Publicado por: MontePituco | 19/05/2014

ESTIVEMOS NA XUNTANZA DE SALVEMOS A FRACHA: HISTORIAS PARALELAS

Xuntanza de Salvemos A Fracha na Casa de Montes de Marcón.

DEFENDE O MONTE PITUCO foi un dos colectivos que participou na asemblea informativa organizada por Salvemos A Fracha na Casa de Montes de Marcón para advertir do impacto que suporá a construcción da A-57 para os municipios de Pontevedra e Vilaboa, ao atravesar as parroquias de Marcón, Tomeza, Bértola e Figueirido. “Atravesan as parroquias, non as comunican”, advertiu o enxeñeiro Ángel Bravo. Na súa exposición, queixouse dunha lamentable realidade que segue imperando: “Pretenden mover a economía a base cemento”, seguen enganándonos co asfalto”.

Porque como ben sinalou o voceiro de Salvemos A Fracha, “a crise non nos está ensinando nada, seguimos despilfarrando”. A súa mensaxe ía dirixida á clase política, que sustentou o noso modelo produtivo na construcción e na especulación; un sistema que nos levou ao pozo da bancarrota, á sangría do desemprego e á dureza dos recortes. E malia todo, a dinámica apunta a que os Gobernos actuais volverán ás andadas, a vendernos unha recuperación inexistente baseada no mesmo espellismo que nos levou a este burato económico e social.

Angel Bravo criticou que o trámite de avaliación ambiental do proxecto da A-57 “banalizouse”, atribuiu esta situación a que “a Administración comete erros”… O que acontece máis ben é que a Administración non dá puntada sen fío; os problemas para a clase política veñen cando a sociedade está coa antena atenta e dá a voz de alarma, mobilizándose e parándolle os pés, con máis ou menos éxito en función da presión cidadá que se logra.

Puxo Ángel Bravo varios exemplos de falcatruadas da Administración:

O parque industrial de Porto do Molle, a un quilómetro de Praia América, nunha zona protexida. “O estudo de impacto ambiental falaba de chopos, cando non había nin un”, ironizou o enxeñeiro, como mostra de que fora “copiado” dalgún outro estudo que nada tiña que ver con esta zona. Lamentablemente, a participación cidadá “non funcionou” e Porto do Molle é un paradigma máis do que resulta de “acomodar una infraestrutura a un sitio inapropiado”.

…Como no Monte Pituco, onde pretenden encaixonar un polígono industrial entre a Variante e o linde co municipio de Pontevedra, cuxos terreos, paradoxicamente, están clasificados como de interese arqueolóxico.

-Na Plisan foron os veciños os que paralizaron o proxecto, aínda que non foron quen de evitar que se explanaran os 4 millóns de metros cadrados de extensión deste macropolígono de “nefasta tramitación”, con máis de 1 millón de metros cadrados catalogados como zona forestal. A unión temporal de empresas que executou os traballos cobrou relixiosamente os seus honorarios pero, sen embargo, a veciñanza ten da súa parte os Tribunais que, sentenza tras sentenza, lles están dando a razón nas súas denuncias.

-A estrada de Baiona, exemplo de delirio da enxeñería, ao encaixar un vial de tráfico nunha fondísima zanxa, cun viaducto a máis de 60 metros de altura.

Falouse tamén da cuestionada ubicación de Ence a carón da ría de Pontevedra, mais tamén se podería ter citado a situación dos recheos no Porto de Marín ou o ramal ferroviario que atravesa a praza dos Praceres, declarado ilegal polo Tribunal Supremo, a máis alta instancia.

Dende Salvemos A Fracha critican que o proxecto da A-57 saíu a exposición pública antes de terse realizado un estudo de impacto ambiental, que foi reducido a un “paripé”. O trazado, de algo máis de 6 quilómetros, tería un custe de 84 millóns de euros. Mais nin un só céntimo dese orzamento podería xustificar tanto impacto:

-a afección ao patrimonio histórico na parroquia de Figueirido, cun castro afectado

-a Vía Romana XIX, que sufriría un dano “severo”

-o Camiño Portugués a Santiago, que tería que mudar o seu trazado pola construcción dun nó en Vilaboa

-o perxuízo a 53 acuíferos e traídas de auga vencellados ao río Pintos que, como lembrou Ángel Bravo, “non solo son auga, é cultura”, trátase dun “ben de primeira necesidade”.

No Monte Pituco tamén catalogamos un número importante de mananciais naturais, algúns cuxa rixe documental se remonta ao século XIX. Hai polo menos dúas traídas de auga que abastecen a lugares ben concorridos de poboación: Caeiro, Pena, Laxe, Souto… por non falar do importante número de fincas que quedarían en seco ao perder a súa privilexiada condición de veigas regadío polo efecto das detonacións que dinamitarían un monte cunha sólida composición granítica e cunha elevada pendente… Para experimentos e preocupacións houbo abondo coas obras da Variante, que xa daquela provocaron desperfectos nas vivendas máis próximas polo efecto das ondas expansivas.

A condición do forte desnivel tamén é un factor en común co Monte da Fracha; os informes de Ángel Bravo determinaron que o trazado da A-57 obrigaría a facer desmontes de 30 a 60 metros de altura.

Tanto ten se o polígono industrial proxectado no Monte Pituco non leva por diante ningunha casa; algo que tampouco sucede no caso da construcción da A-57. Do que se trata é de rexeitar un despilfarro considerable de cartos públicos.

Os defensores da Fracha non queren ese vial, non queren trasladalo, non queren túneles subterrános. Os defensores do Pituco non queremos ningún polígono industrial neste Espazo Natural dos Montes do Morrazo, non queremos semellante adefesio na fachada da ría.

Os opositores á A-57 advirten que o que eles califican de corredor -fronte ao que o Ministerio de Fomento vende como una circunvalación- en realidade separa a Pontevedra da Serra da Fracha, “a montaña dos pontevedreses”. Os opositores ao polígono industrial/empresarial/porto seco proxectado no Pituco reivindicamos que a zona se integre no ámbito do Espazo Natural dos Sete Camiños, e que o Monte Pituco, o monte do primitivo Marín, co antigo San Xián dos Ancourados como referente, siga sendo o mirador natural de Marín, o noso balcón da ría.

Están trabucados os que din que as “pedras” non dan de comer, nin o medio ambiente, nin a natureza… O que non dá de comer é o cemento: pan para hoxe, fame para mañá.

…………………………………….

DOSSIER DE PRENSA

…………………………………….

DiarioDePontevedra

Un informe municipal alerta del impacto de la A-57 sobre A Fracha

15/05/2014 

El Concello de Pontevedra hizo público ayer las alegaciones presentadas al proyecto del primer tramo de la circunvalación, entre Vilaboa y A Ermida. El informe municipal elaborado por el departamento de Meidio Ambiente Natural alerta del impacto que la denominada A-57 puede tener en el Monte da Fracha. «Os cambios na hidroxeoloxía do terreo poden provocar danos irreversibles», apunta el documento.
Los técnicos municipales advierten también sobre los problemas que podrían genera los rellenos previstos en los ríos sobre los que se construirán los puentes de la nueva carretera. Y llaman la atención sobre la posible afectación de la circunvalación a la fauna del lugar.

«Antes de descartar a existencia dunha especie ameazada nun lugar concreto hai que realizar un inventario seguindo unha metodoloxía científica», recoge el informe municipal, que duda de que el Ministerio de Fomento haya hecho los deberes en el estudio ambiental. «Por tanto, non hai forma de saber se a valoración que se fai da presenza de determinadas especies como pode ser o desmán ibérico (una especie de rata con hocico alargado) ten valor ou non».

Mosquera

El concejal de Ordenación do Territorio e Infraestruturas, Cesáreo Mosquera, mostró ayer su sorpresa por el rechazo que ahora ha provocado la circunvalación a su paso por A Fracha, en Marcón. «O trazado xa estivo a exposición pública e entón non houbo ese posicionamento», explicó el edil del BNG.

Mosquera dijo compartir «en parte» la preocupación de los vecinos de la parroquia, pero recordó que la técnica de Medio Ambiente del Concello trata de buscar soluciones a los problemas planteados por el colectivo. Estos serán estudiados por el Ministerio de Fomento, que es el promotor de las obras, aún sin licitar.

Lo que sí se ha sacado a concurso el departamento que dirige Ana Pastor es el control de estos trabajos, por algo más de dos millones de euros.

…ISTO TAMÉN NOLO FIXERON A NÓS! …REPÍTESE A HISTORIA!

 

PontevedraViva

Veciños das parroquias e colectivos sociais abarrotan a asemblea informativa contra a A-57

16/05/2014

Veciños das parroquias de Pontevedra e Vilaboa polas que pasa o trazado do tramo da autovía A-57 entre A Ermida e Vilaboa responderon este venres á convocatoria de ‘Salvemos a Fracha’ para coñecer os detalles do proxecto e o rexeitamento ao mesmo que mantén a plataforma veciñal. Protagonizaron unha asemblea veciñal que encheu a casa parroquial de Marcón e na que tamén estiveron presentes diversos colectivos sociais e ecoloxistas da bisbarra.

Representantes de comunidades de montes como Salcedo, Marcón,Tomeza ou Xeve, da mancomunidade de comunidades de montes de Pontevedra, de Vaipolorío, da Asociación pola Defensa da Ría (APDR), da Fundación Amigos do Camiño Portugués e da asociación Defende o Monte Pituco acudiron, entre outros, á reunión. No exterior, o acceso á casa parroquial apareceu rodeado de cruces coa mensaxe: ‘A-57 NON’.

 

O Concello propón que a circunvalación salve con túneles as estribacións da Fracha

19/05/2014

A Corporación municipal ratificou no pleno deste luns ás súas alegacións á autovía A-57 no tramo Vilaboa-A Ermida, popularmente coñecida como a circunvalación de Pontevedra.

Un pequeno grupo de membros da Plataforma Salvemos a Fracha acudiu á sesión plenaria a título informativo e fixo entrega ao alcalde e aos tres voceiros dos grupos municipais do seu “argumentario básico”.

“Imos intentar que o impacto sexa o menor posible”, comprometeu o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, pero “a circunvalación ninguén a discute, póñennos vostedes nunha situación moi difícil”. Por este motivo o concelleiro nacionalista indicou que “despois de moitos anos demandando esta infraestrutura, mesmo en manifestacións na rúa, non sería coherente, non sería serio, rexeitala agora. Non sei como poderíamos ir despois a pedirlle algo a calquera administación”. “Defendemos que esta infraestrutura hai que facela. Pódese discutir que teña o mínimo impacto”, insistiu.

Os tres grupos municipais BNG, PSOE e PP votaron a favor e abstívose a edil non adscrita, María Biempica (que sinalou que quere coñecer primeiro a fondo as alegacións veciñais), aprobandose os tres informes municipais: da Oficina de Medio Natural, da oficina de arqueoloxía e tamén do enxeñeiro xefe.

O máis contundente é o informe da Oficina de Medio Natural que propón que se substitúan trincheiras pola “construción de túneles” e que non se fagan recheos sobre o río Gafos.

O informe municipal apunta que o paso da circunvalación polas estribacións da Fracha “pode provocar danos irreversibles xa que estas trincheiras funcionan como unha barreira tanto para o medio terrestre” como para os cursos fluviais.

 


Responses

  1. […] detallamos nunha ocasión os paralelismos que existen entre A Fracha e o Monte Pituco no que respecta ás súas respectivas ameazas: a […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: