Publicado por: MontePituco | 19/06/2014

ESTE SÁBADO, MARCHA CONTRA CELULOSAS

Marcha contra Celulosas

Comunicado da Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra con motivo da nova edición da Marcha contra Celulosas que se celebrará este sábado 21, con saída ás 19:30h dende as alamedas de Marín e de Pontevedra.

ENCE e ELNOSA pretenden permanecer na Ría máis aló do 2018 e o PP non o vai impedir. O acordo Xunta-ELNOSA, que fixa o fin da actividade da cloreira no 2017, é papel mollado xa que non obriga á empresa a cumprilo. Pola súa banda, a modificación da Lei de Costas permite a concesión dunha prórroga de 50 anos a ENCE en Lourizán, unha prórroga que podería ampliarse 10 anos mais en función do que poña a empresa enriba da mesa.

Esta prórroga supón privatizar un espazo público que tiña que ser recuperado para o conxunto da poboación e dárllelo a unhas empresas privadas que sempre desprezaron a legalidade e á cidadanía. Pero supón tamén a destrución da Ría, dos recursos naturais, o medio ambiente e a economía da comarca; porque a creación de postos de traballo non vai vir nunca da man de ENCE-ELNOSA; porque a solución á crise e a creación de emprego de calidade só será posíbel cando o espazo que hoxe ocupan ENCE e ELNOSA sexa recuperado para a explotación racional do marisqueo, a pesca de baixura, o turismo e o sector forestal.

E non podemos permitir a usurpación do que é noso. Non podemos permitir unha nova prórroga que suporía o ataque frontal aos nosos dereitos, un novo chanzo no camiño cara á destrución do futuro a mans de ENCE-ELNOSA. Por iso, por máis pedras que nos poñan na nosa andaina, non imos recuar. O camiño pola recuperación da Ría non ten volta atrás e, hoxe máis que nunca, por dignidade, fronte á imposición dunha Lei inxusta, temos que amosar a nosa rebeldía na defensa dos nosos dereitos; temos que impedir unha nova prórroga a ENCE e ELNOSA.

POLA DEFENSA DA RÍA E CONTRA A CORRUPCIÓN AMBIENTAL. POR DIGNIDADE, IMPIDAMOS UNHA NOVA PRÓRROGA A ENCE E ELNOSA.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: