos, sistema de cooperación ou de compensación, solo rústico ou residencial, urbanizable delimitado, non consolidado, ámbitos de expansión… Moitos conceptos, os máis deles bastante farragosos, nunha materia pouco asequible para o entendemento da xente do común.

Ao final pechou a presentación a secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, que se referiu ao PXOM de Marín como un “exemplo” de cooperación entre as sucesivas Corporacións de distintas cores políticas que foron pasando polo Concello. “Os cidadáns non poden estar ao vaivén dos cambios de goberno”, afirmou Rivas, que destacou a capacidade, tanto dos políticos como dos cidadáns, para “ceder“. En definitiva, “non é o mellor plan, pero é o mellor plan posible neste momento“, engadiu a secretaria xeral de Urbanismo que, ao igual que De Cabo e Ardid, sinalou que “nun clima de normalidade, sen ningún drama”, pode ser “obxecto de corrección“. E para exemplo, o planeamento de Barcelona que, dende os anos 80 acumula máis de 1.300 modificacións puntuais, “e sen problema”.

A súa intervención non é sospeitosa de sectaria ou partidista. Tanto “escándalo” como Xosé María Vilaboa pretendía armar no pleno do venres pasado criticando a celebración desta presentación, para que finalmente asistira, como un máis, xunto con outros ex-cargos públicos con responsabilidade directa nesta tramitación: Fran Veiga, Pazos Moreira… Lonxe de beneficiar na súa intervención ao equipo de María Ramallo, a intervención de Encarnación Rivas non serviu en absoluto para que Vilaboa practique o seu deporte favorito: rizar o rizo e poñer o grito no ceo por nimiedades. Polo contrario, a secretaria xeral de Urbanismo agradeceu a “responsabilidade” da “Corporación” e asegurou que a Xunta “non puxo máis empeño cunha alcaldía que con outra” á hora de darlle luz verde ao planeamento.

Ata aquí o estrictamente relacionado coa primeira presentación do PXOM. En días vindeiros a alcaldía artellará un calendario de charlas polas parroquias e casas de cultura, co obxectivo de que os responsables do equipo redactor vaian explicar detalladamente o planeamento aos habitantes de cada zona.

A veciñanza en xeral aplaude a aprobación do PXOM para ter solución ás súas problemáticas particulares: obras programadas que non se podían materializar, valoración de parcelas, dinamismo do mercado de propiedades. Outros -ogallá foran os menos- conseguen a través do planeamento a posibilidade de legalizar chanchullos máis ou menos sangrantes, tanto no centro urbano como no rural. E como chegou a dicir o propio Ignacio de Cabo, virán os “voitres” e demais aves de rapiña, frotando as mans ante a perspectiva de especular e beneficiarse economicamente da nova situación de certos terreos.

Ata que Ignacio de Cabo e Carlos Ardid veñan á parroquia de San Xulián en DEFENDE O MONTE PITUCO non temos de todo claro cales son as posibilidades que se cernen sobre este espazo, porque na sesión informativa pasaron de puntillas sobre o apartado industrial. Podían pensar que a meirande parte do público eran representantes de asociacións veciñais aos que lles interesaba saber como quedan os seus barrios e parroquias. Pero tamén podían botar en conta que houbera empresarios preocupados por un futuro cambio de ubicación da súa nave, e sobre ese aspecto non se incidiu especialmente.

Coa presentación deste PXOM, procede traer de novo a colación as palabras escritas do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o pasado 10 de xullo: “A clasificación dun solo urbanizable nas proximidades do Monte Pituco NON SUPÓN UNHA PERDA DO VALOR DO MESMO, xa que os seus valores están recollidos a través da súa ESPECIAL PROTECCIÓN COMO ESPAZO NATURAL“.

Que despois de todas as escenificacións que Hernández e Ramallo mantiveron en Santiago para anticipar en repetidas ocasións a inminente aprobación do PXOM, non é de recibo que o conselleiro se exprese nestes termos tan enganosos sobre a verdadeira situación do Monte Pituco. Pero as súas palabras evidencian tres cousas: que o Monte Pituco é un espazo natural, que é un espazo con valores e, por tanto, é un espazo protexido.

Neste sentido, é un rotundo contrasentido, por non dicir un auténtico despropósito, a clasificación urbanística tan inxusta que os técnicos do PXOM lle deron ao Monte Pituco, tan afastada das circunstancias orográficas do terreo. Catalogalo como solo industrial obedece nada máis que a unha decisión política arbitraria que forma parte desa caprichosa e lamentable ruleta de “cesións” á que xogaron os diferentes grupos municipais nas últimas tres lexislaturas.

Como non cansaremos nunca de repetir neste blogue, o informe do Plan Sectorial de Áreas Empresariais puntuaba negativamente o Pituco como posible ubicación dunha área loxística entre Marín e Pontevedra. A zona afectada tiña un desnivel superior ao 15% en máis do 25% da superficie, segundo o informe técnico encargado por DEFENDE O MONTE PITUCO. Por riba, a análise da conca visual evideciaba que o hipotético polígono sería totalmente visible dende todos os concellos do litoral norte: Poio, Sanxenxo, e tamén en boa parte de Marín e Pontevedra, arruinando a perspectiva costeira dunha zona que vive en boa parte da súa imaxe turística.

Pero tendo en conta que as alegacións do Concello de Marín o que pretendían era arrastrar exclusivamente cara ao termo municipal marinense a posibilidade de contemplar esa posible área loxística, a valoración do estudo topográfico era aínda máis desfavorable sobre a viabilidade do terreo: o 92% do espazo sobre o que se asentaría o polígono tería unha pendente superior ao 15% (o máximo recomendado pola Guía de Recomendacións Técnicas para o Proxecto Integral de Parques Industriais) e máis do 57% do terreo (máis do dobre da extensión prevista) tería un desnivel superior ao 35% (máis do dobre do recomendado).

Con este diagnóstico resulta a todas luces incomprensible que un PXOM poida prosperar propoñendo un asentamento industrial nun lugar onde habería que construir enormes e costosísimos taludes, provocando un brutal impacto visual e paisaxístico, e nun espazo con abundantes elementos patrimoniais catalogados. Non en van, o Concello de Pontevedra ten catalogado como zona de “protección arqueolóxica” toda a franxa lindante con Marín no Pituco. Que xusto a continuación dunha área de protección arqueolóxica estea previsto urbanizar un polígono industrial é unha barbaridade inxustificable. En absoluto cabe pensar que os primitivos poboadores deste monte hai máis de 2.000 anos deixaron de facer petroglifos e mámoas a partir do que actualmente é o límite entre os dous municipios, prevendo que no século XX o Concello de Marín proxectaría un polígono industrial que arrasaría co legado patrimonial que so devanceiros foran deixar inscrito no territorio.

Aseguraba Carlos Ardid que no PXOM “poténcianse os solos especialmente protexidos“, cando non é así. E tanto que aludía Ignacio de Cabo á Memoria do PXOM, para que tamén esta se salte á toreira. O Informe de Sostibilidade Ambiental conferíalle un “valor limitante absoluto para usos urbanísticos de carácter residencial ou industrial” ao espazo incluido nas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento, é dicir, os Montes do Morrazo, aos que se pertence o Monte Pituco.

Nas alegacións que De Cabo Pascual elaborou para que o Concello de Marín puidera reclamar máis nota no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, cuantificaba nun 81% a aptitude ambiental media do Monte Pornedo para acoller un polígono industrial. DEFENDE O MONTE PITUCO discrepa radicalmente nesa valoración porque os planos reflectían que as restriccións ambientais eran maioritariamente de tipo “medio/alto“, ao que se engadía que as restriccións normativas eran de tipo “medio/alto/moi alto“. Por tanto, sumando eses dous parámetros, a aptitude xeral que reflectían os planos nesa zona era claramente “moi baixa ou baixa“. Daquela resulta incomprensible e kafkiano que estes técnicos pretendan elevar a un 81% a aptitude ambiental media.

Pero o que xa supera o esperpento é que, ante a evidencia innegable de que a intervisibilidade (impacto visual) é “alta/moi alta“, se siga dando por boa a proposta de urbanización poñendo como condicionante a elaboración dunhas “medidas correctoras” que na práctica son un vergoñento brinde ao sol.

E o colmo do despropósito é que o Concello de Marín pretenda xustificar esta barbarie argumentando que un parque empresarial no Pituco satisfaría a demanda de solo do Porto, cando hai 12 anos que a propia Autoridade Portuaria rexeitou esta ubicación polo seu excesivo e irreversible desnivel, así como pola falta de conexión ferroviaria.

Mellor non abundar máis na lista de agravios que o PXOM lle depara ao Pituco, ao proxectar a construcción dunha subestación eléctrica e dun depósito de auga que, con toda a caradura do mundo, deixaría en seco todos os acuíferos naturais -hai polo menos 7 catalogados- que dende tempo inmemorial veñen fornecendo de auga para consumo doméstico e de regadío os habitantes da Pena, Caeiro, Casal, Arealonga, Laxe, Bouza, Bravos…

Que a pesar de todos estes datos, que non están sacados de ningunha manga sospeitosa, e que din todo o contrario do que airea un estudo presuntamente fraudulento elaborado pola Asociación Virxe dos Remendos -alias “remendos”- avalando a instalación xa non de un, senón de dous parques entre o Pituco e os Sete Camiños… haxa veciños de San Xulián que estean a favor dun polígono na mesma cresta da parroquia, é motivo de lástima e vergoña. Pero que aínda por riba se lles dea credibilidade gratuitamente, di aínda moito máis (ou moito menos).

PD: Así como no anterior artigo criticamos que nin a Asociación de Veciños de San Xulián nin Defende o Monte Pituco recibiran invitación para asistir ao acto de presentación do PXOM, tamén agradecemos que a alcaldesa permitira a dous representantes destes colectivos asistir á sesión. O gabinete da alcaldía comprometeuse a actualizar a base de datos: dunha banda, a tomar nota de que tralo pasamento de Xan Montenegro hai máis dun ano houbo un relevo na presidencia da entidade; e doutra, que Defende o Monte Pituco figura no rexistro autonómico de asociacións e, á parte diso, son numerosos os escritos presentados no Rexistro Municipal onde se revela como unha organización activa e implicada no Concello.

Publicado por: MontePituco | 17/09/2012

PLENO DE SETEMBRO: PRESENTACIÓN DO PXOM

No pleno ordinario do mes de setembro que se celebrou o pasado venres trascendeu que hoxe ás 18:00 na Biblioteca Municipal ía celebrarse un acto de presentación do PXOM. Foi no apartado de rogos e preguntas ao final da sesión, cando o concelleiro nacionalista Xosé María Vilaboa se queixou de que a alcaldesa tiña que ter consultado a convocatoria coa oposición. Vilaboa acusou a María Ramallo de que “leva tempo intentando aproveitarse do traballo” realizado polas sucesivas Corporacións que participaron na tramitación do planeamento. O edil do Bloque calificouno de “acto propagandístico” e protestou porque non sabía “a quen se invitou”. Como se o BNG tivera dereito de veto, ou pola contra, pretendera converterse no fiscalizador dos colectivos que poden ou deben participar. Que se tranquilice o Bloque, que seguro que ningunha das súas asociacións afíns queda sen entrada, pola conta que lle ten ao Goberno local que non o acusen agora de sectarista.

María Ramallo replicoulle que a celebración desta presentación xa se comentara na comisión de seguemento do PXOM, dando a entender que non entendía por que Vilaboa “se facía de repente o sorprendido”. “A vostede nunca lle pareceu ben que se faga unha presentación”, replicoulle a alcaldesa, que afirmou que ela tiña “a conciencia tranquila” a respecto de darlles conta da xuntanza aos demais grupos municipais.

Ramallo explicou que a presentación vai consistir nunha “exposición técnica” que vai realizar o equipo redactor De Cabo Pascual. Que foran invitados ex-alcaldes marinenses e ex-representantes municipais que participaran na elaboración do documento na súa longa historia, así como representantes das asociacións de veciños.

A alcaldía debería revisar ben o seu listado de colectivos veciñais. Porque unha entidade cunha representación tan importante como a Asociación de Veciños de San Xulián NON foi invitada a esta presentación, moi a pesar de que no seu día Xan Montenegro presentou alegacións ao PXOM para amosar a disconformidade desta organización pola elección do Monte Pituco como chan industrial, entre outras consideracións. Alegacións que foron desestimadas, sen máis explicación que un escueto comunicado de rexeitamento que en absoluto satisfacía os argumentos que xustificaban esa negativa.

Tampouco DEFENDE O MONTE PITUCO foi invitado a ese acto; e non será por falta de datos de contacto, á vista dos numerosos escritos que nos últimos anos se lle enviaron polas canles oficiais ao Goberno Municipal. A alcaldía sabe perfectamente que DEFENDE O MONTE PITUCO é unha parte rotundamente interesada no contido do PXOM, a respecto da zona clasificada como chan industrial: primeiro, porque María Ramallo sabe que na anterior lexislatura o ex-alcalde Francisco Veiga eludiu todas e cada unha das peticións que esta asociación lle enviou, moi educadamente, para coñecer en que términos, e con que argumentos técnicos, se elixira o Monte Pituco como potencial emprazamento dunha área empresarial ou plataforma loxística vencellada ao Porto, habida conta do forte desnivel da zona, motivo polo cal a propia Autoridade Portuaria rexeitou este emprazamento; segundo, porque malia que María Ramallo tivo o xesto de recibir a representantes de DEFENDE O MONTE PITUCO en desagravio á actitude do seu predecesor, tamén sabe que esta plataforma veciñal presentou alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia; e terceiro, porque é sobradamente coñecido, ben a través deste blogue ou a través dos medios de comunicación locais, cales son os argumentos de DEFENDE O MONTE PITUCO para rexeitar a urbanización deste espazo natural protexido, polo agresivo impacto visual e paisaxístico que causaría esa actuación, así como pola afección ao patrimonio arqueolóxico, os acuíferos que suministran de auga para consumo doméstico e de regadío os habitantes da zona, o perxuizo irreversible para a flora e a fauna do lugar, con especies endémicas ameazadas. E non son motivos caprichosos nin peregrinos, senón fundamentados por técnicos e expertos na materia.

Cómpre refrescar novamente dous artigos nos que se analiza pormenorizadamente, con datos e gráficos informativos, o tremendo erro que suporía a destrucción do Pornedo baixo as excavadoras, os taludes, o asfalto e o formigón.

CONSELLEIRO: INFÓRMESE E NON SE CONTRADIGA (10 de agosto de 2012)

MARÍA RAMALLO APOIA O POLÍGONO NO PORNEDO (17 de agosto de 2012)

Publicado por: MontePituco | 16/09/2012

FESTIVIDADE DA VIRXE DOS REMEDIOS

…Festividade da Virxe dos Remedios en San Xulián…

Escoitamos as bombas de palenque dende o miradoiro do Alto do Pornedo, contemplando a ría. Elevamos unha pregaria para que Nosa Señora garde o monte de quen quere arruinar a súa riqueza natural, patrimonial e cultural a cambio de catro patacos e falsas promesas de prosperidade. Para que abra os ollos de quen ten a auténtica riqueza diante dos seus ollos e non a sabe valorar. Para que protexa o Monte Pornedo das gadoupas dos especuladores, dos pseudopolíticos e dos pseudocaciques. Amén.

Publicado por: MontePituco | 12/09/2012

SOBRE O POLÍGONO MARÍN-MOAÑA(¿?): OPINA ERASMO

O retorno de Erasmo ao Foro Marinenses está revitalizando novamente -aínda que de maneira discreta, polo momento- o tan longo, traído e levado debate sobre o emprazamento dun polígono industrial. Na súa última intervención, valora as declaracións do conselleiro Agustín Hernández a respecto da ‘presunta’ aposta da Xunta polo desenvolvemento dunha área empresarial conxunta entre Marín e Moaña. É máis prudente non dar nada por feito: as palabras lévaas o vento, por moito papel de periódico que as plasmara por escrito. Todo o mundo sabe o volátiles que son os compromisos dos políticos, a súa nefasta contribución á devaluación de conceptos serios que se tornan en fume. Por iso DEFENDE O MONTE PITUCO non ten nada do que alegrarse, nin do que tranquilizarse; nada xustifica que se relaxe unha loita que aínda ten moitas batallas pendentes e ningunha gañada, máis alá da victoria en honestidade, firmeza e principios fronte á manipulación, o desprecio, a irresponsabilidade e a incongruencia na que socialistas e nacionalistas marinenses, e dirixentes dos comuneiros parroquianos, son auténticos campións.

Confianza, en nós mesmos, toda a do mundo. Nos dimes-e-diretes propios dun escenario preelectoral, ningunha. Non hai lugar para a concesión, nin tan sequera para a esperanza. Só cabe o esforzo cotiá que DEFENDE O MONTE PITUCO vén facendo dende hai dous anos e medio para dar a coñecer os valores naturais, paisaxísticos, culturais e patrimoniais deste monte.

A aprobación definitiva do PXOM de Marín é un feito do que só restan uns poucos días para ser efectivo. A espada de Damocles pende inxustamente sobre un espazo natural protexido a pesar dos pesares técnicos, ambientais, lóxicos e racionais. Que Agustín Hernández omita posicionarse sobre o futuro do Pornedo é a proba de que lava as mans, coma Pilatos, remitíndose a un pésimo planeamento, pero planeamento a fin de contas. Total, o seu mandato á fronte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, está cumprido: de perder o PP, que lle quiten o bailado; de gañar, pode repetir ou adicarse ‘a-otra-cosa-mariposa’. DEFENDE O MONTE PITUCO está preparado para volver empezar ‘dende cero’ as veces que faga falta, ante as Administracións que se poñan por diante: os informes técnicos son teimudamente desfavorables á instalación dun polígono neste espazo, o impacto paisaxístico vai ser brutal goberne quen goberne. Temos toda a paz-encia do mundo, péselle a quen lle pese.

“LA OPCIÓN DEL POLÍGONO YA ESTÁ TOMADA” (por Erasmo, Foro Marinenses: 11/09/2012)

Por segunda vez en un mes, el conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras de la Xunta, Agustín Hernández, se ha reafirmado en la apuesta del Gobierno autonómico para garantizar un polígono industrial supramunicipal en Marín-Moaña, entre A Paradela y A Cruz da Maceira. Esta afirmación no deja de ser un compromiso por parte del PP de apostar por esta zona para que Marín, que es lo que nos interesa a nosotros, tenga una oferta de suelo industrial de al menos 1,5 millones de metros cuadrados, de los que unos 400.000 metros corresponden a Moaña y el resto a nuestra comarca. Y digo que no deja de ser un compromiso -coherente, por otra parte, después de que el propio presidente Feijoo, la ministra de Fomento, Ana Pastor, la alcaldesa de Marín, María Ramallo, y el alcalde de Moaña, José Fervenza, apostaran por esta ubicación- porque esa promesa se hizo en época electoral y no ahora cuando todos están gobernando. En efecto, los cuatro estaban en la oposición cuando formularon esta propuesta.

Por lo tanto, ya pueden estar tranquilos los que defienden Monte Pornedo tal como está, los ecologistas y los defensores de los yacimientos arqueológicos. Mi enhorabuena porque siempre me he sentido solidario con ellos. Los que no estarán tan satisfechos son los socialistas ni los nacionalistas del BNG que de siempre -fracasado su delirio sobre los minipolígonos industriales- han querido, y siguen queriendo, plantarnos un parche en Monte Pituco.

No sé lo que va a ocurrir en las próximas elecciones autonómicas. Para mí la duda no está en si va a ganar o no el PP en esas elecciones, sino si van a gobernar los populares en solitario con mayoría o sin mayoría absoluta, si va a haber un cuatripartito o si va a gobernar el PP con el apoyo de Mario Conde -si es que a los conservadores le supura el grano infectado de Baltar en Ourense-, aunque esta opción es la menos verosímil. Pero en política nunca se puede decir que se tiene la piel del oso hasta que este no se ha cazado y eso, afortunadamente, solo se puede conocer cuando se cierran las urnas a las 8 de la tarde.

Después de mi último artículo, Nativo ha vuelto a la carga con su soliloquio. No puedo debatir con alguien que creo que no tiene los conocimientos suficientes sobre el tema. Su opinión no me sirve porque para hablar sobre algo se necesita saber y él se pierde entre cuestiones personales y emocionales -muy respetables, por cierto, pero que no vienen al caso- y subvenciones (¿?), mezclando churras con merinas en el mismo saco. Yo creo que no sabe distinguir entre una subvención, un incentivo, un aval, una ayuda fiscal o una promoción. Pero, en fin, allá los que se quieran perder en la demagogia. Si no dominamos el lenguaje cómo vamos a entender las cosas. Lo primero, antes de echar las palabras al ágora, es tener las ideas claras y luego expresarlas para que nos entiendan. Pero en el caso de Nativo -que insisto comprendo su postura, que es la que nada se mueva para seguir igual- como el de otros que escriben aquí lo primero es saber de lo que estamos hablando. Y si no lo saben que se documenten, para eso todos servimos. O creo.

Precisamente, en las declaraciones del conselleiro, el señor Hernández dice en las dos ocasiones que ha hablado sobre el tema que los que promueven el polígono industrial en Moaña -que no lo olvidemos son empresarios que ya han comprado los terrenos-, son ellos los que tienen que correr con todos los gastos para transformar una zona de monte en polígono industrial. Si el Ayuntamiento de Moaña les da o no ayudas de cualquier tipo -subvenciones, ayudas fiscales, avales, promociones, etc- es algo que a nosotros no nos compete. Lo cierto es que entiendo que el conselleiro condiciona ese desarrollo industrial solo y exclusivamente a los empresarios de Moaña, no a las ayudas públicas. Para mí que esto tiene una justificación, evitar que con dinero público se pueda especular con los terrenos obteniendo pingües ganancias. Si es así aplaudo al conselleiro.

¿Y en Marín? Pues de Marín no sabemos nada o casi nada. La alcaldesa es hermética, como las lapas y, por lo que se ve, sobre este tema prefiere, por ahora, estar callada. Pero algún día tendrá que poner las cartas boca arriba y contarnos casi todo lo que sabe. Sabemos, eso sí, que el gobierno municipal actual está por la labor de acoplarse a los de Moaña. Sabemos que el PP está por desarrollar un polígono industrial en A Paradela con una capacidad de 1,2 millones de metros cuadrados. Sabemos que el terreno es inmejorable y óptimo para que por fin Marín ofrezca una oferta en serio de suelo empresarial -ya va siendo hora- para el sector primario, secundario, terciario y por qué no para el cuaternario (biotecnologías, telecomunicaciones, etc). Pensemos que aquí estamos apostando para los próximos 25 o 30 años. Sabemos también -así lo esperamos y demandamos- que la Xunta va a hacer un estudio serio sobre el terreno para salvaguardar los escollos medioambientales y patrimoniales. Sabemos también que el Puerto va a estar satisfecho porque por fin se puede resolver parcialmente un problema para su desarrollo que no es menor.

Sabemos que María Ramallo, la alcaldesa, y con ella todo su grupo municipal, está por la labor de apostar por esta zona frente a otras como Monte Pituco -aunque no quiera expresarlo claramente para no herir con fuego amigo o, al menos, evitar lo más posible los daños colaterales con algunos correligionarios de aquí y allá-. ¡Ah, la política! Sabemos que Mar-In también apuesta por esta zona, como siempre ha hecho, pese a que se abstuvo en su día cuando se votó Monte Pituco para no dejar a Marín sin nada de suelo industrial. Sabemos, en fin, por el presidente de la Agrupación de Interés Económico de Moaña, Luis Alves, que el conselleiro le dijo que el Plan Sectorial de Áreas Empresariales de Galicia saldrá adelante con independencia de que haya o no un cambio en el gobierno autonómico.

Todo eso sabemos, y algunas cosas más. Pero los marinenses no sabemos nada de cómo se va a desarrollar nuestra zona empresarial, porque nada se ha dicho. ¿Puede haber subvenciones? Sí, por qué no. ¿Puede haber ayudas fiscales? Si. Por qué no. ¿Puede haber un desarrollo urbanístico público supramunicipal? Sí. Por qué no. ¿Puede haber empresarios de Marín y de fuera de Marín que demanden suelo industrial? Sí. Por qué no. ¿Puede haber ayudas europeas? Sí. Por qué no. Todo esto puede haber y otras muchas cosas más. En mi último artículo me decanté por una empresa que gestionara todo este asunto y, a poder ser, con mayoría de capital privado aunque con todos los controles garantizados para evitar abusos. Si ello no fuera posible me inclino por una participación del Ayuntamiento, de la Diputación, de la Xunta y privada. Siempre sería deseable que con el tiempo, las instituciones públicas fueran desapareciendo de ese capital mediante venta y obteniendo las correspondientes plusvalías para que el dinero revertiera al interés común. Así es como creo que se deberían hacer las cosas. Pero mi opinión, en este caso, no cuenta. Antes habrá que marear mucho más la perdiz para que la decisión sea la mejor posible para el pueblo de Marín.

Sinceramente, creo que los gobernantes de Marín no saben cómo hacerlo y en esto van a subrogarse en los técnicos de la Xunta y quizás en otros políticos más principales. Por si acaso, yo les recomendaría que copiasen a otros que ya hace muchos años que hicieron lo mismo y con resultados muy exitosos por cierto. Como ya he dicho anteriormente, el mejor camino es que se documenten. Aquí no vale el “no sé” y descargo en otros. ¿Para qué se les paga?. Para que se enteren y sepan. Pues eso. En esto todo está inventado y los modelos a seguir son numerosísimos. Es casi como copiar y pegar aunque teniendo en cuenta el valor añadido de cada pueblo y, sobre todo, a sus emprendedores. Marín tiene valor añadido y tiene emprendedores porque así lo ha demostrado a lo largo de su historia. Pero esto no vale de nada si este pueblo; es decir, sus gentes, no apuestan por la formación de los jóvenes en serio. De no ser así hay poco que hacer.

 

Publicado por: MontePituco | 11/09/2012

BIOGRAFÍA DE JOHN BALAN

[Portada do libro, feita en madeira, coa técnica do pirograbado]

Catro anos despois do seu pasamento, a figura de John Balan segue suscitando unha mestura de nostalxia, admiración, curiosidade, gratitude. Un personaxe tan atípico dalgunha maneira tiña que trascender no tempo e na historia. Acaba de saír do prelo -e xa se atopa nas librarías- un libro biográfico sobre a figura persoal e artística de Manuel Outeda, o home orquestra máis coñecido non só a este lado do río Lameira, nin tan só o río Lérez, senón mesmo alén do río Miño. O autor da obra, publicada por Teófilo Edicións, é Rafael Pintos Méndez -Wladimir Dragossán-, compañeiro de espectáculos e escenarios, que lle rende homenaxe ao que fora o cowboy máis famoso de toda Galicia.

“John Balan, un yanqui en la corte de Breogán” recompila moitos datos seus: dende a súa nenez en Seixo ata pintorescas anécdotas das actuacións deste senlleiro showman, pasando por diversos aspectos da súa intensa -e nada doada- vida. A presentación do libro celebrarase o vindeiro 21 de setembro no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia, ás 20:30 horas. A xulgar pola rápida propagación da noticia desta publicación a través das redes sociais e da prensa, abofé que será un acto multitudinario.

Non podía ter mellores patriños este libro: o xornalista pontevedrés Xabier Fortes asina o prólogo, e conta tamén coa colaboración dos escritores Manuel Rivas e Alfredo Conde, do presentador Jesús Quintero e do psiquiatra Alfonso Casas, que evocan a memoria de Outeda-Balan. 300 páxinas adobiadas non só con palabras de afecto, senón tamén con moitas fotografías que Pintos-Dragossán vai intercalando ao longo do relato dos momentos divertidos que compartiron nas súas actuacións conxuntas.

Quen non lembra as peripecias de John Balan nos vellos trolebuses que cubrían a liña Marín-Pontevedra. Quen non ten asistido a algún dos seus concertos vocais: memorable foi aquel domingo do ano ‘oitentaetantos’ no Lago de Castiñeiras, con motivo da xa desaparecida Festa do Cazador. Entre a arboreda, unha morea de xente rodeaba un improvisado escenario. Alguén da organización buscaba desesperadamente unha porta. Foi achegarlla, e John Balan situouse diante dela, achegouse ao micro e comezou o seu número, quecendo a gorxa e animando a concorrencia. Así como comezaba a ‘trompetear’ coa súa voz, no momento de engadir a percusión, foi petar coa man na porta e a madeira cedeu, de tan apodrecida que estaba. Non se sabe como remata esta historia tan real coma a vida mesma; seguramente co público esmendrellándose da risa e co entrañable John Balan invocando ao seu tocaio Wayne e a toda a horda de indios e vaqueiros do salvaxe Oeste.

Publicado por: MontePituco | 10/09/2012

CONSELLEIRO, SERÁ POR PEDRAS!

(Foto: X. Ameixeiras, La Voz de Galicia, 10/09/2012).

(Foto: Javier Toba, El Correo Gallego, 10/09/2012).

O titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Xunta de Galicia, Agustín Hernández, visitou este fin de semana a vila mariñeira de Muxía con motivo da tradicional romaría da Virxe da Barca. Fora por compromiso ou por devoción, o caso é que o conselleiro -elegantemente ataviado de traxe, gravata e os zapatos dos domingos- foi quen de pasar -sen case despeinarse- por debaixo da Pedra dos Cadrís. Fixo ben encomendarse á divinidade, posto que as eleccións autonómicas están á volta da esquina e non está o forno para bolos.

Á vista da súa estilosa destreza agatuñando polas pedras, querémoslle reiterar unha vez máis a invitación para visitar o Monte Pornedo e os lugares inscritos no ámbito do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, onde tamén hai penedos que merecen a súa atención: está a Pedra do Sapo, un exemplar zooforme cun cubículo na súa parte inferior onde un home de tipo fino coma el cabería perfectamente; está o abrigo rochoso da Campá, que podería ter a súa orixe no Paleolítico e que con toda probabilidade foi utilizado como refuxio natural; e está o miradoiro do Pornedo, linde natural entre os municipios de Marín e Pontevedra, dende o que se divisa unha fantástica panorámica da ría.

Pedra do Sapo.

Abrigo rochoso da Campá, no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Miradoiro natural do Monte Pornedo.

…Conselleiro, será por pedras!

Publicado por: MontePituco | 09/09/2012

NO FARO, SOBRE O POLÍGONO (¿?) MARÍN-MOAÑA

La Xunta garantiza el visto bueno al polígono de Moaña-Marín pese al adelanto electoral

Hernández asegura que solo restan trámites administrativos para la aprobación definitiva del Plan Sectorial de Áreas Empresariais

 

FRAN G. SAS – MOAÑA La Xunta, a través del conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, asegura que la aprobación del espacio para ubicar el polígono supramunicipal Moaña-Marín está garantizada, y por lo tanto el adelanto electoral al 21 de octubre no supondrá ningún freno a una promesa que el propio hernández ya había realizado el pasado 10 de agosto.

Durante la visita del Conselleiro a Moaña esta semana para tratar el deslinde de Costas, el presidente de la Agrupación de Interés Económico que promueve un polígono en la zona de Cruz da Maceira, Luis Alves, se interesó por el riesgo que entrañaban los comicios. “Dixo que xa estaba todo aprobado. Os trámites que faltan son de carácter administrativo e o Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia ía saír adiante con independencia de que haxa ou non un cambio no goberno autonómico“, explicó Alves tras la reunión.

Y es que la administración autonómica tuvo en cuenta las alegaciones presentadas por empresarios y Concello para incluir este área empresarial en el plan sectorial. En una primera valoración el Instituto Galego de Vivenda e Solo consideró que la ubicación elegida hacía “inviable” el proyecto. Las alegaciones exigían un estudio detallado sobre el terreno y afirmaban que la línea de alta tensión que atraviesa la zona no interferirá en el espacio destinado a las naves. Hernández prometió hace un mes que “Moaña terá espazo para o seu desenvolvemento industrial”.

El presidente de la agrupación promotora manifestó su “satisfacción, sempre e cando a promesa sexa unha realidade”. Sin embargo, este visto bueno de la Xunta estará condicionado a que sean los propios interesados los que corran con todo el gasto para transformar una zona de monte en un polígono industrial. Algo que en principio no echa para atrás a los inversores de Moaña, que llevaban varios años tratando de desarrollar por su cuenta una superficie empresarial a través del PXOM.

Con esta afirmación de la Xunta se rescata el proyecto de un polígono supramunicipal, que llevaba un tiempo estancado. Las dimensiones previstas inicialmente alcanzan los 1,5 millones de metros cuadrados entre A Cruz da Maceira (Moaña) y A Paradela (Marín).

Pacto con Marín

De momento los empresarios moañeses no se han puesto en contacto con sus homólogos de Marín para pactar un desarrollo del polígono, a la espera de la aprobación definitiva del Plan Sectorial “que incluso podería chegar antes do 21 de outubro”. Entre los trámites que restan por cumplir se encuentra el informe de Patrimonio alrededor de todas las superficies que se contemplan para este uso a lo largo de Galicia.

Publicado por: MontePituco | 06/09/2012

GRAVES EIVAS NA SEGURIDADE DA VARIANTE

No blogue DEFENDE O MONTE PORNEDO vense advertindo dende hai tempo das eivas na Variante de Marín. Nesta ocasión, unha información nas páxinas locais de La Voz de Galicia confirma a existencia de fallos clamorosos na seguridade vial desta estrada.

Publicado por: MontePituco | 05/09/2012

‘TERRAS DE PONTEVEDRA’ APOSTA POLO PATRIMONIO RUPESTRE

Esta tarde celebrouse o pleno da Mancomunidade Terras de Pontevedra, á que pertence o Concello de Marín xunto cos de Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro. Son tempos difíciles nos que cómpre renovar a oferta turística con produtos novidosos que atraian a atención dos visitantes; e o patrimonio cultural parece ser, segundo os expertos, un dos principais reclamos. Terras de Pontevedra vén de trazar unha oferta turística estratéxica fundamentada nas potencialidades do territorio. O Plan de Actuación 2012, que contempla a posta en marcha de novas medidas de promoción ata fin de ano, será ratificado nos vindeiros días pola comisión de seguemento do convenio asinado coa Secretaría Xeral de Turismo, cun investimento total de 145.000 euros.

…Un bo puñado de euros que se deberían investir en proxectos solventes e demandados pola sociedade. Chega ao peirao de cruceiros de Vigo un barco de pasaxeiros cunha curiosidade voraz e cunha elevada capacidade adquisitiva. Que se lles viña ofrecendo? Saír de excursión por Vigo, por Baiona, por Santiago. Por que non atraer ese público cara ao contorno de Pontevedra, onde hai fitos ben interesantes que visitar?

Artellarase unha promoción conxunta baseada no patrimonio histórico e na arte rupestre dos concellos, así como nos seus elementos etnográficos, segundo trascendeu do pleno. Na xuntanza tamén se decidiu artellar visitas guiadas a diversos recursos culturais e naturais a través de roteiros accesibles para persoas con mobilidade reducida. E reforzarase o turismo familiar que, segundo os datos estatísticos, é dos que maior oferta global require e máis gasto deixa nos lugares polos que pasa.

As decisións adoptadas pola Mancomunidade de Terras de Pontevedra son o marco para reivindicar novamente, dende DEFENDE O MONTE PITUCO, que cese o tratamento discriminatorio que dende Administracións como o Concello de Marín se dispensa a conxuntos arqueolóxicos perfectamente catalogados como os de Pornedo, Sete Camiños ou Pinal de Caeiro, malia o estado de abandono no que subsisten, e o descoñecemento que ten a poboación sobre a existencia destes recursos. Xa se denunciou o pasado mes de xullo no artigo titulado “As eivas no plano turístico do Concello de Marín“, que só ten en conta os petroglifos de Mogor, o castro da Subidá e as mámoas de Pedralonga e Chan da Armada, obviando estoutros gravados ubicados na parroquia de San Xulián.

Fronte á inacción do concello de Marín ante a súa obriga cultural e legal de velar pola conservación do patrimonio histórico, o concello veciño de Pontevedra está potenciando cada vez máis os seus recursos, en liña cos plantexamentos que se adoptan na Mancomunidade Terras de Pontevedra. Pero máis aló dunha suposta rivalidade política, ou mesmo das diferenzas ideolóxicas entre gobernos de distinta cor, é a propia sociedade a que está demandando a protección e a posta en valor destes elementos, xa non só polo factor identitario que leven asociado, senón como motor de desenvolvemento económico. E aí Marín está desaproveitando unha cuestión que noutros municipios con máis intelixencia e maior perspectiva de futuro aproveitarían sen dubidalo: porque Marín non partiría de cero, senón que existe un colectivo social, a comisión técnica para a posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que xa ten un proxecto desenvolvido.

Un proxecto que non se limita aos recursos arqueolóxicos dunha única localidade, senón que abarca o patrimonio arqueolóxico de Marín, Pontevedra e Vilaboa, os tres integrados na Mancomunidade Terras de Pontevedra. Non é de recibo, pois, que os recursos económicos dispoñibles para potenciar a arte rupestre se destinen a elementos que están suficientemente amortizados -Mogor, Subidá-. Por máis que estes precisen un mantemento continuo na súa conservación, outros en cambio están na máis absoluta deixadez e teñen mérito abondo para formar parte dun circuito oficial de sendeirismo que uniría todos eses obxectivos que persegue Terras de Pontevedra: turismo cultural, turismo familiar, turismo accesible. Hai que ser negad@ para non velo.

O goberno local de Marín non ten excusa. Cando noutras localidades hai colectivos que sen a penas mediación institucional ou directamente sen axuda de ningún tipo -Capitán Gosende en Cerdedo, Outeiro en Ourense, o Instituto de Estudos Miñoranos no Val Miñor, por citar uns exemplos- están traballando a prol dun ben común como é o patrimonio histórico, este concello non pode alegar falta de implicación social cando hai unha vintena de organizacións veciñais e culturais da bisbarra apoiando a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

…Que para máis, ten unha ubicación estratéxica próxima ao centro de Marín, de Pontevedra e ao Lago de Castiñeiras. E que lle ofrece aos visitantes espazos de lecer ou de recepción que, no caso do monte de San Xulián, ben poderían ser a área arborada a carón da estrada de Figueirido -recentemente desbrozada despois de moito insistir nesta petición-, e a área recreativa que, aí si, procede un mínimo investimento para acondicionar o espazo que leva varios anos  destrozado a consecuencia dos actos vandálicos e da deixadez da Comunidade de Montes.

Máis doado, imposible. O que hai é unha evidente ausencia de vontade política.

* Máis información dos elementos arqueolóxicos situados no ámbito do Pornedo, na sección Arte Rupestre.

Publicado por: MontePituco | 04/09/2012

A LIMPEZA DA ÁREA ARBORADA, NO DIARIO

Pódese dicir que a situación da área arborada a carón do Pituco é agora moito mellor que ata hai uns días, antes de que fora desbrozada. Pero as condicións serían boas de todo se en vez dun precario saco onde depositar o lixo, se instalara cando menos unha papeleira ou un bidón.

Publicado por: MontePituco | 03/09/2012

UNHA TARDE NO ALTO DO PORNEDO (II)

Tarde solleira e calurosa, a penas sen brisa que refresque o ambiente. “Verán quente, setembro ledo”, di o sabio refraneiro. Na subida ao Pornedo, coma sempre, en todas as épocas do ano, cores e formas suxerentes. A natureza cambiante, que nunca deixa de sorprender o camiñante curioso.

No sendeiro do ascenso, en cambio, seguimos comprobando con certo pesar que persisten algunhas asignaturas pendentes. Lacras que non son alleas a outros montes, pero que no Pornedo custa especialmente erradicar. A presenza de verquidos denota que vivimos rodeados de individuos que carecen do máis mínimo sentido da responsabilidade; que son a antítese da elegancia e do civismo, que fan da zafiedade e do vandalismo o seu patético sinal de identidade.

Por outra banda, na recta final do verán tería sido oportuno que a Comunidade de Montes puxera en marcha un plan de acondicionamento de pistas forestais. A do Pornedo leva moito tempo urxindo tarefas de acondicionamento: non só do firme, que está moi erosionado polo tránsito de vehículos e, sobre todo, pola baixada de augas pluviais; senón tamén das canalizacións laterais, que están obturadas por desprendementos de terra, por verquidos ilegais que os desaprensivos volcan a mantenta, e polo exceso de vexetación, como xestas, fentos ou silveiras, algunhas mesmo do grosor dun dedo.

A mediados do pasado mes de agosto, descubriamos que se realizaran tarefas de colleita de herba, fento e toxo que cubrían o campo do Pornedo (ler o artigo “Unha tarde de domingo no Alto do Pornedo“), tal vez para destinalo a estrume. Proba de que o monte segue cumprindo unha función agrícola, positiva. Uns días despois, o Alto do Pornedo xa está reverdecendo, renovándose.

O pasado mes de agosto descubriamos varios buratos excavados no camiño, de pouca profundidade, con algunhas plumas e pegadas de animais ao redor. Algúns expertos atribúen a súa autoría a raposos en fase próxima a abandonar a raposeira. Nesta ocasión, ante unha das excavacións de maior profundidade, preguntabámonos que podería haber no interior, escuro e inaccesible a simple vista. Introducimos a cámara, prememos no disparador, e actívase o flash…

…N-a-d-a…

Outras pegadas, en cambio, son inconfundibles. Todos os indicios apunta a unha única especie: Mecanicae tracto vehiculorum.

O que nunca deixa de chamar a atención é a cantidade de bolboretas de diferentes variedades que revoan no Pornedo, entre a vexetación. Buscarán o néctar dos carrascos e das flores do toxo, ou será cuestión da temperatura, pero a todas horas, diurnas e nocturnas, é raro non atopalas -todas interesantes e de cores chamativas- batendo as alas. Os afeccionados a estes insectos teñen aquí un punto de observación moi atractivo.

(Dúas bolboretas en actitude de confraternización).

(Bolboreta nocturna, imaxe tomada con flash automático).

Os penedos son un dos elementos característicos do Monte Pornedo, que antano debeu ter rochas monumentais. As máis das que puido haber non chegaron aos nosos días debido á acción humana. Moitas das vivendas construidas nas aldeas próximas probablemente se ergueron grazas aos bloques de pedra extraídos das canteiras que houbo neste lugar. Afortunadamente os canteiros respectaron gravados rupestres como os do Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro. Nembargantes, aínda que outros foran parar aos muros dalgunha casa, os restos das canteiras constitúen tamén un sinal identitario da historia de Marín e da súa economía local. Os historiadores teñen aquí un tema inédito no que pagaría a pena investigar.

Pola tranquilidade do lugar, pola súa cercanía, pola paisaxe que se divisa dende o miradoiro, pola unión de patrimonio e natureza… hai moitas razóns para visitar o Pornedo. Pero cando veñas…

…Leva de volta o teu lixo, non o deixes tirado!

Cando se achega o momento máxico do solpor, a luz vaise tornando horizontal, o monte ilumínase de matices dourados.

O sol acariciando o dourado do trigo

quizais diga a palabra que eu non che sei dicir.

A sombra dunha dalia nun espello,

vagabunda sorrisa.

¿PENSOU ALGUÉN QUE A LUZ NON SE TOCABA?

[Miguel González Garcés: “Sede e luz” (1986)]

Publicado por: MontePituco | 29/08/2012

EN PRECAMPAÑA AUTONÓMICA

Eleccións autonómicas o 21 de outubro. Cómpre ir facendo memoria para saber a que nos expoñemos os veciños e veciñas que apoiamos incondicionalmente a conservación do Monte Pornedo fronte a eses partidos que máis abogaron por convertelo nun polígono industrial abominable, nun espazo de elevado interese paisaxístico e arqueolóxico.

Imaxe do artigo titulado “Mira o que fago coa túa papeleta (bis)” do 18 de maio de 2011.

Imaxe do artigo titulado “A pape-cutre-leta“, do 12 de maio de 2011.

Publicado por: MontePituco | 28/08/2012

A VOLTA PASOU POR MARÍN

 

A Volta a España pasou por Marín. Toda España puido gozar de estupendas imaxes aéreas da vila; unha promoción que lle pode reportar importantes beneficios ao Concello, cunha achega económica por parte das Administracións públicas que por activa e por pasiva califican como “un investimento, non un gasto”. Pero calquera que estivera atento á retransmisión en directo da TVE, decataríase de que os realizadores evitaron emitir imaxes pouco favorecedoras da paisaxe. Alguén viu a fábrica de Ence? Moitas praias, moita panorámica aérea da cámara situada no helicóptero que sobrevoaba o trazado da carreira, moito plano secuencia a pé de asfalto dos corredores ao seu paso polos puntos máis emblemáticos, pero estampas como a da fábrica non pasaron o filtro do esteticamente correcto. Non pode ser casual que puxeran publicidade nese preciso momento no que o pelotón circulaba por detrás do complexo industrial.

A cuestión é que o Monte Pornedo está -visualmente falando- por encima da Casa do Concello. Segundo os ciclistas avanzaban dende a Praza de España á Avenida de Ourense, a pouco que levantaran a mirada estarían vendo o Pornedo; o mesmo que as cámaras instaladas nas motos que seguen a evolución da carreira a pé de estrada. Marín non podería presumir -a nivel nacional e mesmo internacional, tendo en conta a audiencia potencial dun acontecemento deportivo destas dimensións- dun Concello onde unha das zonas máis visibles dende numerosos puntos de vista -dende o propio centro da vila, dende a beira da ría- alterara considerablemente a súa fisonomía para convertela nun polígono industrial dun impacto brutal. A imaxe de Marín sería absolutamente INVENDIBLE.

Cómpre lembrar, neste sentido, as conclusións do informe técnico presentado nas alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais:

“A localización do parque empresarial no alto dun coto fai que sexa visible desde unha ampla zona. Analízase a intervisibilidade, os puntos dende os que se podería contemplar o perímetro do parque empresarial sobre o conxunto da ría de Pontevedra, realizando unha análise mediante un sistema de información xeográfica. O parque empresarial, sería visible dende todo o litoral norte da ría de Pontevedra (Combarro, Sanxenxo, etc) e parte do núcleo urbano de Marín e Pontevedra. Estímase en 15.300 ha. a superficie dende a cal sería visible o polígono empresarial. Estas son zonas de elevada poboación e uso turístico, polo que a afección á paisaxe e ao desenvolvemento turístico do territorio é moi elevada“.

Publicado por: MontePituco | 27/08/2012

REGULACIÓN DA CIRCULACIÓN MOTORIZADA NOS MONTES

O pasado mes de abril presentouse no municipio de Barro a Federación Galega de Vehículos Todoterreo. Este colectivo celebrou este pasado fin de semana, nesta mesma localidade, unha xornada informativa que contou coa presenza, entre outros participantes, da voceira de Montes do PP de Galicia, Emma Álvarez Chao.

Posto que o Pornedo foi escenario dun circuito irregular de motorismo que desafortunadamente se mantivo durante moito tempo ante a pasividade da Comunidade de Montes, e dunha desagradable campaña de asoballamento por parte dos pilotos e dos simpatizantes desta práctica deportiva cando DEFENDE O MONTE PITUCO comezou a denunciar esta práctica e a demandar o seu cese. E posto que a Comunidade de Montes está tramitando a cesión dun espazo para que os afeccionados a esta actividade poidan adestrarse sen ter que circular por espazos prohibidos a tal fin… Procede dar conta dunha iniciativa que, segundo anunciou Emma Álvarez, xa se presentou no Parlamento e que consiste la regulación do acceso motorizado ao monte.

Esta práctica xa está contemplada na Lei 7/2012 de Montes de Galicia que entrou recentemente en vigor. O Título V “Das infraestruturas forestais”, no artigo 98 adicado ás “Pistas forestais”, a Lei de Montes de Galicia regula o manexo de vehículos motorizados:

1. Todo camiño de tránsito rodado de titularidade pública ou privada, fóra da rede de estradas, vinculado á xestión forestal e situado en solo rústico de protección forestal terá a consideración de pista forestal, e quedará adscrito á xestión agroforestal, e, en ningún caso, terá a consideración de acceso rodado público para os efectos previstos na lexislación urbanística.

2. A circulación con vehículos de motor por pistas forestais que non sexan de uso público ou situadas fóra da rede de estradas quedará LIMITADA:

a) Ás servidumes de paso a que houber lugar, e non se poderá facer en actitude de condución deportiva.

b) Á xestión agroforestal, incluída a actividade cinexética e piscícola.

c) Aos labores de vixilancia e extinción das administracións públicas competentes.

Queda PROHIBIDA a circulación motorizada campo a través, por sendeiros, por devasas ou por vías de saca de madeira, agás para aqueles vehículos vinculados á xestión agroforestal, incluída a actividade cinexética e piscícola, á prevención e defensa contra incendios forestais, aos labores de vixilancia e tutela propios das administracións públicas e aos eventos e ás actividades que fosen autorizados pola Administración forestal consonte o artigo 88 desta lei.

3. Os titulares das pistas forestais, tras a autorización da Administración forestal, poderán regular o tránsito aberto motorizado polas pistas forestais que se atopen fóra da rede de estradas e non formen parte das servidumes de paso, mediante a súa sinalización, sen prexuízo do disposto na lexislación en materia de prevención e defensa contra incendios forestais. O usuario será, en todos os casos, o responsable dos danos ou prexuízos que se poidan ocasionar, tanto a si mesmo como a terceiros, na súa utilización. Nos casos de realización de eventos e actividades culturais e deportivos alleos á propiedade que se desenvolvan mediante o tránsito motorizado polas ditas pistas, deberase contar coa autorización expresa por parte do titular, segundo o disposto no artigo 88 desta lei.

4. Toda obra de reforma, modificación, transformación ou renovación das pistas forestais principais non poderá alterar nin limitar o seu carácter prioritario agroforestal, agás autorización expresa da Administración forestal.

5. As características e as esixencias construtivas das pistas forestais principais, viradoiros e parques de madeira serán establecidas pola Administración forestal mediante orde da consellaría competente en materia de montes, e responderán á necesidade e á viabilidade dos requirimentos de amoreamento e transporte dos produtos forestais e do acceso aos montes da maquinaria forestal, minimizando o impacto sobre a paisaxe, os ecosistemas forestais de gran valor e a erosión e axustándose sempre que sexa posible á rede viaria existente.

6. Os sendeiros, as devasas e as vías de saca de madeira de carácter temporal non terán a consideración de pistas forestais.

7. A construción de pistas, camiños ou calquera outra infraestrutura permanente en montes ou terreos forestais, cando non estea prevista no correspondente instrumento de ordenación ou de xestión forestal, requirirá da súa modificación, de acordo co establecido no artigo 82 desta lei.

8. Os instrumentos de ordenación ou de xestión forestal preverán a recuperación ou a rexeneración da cuberta vexetal dos camiños forestais, devasas, faixas, parques de madeira ou calquera outra infraestrutura abandonada no medio forestal, co fin de evitar a súa progresiva degradación e facilitar a súa integración no ecosistema forestal.

A proposta do PP publicaríase antes de que remate este ano 2012 a través dunha orde que desenvolvería a citada Lei. Cal é o plantexamento do PP? Emma Álvarez recalcou que circular polo monte fóra das vías e pistas está PROHIBIDO e o que se pretende é que poidan existir zonas, adecuadamente contempladas nos instrumentos de ordenación e de xestión, nas que o uso deportivo estea contemplado como un posible aproveitamento do monte, cando o plantexe e o autorice o titular da propiedade.

A proposta que prepara o PP contempla o desenvolvemento dun permiso de vixencia anual expedido polas asociacións, clubes ou motoclubes que teñan previamente autorizada a actividade no monte pola Administración, para regular as actividades relacionadas co tránsito de vehículos nestes espazos. A cambio, contemplaríase unha prestación medioambiental que redunde no beneficio do medio natural, da paisaxe e no mantemento e protección das vías transitadas.

Previa solicitude por parte das asociacións, clubes e motoclubes, estes poderán considerarse como “voluntariado do monte” aos efectos de detección incendios e, en caso de solicitalo a dirección de extinción, informar do estado viario dos montes.

A defensa da integridade dos montes por parte das Comunidades e asociacións veciñais fronte á actividade motorizada irregular ou fronte prácticas lesivas para a conservación destes espazos nunca foi en van. A protección das zonas con elementos arqueolóxicos e paisaxísticos singulares ten que prevalecer sobre os intereses e as presións das agrupacións de pilotos. A lexislación marca pauta e cómpre axustarse estrictamente ao seu contido.

Publicado por: MontePituco | 26/08/2012

O NÓ DE CELULOSAS, EN FUNCIONAMENTO

Diario, 25 agosto 2012

El nudo de Celulosas se reabre hoy al tráfico, un año después

Publicado por: MontePituco | 24/08/2012

DESBROCE DA ÁREA DE LECER E LIMPEZA VIARIA

Remata a semana cunha boa noticia: o desbroce da área de lecer a carón da estrada de Figueirido, que levaba moitos meses nun estado calamitoso, chea de silvas, fentos e maleza que facían que o lugar non resultara especialmente indicado para cumprir a súa función, como zona de descanso, paseo ou esparcemento.

No blogue DEFENDE O MONTE PITUCO denunciouse en numerosas ocasións a mala imaxe que ofrecía este espazo, no que é habitual ver grupos de veciños conversando, xogando ás cartas nas tardes calurosas do verán á sombra das árbores, paseando os cans ou mesmo celebrando cumpreanos e festas. Esta última actividade non era recomendable pola participación de nenos e nenas de pouca idade que, debido a que a broza acumulada en determinados recunchos, podían estar expostos a algún perigo.

Foi necesario algún que outro escrito ao Concello para informar desta situación no caso de que tiveran algunha competencia, e solicitarlle á directiva da Comunidade de Montes de San Xulián -na última asemblea extraordinaria- que adoptaran as medidas necesarias para proceder á limpeza urxente desta zona. Pasaron vinte días desa petición e por fin podemos informar do cumprimento desa especie de “compromiso” que adoptou a Comunidade de Montes cando tomou nota do aviso.

[Ver o artigo titulado “A ÁREA DE DESCANSO EN ESTADO DE ABANDONO“]

O desbroce realizouse nunha zona ampla, contra o fondo da área de lecer. A maleza tiña tanta altura e era tan mesta que ata dificultaba o paso da luz. A eliminación da vexetación permitiu facer un gran descubrimento: a excelente paisaxe do porto e da ría, coa Illa de Tambo en pleno centro da postal, que se divisa dende este privilexiado espazo.

Esta área de lecer complementa a vista aínda máis panorámica e extraordinaria que se divisa dende o miradoiro natural do Alto do Pornedo. Sería moi oportuno que, despois do desbroce deste espazo se continuaran realizando outras melloras: a reparación dos desperfectos que ten o mobiliario, con algún banco de pedra roto, e a reposición de papeleiras; o saneamento das fontes; a instalación dun valado contra o fondo, para evitar o risco de caídas polo terraplén, que ten unha altura considerable, ao estar a terra branda e esvaradiza.

E, por suposto, despois desta actuación, o que verdadeiramente cómpre é que a Comunidade de Montes non se desentenda novamente da zona e se ocupe de facerlle un mínimo mantemento de forma periódica para evitar que volva converterse nun boscal. Mentres tanto, no parque arborado aínda arrecende a herba recén cortada; hai moitos cañotos de silveiras que dificultan un pouco o paseo e cómpre camiñar con coidado, pero así como comece a medrar algo de herba, converterase nun lugar óptimo e agradable para o encontro e o disfrute.

…A disfrutalo pois, mentres dure!

A esta boa nova cómpre engadir tamén que o vial que enlaza a estrada de Figueirido con Arealonga, Casal e Laxe, no que semanas atrás se realizaran tarefas de limpeza viaria, aínda que parcialmente, someteuse hai xa uns días a unha segunda actuación que, agora si, deixou a estrada en mellores condicións.

Publicado por: MontePituco | 24/08/2012

RUTAS DE SENDEIRISMO EN CÍES

Diario, 23 agosto 2012

Crónica de un día en el paraíso

Las Illas Cíes forman parte del patrimonio natural del país y enamoran a quienes las conocen

Rutas para recorrer las Cíes:

  • Ruta del Monte Faro, 1,4 km. Es la más larga y emblemática. Lleva hasta el Faro de Cíes, donde se puede admirar una panorámica de las tres islas y de sus acantilados.
  • Ruta del Faro da Porta, 5,2 km. De menos dificultad que la del Monte Faro, ofrece vistas de la isla Sur y ya en el Faro se observan los acantilados. También se pueden ver los restos de un poblado castreño.
  • Ruta del Alto do Príncipe, 3 km. Transcurre por la isla de Monteagudo, en su mayor parte a la sombra de los árboles. Se observan las dunas de Mucieiro y pasa junto a la playa nudista de Figueiras.
  • Ruta de Monteagudo, 5,6 km. Sigue parte del recorrido que la del Alto do Príncipe. Ofrece buenas vistas de la ría de Vigo y Costa da vela, y en época de cría se pueden ver numerosas aves.

 

Publicado por: MontePituco | 23/08/2012

O PXOM DE MARÍN E O ‘PXOM’ DO PORTO DE MARÍN

As cámaras de fotos xa teñen os flashes preparados para chiscar intensamente no encontro que se vai celebrar mañá, venres 24 de agosto, na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en Santiago. A alcaldesa María Ramallo poderá erguerse o sábado moi contenta e impaciente por abrir as páxinas da prensa local, que recollerán amplamente a súa visita ao conselleiro Agustín Hernández e á secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, para entregarlles o texto refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Marín.

Ese texto refundido que se parece ao documento que lle foi exposto á veciñanza tanto como un ovo á unha castaña. Ese texto refundido que condena o Monte Pituco a converterse nun pegote de cemento e formigón, nun adefesio urbanístico en plena fachada da ría cun impacto paisaxístico incomensurable e irreversible.

…Logo virán os partidos da oposición a queixarse, como aconteceu o pasado mes de marzo [ver artigo titulado “Aberración no PXOM“], polo rédito propagandístico-electoral que o PP de Marín lle vai quitar a esa escenificación política. Porque é do que se trata: colgar a medalla, o de menos é que o PXOM lle vaia facilitar a vida e a habitabilidade aos veciños e veciñas interesados en ampliar a súa vivenda ou en facer unha edificación.

E mentres Marín vai dando pasos para dotarse defintivamente do seu planeamento, tamén a Autoridade Portuaria avanza para aprobar o seu “PXOM” particular, o Plan Especial do Porto. Ocasión que, en DEFENDE O MONTE PITUCO, aproveitamos por enésima vez para lembrarlle á cidadanía e ao propio Concello que xa no ano 2000 a Autoridade Portuaria rexeitou a posibilidade de optar polo Monte Pituco para ampliar a súa superficie industrial como plataforma loxística, polas razóns que o Goberno local, o anterior e o actual, se negan a asimilar: o desnivel do terreo.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías