Publicado por: MontePituco | 13/04/2010

SOLIDARIEDADE CON SAMAÍN. NON AO VETO DO ROCK

Son Santi, Esteban e Jonhy. Son tres dos cinco compoñentes de Samaín, un grupo de rock que ensaia na Casa de Cultura de Seixo PORQUE NA CASA DE MONTES DE SAN XULIÁN -parroquia da que procede Santi- NON LLES PERMITEN ENSAIAR. Dirixíronse ao vicepresidente da Comunidade de Montes de San Xulián e mesmo lle enviaron un escrito ao presidente da xunta rectora, pero non houbo forma de convencelos.

Excusas como que fan moito ruido, ou que nas instalacións da Casa de Montes xa ensaia un grupo de música e baile tradicional galego, son as EXCUSAS que lle deron a estes rapaces. Nin son melenudos, nin teñen pintas raras, nin se drogan, nin berrean, nin beben alcohol, nin rompen guitarras contra o chan, nin poñen o local patas arriba, nin molestan aos veciños. Nada dos prexuizos retorcidos que o vicepresidente da Comunidade de Montes de San Xulián imaxina na súa mente obtusa (calificativo que, intencionadamente, lle reiteramos).

As portas que lles pecharon en San Xulián abríronllas de par en par en Seixo. “A música, non é cultura? Pois adiante, que sigades depende de vós”, foi a resposta que escoitaron, incrédulos, despois do mal trato que recibiran Santi e os seus compañeiros ‘na súa propia casa’. E aí están, tocando o baixo, a guitarra eléctrica, a batería. Faltan Saúl e Pacheco, pero resulta que a súa ausencia dos ensaios habituais tamén é achacable á insensibilidade coa que foron tratados en San Xulián.

Saúl e Pacheco terían que vir dende Portonovo e Pontevedra. Dende logo, os ensaios en San Xulián serían moito máis accesibles para eles achegándose ata o centro de Marín e subindo ata San Xulián co resto da banda. Pero desprazarse ata Seixo é un traxecto máis longo e que conta con menos vantaxes porque carecen dunha liña de autobús que poidan coller para iren e volveren.

Son xente nova e con iniciativa que xa ten actuado en varios concertos. Fan unha música intensa e potente, tocan con disciplina, repiten e repiten, levan o ritmo, poñen toda a súa concentración en cada compás, en cada acorde. Aplaudimos ao rematar a peza que veñen de ensaiar porque soou francamente ben. Por que entón, a Casa de Montes de San Xulián os rexeita? É cuestión de ignorancia musical, insolidariedade veciñal ou algún outro interés inxustificable?

Por que a xuventude da parroquia non pode facer uso das instalacións dunha Casa de Montes tan inmensa e ben equipada como a de San Xulián? Acaso non hai días abondo para que poidan dispoñer dunha sala durante un par de horas á semana? Cal é a razón pola cal a Comunidade de Montes de San Xulián non apoia a afección musical destes mozos?

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO, todo o noso respaldo para o noso veciño Santi e os seus demais compañeiros. E esperamos que a Comunidade de Montes de San Xulián rectifique a súa actitude, que lle levante o veto ao rock e que sexa receptiva ás necesidades da xente da parroquia.


Responses

  1. A casa de Cultura de Seixo síntese orgullosa de recibir a estes mozos. Aqui sempre son benvid@s as boas iniciativas.

    Pero e logo que foi do estudio de grabación e ensaio da Cañota?
    Esa iniciativa do Bloque para que todos e todas os mozos e as mozas poideran ensaiar?

  2. Como veciños de San Xulián, agradecemos que o persoal da Casa de Cultura de Seixo fora tan receptivo e xeneroso, todo o contrario do que foron na nosa propia parroquia. Unha vergoña.
    Os rapaces están pendentes de que acabe de saír adiante o proxecto de local de ensaio da Cañota. Porque mentres, ademais de xuntarse en Seixo, tamén se van servindo, cando poden, do local de ensaio de Pontevedra, situado a carón de Vialia. En fin, uns músicos “itinerantes”.

  3. sumome as rebeindicacions destes mozos ,pero creo q estades a ser sensacionalistas con esta noticia,dades a entender q estes mozos son uns desaraigados e uns tirados,non me gusta o trato q ye dades a noticia,animo samain ,sempre e un aupa tamen en contra da deforestacion do monte pituco.

    • Gracias pola túa participación no blogue, por rexeitar a instalación do polígono neste monte e por apoiar aos rapaces de Samaín. Dito esto…
      Sensacionalistas, nós? Permítenos discrepar dese calificativo. En todo caso, podemos acusarnos de contar as cousas con paixón, de implicarnos, de criticar a actitude da Comunidade de Montes ou, en todo cado, do directivo que tomou a decisión, e do outro directivo que, ao parecer, non tivo a xentileza de contestarlles ao escrito que enviaron para solicitar formalmente un espazo para ensaiar “X” horas á semana.
      Nin os tomamos por desarraigados nin por tirados, nada máis lonxe da realidade; parecéronnos uns tipos do máis normal, que simplemente se “buscaron a vida” para practicar a súa afección musical, e fixeron ben. E como en Seixo lles deron a benvida- se queren continuar ensaiando alí, pois estupendo. En todo caso, a nós o que nos parece incorrecto , que é o que estamos criticando ironicamente neste artigo, é que a persoa que lles puxo atrancos para ensaiar na Casa de Montes de San Xulián debe pensar que por facer rock son iso: tirados, marxinais e problemáticos. A ver se vas estar malinterpretando o noso punto de vista… Agardamos que quedara aclarado.

  4. Holas son un veciño de pontevedra e sei q os samain son un bo grupo xa q contei con eles en barias actuacion en festas privadas e por iso qeria sumarme a suas reivindicacions,un saudo arriba samain,

  5. BUENO MI OPINION ES QUE SE ESTA GENTE LE GUSTA LA MUSICA PERO NO HACE FALTA IRONIZAR
    ES BUENO APOLLARLOS PERO EN CAMBIO NO PASARSE TANTO .

  6. O ESTUDIO DA CAÑOTA , O QUE O RECINTO ESTA REMATADO XA DESDE OCTUBRO NOVEMBRO
    O QUE PASA E QUE FALTA ACONDICIONALO
    ISTO FOI A CONCURSO . VARIAS PRODUCTORAS PRESENTARON O PROYECTO .
    TAMEN QUERO AÑADIR QUE O GRUPO DE GAITEIROS ENSAYAN NA GRANXA DE BRIZ.
    ¿E OS QUE PODERIAN ESTAR FACENDO USO DE EL ?
    ONDE ESTARAN ….. CLARO A UNS OS TEÑEN ACUNADOS E A OUTROS…….

    • Saúdos Juan, Saúdos José Luis. Benvidos ao blogue do Monte Pituco.
      Ben, volvo incidir na cuestión da ironía.
      …É que se non lle botamos ironía e algo de risa, é para botarnos a chorar. Temos unha xunta rectora na Comunidade de Montes de San Xulián dun pésimo nivel, dunha nula sensibilidade ambiental, dunha dubidosa transparencia na súa xestión. Que se pode esperar dunha directiva á que non lle aproban as contas anuais e o seu máximo representante di publicamente: “Ai, non aprobades as contas? Alá vós!”. Palabras máis ou menos textuais, porque non as teño rexistradas en ningún soporte, mais si gravadas na cabeza. É que se nos poñemos a contar da Comunidade de Montes, hai moita tea que cortar…
      Polo tanto, co noso maior respecto e admiración para os rapaces de Samaín, este foi o relato da súa historia. Témoslles que agradacer a Jonhy, Santi e Esteban que nos contaran a súa experiencia e que nos transmitiran o seu apoio á causa en defensa do Monte Pituco-Pornedo. Seguirémoslles a pista.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: