As obras de reforma da estrada de San Xulián, que a finais de xullo quedaran paradas, volveron poñerse en marcha. Este pasado venres anunciárase con varios avisos instalados nalgúns postes e portais, que hoxe luns e mañá martes quedaba prohibido aparcar vehículos. Efectivamente, as máquinas -que en días anteriores xa estiveran fresando algúns treitos de asfalto- retornaron a San Xulián para asfaltar o vial, trala construcción das beirarrúas. Nunha primeira fase, a nova capa de rodadura vai dende o cruce coa barriada de San Pedro ata o cruce co Igrexario. A segunda parte chegará ata a Casa de Montes de San Xulián.
Publicado por: MontePituco | 01/10/2012
ASFALTADO DA ESTRADA DE SAN XULIÁN, 1ª FASE
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: AA.VV. San Xulián, Parroquia de San Xulián
Deixar unha resposta