Publicado por: MontePituco | 03/05/2010

MAIO DO MONTE PITUCO-PORNEDO

  

Veciños e veciñas  

prestade moita atención,  

pois do monte de Marín  

vai esta humilde canción.  

    

O Pituco xa advertimos  

que é espazo protexido,  

mais o alcalde, que insensible!  

sabe pouco de urbanismo.  

    

Quere facer no Pornedo  

un polígono industrial;  

nada lle importa, aínda que  

o desnivel sexa bestial.  

    

E por eso defendemos  

a súa conservación  

e lle pedimos á Xunta  

que o salve da destrucción.  

    

Petroglifos, mananciais,  

paisaxe, natureza…  

Calquera con sentidiño  

coidaría tanta riqueza!  

    

Políticos de Marín,  

comuneiros de San Xulián:  

Non ao polígono aquí!  

Buscade outro lugar!  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ben-veñas, maio! 

…Improvisamos unhas coplas para celebrar de xeito reivindicativo esta festa tradicional, de tanto arraigo na vila de Marín e onde o Ateneo Santa Cecilia leva 57 anos organizando o concurso de maios e embarcacións. Alguén sabe se o alcalde e a concelleira de Cultura asomaron o nariz pola praza do reloxo para asistir ao certame e felicitar aos gañadores das diferentes categorías? (…que foron todos, por certo, porque tanto se repartiron os premios que ningún grupo marchou de baleiro, cousa que o xurado tivo a ben en valorar). 

Participaron tres embarcacións, unha cifra que o Ateneo aspira a incrementar o ano próximo incentivando a creación de maquetas mediante algún obradoiro de carpintería. Dos nove maios que actuaron, o Maio Landeiras cumpría xa 25 anos de historia, polo que recibiu unha homenaxe. Tamén se recoñeceu o mérito dos cativos pertencentes ao Maio Meniñeiro, que viñan dende o concello coruñés de Rois. 

…Pero máis aló da troula infantil, do espírito competitivo por presentar o maio máis vistoso, a embarcación mellor equipada ou a cantiga de temática máis afiada, está o valor esencial desta celebración: enxalzar a natureza en todo o seu esplendor, reatoparnos co campo e co monte cando xa o mal tempo vai vencido. A natureza, que todo nos dá e todo nos quita, ten ese poder máxico que nos enfeitiza. Por iso recibimos o mes de maio berrando “meigas fóra” con ramos de xesta. 

Neste principio do mes de maio queremos reivindicar o espírito silvestre. E invitamos a todos e todas a achegarse ata o monte Pornedo-Pituco, que ten tantos elementos naturais e patrimoniais por descubrir. Se é certo que só se valora o que se coñece, será que as persoas que insisten en destruilo ignoran a súa riqueza e desprezan o potencial que posúe? Como é posible entón que nos gobernen persoas que non coñecen o territorio que administran, sexa no Concello ou na comunidade de montes? 

  

 

 

  

Publicado por: MontePituco | 30/04/2010

O NOSO VECIÑO ESCRIBENTA

Nun dos nosos percorridos -cámara de fotos en ristre- polo Monte Pornedo-Pituco, entre árbores, corredoiras, subidas e baixadas, atopamos un paxaro pousado nunha enorme toxeira. Sabiamos, polas nosas andanzas na rede social Facebook, da existencia dunha páxina denominada Natureza Galega Foto a Foto, interesada en recoller imaxes de fauna e flora galega. E fixemos “clic”. Disparamos, metaforicamente falando, a aquela ave de pose un tanto maxestuosa. 

Resultou ser un macho de escribenta riscada (emberiza cia). Así nola describiron os amigos de Natureza Galega, que deben ter no seu equipo alguén experto en bioloxía ou ornitoloxía, bechos e prantas en xeral. Cóntannos na súa mensaxe que en Galicia existen varias especies de escribentas, uns paxaros que reciben este nome polas liñas que debuxan nos seus ovos, semellantes á escritura. 

E así o queremos compartir con todos os amigos e amigas do Monte Pornedo-Pituco, que están a prol da súa conservación e que rexeitan a instalación irracional dun polígono de naves industriais. Agardamos que este macho de escribenta e o resto da súa familia paxareira poida seguir vivindo moitos anos máis neste fermoso contorno, libre de fume, formigón, ruidos e contaminación. Para iso, seguiremos paseando entre árbores e corredoiras, subidas e baixadas, cámara en ristre, para seguirvos amosando a fauna e a flora deste benquerido monte, balcón privilexiado da ría.

Publicado por: MontePituco | 29/04/2010

…VONTADE DE DIÁLOGO? Ú-LA ESTÁ?

Fai hoxe unha semana viñeron a Marín un grupo de deputados do PSdeG encabezados polo seu voceiro, Xoaquín Fernández Leiceaga, para reunirse co alcalde e con varios concelleiros e abordar diversos proxectos de infraestruturas pendentes. Acompañaban a Leiceaga o coordinador provincial do partido, Modesto Pose, e outros cargos autonómicos por Pontevedra: Abel Losada, Carmen Gallego, Carmen Cajide, Manuel Gallego, María José Caride e Guillermo Meijón, a quen lle mandamos -a el e ao seu irmá Miguel, concelleiro popular en Pontevedra, pai da vítima- as nosas condolencias polo falecemento dunha sobriña súa nun tráxico accidente de tráfico acontecido en Caldas de Reis.

Con motivo de tamaño desembarco, dos cales só estaban anunciados inicialmente Modesto Pose, Carmen Gallego, Abel Losada e Guillermo Meijón, enviámoslles tanto a Leiceaga como a estes catro últimos, unha carta para informarlles da barbaridade de plan que trama o goberno local no Monte Pituco-Pornedo:

Prezado Sr. Leiceaga, 

Tendo coñecemento da súa visita a Marín para abordar co alcalde, Francisco Veiga, as necesidades da vila en materia de dotacións e equipamentos, a Asociación Defende o Monte Pituco (Pornedo) diríxese a vostede para expoñer, brevemente, a problemática a respecto das propostas para a creación de chan industrial. 

Defende o Monte Pituco (Pornedo é o topónimo tradicional deste enclave) é unha asociación coa que simpatiza a veciñanza dos lugares de Pena, Caeiro, Bouza, A Laxe, O Casal, Bravos, Arealonga e outros núcleos de poboación próximos a este monte, que linda coas parroquias de Lourizán e Salcedo, pertencentes a Pontevedra, nas que tamén apoian as nosas reivindicacións. 

Rexeitamos a intención do goberno local de instalar un polígono industrial no Monte Pituco, incluido nos Montes do Morrazo, que están catalogados como espazo natural protexido polas Normas Subsidiarias e Complementarias Provinciais e polas Directrices de Ordenación do Territorio. Precisamente, tendo en conta este rango de conservación, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de facer unha importante obxección á Memoria Medioambiental do PXOM marinense, ante a imposibilidade de acometer dita actuación “en tanto non se faga unha avaliación de impacto ambiental específica” para esa zona. 

Posto que lle esixiremos o máximo rigor á Administración autonómica no cumprimento das súas funcións, ademais da protección ambiental do Monte Pituco, tamén cómpre ter en conta as súas características topográficas: máis do 92% do terreo susceptible de ser destruido e formigonado supera o 15% de pendente (o máximo recomendado pola Xunta para a construcción de polígonos industriais) e, máis do 57% ten un desnivel por riba do 35%. 

O Informe de Sostibilidade Ambiental do PXOM recén aprobado pola Corporación municipal enxalza as cualidades naturais, paisaxísticas e patrimoniais do Monte Pituco: pola súa riqueza forestal, a súa elevada “intervisibilidade”, a abundancia de acuíferos que fornecen de auga para consumo doméstico e de regadío aos habitantes da zona, e o valor dos numerosos xacementos incluidos nun proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que impulsan unha vintena de colectivos de Marín, Pontevedra e Vilaboa.

Contradicindo o ISA, o Goberno local pretende converter o Monte Pituco nunha chaira de cemento e naves adicadas a actividades industriais, probablemente contaminantes. Argumenta que os veciños non presentaron alegacións cando, en realidade, colectivos de tan ampla representatividade como a Asociación de Veciños de San Xulián e a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, dos que somos partícipes, se posicionaron en contra, en tempo e forma; alegacións que foron rexeitadas e non contestadas. 

A respecto do interese da Xunta de Galicia polo desenvolvemento -mediante a fórmula do plan supramunicipal- dun polígono industrial en terreos de Moaña e Marín que, no caso desta vila, se situarían na zona de Pastoriza, o Goberno local non se ten pronunciado. Sen embargo, mantén a súa pretensión de solicitar incomprensiblemente -posto que as necesidades de chan industrial se verían satisfeitas con esa outra actuación- a desafectación do Monte Pituco para crear un polígono que tería moita menos envergadura.

Ante o exposto, solicitámoslle que se dirixa ao alcalde de Marín para que retire a proposta de creación dun polígono industrial no Monte Pituco (Pornedo). Dámoslle as grazas pola súa atención e quedamos ao seu dispór se precisa calquera aclaración pola nosa parte. 

Xosé Garrido e Paz Castro, en representación da Asociación Defende o Monte Pituco

Por suposto, nunha xuntanza sobre dotacións e equipamentos, abordouse a cuestión do chan industrial. Aínda que nas páxinas da prensa local non se recolleu este aspecto, a nota informativa elaborada polo gabinete de prensa do PSdeG si citaba brevemente unha frase de Leiceaga a respecto da construcción dun polígono en Marín:

Sobre as infraestructuras que dan servicio ao porto e os marinenses puntualizou que so hai retrasos, e citou a variante e o convenio de soterramento que da avenida de Ourense, sobre estes asuntos Leiceaga dixo que “non temos ningunha noticia”. E proseguiu “non ter noticias sobre as infraestructuras e sobre os polígonos industriais, e sobre os problemas dos cidadáns é unha malísima noticia”, proclamou.

Ao día seguinte desa xuntanza case multitudinaria, en termos políticos, Fernández Leiceaga “respostou” a nosa mensaxe. Daquela maneira, as catro liñas que nos puxo demostraron que o noso escrito entroulle polos ollos e saiulle por algún outro orificio corporal sen ter apenas sido procesado polas neuronas. Prescindimos dos formalismos e do blablabla e reproducimos o cerne da cuestión:

“O Alcalde indicou que o citado polígono estaba incluído na proposta de PXOM que fora aprobado inicialmente hai só algúns días polo Pleno do concello, nunha votación favorable á que tamén se sumou a oposición municipal”.

Agora vai resultar, segundo insinúa o voceiro socialista, que a culpa de que se poida instalar un polígono industrial no Monte Pituco-Pornedo é da corporación enteira. A nós non nos colan as verdades a medias. Se esa foi a mensaxe que lle transmitiu o alcalde a Leiceaga, mal por un e mal por outro. Porque certamente non houbo votos en contra nunha votación tan trascendental para o futuro de Marín: MAR-IN abstívose moi valentemente e o PP votou a favor da aprobación inicial do PXOM, pero precisando de antemán que o seu grupo nunca votaría en contra dun plan de urbanismo, e botándolle en cara ao equipo de goberno que tiveran o “capricho” -esa foi literalmente a palabra empregada por María Ramallo- de excluir o estudo da zona de Pastoriza. Esa é a realidade, non o argumento frouxo que esgrime Leiceaga para intentar xustificar algo que non hai por onde collelo.

E traemos a colación este tema porque estes días estase cuestionando a capacidade de diálogo do goberno local de Marín, e en particular do alcalde: mentindo aos veciños da Brea a respecto da subestación eléctrica, acusando aos veciños dos núcleos do litoral de “confundir” coas súas valoracións a respecto da precaria situación na que seguen quedando as súas vivendas coa trapallada de PXOM recén aprobado… Engadir que Francisco Veiga segue sen inmutarse ante as peticións de entrevista que DEFENDE O MONTE PITUCO lle temos formulado, tanto en persoa, como pola vía formal do escrito por rexistro e mesmo interpelándoo a través dos medios de comunicación. Ou somos invisibles e non nos ve, ou o alcalde nos engana e en vez de ir ao Concello polas mañás queda na cama quentiño e así non hai maneira de atender os asuntos do despacho, ou non le a prensa.

Á marxe das ironías, é absolutamente reprochable esta actitude nun rexedor municipal; estes ramalazos de prepotencia, como quen se cre tocado polo dedo dalgunha divinidade para dicir ou decidir de xeito unilateral e sen criterio de ningunha clase. O tempo dirá se, coa maior cercanía das eleccións, se abranda esta cerrazón inexplicable.

Publicado por: MontePituco | 28/04/2010

ENTREVISTA CON JOSÉ JUAN DURÁN NA DEPUTACIÓN

A Deputación de Pontevedra é a primeira institución pública en recibir a comisión técnica que impulsa a creación do ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS. O vicepresidente e delegado de Cultura, José Juan Durán, comprometeuse a canalizar as propostas presentadas a través do Museo de Pontevedra, de Turismo Rías Baixas e do Servizo de Publicacións, para estudar posibilidades de colaboración.

Polo calado desta iniciativa, que defende a posta en valor do patrimonio arqueolóxico existente nunha superficie de 84 hectáreas pertencentes aos municipios de Pontevedra, Marín e Vilaboa, José Juan Durán entende que o Museo de Pontevedra -no que se custodian gravados rupestres con miles de anos de antigüidade- podería contribuir á recuperación e estudo dos petroglifos, conxuntos rupestres e mámoas existentes nos montes de Pornedo e Sete Camiños, algúns dos cales -como certos túmulos megalíticos- están pendentes de intervención arqueolóxica. Tamén se lle poderían expoñer ao Museo Provincial proxectos de divulgación que impliquen a comunidade escolar e a poboación en xeral.

No que respecta non só a recuperación do patrimonio arqueolóxico, senón tamén á revalorización do medio ambiente e dos recursos paisaxísticos da zona, a comisión técnica expúxolle a José Juan Durán o potencial do “Espazo Sete Camiños” como lugar de esparcemento para a veciñanza dos tres concellos e como polo de atracción para o resto dos habitantes da provincia. Neste sentido, proxectos de futuro como a organización de visitas guiadas servirían para converter estes terreos nun novo recurso turístico e nun motor de desenvolvemento económico que xeraría postos de traballo directos e indirectos. De aí que se plantexe a posibilidade de expoñerlle o traballo ao organismo autónomo Turismo Rías Baixas.

A comisión técnica tamén lle solicitou información ao vicepresidente provincial delegado de Cultura sobre as canles para acceder á edición do proxecto, de guías informativas e de material audiovisual específico sobre o “Espazo Sete Camiños” a través do Servizo de Publicacións.

Na petición desta entrevista con responsables da Deputación de Pontevedra, a comisión técnica do proxecto “Sete Camiños” tivo en conta o traballo do organismo provincial a prol da conservación do patrimonio arqueolóxico, pola realización de intervencións arqueolóxicas que se remontan aos anos 70 e 80 ou a axuda aos concellos para a recuperación de achados históricos. Nos últimos anos, a Deputación de Pontevedra tamén contribuiu á promoción desta riqueza cultural entre a xente nova, mediante a posta en marcha de obradoiros didácticos, a publicación de libros e videos divulgativos. Ademais, nos Premios Provinciais que convoca anualmente a Deputación, unha das categorías está enfocada á Protección e Recuperación do Patrimonio Público.

Outro aspecto relevante é o deseño, por parte da Deputación, de proxectos presentados a convocatorias de ámbito europeo, como o programa Vías Atlánticas para a recuperación da Vía Romana XIX, ou o programa Herdanza que, aínda que non chegou a prosperar, inclúe nos seus obxectivos moitos dos principios que persegue o “Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños”: creación de infraestrutura turística, sinalización, promoción, musealización dos elementos e concienciación aos axentes sociais e económicos para que protexan os recursos patrimoniais.

Publicado por: MontePituco | 27/04/2010

SETE CAMIÑOS: XUNTANZA NA DEPUTACIÓN

O proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños vai abríndose paso e dándose a coñecer entre entidades vencelladas ao monte veciñal, colectivos sociais e institucións.

Fronte á infrautilización do monte e á explotación deficiente dos seus recursos, a proposta para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños en terreos de Marín, Pontevedra e Vilaboa, aposta por plantexar “novas estratexias na xestión dos nosos montes, que pasen pola sostenibilidade, cunha explotación racional baseada nos recursos propios”. Os numerosos xacementos existentes poden desempeñar un “papel protagonista” nesta nova dinámica, que contribuiría notablemente a “enriquecer, fortalecer e diversificar a oferta cultural e turística da bisbarra”.

Con esta mensaxe acudimos mañá á Deputación Provincial de Pontevedra, que é a primeira Administración pública en atender a solicitude de entrevista formulada pola comisión técnica, para presentar os contidos desta iniciativa a prol da revalorización do monte: 84 hectáreas de terreo unidos mediante un roteiro de 6 quilómetros que, a partir dun investimento inicial asequible, poderían redundar na xeración de beneficio económico e social para o conxunto da comunidade, converténdose nun “referente identitario”.

O video de presentación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños está elaborado con fotografías de Lukas Santiago, música composta e interpretada por Rafael Quintía e Joao Bieites, e montaxe de David Suárez.

“O patrimonio cultural perde todo o seu sentido cando se converte nun segredo atesourado para uns poucos”.

Con esta frase de Álvaro Arizaga e Xulio Abal no prefacio do seu libro Petroglifos e outras prehistorias. Cadernos de arqueoloxía marinense, invitámosvos non só a disfrutar deste paseo pola que chamamos “encrucillada do tempo”, senón a compartila e difundila xenerosamente.

PD. Grazas a Xosé Vilas, da Casa de Cultura de Seixo, por descubrirnos esa publicación.

Publicado por: MontePituco | 26/04/2010

O MONTE COMUNAL, ALERTA

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común prende o sinal de alarma. Mañá martes esta entidade presenta en Pontevedra o seu IV Congreso Galego que se vai celebrar o mes que vén no Carballiño. Asemade, alerta das supostas intencións da Consellería do Medio Rural a respecto dunha posible “privatización” do monte. No día despois da manifestación en defensa dos servizos públicos, semella que tamén cómpre mobilizar aos comuneiros para que defendan esta propiedade singular da veciñanza.

Sen embargo, non todas as comunidades de montes actúan como defensoras e xestoras eficientes dos recursos forestais. En DEFENDE O MONTE PITUCO vimos criticando o posicionamento da Comunidade de Montes de San Xulián ante o proxecto para a instalación dun polígono industrial no espazo protexido do Monte Pornedo-Pituco. Eis un caso no que priman os intereses económicos por riba da posta en valor dos bosques; unha mostra de desprezo ao patrimonio natural e arqueolóxico dunha extensa zona que, unida aos montes de Lourizán, Salcedo e Vilaboa, podería formar unha das extensións máis importantes das bisbarras de Pontevedra e do Morrazo, con 84 hectáreas adicadas ao aproveitamento da riqueza madeireira, a actividades de sendeirismo e promoción turística.

O presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, relata nun artigo publicado na web Terra e Tempo, os perigos que se cernen sobre o futuro do monte veciñal. Non llo imos poñer fácil pero, con esta política, xestoras como a de San Xulián poderían estar de noraboa: coller os cartos e saír correndo é a filosofía que pretenden aplicar, escudándose no voto dunha “maioría” alimentada na máis absoluta desinformación e na manipulación interesada por motivos partidistas. Eis un exemplo lamentable de sometemento ao poder e de abandono do monte que, no caso do Monte Pornedo-Pituco, é notorio e manifesto: árbores de recente prantación secas, vertedoiros incontrolados, maleza descontrolada… As probas gráficas iranse debullando constantemente neste blogue . Pero vaiamos ao texto de Xosé Alfredo Pereira…

A lei do aproveitamento eólico e pola que se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental e as modificacions de lei de ordenación urbanística e protección do medio rural, recentemente aprobadas polo goberno do Partido Popular, son dúas lexislacions agresivas contra o monte veciñal que teñen con obxetivo a eliminación do monte veciñal, esa outra forma de posuír que temos os galegos e as galegas.

Se a actual Consellería do Medio Rural, andivo torpe e lenta no que fai referencia ás liñas de axudas para os montes veciñais (só dúas liñas da axudas nun ano), andivo, pola contra, rápida e áxil no campo lexislativo. Nun só ano, xa promulgou dúas normas lexislativas que afectan aos montes veciñais en man común: a lei pola que se regula o aproveitamento eólico e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, e as modificacions de lei de ordenación urbanística e protección do medio rural. As dúas son lexislacions agresivas contra o monte veciñal.

Cales son as razóns desta rapidez e desta axilidade da Consellería de Medio rural con estas dúas normativas agresivas para a titularidade veciñal? As razóns non son nen máis, nen menos, que o desenvolvemento, paso a paso, da extratexia que ten o goberno galego do Partido Popular, de eliminar a figura do monte veciñal que, entre outras cousas, é un sinal de identidade do noso País.

Non cabe dúbida que este ataque contra o monte veciñal, garda un paralelismo coa agresión ao principal sinal de identidade que temos, o noso idioma.

O decreto do aproveitamento da enerxía eólica, promulgado pola Conselleria de Innovación e Industria do BNG no goberno bipartito, significou un paso adiante para o medio rural. Mediante este decreto, ordeábase parte do territorio galego, esixíase o estudo de impacto medioambiental para a instalación dos parques eólicos, buscábase un equilibrio entre o social, o económico e o medio ambiental e dotábase de capacidade de decisión aos titulares das terras, xa que a Consellería de Innovación e Industria, para autorizar a instalación dun parque eólico, esixíalles aos promotores, cando menos, un 75% de acordos cos titulares das terras. Estas condicions, posibilitaban que uns dos beneficiados da enerxía eólica fosen o medio rural e súa populación. Posiblemente este decreto fose susceptible de milloras mais, en liñas xerais, era un bo decreto. De aí que a ORGACCMM, unha das organizacions mais representativas no eido do monte veciñal, manifestara o seu apoio dende o principio.

Agora, coa aprobación da nova lei do aproveitamento da enerxía eólica, que deroga o anterior decreto, todas estas milloras desaparecen e vólvese á situación do pasado (tamen gobernado polo PP). Situación do pasado que pode resumirse en que as empresas promotoras dos parques eólicos poden instalalos en calquer parte do territorio galego, sen ter en conta, nen as características deste, nen a opinión dos titulares das terras. E poden facelo por dúas vías, ou ben impoñendo os precios que queiran para as terras, ou roubando as terras a través do instrumento da expropiación forzosa. Estas dúas vías significan a eliminación física do monte veciñal e o roubo de plusvalías do medio rural para poder poñelo en valor.

As modificacións, aprobadas polo goberno do Partido Popular, da lei de ordenación urbanística e protección do medio rural, polo que fai respecto ao monte veciñal, significa desprotexelo de todo tipo de protección. Se até de agora, os montes veciñais en man estaban catalogados como solo rústico de protección forestal, agora pasan a ser catalogados como solo rústico de protección ordinaria, é dicir, sen nengunha protección. Cando o lóxico sería que os montes veciñais, poñer súa a titularidade, polas funcións que cumpren, pola súa situación no medio rural, deberían estar catalogados nun solo rústico “especial”, as modificacións da lei, déixanos a expensas dos intereses urbanísticos e especulativos para que estes engorden máis os seus negocios.

A lei de aproveitamento da enerxía eólica pola que se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, e as modificacións da lei de ordenación urbanística e protección do medio rural, son as primeiras normativas agresivas para o monte veciñal do novo goberno do Partido Popular, mais non seran as últimas. O parar estas agresións, non debe ser cousa somentes das comunidades de montes. Debe ser cousa de todos e de todas. Porque a posta en valor dos montes veciñais en man común de xeito multifuncional e sustentable, debe ser entendida como extratéxica para o noso País.

Publicado por: MontePituco | 25/04/2010

A DEMANDA DE CHAN INDUSTRIAL, SEGUNDO ERASMO

Hai unha semana, Erasmo publicou un artigo no foro marinenses.com que nos pasara desapercibido. Como compartimos o seu punto de vista a respecto da planificación dun polígono que satisfaga as necesidades de chan industrial para un longo periodo de tempo, en vez de xestionar -como fai o Goberno local de Marín- de xeito curtopracista e arruinando un espazo natural protexido, o monte Pornedo-Pituco, reproducimos o seu texto. É unha mágoa que reflexións coma esta se perdan no buraco negro do espazo virtual, que non fagan reaccionar a cidadanía. Ogallá esta mensaxe calara máis fondo e trascendera na opinión pública. Por tanto, que rule…

LA DEMANDA DE SUELO INDUSTRIAL

No pongo en duda la profesionalidad con la que la empresa Ideara S.L. realizó el estudio para el Ayuntamiento de Marín sobre la demanda de suelo industrial en el Concello y cuyas conclusiones fueron entregadas en el pasado mes de enero. Pero también sé que el papel lo aguanta todo. Me permito discrepar no con las conclusiones del estudio ni con los métodos de sondeo utilizados, que arroja alguna luz sobre la demanda de suelo industrial, pero sí en cuanto a lo que precisa Marín para su desarrollo económico en las próximas décadas y que no aparece en ese informe. Como también sé que no se pueden poner puertas al campo, la decisión final para la creación de un gran polígono industrial en la comarca de Marín no depende, afortunadamente, tan solo de este estudio sino de la voluntad política que muestren nuestros gobernantes y en su acierto para el desarrollo económico de nuestro pueblo.

Trataré de explicarme en este artículo a la vista de los resultados del sondeo realizado por Ideara S.L., empresa con sede social en Vigo que está dirigida por el psicólogo Arturo Bustelo y vinculada a Xestión Ambiental de Contratas S.L. muy dependiente de los contratos que le adjudican las administraciones públicas. Esto no quiere decir nada y no trata de ser peyorativo, pero me llama la atención la escasa información, por no decir nula, que ofrecen ambas sociedades en sus respectivas páginas web, sobre todo en cuanto a sus balances, plantilla, socios, capital, etc.

El estudio se hizo entre 111 empresas de un total de 191 sociedades que existen en Marín con 3 o más empleados, para lo cual se utilizó el censo del Instituto Galego de Estadística (IGE). Cabe añadir que en Marín existen más de 1.200 empresas si incluimos a todos los autónomos.

Me parece interesante destacar que, según el IGE, el sector que más empresas aporta a la economía de Marín es el de la construcción (54), seguido de industria y energía (47), comercio e intermediarios de comercio (40), transporte, almacenamiento y comunicaciones (13), venta y mantenimiento de vehículos a motor (13), metalurgia y fabricación de productos metálicos (12), industria de alimentación -8-, industria textil y de confección (3) e industria de la madera (1). El estudio está basado en la encuesta realizada a empresas de construcción (42), de comercio en su conjunto (23), comercio, automoción y derivados (11), transporte (10), industria (9), metalurgia -8-, industria de la madera, mueble y derivados (4), industria de alimentación, bebidas y tabacos (3) e industria textil (1).

Estos datos son importantes porque, si se fijan, los dos sectores con más peso en la encuesta son los de la construcción (37,8%) y comercio en su conjunto (20,7%) y por eso las conclusiones están muy sobre valoradas, porque están escoradas, hacia estos sectores. ¿Se imaginan que una industria auxiliar del automóvil precisara suelo industrial y se instalara en Marín o se imaginan que una empresa multinacional de la alimentación también se quisiera instalar? Esto desbarataría de por sí todo el estudio. El error, desde mi punto de vista, es dar por sentado que Marín solo va a crecer en el futuro con las empresas que ahora hay en Marín, renunciando por tanto a atraer nuevas inversiones que provengan fuera de la comarca. Este es el gran error en el que han incurrido nuestros gobernantes a la hora de tomar decisiones sobre un polígono industrial y especialmente los concejales del BNG. Pero sigamos con la encuesta.

El estudio de Ideara S.L. está basado en datos recabados del antiguo plan de Vivenda y Solo diseñado por el bipartito PSOE-BNG en la Xunta anterior. Así, tras referirse a la evolución entre 1993-2006, con 116 parques empresariales creados y 40 millones de metros cuadrados, añade que los polígonos actuales están en un grado de ocupación del 92%, lo que da una idea de que están próximos a saturarse e incide en que la provincia de Pontevedra es la más dinámica. En esta provincia hay un 20% de parques con suelo agotado, un 12% en estudio, un 7% operativo, un 13% en ejecución y nada menos que un 48% en trámite, donde podríamos situar a la comarca de Marín porque aún no tenemos aprobado el PXOM. En el Morrazo hay otros dos parques en trámite que son competencia para Marín y cuya oferta de suelo asciende a 1.890.000 metros cuadrados, según el gobierno bipartito anterior en la Xunta. Pero quiero resaltar que el gobierno actual autonómico contempla a nuestra comarca como núcleo de desarrollo industrial preferente en sus proyectos, por eso es tan importante que sepamos acertar con una buena zona y con capacidad suficiente para nuestro futuro a muy largo plazo. De ser así, seríamos preferentes –junto con Moaña- frente a los parques de Bueu y Cangas en cuanto a extensión. Monte Pornedo-Pituco, por lo tanto, es claramente insuficiente.

Conviene recordar las declaraciones que en su día hizo el concejal Vilaboa en el sentido de que como ya estaba previsto un polígono industrial en el Morrazo de más de 1 millón de metros cuadrados, en Marín era innecesario ofertar mucho más que los 300.000. Por eso apostaron por A Brea y Vista Alegre y ahora lo hacen por el Pituco. Yo le digo al señor Vilaboa que está profundamente equivocado y que los intereses raquíticos que defiende no son lo mejor para Marín.

En una cosa estoy de acuerdo con el estudio y es en que la oferta de suelo tiene que ser competitiva en precio y tiene que contar con los mejores servicios disponibles. Si queremos que esto funcione y funcione bien tenemos que apostar por ofrecer lo mejor y lo mejor son muchas cosas que no tienen otros polígonos, como por ejemplo bocas de incendio, red de gas, señalizador de empresas, fibra óptica, depuradora, recogida de residuos, página web, guardería, correos y servicio de vigilancia, entre otras cosas.

Paso por alto factores que aparecen en el estudio que me parecen menos importantes para centrarme en aquellos que pueden estar limitando el crecimiento de las empresas. Entre estos destaca el informe la dificultad de conseguir personal con formación adecuada (¡ay cómo estamos fallando en la preparación educativa de nuestros jóvenes y no tan jóvenes!), la falta de proveedores próximos, la deficiencia en servicios de comunicación terrestre o telecomunicaciones, así como servicios básicos de recogida de basura, agua, gas, etc y la falta de espacio tanto para ampliar las instalaciones como para hacer maniobras con camiones de reparto.

Según la encuesta, hay un 43,2% de empresas que creen seguro un traslado o apertura de nueva sede en el plazo de dos años, un 31,5% que lo creen probable y un 11,7% que seguro que lo harán. Entre los factores que destacan para decidirse definitivamente por el traslado a un parque empresarial está el equipamiento de las naves (39,6%). Los encuestados no se decantan por ninguna de las zonas posibles de industrialización (Pituco o Pastoriza) porque no se lo preguntan, pero el factor más determinante es la proximidad al núcleo urbano. Bueno, en esto hay que decir que lo de la proximidad es muy relativo porque tampoco nos interesa a los marinenses tener ruidos o contaminaciones al lado. Lo que si destacan los encuestados es que prefieren Marín a Pontevedra y hay que recalcar que de las 111 empresas valoradas, 54 están muy interesadas en el proyecto de un parque empresarial. Por sectores, destaca el interés de la construcción, seguido de la metalurgia y la industria del comercio de automoción.

En las conclusiones se afirma que en el escenario más optimista la demanda de superficie real construida es de 67.350 metros cuadrados y el tamaño total de las parcelas 150.000 metros cuadrados, aunque se aumentaría entre 222.000 a 300.000 metros cuadrados por la necesidad de la urbanización y demás espacios con que debe contar la zona. Y por preferencias, las empresas que están muy interesadas en el parque prefieren parcelas de 1.000 metros cuadrados útiles o hasta 2.000 metros (en ambos casos el 46,4% de las respuestas). Solo un 7% precisaría parcelas entre 2.000 y 5.000 metros cuadrados. Por lo tanto, la horquilla de parcelas menores de 1.000 metros cuadrados o entre 1.000 y 5.000 metros cuadrados parece ser las ideales para las empresas.

Respecto al precio, el grupo de empresas que tienen más interés en instalarse estarían dispuestas a pagar 64,36 euros por metro cuadrado, las que tienen bastante interés, 56,23 euros y el grupo que tiene más bien poco interés pagaría 51,25 euros. Los encuestados se inclinan mayoritariamente por tener las parcelas en propiedad.

Un aspecto interesante es que de producirse el asentamiento en el nuevo parque se crearía más empleo. Aunque se dan cifras, conviene ser cautos en este terreno porque la crisis que padecemos no nos permite ser muy optimistas. En cualquier caso, las empresas que traerían más empleados son las de la construcción, industria y comercio de automoción y derivados.

Hasta aquí el resumen de este informe que aporta datos muy interesantes pero que a mi juicio está incompleto. Y lo está porque, insisto, ofrece soluciones para cubrir las necesidades actuales pero no las futuras que precisa Marín. Y como de lo que se trata es de no poner parches, la solución definitiva pasa por planificar a largo, muy largo plazo, al menos para 25 años para que a la vuelta de la esquina no nos volvamos a encontrar con este problema.

Tenemos el puerto que es nuestra principal fuente de riqueza y generadora de empresas en su hinterland. Tenemos la materia prima, el capital humano, que son los emprendedores que siempre ha habido en Marín y que seguramente serán más si se le facilitan las cosas. Tenemos que apostar por la formación de nuestras gentes para que sean más competitivas en un mundo cada vez más competitivo y global y tenemos también la voluntad para no quedarnos atrás como lo prueba el que estamos preocupados y debatimos –a veces apasionadamente- sobre esta cuestión. Pero también es cierto que nos falta capacidad política –lo cual es muy grave- para ver las cosas claras de forma unánime y consensuada para encontrar un buen asentamiento que nos solucione el problema. Mi opinión ya la conocen y mi apuesta también. De siempre ha sido Pastoriza frente a cualquier otra alternativa. En ello me reafirmo y más después del informe medioambiental que realizó el equipo redactor del PXOM–en concreto un biólogo- y que ya les adelanté en otro artículo. El texto al que me refiero lo publica el blog de Montepituco y dice así:

“…Outra liña é garantir a posibilidade de instalación de actividades económicas que requiran certo afastamento dos núcleos de poboación, tanto pola xeración de tráfico pesado ou ruídos como para evitar posibles conflictos coa poboación residente. O Concello de Marín dispón dun espazo con boas características de relevo, sen problemas de catalogación ambiental e con pouca intervisibilidade. ESTE ESPAZO DE POSIBLE USO INDUSTRIAL, SITUADO NAS PROXIMIDADES DE PASTORIZA, TERÍA UNHA DOADA COMUNICACIÓN CO CORREDOR DO MORRAZO E A DIMENSIÓN SUFICIENTE COMO PARA DESEÑAR UN PARQUE ECOEFICIENTE INTEGRADO NA PAISAXE E NO SEU CONTORNO”.

Les pido disculpas por la extensión, pero creo que el tema lo merece. Es su turno.

Publicado por: MontePituco | 24/04/2010

PXOM: RESUME DE PRENSA

PXOM, o acrónimo máis pronunciado nos últimos días neste recuncho do planeta. Cómpre pois, botar a vista atrás para dar conta dunha semana frenética. E o que queda…

Do foro marinenses.com, recollemos o punto de vista de Metropolitano:

Pxom si, trapalladas no

Si los politicos que rigen en Marín fueran coherentes con lo que predican hace mucho tiempo que habría un plan general de ordenación en Marín. Lo que critico es que despues de presentarse 4.000 alegaciones, 400 o 40, no se les haya contestado ni a una antes de ser aprobado. El mayor problema del equipo redactor no fueron las alegaciones o los impedimentos de otros organismos. El mayor problema es los vaivenes del grupo de gobierno que con un llamada de telefono o una “reunión de coordinación” le pega una vuelta y media a un documento técnico. El informe de la anterior COTOP de 2006 sobre el Pxom no deja títere con cabeza: http://www.cptopt.xunta.es/portal/webdav/site/cptopv/shared/es/pdfs/dxu/RESOLUCIONS%20PLANS%20URBANISMO/INFORME%20PREVIO_PLAN%20XERAL_MARIN.pdf

Esa aprobación que se ha realizado ahora es una burla porque las modificaciones que han hecho son tantas que el plan es prácticamente nuevo lo que obligaría a una nueva exposición publica, plazo de alegaciones y vuelta a empezar. Ese es el problema de tener al frente de la Concejalía del Urbanismo a un señor que solo se dedica a mediatizar y a hacer demagogia barata y a unos politicos que utilizan el PXOM como los gobiernos el tema de las pensiones.

Isabel Martínez Epifanio (Mar-In): “…á comisión do PXOM non a convocaban desde xaneiro”.

“…El regidor municipal aseguró que las alegaciones presentadas por los vecinos han sido tratadas convenientemente y tenidas en cuenta en los casos que lo merecían…”

Ai, si? Nin unha soa contestada e a maioría rexeitadas. Se xa o dicía hai uns días o concelleiro de urbanismo, que o afán dos alegantes semellaba un intento de boicot ao PXOM. Será que o goberno local non tolera a discrepancia?

“Si Marín acaba el 2010 sin PXOM es posible que tenga que volver a empezar”. 

María Ramallo tilda de “caprichos de algúns” que non se incluira no PXOM o estudo de Pastoriza como posible chan industrial, a introdución dunha subestación eléctrica na Brea ou que as alegacións sigan sen contestar. Por suposto, o goberno local negará que todo forme dunha estratexia…

Publicado por: MontePituco | 23/04/2010

O COLECTIVO NACIONALISTA DE MARÍN, SOBRE O PXOM

O Colectivo Nacionalista de Marín vén de difundir unha nota informativa sobre a aprobación do PXOM. Damos conta da valoración e suliñamos o que atinxe ao posible uso industrial do monte Pornedo-Pituco, ao que nos opoñemos frontalmente.

O pasado martes asistimos atónitos á esperpéntica convocatoria dun pleno extraordinario que podería chegar a cualificarse como clandestino dadas as présas coas que se convocou o mesmo. A falta de previsión e a manifesta incompetencia do goberno bipartito que rexe o noso concello fixo que neste pleno se aprobara provisoriamente un PXOM que nin a veciñanza e nin tan sequera a oposición municipal sabe exactamente o que se aprobou.

Temos un goberno municipal que non ten a intención ou é incapaz de gobernar con transparencia e eficacia ocultando información constantemente e sendo capaz de aprobar un PXOM antes de que os numerosos veciños e veciñas e colectivos coma o noso que no seu momento presentaron alegacións ao plano recibiran ninguna contestación ás mesmas. Para resolver o misterio de como vai quedar o PXOM de Marín, a ferramenta que servirá no futuro para desenvolver urbanísticamente o noso concello, semella que teremos que agardar a que a Xunta finalice os trámites e o publique no DOG.

Estas prácticas escurantistas e caciquís confirmáronse unha vez máis tras facerse pública a denuncia de favoritismo cara a militantes e candidatos do BNG cunhas modificacións clandestinas do PXOM das que só eran participes os partidos do goberno. Legalizar, ampliar, favorecer, en definitiva caciquear por parte duns partidos autodenominados de esquerdas e progresistas.

Mais o maior despropósito e tamén o máis rastrero por ter uns claros tintes de vinganza contra a veciñanza do lugar é a reserva no lugar da Brea de solo para construír unha subestación eléctrica que vén substituír o proxecto de parque industrial xa desbotado.

Dende o Colectivo Nacionalista compartimos coa veciñanza do lugar o rexeitamento á construción desta subestación, non entendendo como despois de desbotar o parque industrial e cualificar a zona como rural de interese agrario pretenden colarnos unha subestación, cos prexuízos que causa non só a instalación e ocupación do terreo senón tamén os causados polas liñas eléctricas que se tenderán e que pasarán por riba ou ao lado das casas afectando aos terreos e zonas polas que pasen.

Independentemente das liortas de cara a galería cunha clara intención electoral entre goberno e oposición municipal, a Xunta gobernada polo Partido Popular xa definiu o solo industrial para Marín no Plano de Solo Industrial de Galiza onde se definiron as prioridades e o prazos de execución de dous megapolígonos no Pituco e na Pastoriza incluíndo aos concellos limítrofes de Pontevedra e Moaña para que declarando a supramunicipalidade dánvolos dous proxectos lles sexa máis doado a súa execución. Polo que esta é a aposta do Partido Popular tamén de Marín por moito que hipocritamente só defendan publicamente unha delas.

Cando se sexa definitivo o PXOM traerá renovará vellos conflitos, xa que cada polígono industrial previsto, cada subestación eléctrica, terá que ter o seu propio estudo de avaliación ambiental. Non só, como dixo a Consellaría de Medio Ambiente para o Pituco. Teremos, ademáis, o desenrolo urbanístico de amplas zonas do concello que van deixar ao descuberto o verdadeiro interese deste plano: a especulación.

Publicado por: MontePituco | 22/04/2010

DÍA DA TERRA (II): PROMESA CUMPRIDA

Os símbolos son a metáfora dos nosos soños e arelas. Levar unha prantiña de carballo á presentación do proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños era a estampa dunha reivindicación; facer presente o monte enteiro a través dos seus poboadores: as árbores, a auga, os animais, o aire limpo, a terra.

Viaxou ata a cidade na súa maceta para representar a esperanza dun territorio sobre o que pesa unha cruel condea a morte, baixo o cemento e o asfalto, coa rúbrica cínica e irreponsable dun Concello disposto a desprezar o rango de protección autonómica que ten esta zona.

E, tal como lle prometeramos, voltou á Terra Nai para dar testemuña de que unha vintena de colectivos ambientais, culturais e veciñais están dispostos a defender o Monte Pituco-Pornedo coa posta en marcha desta iniciativa ilusionante: o patrimonio natural, arqueolóxico e cultural como alternativa á especulación do solo; a xestión sostible do monte como motor de riqueza económica para os concellos de Marín, Pontevedra e Vilaboa.

Voltou para seguir medrando e afondando coas súas raíces nas entranas de Gaia. Para seguir alimentando o soño das primaveras vindeiras. Promesa cumprida.

Publicado por: MontePituco | 22/04/2010

22 DE ABRIL: DÍA DE GAIA, DÍA DA TERRA

No Día da Terra Nai, compartimos o traballo fotográfico de Xoan Arcodavella sobre a fauna e a flora da Lagoa de Castiñeiras. O proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico de Sete Camiños, que abrangue o monte comunal de San Xulián, Lourizán e Salcedo, contempla ramais que conectarían coa Lagoa a través dos Complexos Rupestres de Champás e da Carrasca.

Un pulo pola revalorización do Monte Pituco-Pornedo, para que se retire o proxecto de polígono industrial que abocaría á súa destrución irreversible. Un pulo pola posta en marcha do Espazo Sete Camiños, para que se convirta nun motor de desenvolvemento de Marín, Pontevedra e Vilaboa, en termos de sostibilidade e respecto polo patrimonio ambiental, arqueolóxico e etnográfico.

Publicado por: MontePituco | 21/04/2010

14 PÁXINAS E CUARTO DUN CADERNO 15×21

Un “documento vivo”, que ha de se “adaptar ás normas” e que ha de servir, entre outras moitas cousas, para “protexer os montes e conservar a paisaxe do litoral”.

Se non fora porque estas verbas saíron da boca do alcalde de Marín, mesmo as aplaudiriamos. Pero como sabemos que se trata dun discurso falso, dunha traizón ás súas verdadeiras intencións e dun engano para a cidadanía, poñémolas en evidencia, facemos escarnio do seu xeito de facer literatura barata e demagóxica, que soa ben ao oído pero que perxudica seriamente a saúde democrática desta vila.

Con este aire de inxenuidade comezaba a súa intervención inicial o rexedor local no pleno urxentísimo e extraordinarísimo para pretender a aprobación provisional dun documento de PXOM que, xa de entrada, ten que incluir unha ristra de obxeccións que lle fixo a Xunta á Memoria Medioambiental e tamén as consideracións dos informes técnicos, para que posteriormente o equipo redactor teña que facer un texto refundido. E tantas présas porque a modificación da Lei do Solo entra en vigor en poucas horas e, xa de paso, o goberno municipal fai un alarde de pericia ante a opinión pública escenificando que, grazas á súa esforzada xestión, Marín por fin vai ter unhas normas urbanísticas consonte o século XXI.

Puro teatro. Total, para que o raio do PXOM siga dando tumbos nas dependencias do Concello. Total, para que a Xunta e Costas, que son os organismos aos que lles corresponde darlle o visto bo definitivo, o manden de volta nun paquete con laciño vermello. Total, para que acabe vindo o Plan de Ordenación do Litoral a pór todo patas arriba novamente. Os veciños que se molestaban en perder dúas horas do seu tempo non eran conscientes do paripé, pero a prensa e os membros da Corporación sabíano. Na oposición queixábanse de ter zampado, de golpe e sen bicarbonato, preto de 200 folios farragosos. E no goberno botaban en conta que de perdidos, ao río, pero eles xa zafaban, non sen cumprir a promesa de pórlle unha vela así de gorda a Santa Rita, avogada dos imposibles.

Un alcalde que podería acabar presentando Pasapalabra, do veloz que pode ser lendo os epígrafes da orde do día das sesións. Un alcalde ao que sorprendentemente non lle crece o apéndice nasal por afirmar que o Informe de Sostibilidade Ambiental tivo un “papel protagonista”, cando na práctica o están a pasar polo arco de trunfo obviando toda a defensa que este documento fai do Monte Pornedo-Pituco, da súa elevada intervisibilidade e do seu ámbito de protección ambiental. Un alcalde que a próxima semana volverá convocar por enésima vez a comisión de seguemento do PXOM para seguir mallando no mesmo centeo.

Un concelleiro de urbanismo que nos quere dar clases de “xogo político versus xogo administrativo”, citando realesdecretosdenonseique e pasando de puntiñas sobre o futuro do Monte Pornedo-Pituco. Un concelleiro de urbanismo que, como dixo Isabel Martínez Epifanio, tiña na docencia a súa “profesión frustrada”, pero ao que non lle aconsellou exercer “porque aburre ás ovellas co seu discurso monótono”. Un concelleiro que non ten gracia ningunha do malos que son os seus chistes, ao presumir de que máis dunha vintena de organismos públicos informaron sobre o PXOM, “menos a NASA, e porque os cohetes non pasan por aquí”.

Un concelleiro socialista de discurso tímido e inseguro. Das 14 páxinas e cuarto cheas de notas feitas con letra de médico, nun caderno tamaño 15×21, apenas unha carilla chega para recoller as súas impresións.

Unha oposición que coincide en dúas cousas: en non aceptar as desculpas do alcalde polas formas deficientes nas que se fixo a convocatoria do pleno, e en desconfiar plenamente das garantías do PXOM aprobado. Unha oposición que diferiu no seu posicionamento: os populares votando a favor, e os independentes absténdose. Unha Isabel Martínez Epifanio que calificou o documento de “impresentable”. Unha María Ramallo acusando ao goberno local de “facerlle oposición á oposición” e colleitando os primeiros aplausos do respectable ao desexarlle “que paguen nas urnas” o seu desprezo a PP e Mar-In.

Antes de empezar a teclear estes parágrafos pensaba que non tiña tempo, nin ganas, nin pacencia de resumir semellante tostón. Seguro que BreaSeixo, Metropolitano, Erasmo e quen máis se tercie na blogosfera, o fan moito mellor e con máis precisión técnica e analítica. Agora que o punto final está ao caer, sigo pensando o mesmo: non tiña pacencia, nin ganas, nin tempo, pero é a penitencia terapéutica que nos impón o sabio e ecuánime Monte Pituco-Pornedo.

Publicado por: MontePituco | 20/04/2010

AÍ ESTAREMOS…

…SE NOS DEIXAN (E SE CABEMOS NO SALÓN DE PLENOS, QUE VAI ESTAR CONCURRIDIÑO).

Publicado por: MontePituco | 19/04/2010

SOBRE A MEMORIA AMBIENTAL DO PXOM

DEFENDE O MONTE PITUCO vai solicitar formalmente unha entrevista co alcalde de Marín, Francisco Veiga, para transmitirlle a valoración deste colectivo veciñal a respecto das obxeccións formuladas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ante os plans do Goberno local para instalar un polígono industrial no Monte Pituco (Pornedo). O colectivo veciñal aplaude que a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental teña en conta o ámbito de protección deste lugar, pertencente aos Montes do Morrazo, e demande un informe específico de avaliación de impacto ambiental para este emprazamento. Entendemos que, actuando con rigor, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non debera ceder ás presións do Goberno municipal, interesado en levar adiante esta actuación malia que a propia Xunta amósase partidaria de satisfacer as necesidades de solo industrial de Marín mediante a posta en marcha dun polígono industrial no límite entre Marín e Moaña.

Por iso, a asociación vaille presentar un informe á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental detallando todos os inconvintes que presenta o Monte Pituco-Pornedo dende o punto de vista técnico, ambiental, patrimonial e social: a forte pendente do terreo, no que máis do 90% supera con creces o desnivel máximo recomendado pola Xunta para estas dotacións; a riqueza forestal e cultural da zona, na que abundan xacementos rupestres catalogados coa máxima protección e formacións xeolóxicas significativas que levaron a unha vintena de organizacións a apoiaren o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños; a abundancia de acuíferos que fornecen de auga para consumo doméstico e de regadío aos habitantes e propietarios de terreos da zona.

DEFENDE O MONTE PITUCO rexeita a pretensión do Concello de Marín de solicitarlle á Xunta a desafección desta zona do ámbito de protección que lle corresponde xustamente. Os Montes do Morrazo son unha das sete unidades de paisaxe catalogadas na memoria ambiental do Plan Xeral de Ordenación Municipal que vén de ser aprobada pola Xunta. Sería inxustificable que o Concello de Marín renunciara a conservar un espazo de gran valor ecolóxico, que prestixia o termo municipal no seu conxunto, e que configura a fachada litoral da vila en termos de harmonía entre mar e monte. Sen dúbida, a alta intervisibilidade do Monte Pituco-Pornedo, tal e como consta no Informe de Sostibilidade Ambiental do propio PXOM, faría que a instalación dun polígono industrial neste emprazamento creara un tremendo impacto visual. Solicitando a desafección ambiental do Monte Pituco-Pornedo, o Goberno local de Marín poría en evidencia a súa nula sensibilidade ambiental e deslexitimaría calquera acción que pretenda facer pasar por sostible ou respectuosa co medio.

Dende este colectivo veciñal apelamos ao Goberno local para que actúe con responsabilidade e aplique criterios de racionalidade na súa política urbanística. Posto que a Xunta parece apostar pola creación dun polígono de amplas dimensións na fronteira entre Moaña e Marín, non parece razoable que o Concello siga mantendo os seus plans industriais no Monte Pituco-Pornedo, máxime cando os dirixentes municipais argumentaban meses atrás que esta decisión era de tipo económico, polo menor custe do investimento no Pituco-Pornedo fronte ao requerido en Pastoriza. Co posicionamento da Xunta, queda desmontada esta teoría dos grupos municipais socialista e nacionalista, que veñen actuando en beneficio dos seus intereses partidarios e gobernando en contra dos seus adversarios na oposición, posto que tanto independentes como populares viñan decantándose por estudar a viabilidade de Pastoriza prevendo que o Pituco-Pornedo era insuficiente dende o punto de vista do espazo dispoñible, desfavorable polas adversidades topográficas do terreo, e inadecuado pola protección ambiental que presenta.

DEFENDE O MONTE PITUCO manterá ante todas as instancias públicas o seu rexeitamento á destrución deste espazo e defenderá tamén que o Monte de Pastoriza non resulte danado nos ámbitos de protección que lle corresponden en caso de prosperar o proxecto industrial anunciado.

Publicado por: MontePituco | 18/04/2010

‘RELATIVAS’ BOAS NOVAS

Os últimos meses de traballo deron os seus froitos. Estamos satisfeitos, pero seguimos en garda. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas paroulle un pouco os pés ao Goberno local de Marín e aos “lumbreras” do concelleiro de Urbanismo e do alcalde; especialmente a este último, que viña instando a Xunta a actuar canto antes na execución dun polígono industrial no Monte Pituco (Pornedo). Pero a Consellería vén dicirlle algo así como “quieto parado”, que iso está por ver. O alcalde de Marín e o seu equipo de goberno confunden os desexos coa realidade: cómpre un estudo de avaliación ambiental para determinar se o Monte Pituco (Pornedo) -pertencente ao espazo protexido Montes do Morrazo- está en condicións ou non, de acoller semellante dotación industrial. Se a Consellería actúa con rigor, non debera ceder ás pretensións do Concello de Marín, que aspira a desafectar os terreos do seu actual ámbito de protección. Por iso, DEFENDE O MONTE PITUCO vai intensificar as súas accións, para que non se cometa semellante atropelo, para defender o seu valor ambiental, para reivindicar a súa revalorización e para que se teñan en conta as características topográficas do espazo, polo forte desnivel que desaconsella calquera construcción con fins industriais.

  

La Voz de Galicia, 18 de abril de 2010:

La Consellería pone reparos al polígono del monte Pituco, que condiciona a un proceso específico

Uno de los aspectos más llamativos de este documento es la dificultad que supondrá para el desarrollo del polígono empresarial, previsto en el PXOM, en el monte Pituco o Pornedo, en la parroquia de San Xulián. Este espacio está incluido en el ámbito protegido de los Montes do Morrazo y la Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental establece que no se podrá desarrollar “en tanto non se faga unha avaliación de impacto ambiental específica para dita actuación”. Esta situación deja en una posición delicada al Ayuntamiento, ya que la corporación local había apostado por la agilización del parque empresarial del Pituco frente al otro mencionado en la memoria del plan en Pastoriza.

Fervenza apuesta por una actuación supramunicipal para el parque Moaña-Pastoriza

El PP de Moaña estima que la creación de este polígono creará cinco mil puestos de trabajo en este municipio y otros tantos en el de Marín.

Faro de Vigo, 18 de abril de 2010:

El parque de O Pituco necesitará evaluación de impacto ambiental

“Cómpre destacar que se determinaron sete unidades de paisaxe, dúas urbanas e cinco rurais, e se identificaron os espazos que presentan valores ambientais, ecolóxicos e paisaxísticos de singularidade e fraxilidade, e polo tanto susceptibles de protección, entre os que pódense destacar os Montes do Morrazo e Cotorredondo, ou os ecosistemas fluviais dos ríos Loira e Lameira”.

Entre otras consideraciones la Consellería de Medio Ambiente se refiere a la pretendida y a la vez polémica ubicación de un parque industrial en el Monte Pituco o mejor denominado Pornedo, y manifiesta taxativamente que “respecto do sector industrial previsto en Pornedo, a resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental establece que non se poderá desenvolver en tanto non se faga unha avaliación de impacto ambiental específica para dita actuación”, con lo que de momento se frenan las intenciones del grupo de gobierno…

El PP asegura que el polígono Moaña-Marín estará construido en el año 2015

Los concejales del PP en las corporaciones de Moaña y Marín escenificaron ayer su alianza para conseguir que se ejecute el polígono industrial supramunicipal, que ocuparía alrededor de 1,5 millones de metros cuadrados entre la zona de Cruz da Maceira (Moaña) y la de A Paradela (Marín)… El conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunció a comienzos de marzo la intención de unir el polígono de Cruz da Maceira que se refleja en la propuesta de PXOM de Moaña con el de Marín, cuya formulación está mucho más retrasada y todavía no existen terrenos comprados… María Ramallo señaló que en Marín “el gobierno local ni siquiera tuvo la sensibilidad de incluir en la propuesta de PXOM esta dotación”.

Diario de Pontevedra, 18 de abril de 2010:

…Con respecto al sector industrial previsto en el Monte Pituco (Pornedo), la resolución de la Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental establece que no se podrá desarrollar mientras no se realice una evaluación de impacto ambiental específica para esta actuación. Se trata de un nuevo inconveniente para el proyecto del parque empresarial por el que apuesta el Gobierno municipal, y que tendría unos 400.000 metros cuadrados de superficie, aunque no un impedimento de antemano, a la espera de lo que determine el citado estudio previo… El regidor explicó que el equipo de Gobierno realizará mañana una evaluación del nuevo escenario y tomará las decisiones oportunas en torno a la aprobación provisional del PXOM.

Publicado por: MontePituco | 17/04/2010

ENTREVISTA A LUKAS

No xornal Faro de Vigo, Susana Requeira entrevista a Lukas Santiago, autor do proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños; unha iniciativa que conta co apoio de DEFENDE O MONTE PITUCO.

Publicado por: MontePituco | 16/04/2010

SETE CAMIÑOS

Xa é unha realidade. O proxecto para a creación do “Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños” vén de facer a súa presentación en sociedade, ante os colectivos que apoian a posta en marcha desta proposta que aúna patrimonio rupestre, natureza, historia e cultura. Grazas aos representantes das asociacións que arrouparon o acto na Galería Sargadelos de Pontevedra. Grazas ás entidades que están a poñer o seu grao de area para lograr que esta iniciativa ilusionante se poida facer realidade algún día:

Comunidade de Montes de Lourizán – Comunidade de Montes de Salcedo – Comunidade de Montes de Vilaboa – Asociación de Veciños Estriceres (Lourizán) – Asociación de Veciños San Andrés (Estribela) – Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta (Salcedo) – Asociación de Veciños de San Xulián – Asociación de Veciños de Postemirón/A Graña (Vilaboa) – Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres – Plataforma Defende o Monte Pituco/Pornedo – Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra – Asociación Vaipolorío – Asociación Cultural Almuinha – Asociación Cultural A Pedra Floxam – Asociación Cultural Ronsel – Asociación Cultural Os Chichisos – Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca

Grazas aos sete arqueólogos que avalan este traballo:

Álvaro Arizaga Castro – Xurxo Ayán Vila – Noemí Calvo Valcárcel – Manuel Antonio Franco – Leonardo González Pérez – Diego Piay Augusto – Otilia Prado Fernández

Na web do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños está toda a información sobre os petroglifos, as mámoas e os conxuntos rupestres, sobre as lendas asociadas a estes xacementos. Tamén se poden contemplar as paisaxes que nos ofrecen os miradoiros naturais, as estampas das interesantes formacións xeolóxicas existentes no Monte Pornedo (Pituco) e nos Sete Camiños. E ademais, proponse ampliar o Espazo con ramais de ida e volta que conectan coa Lagoa de Castiñeiras.

Benvidos e benvidas a esta proposta para converter os montes de Marín, Pontevedra e Vilaboa nun gran lugar de esparcemento

O dossier informativo completo atópase neste ENLACE. Feliz viaxe pola “encrucillada do tempo”.

Publicado por: MontePituco | 16/04/2010

HOXE EN PONTEVEDRA

http://www.espazosetecaminhos.tk/

Publicado por: MontePituco | 15/04/2010

NOTA INFORMATIVA DA APDR

A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra vén de difundir unha nota de prensa na que se posiciona a respecto dos proxectos de instalación de áreas industriais en lugares susceptibles de protección ambiental.

A APDR CONTRARIA ÁS PROPOSTAS DE PORTO SECO

Diante das propostas realizadas sobre a construción dun porto seco ou parque loxístico, xustificadas desde as distintas instancias na necesidade de dar resposta á falta de solo empresarial para albergar naves industriais na comarca, a Asociación Pola Defensa da Ría quere facer pública a súa posición, baseada nos seguintes criterios:

1º.- A falta de solo empresarial na comarca ven dada –como no resto do territorio galego- pola absoluta falta de planificación das administracións con competencias neste terreo, que nada fixeron por abordar o problema dun xeito global.

2º.- As presas por buscar alternativas para o porto seco veñen derivadas da recente sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegais os recheos realizados ao amparo do Plan Especial do Porto aprobado no ano 2000 e obriga á Autoridade Portuaria, á Xunta de Galicia e á Deputación provincial de Pontevedra a acometer a súa eliminación, por seren estes os organismos responsábeis da ilegalidade.

3º.- Na APDR, rexeitamos a proposta de situar o porto seco no monte Pornedo (coñecido tamén como Pituco), unha proposta feita polo Concello de Marín que entra en contradicción cos valores forestais, paisaxísticos e culturais da zona, que precisa seren protexida e potenciada. Trátase dunha zona de enorme interese arqueolóxico e cultural pola que descorre a ruta arqueolóxica dos sete camiños, unha ruta que ten que seren posta en valor e pola que temos apostado na APDR co deseño e realización dun roteiro na zona.

4º.- Polo que fai á proposta de parque loxístico en terreos de Tomeza e Bértola feita polo concelleiro Telmo Martín, unha proposta de evidente carácter electoral, temos que dicir en primeiro lugar que na APDR non acostumamos a teren en consideración propostas que, por se facer desde instancias que non posúen poderes de execución, non teñen ningunha posibilidade de se levar adiante. En calquera caso, diremos tamén que a citada proposta non podería contar en ningún caso co noso apoio polo seu elevado grado de afectación medioambiental nunha zona que polo seu valor paisaxístico, ambiental e social debería ser resgardada de calquera proxecto que puidera conducir á súa degradación. Neste sentido, coincidimos coa posición expresada polo colectivo Vaipolorío, que rexeitou a proposta polo forte impacto que tería sobre o río Toxal, unha zona a protexer e a recuperar polo seu valor ambiental.

Na APDR esiximos unha volta mais o cumprimento íntegro e inmediato da sentenza do Supremo e, xa que logo, a eliminación dos recheos ilegais no Porto de Marín e o respecto absoluto das zonas que polos seus valores ambientais, naturais, paisaxísticos e/ou culturais deben ser postas en valor para o seu uso polo conxunto da cidadanía.

En Pontevedra, a 13 de abril de 2010.

Pola APDR, asinado Antón Masa, presidente.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO dámoslle as grazas á APDR por ter encabezado a loita en defensa deste espazo natural, por manter invariable o seu compromiso pola posta en valor dos seus recursos, e por facer público, unha vez máis, o seu rexeitamento ao polígono industrial ou plataforma loxística que se proxecta na zona.

Publicado por: MontePituco | 14/04/2010

100 ARTIGOS

Con este, van 100 artigos no blogue de DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO). 100 veces aporreando as teclas, volcando para os internautas -sexan moitos, poucos ou ningún- as queixas dos veciños pola intención dos gobernos local e autonómico de destruirnos este espazo en aras dun suposto progreso, obviando a súa protección ambiental, ignorando as recomendacións técnicas que desaconsellan esta ubicación.

Neste tempo pensamos que non ofendemos nen lle faltamos ao respecto a ninguén. Mais, se alguén se sentiu ofendido polas críticas e polas acusacións verquidas, podemos desculparnos en parte, posto que os contidos non van cambiar. E así vai seguir a liña de DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO): insistindo, reivindicando, facendo todas as xestións posibles, canalizando as protestas dos veciños.

Estes 100 artigos cadran cunha boa nova. DEFENDE O MONTE PITUCO xa visou os estatutos da Asociación creada para respaldar todas as accións que emprendamos; xa figuramos provisionalmente no Rexistro Provincial de Asociacións. E dentro de tres meses esta inscrición será definitiva.

Xa somos alguén. Xa ninguén pode restarnos lexitimidade nin tratamento oficial. Xa estamos listos para afrontar iniciativas formais ante as Administracións Públicas. O TEMPO PARA SALVAR O MONTE PITUCO (PORNEDO) COMEZA XA. Moitas grazas por visitarnos, por lernos, por coñecernos, por seguirnos, por acompañarnos neste camiño longo e arduo, nesta causa xusta e solidaria.

Publicado por: MontePituco | 14/04/2010

A DEMAGOXIA DO EMPREGO

Xaquín Marín vólvenos achegar a ese xeito crítico de ver a realidade: con crueza, pero sen renunciar ao humor. Desta volta, unha reflexión sobre a creación de emprego a costa de destruir o medio ambiente, con polígonos industriais construidos de calquera maneira, sen o mínimo rigor técnico nen urbanístico. Unha falacia máis por intereses económicos, un discurso demagóxico no que non imos caer nós. Porque xa non somos tan inxenuos/as.

Publicado por: MontePituco | 13/04/2010

SOLIDARIEDADE CON SAMAÍN. NON AO VETO DO ROCK

Son Santi, Esteban e Jonhy. Son tres dos cinco compoñentes de Samaín, un grupo de rock que ensaia na Casa de Cultura de Seixo PORQUE NA CASA DE MONTES DE SAN XULIÁN -parroquia da que procede Santi- NON LLES PERMITEN ENSAIAR. Dirixíronse ao vicepresidente da Comunidade de Montes de San Xulián e mesmo lle enviaron un escrito ao presidente da xunta rectora, pero non houbo forma de convencelos.

Excusas como que fan moito ruido, ou que nas instalacións da Casa de Montes xa ensaia un grupo de música e baile tradicional galego, son as EXCUSAS que lle deron a estes rapaces. Nin son melenudos, nin teñen pintas raras, nin se drogan, nin berrean, nin beben alcohol, nin rompen guitarras contra o chan, nin poñen o local patas arriba, nin molestan aos veciños. Nada dos prexuizos retorcidos que o vicepresidente da Comunidade de Montes de San Xulián imaxina na súa mente obtusa (calificativo que, intencionadamente, lle reiteramos).

As portas que lles pecharon en San Xulián abríronllas de par en par en Seixo. “A música, non é cultura? Pois adiante, que sigades depende de vós”, foi a resposta que escoitaron, incrédulos, despois do mal trato que recibiran Santi e os seus compañeiros ‘na súa propia casa’. E aí están, tocando o baixo, a guitarra eléctrica, a batería. Faltan Saúl e Pacheco, pero resulta que a súa ausencia dos ensaios habituais tamén é achacable á insensibilidade coa que foron tratados en San Xulián.

Saúl e Pacheco terían que vir dende Portonovo e Pontevedra. Dende logo, os ensaios en San Xulián serían moito máis accesibles para eles achegándose ata o centro de Marín e subindo ata San Xulián co resto da banda. Pero desprazarse ata Seixo é un traxecto máis longo e que conta con menos vantaxes porque carecen dunha liña de autobús que poidan coller para iren e volveren.

Son xente nova e con iniciativa que xa ten actuado en varios concertos. Fan unha música intensa e potente, tocan con disciplina, repiten e repiten, levan o ritmo, poñen toda a súa concentración en cada compás, en cada acorde. Aplaudimos ao rematar a peza que veñen de ensaiar porque soou francamente ben. Por que entón, a Casa de Montes de San Xulián os rexeita? É cuestión de ignorancia musical, insolidariedade veciñal ou algún outro interés inxustificable?

Por que a xuventude da parroquia non pode facer uso das instalacións dunha Casa de Montes tan inmensa e ben equipada como a de San Xulián? Acaso non hai días abondo para que poidan dispoñer dunha sala durante un par de horas á semana? Cal é a razón pola cal a Comunidade de Montes de San Xulián non apoia a afección musical destes mozos?

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO, todo o noso respaldo para o noso veciño Santi e os seus demais compañeiros. E esperamos que a Comunidade de Montes de San Xulián rectifique a súa actitude, que lle levante o veto ao rock e que sexa receptiva ás necesidades da xente da parroquia.

Publicado por: MontePituco | 12/04/2010

O TERROR DAS MÁQUINAS

Uns cumpren ordes. Hai un proxecto, elaborado en non se sabe que despacho de non se sabe onde, pero seguro que a moitos kilómetros de distancia de onde se executan. Un proxecto aprobado, tamén moi probablemente, lonxe de onde os veciños van padecer de por vida as consecuencias negativas dunha decisión errada. Así de terribles funcionan as relacións entre Administradores e Administrados.

Hoxe as máquinas comezaron a mover terra, a abrir o camiño que percorrerán outras máquinas aínda maiores. Tan áxil foi o Conselleiro de Infraestruturas pedindo que, valga a redundancia, se axilizaran as obras, que dun venres ao luns seguinte, velaí están as máquinas, arredor das casas. Vivendas que, irremediablemente, se Fomento non dá unha contra-orde, quedarán á sombra do viaducto que unirá a variante de Marín co futuro nó de Celulosas, a carón da ría.

Por iso é comprensible que os veciños de Mollabao se agarren a unha alternativa na que ven a solución aos desvelos que agora os agobian e que ameazan con converterse en males crónicos para o resto dos seus días. A alternativa que lle ofrece o PP a Fomento consiste en desprazar o enlace máis cara ao interior, pola PO-11.

“…Que non cometan a aberración de deixar condenada a recuperación da fachada marítima de Pontevedra”.

“…Una infraestructura que va a generar un impacto medioambiental que tiene solo un precedente: Celulosa. El gran sueño de todos los pontevedreses, de todos los vecinos de Marín, ha sido que desaparezca Celulosa de la ría. Este sería el segundo atropello con la ría de Pontevedra”.

“Vamos a defender, primero, la ría, segundo, los intereses de las personas que viven de la ría, y tercero, el futuro, esa fachada que tiene que tener Pontevedra, que tiene que tener Marín, que no la podemos ni disfrutar ni compartir”.

“Aquí hay dos impactos: el impacto de la ría, impresionante, y el impacto en los vecinos. Impactando la ría, impactas a los vecinos y al futuro económico y social de Pontevedra y de Marín”.

“El futuro de Pontevedra, el futuro de Marín depende en buena medida de la recuperación frontal de esta cara que tenemos al litoral, a la ría. Ha estado hipotecada durante mucho tiempo por Celulosa. Cuando se traslade Celulosa de aquí, ese es un compromiso del PP, nosotros no queremos iniciar una nueva batalla por quitar otra infraestructura. Sería un momento clave para dar marcha atrás en lo que es el proyecto de desarrollo económico y social de Pontevedra. Pero lo que es más importante, si los políticos hacen oídos sordos a las reivindicaciones de los ciudadanos se están equivocando. Y por eso yo le pediría, aunque solo sea por interés político, que cambien de postura porque se están equivocando, porque tanta gente, tantos vecinos, no se pueden equivocar”.

Telmo Martín e Ana Pastor enarbolan a bandeira ambiental e paisaxística para expresar o seu rexeitamento ao actual trazado desta variante. Son unhas declaracións interesantes por dous motivos: por un lado, porque lidas sen atribución poderían proceder do discurso de calquera grupo ecoloxista; pero non, saen da boca de dirixentes populares, están gravadas e transcritas. Por outra parte, é un argumentario perfectamente válido para a defensa do Monte Pituco (Pornedo), ao que en numerosas ocasións nos referimos como un ‘balcón da ría’.

A súa ubicación, na parte superior de Marín -visto dende Combarro- permite visualizar o evidente impacto visual que crearía a instalación dun polígono industrial onde o ten proxectado o Concello. Por tanto, apelamos ao Goberno autonómico para que teña en consideración a nova política ambiental que se promove a nivel estatal. A preservación da fachada litoral de Marín e Pontevedra comprende tanto a superficie a ras da ría, como a que se eleva 300 metros por riba.

Publicado por: MontePituco | 10/04/2010

ESPERANZA?

No foro Marinenses.com publicouse o mércores día 7 un artigo de Erasmo titulado “Pollos o águilas”, no que se le o seguinte:

“A la vista de cómo se comporta el equipo de gobierno del Ayuntamiento respecto al PXOM, cada vez estoy más convencido de que no le interesa para nada sacar adelante este proyecto en la actual legislatura. El retraso intencionado en su tramitación es una prueba más del desinterés que socialistas y nacionalistas tienen por el desarrollo y el futuro económico de Marín. De no salir el PXOM aprobado, socialistas y nacionalistas van a cargar contra la Xunta haciéndoles culpables de toda la situación y esto ocurrirá a medida que se acerquen las próximas elecciones. Espero equivocarme pero, por las trazas que lleva el asunto, no creo que ande muy descaminado.  (… … … …)

Desde la Xunta, por su parte, siguen trabajando en el informe medioambiental que se les ha enviado y la semana que viene podríamos tener noticias. Desde este punto de vista los defensores de que en el Pituco no se instale un polígono industrial podrían estar de enhorabuena. Aunque han llegado tarde en todo el proceso del PXOM su iniciativa de presentar alegaciones al plan de suelo empresarial para Galicia que elabora la Xunta –donde se contempla el Pituco- no caerá en saco roto. Por eso su iniciativa pinta bastante bien y lo más probable es que algo al menos se tenga en cuenta.

Lo que no se comprende de ninguna de las maneras es que en el PXOM no se incluya la zona de Pastoriza como lugar donde se puede construir un polígono industrial con todas las garantías y como se merece Marín. La zona de Pastoriza aparece en la memoria del PXOM de pasada, nada más. Pero en el documento de sostenibilidad medioambiental que elaboró el equipo redactor aparece un párrafo más concreto sobre Pastoriza en donde claramente se dice que goza de buenas comunicaciones y no ofrece problemas de ninguna manera desde el punto de vista del medioambiente. Les recuerdo, por si no lo saben, que la redacción de este párrafo la escribió un biólogo de Vigo; por tanto, creemos que lo que este biólogo afirma tiene bastante credibilidad y nos ofrece garantías ambientales.

Ese parágrafo ao que se refire Erasmo, está na páxina 119 do Informe de Sostibilidade Ambiental incluido no proxecto de PXOM di, exactamente:

“…Outra liña é garantir a posibilidade de instalación de actividades económicas que requiran certo afastamento dos núcleos de poboación, tanto pola xeración de tráfico pesado ou ruídos como para evitar posibles conflictos coa poboación residente. O Concello de Marín dispón dun espazo con boas características de relevo, sen problemas de catalogación ambiental e con pouca intervisibilidade. ESTE ESPAZO DE POSIBLE USO INDUSTRIAL, SITUADO NAS PROXIMIDADES DE PASTORIZA, TERÍA UNHA DOADA COMUNICACIÓN CO CORREDOR DO MORRAZO E A DIMENSIÓN SUFICIENTE COMO PARA DESEÑAR UN PARQUE ECOEFICIENTE INTEGRADO NA PAISAXE E NO SEU CONTORNO”.

E continúa o artigo de Erasmo cos seguintes argumentos:

Y lo que no se comprende tampoco es por qué el gobierno de Marín aún no ha contestado a las más de 4.000 alegaciones presentadas al PXOM. ¿Qué ha hecho durante el último año? Yo se lo diré: nada. Como tampoco se comprende por qué el alcalde ha frenado hasta ahora –sin dar, vuelvo a insistir, no alguna sino ninguna explicación- un estudio de viabilidad por parte de la Sepes tanto para Pastoriza como para el Pituco, después de que lo aprobara por unanimidad la correspondiente comisión del Congreso de los Diputados. Hubiéramos adelantado mucho porque tendríamos otra opinión. Pero no, Veiga ha preferido gobernar contra la oposición en lugar de gobernar para los intereses de todo el pueblo de Marín.

Es ahora el momento de apostar fuerte, por eso es ahora cuando tenemos que apostar por Pastoriza que nos permite disponer de más de un millón de metros cuadrados a desarrollar en muchos años, pero no solo para los empresarios de Marín sino también para los emprendedores de fuera que quieran venir a invertir en Marín. En este paquete incluyo, por supuesto, a las multinacionales. Los del Bloque y por lo que se ve también los socialistas están acostumbrados a funcionar como los pollos descabezados, digámosles que nosotros queremos volar como las águilas”.Dende DEFENDE O MONTE PITUCO dámoslle a grazas a Erasmo por estas consideracións e animamos a todos os seguidores deste blog a opinar cos seus comentarios, tanto a continuación deste artigo como no foro Marinenses.Dende DEFENDE O MONTE PITUCO dámoslle a grazas a Erasmo por estas consideracións e animamos a todos os seguidores deste blog a opinar cos seus comentarios, tanto a continuación deste artigo como no foro Marinenses.

La pérdida del gobierno de la Xunta ha trastocado completamente los proyectos iniciales del gobierno de Marín y desde entonces están dando tumbos como los pollos sin cabeza. En la Xunta ya se plantea Pastoriza como polígono industrial, entre otras cosas porque así lo contempla el plan de urbanismo de Moaña. Todo el mundo sensato sabe que Pastoriza es también el lugar idóneo para Marín, menos nuestro gobierno lo cual me lleva a concluir que los únicos insensatos son ellos.

Hace unos días Ruibal y Vilaboa presentaban los resultados de la encuesta que mandaron realizar sobre las necesidades de suelo empresarial en Marín. Permítanme que les diga que la muestra que se ha empleado es insuficiente. En primer lugar porque no se ha hecho sobre todo el censo empresarial de Marín, ni siquiera entre los sectores más representativos, ni se ha realizado de manera científica. De todo ello les hablaré en otra ocasión con más detenimiento. Por otro lado, las miras de nuestros políticos del Bloque son muy cortitas porque de hacerse lo que ellos proponen supone condenar al ostracismo el futuro económico y el desarrollo de Marín. En ningún momento contemplan los nacionalistas que Marín oferte suelo empresarial para inversiones que puedan venir de fuera y teniendo un puerto como el que tenemos eso supone el suicidio para las próximas dos o tres décadas.

 Dende DEFENDE O MONTE PITUCO dámoslle a grazas a Erasmo por estas consideracións e animamos a todos os seguidores deste blog a opinar cos seus comentarios, tanto a continuación deste artigo como no foro Marinenses.

Publicado por: MontePituco | 10/04/2010

POLÉMICA NO PLENO MUNICIPAL

Marín. Pleno municipal. De 20:00 a 23:00h. Resume, en cinco actos.

Equipo de goberno: victimismo: a Xunta tenlle manía a este concello. (Mamá, a profe tenme manía…)

Este Concello carece de Regulamento de Participación Cidadá. Os/as veciños/as non poden levar ningún tema a debate.

Unha vez máis, sómetese a aprobación un novo expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito. Tan difícil é aprobar un orzamento?

Turno de exposición. Turno de réplica. Turno de contra-réplica. Novo turno por alusións. Re-turno por re-contra-alusións. Quedou suficientemente claro que durou 3 horas?

Pídese a retirada de competencias ao concelleiro de urbanismo por presunta ilegalidade en materia da súa competencia. Suárez Briones: “No me toque los cojones, señor alcalde!!!”

Publicado por: MontePituco | 09/04/2010

A VARIANTE DE MARÍN

A variante de Marín é unha cagada, dispensando. As pás excavadoras fixéronlle unha espantosa cirurxía estética ao espazo que atravesa: onde había unha baixada, puxeron unha subida, coa terra que sacaron dun alto puxeron unha montaña onde antes non estaba. Un desastriño. Sen barreiras vexetais para mitigar o impacto sonoro do tráfico rodado, sen actuacións reparadoras da paisaxe agredida. A pelo. Grazas ao conselleiro de Política Territorial de entón, que vén sendo o actual presidente da Xunta. Grazas ao alcalde socialista da lexislatura anterior.

Mal proxectada unha variante que empeza nun concello e remata no mesmo concello, sen enlazar co municipio seguinte. Mal trazada ata o punto de crear taludes dunha altura enorme ao pé das casas. Mal executada pola cantidade de desperfectos que as voaduras causaron ás vivendas. Mal sinalizada a súa finalización, que tamén é un dos seus puntos de inicio, do que moitos conductores pasan de longo de puro despiste. Mal negociada, porque priva aos veciños de acceder aos antigos camiños polos que se chegaban ao monte.

 

E agora, grazas á concellería de urbanismo dirixida polo grupo municipal nacionalista, o Concello aposta pola instalación no Pituco-Pornedo dun polígono industrial coa excusa mesquiña e traidora de que como o monte xa o estropeou parcialmente o trazado da variante, xa total, que máis dá rematar a faena explanando e formigonando todo o demais. Os que se autoerixiron nos grandes defensores do Monte Pituco-Pornedo cando eran oposición, clamando que a variante era unha barbaridade, agora que forman parte do goberno póñense na beira oposta da postura que defenderon a prol do monte.

Lonxe de facer por recuperalo das agresións sufridas e pór en valor a enorme riqueza que aínda atesoura, condéano á morte. U-las proclamas en defensa da integridade dos Montes do Morrazo, Espazo Natural Protexido polas Normas Subsidiarias Provinciais e polas Directrices de Ordeación do Territorio? Demasiadas contradiccións inxustificables.

Pero a variante segue o seu curso. Non ten sentido que remate na “nada”. Pero cómo? A costa, unha vez máis de ningunear aos afectados. E de novo, porque a Historia está para recordala, alí estaban nas manifestacións os dirixentes da Comunidade de Montes de San Xulián, facendo ostentación dunha falsa solidariedade cos veciños de Lourizán, “figurando” para, anos despois, aprobar o proxecto de instalación dun polígono a carón dunha infraestrutura con cuxo trazado non estaban de acordo. Demasiadas contradiccións inxustificables.

E mañá, a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados e Voceira da Comisión de Fomento, Ana Pastor, visitará aos veciños de Lourizán que antano, cando aínda os políticos e os técnicos non lles acabaran cos folgos, intentaban a toda costa evidenciar o evidente: un trazado que incomunicaba núcleos de poboación, con potenciais puntos negros que lle engadirán máis perigo do que xa conleva circular actualmente polo cacho de variante que está operativo. Seremos quen de que Ana Pastor poida explicarnos se, como parece, existen demasiadas contradiccións inxustificables, ou se simplemente son imaxinacións nosas?

Publicado por: MontePituco | 08/04/2010

DE SUBESTACIÓNS, LOXÍSTICA E MEDIO AMBIENTE

As comparacións son odiosas, din as malas linguas. Pero dándolle voltas aos “accesorios” que acarrea a instalación dun polígono industrial, non podemos deixar de pensar na proxecto de instalación dunha subestación eléctrica que o alcalde de Marín está decidido a poñer no Monte Pituco-Pornedo. O da electricidade na parroquia de San Xulián é de traca, de toda a vida. Ultimamente o invento da TDT está gañando puntos para converterse tamén nun mal histórico, do compunxidos que están os veciños que non poden sintonizar a televisión autonómica dende que apagaron o sinal analóxico. Pero “a lus”, como dicimos por acó, é un sambenito cada vez que sopra un pouco de aire. O candil e as velas, a golpe de século XXI, son un complemento doméstico imprescindible. Pero dende que temos memoria foi así e así preferimos seguir; máis vale mal coñecido que bo por coñecer, pensarán os conservadores. Que cheguen a instalar unha subestación eléctrica no monte veciñal non nos vai dar máis vatios, nin menos apagóns cando a póla dun eucalipto se atravese nun cable a golpe de remuiño de vento. Coma sempre, as empresas serán as beneficiadas e os afectados, os veciños, coma sempre.

Por eso chama a atención que no concello limítrofe de Vilaboa o alcalde faga fronte común coa cidadanía no rexeitamento á construcción dunha subestación eléctrica. Se fora cousa boa, dende logo, non lle farían ascos. De aí que resulte anómala e sospeitosa a actitude do Concello de Marín e de colectivos cómplices como a Comunidade de Montes de San Xulián, que chimpan para o Pituco-Pornedo toda canta trapallada desbotan arredor.

A posición do alcalde de Vilaboa, de todos modos, non é cómoda ante a polémica xurdida polo proxecto de área loxística entre Tomeza e Bértola, en pleno río dos Gafos. Vaipolorío xa anuncia unha batalla política e xudicial. Quen tivera a forza e o apoio desta organización! E como dixo o concelleiro pontevedrés do Rural, Xosé Manuel Valcárcel: “É unha idea sen sentido común, que xa foi desbotada varias veces e que, ademais achegaría inseguridade xurídica aos inversores que apostaron por ela pois, se os recheos de Marín foron decretados como ilegais por temas de protección ambiental, crear un parque loxístico nas beiras do Gafos…” (puntos suspensivos).

Revelador. Extrapolamos. Monte Pituco-Pornedo. Montes do Morrazo. Espazo Natural Protexido. Normas Subsidiarias Provinciais. Directrices de Ordenación do Territorio.

Captas a idea, Francisco Veiga? Ou haicho que explicar máis amodiño?

 

Publicado por: MontePituco | 07/04/2010

POLÍGONO+SUBESTACION=DOBRE DESFEITA

Suma e segue. O alcalde de Marín segue empeñado en facer oídos sordos aos veciños e veciñas de DEFENDE O MONTE PITUCO. Mentres que os seus socios nacionalistas se “cortan” un pouco e poñen sobre a mesa datos de enquisas e declaracións de intencións sobre a dotación de chan industrial sen mentar o Pornedo-Pituco, Francisco Veiga persiste en levar o barco ata as pedras.

Había que velo cando empezou a facer de alcalde, que nin falar sabía, de tanto que lle custaba fiar frases sen repetir catro veces a mesma palabra. Algo aprendería neste tempo amoldando a silla do despacho ao seu honorable traseiro, codeándose con políticos da máis variada pelaxe e practicando discurso tras discurso. Pero segue dando unhas roldas de prensa tristísimas. Os redactores dos medios locales suponse que transmiten as súas mensaxes o máis fielmente posible.

E aínda que non está entrecomillado, pódese ler no Faro: Reconoció Veiga que existiendo un acuerdo unánime de la comisión de seguimiento de que no se instalaría una estación de Fenosa en A Brea y Sí en Pituco, aún aparece como previsión esa posibilidad pero aseguró que es como si no estuviese porque se trata de una propuesta indefinida en el tiempo. Acordo “unánime”? Imos contrastar. Tal idea non cadra ben co que se plasma na Voz: El alcalde marinense admitió que aunque la comisión del PXOM votó a favor de la supresión de una subestación de Fenosa en A Brea, el equipo redactor sí incluyó la reserva de suelo en esta zona en el documento urbanístico. Veiga señaló que la corporación prefiere que esta se haga en el Pituco y que no se tiene inconveniente en que se suprima la de A Brea. A corporación “prefire”?

Tranquilos, veciños e veciñas da Brea, que o alcalde “non ten inconvinte” en ter un xesto de benevolencia con vós. O alcalde agora dao todo por esmagar o Pituco-Pornedo baixo o peso das excavadoras e do formigón, incluidos os veciños que nos opoñemos a esta barbaridade. A súa neurona é incapaz de atender a razóns técnicas que, non é que os afectados polo proxecto as saquemos da manga, senón que son especialistas cualificados os que determinan que este espazo é tremendamente inadecuado para acoller un polígono e, por tanto, calquera outra infraestrutura que leve asociada: unha subestación eléctrica que forneza de enerxía as posibles naves… unha estación de bombeo que evacúe as augas fecais e residuais que se xeneren. Para cando ese debate? Porque conceptos como “industrial” ou “eléctrico” teñen un aquel inocuo, ata certo punto. Pero, e as molestias que xeneran? Silencio…

Nun informe topográfico non se fai unha análise subxectiva. Non é como valorar un libro, que lle pode gustar a un ou non. Non é como opinar se a gravata do alcalde é fea ou horrorosa. Os mapas e as curvas de nivel son iguais para os técnicos do Concello, da Diputación, da Xunta e do Ministerio. E en base ao resultado dos estudos do terreo a conclusión ten que ser a mesma para todos: NON AO POLÍGONO INDUSTRIAL NO PITUCO-PORNEDO. NON Á SUBESTACIÓN ELÉCTRICA. NON Á ESTACIÓN DE BOMBEO. FORMIGÓN NON.

Publicado por: MontePituco | 06/04/2010

MÚSICA A PROL DA TERRA

Bersuit é un grupo musical arxentino. “Madre hay una sola” di cousas como:

“…Te agradezco, aunque me voy avergonzado por ser parte de la especie que hoy te viola en un patético festín…”.

“…No hay mas amigos que el sol, no hay mas ofrendas, solo este ataque mortal, al medio del corazón…”.

ESCOITA MIRA, PENSA E ACTÚA!

Publicado por: MontePituco | 05/04/2010

VIÑETA DE XAQUÍN MARÍN

LE, OLLA, PENSA E  ACTÚA!

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías