Publicado por: MontePituco | 27/09/2011

O VERQUIDO CONTAMINANTE, NA PRENSA

A continuación, unha selección das mostras de solidariedade recibidas a través de Monte Pituco en Facebook e da páxina Salvemos o Monte Pituco por parte de diversas persoas e colectivos que expresan o seu rexeitamento á agresión ambiental acontecida no Pornedo.

“Penoso”: Os Trebellos Do Morrazo.

“Noxento”: Pilar Borrazas.

“Isto e impensable en países coma Suiza, Finlandia, Alemaña, Francia… E agora pregunto, nós que temos diferente a países coma estes???”: Montes Do Freixo Crecente.

“Que temos diferente a países coma eses? Adoecemos de cultura e bos hábitos”: Paco Do Martelo

“Estamos acabando con todo, as veces síntome impotente cando paseo polo monte e hai tanto lixo. PORCOS”: Goretti Morais

“Qué fuerte”: María Torres.

“Qué horror…”: Milagros Bará.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) animamos a todas as persoas sensibles coa natureza, a denunciar publicamente ou a través das canles oficiais, a existencia de calquera evidencia de maltrato ao medio ambiente ou ao patrimonio cultural que se atopa nos nosos montes. Estamos convencidos que quen cometeu esta barbaridade malamente podía imaxinar que “alguén” se ía “molestar” en denunciar a situación. Cómpre visibilizar e verbalizar, por terra, mar e aire, estes sucesos. Tolerancia cero. Presión social para que as autoridades e administracións competentes actúen contundentemente. Que non lles saia de balde a esta caste de cafres cometer semellantes despropósitos. Se calaramos e miraramos para outro lado, seriamos cómplices, co noso silencio. O monte precisa da voz de todos e todas. Moitas grazas.


Responses

  1. A Comunidade de Montes tería que ser a primeira en controlar e denunciar este tipo de barbaridades.
    Os culpables non deben quedar sin castigo.

    • Pasaron TRES días, TRES, dende que se localizou este verquido. O vicepresidente da Comunidade de Montes de San Xulián, ao que se lle notificou telefonicamente a incidencia, personouse no monte. Enchéuselle a boca de lamentar que “estamos destruíndo o planeta” e trasladoulle o aviso á Policía Local de Marín para que levantara acta do acontecido. TRES días despois, TRES, o verquido segue no mesmo sitio. Velaquí o interese da Comunidade de Montes por manter en bo estado O Pornedo. E o Concello? Acaso non é responsable? Na mesa de quen está o escrito formal que o luns se presentou no Rexistro Municipal, que aínda non se tomou ningunha medida?
      En resume, entre uns e outros, moito de bli-bli-bli, e nada de bla-bla-bla!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: