Publicado por: MontePituco | 26/06/2014

NA CONTA ATRÁS PARA COÑECER (E VOLVER ALEGAR) O PROXECTO DE ACUAES

Diario, 26 de xuño de 2014.

Levan semanas e semanas anunciando a publicación do novo trazado da rede de abastecemento de auga elaborado polos técnicos de Acuaes. Foi o 31 de marzo cando se presentou a modificación do trazado inicial. Pasou abril, cando en teoría ía rematar a fase de redacción do proxecto. Pasaron as dúas semanas de marxe que o técnico de Acuaes nos pediu a DEFENDE O MONTE PITUCO para estudar as previsibles afeccións ao patrimonio arqueolóxico, no conxunto rupestre de Pinal de Caeiro. Pasou maio. Está a piques de pasar xuño. E a información do Diario de Pontevedra apunta a que a exposición ao público aínda se fará “en las próximas semanas”.

Nin unha palilleira de Camariñas tarda tanto en facer un tapete de encaixe como un técnico de Acuaes en replantexar o deseño dunha obra, ou tan sequera reunirse cos veciños do Monte Pituco,  que levamos máis dun ano avisando de que hai un xacemento catalogado que está directamente afectado polo paso das máquinas.

Por riba, temos que enfrontarnos a que o grao de afección no Pituco sexa tremendamente abusivo e aturar que os promotores  desta rede de abastecemento se rían dun colectivo que está loitando coas armas do Estado de Dereito contra o proxecto de instalación dun polígono industrial nun terreo clasificado como Espazo Natural, xa que a súa intención é atravesar coas tubarías o terreo que se atopa en conflicto, coa complicidade entusiasta da Comunidade de Montes, que segue “facendo caixa” a costa do monte veciñal.

O tempo corre para o Concello de Marín e para a Sociedade Estatal Acuaes, porque hai unha subvención europea que marca uns prazos. DEFENDE O MONTE PITUCO non ten nada que obxectar contra unha infraestrutura hidráulica cuxo ámbito de actuación abrangue os concellos de Sanxenxo, Poio, Pontevedra e Marín.

Pero NON TODO VALE, a defensa do monte é un asunto primordial -sexa fronte a un polígono industrial, unha agresión ao patrimonio histórico ou unha actuación que atenta contra un procedemento legal que aínda ten un longo camiño por diante-. Non imos permanecer de brazos cruzados fronte a unha estratexia de feitos consumados. E no periodo de alegacións reflexarase a firme oposición deste colectivo se o Concello de Marín e Acuaes pretenden fender unha parte do Monte Pituco en vez de manter o proxecto inicial que conducía as tubarías pola estrada provincial.

Bosquexo do trazado da tubaría de Acuaes a través do Monte Pituco.

Novo trazado de ACUAES, en amarelo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: