Publicado por: MontePituco | 27/06/2014

ANDAINA POLOS MONTES DE MEIRA

2º roteiro polos Montes do Morrazo.

2º ROTEIRO CONTRA DO DESDOBRAMENTO DO CORREDOR DO MORRAZO: Montes de Meira

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 29 de xuño o segundo roteiro contra o desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo.

O roteiro, cuxo percorrido será circular, sairá ás 11 da mañá desde o igrexario de Santa Eulalia de Meira (Moaña) tendo previsto a volta ao mesmo lugar ás 13:30h. O percorrido pasará pola carballeira de Bronlle, o núcleo rural de Quintáns, o sendeiro e muíños do rego Barranco do Faro, primeiro paso baixo o viaduto de A Mó, o Outeiro de Aviador, a área recreativa e miradoiro dos Parentes, a Pedra Furada, os montes de Meira, o petróglifo de Pozo Garrido, segundo paso baixo o viaduto de A Mó, a área recreativa e patrimonial da Torre de Meira, o núcleo rural de Pombal até chegar de novo ao igrexario.

 

Diario, 26 de xuño de 2014.

Levan semanas e semanas anunciando a publicación do novo trazado da rede de abastecemento de auga elaborado polos técnicos de Acuaes. Foi o 31 de marzo cando se presentou a modificación do trazado inicial. Pasou abril, cando en teoría ía rematar a fase de redacción do proxecto. Pasaron as dúas semanas de marxe que o técnico de Acuaes nos pediu a DEFENDE O MONTE PITUCO para estudar as previsibles afeccións ao patrimonio arqueolóxico, no conxunto rupestre de Pinal de Caeiro. Pasou maio. Está a piques de pasar xuño. E a información do Diario de Pontevedra apunta a que a exposición ao público aínda se fará “en las próximas semanas”.

Nin unha palilleira de Camariñas tarda tanto en facer un tapete de encaixe como un técnico de Acuaes en replantexar o deseño dunha obra, ou tan sequera reunirse cos veciños do Monte Pituco,  que levamos máis dun ano avisando de que hai un xacemento catalogado que está directamente afectado polo paso das máquinas.

Por riba, temos que enfrontarnos a que o grao de afección no Pituco sexa tremendamente abusivo e aturar que os promotores  desta rede de abastecemento se rían dun colectivo que está loitando coas armas do Estado de Dereito contra o proxecto de instalación dun polígono industrial nun terreo clasificado como Espazo Natural, xa que a súa intención é atravesar coas tubarías o terreo que se atopa en conflicto, coa complicidade entusiasta da Comunidade de Montes, que segue “facendo caixa” a costa do monte veciñal.

O tempo corre para o Concello de Marín e para a Sociedade Estatal Acuaes, porque hai unha subvención europea que marca uns prazos. DEFENDE O MONTE PITUCO non ten nada que obxectar contra unha infraestrutura hidráulica cuxo ámbito de actuación abrangue os concellos de Sanxenxo, Poio, Pontevedra e Marín.

Pero NON TODO VALE, a defensa do monte é un asunto primordial -sexa fronte a un polígono industrial, unha agresión ao patrimonio histórico ou unha actuación que atenta contra un procedemento legal que aínda ten un longo camiño por diante-. Non imos permanecer de brazos cruzados fronte a unha estratexia de feitos consumados. E no periodo de alegacións reflexarase a firme oposición deste colectivo se o Concello de Marín e Acuaes pretenden fender unha parte do Monte Pituco en vez de manter o proxecto inicial que conducía as tubarías pola estrada provincial.

Bosquexo do trazado da tubaría de Acuaes a través do Monte Pituco.

Novo trazado de ACUAES, en amarelo.

Publicado por: MontePituco | 25/06/2014

ESTUDOS DE FAUNA E FLORA NOUTROS ESPAZOS PRÓXIMOS AO PITUCO

Diario, 25 de xuño de 2014.

Reportaxe no Diario de Pontevedra, 25 de xuño 2014

…O vagalume, a xoaniña, a barbantesa. Son algúns dos insectos que os Andaríns do Val do Lérez recollen no seu catálogo de fauna en perigo de desaparición. Son insectos que tamén están presentes no Monte Pituco e dos que se ten dado constancia documental a través das fotografías recollidas neste blogue (sección “Fauna“). Se do que se trata é de sensibilizar a cidadanía sobre a importancia destas especies “para que saiba valorar a súa función”, como explica Juan Ramón López, tanta protección como os propios animais ten que recibir tamén o ecosistema no que habitan.

Con esta reflexión volvemos reclamar unha vez máis a conservación e a protección do Monte Pituco, un Espazo Natural situado no corredor ecolóxico a medio camiño entre os Montes do Morrazo e o contorno de Pontevedra. Parabéns polo seu labor aos Andaríns do Val do Lérez, aos que seguimos a través das súas colaboracións con Vaipolorío e coa Comunidade de Montes de Salcedo.

* INSECTOS NO MONTE PITUCO:

Mantis relixiosa localizada na pista forestal do Pornedo.

Barbantesa

Voa, voa, xoaniña... no Monte Pornedo.

Xoaniña

Larva de vagalume (verme de luz).

Larva de vagalume

 

 

Publicado por: MontePituco | 24/06/2014

VAGALUMES POLO SAN XOÁN

Lucecú na aba do Monte Pituco.

Na aba do Monte Pituco hai vagalumes. Foi o achado especial desta xornada de San Xoán: dúas luces brillantes agochadas debaixo dunha silveira, ao pé dunha maceira.

Contan os nosos interlocutores nas redes sociais que abundaban hai moitos anos, pero que a contaminación dezmou a poboación destes insectos coleópteros.

Non deixa de asombrar a capacidade desta especie para xerar luz. Esa bioluminiscencia é o que os fai especiais; e a súa presenza na aba do Monte Pituco induce a pensar que verdadeiramente estamos nun Espazo Natural cunhas condicións de calidad máis que idóneas para que esta especie se desenvolva. Nada hai dese lugar degradado que os pro-polígono intentan facer calar na cidadanía. Moi ao contrario, a presenza do vagalume ou lucecú súmase á existencia doutras especies -saramaganta rabilonga, aves rapaces diversas- que demostran claramente que o Monte Pituco ostenta por dereito e mérito propio a categoría de Espazo Natural que se lle outorgou nas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento, e que os pro-polígono pretenden furtarlle con mentiras e xogo sucio.

Así é esta especie que seguiremos moi de cerca, en diante, para saber máis sobre a súa bioloxía, costumes e lendas.

Imaxes de vagalume macho e femia.

Habitan en lugares húmidos, onde as súas larvas -denominados vermes de luz- se alimentan principalmente de lesmas e cascarolos. Precisamente, nunha ocasión atopamos un exemplar desta cría no interior da cuncha dun caracol.

Larva de vagalume (verme de luz).

As luces de cor verdoso-fluorescente que atopamos debaixo das follas de silveira correspondían con dúas femias de vagalume, que prenden a súa antorcha polas noites para atraer os machos, que voan ao seu arredor. Mentres que os machos teñen un aspecto semellante ao doutros coleópteros, as femias non acadan ese nivel de desenvolvemento morfolóxico e o seu aspecto é larvario, polo que non teñen capacidade para voar.

Vagalume, lucecú, bicho do lume, cociñeiro, coco de luz, meiga, vella, vella do caldo, vella dos valados, vella facendo as papas, vella facendo o caldo, vella sen dentes, velliña da cea, verme canteiro, verme carpinteiro, verme da luz, verme de luz, lucerna, luceiro, corcoño, coroceiro, cagalume… Son moitos os nomes que recibe en Galicia esta criatura. En Portugal coñécense como pirilampos ou luzecus.

“…Tempos de cereixa e vagalume

polas encostas lemavas

que soben o circo das montañas…”

Lois Diéguez, fragmento de “Sete poemas e un maio”

Publicado por: MontePituco | 23/06/2014

SAN XOÁN: MEIGAS FÓRA! PRO-POLÍGONOS FÓRA!

Herbas de San Xoán recollidas no Monte Pituco.

Feliz San Xoán a tod@s!

No Monte Pituco cumprimos coa tradición de saltar a cachareliña e de refrescarnos coa auga máxica das herbas que recollemos no propio monte: fiúncho, macela, tromentelo, codeso, cardo, follas de sabugueiro, estalotes… e outras moitas coa que “personalizamos” este cacho: malvarrosa, herbaluisa, romeu, follas de figueira, ruda, loureiro, hortensia, folla de viña branca, hedra…

Herbas de San Xoán recollidas no Monte Pituco.

Un tuttifrutti de plantas que maceraron na auga de 7 fontes, como manda a tradición. Custou un pouco mais, cunha pouca axuda, foi posible:

-Fonte do Regueiriño (Lourizán)

-Fonte da Prata (Salcedo)

-Fonte do Pituco

-Fonte da arboreda do Pituco

-Fonte da Grela

-Fonte do Igrexario de San Xulián

-Fonte do Carregal

A nosa auga de San Xoán arrecende a monte, a vida, a loita, a esperanza.

Herbas de San Xoán recollidas no Monte Pituco.

Meigas fóra!   Pro-polígonos fóra!

 

Publicado por: MontePituco | 22/06/2014

ALFOMBRAS FLORAIS EN SAN XULIÁN

Alfombra floral dedicada a Xan Montenegro.

Poucos días despois da homenaxe a Xan Montenegro no seu terceiro cabodano, a súa figura volve estar presente neste día de Corpus. Entre as alfombras florais que adornan o chan ao paso do Santísimo, unha delas plasma o característico chapeu que sempre levaba Xan, e a bandeira galega, que representa os seus ideais nacionalistas.

…Beizóns aos artífices deste traballo artesanal!

Alfombra floral dedicada a Xan Montenegro.

Alfombra floral dedicada a Xan Montenegro.

Publicado por: MontePituco | 21/06/2014

NA MARCHA DA APDR

Marcha da APDR 2014.

“…Bienvenidos al concierto

gracias por estar aquí,

vuestro impulso nos hará seres eléctricos!”

Marcha da APDR 2014.

A lectura do manifesto.

Marcha da APRD 2014.

O flanco marinense.

Na marcha da APDR 2014.

Varios pares de ollos estratexicamente situados nas alturas.

Marcha da APDR 2014.

O rastro da APDR.

Na Marcha da APDR 2014.

Si. Cheira.

Na Marcha da APDR 2014.

Pechando o retorno da manifestación. Coa Policía pisando os talóns.

Na Marcha da APDR 2014.

Ei, carballeira!

Na Marcha da APDR 2014.

Patinando pola defensa da ría.

Na Marcha da APDR 2014.

Columna-protesta.

A ría. O solpor.

A ría. O solpor.

Publicado por: MontePituco | 20/06/2014

3º CABODANO DE XAN MONTENEGRO

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Ao inicio da homenaxe a Xan, no terceiro aniversario do seu pasamento, Lía e Tati interpretaron o Himno de Riego.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Flanqueado por Xosé Vilas e Lois González, Julio Santos Pena ofreceu unha semblanza vital de Xan: a súa defensa da liberdade, o compromiso coa cultura, os principios inquebrantables que marcaban o seu ideario, o respecto polas opinións discrepantes…

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Samu interpretou un poema musicado deo marinense Sebastián Hermo.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Acompañado por Iria, Pablo leu uns versos de Eduardo Pondal. Lois González referiuse a eles como “a semente”.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Ademais de presentar a homenaxe, Lois González tamén compartiu os seus recordos sobre Xan: a súa defensa do patrimonio, a súa loita a prol das causas xustas. Se aínda estivese connosco, Xan estaría en primeira liña contra a privatización da sanidade, a prol da educación pública, encabezando as reivindicacións que están a marcar o noso día a día.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Un ano máis, moitos veciñ@s, amig@s e achegad@s achegáronse ata o monumento de homenaxe a Xan Montenegro, construído por Pablo González.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Nun lugar privilexiado, a nai de Xan, dona Lucinda.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Tati e Lía interpretaron ao violín unha composición de Vivaldi.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Esther e Lucinda, curmá e irmá de Xan, compartiron uns versos de Borges.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Máis música a cargo de David Iglesias, que interpretou dous cantares de vego coa zanfona.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Concluiu a homenaxe a Xan coa actuación de Felipe Rea, o ghaiteiro de Estribela, que interpretou o himno galego.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

A modesta achega de DEFENDE O MONTE PITUCO: obsequiamos a familia Montenegro cun recordo do Monte Pituco, un anaco de seixo que atopamos no camiño dunha de tantas andainas polo “balcón da ría” que Xan tanto apreciaba e defendía. Sempre na nosa memoria!

Homenaxe a Xan Montenegro no seu 3º cabodano.

Publicado por: MontePituco | 19/06/2014

ESTE SÁBADO, MARCHA CONTRA CELULOSAS

Marcha contra Celulosas

Comunicado da Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra con motivo da nova edición da Marcha contra Celulosas que se celebrará este sábado 21, con saída ás 19:30h dende as alamedas de Marín e de Pontevedra.

ENCE e ELNOSA pretenden permanecer na Ría máis aló do 2018 e o PP non o vai impedir. O acordo Xunta-ELNOSA, que fixa o fin da actividade da cloreira no 2017, é papel mollado xa que non obriga á empresa a cumprilo. Pola súa banda, a modificación da Lei de Costas permite a concesión dunha prórroga de 50 anos a ENCE en Lourizán, unha prórroga que podería ampliarse 10 anos mais en función do que poña a empresa enriba da mesa.

Esta prórroga supón privatizar un espazo público que tiña que ser recuperado para o conxunto da poboación e dárllelo a unhas empresas privadas que sempre desprezaron a legalidade e á cidadanía. Pero supón tamén a destrución da Ría, dos recursos naturais, o medio ambiente e a economía da comarca; porque a creación de postos de traballo non vai vir nunca da man de ENCE-ELNOSA; porque a solución á crise e a creación de emprego de calidade só será posíbel cando o espazo que hoxe ocupan ENCE e ELNOSA sexa recuperado para a explotación racional do marisqueo, a pesca de baixura, o turismo e o sector forestal.

E non podemos permitir a usurpación do que é noso. Non podemos permitir unha nova prórroga que suporía o ataque frontal aos nosos dereitos, un novo chanzo no camiño cara á destrución do futuro a mans de ENCE-ELNOSA. Por iso, por máis pedras que nos poñan na nosa andaina, non imos recuar. O camiño pola recuperación da Ría non ten volta atrás e, hoxe máis que nunca, por dignidade, fronte á imposición dunha Lei inxusta, temos que amosar a nosa rebeldía na defensa dos nosos dereitos; temos que impedir unha nova prórroga a ENCE e ELNOSA.

POLA DEFENSA DA RÍA E CONTRA A CORRUPCIÓN AMBIENTAL. POR DIGNIDADE, IMPIDAMOS UNHA NOVA PRÓRROGA A ENCE E ELNOSA.

Publicado por: MontePituco | 18/06/2014

ANÁLISE CRÍTICA DO PLADIGA, EN CINCO PUNTOS BÁSICOS

Os restos do incendio, esta tarde, en Lourizán.

Restos dun conato de incendio rexistrado o pasado ano en Lourizán, preto do Monte Pituco.

Comunicado da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común sobre o PLADIGA 2014, que se atopa publicado na web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

A ORGACCMM, integrante do Comité de Defensa do Monte Galego, quere salientar públicamente do PLADIGA 2014 (Plan de Defensa contra Incendios Forestais de Galicia) aqueles puntos que foron obxecto de consenso entre as organizacións que o conforman, na ultima reunión celebrada neste mes de xuño.

1.- O PLADIGA é unha declaración de intencións. Relatorio de normas, estatistícas, organización e funcións que non se aplicaron nos anteriores nin se van aplicar neste ano.

2.-O PLADIGA foi elaborado unilateralmente pola Xunta de Galicia, sen contar coa participación social. Trátase dun texto imposto, considerando os membros do Consello Forestal donde se presentou, como mera comparsa.

3.- A Xunta criminaliza os/as propietarios/as de montes co nomeamento das parroquias de maior intensidade de lumes, xenerando unha imaxe das mesmas de gheto social e un estado policial.

4.- A Xunta de Galicia non fai nada por solucionar o problema dos 300.000 permisos de queima que expide por ano, e de onde -por carencia de asesoramento– prodúcense incendios forestais, tendo como consecuencia o considerar publicamente o autor como un delicuente.

5.- A Consellería do Medio Rural e do Mar, non conta cunha plantilla de persoal dimensionada para facer fronte aos incendios forestáis. É totalmente falso que a cifra de 5.700 persoas que presentaron como medios humanos sexan profesionáis, quedando limitado o número a 1.700. O resto son as contratacións eventuais de 2-3 meses para o verán (aproveitar as taxas de paro para contratar a persoas que non teñen a formación necesaria para un traballo de alto risco).

O PLADIGA non é máis que un texto co que pretenden tapar a incompetencia da prevención e defensa contra os incendios forestais.

Por outra parte, a Xunta está impulsando unha campaña de comunicación nos medios enfocada á “prevención dos incendios”. Así, está difundido unha serie de instruccións sobre o control da vexetación nas inmediacións das vivendas e núcleos de poboación.

Arredor das casas ailladas recoméndase unha franxa de seguridade de 10 metros dende o límite das edificacións. No caso das aldeas e das vilas, esa zona sen vexetación amplíase aos 30 metros.

Franxa seguridade incendios_Xuntai

Publicado por: MontePituco | 17/06/2014

HOMENAXE A XAN MONTENEGRO NO SEU 3º CABODANO

3ª Homenaxe a Xan Montenegro.
…Como pasa o tempo de veloz! Hoxe mesmo cumpríronse xa tres anos do pasamento do noso inesquecible veciño Xan Montenegro, presidente da Asociación de Veciños de San Xulián e unha das persoas máis comprometidas coa cultura e coa liberdade que temos a honra de ter coñecido.

Dende que nos deixara, os seus familiares e amigos máis directos veñen organizando unha homenaxe na súa memoria, para que non se esqueza nunca o seu legado de coherencia, loita e xenerosidade. O pasado ano instalouse un monolito de pedra na estrada de San Xulián, a carón das novas beirarrúas que se construíron en boa parte grazas á súa intensa xestión de moitos anos. O monumento lucía esta mañá un aspecto remozado, cunha bandeira galega ao seu carón como mostra da militancia nacionalista de Xan.

A homenaxe celebrarase este venres 20 de xuño ás 21:30 horas a carón do seu monolito e está aberta á participación de toda a veciñanza que queira achegarse. Como en ocasións anteriores, reunirá a representantes da vida política, cultural e asociativa da vila e da bisbarra, porque son moitas as persoas que o admiraban e que o lembramos con orgullo: co seu sombreiro, co seu sorriso e coa súa intelixente retranca…

Dende o “balcón da ría”, como el se refería ao Monte Pituco, mandámoslle unha aperta voadora e dámoslle as grazas aos seus achegados por manter viva esta cita en torno á súa figura.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

Xan Montenegro, in memoriam.

Artigos sobre as anteriores homenaxes:

Homenaxe a Xan Montenegro: 22 de xuño de 2013.

Na homenaxe a Xan Montenegro: 23 de xuño de 2012.

Na emotiva homenaxe a Xan Montenegro: 29 de xullo de 2011.

 

Entre esta imaxe…

Cadela abandonada na Variante.

…E esta outra

Xesta no seu novo fogar.

…Sucederon varias cousas:

-un pouco de tempo

-e unha fada madriña que se chama Manu Franco

Entre mentres tamén houbo:

-incertidume

-e preocupación

Olgama, en adopción no CAAN da Deputación.

Paga a pena recordar en poucas liñas a historia desta vella cadeliña, que a finais de abril foi abandonada na Variante de Marín, de onde foi recollida por unha patrulla da Policía Local, que a enviou ao Centro de acollida de animais abandonados de Armenteira (Meis), dependente da Deputación Provincial. Alí pasou 20 días á “espera” dun propietario/a que nunca a reclamou e posteriormente foi posta en adopción a través dun anuncio na web do CAAN, onde se identificaba co nome de Olgama.

A difusión do seu caso a través deste blogue e, sobre todo, a través de Facebook, fixo posible que Manu Franco, nun acto de xenerosidade exemplar, se interesara por ela e a levase ao seu fogar en Poio, onde xa convive con outros cans: Menta, Tin, Rula, Kira e Mora. Olgama era “re-bautizada” como Xesta.

Destaca de Manu Franco a súa enorme sensibilidade polo benestar dos animais, a súa colaboración mediante as redes sociais na difusión de numerosos casos de abandono de cans e gatos. Conmove a súa dedicación ao coidado dos animais que acolle, o seu perfecto coñecemento da “personalidade” de cada un. E non hai palabras abondo para eloxiar por que, con cinco animais ao seu cargo, deu o paso de incorporar un máis á súa familia.

Non era un caso nada doado: unha cadela de avanzada idade, 14 anos moi mal levados por falta de coidados. Un soplo no corazón, unha hernia na ingle, problemas de tripa e unha tos persistente son algúns dos seus achaques. Pero as visitas ao veterinario, os tratamentos, a alimentación regular e sobre todo, o agarimo e a convivencia con outros animais cambiáronlle a vida a Xesta.

Despois de  tantas fatigas e do perigo dunha morte máis que segura na cuneta dunha estrada, a hospitalidade da súa benfeitora permitirá que pase tranquila os anos que lle queden, que ogallá sexan moitos. GRAZAS!!!

Xesta no seu novo fogar.

Xesta no seu novo fogar.

Xesta no seu novo fogar.

Xesta no seu novo fogar.

Xesta no seu novo fogar.

Esta historia con final feliz vén a conto de que outros casos de animais abandonados rematan moito peor.

Tani non chegou a ter outra oportunidade. Cando os axentes do Seprona a atoparon agochada debaixo dun coche nunha casa de Salcedo, a súa situación era tan precaria -desnutrición, deshidratación, conxuntivite, anemia, debilidade e dermatite causada polos parásitos que a invadían- que, ao cabo de 15 días, e malia os constantes coidados que recibiu no refuxio da Protectora Os Palleiros, faleceu. O seu dono xa está imputado pola morte doutro can que aínda estaba preso cunha cadea cando se atopou o seu cadáver.

Este venres ás 20:30h está convocada unha concentración na Praza de España en Pontevedra en homenaxe a Tani, coa lectura dun manifesto. Porque nada xustifica o maltrato e o abandono dun animal. Porque cómpre endurecer as sancións contra as persoas desalmadas que actúan dun xeito tan cruel e mesquiño, abusando de seres vivos máis débiles, que son privados dos seus dereitos.

Porque houbo e hai moitas Tanis.

Para que haxa máis Xestas afortunadas.

Tani

Para máis información, consultar anteriores artigos:

Cadela abandonada na Variante (28 de abril de 2014)

Buscando un fogar para Olgama, abandonada na Variante (20 de maio de 2014)

Publicado por: MontePituco | 14/06/2014

ANDAINA POLO MONTE DE MOAÑA

Fonte da Pedra, en Moaña.

O adro da igrexa de San Martiño de Moaña -templo románico do século XII- foi o punto de partida da primeira andaina organizada pola Plataforma dos Montes do Morrazo para amosar o seu  rexeitamento ao proxecto de desdobramento do corredor do Morrazo.

O grupo fixo unha parada na Fonte da Pedra, un dos puntos afectados polas obras de construcción deste vial. Daquela, a escorrentía fixera que esta surtidor quedase practicamente sepultado por importantes cantidades de terra, auga e area que baixaban dende o monte. Con efectos deste tipo queda demostrada a inconveniencia de certas infraestruturas, mal ubicadas e planificadas de xeito deficiente, o que deriva, andando o tempo, en numerosos problemas para o benestar da veciñanza e para a conservación do patrimonio da zona.

No lugar de Xalde divisamos, cara á ría, o Monte do Castro, situado a carón da igrexa de San Martiño. Nunca se fixo unha prospección arqueolóxica en condicións deste enclave, máis aló do achado dalgunhas pezas de cerámica que confirman o seu pasado castrexo, de aí o topónimo co que se identifica.

 Vista do Monte do Castro dende A Salve, en Moaña.

Virando a vista cara ao monte, sen embargo, comezan a facerse visibles as primeiras evidencias dos desprendementos que se produciron nos últimos meses no Corredor do Morrazo e que obrigaron á Consellería a realizar obras urxentes de consolidación do terreo.

Dende a Plataforma dos Montes do Morrazo veñen criticando que non se fixeron estudos xeotécnicos rigorosos para evitar estes desperfectos, por tratarse dun trazado bastante desafortunado na súa planificación.

Obra realizada para solucionar desprendementos no Corredor do Morrazo.

Tamén veñen alertando da elevada sinistralidade deste vial, que en 2010 rexistrou 10 vítimas mortais. Malia que a Xunta xustifica o desdobramento aludindo precisamente a que contribuiría a reducir os accidentes, a Plataforma Montes do Morrazo tacha ese argumento de “mentira”, tendo en conta que a ampliación do vial traerá como consecuencia o aumento do número de vehículos e un maior tránsito viario; por conseguinte, maiores probabilidades de producirse colisións con resultados tráxicos, especialmente en vías secundarias.

A andaina levounos ata a área recreativa do Outeiro do Cruceiro, onde se celebra a Festa do Leñador. Dende este miradoiro divísase o castro dos Remedios e a ría de Vigo. Se a ruta tivera continuado monte arriba, chegaríase ao coñecido lugar de Ermelo…

Área recreativa de Outeiro do Cruceiro.

Vista da ría de Vigo dende o miradoiro de Outeiro do Cruceiro.

Sanitarios abandonados en Outeiro do Cruceiro.

…Pero nesta ocasión o roteiro continuou en sentido descendente, de volta ao igrexario de San Martiño. Alí destaca a rehabilitación que se fixo en 2010 da antiga casa rectoral, convertida actualmente na Casa da Música.

Casa da Música de Moaña, no adro de San Martiño.

Roteiros polos Montes do Morrazo

Comunicado da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo:

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza este sábado, 14 de xuño, o 1º roteiro en contra do desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo pola zona afectada dos montes de Moaña.
O roteiro, circular, sairá ás 11 da mañá do igrexario de San Martiño (Moaña) tendo previsto o seu remate ao redor das 13:30h. O percorrido que será guiado por un membro da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo pasará por Xalde, os Montes de Moaña, a área recreativa e miradoiro do Cruceiro ata chegar de novo ao punto de saída, o igrexario de san Martiño.
Aconsellamos, por responsabilidade, ética e polo reducido tamaño do aparcadoiro no adro da igrexa, a todas aquelas persoas que se acheguen en vehículo priavado que traten de compartir o mesmo ata enchelo.
Para chegar ao punto de saída:
Desde Moaña: subir á redonda do Portal do Almacén pola estrada PO-313 Marín-Moaña, collendo na Porta do Cego a redonda de desvio pola estrada EP-1104 Abelendo-Coiro.
Desde Cangas: acceder pola estrada EP-1001 de Castrillón ou a EP-1003 de Espirito Santo até Coiro.
Desde Bueu: pola estrada a Cangas PO-551, collendo o desvio da EP-1001 desde a Madalena a Coiro.
Nos tres casos, coller a antes citada EP-1104 polo desvío da Ameixoada. Unha vez collida esa estrada hai que chegar até onde está situado, á súa beira, o Supermercado Budiño e o centro sociocultural de San Martiño, coller o vial anexo de subida ao igrexario (sinalizado como Igrexa de San Martiño, Románico s. XII, Ben de Interese Cultural).
Este é o primeiro de tres roteiros circulares contra o desdobramento do corredor, xa que o 29 de xuño está programado o segundo polos montes de Meira e o 13 de xullo o terceiro polos montes de Domaio.
POLA PROTECCIÓN DOS MONTES DO MORRAZO
MÁIS TRANSPORTE COLECTIVO E MENOS AUTOVÍAS
NON AO DESDOBRAMENTO DO CORREDOR DO MORRAZO

 

 

Publicado por: MontePituco | 12/06/2014

CHEGA A CALOR, AUMENTA O RISCO DE INCENDIOS

Ás portas do verán, e o Monte Pituco -e o monte veciñal de San Xulián, por extensión- semella un polvorín, cheo de vexetación que medrou a pracer “grazas” ás abundantes chuvias dos últimos meses.

NUNCA nunha asemblea da Comunidade de Montes se falou de medidas de prevención contra incendios. NUNCA de cuadrillas de limpeza de camiños, parcelas ou cortalumes. Aprobouse a principios de ano un convenio de cesión dun número considerable de hectáreas á Brilat e NUNCA se falou de destinar unha parte dos cartos que xenere ese acordo ao mantemento do monte.

En lugar diso, o que se oíu dicir aos responsables da directiva é que os comuneiros que tiveran interese en asfaltar pistas ou que precisaran algunha obra concreta, que acudiran á Comunidade de Montes para facer a proposta ou, o que é o mesmo, pedir a súa realización cos cartos de todos.

Por iniciativa propia, a Comunidade de Montes de San Xulián NUNCA deu a coñecer nin informou sobre a existencia de ningún plan para evitar que o monte arda. E non será por falta de perigo: as lapas rondaron nos últimos anos nos montes veciños de Salcedo e Lourizán. Se o Monte Pituco librou, e se librou o monte veciñal de San Xulián, debeu ser pola intercesión dalgún santo ou santa celestial. Haberá que encomendarse ao Altísimo novamente, porque a calor comeza a apretar con temperaturas próximas ou superiores aos 30º, e aquí non se ve preocupación por esta problemática nin se perciben trazas de imitar os traballos que noutras parroquias xa se levan realizando dende hai tempo para preservar a súa masa forestal.

La Voz, 8 de xuño de 2014.

Tres parroquias tendrán vigilancia especial este año para evitar fuegos

Saiar, Xesta y San Xoán de Poio destacan en la comarca por sus incendios

“…Algunas voces cuestionan esta nueva figura creada por la Xunta y con la que se persigue reducir el número de incendios en estas zonas. Es el caso de la Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais. Uno de sus portavoces, Claudio Quintillán, sostiene que con esta medida se obvia una relación de parroquias que no han ardido en los últimos años y que tienen arbolado. «Dalgún xeito quedan desprotexidas e esa desprotección pode convertilas en obxectivo dos incendiarios», dijo. Desde este colectivo también ponen en entredicho que se «criminalice» a estas zonas cuando «non hai unha investigación a fondo». El dispositivo de lucha contra los incendios del 2014 es casi el mismo del año anterior. Son 5.767 las personas que lo conforman en la comunidad, pero desde la Organización Galega de Comunidades de Montes ven negativo que «só 1.700 sexan profesionais»”.

A xestión das parroquias de alta actividade

“…Vaise multiplicar a acción policial, tanto en intensidade de medios como no que atinxe ás liñas de investigación das causas. Por outro lado, vaise facer unha completa radiografía do conxunto de actividades que se desenvolven no medio forestal nese espazo. Avaliaranse as actividades extractivas-mineiras e de aproveitamento de recursos renovables (madeira, pastos, caza) e en xeral todo tipo de actuacións que necesiten control da vexetación que o uso delictivo do lume poida abaratar. Analizaranse tamén a totalidade das axudas públicas relacionadas con estas actuacións e aproveitamentos que se tramiten neses territorios. É posible que nalgunha destas parroquias haxa que realizar accións ou investimentos estruturais para ordenación de usos no monte, pero que ninguén pense que vai haber unha especie de «premio» económico en forma de investimentos públicos polo feito de estar neste ránking tan negativo”.

[Tomás Fernández, Secretario xeral de Montes: “A xestión das parroquias de alta actividade”]

José Manuel Suárez: Comuneros de Saiar

“Ya tienen concedida una subvención para desbrozar 20 de las más de 700 hectáreas de monte comunal. Saiar tiene contratadas todo el año a cinco personas -cuatro peones y un tractorista- para mantener las pistas y las márgenes en buenas condiciones. Los fuegos intencionados se suceden cada año, a pesar de que no hay problemas conocidos con comunidades lindantes y que apenas hay animales, más allá de caballos salvajes. «Temos a xente preparada e os medios. Contamos con batelumes e un tractor con cisterna co que suministramos auga aos camións da Xunta».

Francisco Couselo: Comuneros de Xesta

«Gestionamos 2.485 hectáreas y desde el 2008 fueron dos o tres los fuegos», apuntó. Francisco Couselo añadió que otros incendios se originaron en la provincia de Ourense y se extendieron después a A Lama. Remachó que una de las funciones de su junta es la lucha contra los incendios. «Solicitamos anualmente subvenciones para desbroces y somos de las pocas zonas donde comuneros, ganaderos y cazadores vamos juntos, de la mano -subrayó-. Tenemos el perímetro totalmente delimitado y el ganado que pastorea en extensivo controlado». Este verano estrenarán un tanque de toma de agua y tienen previsto solicitar a Medio Rural ser concello piloto en zona de pastoreo”.

La Voz, 2 de xuño de 2014.

Las guardianas de San Vicente

La comunidad de montes grovense está encantada con las vacas cachenas que cuidan sus montes. Los limpian, los vigilan y generan ingresos

«Fan un traballo impresionante», explica el presidente de la entidad, Jesús Otero Pombo. Mantienen los terrenos limpios de maleza y, además, generan ingresos. Las ocho vacas que viven en San Vicente han tenido ya siete terneros, dos de los cuales han sido subastados. La comunidad ha conseguido ingresar alrededor de 750 euros por cada uno de ellos. En San Vicente lo tienen muy claro. «A Administración tiña que fomentar proxectos coma estes e dar axudas para meter aos animais nos montes».

“Hace ya algún tiempo que se han convertido también en un atractivo turístico. Explica Otero que los autobuses que van a Siradella paran al encontrarse con estos animales de llamativos cuernos. Y raro es el turista que no se hace una foto con las nuevas guardianas de San Vicente”.

 

Publicado por: MontePituco | 11/06/2014

NOVA DIRECTIVA NA COMUNIDADE DE MONTES DE VILABOA

Diario, 4 de xuño de 2014.

José Luís López e o novo presidente da Comunidade de Montes de Vilaboa. Releva no cargo a Xabier Míguez. Nesta entrevista publicada no Diario de Pontevedra xa anticipa as claves da súa xestión.

“Se os cartos saen do monte, teñen que ser para o monte”

“O primeiro paso que imos dar ten que ver coa limpeza do monte, sobre todo porque estamos ás portas do verán e hai que poñer estas actuacións en marcha nos camiños que dan acceso ao monte para a prevención de incendios. Formaremos unha cuadrilla de persoal, como ata agora, dándolle preferencia aos comuneiros”.

“Queremos falar coas demais comunidades de montes que lindan co Lago de Castiñeiras para esixir á Consellería de Medio Rural que boten man del, entran os cabalos na área recreativa, onde a xente podía estar pasando o día tranquilamente, e a zona non está coidada”.

La Voz, 4 de xuño de 2014.

Publicado por: MontePituco | 10/06/2014

A XUNTA APROBA O CONVENIO DAS COMUNIDADES COA BRILAT

Plano do convenio de Defensa con Salcedo.

La Voz, 9 de xuño de 2014

lavozdegalicia

La Xunta da su plácet al convenio que evita la marcha de la Brilat

La Administración avala la legalidad del canon por la cesión del terreno

López Penide. Pontevedra / La Voz. 09 de junio de 2014

En los últimos días, la Xunta de Galicia ha dado el visto bueno al convenio suscrito por el Ministerio de Defensa y las comunidades de montes que garantiza que la Brilat seguirá estando acuartelada en la comarca, por lo menos, durante los próximos 75 años. Los colectivos vecinales están a la espera ahora de que la Administración autonómica les comunique oficialmente y por escrito que el acuerdo que entró en vigor el pasado 1 de enero se ajusta a la legalidad, paso previo a la firma del mismo.

La formalización del convenio por parte de Defensa y los comuneros, que inicialmente se había previsto para principios de año, se fue demorando por cuestiones burocráticas. En un primer momento, porque se tuvieron que realizar nuevas mediciones topográficas para ajustar al máximo la superficie que ocupará la base militar y, posteriormente, por la petición de una serie de documentos que debían ser analizados por el personal de la Xunta antes de dar su plácet.

En este sentido, a finales de abril, técnicos autonómicos se pusieron en contacto con los dirigentes vecinales de Salcedo para pedirles una certificación conforme se había aprobado en asamblea la cesión y permuta de una pequeña porción de terreno. Se trata, por otro lado, del trámite administrativo habitual cuando se producen este tipo de transacciones, ya sean entre particulares o entre administraciones.

Previamente, la Xunta ya había accedido a una de las cuestiones más problemáticas que presentaba el convenio, la relativa al período de duración del mismo. En el documento suscrito se recoge que «el plazo de todas las cesiones de uso a favor del Ministerio de Defensa (…) será de 75 años, siempre y cuando se mantenga el fin aquí pactado». El conflicto surgió por el hecho de que la legislación aplicable establece que, «pese a su inalienabilidad», el monte comunal puede ser «objeto de cesión temporal, en todo o en parte, a título oneroso o gratuito (…), por tiempo indefinido en favor de cualquiera de las administraciones públicas» o «hasta el plazo máximo de treinta años».

Es por ello que para establecer los 75 años de duración del convenio fue preciso contar con una autorización expresa por parte de la Consellería de Medio Rural. En el caso concreto del convenio de la Brilat, todo parece indicar que fue directamente Defensa la que se puso en contacto con la Xunta para que esta diera luz verde a este apartado del acuerdo, en el que, por otro lado, no se hace alusión alguna a si, una vez transcurrido este plazo, el convenio podría prorrogarse.

Defensa dispone de tres semanas para abonar el primer canon anual

Vilaboa y Figueirido están pendientes de la decisión del Tribunal Supremo

López Penide. 09 de junio de 2014

Defensa dispone de poco más de tres semanas para hacer efectivo el primer pago del canon anual por los terrenos de la Brilat. El propio acuerdo establece que el dinero «se abonará dentro de los seis primeros meses de cada año natural, de tal forma que el canon correspondiente a la anualidad del 2014 se abonará durante el primer semestre de dicho año».

A la comunidad de montes de Salcedo le corresponden cerca de 130.000 euros, mientras que a San Xulián, 33.300. Por su parte, los pagos a Vilaboa y Figueirido -tendrían que percibir, respectivamente, algo menos de 31.500 y unos 21.130 euros- están, por así decirlo, en suspenso. El motivo es que ambos colectivos mantienen vivos sus procedimientos judiciales, por lo que el convenio no se aplicará «en tanto no adquieran firmeza las sentencias dictadas hasta la fecha» y que les reconocen como propietarias de los terrenos de la Brilat.

Fernando Pintos, presidente de Salcedo, confirmó ayer que aún no se ha hecho efectivo el primer pago. En todo caso, y tras precisar que aún queda tiempo, se mostró esperanzado con que se pueda firmar el acuerdo antes de julio, ya que no existe ninguna traba administrativa que lo impida.

Publicado por: MontePituco | 09/06/2014

PRÓXIMO RELEVO DE HERNÁNDEZ NA CONSELLERÍA

Agustín Hernández en Muxía (Foto, X. Ameixeiras, La Voz de Galicia, 10/09/2012).

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, vai deixar o seu posto no Parlamento e no Goberno galego para relevar a Ángel Currás na alcaldía de Santiago. Que disgusto!

DEFENDE O MONTE PITUCO levaba catro anos pedíndolle entrevistas que nunca concedeu e facéndolle invitacións para que visitara o Monte Pituco, que nunca chegou a pisar.

Haille que agradecer, non obstante, que non deixase de contestar por escrito cada instancia, cada carta, cada solicitude. Con ese talante cordial e neutro do que son capaces os políticos curtidos na nobre arte de “dar largas”.

Houbo ocasión de cruzar con el unhas palabras de xeito extraoficial aos poucos días da aprobación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais. Naquela ocasión, cando aínda se descoñecía a localización exacta dos emprazamentos previstos nese Plan, Agustín Hernández xa se apurou a defender o polígono industrial Marín-Pornedo previsto no PXOM marinense. Non lle quedaba outra que “varrer para a casa”.

Marcha Agustín Hernández da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Non o imos botar especialmente de menos. El igual acaba estrañando os “pesados” do Monte “Picudo”, como lle chamaba ás veces ao Pituco. Sobre todo porque no Concello de Santiago agárdalle un panorama moi difícil, marcado polo desprestixio, (presunta) corrupción e o descrédito. Se o seu futuro político pasa por encabezar a lista ás próximas eleccións municipais para a capital de Galicia, que o Apóstolo o pille confesado.

Na última contestación que recibimos do aínda titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a unha das moitas peticións de entrevista que lle enviamos a propósito do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, Hernández emprazaba a DEFENDE O MONTE PITUCO a un encontro que se produciría unha vez que se coñecese o estudo definitivo. Xusto despois da recente entrevista deste colectivo coa alcaldesa María Ramallo, o seguinte paso era lembrarlle ese compromiso.

…Non vai poder ser. O destinatario dese novo escrito será o seu sucesor/a. A ver se non se fai tanto de rogar.

 

Publicado por: MontePituco | 06/06/2014

O RECURSO AO PLAN SECTORIAL, NA PRENSA

Diario de Pontevedra, 6 de xuño de 2014.

Faro de Vigo.

Montes do Morrazo expresa su ´rechazo´ al polígono planeado en Monte Pornedo

La plataforma muestra su apoyo a la idea de impugnar el plan de áreas empresariales

Redacción | Marín 06.06.2014

La Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo muestra su “rechazo” al parque empresarial proyectado en Monte Pornedo e incluido en el Plan Sectorial de Ordenación das Áreas Empresariais de Galicia. El colectivo, además, expresa su apoyo a la Asociación Defende o Monte Pituco, desde la que se ha anunciado la impugnación del plan.

Desde la primera de las agrupaciones denuncian además la “estrategia” de la Xunta para “parar por alto la protección del espacio natural” de estos montes. “Utilizando el carácter supramunicipal del plan sectorial, la Xunta aprobó bolsas de suelo empresarial que individualmente no tendrían cabida dentro del suelo rústico de especial protección de espacios natural de ámbito provincial, en los que no están autorizados los usos industriales”, esgrimen sus responsables.

Por otro lado, desde la plataforma subrayan también que el plan sectorial “carece de la correspondiente evaluación ambiental estratégica”. Por si fuera poco, también revelan que “el proyecto está subordinado a una directrices de ordenación del territorio que tampoco fueron sometida a una verdadera evaluación ambiental estratégica”. La asociación apunta que los montes de O Morrazo “pasan por ser los principales corredores naturales y ecológicos terrestres de conexión con los espacios costeros de la comarca”.

 

Publicado por: MontePituco | 02/06/2014

RECURSO CONTRA O PLAN SECTORIAL DE ÁREAS EMPRESARIAIS

Diario, 29 de xuño de 2014.

“…Y el descarte del polígono contemplado en Monte Pituco por razones de impacto ambiental”. [Nestes termos pronúnciase un artigo no Diario de Pontevedra do 29 de maio de 2014 sobre a aprobación oficial do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais; unha afirmación que cómpre matizar e explicar no artigo que segue a continuación]

A Asociación DEFENDE O MONTE PITUCO impugnará o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia que entrou en vigor o 29 de maio. Esta decisión é consecuente coa demanda interposta por este colectivo veciñal contra o Planeamento Urbanístico marinense, que clasificou o Monte Pituco (Pornedo) como chan industrial, delimitando un polígono que afecta a unha área incluida no Espazo Natural dos Montes do Morrazo, cun forte desnivel do terreo, que agrede o perímetro de protección de varios xacementos arqueolóxicos catalogados e que provocaría un impacto paisaxístico irreversible na fachada litoral de toda a ría.

O Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais recén aprobado non lle aporta nada novo a Marín. O estudo preliminar que fora encargado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas incluía a dotación dunha plataforma loxística Marín-Pontevedra cunha superficie de 279.364 metros cadrados promovida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo. DEFENDE O MONTE PITUCO -xunto con outros colectivos que o secundaron- presentou alegacións en marzo de 2012 contra dita urbanización en fase de estudo, que se localizaba por enriba dun terreo que o PXOM -aprobado en xuño de 2012- acabou clasificando como solo industrial.

O proxecto da plataforma loxística Marín-Pontevedra reflectido no Plan Sectorial de Ordenación de Zonas Empresariais.

[Este polígono que ocupaba máis territorio de Pontevedra que de Marín, era a Plataforma Loxística Pontevedra-Marín incluida na fase de estudo do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais que, no documento definitivo aprobado en maio de 2014, tras máis de dous anos en periodo de estudo, DESAPARECE]

Despois de dous anos de tramitación, o Plan Sectorial aprobado o 30 de abril pola Xunta deu como resultado a desaparición da denominada plataforma loxística Marín-Pontevedra, que xa na análise de viabilidade se caracterizaba pola súa “baixa puntuación”.

En vez de actualizar o volume de proxectos, restando da cifra total que se barallaba inicialmente aquelas actuacións que agora se descartan, a estratexia da Xunta consiste en asumir como “propias” algunhas bolsas de solo empresarial que xa estaban contempladas con anterioridade a través dos instrumentos de planificación urbanística municipal. É o caso do que -no Plan Sectorial vixente- se dá en chamar polígono empresarial Marín-Pornedo, cunha superficie de 336.944 metros cadrados, que coincide coa zona delimitada no PXOM marinense.

Plan Empresarial Marín-Pornedo que contempla o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais.

[No lugar da Plataforma Loxística Pontevedra-Marín, aparece o Plan Empresarial Marín-Pornedo, que é o mesmo solo industrial que se contempla no PXOM marinense, e que xa foi impugnado por Defende o Monte Pituco]

Nesta situación tamén se atopa o polígono industrial da Cruz da Maceira, en Moaña, que tamén casa coa área reservada no seu PXOM.

Con manobras coma éstas é como a Xunta consegue gabarse de incluir 117 actuacións no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, situadas en 95 concellos e que suman en conxunto 46,3 millóns de metros cadrados.

Para xustificar o seu rexeitamento á inclusión do parque empresarial Marín-Pornedo no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, DEFENDE O MONTE PITUCO volverá abundar nos argumentos técnicos e legais nos que ten apoiado o seu recurso xudicial contra o PXOM en contra da clasificación dese mesmo espazo como solo industrial. A maiores, DEFENDE O MONTE PITUCO vai impulsar a elaboración dun pormenorizado estudo medioambiental da zona, que reúna todos os elementos de fauna, flora, rede hidrográfica e paisaxe que poidan resultar afectados.

Ademais, DEFENDE O MONTE PITUCO apoiarase nos plantexamentos da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, que tamén rexeita o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais: a ausencia de Avaliación Ambiental Estratéxica conxunta das 117 actuacións contempladas neste documento, tal como determina a Lei 9/2006 sobre Avaliación dos efectos de determinados Plans e Programas no medio ambiente, transposición da Directiva 2001/42/CE a nivel europeo e en vigor a nivel estatal dende o 21 de xullo de 2004; así como as disposicións das Directrices de Ordenación do Territorio e do Plan de Ordenación do Litoral.

Cómpre chamar atención sobre o regulamento que desenvolve o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia que, nunha das súas disposicións, establece que as “ampliacións” das áreas empresariais existentes ordenadas mediante un proxecto sectorial, consideraranse “modificación” do ámbito orixinal, polo que “non será necesaria a declaración de incidencia supramunicipal”.

Co emprendemento de accións legais contra este Plan Sectorial, DEFENDE O MONTE PITUCO tratará de protexer da impunidade o atropelo que pretende cometer a Xunta contra este contorno tan sensible da xeografía marinense, ante a incapacidade económica da Administración local para urbanizalo nun futuro máis ou menos cercano, coa complicidade das empresas interesadas en lucrarse coa súa destrucción.

Publicado por: MontePituco | 26/05/2014

CELEBROUSE A REUNIÓN COA ALCALDESA

Faro de Vigo, 28 de xullo de 2011.

[Noticia da primeira e única visita de María Ramallo ao Monte Pituco, en xullo de 2011]

Produciuse hai uns días a agardada xuntanza coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, que acudiu a este encontro co concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos Costa, e coa edil de Medio Ambiente, Marián Sanmartín. Semellante despregue político atopou unha fronte veciñal formada por tres representantes de DEFENDE O MONTE PITUCO e da Asociación de Veciños de San Xulián, máis dous arqueólogos de traxectoria contrastada para abordar, precisamente, a precaria situación do patrimonio prehistórico nesta parte do monte comunal da parroquia.

O encontro comezou facendo memoria: a primeira e única visita de María Ramallo ao Pituco produciuse en xullo de 2011, pouco tempo despois de chegar ao goberno local. A alcaldesa marchou do monte co compromiso de dirixirse á Comunidade de Montes de San Xulián -“que tiene más dinero”, dixo, en alusión a que as arcas municipais quedaran supostamente nunha situación de precariedade na etapa do bipartito-.

Ante o incumprimento dese anuncio, en agosto de 2013 dirixímonos por segunda vez a María Ramallo ao remate dunha xuntanza sobre o proxecto da rede de abastecemento de Acuaes que tivera lugar na Casa de Montes, e en presenza do secretario da directiva dos comuneiros, para reiterarlles a necesidade de poñer en marcha medidas urxente de recuperación e posta en valor dos gravados rupestres catalogados. A resposta foi aparentemente receptiva por parte do dirixente da Comunidade, que ante a alcaldesa requeriunos varios orzamentos para ser valorados.

Foi dar media volta a alcaldesa, e aquelas boas palabras marcharon co vento. Cando ao cabo dunhas semanas nos presentamos na Casa de Montes para entregar dous orzamentos solicitados a senllas empresas de arqueoloxía -un máis básico, otro máis completo-, empezaron a darnos largas. Ata que a resposta foi confirmar por fin o VETO da Comunidade de Montes a todas as propostas de DEFENDE O MONTE PITUCO a prol da mellora deste enclave.

A resposta de María Ramallo a este relato de introdución non foi demasiado crible: “Creí que habían fructificado esas gestiones”.

…Pois non, alcaldesa. A Comunidade de Montes está pechada en banda e solo a mediación do Goberno local, co que ademais hai unha evidente sintonía política, pode encauzar esta situación de cerrazón irracional. Xa que o que dictamina a lei pásano polo arco do triunfo:

“Os PROPIETARIOS, posuidores e demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia, están OBRIGADOS a conservalos, coidalos e protexelos debidamente para aseguraren a súa integridade e evitaren a súa perda, destrucción ou deterioración”. (Lei de Patrimonio, artigo 25 sobre o deber de conservar o Patrimonio Cultural).

Se para algo serviu esta entrevista foi para entregarlle a María Ramallo os orzamentos de intervención arqueolóxica que a Comunidade de Montes arquivou o ano pasado no fondo dun caixón ou que directamente tirou ao cubo do lixo. Agardamos que o Goberno local cumpra nesta ocasión e actúe -conxuntamente coa directiva dos comuneiros- para facer o que noutros municipios está xerando recursos económicos derivados do turismo cultural ; uns beneficios que van moito máis aló do monetario, que se traducen en boa imaxe, en interese científico e académico. Como ben lle lembrou un dos arqueólogos asistentes: o patrimonio arqueolóxico marinense é moi coñecido, primeiro polos petroglifos de Mogor, que á súa vez fan que medre o interese por coñecer os demais gravados rupestres do noso ámbito municipal. E nese efecto chamada, os petroglifos da zona de San Xulián en xeral e do Pituco en particular, teñen unha enorme importancia. E nada teñen que envexarlle aos de Mogor, engadimos dende DEFENDE O MONTE PITUCO. Mágoa que non se estean a valorar abondo, á vista do abandono no que se atopan.

Un dos arqueólogos que participaron nesta xuntanza recomendoulle á alcaldesa a necesidade de acometer polo menos “unha posta en valor suave”, “o máis importante” para evitar a dinámica de deterioro progresivo que existe, por exemplo, pola presenza de árbores tanto a carón dos petroglifos como no interior das cámaras dos túmulos megalíticos, no caso das mámoas.

María Ramallo recoñeceu que o patrimonio arqueolóxico catalogado tense que preservar, independentemente de que a clasificación urbanística -tremendamente inxusta, ao noso entender- teña previsto un polígono industrial na zona: “un proxecto que igual non chego a ver mentres viva”, suxeriu a alcaldesa coa boca pequena.

Por iso é imprescindible que haxa entendemento, sentido común e diálogo. Unha vontade de diálogo que dende DEFENDE O MONTE PITUCO volvemos reiterarlle a María Ramallo para que, máis pronto que tarde, se resolvan os problemas coa Comunidade de Montes que lle expuxemos á alcaldesa nesta reunión: as dificultades de acceso ao conxunto arqueolóxico dos Sete Camiños, a abundante vexetación -potencial combustible- que rodea os petroglifos do Pornedo, o proxecto da rede de abastecemento de auga de ACUAES que pon en perigo a integridade dos gravados de Pinal de Caeiro, a ausencia de sinalización e balizamento de todos estes elementos…

Petroglifos de Sete Camiños (foto, Paulo Troitiño).

[Petroglifos de Sete Camiños. Foto, Paulo Troitiño]

Petroglifos de Pornedo.

[Petroglifos de Pornedo]

Petroglifo catalogado de Pinal de Caeiro. (Foto, Juan Carlos Epifanio).

[Petroglifos de Pinal de Caeiro]

Na súa intervención, os arqueólogos fixeron fincapé nos males endémicos que ten o catálogo do patrimonio arqueolóxico marinense, empezando pola nefasta localización da zona industrial do Pituco, que invade a área de protección dos petroglifos de Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro: “Nótase claramente que a delimitación faise máis grande ou máis pequena segundo conveña, sen ter en conta a obrigada conservación do patrimonio cultural”, criticou un deles.

Os arqueólogos entregáronlle a María Ramallo un informe detallado das graves irregularidades que teñen detectado: “Está claro que no caso de Marín non se ten producido ningunha prospección arqueolóxica exhaustiva para a elaboración do PXOM”, advertíronlle, ademais de queixarse da “completa falta de profesionalidade na catalogación do patrimonio cultural arqueolóxico”.

Entre esas irregularidades, hai numerosos erros de localización xeográfica, fallos garrafais na correcta identificación gráfica dos petroglifos (os de Pornedo datados na Idade do Bronce están asociados á foto duns gravados de Pepito Meijón feitos no século XX!)… e outras eivas que se lle expuxeron á alcaldesa e ao concelleiro de Urbanismo para que teñan en conta que o “catálogo legal” publicado no PXOM dista moito da realidade.

En conclusión, “urxe unha actualización arqueolóxica do PXOM, para que se fixen con precisión as ubicacións dos xacementos, as súas fotografías, delimitacións e entornos de protección, tanto totais como parciais, para corrixir os numerosos erros detectados”. Non actuar neste sentido sería unha irresponsabilidade e suporía que o Concello de Marín estaría a “incumplir gravemente o deber de protección e conservación do patrimonio cultural arqueolóxico”.

María Ramallo anunciou que esta semana celebraríase unha reunión do equipo redactor do PXOM con responsables da Dirección Xeral de Patrimonio, e que se lles trasladaría este informe dos arqueólogos para que se realicen as correccións precisas.

Como destacaron os arqueólogos, trátase dun patrimonio que leva aquí 5.000 anos e non se pode destruír; todo o contrario, é obrigatorio protexelo como Bens de Interese Cultural que son e cambiar o chip para comezar a “ver o patrimonio como un recurso, non como un problema”.

O encontro rematou presentándolle á alcaldesa varios exemplos de Concellos e Comunidades de Montes comprometidos activamente na defensa e promoción do seu patrimonio: Ponte Caldelas, Poio, Salcedo, Amoeiro… para que se apliquen en San Xulián -a parroquia marinense con maior densidade de xacementos- medidas de limpeza e conservación deste valioso legado ancestral.

Petroglifos da Carrasca, en San Xulián (Marín).

[Petroglifos da Carrasca, en San Xulián]

Silla de Champás

[Conxunto rupestre da Silla de Champás]

Tamén se lle volveu reclamar o apoio do Concello de Marín ao proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

E noutra orde de cousas, reiteróuselle a María Ramallo o rexeitamento de DEFENDE O MONTE PITUCO ao novo trazado da rede de abastecemento de auga deseñado por Acuaes pola súa afección ao Monte Pituco e aos gravados de Pinal de Caeiro. Como tamén se lle argumentou a oposición de DEFENDE O MONTE PITUCO á decisión da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de contemplar un polígono empresarial Marín-Pornedo no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia malia a forte pendente da zona, o seu elevado impacto visual dende puntos estratéxico do centro de Marín e dos municipios do entorno da ría, e as afeccións á fauna protexida e aos mananciais naturais que abastecen a veciñanza.

Vista da zona afectada polo polígono previsto no PXOM dende a subida á estrada das praias.

Publicado por: MontePituco | 20/05/2014

BUSCANDO UN FOGAR PARA OLGAMA, ABANDONADA NA VARIANTE

Olgama, en adopción no CAAN da Deputación.

Olgama é a cadeliña que atopamos abandonada na Variante de Marín o pasado 28 de abril.

No artigo titulado “CADELA ABANDONADA NA VARIANTE” contamos a súa situación.

Dende entón permanece no Centro de Acollida de Animais da Deputación de Pontevedra, situado en Armenteira (Meis), a onde foi trasladada logo de que a Policía Local de Marín a recollese.

Pasou un periodo inicial de 20 días en espera de que alguén a puidese reclamar; algo que naturalmente non sucedeu, tratándose dun caso clarísimo de abandono. Neste momento Olgama -nome co que foi identificada no CAAN- xa está oficialmente en adopción, agardando unha nova oportunidade para chegar a un fogar onde a queiran e a coiden. Malia ser unha cadela velliña que xa non está para moitos trotes, e que debeu pasar moitas fatigas na súa vida, é do tipo de animais capaces de devolver con creces o agarimo que reciben.

Estaba nun estado calamitoso, moi feble e chea de parásitos porque non paraba de rañarse coas patas. Tiñamos serias dúbidas de que puidera saír adiante cunha saúde tan precaria e chegamos a pensar que puideran sacrificala nun arrebato sen escrúpulos. Así que logo de interesarnos polo seu estado, no CAAN déronnos garantías de que se respectarían os protocolos.

Aquí está, para quen teña posibilidades de adoptala. Pódese contactar co CAAN no número de teléfono 608 975 326. Para acceder á súa ficha hai que acceder á seguinte páxina web:

http://www.caan.depo.es/

No apartado “Adopción” hai que picar na opción “Adopción de animais“. Na pantalla aparece entón un filtro de búsqueda. Hai que seleccionar “Marín” na pestana “Concello” e aí aparece xa a lista de cans que buscan un fogar, entre eles Olgama.

Agradecemos a calquera persoa interesada e solidaria a difusión deste caso. Ogallá entre todos sexamos capaces de darlle a esta cadela e a outros animais acollidos no CAAN e nas Protectoras de Animais, un futuro digno.

Xuntanza de Salvemos A Fracha na Casa de Montes de Marcón.

DEFENDE O MONTE PITUCO foi un dos colectivos que participou na asemblea informativa organizada por Salvemos A Fracha na Casa de Montes de Marcón para advertir do impacto que suporá a construcción da A-57 para os municipios de Pontevedra e Vilaboa, ao atravesar as parroquias de Marcón, Tomeza, Bértola e Figueirido. “Atravesan as parroquias, non as comunican”, advertiu o enxeñeiro Ángel Bravo. Na súa exposición, queixouse dunha lamentable realidade que segue imperando: “Pretenden mover a economía a base cemento”, seguen enganándonos co asfalto”.

Porque como ben sinalou o voceiro de Salvemos A Fracha, “a crise non nos está ensinando nada, seguimos despilfarrando”. A súa mensaxe ía dirixida á clase política, que sustentou o noso modelo produtivo na construcción e na especulación; un sistema que nos levou ao pozo da bancarrota, á sangría do desemprego e á dureza dos recortes. E malia todo, a dinámica apunta a que os Gobernos actuais volverán ás andadas, a vendernos unha recuperación inexistente baseada no mesmo espellismo que nos levou a este burato económico e social.

Angel Bravo criticou que o trámite de avaliación ambiental do proxecto da A-57 “banalizouse”, atribuiu esta situación a que “a Administración comete erros”… O que acontece máis ben é que a Administración non dá puntada sen fío; os problemas para a clase política veñen cando a sociedade está coa antena atenta e dá a voz de alarma, mobilizándose e parándolle os pés, con máis ou menos éxito en función da presión cidadá que se logra.

Puxo Ángel Bravo varios exemplos de falcatruadas da Administración:

O parque industrial de Porto do Molle, a un quilómetro de Praia América, nunha zona protexida. “O estudo de impacto ambiental falaba de chopos, cando non había nin un”, ironizou o enxeñeiro, como mostra de que fora “copiado” dalgún outro estudo que nada tiña que ver con esta zona. Lamentablemente, a participación cidadá “non funcionou” e Porto do Molle é un paradigma máis do que resulta de “acomodar una infraestrutura a un sitio inapropiado”.

…Como no Monte Pituco, onde pretenden encaixonar un polígono industrial entre a Variante e o linde co municipio de Pontevedra, cuxos terreos, paradoxicamente, están clasificados como de interese arqueolóxico.

-Na Plisan foron os veciños os que paralizaron o proxecto, aínda que non foron quen de evitar que se explanaran os 4 millóns de metros cadrados de extensión deste macropolígono de “nefasta tramitación”, con máis de 1 millón de metros cadrados catalogados como zona forestal. A unión temporal de empresas que executou os traballos cobrou relixiosamente os seus honorarios pero, sen embargo, a veciñanza ten da súa parte os Tribunais que, sentenza tras sentenza, lles están dando a razón nas súas denuncias.

-A estrada de Baiona, exemplo de delirio da enxeñería, ao encaixar un vial de tráfico nunha fondísima zanxa, cun viaducto a máis de 60 metros de altura.

Falouse tamén da cuestionada ubicación de Ence a carón da ría de Pontevedra, mais tamén se podería ter citado a situación dos recheos no Porto de Marín ou o ramal ferroviario que atravesa a praza dos Praceres, declarado ilegal polo Tribunal Supremo, a máis alta instancia.

Dende Salvemos A Fracha critican que o proxecto da A-57 saíu a exposición pública antes de terse realizado un estudo de impacto ambiental, que foi reducido a un “paripé”. O trazado, de algo máis de 6 quilómetros, tería un custe de 84 millóns de euros. Mais nin un só céntimo dese orzamento podería xustificar tanto impacto:

-a afección ao patrimonio histórico na parroquia de Figueirido, cun castro afectado

-a Vía Romana XIX, que sufriría un dano “severo”

-o Camiño Portugués a Santiago, que tería que mudar o seu trazado pola construcción dun nó en Vilaboa

-o perxuízo a 53 acuíferos e traídas de auga vencellados ao río Pintos que, como lembrou Ángel Bravo, “non solo son auga, é cultura”, trátase dun “ben de primeira necesidade”.

No Monte Pituco tamén catalogamos un número importante de mananciais naturais, algúns cuxa rixe documental se remonta ao século XIX. Hai polo menos dúas traídas de auga que abastecen a lugares ben concorridos de poboación: Caeiro, Pena, Laxe, Souto… por non falar do importante número de fincas que quedarían en seco ao perder a súa privilexiada condición de veigas regadío polo efecto das detonacións que dinamitarían un monte cunha sólida composición granítica e cunha elevada pendente… Para experimentos e preocupacións houbo abondo coas obras da Variante, que xa daquela provocaron desperfectos nas vivendas máis próximas polo efecto das ondas expansivas.

A condición do forte desnivel tamén é un factor en común co Monte da Fracha; os informes de Ángel Bravo determinaron que o trazado da A-57 obrigaría a facer desmontes de 30 a 60 metros de altura.

Tanto ten se o polígono industrial proxectado no Monte Pituco non leva por diante ningunha casa; algo que tampouco sucede no caso da construcción da A-57. Do que se trata é de rexeitar un despilfarro considerable de cartos públicos.

Os defensores da Fracha non queren ese vial, non queren trasladalo, non queren túneles subterrános. Os defensores do Pituco non queremos ningún polígono industrial neste Espazo Natural dos Montes do Morrazo, non queremos semellante adefesio na fachada da ría.

Os opositores á A-57 advirten que o que eles califican de corredor -fronte ao que o Ministerio de Fomento vende como una circunvalación- en realidade separa a Pontevedra da Serra da Fracha, “a montaña dos pontevedreses”. Os opositores ao polígono industrial/empresarial/porto seco proxectado no Pituco reivindicamos que a zona se integre no ámbito do Espazo Natural dos Sete Camiños, e que o Monte Pituco, o monte do primitivo Marín, co antigo San Xián dos Ancourados como referente, siga sendo o mirador natural de Marín, o noso balcón da ría.

Están trabucados os que din que as “pedras” non dan de comer, nin o medio ambiente, nin a natureza… O que non dá de comer é o cemento: pan para hoxe, fame para mañá.

…………………………………….

DOSSIER DE PRENSA

…………………………………….

DiarioDePontevedra

Un informe municipal alerta del impacto de la A-57 sobre A Fracha

15/05/2014 

El Concello de Pontevedra hizo público ayer las alegaciones presentadas al proyecto del primer tramo de la circunvalación, entre Vilaboa y A Ermida. El informe municipal elaborado por el departamento de Meidio Ambiente Natural alerta del impacto que la denominada A-57 puede tener en el Monte da Fracha. «Os cambios na hidroxeoloxía do terreo poden provocar danos irreversibles», apunta el documento.
Los técnicos municipales advierten también sobre los problemas que podrían genera los rellenos previstos en los ríos sobre los que se construirán los puentes de la nueva carretera. Y llaman la atención sobre la posible afectación de la circunvalación a la fauna del lugar.

«Antes de descartar a existencia dunha especie ameazada nun lugar concreto hai que realizar un inventario seguindo unha metodoloxía científica», recoge el informe municipal, que duda de que el Ministerio de Fomento haya hecho los deberes en el estudio ambiental. «Por tanto, non hai forma de saber se a valoración que se fai da presenza de determinadas especies como pode ser o desmán ibérico (una especie de rata con hocico alargado) ten valor ou non».

Mosquera

El concejal de Ordenación do Territorio e Infraestruturas, Cesáreo Mosquera, mostró ayer su sorpresa por el rechazo que ahora ha provocado la circunvalación a su paso por A Fracha, en Marcón. «O trazado xa estivo a exposición pública e entón non houbo ese posicionamento», explicó el edil del BNG.

Mosquera dijo compartir «en parte» la preocupación de los vecinos de la parroquia, pero recordó que la técnica de Medio Ambiente del Concello trata de buscar soluciones a los problemas planteados por el colectivo. Estos serán estudiados por el Ministerio de Fomento, que es el promotor de las obras, aún sin licitar.

Lo que sí se ha sacado a concurso el departamento que dirige Ana Pastor es el control de estos trabajos, por algo más de dos millones de euros.

…ISTO TAMÉN NOLO FIXERON A NÓS! …REPÍTESE A HISTORIA!

 

PontevedraViva

Veciños das parroquias e colectivos sociais abarrotan a asemblea informativa contra a A-57

16/05/2014

Veciños das parroquias de Pontevedra e Vilaboa polas que pasa o trazado do tramo da autovía A-57 entre A Ermida e Vilaboa responderon este venres á convocatoria de ‘Salvemos a Fracha’ para coñecer os detalles do proxecto e o rexeitamento ao mesmo que mantén a plataforma veciñal. Protagonizaron unha asemblea veciñal que encheu a casa parroquial de Marcón e na que tamén estiveron presentes diversos colectivos sociais e ecoloxistas da bisbarra.

Representantes de comunidades de montes como Salcedo, Marcón,Tomeza ou Xeve, da mancomunidade de comunidades de montes de Pontevedra, de Vaipolorío, da Asociación pola Defensa da Ría (APDR), da Fundación Amigos do Camiño Portugués e da asociación Defende o Monte Pituco acudiron, entre outros, á reunión. No exterior, o acceso á casa parroquial apareceu rodeado de cruces coa mensaxe: ‘A-57 NON’.

 

O Concello propón que a circunvalación salve con túneles as estribacións da Fracha

19/05/2014

A Corporación municipal ratificou no pleno deste luns ás súas alegacións á autovía A-57 no tramo Vilaboa-A Ermida, popularmente coñecida como a circunvalación de Pontevedra.

Un pequeno grupo de membros da Plataforma Salvemos a Fracha acudiu á sesión plenaria a título informativo e fixo entrega ao alcalde e aos tres voceiros dos grupos municipais do seu “argumentario básico”.

“Imos intentar que o impacto sexa o menor posible”, comprometeu o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, pero “a circunvalación ninguén a discute, póñennos vostedes nunha situación moi difícil”. Por este motivo o concelleiro nacionalista indicou que “despois de moitos anos demandando esta infraestrutura, mesmo en manifestacións na rúa, non sería coherente, non sería serio, rexeitala agora. Non sei como poderíamos ir despois a pedirlle algo a calquera administación”. “Defendemos que esta infraestrutura hai que facela. Pódese discutir que teña o mínimo impacto”, insistiu.

Os tres grupos municipais BNG, PSOE e PP votaron a favor e abstívose a edil non adscrita, María Biempica (que sinalou que quere coñecer primeiro a fondo as alegacións veciñais), aprobandose os tres informes municipais: da Oficina de Medio Natural, da oficina de arqueoloxía e tamén do enxeñeiro xefe.

O máis contundente é o informe da Oficina de Medio Natural que propón que se substitúan trincheiras pola “construción de túneles” e que non se fagan recheos sobre o río Gafos.

O informe municipal apunta que o paso da circunvalación polas estribacións da Fracha “pode provocar danos irreversibles xa que estas trincheiras funcionan como unha barreira tanto para o medio terrestre” como para os cursos fluviais.

 

Publicado por: MontePituco | 18/05/2014

A LOITA DO MONTE PITUCO SEGUE NOS TRIBUNAIS: POLÍGONO NON!

Monte Pituco, Espazo Natural dos Montes do Morrazo.

lavozdegalicia

Nueve contenciosos contra el PXOM de Marín dependen del Tribunal Superior

El Ayuntamiento gana un décimo recurso de una particular por la ordenación de un callejón en A Banda do Río

 

Marcos Gago. Marín / La Voz,  17 de mayo de 2014

El máximo órgano judicial gallego, el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, está pendiente de dictar sentencia sobre los recursos presentados por cinco particulares, una asociación ecologista, una congregación religiosa y dos empresas de telecomunicaciones contra diferentes aspectos del PXOM de Marín.

Fuentes municipales señalaron que recientemente el TSXG falló ya el primero de los diez contenciosos interpuestos contra el plan. Se trata de un recurso presentado por una vecina del callejón Mallo, en el barrio de A Banda do Río, y que rechazaba la definición urbanística de este entorno que figuraba en el planeamiento aprobado por el Concello en el 2012. La sentencia sobre este particular fue favorable al Ayuntamiento, si bien la decisión judicial no es firme porque la vecina todavía puede interponer un recurso de casación ante el Tribunal Supremo.

Por su parte, se encuentran pendientes de fallo judicial los recursos presentados ante el TSXG por cinco particulares. Al parecer, estos recursos afectan también a aspectos concretos del planeamiento y no a la totalidad del mismo.

Además, en el ámbito del casco urbano de Marín existe otro contencioso interpuesto por la congregación religiosa Compañía Hija de la Caridad de San Vicente de Paúl, en relación con la repercusión de la apertura de una nueva calle entre las actuales de A Estrada y Roda y su posible afección de terrenos del espacio escolar de la Inmaculada. Como en los anteriormente citados está pendiente de fallo.

Un caso más, esta vez a cargo de la plataforma ecologista Defende O Monte Pituco, se opone a la previsión de un polígono empresarial en el entorno de esta zona de la parroquia de San Xulián. El colectivo pide que se retire esta clasificación del suelo al entender que afecta a un entorno con valores naturales protegidos y es inviable.

Por último, se hallan a la espera de sentencia otros dos recursos, contra ordenanzas del planeamiento, interpuestas por Vodafone España y Telefónica Móviles España.

Publicado por: MontePituco | 17/05/2014

LETRAS GALEGAS, LETRAS DA TERRA

Vista da ría dende o val do Monte Pituco.

Cando eu esteña sobras árbores,

sobros paxaros i as estrelas,

pediréi a Deus algunhas tardes

me descolgue sobor da terra

para volver a percorreros

vellos camiños da miña aldea.

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (poema solto)

No Día das Letras Galegas, dedicado ao poeta de Guitiriz

Publicado por: MontePituco | 16/05/2014

PROHIBIDAS AS QUEIMAS DEBIDO ÁS ALTAS TEMPERATURAS

Imaxe do monte comunal de San Xulián dende o Alto do Pornedo.

COMUNICADO DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E DO MAR

Quedan prohibidas as queimas ata novo aviso polas condicións meteorolóxicas

De acordo coa situación actual e as previsións meteorolóxicas para os vindeiros días, as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez

As queimas de restos agrícolas e forestais quedan prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta as condicións actuais de temperatura e vento e as previsións para os vindeiros días. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohíbe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural e do Mar pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento.

 

Publicado por: MontePituco | 14/05/2014

A FRACHA, EN PERIGO POLO TRAZADO DA A-57

Xuntanza convocada por Salvemos A Fracha.

Visitamos o monte da Fracha en 2010 con motivo dunha actividade medioambiental organizada polo Concello de Pontevedra. Quedamos abraiados da grandeza desa paraxe, da riqueza da súa biodiversidade: a abundancia de especies de fauna e flora en espazos tan sensibles como as turbeiras, onde atopamos interesantes exemplares de Drossera…

Agora descubrimos que hai unha plataforma veciñal que, como en Marín co Monte Pituco, uniu os veciños do rural pontevedrés para salvar A Fracha do impacto que lle provocaría o trazado da A-57. E xerounos moita simpatía descubrir o emblema elixido por este colectivo: a figura da Chioglossa Lusitanica ou saramaganta rabilonga, que tamén habita nun dos regatos do Monte Pituco. Unha especie catalogada como vulnerable que intentamos protexer da ameaza do formigón, da que esiximos que se conserve integramente o seu habitat. Por riba das burlas de xente ignorante que despreza o que califican de “simple sabandixa” e mesmo de simpatizantes de certos partidos que van de verdes e culturetas.

Lendo as advertencias que lanza Salvemos A Fracha sobre a afección deste vial, atopámonos cos mesmos motivos polos que DEFENDE O MONTE PITUCO leva loitando cinco anos -que se din pronto- contra o polígono industrial proxectado polo Concello de Marín no PXOM, ao que se acaba de engadir a nova ameaza dun segundo polígono empresarial proxectado pola Xunta no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais:

O impacto paisaxístico irreversible, a brutal agresión ao medio ambiente, a inxustificable desfeita no patrimonio arqueolóxico, a perda de numerosos acuíferos que abastecen a veciñanza para consumo doméstico e de regadío, o inmenso movemento de terras que se precisaría para acondicionar un terreo de forte desnivel e, por tanto, a execución dunha obra que dende o punto de vista económico sería a todas luces inviable.

Por se todo o anterior fose pouco, no Monte Pituco, ademais, contamos cunha figura de protección: o Espazo Natural dos Montes do Morrazo, contemplado nas Normas Subsidiarias e Complementarias de Planeamento.

En Salvemos A Fracha teñen, sen embargo, algo que en DEFENDE O MONTE PITUCO botamos en falta: o apoio da Comunidade de Montes de San Xulián, que é todo o contrario ao que se agarda dunha comunidade de montes: a defensa do monte veciñal, a mellora do seu patrimonio forestal, o desenvolvemento de accións para o seu aproveitamento multifuncional, a posta en valor dos seus recursos culturais e paisaxísticos, a súa proxección como espazo de lecer…

Lonxe diso, a Comunidade de Montes de San Xulián ten un concepto ben distinto da palabra multifuncional; e así, a súa máxima pasa por acumular no monte todo tipo de infraestruturas: a Variante de Marín, a liña de alta tensión, o polígono industrial, a rede de abastecemento de ACUAES, o campo de manobras militares da Brilat… cantos máis cartos dea, benvida sexa canta trapallada se lle poida meter. Hai un desentendemento absoluto polo coidado dos elementos arqueolóxicos, deixadez no mantemento dos accesos, desinterés pola erradicación dos verquidos incontrolados, nula implicación en proxectos de posta en valor do monte como a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños… e así un longo rosario de desencontros que teñen a súa prolongación da desinformación, na manipulación da opinión pública e na connivencia absoluta dos poderes políticos.

Aínda así, son moitos os colectivos sociais, veciñais, ambientais e agrupacións de montes lindantes aprupadas na Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común que velan pola supervivencia do Monte Pituco. Grazas por enésima vez a todas esas entidades e persoas ás que lles importa seguir pisando verde neste noso “balcón da ría”.

Por iso existe tanta identificación con Salvemos A Fracha; dúas plataformas modestas en recursos pero con obxectivos xustos, argumentos sólidos e altura de miras, que é o que lles faltan aos promotores de actuacións tan lesivas e agresivas que só perseguen a especulación e o interese económico duns poucos a costa do patrimonio natural e cultural de todos.

Como di a Mancomunidade de Montes de Pontevedra no seu comunicado de apoio a Salvemos A Fracha:

“As administracións ven ao rural como un problema polo sobrecusto que conleva achegar os servizos a unha poboación tan diseminada e a desvantaxe do minifundio para un determinado modelo de desenvolvemento que só beneficia ás grandes corporacións. Así, as administracións ven unicamente no rural chan barato para facer infraestruturas que fagan crecer o P.I.B., un crecemento que só beneficia a unha pequena parte da súa poboación e que como vimos nesta crise que padecemos non aporta en moitos casos ningunha riqueza a medio e longo prazo“.

Sinal no Monte da Fracha.

Ánimo e adiante.

Salvemos A Fracha! Salvemos o Monte Pituco!

 

Publicado por: MontePituco | 13/05/2014

PASEO A CABALO POLO MONTE PITUCO

Neste artigo invitámosvos a ver o Monte Pituco dende outra perspectiva distinta á que temos como sendeiristas, paseantes ou corredores. Elevamos os nosos pés uns cantos palmos por riba do chan para subirmos ao lombo dun cabalo ou dunha egua. Dende esa altura observamos os camiños, a matogueira, os tobos do raposo, os petroglifos do Pornedo, os gravados de Pepito Meijón, as rapaces que sobrevoan o Alto da Encavada, as mandas de cabalos ceibes que pastan na ladeira, a paisaxe da ría coas illas Ons ao lonxe e a vila de Marín tan preto que case lle podemos tocar coa man…

As palabras que seguen son as de Tere Ponce de León na súa conta de Facebook. Querémoslle agradecer a visita ao Monte Pituco e que comparta as súas impresións tan positivas desta experiencia. Coma ela, moitas persoas veñen ao Monte Pituco atraídas porque oíron falar del ou porque souberon da súa riqueza medioambiental, patrimonial e paisaxística a través deste blogue ou das redes sociais. Hai un par de semanas, sen ir máis lonxe, un matrimonio de Vigo desprazouse expresamente ata aquí para vir visitar -plano en ristre- os gravados rupestres.

Tere e a parella de vigueses teñen en común chegar ata o Monte Pituco por iniciativa propia, mais sen ter unha noción concreta do que veñen visitar: non hai ningunha indicación que oriente os visitantes, nin sinalización para os elementos singulares -que non son poucos!-. Estamos nun monte con historia, cultura, paisaxe, fauna, flora e outros atractivos turísticos. Os responsables municipais deberían aproveitar a confluencia de tantos puntos de interese e poñer en marcha medidas de promoción deste espazo, en convenio coa Comunidade de Montes.

É inconcibible que entre uns e outros a súa única aspiración sexa destruir o Monte Pituco para convertelo nun deserto de asfalto e formigó cun polígono industrial de nula viabilidade e nulo futuro.

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

Este viernes estuve en el Monte Pituco pasando la tarde de una manera especial. Es la primera vez que voy a caballo y fue algo realmente espectacular. Primero, porque no sabía cómo llegar y lo conseguí; y segundo, porque al llegar sentí algo maravilloso al contemplar desde la yegua tanta belleza. Había tanto que ver, que no sabía hacia dónde mirar: tanto verde, la ría al fondo, Marín a mis pies, IMPRESIONANTE.

Lo tengo claro, mas pronto que tarde, he de volver.

[Tere Ponce de León, en Facebook]

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

 

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

Paseo a cabalo polo Monte Pituco (fotos, Tere Ponce).

…Moitas grazas pola visita! …Ata pronto!

Publicado por: MontePituco | 12/05/2014

TERCEIRO ESCRITO AO CONCELLO

Di o refrán que “non hai dúas sen tres”. Hai outro dito segundo o cal “quen a segue, conséguea”. O seguinte será poñerlle unha vela a Santa Rita, valedora das causas imposible. E así seguiremos, a escrito por mes -igual que se fixo durante o anterior bipartito Psoe/Bng- mentres o Goberno local do PP non resposte as peticións de DEFENDE O MONTE PITUCO para manter unha xuntanza co obxectivo de expoñer asuntos de tanta importancia como a desprotección do patrimonio arqueolóxico na parroquia de San Xulián, a afección ao Pituco do proxecto de instalación da rede de abastecemento de auga de ACUAES e, máis recentemente, a aprobación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais que pretende machacar o monte por arriba e por abaixo, do dereito e do revés, pola esquerda e pola dereita.

Aquela primeira visita de María Ramallo e parte do seu equipo ao Pituco en xullo de 2011 quedoulle ben para sacar a foto, pero dende entón, CERO actuacións, por non falar de que o actual equipo de Goberno segue empeñado en escangallar o monte cun polígono industrial.

O acoso por parte das Administracións local e autonómica a este contorno da xeografía marinense é inexplicable, irracional e carece de fundamento porque todos os argumentos que se poden barallar están do lado da conservación do Monte: o desnivel do terreo e a difícil viabilidade económica do proxecto, o impacto paisaxístico, a afección ao patrimonio cultural catalogado, o perxuízo á biodiversidade dunha zona cunha clasificación de Espazo Natural onde non ser permiten os usos urbanísticos nin industriais.

Só polo capricho/irresponsabilidade política e o interese económico/especulativo se pode explicar tanto despropósito.  

Escrito ao Concello de Marín solicitando entrevista coa alcaldesa sobre o Monte Pituco.

Publicado por: MontePituco | 09/05/2014

DESPRENDEMENTOS NOS MUROS “CICLÓPEOS” DA VARIANTE

…Falan os veciños de MUROS CICLÓPEOS!

Pois taludes igual -ou máis ciclópeos aínda- son os que nos agardan como prospere o proxecto de construcción dun polígono no Monte Pituco, co enorme desnivel que ten toda a zona.

Faro de Vigo.

Alertan de desprendimientos en los muros de contención de la variante

Los vecinos aseguran que algunos están abiertos y desplazados y amenazan caída

Redacción 09.05.2014

Los vecinos denuncian desprendimientos en algunos muros de contención de la variante do Morrazo. Los vecinos y usuarios afirman que tras las caídas de piedras y grandes porciones de tierra, las reparaciones se limitan a limpiar la calzada y reponer las piedras, sin reformas de más alcance que eviten futuros desprendimientos. En concreto apuntan caídas de muros en la vía de Pontevedra a Seixo y de Bueu al puente de Rande.

Algunos de estos “muros ciclópeos están abiertos, movidos y desplazados”, por lo que amenazan nuevos desprendimientos. “Si se caen en el momento en que pase algún vehículo podría quedar aplastado por cientos de toneladas de bloques de piedra”, alertan los vecinos.

 

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías