Nova agresión ao Monte Pornedo. Gravísima. Imperdoable. Punible.
Na pista que se adentra no monte, a carón do cruce de acceso ao desastre de “área recreativa”, alguén irresponsable e desaprensivo volcou un contenedor repleto de residuos do que parece ser a limpeza dunha caldeira. Unha sustancia graxenta e altamente contaminante que, como entre en contacto coa auga e se dilúa, vai provocar un serio problema medioambiental.
Hai persoas con clase e clase de persoas. Quen cometeu esta barbaridade nen sequera é persoa. Só agardamos que se poida investigar a orixe deste verquido e que se castigue seriamente ao autor ou autores deste atentado contra a natureza, contra a calidade das augas das que nos fornecemos para consumo doméstico ou para regar as nosas fincas, contra a decencia e maila dignidade humana.
Que os axentes da Policía Local de Marín que levantaron atestado deste feito tan reprobable lle dean curso á maior brevidade posible para que o Concello actúe coa maior celeridade na retirada deste material, da gabarra de plástico que o contiña, dos ferros que a suxeitaban e do palé de madeira no que foi transportado.
Que o Seprona patrulle máis polo Monte Pornedo, onde por desgraza tanto abundan os cafres e os malnacidos que se cren con dereito a cometer tropelías deste inmenso calibre.
Que as Concellerías de Medio Ambiente e de Parroquias sexan sensibles coa problemática dos vertedoiros incontrolados e atendan a solicitude que DEFENDE O MONTE PITUCO lle trasladou ao Goberno Local en varias ocasións: organizar un zafarrancho de limpeza para eliminar os focos de contaminación existentes no monte, que tanto afean a imaxe de Marín en xeral e da parroquia de San Xulián.
Que os directivos da Comunidade de Montes miren máis polo Pornedo, onde hai moito traballo por facer, ademais de intentar erradicar os verquidos incontrolados: poñer en valor os seus gravados rupestres, manter en boas condicións as pistas e as conduccións de auga, controlar a proliferación de animais abandoados e as prácticas de caza ilegais, frear o avance de especies invasoras como a herba da Pampa que teñen infestada a “área recreativa” por consentir que se fixera un recheo con terra de dubidosa procedencia…
Son moitas as frontes e poucas as mans para abarcalas. Benvidas sexan cantas queiran colaborar nesta ardua pero necesaria tarefa.
¡¡¡Imprensentable!!! Debe hacerse una investigación y castigar al culpable
By: Erasmo on 26/09/2011
at 22:22
É indignante. Esperamos que, polo eco que tivo este lamentable suceso nun dos xornais locais, ao responsable ou responsables desta agresión lles caia a cara de vergoña e non se lles ocorra volver asomar o seu impresentable fuciño por este monte.
By: MontePituco on 27/09/2011
at 16:43
[…] abandoado no medio da pista, xusto á mesma altura de onde estes días apareceron os colchóns. VERQUIDO ALTAMENTE CONTAMINANTE, 26 de setembro de […]
By: COLCHÓNS TIRADOS NO MONTE PORNEDO « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 28/05/2012
at 23:07
[…] polos actos de vandalismo- tamén é outro punto sensible. Dende un contenedor volcado e cheo de restos da limpeza dunha caldeira, unha das agresións máis graves que se produciron no monte; ata restos de azulexo que leven meses […]
By: VERQUIDOS ILEGAIS, A LACRA QUE NON CESA | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 05/03/2013
at 01:00