Publicado por: MontePituco | 09/06/2014

PRÓXIMO RELEVO DE HERNÁNDEZ NA CONSELLERÍA

Agustín Hernández en Muxía (Foto, X. Ameixeiras, La Voz de Galicia, 10/09/2012).

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, vai deixar o seu posto no Parlamento e no Goberno galego para relevar a Ángel Currás na alcaldía de Santiago. Que disgusto!

DEFENDE O MONTE PITUCO levaba catro anos pedíndolle entrevistas que nunca concedeu e facéndolle invitacións para que visitara o Monte Pituco, que nunca chegou a pisar.

Haille que agradecer, non obstante, que non deixase de contestar por escrito cada instancia, cada carta, cada solicitude. Con ese talante cordial e neutro do que son capaces os políticos curtidos na nobre arte de “dar largas”.

Houbo ocasión de cruzar con el unhas palabras de xeito extraoficial aos poucos días da aprobación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais. Naquela ocasión, cando aínda se descoñecía a localización exacta dos emprazamentos previstos nese Plan, Agustín Hernández xa se apurou a defender o polígono industrial Marín-Pornedo previsto no PXOM marinense. Non lle quedaba outra que “varrer para a casa”.

Marcha Agustín Hernández da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Non o imos botar especialmente de menos. El igual acaba estrañando os “pesados” do Monte “Picudo”, como lle chamaba ás veces ao Pituco. Sobre todo porque no Concello de Santiago agárdalle un panorama moi difícil, marcado polo desprestixio, (presunta) corrupción e o descrédito. Se o seu futuro político pasa por encabezar a lista ás próximas eleccións municipais para a capital de Galicia, que o Apóstolo o pille confesado.

Na última contestación que recibimos do aínda titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a unha das moitas peticións de entrevista que lle enviamos a propósito do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, Hernández emprazaba a DEFENDE O MONTE PITUCO a un encontro que se produciría unha vez que se coñecese o estudo definitivo. Xusto despois da recente entrevista deste colectivo coa alcaldesa María Ramallo, o seguinte paso era lembrarlle ese compromiso.

…Non vai poder ser. O destinatario dese novo escrito será o seu sucesor/a. A ver se non se fai tanto de rogar.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: