Publicado por: MontePituco | 15/10/2011

MONTE PITUCO: POLÍGONO NON!

Vimos de participar nunha andaina polo Monte Pornedo e outras zonas incluidas no proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, na que participaron integrantes de colectivos como Defende o Monte Pituco (Pornedo), Almuinha, Revira e Luita Verde. 

Dende Defende o Monte Pituco expresamos o noso rexeitamento á necia insistencia, por parte do grupo municipal do Psoe, co apoio do grupo municipal do Bng, de favorecer a instalación dun polígono industrial no Monte Pituco, tal e como manifestaron onte ámbolos partidos no pleno da Corporación de Marín. O Monte Pituco (Pornedo) pertence aos Montes do Morrazo, que están protexidos como solo rústico de espazos naturais dentro das Normas Subsidiarias e Complementarias de Planeamento da provincia de Pontevedra. 

Ademais desta figura de protección legal, o Monte Pituco non reúne as condicións técnicas indispensables para a instalación dun polígono industrial, posto que máis do 90% da superficie hipoteticamente afectada por esa infraestrutura ten unha pendente superior ao 15%, que é o desnivel máximo sinalado pola Xunta de Galicia na “Guía de Recomendacións Técnicas para o Proxecto Integral de Parques Empresariais de Galicia”. Máis aínda, o 57% do terreo ten máis do dobre do desnivel recomendado. 

A isto engádese a abundancia de gravados rupestres e elementos de interese etnográfico espallados ao longo do Monte Pornedo e do ámbito xeográfico que abarca o Espazo Natural e Etnográfico dos Sete Camiños: complexos rupestres de Pornedo, de Sete Camiños, de Piñeiral de Caeiro, de Regato dos Buracos, de Pumariño, mámoas e miradoiros naturais. 

Condenar tamén a actitude da directiva da comunidade de montes de San Xulián, por amosarse favorable á instalación dun polígono industrial no Pituco, incorrendo así na flagrante contradicción de apostar pola destrucción dunha ampla superficie que, por principios, debera defender. Os evidentes intereses económicos e especulativos desta directiva non poden vulnerar a lexislación ambiental nin urbanística vixente, nin están por riba das circunstancias da propia orográfía do terreo. 

Se prosperaran as torpes intencións da directiva da comunidade de montes e dos grupos políticos -Psoe e Bng- que porfían en esnaquizar a riqueza forestal e patrimonial do Monte Pornedo, cometeríase un atentado ambiental debido ao impacto paisaxístico dos taludes, á máis que probable perda dos mananciais naturais que fornecen de auga os habitantes da zona, e ao dano irreparable nos elementos arqueolóxicos, catalogados como Bens de Interese Cultural. 

A comisión do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños á que pertence Defende o Monte Pituco, está ultimando a elaboración dun documental audiovisual sobre este lugar para dar a coñecer a importancia deste enclave e a necesidade da súa conservación.

Publicado por: MontePituco | 15/10/2011

PLENO DE OUTUBRO: NOTA DE URXENCIA

Por motivos profesionais, quen administra esta páxina non puido asistir, moi ao seu pesar, ao pleno ordinario da Corporación Municipal de Marín correspondente ao mes de outubro. Ao seu remate, infórmannos brevemente dunha serie de feitos esperpénticos que aconteceron nesa sesión: non tanto pola presentación por parte de Psoe (co apoio do Bng) dunha moción urxente sobre o PXOM e o chan industrial, como pola presenza de directivos da comunidade de montes de San Xulián portando pancartas nas que reclaman a inmediata instalación dun polígono no Monte Pituco.

…Dende DEFENDE O MONTE PITUCO só cabe expresar vergoña allea ante un comportamento tan necio: unha acción unilateral por parte duns representantes que veñen de “impoñerse” nunhas eleccións que foron impugnadas debido ao incumprimento flagrante duns estatutos que manexan ao seu antollo e comenencia; unha acción unilateral que non se someteu á consideración previa da asemblea de comuneiros; unha acción unilateral na que se investiron cartos da comunidade para elaborar unhas pancartas cuxa mensaxe carece do máis absoluto fundamento, habida conta de todos os argumentos legais e técnicos que desaconsellan a construcción dun parque empresarial nun espazo que non reúne as condicións elementais para acoller semellante infraestrutura; unha acción unilateral que os seus promotores terán que asumir tela exercido a título individual, a risco de acabar asumingo as consecuencias de incumprir unha suposta vontade “popular”, unha vontade “manipulada” polos intereses económicos e especulativos dos directivos da comunidade de montes de San Xulián.

…Ladran, logo cabalgamos!

Un día despois da escenificación dese despropósito -Psoe, Bng, comunidade de montes- DEFENDE O MONTE PITUCO participa nunha andaina reivindicativa por este monte e polo territorio que abarca o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, organizada a petición de dúas asociacións culturais. Que mellor maneira de combater a ignorancia, a torpeza e a prepotencia de quen pretende conseguir un obxectivo “porque si”, recorrendo ao argumento falso e demagóxico da creación de emprego, asoballando os dereitos lexítimos de veciños que disinten claramente dese pseudocriterio baixo o que se agochan intereses escuros; veciños que apostan por outro xeito de xestión do monte que pasa pola ordenación dos recursos madeireiros, a posta en valor do patrimonio histórico e o deseño dun plan multifuncional de aproveitamento sostible, NON DA DESTRUCCIÓN DO MONTE a base de taludes de dimensións desproporcionadas, da perda dos mananciais naturais, e do salvaxe atentado ao medio ambiente, tal e como propón de forma totalmente inxustificada a comunidade de montes de San Xulián.

…Ladran, logo cabalgamos!

 

…ACTUALIZACIÓN: Anotamos a continuación a mensaxe enviada a Monte Pituco por un testemuño deste pleno. (Moitas grazas por ser os nosos “ollos” e “oídos”). 

A moción foi presentada polo PSOE. O BNG apoiouna. 

O discurso de Fran Veiga (Psoe) foi totalmente vomitivo, demagogo e manipulador. Repetía unha e outra vez que a xuventudede Marín está no paro e precisa que veñan novas industrias para Marín porque agora non hai. (A boas horas se acorda). 

Recalcou varias veces que os polígonos grandes que hai por Galicia adiante están valeiros e o Pornedo é un tamaño apropiado. 

Cando Isabel Martínez Epifanio (Marinenses Independentes) lle dixo que o chan do Pornedo, entre unhas cousas e outras, non chegaría a medir mais de douscentos mil metros cadrados e que era mellor Pastoriza, Xosé María Vilaboa (Bng) e mais Francisco Veiga berraron ó mesmo tempo que facelo en Pastoriza sería unha aberración porque é un monte protexido. 

Entón eu berrei dende a miña silla que o Monte Pituco tamén está protexido. 

Sentín murmurios pola banda dos carteis que portaban os da comunidade de montes, pero doume igual.

Non podo soportar a hipocresía dos políticos que van de progresistas cando en realidade non sabe o que esa palabra significa.

Publicado por: MontePituco | 14/10/2011

RECORDATORIO DO ROTEIRO DE MAÑÁ

O movemento social Pola protección da serra do Galiñeiro organiza os vindeiros días 28, 29 e 30 de outubro unhas xornadas tituladas “Aproveitamento multifuncional dos Montes Veciñais” que terán lugar no Centro Cultural de Vincios (Gondomar). A serra do Galiñeiro, lugar senlleiro e de gran significado nas bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, O Baixo Miño e o Morrazo, acolle novamente unha actividade social aberta ao público, a técnicos forestais e a comunidades de montes.

PROGRAMA DAS XORNADAS:

* Venres 28, 16.30 horas: Visita guiada polos montes veciñais de Vincios-Gondomar

Lugar de reunión: Centro Cultural de Vincios

* Sábado 29, 18.00 horas:

Lugar: Salón de actos do Centro Cultural de Vincios

-“Experiencias produtivas innovadoras nos montes comunais”, por Xavier Simón, profesor de Economía Ecolóxica na Universidade de Vigo.

-“Abellas e biodiversidade”, por Xesús Asorey, secretario da AGA, Asociación Galega de Apicultura.

-“O man común. Outro xeito posible”, por Santiago González, secretario da Comunidade de Montes de Mouriscados (Mondariz)

-Mesa redonda: “Por unha xestión sostible dos nosos montes”, coa participación do público en xeral, técnicos e Comunidades de Montes Veciñais.

* Domingo 30, 10:30 horas:

Clausura a cargo do Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, Xosé Alfredo Pereira

Visita guiada polos montes veciñais de Couso-Gondomar

Lugar de reunión: Centro Cultural de Vincios

TELÉFONOS DE CONTACTO:

Xosé Manuel Docampo: 665 10 60 32

Oficina da Comunidade de Montes de Vincios: 986 46 96 92 de luns a venres de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

A plataforma “Pola protección da serra do Galiñeiro” sostén que o esforzo dedicado nos últimos decenios á explotación do monte unicamente para a obtención de madeiras de rápido crecemento causou o empobrecemento dos solos e unha perda alarmante da súa diversidade biolóxica. Considera que é imprescindible que haxa iniciativas que tendan á recuperación ambiental e á posta en valor dende unha diversificación da produción.

No seu ánimo por difundir os valores naturais, culturais, sociais e económicos da serra do Galiñeiro, as visitas guiadas dos días 28 e 30 son unha oportunidade para amosar os diversos traballos que, neste eido, se están a desenvolver neste espazo; e o día 29 asistirase á presentación de tres ponencias e a unha mesa redonda para coñecer outro modelo de xestión dos montes.

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS.

Publicado por: MontePituco | 13/10/2011

AS BEIRARRÚAS DE SAN XULIÁN TOMAN FORMA

Publicado por: MontePituco | 12/10/2011

NATUREZA DESNATURALIZADA

Isolino, o sabio personaxe creado polo gran debuxante galego Xaquín Marín:

“Antes a natureza era máis natural”.

Publicado por: MontePituco | 11/10/2011

…O DIÑEIRO NON SE PODE COMER

“Cando a última árbore teña caído, cando o último río teña secado e o último peixe sexa pescado, entón entenderedes que o diñeiro non se pode comer”.

Greenpeace

Publicado por: MontePituco | 10/10/2011

…NO MONTE, NON!

Unha lata de refresco, o envoltorio de plástico dunhas galletas, unha cabicha, un pano de papel, un chicle masticado… son elementos que un paseante pode deixar ao seu paso polo monte, unhas veces por descoido, ás máis das veces por mala educación. Peor é tratar o monte coma un vertedoiro e molestarse en carretar onda el toda clase de refugallos que nos sobran, por non depositalos no lugar adecuado: restos de obra, residuos de poda, materiais compostos, mobles vellos de madeira ou enseres metálicos… Estas accións incívicas están penadas con sancións cuantiosas e a cidadanía debería concienciarse da importancia de denunciar estas actitudes.

Benvidos sexan os paseantes a pé ou a cabalo, os deportistas, os veciños e veciñas que acuden ao monte para realizar traballos de aproveitamento silvícola. Pero sexamos respectuosos co medio ambiente: non custa nada depositar o lixo que xeramos nunha bolsa á parte que se deposite no contenedor máis cercano.

O papel -celulosa- que queda tirado sobre a terra tarda aproximadamente un ano en degradarse. Ata 2 anos fan falta para que se descompoña unha cabicha con filtro. A mestura de gomas de resinas naturais, sintéticas, azúcares e colorantes das que se compón un chicle poden botar 5 anos en proceso de desaparición. No caso dunha lata, ese proceso demórase ata 10 anos porque a acción da natureza necesita moita humidade e moita auga para cubrila de óxido. 30 anos é o que tarda en degradarse un bote de aerosol, a tapa dunha botella ou un envase de tetra-brik. No caso das bolsas de plástico, non hai ser humano capaz de sobrevivir o tempo que perdura unha bolsa de plástico: ata 150 anos. Moito menos as botellas de plástico, que poden botar ata 1.000 anos. Por non mencionar as pilas, que non se degradan, ou as botellas de vidro; caso máis flagrante aínda, posto que o cristal é totalmente reciclable.

Por tanto, non hai excusa para botarlle unha man ao noso medio natural. Non consintamos que os arqueólogos do futuro lonxano atopen restos nosos dos que non esteamos orgullosos de deixar rastro.

Publicado por: MontePituco | 09/10/2011

POLA RIBEIRA DO ALMOFREI

Neste ano do centenario de Álvaro Cunqueiro, que tamén é o Ano Internacional dos Bosques, lémbrannos unhas palabras súas, sabiamente tecidas, sobre os camiños:

“Os camiños son semellantes aos sucos, e así como as eiras dan o pan, os camiños dan as xentes, as pousadas, as falas e os países. Séntase un a colleitar nas beiras dun camiño ou viaxa por el”.

Imos pois de andaina polos camiños, seguindo o curso do río Almofrei cara ao seu nacemento, que discorre polo lugar de Salgueiral na parroquia de Bora. Dende o lugar de As Fincas, coa súa antiga ponte, os primeiros pasos lévannos monte arriba para acabar atopándonos rodeados de carballos, ameneiros e outras árbores frondosas propias das ribeiras. O río baixa escaso de auga a causa da seca e os cantos rodados están ao aire, creando unha imaxe inquedante.

O itinerario está cheo de elementos de gran valor histórico, cultural, arquitectónico e etnográfico: pasos de pedra para cruzar o río, os muíños da Bouza e da Fervenza, fontes… A riqueza da biodiversidade é incuestionable: varias especies de fentos, carballos maxestuosos cubertos de musgo, insectos e batracios habitando na auga… O bosque de ribeira é un patrimonio natural que nos proporciona moitos beneficios caracterizando a paisaxe e creando barreiras contra o lume forestal, pero a súa pervivencia está en perigo pola “crise do clima” e maila acción contraproducente do home.

Milleiros de anos de historia foron marcando o devir deste río e das xentes que se instalaron nas súas proximidades: dende un posible “nobre” de orixe xermana ao que se lle atribúe a orixe do topónimo Almofrei, acaso procedente da latinización do nome Ermafredus, ata os lumes devastadores do 2006, que tamén devoraron parte desta paraxe privilexiada. O caso, é camiñar…

(Preme,  continuación, en “LER MÁIS” para ver o álbum de imaxes completo).

Ler máis

Publicado por: MontePituco | 06/10/2011

UN PARQUE EÓLICO EN TERREO PROTEXIDO?

Moaña advierte a la Xunta de que el parque eólico previsto afectaría a montes protegidos

Los técnicos municipales corrigen el estudio de impacto ambiental y recuerdan la protección que supone la figura Montes do Morrazo

FRAN G. SAS – MOAÑA. Los técnicos del departamento de Urbanismo, de Moaña, remitieron la semana pasada su aportación al inicio del procedimiento de evaluación de impacto ambiental del parque eólico de Pedras Negras, que la empresa italiana Enel Green Power pretende construir en los montes de la parroquia de Domaio, de Marín y de Vilaboa. Sobre el estudio de impacto ambiental presentado, el Concello aseguró que es incorrecta la afirmación de que los terrenos que ocuparán los 14 aerogeneradores previstos no ostentan actualmente ninguna figura de protección estatal o autonómica. En este sentido, advierten que las cumbres de Domaio y el entorno del Monte Xaxán se considera suelo no urbanizable y está protegido como un espacio natural. Argumentan que así se recoge en la ordenanza número 14 de las Normas Subsidiarias de Planeamiento Municipal aprobadas por la propia Xunta de Galicia. Concretamente se enmarca en la figura de protección Montes do Morrazo.

Los técnicos recuerdan que el artículo 28 de esa ordenanza reguladora recoge en su apartado de usos permitidos que “no se autorizaría la construcción de ninguna clase de edificación, permitiéndose la explotación racional de los recursos vinculados al medio, siempre que no se atente contra los valores esenciales que se protegen”.

La propuesta de estudio de impacto ambiental que la Xunta envió al Concello contiene medidas correctoras para minimizar los daños causados durante las obras de construcción del parque eólico, fundamentalmente con la apertura de caminos y el acceso de maquinaria. En su informe, desde la administración local consideran adecuadas esas medidas, pero alertan de que “no existen datos suficientes para valorar realmente los impactos de movimientos de tierras y edificaciones”. Esta respuesta parte de una petición de colaboración por parte de la Xunta remitida el 1 de septiembre al Concello. También pedía la propuesta de alternativas, que finalmente no se han formulado.

Petición de retirada

La advertencia de los técnicos municipales se suma al duro escrito de siete folios que ha presentado esta semana ante Medio Ambiente la Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo. Denuncia el fuerte impacto que tendría la instalación de 14 aerogeneradores con una altura de 129 metros y un diámetro de rotor de 112. Apuntan que para ampliar la potencia eléctrica bastaría con modernizar los parques eólicos ya existentes, sin necesidad de afectar a nuevos espacios naturales.

La Xunta admitió a trámite esta instalación el 20 de diciembre de 2010. Se prevé que tenga una potencia de 42 megavatios.

Moaña advierte a la Xunta que el parque eólico está en espacio protegido

El Concello remitió su informe, en el que indica que en el lugar no se puede autorizar ningún tipo de edificación

J. SANTOS – MOAÑA – LA VOZ. El Concello de Moaña remitió el informe que le pidió la Consellería de Medio Ambiente el 1 de septiembre para decidir si somete o no a evaluación ambiental el proyecto del parque eólico de Pedras Negras.

El informe contradice lo que indica el documento que llegó al Concello, en el que se afirma que la zona en la que está previsto instalar el parque no cuenta en la actualidad con ninguna figura autonómica de protección.

El ámbito pertenece al espacio Montes do Morrazo, calificado por la Xunta como suelo no urbanizable de protección de espacios naturales en el año 1991, en las normas complementarias y subsidiarias provinciales.

En la ordenanza que regula los usos del suelo se hace constar, según recoge el informe municipal, que no se autorizará la construcción de ninguna clase de edificación, aunque sí se permitirá la «explotación racional de los recursos vinculados al medio que no atenten contra los valores esenciales que se protegen». Por lo demás, los técnicos del Concello indican que las medidas correctoras que propone el estudio son adecuadas, aunque no cuentan con datos suficientes para valorar «realmente» los impactos que podrían ocasionar los movimientos de tierra previstos ni las edificaciones proyectadas.

La Xunta invita al Concello moañés a presentar alternativas. La concejala de Urbanismo, la popular Susana Varela, entiende que el Ayuntamiento no tiene posibilidades de proponer otras opciones.

Publicado por: MontePituco | 05/10/2011

15 DE OUTUBRO, ROTEIRO POR SETE CAMIÑOS

DEFENDE O MONTE PITUCO conta coa adhesión doutro colectivo a prol da defensa deste espazo natural fronte ao proxecto de convertelo moi erradamente nun parque industrial, tal e como pretenden a Xunta, o Concello de Marín e, por extensión, a Comunidade de Montes de San Xulián. A Asociación Cultural Revira vén de solidarizarse cos afectados por este proxecto e, para tomar coñecemento sobre o terreo da problemática que suporía a instalación dun polígono a nivel ambiental, paisaxístico, cultural, urbanístico e mesmo económico, vai organizar un roteiro pola zona, en colaboración coa Asociación Cultural Almuinha.

A andaina celebrarase o vindeiro sábado 15 de outubro a partir das 10:00 horas e, ademais do Pornedo, percorrerá outros puntos inscritos no proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Grazas a Revira polo seu apoio, que se explicita no seguinte comunicado que nos fixeron chegar e que reproducimos en parte.

“A Asociación Cultural Revira quere mostrar o seu total apoio ao proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, o cual abarca zonas de monte dos Concellos de Pontevedra, Marín e Vilaboa. Tamén queremos anunciar que a nosa asociación por unanimidade decidiu sumarse a este proxecto para participar e colaborar activamente dentro das posibilidades coas que contamos.

Recuperar e protexer o importantísimo valor arqueolóxico, histórico e ambiental que ten esta zona deberia de ser obriga dos políticos e políticas do noso país, mais ante a súa pasividade e a ameaza que sofre este complexo, cremos que é necesario máis que nunca que os coletivos sociais, veciñais e a poboción das comarcas implicadas sumemos forzas e traballemos conxuntamente”.

Publicado por: MontePituco | 04/10/2011

SOBRE A PROTECCIÓN DO PATRIMONIO RUPESTRE, NO DIARIO

Publicado por: MontePituco | 03/10/2011

CRUELDADE EXTREMA

Xa podiamos estar curados de espanto: cabalos con pexas que lles causan lesións irreparables nas patas, e mesmo a morte; despoxos animais tirados nun recuncho calquera a expensas das alimañas e da intemperie; cans abandoados polos seus donos, que se desfán deles cobardemente mentres foxen nos seus vehículos, deixándoos atrás, indefensos… E agora enfrontámonos a outra mostra máis de crueldade, en grao extremo.

Hai unha semana, cando xurabamos en arameo ao atopar ciscados no monte os restos da limpeza dunha caldeira, xusto ao carón había outra estampa deleznable digna da maior repulsa. Se percibiamos no aire un cheiro desagradable non era precisamente pola presenza dos lodos contaminantes, senón porque, semioculto entre a ramaxe dun arbusto, había pendurado un coello novo, comesto xa polas moscas.

Que mala besta pode ser artífice dunha acción tan mesquiña e incalificable, tan innecesaria e abominable, tan retorcida e execrable. Ningún cazador que cometa estas prácticas ilegais se pode declarar amigo da natureza, cando a súa actitude é o antiexemplo, o anticivismo, o antiecoloxismo. Isto é terrorismo ambiental, e merece que as autoridades -Seprona ou Fiscalía- sancionen exemplarmente os autores destas atrocidades que, por riba de maltrato, son un foco de insalubridade e de perigo para o desequilibrio da fauna autóctona do monte.

Cazadores que utilicen estas pobres crías mantidas en catividade para adestrar os seus cans de presa non merecen ter animais ao seu cargo, porque desprezan a vida, son seres infames sen respecto por nada máis que polos seus intereses. E o que é peor: por culpa de especimes coma estes, nunca acabamos de estar curados de espanto.

Publicado por: MontePituco | 30/09/2011

OPERACIÓN BIDÓN, CULMINADA CON ÉXITO

Grazas á Concellaría de Medio Ambiente pola retirada dos lodos contaminantes, e aos operarios por levar outros residuos que se atopaban no monte.

Publicado por: MontePituco | 29/09/2011

VERSOS PARA UN VERQUIDO CONTAMINANTE

MESTER DOS MESTERES

-Que farás, Poeta,

perguntaron os atoutiñados, os eivados do sono, os mortos, os tortos, os encrequiñados,

os do adugar,

os do calar,

os de gabar,

e peitear,

-que farás agora,

perguntaron os burdións sen cortello, os toliños de porta por porta, os feirantes.

os cantudos,

os baludos,

os titeretudos,

os mudos,

-que farás agora, Poeta,

perguntaron os infanzóns, os cebrón, os carrizóns, os ourizóns…

ARCADIO LÓPEZ CASANOVA: “Mesteres” (1969-1983)

(Adicado a quen se está demorando máis da conta en retirar estes residuos contaminantes do Monte Pornedo).

Publicado por: MontePituco | 28/09/2011

…TRES DÍAS DESPOIS

Pasaron TRES días dende que foi localizado o verquido ilegal de residuos procedentes da posible limpeza dunha caldeira, e de que lle fora notificada a súa existencia á directiva da Comunidade de Montes de San Xulián na persoa do seu vicepresidente, á Policía Local de Marín, e -menos de 24 horas despois- ao Concello de Marín. E o lixo segue nas mesmas: nin foron retirados os restos do palé de madeira, nin a ferralla, nin o contenedor de plástico, nin moito menos toda esa carbonilla graxenta e noxenta que está causando un problema medioambiental e un risco para a salubridade das augas.

Esta noite pasada choveu unha migalla. Están agardando a que arroie para que toda esa porquería corra polo monte abaixo?

Estamos ante unha neglixencia, unha tomadura de pelo por parte dos (ir)responsables de arranxar esta desfeita, a falta de poder castigar o autor ou autores da vertedura, ou ámbalas cousas de vez?

Cantas sancións está disposta a pagar a Comunidade de Montes de San Xulián por consentir tozudamente que O Pornedo siga sendo o basureiro extraoficial da parroquia?

Por que razón o Goberno local non dispón os medios necesarios -sexa directamente ou en colaboración cos representantes dos comuneiros- coa maior inmediatez para evitar que ese material tan contaminante siga exposto á intemperie?

Acaso entre a Comunidade de Montes e o Concello están actuando coordinadamente de costas á veciñanza para facer a vista gorda ante as agresións que sofre o Monte Pornedo, coa escura pretensión de favorecer o seu deterioro progresivo e con iso, tal vez sumar argumentos para que se acabe instalando nel o polígono industrial que se proxecta na zona?

Non se decatan a Comunidade de Montes e o Concello que coa súa inacción son cómplices a partes iguais do delicto cometido desde o mesmo momento no que eses residuos foron depositados no monte?

A “marxe de confianza” rematou e DEFENDE O MONTE PITUCO resérvase o dereito a adoptar todas as medidas necesarias ante as autoridades para que este vergoñento verquido non pase NIN UN DÍA MÁIS nesta situación.

…O azar é ben caprichoso. Subindo ao monte para comprobar, efectivamente, como xa sospeitabamos, que ninguén movera nin un só dedo para poñerlle remedio a esta lamentable incidencia, atopamos, a poucos metros do bidón, nunha zona que fora desbrozada, un CD dado a volta. Collémolo do chan, virámolo para saber cal era o seu contido e, escrito en letras maiúsculas, lemos tres palabras: “A MALA EDUCACIÓN”.

Se unha imaxe vale máis que mil palabras, esta non podía ser máis atinada.

Publicado por: MontePituco | 27/09/2011

O VERQUIDO CONTAMINANTE, NA PRENSA

A continuación, unha selección das mostras de solidariedade recibidas a través de Monte Pituco en Facebook e da páxina Salvemos o Monte Pituco por parte de diversas persoas e colectivos que expresan o seu rexeitamento á agresión ambiental acontecida no Pornedo.

“Penoso”: Os Trebellos Do Morrazo.

“Noxento”: Pilar Borrazas.

“Isto e impensable en países coma Suiza, Finlandia, Alemaña, Francia… E agora pregunto, nós que temos diferente a países coma estes???”: Montes Do Freixo Crecente.

“Que temos diferente a países coma eses? Adoecemos de cultura e bos hábitos”: Paco Do Martelo

“Estamos acabando con todo, as veces síntome impotente cando paseo polo monte e hai tanto lixo. PORCOS”: Goretti Morais

“Qué fuerte”: María Torres.

“Qué horror…”: Milagros Bará.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) animamos a todas as persoas sensibles coa natureza, a denunciar publicamente ou a través das canles oficiais, a existencia de calquera evidencia de maltrato ao medio ambiente ou ao patrimonio cultural que se atopa nos nosos montes. Estamos convencidos que quen cometeu esta barbaridade malamente podía imaxinar que “alguén” se ía “molestar” en denunciar a situación. Cómpre visibilizar e verbalizar, por terra, mar e aire, estes sucesos. Tolerancia cero. Presión social para que as autoridades e administracións competentes actúen contundentemente. Que non lles saia de balde a esta caste de cafres cometer semellantes despropósitos. Se calaramos e miraramos para outro lado, seriamos cómplices, co noso silencio. O monte precisa da voz de todos e todas. Moitas grazas.

Publicado por: MontePituco | 26/09/2011

VERQUIDO ALTAMENTE CONTAMINANTE

Nova agresión ao Monte Pornedo. Gravísima. Imperdoable. Punible.

Na pista que se adentra no monte, a carón do cruce de acceso ao desastre de “área recreativa”, alguén irresponsable e desaprensivo volcou un contenedor repleto de residuos do que parece ser a limpeza dunha caldeira. Unha sustancia graxenta e altamente contaminante que, como entre en contacto coa auga e se dilúa, vai provocar un serio problema medioambiental.

Hai persoas con clase e clase de persoas. Quen cometeu esta barbaridade nen sequera é persoa. Só agardamos que se poida investigar a orixe deste verquido e que se castigue seriamente ao autor ou autores deste atentado contra a natureza, contra a calidade das augas das que nos fornecemos para consumo doméstico ou para regar as nosas fincas, contra a decencia e maila dignidade humana.

Que os axentes da Policía Local de Marín que levantaron atestado deste feito tan reprobable lle dean curso á maior brevidade posible para que o Concello actúe coa maior celeridade na retirada deste material, da gabarra de plástico que o contiña, dos ferros que a suxeitaban e do palé de madeira no que foi transportado.

Que o Seprona patrulle máis polo Monte Pornedo, onde por desgraza tanto abundan os cafres e os malnacidos que se cren con dereito a cometer tropelías deste inmenso calibre.

Que as Concellerías de Medio Ambiente e de Parroquias sexan sensibles coa problemática dos vertedoiros incontrolados e atendan a solicitude que DEFENDE O MONTE PITUCO lle trasladou ao Goberno Local en varias ocasións: organizar un zafarrancho de limpeza para eliminar os focos de contaminación existentes no monte, que tanto afean a imaxe de Marín en xeral e da parroquia de San Xulián.

Que os directivos da Comunidade de Montes miren máis polo Pornedo, onde hai moito traballo por facer, ademais de intentar erradicar os verquidos incontrolados: poñer en valor os seus gravados rupestres, manter en boas condicións as pistas e as conduccións de auga, controlar a proliferación de animais abandoados e as prácticas de caza ilegais, frear o avance de especies invasoras como a herba da Pampa que teñen infestada a “área recreativa” por consentir que se fixera un recheo con terra de dubidosa procedencia…

Son moitas as frontes e poucas as mans para abarcalas. Benvidas sexan cantas queiran colaborar nesta ardua pero necesaria tarefa.

Publicado por: MontePituco | 23/09/2011

PETROGLIFOS S.O.S.: RECORDATORIO AO CONCELLO

Ver tamén o artigo: “POLA POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO RUPESTRE“.

 

Publicado por: MontePituco | 22/09/2011

SOBRE O PARQUE EÓLICO NO MORRAZO: LIGAZÓNS DESACTIVADAS

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo volve á carga con novas iniciativas a prol da protección deste espazo. Na nota informativa que segue a continuación, o colectivo anuncia a interposición de obxeccións ao proxecto para a instalación do parque eólico de Pedras Negras. Cal é a nosa sorpresa cando nos percatamos de que os documentos que se podían consultar nos seguintes enderezos de internet da Xunta…

http://dl.dropbox.com/u/28805604/PE%2520Pedras%2520negras/MEMORIA.pdf

http://dl.dropbox.com/u/28805604/PE%2520Pedras%2520negras/CARTOGRAFIA.pdf

…xa non están dispoñibles. As ligazóns están desactivadas. Un simple erro técnico? Ou unha acción deliberada que está impedindo que a cidadanía poida ter acceso á información?

Afortunadamente, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo xa accedera á información con anterioridade e dispón dos arquivos completos, que foron colgados nos seguintes enlaces, para posibilitar que calquera persoa ou entidade interesada os poida consultar e formular as suxestións oportunas.

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=explorer&chrome=true&srcid=0BwykT7hzmaXkZWQ3MWI5NzItNDI4Mi00ZDg1LWFjOTMtMDc3ZWY3MWZlNWMy&hl=en_US

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=explorer&chrome=true&srcid=0BwykT7hzmaXkYWM1MWVmYTUtZGFhNi00NzQxLTliNWMtY2E0MjMxMDhiZGM2&hl=en_US

Desde a Plataforma pola defensa dos Montes do Morrazo queremos comunicar que xa está en exposición o Documento de Inicio do Procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental do parque eólico de Pedras Negras, presentado pola multinacional italiana Enel Green España, SA. Con esta exposición iníciase a primeira fase que pon en marcha a tramitación administrativa do proxecto.

A proposta consta de 14 aeroxeneradores repartidos entre os concellos de Marín, Moaña e Vilaboa. Cada un terá unha altura de 119 metros, un diámetro de rotor de 112 metros e unha potencia de 3.000 Kw. Cada base será de 17m2 e pretenden construírse e ampliarse 17.302 m de viais. Estenderanse desde Pedras Negras até o Monte Formigoso en Marín, en terreos das comunidades de montes de Santomé, Meira, Domaio e San Adrián, curiosamente unha zona que padeceu un incendio no ano 2007.

Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo estamos analizando o documento para presentar as nosas suxestións ao informe. O prazo para presentar estas suxestións remata o próximo día 5 de outubro.

Nunha primeira valoración temos que denunciar que estamos ante un proxecto falto de rigor e con múltiplos erros. Faise referencia en varias ocasións á provincia de A Coruña, o que nos fai sospeitar que o texto foi copiado doutro proxecto similar.

Na páxina 17 da memoria sitúa a Marín, Vilaboa e Moaña na provincia de A Coruña.

Na páxina 137, no informe de simulación do impacto visual, hai o seguinte parágrafo: “De este modo, dicho proyecto de evaluación de impacto visual, se realizó para los municipios de Cedeira, Ortigueira, Cerdido, Valdoviño, Moeche, As Somozas, San Sadurniño, y Cariño”.

Isto demostra que estamos ante un trámite administrativo ao que está obrigada a Xunta para xustificar unha participación social que na práctica non serve para alterar unha decisión política xa tomada e pactada coas empresas.

En ningún momento, a pesar de ser un informe que ten que recoller todas as normas que afectan a Pedras Negras, se fai referencia ás normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento Provinciais que catalogan os Montes do Morrazo como espazo protexido. Esta protección imposibilitaría a instalación de ningún parque eólico ou calquera outra instalación na zona.

Como se pode comprobar nos planos adxuntos o parque eólico vai afectar na fase de instalación e durante o tempo en que estea instalado aos nacementos dos ríos Loira, da Fraga, Barranco do Faro, Caiauga, Riomaior e Toimil entre outros.

Non podemos esquecer que os montes do Morrazo están cheos de áreas arqueolóxicas de importancia, e na zona temos Chan de Armada, Chan de Arquiña ou Chan de Castiñeiras, ademais dos posíbeis restos non atopados aínda, que se poden ver afectados polos traballos de construción do parque eólico. Hai que ter en conta que se pretende ampliar pistas e abrir outras novas para que pasen camións de gran tonelaxe. Podemos achegarnos ao porto de Marín onde se almacenan gran cantidade de aeroxeneradores en pezas para darnos conta da dimensión dos mesmos.

As consecuencias para a fauna, principalmente as aves, van ser nefastas ao provocar a súa desaparición da zona polos ruídos e as colisións coas pas. A relación de especies, mamíferos, aves e anfibios presentes en Pedras Negras é tan ampla e interesante que a converte nun ecosistema a protexer. Este espazo cumpre amplamente os parámetros para estar integrado nunha futura ampliación da Rede Natura e complementa o Lugar de Importancia Comunitaria da Enseada de San Simón, desde a que serán visíbeis os aeroxeneradores de Pedras Negras.

En varios capítulos do informe os redactores fan referencia aos postos de traballo que se van crear durante a construción do parque e no seu posterior mantemento. É certo que para construír o parque vaise empregar un número de traballadores/as, mais non se cuantifican no documento, mais no mantemento as persoas ocupadas son mínimas. Hai que ter en conta que estes aeroxeneradores estarán controlados por ordenadores instalados probabelmente en Madrid, desde onde dan as ordes de funcionamento. Chegan incluso a insinuar que van contratar persoas da zona, como nos mellores tempos de “Benvido Mr. Marshall”.

O que non contan neste informe son os prexuízos que terán as comunidades de montes ao non poder desenvolver ningunha actividade forestal na zona. Tampouco as perdas que suporá para a comarca a imposibilidade de seguir usando Pedras Negras como área de despegue por parte da Asociación Parapente Morrazo, que atrae a moitos afeccionados de todo o estado español.

Desde a Plataforma consideramos necesaria a retirada deste proxecto en Pedras Negras e de todo o plano eólico aprobado pola Xunta que tanta contestación social está tendo por todo o país. Demandamos, unha vez máis, unha moratoria na instalación de parques eólicos en Galiza. Estes parques só responden a un interese económico e especulativo para obter beneficios rápidos a conta dos nosos montes para producir unha enerxía que non repercute no pobo galego e que vai para a exportación.

Publicado por: MontePituco | 21/09/2011

ANTE OS OBSTÁCULOS, FIRMEZA E COHERENCIA

DEFENDE O MONTE PITUCO faise eco dun escrito apoiado por varios comuneiros de San Xulián e que vai ser presentado ante a Xunta de Galicia nos seguintes termos:

O 21 de setembro de 2011 acódese á sede da Comunidade de Montes de San Xulián para presentar un recurso sobre o procedemento co que se celebrou a asemblea extraordinaria do 21 de agosto, dentro do prazo dun mes que, a tal efecto, fixan os estatutos desta entidade no artigo 70º do capítulo XII: “Os acordos da asemblea xeral contrarios á Lei de Montes Veciñais en Man Común, os que infrinxan as presentes ordenanzas e os non adecuados aos intereses xerais da propia Comunidade, poderán ser recurridos por calquera comuneiro ante a propia asemblea xeral, cuxa resolución esgotará a vía administrativa, podendo recorrerse contra a mesma ante os tribunais de xustiza. Os recurso deberá ser formulado no prazo dun mes desde a data do acordo, se o impugnante asistiu á reunión na que se adoptou e, no outro caso, no prazo de dous meses”.

Ante a ausencia de representantes da xunta directiva, sendo en torno ás 20:00 horas, unha empregada da Casa de Montes empraza a volver a partir das 21:00 ou das 22:00 horas, como así acontece. Atopándose o vicepresidente da Comunidade nas instalacións da mesma, remítenos ao presidente da Comunidade quen, en conversación telefónica, alega non estar dispoñible nese momento e remítenos á súa vez ao Secretario. Este último, tamén en conversación telefónica, rexeita a posibilidade de recepcionar persoalmente o escrito e tampouco facilita que o vicepresidente da entidade, alí presente, asine o documento confirmando a súa entrega en tempo e forma.

Ante a imposibilidade de entregar o escrito de impugnación, malia axustarse os comuneiros asinantes do mesmo ao prazo estipulado polos estatutos, óptase por notificarlle esta incidencia á autoridade para que quede constancia oficial da xestión. Unha patrulla da Policía Nacional preséntase finalmente na sede da Comunidade de Montes de San Xulián e rexistra os datos personais de quen representa os veciños, co obxectivo de poñer en coñecemento do departamento competente a queixa oportuna contra os directivos da Comunidade de Montes de San Xulián pola súa negativa a recibir o recurso no mes hábil para interpoñelo.

Acompáñase o citado recurso con outro recurso presentado anteriormente con motivo das presuntas irregularidades observadas tamén na asemblea xeral do 31 de xullo de 2011, para que a Xunta teña coñecemento das mesmas.

(…CONTINUARÁ).

Publicado por: MontePituco | 20/09/2011

ANDAINA POLA SERRA DO GALIÑEIRO (II)

O pasado fin de semana celebrouse un novo roteiro pola Serra do Galiñeiro contra o proxecto de instalación dun parque eólico neste emblemático espazo natural do Val Miñor. Como xa ten exposto en numerosas ocasións a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, outro lugar ameazado polos aeroxeneradores é Pedras Negras. Este parque eólico prevé instalar 14 muíños de 119 metros de alto e 112 metros de rotor, afectando os concellos de Marín, Vilaboa e Moaña. Ata o 5 de outubro está aberto o prazo para presentar obxeccións e suxestións ao proxecto. Ademais de expresar o seu rexeitamento formal contra esta iniciativa que provocaría un irreparable impacto ambiental, os colectivos a prol da protección integral dos Montes do Morrazo seguirán realizando unha campaña de charlas informativas nos tres municipios para concienciar a veciñanza da necesidade de paralizar esa hipotética obra, e andainas dende Chan da Arquiña ata Pedras Negras e o Coto do Home, para dar a coñecer a riqueza paisaxística, da fauna e da flora da contorna. Fronte aos intereses económicos e especulativos, ogallá estas actividades contaran con tanto apoio social como o que suscita a conservación da Serra do Galiñeiro.

A continuación, o relato da andaina pola Serra do Galiñeiro, segundo un artigo publicado na web do Instituto de Estudos Miñoranos. As fotografías son de Xilberte Manso. Parabéns a tod@s e ánimo.

 

A segunda andaina pola Serra do Galiñeiro convocou cerca de 2000 persoas que reclamaron a protección deste espazo natural e a súa inclusión dentro do Parque Natural Monte Aloia, o pasado domingo 18 de setembro. Algo máis da metade dos concorrentes participaron dunha percorrida de dez quilómetro pola serra. O resto dos participantes esperou a chegada dos camiñantes para participar da lectura dun manifesto a cargo de Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, na que salientou a necesidade de protexer este patrimonio natural por parte das administracións galegas.

Polbo preparado na propia serra e pratos achegados polos participantes, vestiron unha festa gastronómica que se prolongou ata a tardiña. Animaron o encontro a charanga A vaca pinta e o Coro Tradicional Cantares do Brión.

No transcurso da xuntanza non só expresouse o rexeitamento ao previsto parque eólico (en fase de tramitación na Xunta de Galicia), senón tamén o reclamo de ampliación do Parque Natural do Monte Aloia, para que inclúa a Serra do Galiñeiro na Rede Natura 2000. No manifesto lembrouse que fai tres anos o conselleiro de Medio ambiente e os alcaldes da zona anunciaron dita ampliación. «Foi unha declaración baleira», afirman, á vez que recordan que a día de hoxe só os concellos de Vigo e Porriño clasifican nos seus plans urbanísticos as súas respectivas partes de serra como chan rústico de protección de espazos naturais.

A defensa do patrimonio xeolóxico, etnográfico e biolóxico do Galiñeiro, así como as numerosas pegadas que aínda amosan a presenza humana dende épocas prehistóricas foron algúns dos valores que a Plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñeiro, salientou como bases das reivindicacións. A utilización da serra como parque industrial, advertiron, poñerá en perigo tesouros como o conxunto de petróglifos de Agua da Laxe (Vincios) e as mámoas de Chan das Moutas (Prado, Morgadáns). Esta intervencións tamén prexudicaría actividades das comunidades de montes locais, como a explotación silvícola, gandeira, micolóxica, etc., informouse durante a xornada.

Publicado por: MontePituco | 19/09/2011

POLA POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO RUPESTRE

Estes son os documentos oficiais mediante os cales a Xunta se interesa pola situación dos petroglifos do Monte Pornedo: por unha banda, unha carta enviada ao Concello de Marín polo xefe do servizo de Patrimonio Cultural da Xunta, D. Ignacio Diz; e por outra, o informe do arqueólogo do propio servizo de Patrimonio Cultural no que se basea o requerimento.

O xefe de Patrimonio Cultura solicítalle ao Goberno municipal “a adopción de medidas cautelares, como a conveniencia da limpeza do contorno onde se atopan os petroglifos (desbroce) e, sobre todo, a súa balización de carácter permanente, co obxecto da súa salvagarda e protección, en virtude do establecido no artigo 4 da Lei 8/1995 do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia nos seus puntos 1 e 2”.

Pasaron máis de dous meses dende esa comunicación e DEFENDE O MONTE PITUCO considera que cómpre ir dando pasos das palabras aos feitos, por iso se dirixe á Concellería de Cultura para que, á maior brevidade posible, proceda a darlle cumprimento ás indicacións marcadas por este departamento da Xunta de Galicia, toda vez que a Sra. Concelleira xa coñece de primeira man -trala súa visita ao Monte Pornedo o pasado 26 de xullo- a situación precaria destes xacementos arqueolóxicos e a necesidade da súa inaprazable posta en valor, ante a grave problemática que teñen asociada, ao atoparse nun espazo afectado polo tránsito irregular de vehículos motorizados, malia os esforzos deste colectivo veciñal por erradicar esa práctica, que aínda se segue realizando a pesar da sinalización instalada pola Comunidade de Montes.

DEFENDE O MONTE PITUCO ponse a disposición do Concello para colaborar nas tarefas que estimen oportunas, e trasládalle a mesma vontade de colaboración por parte da comisión técnica que promove a creación do ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS. Asimesmo, instamos o Concello de Marín a facer partícipe desta actuación á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián, á que esta asociación se ten dirixido con anterioridade en varias ocasións para procurar que se leven a cabo actuacións como as que vén de recomendar o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta nos petrogllifos catalogados de Pornedo, catalogados como Bens de Interese Cultural.

ARTIGOS RELACIONADOS:

-“Alcaldesa e concelleiros, no Monte Pituco (Pornedo)“.

-“Hipóteses dunha carta oficial“.

-“O informe (por fin) do Seprona“.

-“A carta de Patrimonio, na Voz“.

-“Patrimonio defende ante o Concello os petriglifos do Pituco“.

 

 

Publicado por: MontePituco | 16/09/2011

ANDAINA POLA SERRA DO GALIÑEIRO

Este domingo celébrase unha segunda andaina pola Serra do Galiñeiro contra o proxecto de instalación dun parque eólico. Ao primeiro roteiro asistiron unhas 1.400 persoas, segundo a Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro, que pide a protección deste espazo, como DEFENDE O MONTE PITUCO demanda a protección integral dos Montes do Morrazo, afectados tamén por outro proxecto de instalación de aeroxeneradores no lugar de Pedras Negras. Este proxecto atópase xa en fase de exposición pública e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo está elaborando xa un documento para rexeitar esta medida.

Por solidariedade coa Serra do Galiñeiro e os promotores da súa conservación, difundimos esta convocatoria para que participen nela cantas persoas sexan sensibles coa natureza e cos nosos montes.

-Saída dende a capela do Monte Aloia ás 11:00 horas.

-Chegada ao Parque Forestal do Monte Galiñeiro (Vincios) ás 15:00 horas.

-Dificultade baixa.

-Duración, de 3 a 4 horas. 10 kilómetros.

-Sairán dous autobuses dende Vigo (5 euros) e Vincios (3 euros) previa inscrición. Non cómpre inscribirse se non se acode en autobús.

Opción 1 (5€)

– Ida: Vigo-Aloia saíndo ás 9:30 dende a Praza de España

– Volta: Vincios (fin da marcha) -Vigo, con saída ás 18:00

Opción 2 (3€)

– Só ida: Vincios-Aloia saíndo ás 9:30 dende a gasolineira do Polígono de A Pasaxe. A marcha remata en Vincios, polo que non é necesario o servizo de volta.

Para reservar praza no autobús, cómpre realizar dous pasos:

1) Realizar o ingreso do importe na conta 2080 0000 72 0040260769 Novacaixagalicia indicando nome, DNI e punto de partida.

2) Inscribirse no seguinte enderezo (no campo número de socio indicar o punto de saída):  http://www.celtas.net/glg/inscripcion.php?id=196&tit_act=Aloia-Galinherio.+Por+unha+serra+sen+eolicos+&fech=18%2F09%2F2011&tit_cat=Cultural+e+MedioAmbiente&var

-Ao remate da andaina haberá música animación e xantar popular (cada un/unha levará o seu).

Publicado por: MontePituco | 15/09/2011

II XORNADAS DO MAR DE MARÍN, NO ATENEO

O Ateneo Santa Cecilia de Marín está inmerso nestes días na celebración das II Xornadas do Mar de Marín. Mañá venres, a partir das 21:00 horas, celebrarase no local desta entidade cultural a proxección dun traballo audiovisual titulado “Historias de vida: Mariscadoras de Lourizán”. Trátase dunha montaxe a partir das entrevistas que o realizador Lukas Santiago -membro da comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños– está a realizar nesa parroquia pontevedresa. Este traballo de campo forma parte do futuro Arquivo Audiovisual de Lourizán, no que se vai basear o seu próximo documental, “Mulleres da Ribeira. O Banco dos Praceres”. Este documental, que se estreará o vindeiro ano, é unha coprodución de Faro de Ons Producións coa Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), á que tamén pertence o realizador.

Hai que dar pois, a benvida, a outro novo colectivo a prol do estudo e da difusión da Cultura e da Historia de Galicia. Pronto traeremos a esta páxina máis noticias sobre SAGA, os seus promotores e as súas iniciativas.

O traballo que Lukas Santiago vai presentar mañá no Ateneo Santa Cecilia recolle -na voz das protagonistas directas- o duro traballo das mulleres da ribeira no banco marisqueiro dos Praceres, facendo un percorrido polas súas vidas e polo seu traballo no mar; deixando constancia das penurias e das vicisitudes dunha existencia entregada á familia e á ribeira. A aprendizaxe do oficio, as artes do marisqueo, as especies de molusco, a instalación da fábrica de celulosa, ou a profesionalización do sector, son algúns dos temas abordados neste documental. Un traballo de gran valor antropolóxico e cunha sensibilidade que reflicte a dignidade destas mulleres, así como a dureza dunha vida que ten cambiado, nas últimas décadas, en moitos aspectos.

Publicado por: MontePituco | 14/09/2011

A PROBLEMÁTICA DOS CABALOS, NA PRENSA (III)

Publicado por: MontePituco | 13/09/2011

PLENO DE SETEMBRO (e II): AMBULANCIA (actualizada)

Este venres día 16 a partir das 20:30 horas partirá la Alameda de Marín unha manifestación “contra os recortes na sanidade pública, polo mantemento do servizo de ambulancias e a construcción do novo centro de saúde”. Convoca a protesta a recén constituida Plataforma pola Sanidade Pública de Marín, xurdida a raíz do rexeitamento motivado pola reducción do horario de atención da ambulancia asistencial con base en Marín, que dende o pasado día 10, entre as 8 da tarde e as 8 da mañá, tense que desprazar dende Bueu ou Pontevedra para cubrir unha emerxencia nesta vila.

Pouco lle durou a María Ramallo a comodidade da ampla maioría absoluta coa que goberna, se tan só tres meses despois da súa toma de posesión xa se está enfrontando ao primeiro gran conflicto do seu mandato. E por riba, cunha xestión errónea da problemática. Abofé que non debe ser prato de gusto que a conselleira de Sanidade do seu propio partido deixe sen servizo directo de ambulancias a unha localidade 26.000 habitantes durante 12 horas. Trátase dunha decisión moi impopular -con máis de 10.000 sintaturas en contra- que sen dúbida merecía un enfoque máis contundente a nivel local, porque se algo lle pode reprochar a veciñanza en xeral á alcaldesa, e o seu electorado en particular, é a súa escasa resistencia ante as medidas impostas dende San Caetano.

Obviamente, cos tres partidos da oposición formando unha piña e atacando simultaneamente o goberno local, resulta complicado captar o favor da opinión pública. María Ramallo non podía agardar que llo puxeran doado. E se en agosto PP, PSOE, BNG e Mar-In apoiaban conxuntamente unha moción para reclamar a continuidade do servizo de ambulancias durante as 24 horas, un mes despois ese consenso desfaise pola simple razón de que vai contra os principios do PP de Marín pedir a demisión de Pilar Farjas, cousa que reclaman os outros tres partidos, a sabendas de estar forzando unha situación estratéxica de tensión, e escenificando un papel no que o PP queda, con razón, como o malo da película.

A única saída de María Ramallo, como aconteceu no pleno ordinario deste mes, era introducir a súa propia moción, e intentar vendela o mellor posible -aínda que non con demasiado éxito, á vista dos acontecementos- ante unha opinión pública que maioritariamente está que trina contra o PP de Marín e contra a conselleira de Sanidade nesta particular afrenta. O que verdadeiramente podería facer que María Ramallo recuperara a popularidade, nunca mellor dito, sería conseguir o que propón precisamente a moción dos populares: que por algunha arte de birlibirloque, o Sergas, a Fundación do 061 ou Santa Rita, na súa condición de avogada dos imposibles, restituiran o servizo na súa integridade. É dicir, feitos en vez de desexos ou meras declaracións de intencións.

A moción presentada conxuntamente polos tres partidos da oposición acusa a alcaldesa de non defender os intereses de Marín “senón os do seu partido”, ao romper a unidade de todos os grupos municipais en contra da decisión da Consellería de Sanidade. PSOE, BNG e Mar-In anuncian pois o seu apoio á mobilización cidadá do venres 16 e piden a demisión “inmediata” de Pilar Farjas.

Paralelamente, o PP anticipaba que ía presentar a súa propia moción sobre este asunto e a alcaldesa pregúntalles aos demais voceiros se lles parece ben presentalas unha a continuación da outra, debatilas conxuntamente e votalas por separado. Francisco Veiga rexeitou esa posibilidade, argumentando que a moción dos populares parecíalle “un chiste”. (A diferenza de ocasións anteriores, nas que se viña queixando de que a oposición se entera no momento das mocións que leva a pleno o PP, parece que Veiga xa falaba con coñecemento de causa. Será que só se entera do que lle convén cando lle convén, e cando non, protesta polo seu propio descoñecemento).

Apocalíptico ata dicir basta, o ex-alcalde asegurou que Marín atravesa “un dos momentos máis complicados” da súa historia porque “por primeira vez unha alcaldesa di que non a pelexar por algo básico e indispensable para o Concello”. Fixo fincapé en varias ocasións na palabra “traición” e puxo a situación actual á altura dos tempos máis pretéritos dende que o mundo é mundo: “Chegariamos ao momento no que se intercambian 30 moedas de prata”. (Si, e outros aínda non baixaron da árbore). Cun discurso moi ensaiado, non exentos de humor negro (nin que Muradas -que non asistiu á sesión- llo tivera escrito!), Veiga advertiu que cando faga falta pedir unha ambulancia nun día de verán pola tardiña para atender a unha persoa infartada, poñamos por caso, por culpa do atasco de tráfico, en vez de avisar o 061 sería máis práctico acabar chamando á Fe ou a Santa Lucía, isto é, a funeraria.

No fondo, que non na forma, Veiga tiña razón ao proclamar que “a sanidade pública é un dereito inalienable” da cidadanía, por iso reprochoulle á alcaldesa que tiña que “enfrontarse” á Xunta para reclamar o mantemento do servizo de ambulancia as 24 horas, aínda que o goberno autonómico “sexa da súa propia cor política”.

No seu turno de palabra, Pilar Blanco recalcou que María Ramallo “prégase aos intereses do seu partido” ao “abandonar a loita” e tamén criticou os recortes que está a aplicar a Xunta, ao entender que “é imposible que se funcione mellor con menos” e que, neste caso, “a vida non ten prezo”. Por iso, en vez de “esperar a que pase algo”, dende o BNG pedíronlle ao PP de Marín “que recapacite e se sume a esta xusta reclamación”.

Na mesma liña, Isabel Martínez expresou que lle parecía “francamente decepcionante” a actitude de María Ramallo e do seu equipo de goberno, resaltando que “a primeira vez que tiñan un problema co seu partido, dean marcha atrás”. Nesta ocasión, Mar-In non estaba polo labor de botarlle un capote ao PP, como tiña feito na anterior lexislatura estando ámbolos partidos na oposición. Cuestión de principios.

Este pleno de setembro caracterizouse porque a oposición, ao unísono, despachouse a gusto contra o Goberno municipal nun tema de fondo calado social: calificaron de “baixeza moral” por parte da conselleira de Sanidade o feito de “valorar a vida das persoas en relación a unha isocrona”. E xustificaron a decisión de incluir na moción a demisión de Pilar Farjas por non pedir a da propia María Ramallo.

O grupo municipal do PP abstívose na votación desta moción, que quedou aprobada cos votos de PSOE, Mar-In e BNG. Mentres isto sucedía, unha persoa do público (que non parou de meter baza en todo o pleno, e non houbo nin un triste policía local dos tres que se atopaban na sala, capaz de pedirlle silencio para que o resto do público puidera enterarse da película) berroulle á alcaldesa: “Mira como estás co pobo que te votou!”.

E feito isto, o PP dispoñíase a expoñer a súa propia moción, cando dende a oposición elevaron súas queixas porque xa fora aprobado o documento presentado polos tres partidos, entendendo improcedente que os populares pretenderan redundar con outros argumentos. Vilaboa facía aspaventos e levaba as mans á cabeza. A Francisco Veiga faltoulle pouco para poñerse a patalear e facer pucheritos.

O que fixo, en cambio, foi un espantoso ridículo cando, erguéndose el (e os demais socialistas detrás del como patiños detrás da mamá pata), para abandonar o pleno, dirixiu os seus pasos cara á porta e foise poñer xusto detrás da pancarta que portaban os traballadores afectados do servizo de ambulancias. No mesmísimo medio e medio, como se fora un máis, con cara de indignación e cabreo. Buscando a foto. Escenificando a máis descarada demagoxia. Instantes despois, e vendo que Veiga estaba acaparando un protagonismo que non lle correspondía, o sindicalista da CIG Xabier Aboi ocupaba o sitio que o ex-alcalde se fixera. Non sei como fixo: se lle deu un codazo, se o agarrou da camisa ou da orella, pero nun abrir e cerrar de ollos, Veiga pasou de ocupar a primeira liña da protesta a estar detrás da rotunda figura de Aboi. Simplemente patético.

En ausencia do PSOE, María Ramallo tratou de xustificar ante a oposición, en van, que a moción do seu partido era oportuna porque apelaba ao 061 para que “a pesar da crise, garanta o tempo de resposta da ambulancia e para que se teña en conta a Marín na negociación de futuras bases de ambulancias”. Dende detrás da pancarta, Aboi berráballe que “a base xa está, que o que falta é a ambulancia”.

Nin o BNG nin Mar-In deron o brazo a torcer. Pilar Blanco expuxo a “contradición” do PP de Marín que, no pleno de agosto, apoiou a moción a prol do mantemento do servizo as 24 horas. Isabel Martínez volvía apelar a María Ramallo a “unirnos outra vez” en vez de optar por ir por libre cunha moción que lle servía aos populares “para lavar a cara diante do electorado”. A alcaldesa pechou o debate: “queremos ambulancia as 24 horas e seguiremos pelexando, eu dende o punto de vista institucional, a diferenza de vostedes, que queren arrastrarme a outras cousas”. Máis claro, auga, e cada tolo co seu tema.

———————–

POST-DATA (18 / 09 / 2011): Copio (e pego) do Foro Marinenses o comentario anotado por Votante, sobre o pleno deste mes de setembro.

“É totalmente lexítima a loita para non perder o servizo de ambulancias en Marín. Sin duda foi un duro golpe para María Ramallo que a Xunta de Galicia lle faga isto a un pobo que lle dou a maioría absoluta ó PP. O que resulta patético e a forma que elixen algúns para amosar o seu descontento. No último pleno, Fran Veiga, en canto veu as cámaras dos periodistas, levantouse do seu escaño para poñerse detrás da pancarta que os da CIG tiñan á porta da sala. Xabier Aboy dáballe codazos para votalo de alí porque non quería que lle estropeara a foto, e o outro que non se apartaba nin con agua quente.

Entre o público estaba a nai de Fran a berro limpo contra a alcaldesa: “Ladrona, que lle roubache o posto ó meu fillo”.
Seica a nai do exalcalde ameaza agora con acudir a tódolos plenos para reclamar o que a ela lle parece a cousa mais natural do mundo: que o seu fillo ocupe o trono. Esta señora, a pesar de ter un fillo socialista, non debe saber o que son as urnas.

Así están as cousas. Se María Ramallo dimite ¿que nos queda? ¿a nai de Fran ou Pilar Recamán? Fagan as súas apostas.

O peor é que Marín quedou sin servizo nocturno de ambulancias por culpa dos recortes que se están a dar en toda España: PP, PSOE ou calquera outro que goberne. Iso é inamovible por moito que protestemos e patexemos os marinenses, a alcaldesa ou Xabier Aboy”.

Publicado por: MontePituco | 12/09/2011

PLENO DE SETEMBRO (I): BEIRARRÚAS DE SAN XULIÁN

O pasado venres, a poucas horas de celebrarse o pleno ordinario da Corporación, a Deputación de Pontevedra daba a coñecer, nun escueto comunicado, que se adxudicaban as obras de dotación de beirarrúas en San Xulián, no tramo entre o cruce coa barriada de San Pedro e o cruce coa subida ao lago de Castiñeiras.

A Xunta de Goberno do organismo provincial aprobaba a adxudicación dos traballos, que tamén contemplan o ensanche e a mellora da estrada Figueirido-Marín, á empresa Sercoysa, por un importe de 642.382,05 euros. Ao concurso presentáranse 16 empresas e a obra tiña un tipo de licitación de 761.754,18 euros. Outorgándolle o proxecto a Sercoysa, a Deputación calcula que obtén unha baixa do 15,67% sobre o orzamento. A isto cabe sumar as melloras ofertadas pola empresa, valoradas en 67.382,37 euros, e o compromiso de Sercoysa de rematar os traballos nun prazo de sete meses.

Efectivamente, tal e como estaba anunciado, as “faenas” comezaron hoxe; se ben, as únicas mostras visibles plásmanse na instalación de indicadores verticais de obra e na sinalización horizontal amarela pintada no asfalto. Tempo ao tempo; se as previsións se cumpren, ata a primavera de 2012 os veciños e veciñas de San Xulián non poderemos transitar comodamente polas beirarrúas, sen temor a que o fitipaldi de turno nos leve por diante.

Por suposto, no pleno municipal -bronco, como cabía esperar- saíu a colación o tema, en boca do concelleiro nacionalista Xosé María Vilaboa, e dos socialistas Francisco Veiga e Manuel Pazos, que aproveitaron o apartado de rogos e preguntas, xa na recta final da sesión, cando máis interminable e tediosa se volve, para enredar cun proxecto que leva cinco anos en formol, intentando non apodrecer nos caixóns dos sucesivos despachos.

Recoñecía Vilaboa que dende o seu inicio, en 2006, o expediente das beirarrúas de San Xulián volvérase “longo”. Empeza entón a tirar de datas: que en maio de 2008 producírase un acordo para poñer os terreos a disposición, que a Xunta de Goberno da Deputación requerira o Concello para que formalizara ese trámite, sen o cal o organismo provincial non procedía a iniciar as obras… En decembro dese mesmo ano o proxecto estaba pendente de adxudicación e seguía faltando o certificado de dispoñibilidade dos terreos. Pasaron dous anos e pico e ata febreiro de 2011 a alcaldía que presidía Francisco Veiga na lexislatura pasada non expresa a súa vontade de ceder os terreos necesarios, se ben parece ser -ou esa foi a queixa de Vilaboa- que non se obtivo resposta por parte da Deputación.

O ex-concelleiro de Urbanismo vén cuestionar agora que o proxecto recén aprobado adolece de varias deficiencias burocráticas, como que non hai acordo plenario para a cesión dos terreos de titularidade municipal, nin consta certificado de cesión dos terreos por parte dos propietarios particulares. Vilaboa arremete contra o Goberno local acusando o PP de “utilizar as administracións, desgastar o goberno local anterior, e perxudicar os veciños de San Xulián” coa dilación do proxecto, argumentando que “agora adxudícanse as obras sen certificado dos terreos públicos e privados”, e que antano a Deputación pedía un certificado de cesión que agora non lle require ao equipo de goberno actual.

Comeza a contestarlle María Ramallo coa súa retórica habitual, comentando que non é o Goberno anterior de Francisco Veiga, senón o precedente, de Francisco Antonio Santiago, o que iniciara o convenio coa Deputación, algo co que nacionalistas e socialistas non parecen estar moi de acordo. (Pataca menuda, parafraseando a Caneda; o caso é colgárense a medalla, aínda que sexa de latón). A alcaldesa porfía asegurando que o convenio asinado non se axustaba ao proxecto e que a Deputación saía perdendo no acordo porque asumía a restitución de muros e cerres que nalgúns casos non existían con anterioridade, polo que orzamento non cubría os gastos xerados polas devanditas reposicións. Así foi que o organismo provincial decidiu engadir uns 60.000 euros das súas arcas para completar o que faltaba.

“En catro anos non avanzou a obra e agora estráñalle que avance”, chimpoulle María Ramallo a Vilaboa, ao que engadiu que, por riba de demorarse cinco anos, a empresa susceptible de acometer os traballos mantiña a mesma oferta económica. Por desgraza, a partir de aí non se entende máis nada do diálogo de ollomoles que xorde, porque a única réplica de Vilaboa consiste en erguer o seu vozarrón ata o extremo de solapar completamente a voz de María Ramallo, que malamente acaba a súa intervención dicindo: “Como non me deixa falar, explicareillo por escrito”. (Pódese tolerar semellante falta de respecto á cidadanía que asiste paciente e devotamente aos plenos, agardando enterarse de algo, para que por culpa da mala educación dun político ou políticos, as explicacións oportunas que procede dar en sede plenaria, acaben plasmadas nun folio que ninguén vai poder ler?).

Retoma o debate o ex-alcalde para preguntar “se houbo algún cambio obxectivo” entre o que o seu equipo de goberno deixara feito e o que fixo o actual, como para poder obter luz verde ao proxecto por parte da Deputación para o inicio das obras. Francisco Veiga parece manexar información de primeira man cando insinúa ante María Ramallo que as obras non poderían comezar habendo algún veciño reticente a ceder o seu terreo, e cuestionando que se poidan acometer os traballos non habendo o 100% dos afectados a favor. (Acaso alguén nas filas do PSOE ten interese en favorecer a discordia para que a dotación das beirarrúas dea no traste polo feito de executarse fóra do seu mandato?).

“Retomei o expedente como estaba”, insiste María Ramallo, que recoñece que hai dous casos que en principio non dan facilidades, pero cos que “quedouse en volver para a semana” co obxectivo de revisar e estudar as súas respectivas situacións. A alcaldesa incide en que na reunión celebrada a semana pasada na Casa de Montes de San Xulián, os veciños e veciñas desa parte da parroquia pedíronlle que “por favor, comece a obra”.

E para seguir enredando máis na madexa, Vilaboa volve esbardallar e a interromper a intervención da alcaldesa, ao que esta acaba por reprocharlle a “mala xestión” do anterior goberno local, botándolle en cara ser “o único en toda a provincia” incapaz de materializar un proxecto destas características en semellante prazo de tempo. E as míticas palabras que, despois de tres plenos, vanse acuñando xa como frase estrela de María Ramallo cada vez que quere dar por rematado un deses estériles debates cos que nos abouxan: “…Comprendo que a vostedes non lles guste!”.

Lonxe de rematar, aínda faltaba a guinda do pastel, na mente preclara do antigo edil de parques e xardíns. Ese que sostén que, con pendentes de máis do 30 e do 40% (así consta no informe topográfico), o Monte Pituco é o lugar máis chan de todo Marín para acoller un polígono industrial. Esa lumbrera política, que se debe crer doutorada por universidades de tanto postín como Harvard e Massachusetts, e que ousa sementar sombras de ilegalidade administrativa como quen bebe un vaso de auga. Non contento coa frase estrela de María Ramallo, Pazos Lamoso tivo máis que dicir sobre o traído e levado asunto das beirarrúas, calificando a tramitación do proxecto, por parte da Deputación, como un “acto caciquil” que, por riba “rozaba a prevaricación”. (Al lorito!).

Na súa resposta, María Ramallo pasoulle por alto o do “acto caciquil”, como apelando ao refrán segundo o cal non hai maior desprezo que non dar aprezo. E case llo agradecemos, porque probablemente Pazos Lamoso pretendera botarlle á alcaldesa un trapo ao que ela non lle quixo entrar. Sendo as horas intempestivas que eran, raiando as 10 da noite, debería estar penado pola lei plantexar cuestións de certo calado que, pola súa propia inconsistencia, non teñen ningún sentido e son unha perda de tempo colectiva. Pero no que máis contundente estivo María Ramallo foi na contestación á acusación de presunta prevaricación: “Non me vexo encadrada nese parámetro delictivo”, espetoulle a rexedora local, que censurou o concelleiro socialista por utilizar “palabras grosas e graves para chamar a atención e sen ter probas”.

E con este mal sabor de boca rematou o pleno que, excepcionalmente, comezamos resumindo polo final, para retomalo, en próximos artigos, polo principio. Seguirá coleando o asunto das beirarrúas nos despachos do BNG e do PSOE, buscándolle os tres, os cinco ou os sete pés ao gato? Que haberá de certo nas acusacións contra a Deputación de favorecer a posta en marcha das obras cun goberno local amigo mentres aos seus antecesores no Concello lles daba largas? Á vista do debate, que cada quen saque as súas propias conclusións.

Publicado por: MontePituco | 08/09/2011

A PROBLEMÁTICA COS CABALOS, NA PRENSA (II)

Ver tamén o artigo titulado “PRECAUCIÓN COS CABALOS CEIBES“.

E a súa réplica na información local: “A PROBLEMÁTICA COS CABALOS, NA PRENSA“.

Publicado por: MontePituco | 07/09/2011

PATRIMONIO DEFENDE ANTE O CONCELLO OS PETROGLIFOS DO PITUCO

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías