Publicado por: MontePituco | 17/06/2014

HOMENAXE A XAN MONTENEGRO NO SEU 3º CABODANO

3ª Homenaxe a Xan Montenegro.
…Como pasa o tempo de veloz! Hoxe mesmo cumpríronse xa tres anos do pasamento do noso inesquecible veciño Xan Montenegro, presidente da Asociación de Veciños de San Xulián e unha das persoas máis comprometidas coa cultura e coa liberdade que temos a honra de ter coñecido.

Dende que nos deixara, os seus familiares e amigos máis directos veñen organizando unha homenaxe na súa memoria, para que non se esqueza nunca o seu legado de coherencia, loita e xenerosidade. O pasado ano instalouse un monolito de pedra na estrada de San Xulián, a carón das novas beirarrúas que se construíron en boa parte grazas á súa intensa xestión de moitos anos. O monumento lucía esta mañá un aspecto remozado, cunha bandeira galega ao seu carón como mostra da militancia nacionalista de Xan.

A homenaxe celebrarase este venres 20 de xuño ás 21:30 horas a carón do seu monolito e está aberta á participación de toda a veciñanza que queira achegarse. Como en ocasións anteriores, reunirá a representantes da vida política, cultural e asociativa da vila e da bisbarra, porque son moitas as persoas que o admiraban e que o lembramos con orgullo: co seu sombreiro, co seu sorriso e coa súa intelixente retranca…

Dende o “balcón da ría”, como el se refería ao Monte Pituco, mandámoslle unha aperta voadora e dámoslle as grazas aos seus achegados por manter viva esta cita en torno á súa figura.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

Xan Montenegro, in memoriam.

Artigos sobre as anteriores homenaxes:

Homenaxe a Xan Montenegro: 22 de xuño de 2013.

Na homenaxe a Xan Montenegro: 23 de xuño de 2012.

Na emotiva homenaxe a Xan Montenegro: 29 de xullo de 2011.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: