Publicado por: MontePituco | 07/04/2010

POLÍGONO+SUBESTACION=DOBRE DESFEITA

Suma e segue. O alcalde de Marín segue empeñado en facer oídos sordos aos veciños e veciñas de DEFENDE O MONTE PITUCO. Mentres que os seus socios nacionalistas se “cortan” un pouco e poñen sobre a mesa datos de enquisas e declaracións de intencións sobre a dotación de chan industrial sen mentar o Pornedo-Pituco, Francisco Veiga persiste en levar o barco ata as pedras.

Había que velo cando empezou a facer de alcalde, que nin falar sabía, de tanto que lle custaba fiar frases sen repetir catro veces a mesma palabra. Algo aprendería neste tempo amoldando a silla do despacho ao seu honorable traseiro, codeándose con políticos da máis variada pelaxe e practicando discurso tras discurso. Pero segue dando unhas roldas de prensa tristísimas. Os redactores dos medios locales suponse que transmiten as súas mensaxes o máis fielmente posible.

E aínda que non está entrecomillado, pódese ler no Faro: Reconoció Veiga que existiendo un acuerdo unánime de la comisión de seguimiento de que no se instalaría una estación de Fenosa en A Brea y Sí en Pituco, aún aparece como previsión esa posibilidad pero aseguró que es como si no estuviese porque se trata de una propuesta indefinida en el tiempo. Acordo “unánime”? Imos contrastar. Tal idea non cadra ben co que se plasma na Voz: El alcalde marinense admitió que aunque la comisión del PXOM votó a favor de la supresión de una subestación de Fenosa en A Brea, el equipo redactor sí incluyó la reserva de suelo en esta zona en el documento urbanístico. Veiga señaló que la corporación prefiere que esta se haga en el Pituco y que no se tiene inconveniente en que se suprima la de A Brea. A corporación “prefire”?

Tranquilos, veciños e veciñas da Brea, que o alcalde “non ten inconvinte” en ter un xesto de benevolencia con vós. O alcalde agora dao todo por esmagar o Pituco-Pornedo baixo o peso das excavadoras e do formigón, incluidos os veciños que nos opoñemos a esta barbaridade. A súa neurona é incapaz de atender a razóns técnicas que, non é que os afectados polo proxecto as saquemos da manga, senón que son especialistas cualificados os que determinan que este espazo é tremendamente inadecuado para acoller un polígono e, por tanto, calquera outra infraestrutura que leve asociada: unha subestación eléctrica que forneza de enerxía as posibles naves… unha estación de bombeo que evacúe as augas fecais e residuais que se xeneren. Para cando ese debate? Porque conceptos como “industrial” ou “eléctrico” teñen un aquel inocuo, ata certo punto. Pero, e as molestias que xeneran? Silencio…

Nun informe topográfico non se fai unha análise subxectiva. Non é como valorar un libro, que lle pode gustar a un ou non. Non é como opinar se a gravata do alcalde é fea ou horrorosa. Os mapas e as curvas de nivel son iguais para os técnicos do Concello, da Diputación, da Xunta e do Ministerio. E en base ao resultado dos estudos do terreo a conclusión ten que ser a mesma para todos: NON AO POLÍGONO INDUSTRIAL NO PITUCO-PORNEDO. NON Á SUBESTACIÓN ELÉCTRICA. NON Á ESTACIÓN DE BOMBEO. FORMIGÓN NON.


Respostas

  1. Declara o alcalde que non ten inconveniente en quitar a subestación de Fenosa “Nunha próxima reunión” da comisión.
    Por que non o fixeron antes se levamos denunciando este tema dende fai meses?
    Cómo se pode cambiar se a documentación do proxecto xa foi entregada á Xunta de Galicia?
    E a que próxima reunión se refire, se o equipo de goberno leva meses facendo o remolón para non ter que reunirse, nin siquiera para responder ás alegacións?

    Estes non saben nin por onde andan.
    O redactor do PXOM deixou quedar o proxecto da subestación aínda que o obligaron a quitar o do polígono
    Por que o fixo?
    Para joder…exclusivamente para joder e vingarse de nós.


Deixar un comentario

Categorías