Publicado por: MontePituco | 20/05/2014

BUSCANDO UN FOGAR PARA OLGAMA, ABANDONADA NA VARIANTE

Olgama, en adopción no CAAN da Deputación.

Olgama é a cadeliña que atopamos abandonada na Variante de Marín o pasado 28 de abril.

No artigo titulado “CADELA ABANDONADA NA VARIANTE” contamos a súa situación.

Dende entón permanece no Centro de Acollida de Animais da Deputación de Pontevedra, situado en Armenteira (Meis), a onde foi trasladada logo de que a Policía Local de Marín a recollese.

Pasou un periodo inicial de 20 días en espera de que alguén a puidese reclamar; algo que naturalmente non sucedeu, tratándose dun caso clarísimo de abandono. Neste momento Olgama -nome co que foi identificada no CAAN- xa está oficialmente en adopción, agardando unha nova oportunidade para chegar a un fogar onde a queiran e a coiden. Malia ser unha cadela velliña que xa non está para moitos trotes, e que debeu pasar moitas fatigas na súa vida, é do tipo de animais capaces de devolver con creces o agarimo que reciben.

Estaba nun estado calamitoso, moi feble e chea de parásitos porque non paraba de rañarse coas patas. Tiñamos serias dúbidas de que puidera saír adiante cunha saúde tan precaria e chegamos a pensar que puideran sacrificala nun arrebato sen escrúpulos. Así que logo de interesarnos polo seu estado, no CAAN déronnos garantías de que se respectarían os protocolos.

Aquí está, para quen teña posibilidades de adoptala. Pódese contactar co CAAN no número de teléfono 608 975 326. Para acceder á súa ficha hai que acceder á seguinte páxina web:

http://www.caan.depo.es/

No apartado “Adopción” hai que picar na opción “Adopción de animais“. Na pantalla aparece entón un filtro de búsqueda. Hai que seleccionar “Marín” na pestana “Concello” e aí aparece xa a lista de cans que buscan un fogar, entre eles Olgama.

Agradecemos a calquera persoa interesada e solidaria a difusión deste caso. Ogallá entre todos sexamos capaces de darlle a esta cadela e a outros animais acollidos no CAAN e nas Protectoras de Animais, un futuro digno.


Responses

  1. […] -Buscando un fogar para Olgama, abandonada na Variante (20 de maio de 2014) […]

  2. […] Manu Franco foi a xenerosa artífice dos dous anos de vida extra que tivo Xesta, no seu fogar de Poio. Na Asociación Monte Pituco nunca xuntaremos palabras abondo para agradecerlle ese regalo, esa nova oportunidade para unha cadeliña que tiña os días contados se seguira tirada unhas poucas horas máis nunha cuneta da Variante de Marín, onde a atopamos un 28 de abril de 2014. […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: