Xa é unha realidade. O proxecto para a creación do “Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños” vén de facer a súa presentación en sociedade, ante os colectivos que apoian a posta en marcha desta proposta que aúna patrimonio rupestre, natureza, historia e cultura. Grazas aos representantes das asociacións que arrouparon o acto na Galería Sargadelos de Pontevedra. Grazas ás entidades que están a poñer o seu grao de area para lograr que esta iniciativa ilusionante se poida facer realidade algún día:
Comunidade de Montes de Lourizán – Comunidade de Montes de Salcedo – Comunidade de Montes de Vilaboa – Asociación de Veciños Estriceres (Lourizán) – Asociación de Veciños San Andrés (Estribela) – Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta (Salcedo) – Asociación de Veciños de San Xulián – Asociación de Veciños de Postemirón/A Graña (Vilaboa) – Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres – Plataforma Defende o Monte Pituco/Pornedo – Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra – Asociación Vaipolorío – Asociación Cultural Almuinha – Asociación Cultural A Pedra Floxam – Asociación Cultural Ronsel – Asociación Cultural Os Chichisos – Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca
Grazas aos sete arqueólogos que avalan este traballo:
Álvaro Arizaga Castro – Xurxo Ayán Vila – Noemí Calvo Valcárcel – Manuel Antonio Franco – Leonardo González Pérez – Diego Piay Augusto – Otilia Prado Fernández
Na web do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños está toda a información sobre os petroglifos, as mámoas e os conxuntos rupestres, sobre as lendas asociadas a estes xacementos. Tamén se poden contemplar as paisaxes que nos ofrecen os miradoiros naturais, as estampas das interesantes formacións xeolóxicas existentes no Monte Pornedo (Pituco) e nos Sete Camiños. E ademais, proponse ampliar o Espazo con ramais de ida e volta que conectan coa Lagoa de Castiñeiras.
Benvidos e benvidas a esta proposta para converter os montes de Marín, Pontevedra e Vilaboa nun gran lugar de esparcemento
O dossier informativo completo atópase neste ENLACE. Feliz viaxe pola “encrucillada do tempo”.
[…] cinco anos, o 16 de abril de 2010, era na Galería Sargadelos onde os integrantes da comisión técnica do PROXECTO DE CREACIÓN do […]
By: ROLDA DE PRENSA DE INAUGURACIÓN DO ESPAZO SETE CAMIÑOS | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 04/06/2015
at 00:36
[…] é a ansiada e merecida consecución dun arduo traballo colectivo elaborado dende 2010 por unha comisión técnica que conformaron catro integrantes de colectivos sociais de Pontevedra, Marín e Vilaboa, a partir […]
By: RUTA POR SETE CAMIÑOS ORGANIZADA POR ALMUINHA | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 18/04/2016
at 19:00
[…] O MONTE PITUCO, que formou parte da Comisión Técnica do proxecto dende a súa presentación pública en abril de 2010, vén de incluír no paquete de medidas presentadas ante a directiva da Comunidade de Montes de San […]
By: PROPOSTAS DE MELLORA DO PITUCO PARA A COMUNIDADE DE MONTES (2/12) | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 21/07/2016
at 23:42