Publicado por: MontePituco | 22/04/2010

DÍA DA TERRA (II): PROMESA CUMPRIDA

Os símbolos son a metáfora dos nosos soños e arelas. Levar unha prantiña de carballo á presentación do proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños era a estampa dunha reivindicación; facer presente o monte enteiro a través dos seus poboadores: as árbores, a auga, os animais, o aire limpo, a terra.

Viaxou ata a cidade na súa maceta para representar a esperanza dun territorio sobre o que pesa unha cruel condea a morte, baixo o cemento e o asfalto, coa rúbrica cínica e irreponsable dun Concello disposto a desprezar o rango de protección autonómica que ten esta zona.

E, tal como lle prometeramos, voltou á Terra Nai para dar testemuña de que unha vintena de colectivos ambientais, culturais e veciñais están dispostos a defender o Monte Pituco-Pornedo coa posta en marcha desta iniciativa ilusionante: o patrimonio natural, arqueolóxico e cultural como alternativa á especulación do solo; a xestión sostible do monte como motor de riqueza económica para os concellos de Marín, Pontevedra e Vilaboa.

Voltou para seguir medrando e afondando coas súas raíces nas entranas de Gaia. Para seguir alimentando o soño das primaveras vindeiras. Promesa cumprida.


Responses

    • Moitas grazas por esta canción. Ogallá o noso carballo chegue a durar tantos anos. Nos últimos días xa medrou un anaquiño. Coido que lle gusta o seu novo fogar.

  1. Arriba o Monte do Pornedo, Arriba Sete Camiños, esperemos que ese carballo saia forte e nos axude a defendelo noso monte.
    Deséxovos Sorte nesta loita Polo Monte do Pituco

    • Moitas grazas, David, polo apoio e os bos desexos. Coa vosa axuda, teremos corda para rato.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: