Ao inicio da homenaxe a Xan, no terceiro aniversario do seu pasamento, Lía e Tati interpretaron o Himno de Riego.
Flanqueado por Xosé Vilas e Lois González, Julio Santos Pena ofreceu unha semblanza vital de Xan: a súa defensa da liberdade, o compromiso coa cultura, os principios inquebrantables que marcaban o seu ideario, o respecto polas opinións discrepantes…
Samu interpretou un poema musicado deo marinense Sebastián Hermo.
Acompañado por Iria, Pablo leu uns versos de Eduardo Pondal. Lois González referiuse a eles como “a semente”.
Ademais de presentar a homenaxe, Lois González tamén compartiu os seus recordos sobre Xan: a súa defensa do patrimonio, a súa loita a prol das causas xustas. Se aínda estivese connosco, Xan estaría en primeira liña contra a privatización da sanidade, a prol da educación pública, encabezando as reivindicacións que están a marcar o noso día a día.
Un ano máis, moitos veciñ@s, amig@s e achegad@s achegáronse ata o monumento de homenaxe a Xan Montenegro, construído por Pablo González.
Nun lugar privilexiado, a nai de Xan, dona Lucinda.
Tati e Lía interpretaron ao violín unha composición de Vivaldi.
Esther e Lucinda, curmá e irmá de Xan, compartiron uns versos de Borges.
Máis música a cargo de David Iglesias, que interpretou dous cantares de vego coa zanfona.
Concluiu a homenaxe a Xan coa actuación de Felipe Rea, o ghaiteiro de Estribela, que interpretou o himno galego.
A modesta achega de DEFENDE O MONTE PITUCO: obsequiamos a familia Montenegro cun recordo do Monte Pituco, un anaco de seixo que atopamos no camiño dunha de tantas andainas polo “balcón da ría” que Xan tanto apreciaba e defendía. Sempre na nosa memoria!
Deixar unha resposta