Publicado por: MontePituco | 14/06/2014

ANDAINA POLO MONTE DE MOAÑA

Fonte da Pedra, en Moaña.

O adro da igrexa de San Martiño de Moaña -templo románico do século XII- foi o punto de partida da primeira andaina organizada pola Plataforma dos Montes do Morrazo para amosar o seu  rexeitamento ao proxecto de desdobramento do corredor do Morrazo.

O grupo fixo unha parada na Fonte da Pedra, un dos puntos afectados polas obras de construcción deste vial. Daquela, a escorrentía fixera que esta surtidor quedase practicamente sepultado por importantes cantidades de terra, auga e area que baixaban dende o monte. Con efectos deste tipo queda demostrada a inconveniencia de certas infraestruturas, mal ubicadas e planificadas de xeito deficiente, o que deriva, andando o tempo, en numerosos problemas para o benestar da veciñanza e para a conservación do patrimonio da zona.

No lugar de Xalde divisamos, cara á ría, o Monte do Castro, situado a carón da igrexa de San Martiño. Nunca se fixo unha prospección arqueolóxica en condicións deste enclave, máis aló do achado dalgunhas pezas de cerámica que confirman o seu pasado castrexo, de aí o topónimo co que se identifica.

 Vista do Monte do Castro dende A Salve, en Moaña.

Virando a vista cara ao monte, sen embargo, comezan a facerse visibles as primeiras evidencias dos desprendementos que se produciron nos últimos meses no Corredor do Morrazo e que obrigaron á Consellería a realizar obras urxentes de consolidación do terreo.

Dende a Plataforma dos Montes do Morrazo veñen criticando que non se fixeron estudos xeotécnicos rigorosos para evitar estes desperfectos, por tratarse dun trazado bastante desafortunado na súa planificación.

Obra realizada para solucionar desprendementos no Corredor do Morrazo.

Tamén veñen alertando da elevada sinistralidade deste vial, que en 2010 rexistrou 10 vítimas mortais. Malia que a Xunta xustifica o desdobramento aludindo precisamente a que contribuiría a reducir os accidentes, a Plataforma Montes do Morrazo tacha ese argumento de “mentira”, tendo en conta que a ampliación do vial traerá como consecuencia o aumento do número de vehículos e un maior tránsito viario; por conseguinte, maiores probabilidades de producirse colisións con resultados tráxicos, especialmente en vías secundarias.

A andaina levounos ata a área recreativa do Outeiro do Cruceiro, onde se celebra a Festa do Leñador. Dende este miradoiro divísase o castro dos Remedios e a ría de Vigo. Se a ruta tivera continuado monte arriba, chegaríase ao coñecido lugar de Ermelo…

Área recreativa de Outeiro do Cruceiro.

Vista da ría de Vigo dende o miradoiro de Outeiro do Cruceiro.

Sanitarios abandonados en Outeiro do Cruceiro.

…Pero nesta ocasión o roteiro continuou en sentido descendente, de volta ao igrexario de San Martiño. Alí destaca a rehabilitación que se fixo en 2010 da antiga casa rectoral, convertida actualmente na Casa da Música.

Casa da Música de Moaña, no adro de San Martiño.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: